You are on page 1of 4

1.-Sitúa a obra nunha época e contexto cultural.

Hai obras similares doutros


autores nesta época? A que se debe? Revisa a bibliografía destes autores e
explica a razón para estas similitudes.
Dentro dos movementos de vangarda, nace o ismo do neotrobadorismo grazas a edición
comentada de J. Joaquim Nunes (1928) da nosa lírica medieval. O outro autor
importante neste movemento e coetaneo a Cunqueiro é Fermín Bouza Brey.
Ao formar parte da vangarda, a parte de inspirarse obviamente nas cantigas de amigo da
época medieval, tamén toma inspiración de outros movementos vangardistas e incluso
de fora de Galicia, tomando por exemplo inspiración no simbolismo de Lorca.

2.-Autor: presenta a súa biografía e bibliografía explicando un pouco o contido de


cada obra.
A biografía está xa explicada na presentación, os libros de poesía están cada un
relacionado xa co seu movemento, aquí explicarei o resto das obras:

 Novelas:

 Merlín e familia (1955) Un Merlín xa vello e refuxiado nas terras de Miranda


relatado a través da testemuña de Felipe de Amancia, que lembra os tempos
nos que traballou como o seu criado.
 As crónicas de Sochantre (1956) Historia contada a través dun fidalgo Bretón
que ten lugar durante a Revolución francesa, o sochantre viaxa polos camiños
da Bretaña acompañado por unha comitiva de mortos contadores de historias.
 Se o vello Sinbad volvese ás illas (1972) Son as memorias do mítico mariño
contadas por Al-Faris Ibn Iaquim Al Galizí. Mestura pasado e presente, xa que
Sinbad fai tertulia contando as súas aventuras do pasado, desexando volver.

 Semblanzas ou retratos:

 Escola de menciñeiros (1960) Retraros de saudadores, de estrafalarios, de


aluados, de bichería e de soños.
 Xente de aquí e acolá (1971) Xente verdadeira, personaxes con vida propia
coma Leiras de Parada, que adormecía os capóns léndolles artigos de prensa.
 Os outros feirantes (1979) Retratos que teñen como modelo a xente inventada
ou mesmo tirada da realidade do país, ou ambas as cousas á vez.

 Teatro:

 Función de Romeo e Xulieta (1956) Retoma un dos relatos narrados en As


crónicas de Sochantre, e o converte nunha pequena obra teatral.
 O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959) revisa ó Hamlet de
Shakespeare para achegar un punto de vista singular e actual sobre a traxedia.
Converte o mito do príncipe danés próximo ao de Edipo.
 A noite vai coma un río (1965) É unha traxedia breve e intensa, a exposición
lírica da arela humana de atopar unha resposta que dea razón á vida e á
morte.
 Palabras de víspera (1974) retoma dúas grandes figuras da Españamedieval,
doñaUrraca e o seu imán o rei Alfonso, en torno ós seus amores imaxinados.

 Poesía:
 Creacionismo: Mar ao norde (1932)
 Surrealismo: Poemas de si e non (1933)
 Neotrobadormismo: Cantiga nova que se chama riveira (1933) e Dona do
corpo delgado (1950)
 Modernidade: Herba aquí e acolá (1988)

3.- Xustifica o título da obra.


Cantiga nova por estar inspirada nas cantigas de amigo, facendo una nova "versión" das mesmas.
Riveira porque na maoiría dos poemas vemos a aparición da auga, aínda que non sempre como
protagonista.

4.-tema ou temas presentes na obra.

Neotrobadorismo: Tema amoroso cun eu poético masculino,Locus amoenus,Simbolismo.


Resonancias populares: Ou acompañamento de temáticas populares.
Suxectividade: Todo pode interpretarse cun significado literal e outro máis persoal o suxectivo.

5.-Fai un comentario de forma e contido de cada un dos 25 poemas que


conforma a obra. Lectura real e simbólica de cada texto.

Nº Lectura obxectiva Lectura subxectiva


1 Os distintos estados de este "amor de O paso do amor nunha relación,
auga". comezando como unha paixón lixeira e
rematando por ser perdida.
2 Está a describir a dúas boas amigas Está describindo dous lados diferentes da
que pasan todo o tempo xuntas. mesma muller.
3 Personificación dun cuco que está O cuco, representando a primavera,
namorado e describe esa sensación de describe ese florecer do amor e da paixón,
amor. describindo como se sinten eses primeiros
momentos do amor.
4 Está a describir unha coita amorosa, Pódese interpretar coma na lectura
pola perda do amor nunha relación. obxectiva.
5 Fala sobre un río que observa a O río é a vida e o neno somos nós, é esa
distintos tipos de nenos facendo parte da infancia que vamos deixando
cousas distintas. atrás, pero que no fondo, segue dentro de
nós.
6 Fala de alguén ou algo que xoga no Fala dunha terra, ven pode ser Galicia en
noite. xeral, e da actividade que ten lugar nesta na
noite.
7 Unha noiva que o narrador tiña e que Esta noiva está sufrindo de desamor porque
tiña pesadelos con cristais que a estase perdendo a paixón na relación, por
cortaban. iso mesmo sente que "morre".
8 A descripción dun locus amoenus. Todo o poema é unha metáfora que está a
describir a unha muller.
9 Está amencendo e estase celebrando Está nacendo una nova etapa na relación,
unha boda. representada polo amencer, mais a noiva
non está feliz co compromiso.
10 Está contando as cousas que fixo para Pódese interpretar coma na lectura
namorar a una muller. obxectiva.
11 O paso da vida dende o nacemento Pódese interpretar coma na lectura
ata a morte. obxectiva.
12 Está a describir a unha moza Pódese interpretar coma na lectura
representada por unha pomba e que obxectiva.
xa está namorada doutro home, o que
causa a coita do eu poético masculino.
13 Unha muller tímida que non quere Probablemente é un romance prohibido e
que se sepa o seu romance secreto. por iso non quere que ninguén o sepa.
14 Estase describindo unha casa e o paso A casa representa unha relación amorosa e
do tempo para as persoas que nela estanos contando as distintas etapas da
viven. relación, dende o namoramento do
principio hasta a "morte" dese amor.
15 É unha comparación entre o que Pódese interpretar coma na lectura
facemos de nenos e despois de obxectiva.
maiores, habendo á vez unha
diferenza entre homes e mulleres.
16 Conta a morte dunha nena. A nena é en realidade unha muller
namorada que morreu por ese mesmo
amor, pero que ao final, "renace" ao
encontrar un novo.
17 Estanos contando o paso das Cada momento do día representa un estado
diferentes etapas do día. do amor dentro dunha relación, dende que
nade ata que morre.
18 Está a contar un desamor da Pódese interpretar coma na lectura
adolescencia, cando se é máis obxectiva.
inocente ao namorarse.
19 Está reclamando a perdida de catro Pode estarllas reclamando ao mesmo
noivas a alguén. desamor, xa que o outono é a estación
contraria á primavera, normalmente
asociada con esa paixón amorosa, tamén
danos a entender que con unha desas
noivas tivo un fillo.
20 Está describindo unha serea, ser Está falando do amor e de como nos
mitolóxico metade peixe e metade envolve, dándonos unha razón para vivir.
muller, que encandila aos mariñeiros
coa súa voz.
21 É o poema máis parecido a unha Pódese interpretar coma na lectura
cantiga de amigo, coa mención clara obxectiva.
dunha "señor", fala de como esta vai
casar cun mariñeiro ou un señor cuxas
terras estén na costa.
22 Fala dunha muller que puxo a súa Pódese interpretar coma na lectura
mirada en homes que non a obxectiva.
correspondían e rompéronlle o
corazón, mentres ella mesma facía o
mesmo con homes que a amaban a
ela.
23 Dos namorados compartindo unha Pódese interpretar coma na lectura
noite de paixón e con medo a que os obxectiva.
descubran polas consecuencias que
ese amor podería traerlles.
24 Fala sobre un señor que foi ferido de Demóstranos que o amor é tan forte que é
amor. capaz de ferir ata ós máis poderosos.
25 Fala un home perdido de amor, que, Pódese interpretar coma na lectura
aínda que podemos entender que non obxectiva.
é correspondido, está perdidamente
louco de amor.

7.- Busca exemplos nesta obra do que van ser as caractéristicas da obra de
Cunqueiro
 Elementos propios da tradición literaria.
 Elementos propios da vangarda (imaxes e metáforas) Comenta o seu
significado.
 Elementos simbólicos: colores e o seu significado; a auga, a lúa.....

Todos estes iranse mostrando nos primeiros poemas da obra, sobre todo, non
querendo destacar os mesmos cada vez que aparezan por non ser redundante ou
facer demasiado longa a presentación.

8.- Crítica persoal:


 Poemas que me gustaron máis (marcados cunha liña verde claro na
presentación).
 3, pola musicalidade do poema, gústame o ritmo que vai adquirindo grazas aos
disntintos recursos empregados.
 8, gústame a imaxe xeral que representa o poema cando se le de forma literal.
 11, gústame a forma en que se vai contando unha historia sen necesidade de
verbos, só pola forma en que vai escalando o poema.
 16, gústanme as metáforas que emprega para describir a escena é o que está
representando.
 20, gústame sobre todo a forma de describir ao amor na última estrofa, como
algo que nos da forzas para seguir vivindo.
 Que destacarías da obra que non se dixo con anterioridade.
Cunqueiro é o primeiro poeta que reúne as cualidades necesarias para ser
trovador y xograr a un tempo, pois a elegancia do seu arte combínase co máis expresivo
dos modos populares.
 Aportacións desta obra á vangarda. Que a fai única?
Que a diferenza de Bouza Brey que si intenta innovar máis no xénero para
distinguilo como una vangarda, Cunqueiro mantense fiel aos principios da cantiga
medieval, e aínda así añade unha clara subxectividade aos seus poemas, con imaxes
múltiples ou sofisticados e cultos recursos estilísticos que dan a pincelada xusta de
modernidade.

You might also like