You are on page 1of 1

Lingüística. Repaso. 2º Bacharelato.

Curso 2019-2020

TEXTO:
1 —Si, señor. El, para que o hei negar? Tamén eu me metía nesas algunha que outra vez.
2 Pro esta vegada non vos foi así. Non foi, porque dende o comenzo da outra somana, así
3 Deus me dea a min como tiña mentes de facer as paces coa miña... vaia, coa Raxada, e
4 darlle o xornal cada sábado para non andar caendo en tentaciós. A verdade é a verdade.
5 Daquela, se cadra, eu non son mellor nin peor que iles, pro niste caso eu tiña mentes de
6 ser deica diante doutro xeito, ou de portarme doutro xeito, que vén sere o mesmo... Con
7 que pilláronme polas maos e fixéronme dar voltas con iles, e fixéronme rir, e roldabamos
8 todos tres a rir, e da gargallada dos tres saía a voz do Milhomes que cando ri semella
9 unha galiña, que por iso no me gusta rir con el onde hai xente, porque chama moito a
10 atención. E moitas veces, cando andabamos por aí co dálle que tes, dunha taberna noutra,
11 eu non ría para que el non ceibase aquel cacarexo de madamita que todos ollaban para
12 onde saía e coñeábansechemevos de nós.
A esmorga, Eduardo Blanco Amor (adaptación)
Cuestións:
1. Corrixe os erros do texto á parte e razoa a corrección, indica a liña.
2. Unha vez corrixidos os erros do texto Indica a categoría gramatical das seguintes palabras e
explica os valores semánticos de posesivos e demostrativos: nesas, (liña 1), algunha (liña 1), esta
(liña 2), miña (liña 3), daquela (liña 5), doutro (liña 6), mesmo (liña 6), que cando (liña 8), iso (liña
9), aquel (liña 11).
3. Analiza, logo de corrixido o texto, morfolóxica e sintacticamente os PRONOMES PERSOAIS que
haxa no texto (sinala a liña).
4. Substitúe razoadamente nas seguintes secuencias os C.D., C.I. e/ou atributos por pronomes
persoais átonos. Esgota todas as posibilidades correctas de colocación dos mesmos.
a) Tiña un can de seu co cal gañaba cartos
b) Agora aproveitan toda a comida.
c) Debías dicirlle se queres máis.
d) Tes que lles mercar unhas máscaras.
e) Ambos eran os meus amigos
5. Xustifica a colocación do pronome persoal átono do exercicio anterior.
6. Indica razoadamente se é correcto o emprego de SE nas seguintes cláusulas:
a) Comeuse a empanada.
b) Ten que mudarse para ir á voda.
c) Intercambiáronse galanos.
d) Caeuse ao chan.

A data límite de recepción destes exercicios é a do 22 de maio, inclusive.

You might also like