You are on page 1of 3

OS XÉNEROS DA LÍRICA MEDIEVAL

Cantigas Xénero de amigo: De orixe popular; ambiéntanse case sempre no espazo rural ou doméstico.
Profanas A protagonista é unha rapaza namorada e soe aparecer a palabra "amigo" con significado
amoroso. É un amor xuvenil, ás veces con dificuldades (o amigo non chega á cita, é un amor
non correspondido, a nai non aproba esa relación, etc.) Estes problemas ocasionan unha
“coita” ou pena amorosa. Temas máis frecuentes: a ausencia do amigo, a cita amorosa, as
relacións íntimas (non se conta abertamente senón mediante símbolos: a auga, as flores, os
animais salvaxes...)

Xénero de amor: Pertencen ao ámbito cortesán, son de orixe provenzal e talvez chegaron a
través do Camiño de Santiago. Tratan o ideal do amor cortés, que dá a imprsión de ser
imposible, que nunca se consuma. É importante comprender que o amor cortés é un tópico,
unha ficción, non unha situación realista. Consiste na sumisión absoluta do poeta á súa dama,
que aparece moi idealizada. Este ideal é o resultado de aplicarlle á relación amorosa o
esquema social do feudalismo: o amor é unha homenaxe do poeta (vasalo) á dama (señor). A
idea nace da propia estrutura social da época. A dama é sempre superior ao poeta, e a miúdo
está casada con outro. Lembremos que naquela época o amor e o matrimonio eran cousas
diferentes, o normal eran os matrimonios de conveniencia.
Nas cantigas de amor exprésase o punto de vista masculino: un poeta diríxese á súa
amada, pensa nela ou reflexiona sobre o amor, ben a soas ou ben cos seus amigos. Soe ser un
amor non correspondido e un dos temas máis frecuentes é o da “coita”: pena amorosa tan
intensa que o poeta vai morrer de amor; o namorado ten medo de declararse á súa dama por
medo a que ela o rexeite con enfado (saña). A dama está idealizada e non se fai nunca unha
descrición física realista dela, iso sería de mal gusto; as descricións que se fan son o bastante
xerais como para que se puidese dicir iso de calquera dama, nunca datos concretos, porque a
discreción é vital: máis fermosa que ningunha, corpo ben tallado, bondadosa, etc.

Xénero satírico: Para ridiculizar persoas, costumes ou institucións. Pódese facer burla dun
poeta que ten pouco talento, ou dun grupo en xeral como os soldados que aparentan valentía e
foxen da batalla, os relixiosos que non gardan castidade, etc.
Dentro deste xénero hai varios tipos: son de escarnio cando hai unha burla encuberta,
sen dicir expresamente o nome da persoa criticada, e son de maldicer cando a burla é directa,
menciona nomes e utiliza unha linguaxe brutal; en todo caso, en ambas a lingua é máis
coloquial (incluso vulgar) que nas cantigas amorosas. Por último existe tamén o sirventés:
está escrito nun rexistro máis elevado, sobre os desenganos da vida ou temas trascendentais
como a inxustiza, a vellez, a morte... Tamén se chama sátira moral, e é de orixe provenzal.

Xéneros menores: Chámanse así por ser menos frecuentes; son o pranto (lamento e eloxio
dun difunto), a tenzón (diálogo en verso entre dous poetas que se burlan ou expoñen ideas
contrarias sobre un tema, como nas regueifas ) e a pastorela (diálogo entre unha pastora e un
cabaleiro que lle propón amores).

Cantigas As máis famosas son as Cantigas de santa María, de Afonso X O Sabio, rei de Castela e
Relixiosas León (1252-1284). Que este rei escribise en galego demostra o prestixio que tiña a nosa
lingua. Son de dous tipos: líricas (tamén chamadas de “loor”, nelas faise unha louvanza da
Virxe,) e narrativas (contan un milagre). Consérvanse máis de catrocentas pero non todas
foron escritas polo rei: moitas mandounas compoñer sobre un determinado tema, ás veces
orixinal e outras tomado de textos anteriores de diversa procedencia.

1
Clasifica estas cantigas segundo o xénero e mira que rasgos propios dese xénero podes
atopar:

CANTIGA 1 CANTIGA 2

Por Deus, coitada vivo, Cuando eu un día fui en Compostela


pois non vén meu amigo, en romaría, vi unha pastor
pois non vén, qué farei? que, pois fui nado, nunca vi tan bela
Meus cabelos, con sirgo1 nen vi outra que falase mellor
eu non vos liarei. e demandeille logo o seu amor
e fez por ela esta pastorela.
Pois non vén de Castela Díxenlle eu logo: “- Fermosa doncela,
non é vivo, ai mesela!2 queredes vós min por entendedor,
ou mi o detén El-Rei. que vos darei boas toucas de Estela
Miñas toucas de Estela,3 e boas cintas de Rocamador
eu non vos traxerei. e doutras doas, a voso sabor
e fremoso pano para gonela1?”
Pois4 me eu leda semello, E ela dixo: “- Eu non vos quería
non me sei dar consello. por entendedor, ca nunca vos vi
Amigas, qué farei? senón agora, nen vos fillaría2
En vós, ai, meu espello, doas que sei que non son para mi,
eu non me veerei. pero cuido eu, se as fillase así
que tal ha non mundo á que pesaría.
Estas doas5 mui belas E se vise á outra, que lle diría
el mi as deu, ai doncelas, se me dixese: "Ca por vós perdí
non volo negarei. meu amigo e doas que me traía?”
Miñas cintas das fibelas, Eu non sei ren que lle dixese alí.
eu non vos cinxirei. Se non fose esto que me temo i,
non vos digo ora que o non faría.”
AUTOR: Pero Gonçalves de Portocarreiro Dixe eu: “-Pastor3, sodes ben razoada,
_____________ pero crede, se vos non pesar,
que non é hoxe outra no mundo nada,
1: sirgo: cinta de seda que se usaba para atar se vós non sodes, que eu saiba amar,
(=liar) o pelo e por aquesto vos veño rogar
2: mesela: miserábel, desgrazada, que eu sexa o voso home esta vegada”.
triste de min E dixo ela, como ben ensinada:
3: as toucas son panos para a cabeza. As que “-Por entendedor vos quero fillar
facían en Estela (localidade navarra) eran moi e pois for a romaría acabada,
afamadas na época. aquí, de u son natural, do Sar,
4: Aquí “pois” significa “anque”: anque semello cuidome eu, se me queredes levar,
leda, non me sei dar un consello, non sei qué irme hei vosco4 e fico vosa pagada”.
debo facer.
5: doas son as cousas que se doan, ou sexa,
regalos. Os amantes sempre intercambian AUTOR: Pero Amigo de Sevilla
regalos, que na Idade Media se chamaban _____________
“doas”, “prendas” ou “señais”. Unha “señal” é
unha cousa moi seria, equivalente a un anel de 1: gonela: manto
compromiso. 2: fillar: coller
3: pastor: pastora. Nesta época as palabras acabadas
en –or non tiñan morfema feminino. Por iso tamén nas
cantigas de amor o poeta lle chama á súa amada
“señor” e non “señora”.
4: convosco e comigo son palabras modernas. Na I.M.
dicíase “vosco” e “migo”

2
CANTIGA 3
NOTAS
Como Santa María desviou á monja que se non fose
con un cabaleiro con quen se posera de se ir: 1 1: Esta breve introducción en prosa resume
o argumento: como Santa María fixo
cambiar
De muitas guisas2 nos guarda de mal
de parecer a unha monxa que pensaba
Santa María, tan muito é leal
fugarse do convento cun cabaleiro.
E desto un miragre vos contarei
2: guisas = xeitos, maneiras. De aí vén o
que Santa María fez3, como eu sei, verbo guisar, darlle xeito a algo (hoxe só se
dunha monja, segundo escrito achei,4 usa para a comida) e o contrario desaguisar,
que de amor lle mostrou mui gran sinal. desaguisado (inxustiza, disparate).
De muitas guisas nos guarda de mal 3: fez = fixo.
Santa María, tan muito é leal 4: achei = encontrei.
Esta monja fremosa foi asaz5 5: asaz = bastante.
e tiña ben cuanto en regla jaz 6: Gustáballe todo o que hai (jaz) na regra
e o que a Santa María praz (nas normas relixiosas) e o que prace (gusta)
a Sta. María,
eso facía sempre a comunal.6
iso facía normalmente (comunal, polo
De muitas guisas nos guarda de mal
común).
Santa María, tan muito é leal
7: O demo fixo que a monxa coquetease cun
Mas lo demo, que desto houve pesar,
cabaleiro e chegase a un acordo (preito) con
andou tanto pola facer errar,
el.
que a trouxo a que se hoube de pagar
8: Quedou en reunirse con el nun curral,
dun cabaleiro, e pos preit atal.7 escaparían e despois el tomaríaa por muller.
De muitas guisas nos guarda de mal 9: Isto está en boca da monxa, que cambiou
Santa María, tan muito é leal de opinión (suponse que grazas a Santa
Con ele que se fose a como quer María...)
e que a fillase depois por moller
ele et deso o que houbese mester
e pos de se ir a el a un curral.8
De muitas guisas nos guarda de mal CANTIGA 4
Santa María, tan muito é leal
Nen mentres viva, nunca amador Cuando eu vexo las ondas
haberei, nen non quer outro amor e las mui altas ribas,
senon da Madre de Noso Señor, logo me veñen ondas
a Santa Reina Celestial.9 al cor pola velida:
De muitas guisas nos guarda de mal maldito sexa el mare
Santa María, tan muito é leal que me faz tanto male!
Nunca vexo las ondas
autor: Afonso X O Sabio nin as mui altas rocas
que me non veñan ondas
al cor pola fremosa:
maldito sexa el mare,
que me faz tanto male!
Se eu vexo las ondas
e vexo las costeiras,
logo me veñen ondas
al cor pola ben feita:
maldito sexa el mare,
que me faz tanto male!

Autor: Roi Fernandes de Santiago

You might also like