You are on page 1of 24

LINGUA GALEGA

Tema 1:

1. Escribe catro sentimentos que podes manifestar coa expresión da túa cara.

2. Ordena alfabeticamente as seguintes palabras.


cariño amor tristura soidade

odio alegría medo melancolía

3. Clasifica na táboa as seguintes palabras:

flor semáforo bambán pel

horta corazón deportista bicicleta

balonmán rapazada paz tambor

aroma rei compartir bico

Monosílabas Bisílabas Trisílabas Polisílabas

4. Divide as seguintes palabras en sílabas:

Transporte chándal diario camión

Subdirector balonmán horta palmeira

inquedanzas calcular agasallo sexto


5. Repara nestas palabras:

leite (galego) - leche (castelán) - lait (francés) - latte (italiano).

a) Por que cres que se parecen tanto?

b) Cales son as palabras galegas que se corresponden coas da seguinte lista?:

➢ Benvingut (catalán), bienvenido (castelán), bienvenu (francés)

➢ École (francés), scoala (rumano), scuola (italiano)

➢ Mão (portugués), mà (valenciano), main (francés)

6. Responde:
➢ De que idioma que falaban os antigos romanos procede o galego?

➢ Escribe o nome doutros idiomas que veñan tamén desta lingua:

➢ En que época histórica gozou o galego de maior prestixio?

➢ Cando comezou o seu rexurdir?

7. a) Que linguas son oficiais en Galicia?

b) Cal é a lingua propia de Galicia?

8. De que dúas formas podes atopar un texto literario?

9. Cales son as partes dunha carta?

10. Escribe unha carta onde se distingan claramente estas partes.


Tema 2:

11. Le atentamente este texto e, despois, responde as cuestións que se formulan.

Rubén estaba moi ledo porque os carpinteiros acababan de poñerlle no cuarto un armario deses que

chaman encaixados. Para el, aquilo foi como se tivese un xoguete novo, así que, en canto os

carpinteiros marcharon, foi correndo abrir o armario novo.

Cando se fartou de abrilo e cerralo, meteuse dentro e pechou as portas. Mirou arredor: todo estaba

escuro. Ou non? Un pouquiño máis lonxe pareceulle ver unha fenda de luz. Sen pensalo dúas veces,

Rubén botou a andar cara a aquela luceciña.

Ó achegarse, viu que se trataba dunha porta entreaberta que deixaba pasar a luz de fóra. Empurrou

amodiño: alí, sentado no chan, había un meniño xogando cuns tacos de madeira. Rubén deuse de

conta de que aquel non era o seu cuarto, aquel rapaciño era totalmente descoñecido.

Xabier P. Docampo: O armario novo de Rubén, Edicións Xerais.

a) Como se chama o protagonista da historia?


b) Que ten de especial o armario novo do seu cuarto?

c) Con que xogaba o meniño que encontrou no cuarto?

d) Ordena estas oracións para resumir a historia:


Non coñecía de nada a aquel rapaciño.

Rubén meteuse dentro do armario encaixado.

Os carpinteiros fixeron un armario novo no cuarto de Rubén.

Abriu a porta do armario e apareceu no cuarto dun meniño.

Viu unha luz ao fondo e botou a andar cara a ela.

e) Como é un armario encaixado? Subliña a resposta correcta:


➢ Un armario feito con caixas.

➢ Un armario que se constrúe aproveitando un oco da parede.

➢ Un armario con caixóns.

➢ Un armario que non se pode abrir.


12. Escribe un antónimo para cada unha das palabras que se subliñaron no texto:
Ledo Novo Pechou

Escuro Fóra Descoñecido

13. Ordena as letras e escribe catro nomes relacionados coa roupa da cama:
basas robocter amtan ódnered

14. Escribe un sinónimo de:


cama- colcha- armario- estante- parecido-

15. Ponlles acento gráfico ás palabras que o precisen:


espertador lampada outono durmiñon comoda estrela berce astro

arbore pesadelo pure lostrego caracter bisavo portal luz

16. Completa cun suxeito:


teñen unha cor especial no outono.

emigran a lugares máis calorosos.

pousan no cable.

é un froito típico do outono.

17. Separa o suxeito e o predicado destas oracións e subliña o núcleo:


A noite entra co seu manto escuro. Os libros abarrotan os andeis.

No meu cuarto teño unha mesa de estudo. Viches onte a eclipse?

18. Completa cun predicado:

Os paxaros

Vós

As miñas curmáns

O vento
19. Completa:

Os son palabras de significado igual ou semellante. Os

son palabras de significado contrario.

A é un conxunto de palabras que teñen sentido completo.

Os principais compoñentes da oración son o eo .

As palabras levan acento gráfico se rematan en vogal, -n ou –s.

As sempre levan acento gráfico.

As levan acento gráfico se rematan en consoante distinta de –n ou–s.

Cada liña dun poema é un . Adoitan agruparse en .

Tema 3:

20. Le atentamente este texto e, despois, resolve as cuestións que se formulan.

A historia máis primitiva da vila de Muxía vai ligada á existencia dun conxunto de pedras situadas na Punta

da Barca. Este conxunto deu orixe a unha chea de ritos e creacións lendarias que

perduraron ata os nosos días. Así, os muxiáns cóntannos que a pedra abala cando quere; hai veces que se

colocan moitas persoas enriba e non abala, e outras abala soa. Tamén din que cando abala soa predice

algunha desgraza.

Sen dúbida, a pedra de abalar foi a que espertou maior curiosidade e atracción de cara as xentes da

comarca e de fóra dela. Aínda que existen en Galicia máis penas de abalo ou cabaleiras, a máis coñecida

con diferenza é esta de Muxía, de case nove metros de longo e sete de ancho.

Á pedra de abalar de Muxía son moitas as propiedades que se lle atribúen, dende unha finalidade

adiviñatoria ata considerala como o instrumento para probar a culpabilidade ou inocencia das persoas.

Esta pedra foi desprazada do seu lugar primitivo en decembro do ano 1978, por un forte temporal que

mesmo lle rompeu un anaco.

Tomado e adaptado da páxina web do Concello de Muxía.


a) Onde está a pedra de abalar?

b) Como é de grande?

c) Que significa abalar?

d) Cando abala soa, que di a xente que vai pasar?

e) Indica, cando menos, unha das propiedades que se lle atribúen.

f) Busca no texto e escribe dous sinónimos de pedras de abalar.

21. Localiza no texto e escribe as palabras polisémicas que teñen as seguintes acepcións:
: 1 Narración ordenada dunha serie de sucesos. 2 Ciencia especializada en

expoñer o que acontece ao longo do tempo. 3 Relato, conto.

: 1 Espazo que ocupa un corpo, posto. 2 Sitio. 3 Aldea, poboación pequena

22. Indica cal é o termo real e cal o imaxinario na seguinte metáfora:


Unha raiola nas ondas,

diamantes de prata.

23. Busca no texto catro palabras con acento diacrítico e xustifica o seu uso.

24. Indica o xénero e o número dos seguintes substantivos:


árbore salón noces

día xoguetes persoas

25. A palabra aire ten diferentes significados. Substitúea por un sinónimo da lista:
susto tormenta enfado vento aspecto parecido mal osíxeno

Vai pola vida con aire distraído.

Con tanta xente na reunión, faltaba o aire para respirar.

Hoxe vai un aire que corta.

Ao meu pai deulle un aire que ten que estar na cama.

Sabela ten un aire coa súa curmá.


26. Nas seguintes oracións, risca a palabra que non corresponda:
➢ árbitro pitou fora/fóra de xogo.

➢ Perdín as chaves da/dá casa.

➢ Compre/cómpre chegar canto antes para coller sitio.

➢ O paxaro batía coas as/ás na ventá.

27. Clasifica os seguintes nomes segundo o seu xénero e pon en feminino os que poidas:
Mesa - regalo - elefante - amiga - cociña - pai - mazapán - escola - pastor - barrio - tío - pito

➢ Masculino:
➢ Feminino:
➢ M/F:

28. Completa o resumo:


As palabras son as que teñen máis dun significado.

O indica se un nome e ou .

O indica se un nome está en ou plural.

29. Enche os espazos baleiros para acabar de completar o resumo:


O serve para diferenciar palabras que se escriben igual pero teñen

significado.

A consiste en dicir que unha cousa é coma outra, a que se parece.

A consiste en nomear unha cousa co nome doutra á que se asemella.

Tema 4:

30. Le este texto e, despois, responde as preguntas.

Era o día de Noiteboa, sabedes? A árbore xa estaba ben adornada coas súas candeas, as súas bólas
brillantes, as súas laranxas alegres, as súas mazás vermellas, as súas noces douradas e moitos, moitos
xoguetes. Era, de certo, unha árbore moi fermosa.

Estaba solitaria no gran salón coas portas ben cerradas para que os nenos non a puidesen ver ata a
mañá do día de Nadal. Pero todas as persoas maiores a viran e atopábana marabillosa.

Pero non todos tiveran tanta sorte, alguén quedara sen vela. Eran… as arañas!

As arañas, como sabedes, viven nos recunchos. Nos recunchos solleiros dos faiados e nos recunchos
dos sotos. Acordaron contemplar a árbore, igual que os demais da casa.
a) Cando ocorre a acción deste conto?

b) Como esta adornada a árbore?

c) Por que estaban cerradas as portas do salón? Quen non viu a árbore?

d) Subliña o significado que ten a palabra solitaria no texto:

1 Verme parasito que vive no intestino das persoas o dos animais. 2 Que está soa, sen compañía.

e) Como se chaman as palabras que, como solitaria, teñen entradas diferentes no dicionario:

31. Rodea con distintas cores os ditongos e os hiatos e clasificas na táboa:


día solitaria candeas puidesen solleiros sentiu teito caixa roupeiro

douradas Noiteboa súas persoas demais cuarto fiestra azuis ruela

Pechada + aberta Aberta + pechada Pechada + pechada Hiato

32. Le atentamente e fíxate nos versos de cada estrofa. Subliña a última palabra dos versos. Rodea
a sílaba tónica.

Vamos todos xuntiños, Anda axiña, compañeira,

vamos a Belén, anda axiña, polo teu ben,

que hoxe é noite de ruada, xa verás aquel Neniño,

noite de pracer.
xa verás que lindo é.

a) Cantas estrofas ten o poema?

b) Cantos versos ten cada estrofa?

c) Coinciden as vogais e as consoantes?

d) Como se chama esa rima?


33. Rodea e identifica o grao do adxectivo.
➢ A miña irmá é máis nova ca túa.

➢ A súa moza é moi guapa.

➢ Os cadeliños do avó son feitiños.

➢ O exame de hoxe é menos complicado co de onte.

➢ Os coellos son rapidísimos.

➢ O seo tío é tan traballador como o meu.

34. Subliña os adxectivos e di se son especificativos ou explicativos:


➢ Hoxe temos un bonito día de sol.

➢ Hai que lle quitar á planta as follas secas.

➢ As flores agromaban entre a verde herba.

➢ Necesito unha cartolina grande para facer o mural.

35. Completa as frases con palabras homónimas:


-Xogamos a a pelota. -Gústame o sabor que lle dá o á ensalada.

-A vaca move o mentres pasta no prado. -O alumnado os seus delegados.

36. Escribe unha oración que conteña as seguintes expresións:


➢ Facer as paces:

➢ Levarse coma o can e o gato:

37. Localiza as palabras homónimas e explica o seu significado:

➢ -Con boa vista verás como voa ese avión.

➢ -O peto é un paxaro tan pequeno que cabe nun peto.

➢ -Ai, que dor de cabeza! Hai aspirinas?

➢ -Houbo un corte de luz e as vacas quedaron ás escuras na corte.


38. Completa o resumo:
As palabras as que se escriben ou soan igual pero teñen

distintos e diferentes no dicionario.

O cualificativo pode ser ou .

Os graos do adxectivo son: , e .

39. Enche os espazos baleiros para acabar de completar o resumo:


Un é a unión de dúas vogais nunha mesma sílaba.

Dúas vogais que aparecen xuntas, pero pertencen a sílabas distintas forman un .

A consiste na repetición dos mesmos sons ao final dos .É

se riman todos os sons. É se só riman os sons vocálicos.

Tema 5:
- Le este texto e resolve as actividades que se propoñen despois:
Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Limita cos concellos de

Nigran, Gondomar e Oia. Bañada polo océano Atlaántico, desde os outeiros situados na súa zona máis

interio pódense enxergar a ría e as illas Cíes.

A vila, fundada no século II a. C., ten unha situación estratéxica para o comercio e a comunicación, e por

iso foi Dominio dos romanos, os visigodos e os árabes. A data máis sinalada na historia de Baiona é o 1 de

marzo de 1493: ese día chegou ao seu porto a carabela Pinta, comandada por Martín Alonso Pinzón. Baiona

convertíase así na primeira vila de Europa en ter noticia do descubrimento de América.

A súa situación permitía tamén os asedios e ataques, pero os baioneses, de carácter combativo, fixéronlle

fronte tanto a nobres galegos como ao pirata inglés Francis Drake e mesmo ás tropas napoleónicas.

Na actualidade, Baiona é unha vila turísticadas Rías Baixas. A súa poboación aumenta de maneira

importante no verán e acolle a visitantes atraídos pola súa beleza, as praias, a boa comida e a animación.

Baiona ten o encanto das rúas estreitas de pedra, do castelo de Monterreal (hoxe, parador de turismo), da

colexiata románico-gótica e o convento das dominicas..., pero tamén do clima, a paisaxe e, o que é

máis importante, a xente.


40. Sobre a situación xeográfica de Baiona:

a) marca cun X as opcións correctas:


é unha vila de interior é unha vila de costa está no sur de Galicia
está no norte de Galicia ten vistas ao mar está encaixada entre outeiros
b) Completa:
Pertence á comarca de , na provincia de .
As augas que bañan as súas praias son do océano . Desde Baiona divísanse as
illas .
c) Sobre a súa historia:
➢ Cando foi fundada?

➢ Cál é a data máis sinalada da vila? Por que?

➢ Cales son os principais atractivos de Baiona na actualidade?

41. Copia cinco contraccións de preposicións + artigo no primeiro parágrafo do texto e di que
elementos as compoñen.

42. a) Copia os artigos que atopes no segundo parágrafo.

b) Atopa un determinante posesivo no texto. Analízao (masc./fem. e sing./plur.) e clasifícao en


Un só posuidor / Varios posuidores.

43. Forma palabras compostas unindo as palabras das dúas filas:

balón para chucha abre vaga papo pasa creba


cesto cartas rubio lume noces mel sol montañas
44. Fai unha análise morfolóxica da seguinte oración (Subliña cada palabra e indica de que clase é:
A vosa querida filliña pequena chegou onte pola noite dunha viaxe moi longa e perigosa

45. Fai unha análise sintáctica da seguinte oración (Separa suxeito e predicado e indica os seus
núcleo:

- Onte no bosque agocharon moitos tesouros - Miña tia María ten moitas ovellas e moitos coellos

- Antonte á noitiña Marta e María saíron da casa - Moitas veces os cativos teñen fame pola noite

46. Ponlle a este texto os puntos e as maiúsculas.

querida laura:
chegamos á coruña as 17 45 horas a viaxe desde santiago de compostela resultou moi entretida no tren
en que viaxamos actuou o mago merlín púxose a xogar cuns panos de cores e facía aparecer obxectos do
máis diverso ademais, aprendeunos algúns trucos que xa che contarei

47. Di se se trata de comunicación verbal oral (VO), verbal escrita (VE) ou non verbal (NV):

Anoto a data do aniversario da miña avoa. O semáforo ponse en vermello.


Un pai acaricia a súa filla. O peixe que está na neveira cheira mal.
Soa o timbre para saír ao recreo. Meu irmán cóntame un segredo.

48. Completa o cadro das contraccións:

O A OS AS UN UNHA UNS UNHAS


DE
EN
CON
A
POR
Tema 6:
49. Le a lectura e contesta ás preguntas.

Cando á noite apaguei a televisión, como apaguei? Seguro que pulsando o botón stand by do mando a
distancia, ese que ten un círculo case cerrado e unha raia vertical. Case todos o facemos así. Pero
mentres vostede durmía placidamente ou saía a tomar algo cos seus amigos, o televisor xogoulle unha
mala pasada. Consumiu enerxía. Non moita, pero si de forma continua. Tamén o vídeo, os altofalantes
do PC, o equipo de música e, incluso, o ordenador. Sume estes pequenos gastos e levarase unha
desagradable sorpresa. A Axencia Internacional da Enerxía (AIE) calcula que o gasto destes dispositivos
durmidos é o 10% do consumo doméstico medio dun pais desenvolvido. É dicir, un exceso. Un televisor,
se se deixa en espera, pode chegar a consumir como un aparato de ata sete vatios de potencia (25 ten
unha lámpada pequena); e o ordenador, como un de dous ou tres. O problema non son os cartos.
Seguro que vostede pode permitirse pagar uns euros máis ao mes a cambio da comodidade de acender
a televisión dende o sofá co mando a distancia. O problema é a cantidade de residuos contaminantes
que se producen ao xerar toda esa enerxía que termina malgastada. A AIE, o G8 e a Unión Europea
tomaron cartas no asunto. Para o ano 2010 recomenda aos fabricantes crear produtos cun consumo
en espera que sexa menor que o dun aparato cunha potencia de un vatio.

a) Con que botón se adoitan apagar algúns electrodomésticos? Como é este botón?

b) Segundo a AIE, cal é o gasto dos aparatos eléctricos que apagamos sen desconectalos?

c) Que decisión se tomou para o ano 2010?

d) Que considera no texto un exceso de gasto?

e) Cal é o verdadeiro problema do consumo de enerxía malgastada?

50. Separa os morfemas destas palabras e di que indican:


➢ Doutoras

➢ Cantaba

➢ Compañeira

➢ Atopaban

➢ Druídas

➢ Vasalos
51. Le o texto. Despois, rodea os posesivos e clasifícaos:

Comparto a miña habitación co meu irmán. Cada un dorme na súa cama, ten o seu armario e as súas
cousas… Pero só hai un ordenador, o noso ordenador, e cando eu estou a facer os meus traballos do
cole, sempre vén dicindo que o necesita. A nosa nai di que vai poñer un cartel na nosa porta con esta
mensaxe:”Lembrade: Prohibido rifar no voso cuarto”.

➢ Un só posuidor:

➢ Varios posuidores:

52. Todos coidan da nosa saúde, pero… de que se ocupa cada un:

pediatra otorrino 1. Afeccións da pel 4. Enfermidades dos ollos

cirurxián dermatólogo 2. Enfermidades do oído 5. Fai operacións

dentista oculista 3. Enfermidades dos nenos 6. Coidado dos dentes

53. Completa estas oracións cos determinantes indefinidos:


pouco - todos - bastantes - moitas - demasiado - cada

- Nesta praia hai gaivotas. - Aínda quedan euros no peto.

- os meus amigos xogan ao fútbol. - nena que colla o seu vestido.

- Non lle botes sal ao peixe. - Apura, que temos tempo

54. Pon as comas que faltan nos seguintes enunciados:

➢ Os barcos de baixura pescan luras polbos pescadas linguados ollomoles rodaballos etc.

➢ Napoleón Bonaparte o francés era o emperador de Francia.

➢ Non me gusta a escuridade pero tampouco me da medo.

➢ Ola Laura que tal estás?

➢ Vivo na rúa n.º 4 3ºB.

55. Subliña os demostrativos e clasifícaos:

➢ Eses rotuladores pintan mellor ca estas ceras.

➢ Esta chaqueta combina moi ben con esa saia.

➢ Para chegar a aquela aldea hai que ir por esa estrada.

➢ Este martes teño que ir con esa doutora.


56. Fai unha análise sintáctica das oracións (Separa suxeito e predicado e indica os seus núcleos):

- A Manuel sempre lle dan cartos no seu aniversario - Miña irmá tivo dúas fillas chamadas Marta e María

- Antonte pola mañá, teus tíos, atoparon dous cadeliños - Ás veces, a nena, saúda á amiga no colexio

57. Fai unha análise morfolóxica da seguinte oración (Subliña cada palabra e indica de que clase é):
“O druída Gaël chegou polo camiño máxico da fraga cunha morea grande de ricas landras na súa bolsa azul”

Temas 7 e 8:
58. Le o texto e resolve as actividades que se propoñen sobre el:

Os sucesos misteriosos que vou relatar a continuación non son produto da miña imaxinación, por

fantásticos que poidan parecer: Son reais. Participei neles co meu amigo Bons, Bilbo Bons, o máis grande

detective da historia, aínda que ninguén o coñeza. Por iso me propoño a escribir o relato dos seus casos,

sen que el o saiba, para deixar constancia do seu valor e intelixencia na loita contra os malvados, e da

súa bondade co resto do mundo, mesmo comigo que ás veces resulto un chisquiño rabecho.

Son o comisario xefe de policía dunha cidade que é coma todas as cidades, bonita e fea segundo se

mire. Da xente que vive aquí podo dicir o mesmo, hainos felices, divertidos e moi bos e outros… xa

sabedes, non quero falar mal de ninguén.

Un día sucedeu algo que nos alborotou a todos.

[ Isabel Freire: Sopa de marsopa, Edicións Xerais (adapt.)]


a) Quen é o narrador do texto?
b) En que persoa conta os feitos?
c) Que vai narrar?

d) Onde ten lugar a acción?

e) Quen é Bilbo Bons?

f) Que calidades se destacan de Bilbo Bons? E do narrador?

59. Completa o cadro coas palabras dos listados:


-Papel, papeleira, pisapapeis, empapelar, papelería. –Vender, revenda, compravenda, vendedor, invendible.

-Auga, augaforte, desaugar, paraugas,auganeve. – Roupa, roupeiro, arroupar, gardarroupa, roupaxe.

Palabra simple Palabras derivadas Palabras compostas


Con prefixo Con sufixo

60. Completa coas palabras de vocabulario axeitadas e logo escribe as contraccións de preposición +
pronome:

- Resplandor da lúa: - Persoa que traballa nun faro:


-Astro que brilla intensamente: -Coa madeira e coa serra traballa o .

-O pasa a vasoira polas rúas. -A utiliza a mangueira para regar.


-Sinónimo de lamento, queixa: -Sinónimo de vagalume:
-Falar ben de algo ou de alguén: -Liñaxe dunha persoa:

el ela eles elas


De
En

61. Observa e fai coma no exemplo:

Ex.: Fun ao cine cun amigo. > Fun ao cine cunha amiga.

➢ Algúns compañeiros falaban duns xogadores de baloncesto.

➢ Confía nun amigo e serás un neno feliz.

➢ Ningún profesor che contou a historia dun rapaz famoso da vila?

➢ Un avó tan bo coma o meu non o ten ningún outro neto.


62. Substitúe o subliñado por un pronome persoal átono ou tónico e volve a escribir as oracións:

➢ O laboratorio tiña o nome na azotea.

➢ Sarita Palodi inventara a tinta ortográfica.

➢ O señor Babuín presentaba os produtos cada semana.

➢ Teño unha noticia para ti e a túa amiga.

➢ Helena colleu os libros da biblioteca.

➢ Micaela trouxo as mazás da leira.

➢ Os piratas van afundir o barco.

➢ Xurxo e ti non tedes o balón.

63. Pon os dous puntos, comiñas e comas onde sexa necesario:

➢ Ás festas da escola pode asistir toda a comunidade escolar alumnado profesores pais persoal

non docente…

➢ O público animou aos xogadores berrando Ánimo! Sodes os mellores!

➢ Para facer a torta imos necesitar fariña ovos azucre lévedo zume de limón.

➢ A entrada da sala había un cartel que poñía Por favor apaguen os seus móbiles.

64. Fai unha análise sintáctica das oracións (Separa suxeito e predicado e indica os seus núcleos):
- Case sempre Carme e Anxo comen patacas e ovos -Non están miña nai e máis miña tía Asunción

-Están todas as mañás estudando miña irmá e o seu mozo - Agárdaos na vila todo o día

65. Substitúe o subliñado polo pronome persoal tónico (Contracción). Coloca logo o pronome no
lugar axeitado.

➢ Os dous ratos comeron demais.


➢ O gato lanzouse sobre os dous ratos.
➢ O rato do souto pensou no avó.
➢ Miñas avoas traballaron na aldea toda a vida.
➢ Quen daría tantos cartos! (che).
➢ teño na casa gardada (a).
➢ Nunca digas o que teño que facer (me).
➢ escolle axiña! (a).
➢ contarei aos alumnos un conto (lles).
➢ Cando chamaron os bruxos? (o).
66. Fai unha análise morfolóxica das palabras subliñadas na seguinte oración:
“O pequeno mago, preso na cela, non me soubo dicir nunca o esconxuro da bruxa para que o ceibasen dela e vir connosco”

Temas 9 e 10:
67. Le o texto e responde as preguntas:

-Dende aquí vexo un parque cheo de nenos que están a xogar ao sol –comezou de novo Ismael--. Os

bancos están repletos de pais e nais, avós e avoas, mozos que pasean, homes e mulleres que len. Xente

feliz aproveitando este fermoso día de primavera.

-E a rúa? Hai coches? Como son as casas?

-Non hai moito tráfico, porque se protexe a paz deste hospital. Pero o que podo ver é áxil e rápido.

Autobuses cheos de persoas que van e veñen, automóbiles preciosos e relucentes, bicicletas que

circulan con toda calma. En canto ás casas, son fermosas, con ventás abertas, moitas plantas e flores

nos balcóns, portas de cores e azoteas de lousa.

Ismael contoulle a Xoán como era o ceo, as nubes, a terra que se debuxaba ao lonxe, no distante

horizonte, pois segundo el se atopaban nun andar moi alto do hospital. Contoulle a que xogaban os

nenos e as nenas do parque, e como eran as parellas que paseaban collidas da man. Contoulle todo e

máis.
a) En que clase de edificio se atopan os personaxes da historia?

b) Que tipo de paisaxe é a que describe Ismael?

Elixe: rural – costeira – urbana – galáctica – de montaña.

c) Completa cos elementos que ve Ismael desde a ventá:

➢ Elementos naturais:
➢ Creados polo home:
68. Completa coas formas correspondentes:

➢ 2ª persoa, plural, Copretérito , REGAR:

➢ - 1ª persoa, singular, Antepretérito, COMER:

➢ - 2ª persoa, singular, Pospretérito , BUSCAR:

➢ - 1ª persoa, plural, Futuro , CANTAR:

➢ - 3ª persoa, singular, Pretérito, PEDIR:

➢ - 2ª persoa, singular, Futuro, NADAR:

➢ - 2ª persoa, plural, Presente, ESCONDER:

➢ - 3ª persoa, plural, Copretérito , PEDIR:

69. Substitúe as palabras subliñadas por un sinónimo:

➢ Había neve na cima da montaña.

➢ A pendente dun monte chámase ladeira.

➢ Unha serie de montañas forma unha cordilleira.

➢ Os homes primitivos vivían en cavernas.

➢ Non é tanto esforzo subir en bici ata o cerro.

➢ Viches con que forza cae a auga polo salto de auga abaixo?

70. Completa con c ou cc e escribe unha palabra da mesma familia.

-a ión > - calefa tor > - redu ión >

-reprodu ión > - sele tividade > - cole ionista >

-le tor > - prote ión > - atra tivo >


71. Le este texto e rodea os verbos que atopes. Logo indica en cada caso a persoa, o número, o
tempo e a conxugación:

Desde que o pai pechou a porta do cuarto, Mariña apagou a televisión e sacou con coidado un libro de

debaixo das sabas. Tratábase dun exemplar vello, que a rapaza acariciou con agarimo. Leu o título: “A

illa misteriosa” de Jules Verne, un dos seus autores favoritos. Tal como se sinalaba no canto e na

contracapa, ese título correspondía ao número 57 da colección “A novela de sempre”.

Mariña collera o libro aquela tarde no despacho do seu pai. (…) Os libros foran do seu tío Arturo, que

morrera.

72. Clasifica as seguintes pezas de roupa nestes grupos:

calzóns – cinto – xersei – traxe – chapeu – gravata – medias – luvas – faixa – calcetíns – saia – gabardina
➢ Roupa exterior:

➢ Roupa interior:

➢ Complementos:

73. Completa con es- ou con ex- :

pedición critor clamar plosión cusa periencia cavadora

traño ploradora pía posición perta terior

74. Elixe o lugar que corresponde a estes xentilicios:

vilalbesa > vigués > muxián > baionesa >

burelao > noiés > cebreirega > cervantega >

limega > naviega > monfortina > coruñés >


75. Rodea as formais verbais conxugadas que atopes e clasifícaas atendendo ao seu MODO:

Subiremos ao alto desa árbore. Talvez atopemos ovos dalgún paxaro no seu niño. Antes de subir pon o

chuvasqueiro xa que, inda que non chova, quizais poidamos así evitar a friaxe do alto do castiñeiro. Logo

baixade axiña e mirade abaixo. Xa no chan, correde moito e cando cheguemos á casa xantaremos e

faremos unha gran festa pola noite co botín que conseguimos.

Indicativo
Subxuntivo
Imperativo

76. Completa o resumo:

➢ Unha é un conxunto de palabras que comparten un mesmo .

➢ O enunciase en que pode acabar en , ou

➢ As verbais indican a persoa, eo do verbo.

➢ Consérvanse os grupos e se a vogal anterior é aberta. Elimínase o c se a vogal anterioré

➢ Os indican de onde é unha persoa, e fórmanse engadindo un a un nome de lugar

➢ O en que o falante expresa a acción do verbo pode ser , ou .

➢ O pode pronunciarse en galego de maneiras: como en taxi ou como en xogo.

➢ A festa dos celébrase en Galicia para festexar a chegada dos primeiros froitos e flores.

➢ O 23 de abril, celébrase en todo mundo o . Escolleuse esta data porque

coincide coa dos dous máis grandes escritores: e .

Temas 11 e 12:
77. Localiza no seguinte texto preposicións, conxuncións e contraccións.

Saber montar unha tenda de campaña antes de ir por primeira vez de acampada aforrará moito tempo ao

chegar ao destino e evitará crebacabezas neses días en que se busca paz e tranquilidade. Algúns materiais

son imprescindibles á hora de organizar unha excursión de varios días á natureza e, entre eles, a tenda de

campaña é fundamental, xa que será o lugar de descanso nocturno e de refuxio durante este tempo. Ao

abrir a bolsa da tenda de campaña o excursionista enfrontarase a todo un reto se non armou antes

ningunha

Preposicións
Conxuncións
Contraccións
78. Subliña os adverbios e logo clasifícaos:

O señor Dursley sentaba sempre de costas á fiestra no seu despacho. Se non o fixese así, podería ter
dificultade aquela mañá para concentrarse nos trades. Non viu os mouchos voando a plena luz do día,
aínda que a xente da rúa si que os viu. O señor Dursley, porén, tivo unha mañá completamente normal,
libre de mouchos. Fixo algunhas chamadas importantes de teléfono e berrou un chisco máis. Estivo de
moi bo humor ata a hora de xantar.

-Negación: -Tempo: -Afirmación:

-Cantidade: -Modo:

79. Completa con i ou con ll:

xo a mo ado encruci ado ma úscula pare a sorte a

esca ola ga ola abo ar fa ado pa oza estropa o

baca au desma o ta o mexi ón escarave o sa a ogur

80. Completa con h as palabras que o precisen:

ola! inchar ipermercado eroe armonía ovo

ve ículo óso irmán ba ía orfo inchar ombro

81. Que é un tecnicismo?

82. No recadro da esquerda, aparecen nomes de profesións relacionadas co cine. Colócaas no da dereita:

i c t z a r c i
t o g s u a i n i u s a
d o t r i c e r d e r
r u p t o r d o r d
a m a r á c á r

83. a) Que son as palabras parónimas?

b) Son parecidas pero non tanto. Relaciona cada unha coa súa definición:
xeo seo soia solla aptitude actitude chantar xantar

1. Un tipo de planta. 2. Comportamento, conducta. 3. Auga conxelada. 4. Cravar.

5. Tipo de peixe parecido ao linguado. 6. Cavidade. 7. Comer. 8. Capacidade para facer algo.
84. Fai unha análise sintáctica das seguintes oracións ( Suxeito e predicado indicando os seus
núcleos)

- Onte no bosque agocharon moitos tesouros - Miña tia María ten moitas ovellas e moitos coellos

- Antonte á noitiña Marta e María saíron da casa - Moitas veces os cativos teñen fame pola noite

- A Manuel sempre lle dan cartos no seu aniversario - Miña irmá tivo dúas fillas chamadas Marta e María

- Antonte pola mañá, teus tíos, atoparon dous cadeliños - Ás veces, a nena, saúda á amiga no colexio

85. Fai unha análise morfolóxica da seguinte oración (Subliña cada palabra e indica de que clase é:

“A vosa querida filliña pequena chegou onte pola noite dunha viaxe moi longa e perigosa”

86. Completa coas formas correspondentes:

➢ 2ª persoa, plural, Copretérito , REGAR:

➢ 1ª persoa, singular, Antepretérito, COMER:

➢ 2ª persoa, singular, Pospretérito , BUSCAR:

➢ 1ª persoa, plural, Futuro , CANTAR:

➢ 3ª persoa, singular, Pretérito, PARTIR:

➢ 2ª persoa, singular, Futuro, NADAR:

➢ 2ª persoa, plural, Presente, ESCONDER:

➢ 3ª persoa, plural, Copretérito , PEDIR:


87. Completa o resumo:

➢ Un é unha palabra técnica que se emprega dentro da linguaxe propia dunha profesión,…

➢ Os son unha clase de palabras que indican circunstancias de

➢ Levan as palabras como úmido, , , etc. Non levan , ,…

➢ As son indicacións sobre o , , etc.

➢ As palabras son moi semellantes, pero e teñen .

➢ As serven para poñer en relación dentro .

➢ As enlazan ou entre si.

➢ Escríbense con palabras como , , .

➢ Escríbense con palabras como , , .

➢ As son as partes en que se divide .

➢ O día 17 de maio celebramos o día das .

➢ O 23 de xuño é a noite de . En Galicia celébrase con , ….

You might also like