You are on page 1of 2

O ADXECTIVO

Os adxectivos son palabras que nos expresan ____________ ou _______________ dos


substantivos (nos din como están ou son as persoas, os animais e as cousas).

 Xeralmente van detrás do substantivo, pero tamén poden ir diante.


o cara bonita, bonita cara.
 Ás veces o adxectivo únese ao substantivo ao que se refire por medio dun verbo.
o O colexio é grande.
 Os adxectivos van no mesmo ___________ e ___________ ca os substantivos aos que se refiren,
por iso dicimos que concordan en xénero e número.
o árbore alta, neno alto, árbores altas, nenos altos
 Algúns adxectivos son invariables, e dicir, presentan a mesma forma para o masculino e para o
feminino.
o problema difícil, lectura difícil.

Os graos do adxectivo son:


 Positivo. Expresa unha calidade, non indica intensidade: O pelo longo.
 Comparativo. Compara calidades. Pode ser:
- de ________________ (máis... ca/que): Máis longo que a serpe
- de ________________ (tan... como/coma): Tan longo coma a serpe
- de ________________ (menos... ca/que): Menos longo que a serpe
 Superlativo. Expresa a calidade no grao máis alto. Pode ser:
- relativo (o máis/menos de...), o adxectivo está no grao máis alto con respecto aos demais: A
máis guapa da clase
- absoluto ( -ísimo/-ísima): Un susto moi grande. Un susto grandísimo.

 Algúns adxectivos como bo, malo, grande...posúen outras formas especiais para os graos
comparativos e superlativos.
o Mellor, peor, maior, …

1.

1. Rodea os adxectivos do texto e logo analízaos segundo o grao.

A festa do meu aniversario vai ser xenial, pero estou tan nervioso coma o
ano pasado. Farémola na casa que teñen os meus avós na praia, porque é
máis espazosa e menos ruidosa ca o noso piso, e ademais ten un xardín tan
grande coma o parque da praza. A que vai estar moi boa é a torta de froitas
que preparou a miña nai, menos bonita pero máis caseira ca as que
mercamos outras veces. E o xogo do brilé entre pais e fillos vai ser
divertidísimo!

You might also like