You are on page 1of 2

LITERATURA A POESÍA INTIMISTA

1. Que é a poesía intimista?

Na creación poética pódese falar de todos os tema imaxinables. A súa escolla e o


seu tratamento varían segundo os autores e a época.

Con todo, hai un tipo de poesía que se cultivou ao longo do tempo; é aquela que
fala de vivencias, emocións, inquedanzas, reflexións vitais… e faino cunha linguaxe
suxestiva e especialmente coidada.

Denomínase poesía intimista aquela en que o poeta expresa sentimentos e


pensamentos persoais e íntmos (soidade, alegría, incertezas, amor, angustias, medos,
etc) a través dunha voz lírica.

1.1.- Características xerais da poesía intimista

En liñas xerais, a poesía intmista presenta os seguintes trazos:

 Predominan o uso da primeira persoa gramatical (nos verbos, pronomes,


determinantes…) Exemplo:
Somentes
Intentaba conseguir
Deixar na terra
Algo de min que me sobrevivise…
Lois Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade

 Trata temas relacionados con pensamentos, sentimentos e experiencias da


persoa: lembranzas da infancia, medo á morte, gozo do amor, nostalxia do
tempo pasado… sempre desde unha visión persoal; polo tanto, prima a
subxectividade. Por exemplo, nestes versos, a voz poética laméntase do fugaz
que é a felicidade:
Maio longo, maio longo
Fuches curto para min,
Veu contigo a miña dicha
Volveu contigo a fuxir
Rosalía de Castro, Follas novas

 Teñen unha grande importancia os recursos literarios, que axudan a intensificar


os sentimentos e as impresións. Os autores trascenden o significado ordinario
das palabras para dotalas de novos significados que axudan a reflectir a súa
forma de ver o mundo. É frecuente o uso de recursos semánticos como
metáforas, imaxes, comparacións, antítesis…
Os poemas intimistas adoitan construir mensaxes densas e trascendentes
que, ás veces, poden ter diversas interpretacións ou lecturas.
Tiven medo de vogar;
Tiven medo da auga clara
Anque fora cuns bos remos,
Anque fora na mar calma,
Non vogaba!, non vogaba!
María Mariño, Palabra no tempo

Cómo chove miudiño, Coa cara pegada


cómo miudiño chove; Ao cristal da fiestra
cómo chove miudiño Ollo os fíos da auga
pola banda de Laíño, contra a sombra das penas.
pola banda de Lestrove.
Nos fíos da auga
¡Cómo a triste branca nube que un xa non ve
truba o sol que inquieto aluma; fica a ollada
cál a crube i o descrube, envisa do chover.
pasa, torna, volve e sube,
enrisada branca pruma! Os fíos da auga
Técense cos fíos do soño
Misteriosa regadeira
Que eu soño.
fino orballo no chan pousa
con feitiña curvadeira,
Uxío Novoneyra, Os eidos
remollando na ribeira
frol por frol, chousa por chousa.

Para Caldas todo é escuro, 1) Le con atención os dous poemas e explica que tema teñen en
ceo azul lose na Adina, común.
trasparente, limpo e puro;
na Arretén no monte duro, 2) Xustifica,poñendo exemplos de cada texto, por que dicimos que
nube corre pelegrina. son poemas intimistas.
Triste vai cando se abate
vaporosa, soia e muda,
cando maina as alas bate 3) Atopa estas palabras no poemas de Rosalía e explica que recurso
como un corasón que late usa.
ferido por pena ruda.  Misteriosa regadeira
 Nube corre peregrina
Rosalía de Castro, Cantares
Gallegos 4) Explica que imaxe expresa os últimos versos do poema de
Novoneyra.

You might also like