You are on page 1of 1

CONTEXTO SOCIAL 5º-6º CURSO 2021-2022

PLAN 1: IMOS DE SENDERISMO


A XEOGRAFÍA DE GALICIA E ESPAÑA

RECANTO 1: COÑECEMOS DATA: 16-09-21


Ola a todos e todas!!!
Aquí comeza esta nova aventura na que imos a aprender moitas cousas sobre o mundo que nos rodea, da
nosa contorna mais preta e tamén do mundo que non coñecemos, e, para comezar, facendo sendeirismo!!!
Iremos paseando polos montes e chairas de Galicia e de España aprendendo sobre a paisaxe e a
representalo.
Nesta viaxe tedes que activar a vosa curiosidade e ganas de aprender e aprender a buscar a información
que necesitedes e traballar con esa información.
Hoxe imos a descubrir que é o que sabemos sobre este tema e cal é o punto de partida.
Pois arrancamos!!!!.
1. Comezamos vendo un pequeno vídeo onde se poderedes ver diferentes accidentes xeográficos. Na ficha
que se vos dará podedes anotar, de forma individual as palabras clave que se vos ocorran vendo o
vídeo.

2. Agora imos a poñer en común que é o que sabedes sobre este tema, en gran grupo imos facer un
Brainstorming entre todos no que iredes dicindo todo o que sabedes sobre a xeografía da túa
contorna. Todas estas ideas previas iran no mural do “QUE SABEMOS”.

3. Empregando as ideas previas da actividade anterior e as palabras clave da primeira


actividade, en equipos de 4, debedes elaborar un mapa mental na que
relacionaremos os diferentes conceptos e iremos deseñando entre todos as
definicións. Cando rematedes este plan debedes comprobar se as vosas definicións
estaban ben.

4. Na nosa viaxe imos atopar moitos accidentes xeográficos que xa teñen nome,
nesta actividade teredes que situalos nun mapa, para iso imos buscar a
información que necesitamos nos atlas que teredes á vosa disposición, desta
forma iniciámonos no uso dos mapas que nos vana facer falla despois.

Desfrutade da viaxe!!!!!

You might also like