0% found this document useful (0 votes)
193 views7 pages

Textos R.CABANILLAS

Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as PDF, TXT or read online on Scribd
0% found this document useful (0 votes)
193 views7 pages

Textos R.CABANILLAS

Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as PDF, TXT or read online on Scribd

LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX

O TEMPO DAS “IRMANDADES DA FALA”


Dous textos de RAMÓN CABANILLAS

1.-“¡En pé!”, Da terra asoballada (publicado en Vilagarcía de Arousa en 1917):

¡En pé!
(A Luís Porteiro) Luís Porteiro Garea: membro activo do
movemento agrarista e das Irmandades da
¡Irmáns! En pé, sereos, Fala.
a limpa frente erguida,
envoltos na brancura “Brancura da luz” que envolve os galegos e
da luz que cai de riba, que vén do ceo: representa a pureza e a
o corazón aberto honradez do pobo galego.
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce A fouce e a oliva: símbolos da loita e da
e noutra man a oliva, resistencia. A revolución bolxevique de Rusia
arredor da bandeira azul e branca, ten lugar en 1917, ano de publicación de Da
arredor da bandeira da Galicia, terra asoballada. A oliveira e a oliva son
¡cantémo-lo dereito símbolos da dureza, da permanencia; por iso,
á libre nova vida! segundo a Biblia, a pomba que Noé envía para
verificar se hai vida na terra, despois do gran
Validos de traidores Diluvio Universal, volve cun ramalliño de
a noite da Frouseira oliveira.
a patria escravizaron
uns reises de Castela. A Frouseira: o castelo da Frouseira está
Comestas polo tempo, situado nas proximidades de Mondoñedo. O
xa afrouxan as cadeas... seu dono foi o Mariscal Pedro Pardo de Cela,
¡irmáns asoballados señor feudal de case a metade de Galicia no
de xentes estranxeiras, século XV. Traizoado polos seus criados, é
ergámo-la bandeira azul e branca! detido e decapitado polos reis católicos na
¡e ó pé da enseña da nazón galega praza Maior de Mondoñedo acusado de
canté-lo dereito rebelión. As Irmandades tomárono como
a libertar a Terra! mártir da nacionalidade galega oprimida. A súa
figura serviu como fonte de inspiración para
¡Irmáns no amor a Suevia Cabanillas na obra de teatro O Mariscal.
de lexendaria historia,
¡en pé! ¡en pé dispostos Suevia: símbolo de Galicia. Cidade dos
a non morrer sen loita! suevos, principal pobo xermano que chegou a
¡O día do Medulio Galicia tras a caída do Imperio Romano.
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito Medulio: lugar de resistencia dos galaicos
á libre, honrada chouza! fronte aos romanos, loitando pola liberdade da
¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca! súa terra e negándose a calquera pacto de
¡A oliva nunha man, a fouce noutra, submisión con Roma.
berremos alto e forte:
“¡A nosa terra é nosa!”

Da terra asoballada pertence á etapa galeguista do autor (1915-1920), na que predomina a


temática cívica, reivindicativa; fai poesía combativa e de denuncia ao estilo de Curros Enríquez.
Neste fragmento:
 a realidade social do momento está moi presente (as loitas agrarias, o nacemento do nacionalismo da
man das Irmandades, de aí a dedicatoria a Luís Porteiro);
 danse a coñecer, á vez que se enxalzan, feitos históricos de Galicia (de diferentes épocas: a romana, a
sueva, a medieval).
 preténdese concienciar os galegos e unilos baixo o seu símbolo nacional, a bandeira, e baixo un
obxectivo común, a liberación de Galicia (“¡A nosa terra é nosa!”); en palabras de Pondal: a redenzón da
boa nazón de Breogán.
LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX

2.-Fragmento de Na noite estrelecida (publicada en 1926), que pertence a “A espada Escalibor”,


primeira das tres sagas de que se compón a obra, xunto con “O cabaleiro do Santo Graal” e “O sono
do Rei Artur”.

I Nun nimbo lumioso surde o bardo adiviño, V Baixo a dozura do ceo


envolveito en brancuras recendentes de liño, da nobre Galicia irmán,
ollos gazos, profundos, longa barba frorida, onde pola nosa groria
cingue a frente coas hedras da coroa druida inda doirando o fogar
e na man, que reloce como un lirio bendito, vive aceso o lume sagro
ten a fouce de ouro do litúrxico rito; dos craros días do clan,
a fouce segadora da mandrágora, ó raio hai unha illa encantada
de feitizo e de agoiro dos luares de Maio. de rochedos de coral,
esmeralda verdegaia
II É Merlín o profeta, o celta armoricán, ó resprandor do luar,
dos silfos e das lumias ollado por irmán, bicada de manseliñas
sabidor dos encantos e os máxicos conxuros, ágoas de limpo cristal
das virtudes das herbas e dos fados escuros, nas que as sirenas ensaian
que nos craros dos bosques e os baixíos costeiros seu namorante cantar
deprendéu o diviño linguaxe dos luceiros; mentras os pinos lanzales
o bardo das edades, o da segreda cencia escoitan voces leviáns
que a terra fixo súa, impóndolle obedencia que chegan esmorecidas
ás ágoas da riada, ós rochedos do cume, do misterio de alén-mar.
ás nubes da tromenta, á ardentía do lume.
VI Amada dos vellos dioses,
III Impoñente, amostrando nativa maxestade, mortos e esquecidos xa,
na mirada un sereo craror de eternidade, que Sálvora lle chamaron
ten ós pés –cruz de ouro, folla núa afiada-, afeitos nela a topar
sobre o manto da neve unha fúlxida espada. repouso doce e tranquío
Aceiro puro e virxe das entrañas da terra, de celestiaes afáns,
cos lumes sideraes das estrelas en guerra inda está tendida a escada
nas fragas treboantes dos lóstregos forxado, que baixa do ceo ó chan,
que no dolmen batido e no Xordán temprado, envolveita e recuberta
foille dado a unha raza de homes sans e valentes, de bretemoso cendal
cabeceira de pobos, guiadora de xentes, feito de rendas garnidas
para impor unha crenza, siñalando o camiño por diviños teceláns.
que por riba dos tempos leva ó trunfo diviño.
VII Nunha furna que galgantes
IV Ergueito como o pino que as outas nubes fende, zarran as ondas do mar,
os brazos sarmentosos so bardo ós ceos tende, apreixada nas firentes
e escóitase na noite solene resoar poutas dun aguia reial,
a súa voz bruante, sonora como o mar: gardada por un dragón
de alento que é solimán,
brilaba a fúlxida espada
Escalibor, o trunfal
aceiro da heroica edade
cantada por Osián,
que ten de ser sobre terra
ergueita en céltigas mans,
símbolo, florón e escudo
da Cruz, do Amor e a Paz.
LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX

CUESTIÓNS:

SOBRE “¡En pé!” (Da terra asoballada).-ACTIVIDADES PARA ENTREGAR (0-1 p.):
1.-Sintetiza o TEMA deste poema.
2.-Estrutura o CONTIDO en PARTES e explícaas.
NOTA.-Unha vez entregadas, busca a solución no comentario que se fai deste poema.

SOBRE o fragmento de Na noite estrelecida:


1.-Analiza o vocabulario. Sinala, tamén, as formas non normativas que aparecen no texto e
indica a forma normativa que lle corresponde.
Nimbo: resplandor imaxinario que rodea unha persoa ou cousa; halo.
Bardo: entre os antigos celtas, poeta e cantor das fazañas dos seus heroes. // Poeta nacional, épico
ou lírico; vate.
Druída: clase de sacerdote que existiu na Galia, Bretaña, etc. Procedían das zonas do gran
megalitismo e só algúns pobos celtas asimilaron a estes sacerdotes. Os druídas formaban un grupo
privilexiado. Posuían a exclusividade da educación dos mozos, administraban a xustiza e tiñan grande
influencia política. Non existe ningún dato que poida confirmar a presenza dos druídas en Galicia, pero a
súa permanencia en áreas de compoñente celta levan a pensar que tamén deberon andar por aquí. O
prehistoriador Xesús Carballo é autor da novela Fida, la hija del último druída (Santander, 1951) que fala
dos druídas e a súa relación con Galicia.
Ossián: heroe de orixe irlandesa, fillo de Finn Mac Cumhaill (Finn era o xefe dos Fianna, grupo
guerreiro de elite, e fora criado e educado por un druída) e de Sadb (Saba ou Blaí), que contou as fazañas
do seu pai na batalla de Gabhra, dando así orixe ao ciclo osiánico.
Silfos: ser sobrenatural masculino da tradición xermánica. Son espíritos que teñen o seu reino nos
ventos, brisas, rachas, remuíños, etc. Cada un é distinto. Son de carácter amigable.
Lumias ou lurpias: unha especie de sereas terrestres que tamén poden amosarse como mulleres
con fermosas caras e corpo de dragón (semellantes ás Guaxas asturianas e ás Lamias clásicas). Namoran
aos homes, encántanos e devóranos.
Mandrágora: planta herbácea, de raíz grosa e bifurcada. A estraña forma das súas raíces
contribuíu a que esta planta fose ao longo da historia froito de moitas supersticións. Críase que facía
xurdir o amor, curaba a esterilidade e multiplicaba o diñeiro. Collíase en paraxes desérticas, a miúdo preto
de patíbulos, rodeándose de toda sorte de precaucións máxicas. Maquiavelo deulle o nome de
Mandrágora a unha das súas comedias, onde recomendaba o uso desta herba para facer fecunda á muller
estéril; esta mesma idea aparece nunha comedia grega de Alexis titulada Mandragodixómene.
Cendal: tea moi fina e transparente de seda ou liño.
Gazos: gacio; de cor azulada, referido especialmente aos ollos.
Verdegaia: de cor verde clara, intermedia entre o verde e o branco.
LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX

Lumioso: luminoso Solene: solemne


Surde: xorde Groria: gloria
Envolveito: envolto, envolvido Doirando: dourando
Gazos: gacios Sagro: sacro
Frorida: florida Resprandor: resplandor
Frente: fronte Ágoas: augas
Druida: druída Sirenas: sereas
Sabidor: sabedor Namorante: namorador
Craros: claros Lanzales: lanzais
Deprendéu: aprendeu Dioses: deuses
Lenguaxe: linguaxe Tranquío: tranquilo
Edades: idades Celestiaes: celestiais
Obedencia: obediencia Envolveita: envolta, envolvida
Tromenta: tormenta Garnidas: gornecidas
Amostrando: amosando Diviños: divinos
Craror: claror Galgantes: choutantes, saltantes
Sideraes: siderais Zarran: cerran
Treboantes: tronantes Firentes: ferintes
Temprado: temperado Reial: real
Siñalando: sinalando Brilaba: brillaba
Trunfo: triunfo Trunfal: triunfal
Pino: piñeiro Edade: idade
Outas: altas Céltigas: celtas

2.-Repara nos seguintes ASPECTOS FORMAIS do poema relativos á análise métrica:


medida e tipo de estrofas.
.-As catro primeiras estrofas agrupan pareados de alexandrinos consonantes en series de 8, 10, 12
e 4 versos.
.-As tres últimas son romances octosilábicos, agrupados en combinacións de 18, 12 e 14 versos
con rima asonante.
3.-Segundo a forma do poema, cantas partes podemos observar?
Tendo en conta a medida e a rima da composición podemos agrupar as estrofas en dúas partes:
a) Estrofas I – IV: pareados alexandrinos (de 14 sílabas cada verso), versos propios do
Modernismo.
b) Estrofas V – VII: romance octosilábico (de 8 sílabas).
Esta distribución vainos servir para estruturar o contido tamén en dúas partes.

4.-Analiza agora o CONTIDO:


a) Cal é o EU POÉTICO do texto (=quen fala)? É a mesma voz a que se manifesta ao
longo do poema?
O eu poético está representado pola terceira persoa nas catro primeiras estrofas. A cuarta estrofa
indica quen vai falar a continuación: o mago Merlín.
Nas tres últimas estrofas a voz poética cambai, xa que agora é Merlín quen fala. Este cambio
determina, xunto co cambio de metro, a entrada nunha segunda parte do relato.
b) Indica cal é o TEMA arredor do cal xira todo o poema.
O tema xira arredor de tres elementos: Merlín - espada Escalibor - Galicia.
LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX

c) Resume brevemente o asunto do texto.


O fragmento céntrase, primeiro, na extraordinaria aparición de Merlín, na súa caracterización e
facultades, e enxalza, logo, a espada milenaria que descansa en Galicia. É Merlín quen revela a
procedencia galega da espada e o simbolismo redentor da arma.
d) En cantas partes podemos estruturar o poema en canto ao seu contido? Podemos
relacionar, neste sentido, forma e contido? (ver resposta pregunta 3).

5.-Como se presenta o mago Merlín na estrofa I?


As calidades que se lle atribúen a Merlín son as propias dun druída: nimbo luminoso que o rodea,
roupas brancas, ollos azulados e profundos, longas barbas, coroadao cunha coroa de hedras e portador
dunha fouce de ouro. Aparece retratado como un ser ancestral, portador de sabedoría e coñecedoe de
conxuros máxicos que esconde a natureza. Caracterízase como un ser vencellado á luz e para a súa
descrición empréganse adxectivos que transmiten sensacións olfactivas e visuais: brancuras recendentes
de liño, que reloce como un lirio bendito.

6.-Que quere dicir “ten a fouce de ouro do litúrxico rito”?


O verso refírese á colleita ritual da mandrágora, planta á que se lle atribúen propiedades máxicas
e que era empregada polos druídas celtas na elaboración de beberaxes que producían efectos
extraordinarios. A súa recolleita estaba atribuída só aos druídas ou seres con potencialidades máxicas, xa
que o rito de recolección entrañaba certas dificultades: non debía ser tocada a raíz, debían ser enterradas e
logo arrincadas mediante procesos máxicos, debíase usar unha fouce de ouro, etc.

7.-Que calidades e poderes ten Merlín segundo a estrofa II?


Nesta estrofa atribúenselle calidades visionarias, primixenias, mesiánicas e esotéricas, ao tempo
que se remarca a súa procedencia celta: o profeta, o celta armoricán, o da segreda ciencia, sabidor dos
encantos, etc. Destácanse as características que resaltan a súa natureza maxestosa e extraordinaria,
mediante o establecemento dun vencello entre Merlín e seres marabillosos: silfos, lumias.

8.-Na estrofa III, que obxecto ten aos seus pés? Cales son as calidades dese obxecto?
Ten aos seus pés a espada Escalibor.
A espada está tallada de aceiro puro e virxe, o que a converte nun elemento de manifestación do
extraordinario no texto, posto que é practicamente imposible atopar unha aliaxe tan pura na natureza.
Tamén conta cunha empuñadura de ouro, forxada no ámbito do sobrenatural tendo ao dolmen como zafra
e ao bíblico río Xordán como tempero: cos lumes sideraes das estrelas (...) que no dolmen batido e no
Xordán temprado (...).

9.-Sinala a HIPÉRBOLE que aparece na estrofa IV.


LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX

É a seguinte: Ergueito como o pino que as outas nubes fende. Esta imaxe emprégase no poema
para representar a Merlín como vía de conexión entre o mundano e o celeste, e para resaltar o aspecto
nobre da figura do bardo. De aí que este verso adquira un valor simbólico, reforzado pola actitude ritual e
invocatoria de Merlín: brazos tendidos cara ao ceo (os brazos sarmentosos o bardo ós ceos tende).

10.-Nas estrofas V, VI e VII hai unha GRADACIÓN para indicar a aproximación ao lugar
onde se atopa a espada; indica cal é.
A aproximación comeza coa descrición xeral de Galicia e da illa onde se atopa a espada. A
descrición continúa cunha maior concreción sobre a illa, dando o seu nome e sinalando a súa calidade de
porta cósmica qeu permite a comunicación entre o telúrico e o celeste. Para rematar esta gradación,
Merlín fai referencia á furna onde está agochada a histórica espada e aos seus gardiáns. A gradación, que
remata coa revelación do paradoiro da espada, segue, polo tanto esta orde: Galicia – Sálvora – furna.
Onde se atopa a espada Escalibur (o fabuloso obxecto)?
Atópase nunha furna no mar na máxica illa de Sálvora, sostida por un aguia real e gardada por un
dragón con alento velenoso.
NOTA.-A illa de Sálvora está na ría de Arousa. (de Aguiño, en Ribeira). Pertence ao Parque
Natural das Illas Atlánticas.

11.-Explica o significado dos versos:


“símbolo, florón e escudo
da Cruz, do Amor e a Paz”
Estes versos constitúen a materialización do misticismo da espada Escalibor, que por medio desta
imaxe cristiá (“símbolo, florón e escudo / da Cruz, do Amor e a Paz”), dá a entender que é o pobo galego
o elixido para chegar ao triunfo divino. Estes últimos versos plasman a simboloxía redentora qeu
Cabanillas imprime á mencionada espada no conxunto do poema, como símbolo da unión do pobo
galego.

12.-Marca os trazos modernistas que se observan no poema.


.-Elementos mitolóxicos dun pasado lendario, arcaico e aristocrático: o bardo adiviño,
Merlín o profeta, o bardo das edades.
.-Heroes con calidades de sabedoría, inicencia, valor: Osián, Merlín.
.-Sincretismo relixioso; mestura de elementos pagáns e cristiáns: no dolmen batido e no
Xordán temprado, a escada que baixa do ceo ó chan.
.-Captación da beleza a través dos sentidos: reflíctese no uso da adxectivación (sereo,
puro, virxe, manseliñas, limpo, namorante, tranquío, ...) e na recepción de sensacións
cromáticas, gustativas, olfactivas e sonoras (recendentes, gazos, frorida, treboantes, sonora,
bruante, ...).
LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX

.-Adxectivación para crear atmosfera de irrealidade e fantasía: máxicos, sideraes,


encantad, resprandor, celestiaes, diviño, druida.
.-Métrica: o modernismo amosaba unha paixón pola liberdade en todas as súas formas:
política, temas, estilo, xéneros, estrofas e tamén na rima. Por iso neste poema se emprega unha
rima ampliada e flexible, que varái dunha a outra estrofa, dotando así a composición de
musicalidade e dunha nova sensibilidade. Aquí pódese ver no uso de versos alexandrinos.
.-Inclinación polo colorismo: brancuras recendentes, ollos gazos, manto da neve,
esmeralda verdegaia, craros días.

You might also like