You are on page 1of 8

PESQUEIROS ESPAÑOIS

A través das láminas do libro “Pesqueiros españois”, (autores Juan Carlos Arbex
e Francisco Galindo López), veremos as distintas embarcacións pesqueiras do noso país,
nunha imaxinativa viaxe que comeza no Bidasoa e termina no Cabo de Creus, baixo as
magníficas ilustracións de Juan Carlos Arbex.

Perfiles

Os tres perfiles máis característicos do casco de diversos pesqueiros, segundo a


súa zona de orixe.

Casco dun cerqueiro galego

Casco dun cerqueiro mediterráneo


Casco dun cerqueiro cantábrico
LANCHAS PESQUEIRAS

1. Traiñeira

Descendente directa das lanchas viquingas, cruzada coas lanchas baleeiras,


caracterizábase pola súa lixeireza, velocidade e manobrabilidade, características
principais para a pesca da sardiña, da anchoa e alevíns de chicharro, mediante traíñas
primeiro, enmalles máis tarde e finalmente faenando cun arte eminentemente
cantábrico, o boliche.

Con esloras de 12 m. e calados sobre os 80 cm. gobernaban cunha espadilla a


babor, e un mínimo de 14 remos nos seus últimos tempos.

Ocasionalmente e cando o tempo o permitía, arboraban ao terzo, a máis


evolucionada vela do Cantábrico, unha a proa e excepcionalmente outra maior centrada
entre o quinto e sexto banco, en mastros abatibles.
2. A chalupa boniteira

Terminada a costeira da anchoa, xa entrado o verán, e empezando a aparecer o


bonito e o atún, as Confrarías aprestaban a este rei da flota, pois era o maior barco
pesqueiro de baixura do Cantábrico.

A boniteira era un veleiro puro, con esloras de 15 m. puntal de 2 m. e calados


superiores aos 2 m. para as máis grandes. Os remos só se usaban para manobras de
atraque en porto, o nalgunhas ocasións para vencer ventos ou correntes adversas. Os
seus largos temóns non bastaban para soportar a deriva da embarcación, polo que
implantaban unhas orzas desmontables, que se colocaban por fóra das bordas a
sotavento.

Os paus tamén eran desmontables, orientados mediante cuñas, tendo o maior


unha lonxitude equivalente á da quilla. Armaba velas ao terzo, que levaban pintadas
unhas marcas circulares a modo de contrasinal para identificarse a distancia no Mar,
nunha época en que a maioría dos pescadores eran analfabetos. Cunha boa superficie
bélica, estas embarcacións podían alcanzar facilmente os 15 nus.

Co fin de impedir a entrada de auga polas amuras, colocábaselles uns


falquines (palkas) desmontables, dende o caperol, ata algo máis atrás da caderna
mestra.

Aventurábanse a faenar á considerable distancia de 50 leguas da costa


(242 km. aprox.), e cun arte eminentemente atlántico: o curricán (cacea), utilizando
perchas a modo de tangóns.
3. As vaporas

Na evolución das lanchas vaporas do Cantábrico, contémplase o progresivo


desprazamento cara proa da caseta de goberno e ademais caracterizadas polo seu pouco
arrufo e popa en “cola de parrulo”, conservando ademais en moitos casos, o mastro de
proa para armar unha trinquetilla firme no poste de amarre e o de popa para envergar
una mesana en candonga, co fin de faenar podendo aproarse ao vento, e poñerse á capa
durante algún tempo.

Acostumaban a faenar ao “cerco” e ao “curricán” (cacea), e as maiores andaban


sobre os 18 m. de eslora, 5 m. de manga e puntais de 3 m., e seguiron construíndose ata
1950, en que o casco e o seu básico concepto, seguen inmutables.

Cara mediados dos años trinta, pouco antes da nosa Guerra Civil, aparecen os moi
perigosos motores de explosión interna (gasolina como combustible) e os máis seguros e
menos perigosos motores térmicos (diesel como combustible), propiciando que os cascos
das embarcacións tivesen unhas “liñas de auga” moito máis finas nas carenas, e
aumentando os seus calados, co que se conseguiu un maior espazo interior.
Estes motores máis lixeiros ye menos voluminosos, son de construción
estranxeira: alamana, inglesa e escandinava. Empézanse a instalar neveiras e adegas
separadas, co cal o peixe xa no ía parar ao rancho da tripulación, tal e como se viña
facendo

Vapora de 1940. Distínguese perfectamente a bandeira española pintada nas súas


amuras, sinalando que este pesqueiro pertence a un país non belixerante. Estamos en
plena Segunda Guerra Mundial.
A flota de baixura

Coa entrada en escena dos motores de gasolina e diesel, desaparecen e con


bastante rapidez as traiñeiras, as caleras e as sardiñeiras, sendo a mesma lanchiña, a
que se encargou de darlles a puntilla, aínda que ben é certo, que houbo algúns patróns
que non se conformaron con esta nova situación, e intentaron perpetuar a bela traiñeira,
relegando os seus remos soamente para as manobras de atraque e algunha operación
máis no Mar, e adaptando aos seus estilizados cascos, ás novas maquinarias, para solo
conseguir uns estraños artefactos de corto porvir e incómoda carreira nas súas
habituais faenas de pesca.

You might also like