You are on page 1of 4

2.

Atendendo ao documento conteste (puntuación máxima 4 puntos):

a) Enumere as 5 provincias das rexións levantina e surmediterránea segundo a fig. 1 (1


punto):
Alicante, Murcia, Almería, Granada, Málaga.

b) Comente os documentos:
 Identifique o tipo de documento da Figura 1; e na Figura 2 indica un caladoiro de cada
unha das rexións ou zonas pesqueiras da FAO (internacionais) (1 punto).
- Mapa corocromático-temático de España coa trama das provincias e Comunidades Autónomas no
que se reflicten as principais rexións e caladoiros nacionais.
- Noruega e Svalbard, Groenlandia, Gran Sol e Atlántico Norte, Terranova, Marrocos, Mauritania e
Senegal, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Costa de Marfil e Guinea Ecuatorial, Atlántico interior,
Angola e Namibia, Costa do Sur de Chile, Illas Malvinas, Illas Seychelles, Illas Comores e
Madagascar.
 Explique as principais características do sector pesqueiro en España e do espazo pesqueiro
español: caladoiros e rexións pesqueiras nacionais. (1 punto).
España é unha potencia pesqueira de segundo nivel no mundo, pero é a máis importante da UE
e a segunda do continente tras Noruega. Ten unha flota de 13.300 buques onde traballan unhas
60.000 persoas, e ao ano capturanse de 758.000 toneladas, con ingresos de 1.600 millóns de euros.
Mantívose unha antiga tradición pesqueira, o que se relaciona cun elevado consumo de peixe (38
kg por persoa e ano), moi por riba da media europea e só inferior á do Xapón, Noruega e Portugal.
O 90 % das capturas corresponden a peixes, que supoñen o 80 % do valor total da pesca
desembarcada, destacando a crecente importancia do peixe conxelado en mar aberto (unha cuarta
parte do total). As especies máis capturadas foron atún, bonito, bacallau e pescada (un terzo do
total), xunto á sardiña, arenque e anchoa. O restante 10 % das capturas correspondeu a
crustáceos e moluscos, aínda que o seu valor de venda ascendeu ao 20 % do desembarcado.
Non obstante, a pesca é unha actividade en declive, tanto polo número de mariñeiros, coma polo
número de capturas ou de barcos. Algúns dos principais problemas do sector son:
- o carácter artesanal de boa parte da frota de baixura.
- a excesiva antigüidade dos buques.
- o envellecemento da poboación ocupada na pesca.
Todo isto obrigou a establecer políticas de apoio á actividade (que hoxe dependen da Política
Pesqueira Comunitaria (PPC) existente desde 1983) e a fomentar o desenvolvemento da
acuicultura (cultivo de peixes, moluscos e crustáceos en piscifactorías ou bateas flotantes. Destaca
o cultivo de mexillón nas rías galegas.), que resulta un complemento á pesca tradicional.
A actividade pesqueira organízase, principalmente, en dous tipos de espazos, os caladoiros onde se
realizan as capturas e os portos pesqueiros ( 312 no litoral español) onde estas se desembarcan e,en
ocasións, se transforman. Os portos onde están matriculados o 75 % dos barcos pesqueiros son os
de Galicia (50%), PaísVasco, Canarias e Andalucía, que son as rexións de longa tradición pesqueira.
Nos grandes portos xorden a miúdo outras actividades relacionadas como a industria
conserveira, os estaleiros para reparación de buques, fábricas de xeo,de redes e artes de pesca,etc.
En relación cos caladoiros ou áreas de captura, hai unha distinción básica:
- a maior parte da frota está composta por barcos de pequeno tamaño, que se dedican á pesca de
baixura nas augas do mar territorial (12 millas desde a costa) próximas a costa. O espazo
pesqueiro español, ou Caladoiro Nacional, esténdese desde a costa ata as 200 millas náuticas
(370,4 Km), que delimitan a Zona Económica Exclusiva (ZEE). Atópase organizado en oito
rexións: noroeste, cantábrica, tramontana, levantina, surmediterránea, suratlántica, balear e canaria.
- hai 550 grandes buques que se dedican á pesca de altura, dos que falaremos máis adiante.
Los principales problemas de los caladeros españoles son:
- A contaminación dalgunhas augas.
- Reducida plataforma continental
- O progresivo esgotamento dos caladeiros nacionais.
- Dependencia tradicional de caladeros extranjeros,
- Ampliación de las aguas jurisdicionales de los países ribereños a las 200 millas.
- La entrada de España a la Unión Europea ha obligado a un importante esfuerzo de reconversión y
adecuación de nuestra flota pesquera., que presentaba comoproblemas un excesivo equipo pesquero
pero envejecido en su mayoría.
Para solucionalo establecéronse normas que regulan as artes de pesca utilizadas, os tipos de redes,
as tallas mínimas das especies e as normas de repoblación das mesmas.
 Indique as principais características dos caladoiros e rexións pesqueiras europeas e
internacionais. Explique a rexión pesqueira do Noroeste (1 punto).
- Na actualidade existen 550 grandes buques que se dedican á pesca de altura, tanto en augas da
Unión Europea, como en caladoiros internacionais.
Os principais caladoiros para a frota española están no Atlántico norte, tanto en augas
comunitarias (Gran Sol, Irlanda, Escocia e golfo de Biscaia) coma nas proximidades da península
da Terra Nova, en Canadá (bacallau e fletán). Pero tamén faenan nas proximidades do Sáhara
occidental, Mauritania e Senegal, estendéndose cara ao Atlántico suroriental (Angola, Namibia,
etc.). Nas corrente fría que discorre pola costa oriental de Canarias, o chamado Banco Sahariano.
As crecentes restriccións de pesca fai que os barcos españois teñan frecuentes conflitos con países
africanos limítrofes (Marrocos, Mauritania...), polo que se precisa chegar a novos acordos. Estas
dificultades, o aumento da demanda de peixe e marisco, e a crecente competencia doutras frotas,
obrigou nos últimos anos a que certos buques conxeladores operen incluso no océano Índico.
- A rexión noroeste inclúe todas as costas galegas. Conserva a súa primacía en España, pois aporta
un terzo das capturas e casi a metade do emprego pesqueiro. O porto de Vigo é o máis importante.
Seguiu unha evolución paralela á do resto de España, cunha redución notable da pesca
desembarcada e numerosos conflitos. Participa, xunto coa frota cantábrica, da pesca en augas
adxacentes (sardiña, pescada), nos caladoiros comunitarios do Atlántico (atún, pez espada) e en
augas moi alonxadas (fletán, bacallau, atún), pois dispón dunha excelente frota conxeladora.
Tamén é importante a acuicultura centrada no mexillón e outros crustáceos.
Ten unha importante tradición pesqueira e elevado consumo. Son tamén importantes as
actividades derivadas: estaleiros de buques, industria conserveira, empresas distribuidoras...
A evolución en canto á ocupación da poboación activa é semellante a do resto de España, aínda
que segue a ocupar un lugar relevante na economía galega. A redución da poboación ocupada
xenera diversos problemas.
Outras opcións que poden aparecer en vez da rexión noroeste (Galicia).
Resto de rexións atlánticas:
A rexión cantábrica extendese dende o Eo ao Bidasoa (Asturias, Cantabria, Euskadi). É a segunda
en tonelaxe de pesca desembarcada e a terceira en valor económico. Os portos de Pasaia,
Ondarroa, Bermeo, Donostia e Xixón serven de base a moitos barcos que faenan en augas
cominitarias. Desembarcase atún, sardiña, bacallau...

A rexión suratlántica, coincide co litoral atlántico andaluz (Cádiz e Huelva), e destacan os portos
de Huelva, Cadiz e Alxeciras. Posúe a segunda frota máis numerosa despois da rexión noroeste.
Caracterízase pola importancia da súa pesca de baixura, de carácter artesanal. Péscase no seu
litoral, en augas de Marrocos, de Portugal e en caladoiros do Atlántico suroriental.
En conxunto, experimentou unha traxectoria descendente pola diminución das capturas nun mar
sobreexplotado e pola dificultade do acceso a aguas alleas, sobre todo a raíz de que España non
renovara os acordos pesqueiros con Marrocos, xa que parte da súa frota faenaba no banco
subsahariano, obtendo especies de alta cotización económica (langostinos, calamar). Aquí tamén
cobrou unha gran importancia a acuicultura.

A rexión canaria tivo a súa idade de ouro entre os anos 1961 y 1980, e sigue sobresaindo o porto das
Palmas (3º do país en importancia). A súa significación pesqueira radicou e radica na pesca de
altura e gran altura no banco sahariano, moi favorecido pola corrente de Canarias. O cambio de
coxuntura no mar privoulle dos caladoiros tradicionais e convertiu os seus portos en base de
operacións das frotas do Atlántico suroriental.

Mediterráneo:
O litoral mediterráneo, ten portos pesqueiros pouco activos. Captúranse especies como o lirio ou o
salmonete. Na actualide se ten chegado a uns niveis mínimos no volme de capturas polo
esgotamento das pesquerías. A frota está obsoleta, predominando a pesca de baixura e o
Mediterráneo preséntase como un mar preocupante polo estado de conservación dos seus recursos.
- Tramontana: Dende a fronteira francesa ata cabo de Nao (Cataluña e Comunidade Valenciana).
Destacan os portos de Barcelona e Tarragona.
- Levante: Dende cabo de Nao a cabo de Gata (Alicante e Murcia). Destacan os portos de Santa
Pola e Alicante.
- Sur-mediterránea: Correspondese ca costa mediterránea andaluza. Actividade bastante reducida.
Os portos máis importantes son Almería, Adra e Málaga.
- Baleares: Na actualidade ten pouca impotancia. Destaca o porto de Palma.

You might also like