You are on page 1of 7

O XARDÍN DE SAN CARLOS DA CORUÑA https://www.areal.gal/2021/11/o-xardin-de-san-carlos-da-coruna.

html

A palabra francesa jardin, da que deriva a nosa xardín, procede, na súa orixe, do xermáni
gard, e ten como principal significado o de horto ou horta, mais tamén outras acepcións: d
país abondoso en froitas, pérgola ou quiosco, pénsil ou mesmo pemento colorado. C
común alusión a un terreo no que se cultivan especies vexetais, pero que no no
discernimento xusto do termo entendemos coma espazo de aire, luz, relaxación
tranquilidade que adquire unha identificación propia tanto de seu como do contorno na qu
radica e que converten a súa xeografía de asentamento en referente para propios e estraño
Así, sóannos, asociados á súa toponimia, os xardíns de Babilonia, Versalles, La Granja,
Coruña... Si, porque aquí está o de San Carlos, un verdadeiro tesouro de verdor, paisa
urbana, historia e incluso sitio para teimar ou mesmo cismar de moitas cousas que afectan
conformación da nosa vida contemporánea, como cidade e como país.

1 de 18 21:12, 27/12/2021
A escasos metros da porta do Parrote onde Carlos I embarcara en 1520, na compaña d
Fernán Pérez de Andrade, para Flandres co gallo de tomar posesión do V Imperio Roman
Xermánico e logo de misar e recibir as beizóns correspondentes no veciño convento de Sa
Francisco, sitúase este romántico xardín, hortus conclusus, na chamada Cidade Vell
construído sobre os restos do antigo baluarte da «Fortaleza Vieja», utilizado como depósi
da pólvora necesaria para a defensa coruñesa, que resultou destruído no século XVII por u
estoupido e que logo de máis de cen anos o capitán xeneral de Galiza Carlos Francisco d
Croix converte nun parque público; reformado xa na súa traza actual, no ano 1834 po
gobernador, como xardín cerrado e protexido das inclemencias climatolóxicas para desfru
da cidadanía e tamén para gorecer o cenotafio de pedra dedicado ao xeneral escocés Joh
Moore morto na chamada batalla da Coruña, librada a carón da aldea de Elviña no ano 180
entre os exércitos inglés e francés do xeneral Soult, dentro da controvertida guerra coñecid
como «da Independencia» polos españois. Non só controvertida senón trabucada, xa qu
como ocorre moitas veces na historia hispana, da que Gil de Biedma dicía que non l
gustaba porque sempre remataba mal, os pulos emocionais dos reaccionarios e do podero
lobby teocrático, sobardan a lóxica dos intereses xerais e populares. No Memorial de San
Helena Napoleón alude á situación española como recolle o conde de Las Cases na sú
recompilación:
Meigas fóra, diriamos agora, visto o visto. A guerra rematou co revés napoleónico e c
tristes acontecementos posteriores que simplificadamente podemos resumir na restauració
da monarquía absolutista e o fracaso da constitución de Cádiz, os múltipl
«pronunciamentos militares», o carlismo ultramontano, a represión política etc.

Toda esta praxe histórica, tan decisiva para o futuro da Galiza, latexa neste romántico xard
que se levanta fronte da badía como intemporal vixiante da cidade, dende un miradoi
orientado ao mais substancial elemento configurador da idiosincrasia coruñesa: o porto qu
vemos, a vista de paxaro, desde esa galería levantada sobre da muralla pétrea que circund
todo o recinto, o que aínda conserva entre os macizos de plantas e as vellas fortificació
elementos do seu antigo uso militar, como as garitas, bombardas e bufarros polos qu
mesmo cremos ver as espingardas e mosquetes dos defensores do bastión transidos n
tempo.

Pasear polo xardín de San Carlos é un verdadeiro deleite para o sentir coruñés e unh
lección de historia que é preciso dilucidar con algún detemento. A pararse no círculo centr
do xardín en que vemos o monumento funerario do denantes aludido xeneral Moore, qu
como diciamos morreu a consecuencia das feridas recibidas na batalla o 16 de xaneiro d
1809 e que foi levado a unha casa do Cantón Grande, case fronte do actual obelisco dedicad
a Linares Rivas, para ser atendido polos servizos médicos, que nada puideron facer po
faleceu ao pouco de chegar. Con posterioridade, e parece ser que por iniciativa do prop
xeneral frances Soult, foi enterrado na muralla do xardín de San Carlos, precisamente n
curva do Parrote onde inda hoxe está a cruz de pedra que indica o lugar exacto da sú
inhumación. En 1830 levantouse o actual mausoleo de pedra no interior do xardín, o qu
parece ser que se trata soamente dunha homenaxe á súa memoria, xa que existen dúbid
do traslado dos restos de Moore do primitivo lugar onde foran soterrados.

Este panteón é, no entanto, o centro dun espazo de honra, e mesmo de estima oficialis
para a epopea gloriosa dos feitos bélicos da guerra contra «o francés», que enchen
conxunto do xardín. Así, no valado que arrodea o pétreo sartego pódese ler nunha lápida d
mármore: «In memory of general Sir John Moore who fell at the battle of Elviña whi
covering the embarkation of de British troops. 16 th january 1809», e tamén: «Joann
Moore exercitus britannici dux proelio occisus. A.D. 1809». Noutra parede do xardín, unh
proclama do xeneral inglés lord Wellington, que dirixiu en 1813 logo da vitoria de Sa
Marcial:
O XARDÍN DE SAN CARLOS DA CORUÑA https://www.areal.gal/2021/11/o-xardin-de-san-carlos-da-coruna.html

Quizais un tanto hiperbólica esta «proclama», pero seguramente algo de certo pode hab
nela. Por outra banda, na entrada do miradoiro hai dúas estelas, colocadas polo Concello d
Coruña, con fragmentos poéticos titulados «Na tomba do Xeneral Sir John Moore», un d
Charles Wolfe e outro de Rosalia de Castro, que di así:

¡Cuan lonxe, canto, das escuras nebras,

dos verdes pinos, das ferventes olas

Qu’o nacer viron!...; dos paternos lares

do ceo da patria, qu’o alumou mimosa,

dos sitios ¡ai! do seu querer: que lexos

viu a caer, baix’enemigo golpe

pra nunca mais se levantar, coitado!

.................................................................

Mais que fermosa e sin igual morada,

Lle coup’en sorte ós teus mortales restos...

¡Quixera Dios que para ti non fora

Nobre extranxeiro, habitación allea!…

Que n,hai poeta, ensoñador esprito

Non pod,haber, qu,o contemprar n-outono

O mar de seca amarillenta folla

Qu,o teu mausoleo con amor cobexa;

4 de 18 21:12, 27/12/2021
O XARDÍN DE SAN CARLOS DA CORUÑA https://www.areal.gal/2021/11/o-xardin-de-san-carlos-da-coruna.html

Que ó temprar n-as alboradas frescas

D,o mes de mayo as sonrosadas luces

Qu,alegres sempre a visitarche veñen

Non diga: «¡Asin cand,eu morrer, poidera

Dormir en paz n-este xardín frorido,

Preto d,o mar…, d,o cimeterio lonxe!...»

.................................................................

Cando do mar atravesés as ondas

y o voso hirman á visitar veñades,

poñé na tomba o cariñoso oído;

e se sentís rebuligar as cinzas

e s’escoitás indefinibres voces

e s’entendés o que esas voces digan,

a y-alma vosa sentirá consolo.

¡El vos dirá qu’arredor do mundo

tomba millor qu’aquí atopou n’achara

senón dos seus antr’o amoroso abrigo!

Pero este xardín ten mais singularidades que o fan único. En edificio acaroado está a sede d
Arquivo Histórico do Reino de Galicia, o máis importante do noso país. Edificio qu
sustentou a Casa da Cultura da Coruña, que nos anos do tardofranquismo, da man do se
director o poeta Miguel González Garcés, foi foco de cultura libre indispensable na cidad
Da súa Sala de actos e exposicións relembramos como mostra icónica a maxistr
conferencia de don Ramón Otero Pedrayo que ateigou o local deixando fóra do recinto u
gran número de persoas, as cales seguiron o orador desde a entrada estremeira do xardín,

5 de 18 21:12, 27/12/2021
O XARDÍN DE SAN CARLOS DA CORUÑA https://www.areal.gal/2021/11/o-xardin-de-san-carlos-da-coruna.html

que a megafonía estaba a un bo grao de volume sonoro e a porta da sala quedou totalmen
aberta para facilitar a escoita.

E xa como aportación curiosa, faremos mención á lenda urbana das visitas da pantasma d
que deron en chamar «amante” de Moore, a este xardín todos os 16 de xaneiro e que hai que
di que, efectivamente, viuna pasear, cos seus cabelos crechos, cara á tumba do xeneral
depositar un bico e unha flor no frío mármore da súa lápida mortuoria. Pero quen é es
ectoplasma feminino que acode todos os anos na data indicada? Segundo o historiador
arqueólogo Felipe Senén, trátase de Lady Hester Stanhope. Dama londiniense de famil
ilustre, sobriña do primeiro ministro británico William Pitt e que tiña unha especial queren
por Sir John, a quen acompañaron na batalla dous dos seus irmáns, James e Charles, es
último tamén morto en Elviña, mentres que James atendeu en todo momento a Moore, d
que di Senén que o tivo moribundo nos seus brazos, onde deu o derradeiro salaio, mandand
nese intre, unha grande aperta e bicos á súa amada.

Cando recibe esta tráxica mensaxe, Hester toma a decisión de marchar de Inglaterra
embarca no porto de Southampton, facendo escala na Coruña, camiño de África. É de sup
que aquí visitou o lugar do enterramento do seu amado. E é agora cando nace o mito d
pantasma, xa que a xente comezou a falar de que viran a señora unha noitebra de invern
como se fose pálido espectro, polo recendente eixido e as lívidas sombras de San Carlos.

Engade Senén que Hester tivo unha vida de película, xa que a partir de entón converteu
nunha gran viaxeira e termina vivindo no templo de Palmira, onde os habitantes daque
cidade de Siria tomárona como reencarnación da raíña Zenobia, que no século III desafia
ousadamente o mesmo Imperio Romano. Oficiou de menciñeira e mesmo de bruxa o
feiticeira durante os anos que viviu alí, facilitando remedios que paliaban as doenzas d
nativos da cidade. Por último pasou ao Libano, onde fenece e é enterrada nun túmulo com
soberana dos desertos árabes, como ela gustaba de ser recoñecida.

Pero xa para ir rematando o breve esbozo deste xardín que sempre denomináram
botánico e que descubrimos agora que non existiu como tal nunca, aínda que nos confund
un tanto o que entendemos, quizais no noso descoñecemento ou ata agnosia profunda,
que significa iso de botánico: «tipo de xardín destinado a conservación e divulgación d
diversas especies vexetais». Pois criamos que se había numerosas especies de arbores, tan
autóctonas como exóticas salientando entre elas dous grandes olmos centenarios.... Ma
non. Estabamos nun erro segundo os eruditos. Alí había «cousas» como nun cóma
esquecido no monte. E así a actualidade do noso xardín está no rexeitamento da UNESCO
reforma proxectada polo Concello para devolverlle ao xardín a traza orixinal de 1834, per
dende a oficina central en París, din que pon en perigo o único olmedal singular
catalogado como ben de interese cultural (BIC) de Galiza. Seguramente así será. Pero e
fin, iso xa é para outro traballo e, polo de agora, quedaremos na cita o vindeiro domingo
de xaneiro coa pantasma de Hester entre o arboredo e as mirtas de San Carlos, e coa fl
prendida no corazón da fantasía popular, a única fantasía que lle alcanza cumprir a un pob

6 de 18 21:12, 27/12/2021
O XARDÍN DE SAN CARLOS DA CORUÑA https://www.areal.gal/2021/11/o-xardin-de-san-carlos-da-coruna.html

ferido na súa ilusión e na súa esperanza.

7 de 18 21:12, 27/12/2021

You might also like