0% found this document useful (0 votes)
171 views3 pages

Noriega Varela PDF

Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as PDF, TXT or read online on Scribd
0% found this document useful (0 votes)
171 views3 pages

Noriega Varela PDF

Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as PDF, TXT or read online on Scribd

NORIEGA VARELA

( Mondoñedo, 1869- Viveiro, 1947)

Estudou no seminario da súa cidade natal. En 1895 gañou un


certame poético celebrado en Mondoñedo cunha composición
de carácter costumista, “ De ruada. Graduouse como mestre e
exerceu ese traballo por varios lugares de Galicia como Foz,
Calvos de Randín, Trasañba, Santa María da Graña e Viveiro. En Foz, por influencia de Villar
Ponte entrou en contacto co movemento agrarista, que encabezaba Basilio Álvarez. En
Trasalba coñeceu a Otero Pedrayo e os demais integrantes do Grupo Nós.

Cada vez máis desvinculado das directrices culturais e políticas das Irmandades da Fala e
dos intelectuais galeguistas, pasa a rexentar a escola en Santa María da Graña ( Abadín, Lugo).
Os últimos anos da súa carreira como mestre foron na escola de Chavín, aldea do val de
Viveiro, xa totalmente decantado a favor dasd ideas do réxime franquista, que considerou a
súa escola como un exemplo. Faleceu en Viveiro en 1947.

A obra

Noriega foi autor dun único libro de poemas que sufriu un continuo proceso de
reelaboración, expurgando unhas composicións e engadindo outras novas. O título inicial da
súa obra foi Montañesas , pero a partir da terceira edición pasou a titularse Do ermo.

Na poesía de Noriega Varela poden distinguirse dúas liñas que irán evolucionando ao longo da
súa vida:

 Primeira etapa de carácter costumista e ruralista influída polos poetas de finais do


século XIX, en especial do seu paisano Leiras [Link] aspecto formal destaca
polo dominio da lingua e métrica popular. En canto aos temas predominan
motivos paisaxísticos e a glosa, con graza e ironía, dos costumes, das tradicións e da
ruda vida dos “brañegos”, os campesiños da montaña os arredores de Mondoñedo.
 A segunda etapa, de carácter máis culto e refinado, revela a influencia do
nicaraguano Rubén Darío, e a dos portugueses Teixeira de Pascoaes, Antero de
Quental ou Guerra Junqueiro. Nesta etapa abandona o costumismo e escribe unha
poesía moito máis elaborada empregando as estrofas cultas como o soneto. Sen
abandonar os motivos da paisaxe montañesa convírtese no poeta das “humildes
cousas que ninguén olla” – a raiola do sol, as “doíñas do rocío”, as flores do toxo, as
fontes e as pucharcas...- cunha actitude de atracción polo humilde e polos seres
máis desamparados.
As froliñas dos toxos.

¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!

Eu venero as froliñas dos toxos.

Dos toxales as tenues froliñas,

que sorríen, a medo, entre espiñas.

Entre espiñas que o ceio agasalla

con diamánte-las noites que orballa.

¡Oh do iermo o preciado tesouro!:

as froliñas dos toxos son de ouro.

De ouro vello son, mai, as froliñas

dos bravos toxales, ¡das devociós miñas!...

Este franciscanismo é a manifestación literaria da profunda relixiosidade do autor , que


concibe a súa obra como un canto á grandeza de Deus e que ve nos elementos da natureza un
corolario de símbolos das virtudes cristiás: a humildade, a pobreza, a piedade, etc. Un exemplo
da alusión ao pensamento de San Francisco de Asís vémolo no poema titulado

Pasa un vermiño

“ Non me tripes, camiñante:

cousiña insignificante,

teño Un Santo a meu favor

que lle chama ao lobo errante

irmao e representante

das finezas del Señor.”

Á súa obra hai que engadir A Virxe y-a paisanaxe (1914), compilación de cantigas populares
en honor da Virxe María recollidas en distintos lugares e prologada por Basilio Álvarez. Como
falan os brañegos(1928) , coleccións de refráns e ditos populares da súa terra publicada na
editorial de Nós.

You might also like