You are on page 1of 5

o Lembra que o adxectivo é unha clase de palabra que acompaña ao substantivo para expresar unha

calidade do mesmo. Pode ir diante ou detrás do substantivo. Por exemplo: o dragón verde / o
inmenso globo. En resumo, o adxectivo proporciónanos máis información sobre o substantivo.
Agora fíxate nos seguintes relatos. Parecen que lles falte algo... Podemos probar a facelos máis
interesantes e descritivos engadíndolles adxectivos a carón do nome. Observa como fixemos no
exemplo e agora ti subliña todos os substantivos comúns que atopes en cada texto e, despois,
reescribe o texto engadindo os adxectivos que mellor lle queden segundo o teu criterio.

Aquela tarde, Rodrigo camiñou ata o regato, equipado coa súa cana de pescar. Lanzou o anzol á auga
e esperou. Unha hora despois regresou á súa casiña coa súa mascota, unha troita que agora vive
felizmente na fonte da praza da vila.
Aquela calorosa tarde, Rodrigo camiñou ata o pequeno regato, equipado coa súa vella cana de pescar.
Lanzou o diminuto anzol á auga cristalina e esperou. Unha larga hora despois regresou á súa
acolledora casiña coa súa nova mascota, unha enorme troita que agora vive felizmente na nova fonte
da céntrica praza da vila milenaria.

Aquela mañá, Agustina subiu ao campanario co seu invento. Tratábase dun pao cunha pedra
incrustada. Realmente parecía o martelo dunha tribo da época na que os humanos vivían en cavernas.
Pero ela estaba toda contenta aporreando con ese instrumento aquela campá.

Rodolfo pasouse o día traballando, atendendo os caprichos da seu xefe e dos seus clientes. Pero
aquela tarde estaba feliz pensando que, dentro dun ratiño, estaría na cancha de baloncesto. Por iso
tarareaba cancións mentres imaxinaba as canastras que ía meterlle aos seus amigos.

Aquela mañá, Carmucha, desobedeceu á súa nai e perdeuse no bosque por non volver polo camiño
de sempre. Polo sendeiro atopou animais e comezaba a ter medo. Por sorte, apareceu a súa curmá,
que estaba a buscar dúas arañas para un proxecto do instituto.

1
o Ademais dos adxectivos, os substantivos tamén precisan que lles acompañen outra clase de
palabras: os demostrativos. Este tipo de palabras precisan cal é o substantivo ao que nos
estamos a referir. Non é mesmo dicir:

o Federico, pásame a chave. (Neste caso se refire a unha chave única e concreta).

o Federico, pásame unha chave. (Neste caso se refire a unha chave calquera).

o Existen diferentes clases de determinantes. A continuación déixote un esquema que tes que
completar con todos os exemplos que se che ocorran (mínimo 3 en cada apartado). Seguro que
te lembras de moitos! Se non sempre podes investigar.

o Artigos: o,

o Demostrativos: esta,

o Posesivos: seu,

o Indefinidos: ningunha,

o Numerais: dous,

o Agora que xa lembraches un montón de determinantes é o momento de que coñezas as súas

contraccións. Pois, en moitas ocasións, os determinantes poden aparecer nos textos contraídos
coas preposicións e outras partículas. Intenta completar esta táboa de contraccións:

O A OS AS UN UNHA UNS UNHAS

A Ao Á

CON Co Cunha

DE Da Dunhas

EN Nos Nun

POR Polas

CA Coa Cuns

ESTE ESTA ESE ESA AQUEL AQUELA UNS UNHAS

DE Deste

EN Nunhas

o De novo tócache volver aos 4 textos do exercicio anterior. Vólveos a ler, pero esta vez rodea os
demostrativos que atopes. Estean ou non contraídos.

2
o Agora pensa nun animal. Algún raro. Que che guste pero que non sexa un can ou un gato que
vemos todos os días. Tes que imaxinarte ese animal á perfección porque agora vas a ter que facer
unha descrición moi detallada del. Douche arredor de 10 liñas para que me describas a ese animal.
Non poñas en ningún momento o seu nome. Simplemente describe como é (as cores, o tamaño, o
son que emite, como se despraza, canto pelo ten, etc.). Todo o que se che ocorra será útil pois, se
fixeches ben o teu traballo, o profe ten que ser capaz de adiviñar o animal que elixiches. Unha
pista: para que sexa máis sinxelo é recomendable que utilices moitos adxectivos. Adiante, ti podes!

............................................................................................................................................................

o Agora repasa o teu texto, para revisar que está ben escrito, coas pausas adecuadas (puntos e
comas) e sen faltas de ortografía. E tamén, subliña todos os adxectivos e rodea todos os
demostrativos (contraídos e sen contraer) que empregaches.

o Por último fai a proba con algún familiar para ver se é capaz de adiviñar o teu animal, antes de
enviarllo ao mestre. Se os familiares son capaces é un bo sinal. Se non... deberías intentar
melloralo. Sorte!

Nome do animal que elixiches

3
o A continuación tes un texto que describe dunha forma especial ás abellas. Descríbenos como son
e as súas características. Pero tamén nos fala doutro insecto: as avespas. Antes de ler o texto, en
que crees que se distingue unha abella dunha avespa?

o Elixe un lugar cómodo e con luz e lee con atención e en silencio o texto. Podes subliñar as palabras
que non coñezas para buscalas no dicionario. Despois, responde ás preguntas.

O primeiro que hai que dicir da abella é que é un insecto e non unha marca de suavizante para a roupa.
A abella, como bo insecto que é, ten tres rexións corporais características, a saber: cabeza, tórax e
abdome.
Todo o mundo coñece que a abella pásase toda a súa vida producindo cera e mel. Dase a
particularidade de que a abella odia a mel, que o que lle gusta de verdade é o chocolate con leite; por
iso sempre que vemos unha vaca veremos ao seu carón unha abella. Se unha abella debe visitar máis
de catro mil flores para fabricar unha cullerada de mel, cantas flores debería visitar para encher un
bote de medio quilo?
A abella vive nunha casa que se chama panal.
Existe un tipo de abella con moi mala leite que non fai outra cousa que protestar. Leva unhas raias
negras sobre o seu corpo amarelo. Adóitaselle chamar avespa, por non chamala outra cousa moito
peor. A avespa, ao igual que a abella, vai provista dun aguillón que clava sobre todo aquel que a
molesta.
A abella é, de todos os insectos, a máis demócrata. Cada catro anos organiza eleccións e elixen á súa
raíña, aos seus príncipes e aos seus abázcaros. Os abázcaros non teñen aguillón nin ganas de
traballar, pásanse o día facendo crebacabezas e sopas de letras.
O maior pasatempos da avespa é pinchar os globos que os nenos levan dun cordel cando pasean pola
feira, entre noras e carruseis.
Daniel Nesquens, Hasta casi cien bichos. Ed. Anaya.

o A que se dedica a abella durante toda a súa vida?

............................................................................................................................................................
............................................................................................................................................................

o Onde viven?

o Cales son as partes do corpo dunha abella?

............................................................................................................................................................
............................................................................................................................................................
4
o Aos abázcaros lles gusta traballar? A que se dedican durante todo o día?

............................................................................................................................................................
............................................................................................................................................................

o No texto fálase doutro animal que, segundo o autor, non fai máis que protestar. Cal é? E, cal é o
seu pasatempo?

............................................................................................................................................................
............................................................................................................................................................

o Que teñen en común unha abella e unha avespa?

............................................................................................................................................................
............................................................................................................................................................

o Por que o autor di que a abella é o animal máis democrático?

............................................................................................................................................................
............................................................................................................................................................

o Debuxa aos tres insectos de forma caricaturizada, tendo en conta a información que nos da o autor.

You might also like