You are on page 1of 17

EXERCICIOS DE REFORZO.

UNIDADES 7,8,9,10,11 E 12 DE 2º DE ESO

DEPARTAMENTO DE GALEGO

UNIDADE 7

1.-Define as seguintes palabras relacionadas co deporte:

CAMBRA:

APUPO:

CHIFRE:

CAMBADELA:

SEAREIRO:

BANCADA:

MANIOTAS:

ADESTRADOR:

CANASTRA:

XUTE:

2.- Colocar os pronomes persoais no lugar axeitado para que o enunciado teña sentido.

1. Se ... conta... a min (mo) eu non ... vou... revelar a Xan (llo). Por que ... digo... (cho)? Pois porque
...apetece... (me).

2. ...dixen ...(te ou che), ...dígo... (te ou che) e ...direi... (te ou che) que ... amo... (te ou che), que ...
amei... (te ou che) e ... amarei ... (te ou che) para o resto dos meus días, miña parruliña!

3. ... contaron... (me) que ... puxeras... moi leda (te ou che) cando ... dixeron... (te ou che) que ... tocara... a
lotaría do Nadal (te ou che), ... tocou... pouco (te ou che), mais algo ... tocou... (te ou che).

4. Mi madriña, ... saíu... a burra capada (te ou che) ... dixo...(lle) a nai ao fillo cando ... entregou... o boletín
de notas falsificado (lle).

5. As redes sociais ... son... moito máis bonitas (te ou che) se ... pos... na nosa lingua (as).

6. Non ... vaias... (te ou che), rianxeira, que ... vas... marear (te ou che). Di a cantiga que tanto ... gusta
... (te ou che).

7. ... vou... comer... a bicos (te ou che), ... díxo... o pai ao seu bebeciño (lle)
8. A profesora ... mandou ... saír da clase (a) para que ... calmase... (se). Ela... fixo... (o) e ...calmou...
axiña (se)
9. ... vexo ... moi ben de saúde (a), María, ...nóta... ben (selle) que ... coida... decote (se).
10. A nós ... gustan... as películas (nos) nas que non ... hai ... malos malísimos (che ou te)

3. Completa estas palabras con h se o precisan.

__ectárea __irmán __ola __impo

__emisferio pro__ibir __orta __inchar

__ata __armónico alco__ol __ombro

ex__uberante ba__! __enrique __elena

__ipermercado __orfo __arpa __ernia

4.-Transforma este fragmento que está en estilo directo en estilo indirecto.

-Ti es ese que andas coa teima de atopar unha muller que se chame Isolda?
-Si, señor.
-Pois en Venta de Baños hai unha viúda con ese nome.
-Nova ou vella?
-Qué sei eu! Coido que é churreira.
Tanto tiña metido no seu maxín o noso Tristán a novela famosa, que non puido dubidar de que aquela
Isolda de Venta de Baños fose nova e fermosa.

Os outros feirantes (1979), Álvaro Cunqueiro


5.-Realiza un pequeno diálogo no que interveñan un árbitro de fútbol e un seareiro (intenta utilizar o
léxico sobre os deportes da unidade 7)

UNIDADE 8.-

1.- Utiliza sinónimos para os seguintes verbos:

ENLEAR:

SALIENTAR:

ENGADIR:

MATINAR:

XULGAR:

2.-Forma os antónimos destas palabras utilizando un prefixo:

DICIR SA ESPIONAXE
VANTAXE PERSOAL EMPREGO

SATISFEITO RESPONSABLE ENLEAR

3.- Define as seguintes palabras:

AZO:

ENXURRADA:

ARROMBAR:

GORENTAR:

REMORSO:
4.-Completa con B ou V:

–A miña moto ti__o unha a__aría a causa da forte chu__ia.

_Unha multitude de __ol__oretas in__adía os campos próximos á casa.

–O a__ogado ía no seu mara__illoso automó__il falando polo mó__il.

–Miña a__oa le__a__a na _olsa dous paquetes de a__elás.

–Mo__e ese sofá de __im__io que lle teño que pasar a __asoira ao chan do __estíbulo.

5.- Escribe a forma de indicativo que se indica:

Roer: 1ª sing. presente:

Sesoír:3ª sing.pret.imperfecto:

Seguir: 3ª sing. presente:

Sorrir: 2ª pl. pret. imperfecto:

Distribuír:1ª sing. presente:

Crer: 3ª pl.futuro:

Sentir: 2ª sing.presente:

Posuír: 2ª pl. pret. imperfecto:

Cubrir: 2ª sing. presente:

Atraer:1ª pl.presente:

6.- Conxuga os seguintes tempos verbais:

Presente de indicativo do verbo TUSIR:

Presente de subxuntivo do verbo DURMIR:

Pretérito imperfecto de indicativo do verbo MOER:

Pretérito perfecto de indicativo do verbo CONDUCIR:

Presente de indicativo do verbo FERIR:

Pretérito perfecto de indicativo do verbo CONSTRUÍR:

Presente de subxuntivo do verbo MOER:

Pretérito imperfecto de indicativo do verbo DIMINUIR:

Presente de indicativo do verbo PADECER:


Presente de subxuntivo do verbo INCLUÍR:

7.- Subliña os complementos directos das seguintes oracións e indica que tipo de unidade desempeña a
función de CD.

– As galiñas levounas a raposa.

– Os concelleiros non avisaron os veciños.

– Nas festas de San Froilán comen moito polbo.

– Betanzos vive a independencia musical.

– Os deportistas galegos teñen opcións claras para conseguir catro medallas.

–Rusia firma a paz con Xeorxia impulsada pola

8. Elixe a opción correcta.

A función de complemento directo pode estar desempeñada por:

a) Unha frase nominal, unha frase substantiva e o pronome persoal átono.

b) Unha frase substantiva, unha frase preposicional, unha frase adxectiva e un pronome persoal átono.
c) Unha frase nominal, unha frase substantiva, unha frase preposicional, unha oración e o pronome
persoal átono.

9. Elixe a opción correcta.

A función de complemento directo pode estar desempeñada por:


a) Unha frase nominal, unha frase substantiva e o pronome persoal átono.

b) Unha frase substantiva, unha frase preposicional, unha frase adxectiva e un pronome persoal átono.
c) Unha frase nominal, unha frase substantiva, unha frase preposicional, unha oración e o pronome
persoal átono.
d) Unha frase preposicional, unha frase substantiva, unha frase adxectiva, unha oración, o pronome
persoal átono e unha frase preposicional.
d) Unha frase preposicional, unha frase substantiva, unha frase adxectiva, unha oración, o pronome
persoal átono e unha frase preposicional.

10. Substitúe o pronome átono de complemento directo das seguintes oracións por un enunciado do
tipo que se indica entre parénteses.

– Non a volverei ver ata final de curso (frase preposicional).


–Rompeuna cun martelo e non quedou nada dela (frase nominal).
– Miña nai tróuxoos para agasallar os meus amigos (frase substantiva).
– A estilográfica que me regalou tena de prata (frase nominal).

– Antón comeunos para contentar a súa avoa (frase substantiva).

– Leveino de paseo pola mañá cedo (frase preposicional).

11.-

PAMPÍN

Non sei se é nome ou alcume. Chámanlle Pampín. Se é nome propiamente, segundo os documentos, é
tamén alcume, nome feito por nós, por todos nós... Un nós de moita largueza, no que caben rafegas de
vento mariñeiro, disputas de gavotas arremuiñadas, escumas e ondas a correr pola area... É un mozote un
pouco fazuleiro, ancho e duro. Vai sempre cunha caniña pequena e ben arrefeitada como unha batuta. Vai
pola ribeira facendo moitos relanzos. E coa caniña mil estremonías. A un neno deulle dous croques tan
suaves, tan cheos de maxia, que o neno tivo unha súpeta e calada surrisa, e deixou de xogar un intre. A
outro quitoulle a boina e fíxoa xirar na punta da cana. De seguida devolveulla e seguiu asubiando non sei
que. Repara en todas as cousas, failles cariños ás pedras, e se algún sueste ou calquera outra prenda cae
dunha balconada, Pampín é sempre o que avisa.

Hai un pouco estaban dúas lanchas demasiado xuntas a bater. Pampín foi nunha gamela a desapartalas.

Onte –avenlle moitos días– axudou a turrar da rede. Pasaba por alí, e axudou. Cando chegou o cope,
Pampín divirtiuse moito poñendo medo a un neno cun cangrexo. Despois reparou nunha cunchiña
pequerrecha que fora copiando os ceos de moitas matinadas, colleuna e foise. Non se lembrou de cobrar o
quiñón. Certo é que despois volveu e apañou algúns peixiños que quedaran na area. Agora disque ten
mentes de ir navegar. Poida que si. Levará a súa caniña e irá petando amorosamente con ela nas cousas do
mundo. E cando, de volta, desembarque no peirao asubiando ou facendo que asubía, choutará pola ribeira
a noticia, inxel, estourante, lucinte: —¡Veu Pampín!

Rafael Dieste: Dos arquivos do trasno

1.- Sinala o tempo e o espazo deste relato (elementos da narración)

2.-Fai un resumo do relato.


UNIDADE 9.

1.-Corrixe os seguintes castelanismos:

ACEITUNAS: BIZCOCHO GUISANTES:

MEMBRILLO: BESUGO: CONEXO:

CALAMAR: LECHUGA: ZANAHORIA:

RAPE: MERLUZA: PULPO:

2.- Escribe un enunciado coas seguintes palabras, no que se vexa claramente o seu significado.

– Chacinaría:

– Molete:

– Chícharos:

– Cachelos:

– Cabaciña:

– Porros:

3.- Indica, nas formas verbais subliñadas nos enunciados, o seguinte:


a. Tema e morfemas.
b. Persoa, número, tempo e modo.
c. Indica se son regulares ou irregulares.

– Era luns pola tarde e as horas marcharan nun asubío.

– Ás catro da tarde chegaba o tren que viña de Ribadeo.

– Quixemos achegarnos ao lugar sen que se desen conta.

– Pasarían moitos anos antes de que volvese acontecer outro feito coma aquel.
– Puñan as carteiras enriba da mesa e saían correndo a xogar.

– Fixestes unha boa trasnada.

4.- Completa os seguintes enunciados co verbo indicado en cada caso.

– Eu non _____ [espir, 1ª sg., pres. ind.] ao rapaz, se queres lo [espir, 1ª sg., pres. ind.) os dous xuntos.

_____ [amontoar, 3ª sg., pret. ind.] no faiado os xoguetes do seu fillo.

– Cando chamou, xa______[chegar, 1ª pl. antepret.] á casa.

– Dixo que xa lle _______[poñer, 2ª pl. pospret.] o ferrollo á porta.

– Xa____[andar, 3ª pl. copret.] moito cando os _ [coñecer, 3ª pl., pret.].

– Non _[poñer, 2ª pl., pres. subx.] os pés enriba da mesa.

5.-Conxuga o pretérito perfecto dos seguintes verbos irregulares e marca as súas raíces:

DAR-SER-PODER-SABER-DICIR-VER-VIR-ESTAR
6.-Conxuga o presente de subxuntivo dos seguintes verbos irregulares:

DAR-CABER-ESTAR-SER-PODER

7. Identifica se teñen ou non complemento indirecto as seguintes oracións. Ten en conta que non todas
teñen CI.

Non CI Si CI

– Hai que lle subir un pouco ao pantalón __ __

– Regaloulles un xadrez aos fillos __ __

– Tiroulle a pelota á irmá __ __

– Tirou a pelota ao aire __ __

– O meu avó estache feito un mozo __ __

– Contou aquela historia ao público da sala __ __

– O director viu a obra de teatro e dixo que era boa __ __

8.Completa cada oración cun complemento indirecto.

– Dedicou unha canción ________________________________

– Pide o enderezo _____________________________________

– Ela indicou _________________________________________

– Xela dixo ___________________________________________

9.-Completa con n ou ñ:
SI…ALAR CA…O…AZO ENXE…OSO DA…ADO COMPO…ENTE XARDI…ERÍA ESTRA…EZA DESENGA…AR
CO…ECEMENTO CA…AVAL
ALBA…ELERÍA ENDEMO…ADO
10.- Identifica os seguintes recursos literarios:

a)Que ben , que bomba vén co seu rebumbio


A bomba, Bong!, a bomba, bom amigo!
Celso Emilio Ferreiro
b)que o que é polo de hoxe

que darvos non teño


Curros Enríquez

UNIDADE 10

1.- Forma os xentilicios a partir dos seguintes topónimos:

OURENSE: PADRÓN: O GROVE:

O RIBEIRO: MONFORTE: ALLARIZ:

MASIDE: LÁNCARA: A TERRA CHÁ:

2.-Da sinónimos para os seguintes adxectivos calificativos:

REXOUBEIRO: PREGUICEIRA: ACOUGADA:

FARRUCO: TESTÁN: FERVELLASVERZAS:

RETRANQUEIRA: MEXERIQUEIRA: LINGORETEIRO:

TRAPALLEIRO:

3. Subliña os complementos circunstanciais das seguintes oracións e indica de que tipo son.
– Fomos onte pola mañá de excursión.

– Na miña vila hai moitas moscas no verán.

– A semana pasada fostes pescar luras a Pedramea.

– Esta noite van cear cuns amigos de meu pai.

– Viviron naquela casa os primeiros anos da súa vida.

4.- Escribe cadansúa oración cunha perífrase:


a) modal, obrigación
b) temporal, futuro
c) temporal, algo estivo a punto de ocorrer
d) modal, probabilidade
e) aspectual, acción que comeza
5.- Sinalar as perífrases verbais e indicar o seu valor

1. Vou deixar o coche no aparcadoiro, que onte houbéronmo roubar; xa tiña a fechadura un pouco forzada.
Cando acabe de pagar a casa, hei de mercar unha praza de garaxe porque quero durmir tranquilo e non ter
que andar con preocupacións.

2. Este mes andan a recoller os pexegos. Segundo a televisión, está para mudar o tempo e hai que darse
présa.

3. Debe vivir aquí un gaiteiro. Sempre está ensaiando e deberías chamarlle a atención para que non volva a
tocar a esas horas da noite.

4. A miña curmá anda para ter un neno. Non ficaba embarazada desde que se puxo a traballar na tenda, e
agora volverá pedir a baixa.

5. Puido morrer no accidente e desde entón deu en beber como unha esponxa. Como non deixe de visitar
tanto os bares vai acabar con cirrose.

6. Cando rompa a ferver a auga, bótalle as nabizas, que xa han estar medio cocidas noutra pota; báixaslle o
lume e, cando remate de ferver, tornas a botarlle máis auga.

7. Boteime a correr detrás del, xa o estaba collendo cando escorreguei e houben caer.

8. Breixo segue sendo un lacazán; leva facendo que traballa moito tempo, porque di que non dá atopado
un oficio á súa medida.

9. Ti vai andando diante, que eu xa che levo camiñado moito e estou desfeito.

10. Andas dicindo por aí moitas falsidades. Estás a xogar con pólvora e vaste queimar.

6.-Corrixe os erros que afectan ás vogais neste texto:

Nunca tuvera enemigos, pero o contratempo que sufrirá había uns meses indicaba ben ás claras que a
odiaban. E ela, incapaz ata daquela de sentir rencor soubo que, si aínda tiña forzas para seguir adiante,
debíallo ao inimaxinable pracer da venganza.

Día e noite vixiaban a garida do asesino. Tumbada na cama, axudada dos prismáticos, vía perfectamente
todo o que ocurría naquel sinestro edificio de en frente. Antes non adoitaba meter o fuciño na vida dos
demais, pero nun corto espazo de tempo, tamén as persoas coma ela podían sofrer transformacións
inexplicables.

Tomaba notas a diario incluíndo sempre rigurosos dibuxos do que observaba. Si alguna noite conseguía
dormir un par de horas, espertaba irritada polo seu descuido…Non deixaba que nada interrumpise a súa
única ocupación. A venganza é un prato que se sirve frío.

7.-Di que recursos estilísticos se están empregando nos seguintes versos:

 O vento muxe como unha vaca


Choraba o monte e choraba a campía

8.-Observa a repetición de varias palabras ao longo deste texto. Para evitar que se repitan, substitúeas
por expresións equivalentes(sinónimos, pronomes persoais, adverbios)

Para saber quen somos os raposos hai que escoitar o que din os raposos e, ben o sabedes, os raposos non
temos boa prensa; nunca tivemos boa prensa os raposos. Aos raposos chámannos furafollas, periquiños,
sete mentiras, trasgos e como do que fomos os raposos ao que somos os raposos hai leria para nunca
acabar, e aínda nos queda aos raposos moita máis guerra que dar, convén, se vos parece, que me
prestedes atención, que escoitedes e aprendades, que no que nos pasou aos raposos está o fermento do
que nos vai pasar aos raposos.

Antonio Reigosa: Memorias dun raposo

9.-Reescribe este texto suprimindo todos os puntos que poidas e substituíndoos polos elementos de
cohesión oportunos:

Visito a Luzdivina. Hai que aumentarlle a dose.

Fóra , na rúa, a carón dun xardín con camelia, falo co seu home. Dime que tal. Eu dígolle que hai que estar
preparado. E el ausente: Claro, cando non come é que…

É gordo coma un tonel. De feito, anda dificultosamente. Abanea ao desprazarse.

Chámase O’ Mero. Apodo mariñeiro. Dime que engordou de súbito, dun día para outro, despois de deixar o
mar. Como se o inchase un aire. Que antes era delgado e fibroso. De coiro curtido.

Manuel Rivas: “O´Mero”, Ela, maldita alma


UNIDADE 11

1.- Corrixe os seguintes castelanismos:

CUNA-- TENEDOR TALADRO CUCHARA

ALAMBRE PARRILLA SARTÉN TUERCA

PAÑAL CUCHILLO LEXÍA ALFILER

CANDADO SONAXEIRO SACACORCHOS ESPRIMIDOR

PLANCHA DESTORNILLADOR

2.-Das palabras galegas normativas di cales son compostas.

3.-Subliña os adverbios e as locucións adverbiais que atopes nas seguintes oracións e indica de que clase
son:

a)Abofé que a cociña parece bastante grande.

b)Non esperamos fóra polos teus amigos?

c)Seica se divertiu abando na festa de antonte.

d)Daquela a muller viña a miúdo pola nosa casa.

e)É moito mellor que escollas un ao chou.

4.-Substitúe o subliñado por un destes adverbios ou locucións:

A cotío, a miúdo, ao chou, a carón, por aí, se cadra, apenas

-Chegará a tempo? Quizais si, pois a súa casa está mesmo aí ao lado.

-Ese é un bo traballo para Rafa, non ves que está de bo humor en todo momento?

-Non ten boa saúde e case non traballa.

-Esa cazadora debeuche custar aproximadamente uns douscentos euros.

-Meu pai fai a quiniela frecuentemente; pero… pon os signos a rumbo!

5.-Completa cada oración cunha forma en voz pasiva do verbo que se indica:

-Vós……….por todas as compañeiras e os compañeiros . QUERER


-O permiso xa…………..o día anterior. PEDIR

-Esta exposición …………………mañá pola concelleira de cultura. INAUGURAR

-A nosa casa ……………………polo meu avó no ano 1960. CONSTRUÍR

- Os poemas …………..polo propio autor. RECITAR

6.-Localiza o complemento axente en cada unha das oracións do exercicio anterior.

7.-Es cribe correctamente estas palabras, completándoas con l ou r.

P…AIA ANUB…ADO C…AREXAR P…ACIDAMENTE

INF…AMACIÓN INSENSIB…E P…ATA DESP…AZARSE

REF…EXIONAR P…AGA P…EAMAR DIAB…URA

8.-Completa con l ou r cada palabra, segundo a familia á que pertenza:

Rec…utar rép…ica sop…ete sup…ir desemp…ego f…oreiro

b…anquear ab…andar af…ouxar ap…azamento f…autista c…ausurar

p…anificar c…avo transp…antar desp…umar pub…icación cump…ido

esc…avitude ob…igación súp…ica ac…aración ap…icación p…ácido

9.-Le o seguinte texto e responde as cuestións:

Unha moto que vira para a esquerda derrapa e cae

Unha moto que vira para a dereita derrapa e cae

Unha moto que segue de fronte derrapa e cae

Unha moto que frea derrapa e cae

Derrapa e cae é un sentimento xeneralizado

DERRAPA E CAE é un xampú de brea

E máis po para emporcallar o pelo

Derrapa e cae é un filme de intriga e terror

No que o “chico” despois de salvar a “chica” ámaa para sempre

Ou polo menos deica a segunda parte


DERRAPA E CAE é unha marca de tabaco

Derrapa e cae é o libro de memorias de Ángel Nieto

Publicado por fascículos nunha revista do corazón

DERRAPA E CAE é un composto do óleo

Para manter frescas as estradas.

Xavier Santiago: Derrapa e cae

a)Dirías que este poema está formado por estrofas? Por que?

b)Sinala as repeticións de palabras ou estruturas que atopes.

c) O texto é :

-un caligrama

-un fragmento de prosa poética

-un poema de verso libre

Xustifica a resposta.

d)Que é un caligrama?

UNIDADE 12.-

1.- Que é un hipocorístico? Pon cinco exemplos.

2.-Da o antónimo das seguintes palabras do vocabulario do pasa lista:


RUBIR LISCAR ENXUGAR ANICARSE APREIXAR

RACHAR PERCORRER ACUBILLAR BERRAR FITAR

3.-Forma substantivos derivados destes verbos usando sufixos:

ADESTRAR ESMAGAR MOLLAR PERCORRER SUBIR

EMPUXAR CHEGAR TECER FREAR MOVER

4.-Substitúe o subliñado por unha preposición: perante, durante, sen, mediante, agás, canda, onda,
segundo, malia.

-Chegou ao mesmo tempo ca nós e pasou alí a tarde enteira, no mesmo sitio ca Isabel.

-Ninguén conseguiu entrar a non ser ti! Pero foi por medio da túa tía.

-A pesar de atrasarse un pouco, aínda puido firmar o contrato estando diante o notario.

-Desde o punto de vista de André, é mellor quedar privados de recreo ao longo de todo o mes.

5.-Subliña as contraccións nas que haxa algunha preposición e indica por que palabras está formada cada
unha:

Nestas vacacións, polas tardes, penso ir á Praia cos amigos. Alí xuntarémonos cuns rapaces que xa
coñecemos doutros anos e aproveitaremos o tempo ao máximo. Diso esttou segura! Dalgúns non sei nada
dende hai tempo, pero acórdome ben deles. E moito tempo, pero acórdome ben deles. E moito levo
pensado nalgún! Si, naquel tan guapo; dese lémbrome máis. Pero dentro duns días…

6.-Define as seguintes oracións segundo o suxeito e segundo a natureza do predicado:

a) Saíron do partido con moita présa.

b)Fuches atendida por un médico.

c)Moncho marchou ás catro para Vigo.

d)Pola tarde estaban moi contentos.

e)Acabamos o bocadillo en dous minutos.

7.-Analiza sintácticamente as cláusulas b) c) e d) do exercicio anterior.

8.-Completa con CC ou C:

SELE….IÓN FRA….IONAR INTRODU…IÓN AFE…IONADO DI…IONARIO

CON –CT-/-T-:

RESPE….AR CONDU….OR CONFLI…O DI….ADO OBXE…..O


9.-a) Cales son os principais subxéneros teatrais?

b)Explica cales son as características pripias da comedia

c)Como se marca nunha obra teatral o cambio de acto?

d)Como se indica nunha obra teatral o cambio de escena?

10.-Transforma os seguintes enunciados para dotalos de cohesión textual. Indica ao lado que tipo de
mecanismos utilizaches:

a) Chegou a súa casa , despois pasou pola cociña, despois subiu ao segundo andar e despois meteuse na
cama a ler un libro.

b) Nas ciudades antigas, Roma incluída, as rúas non levaban nome e carecían de numeración. O feito de
que as rúas non levasen nome e carecesen de numeración suponía grandes dificultades para orientarse,
especialmente para orientarse nas ciudades importantes e nas ciudades que tiñan un plano irregular.

You might also like