You are on page 1of 4

EXERCICIOS de REPASO 2º BAC

Artigo, demostrativo, posesivo, identificadores, cuantificadores, relativos, exclamativos e


interrogativos

1. Subliña as palabras que funcionan como determinantes nos enunciados seguintes.


- A Cambados chegas antes por esa autovía.
- Aqueles anos foron os mellores.
- Unha semana consta de sete días.
- Tantas me chamou que me deixou a cara colorada.
- De os facer, que os fagan ben.
- Cada participante debe encargarse das súas pertenzas.

2. Nas seguintes oracións o desmotrativo está usado cun valor especial. Comenta de que valor
se trata en cada caso:
- Daquela os días parecían máis longos.

- Anda cun aquel que dá gusto mirar para ela.

- Co aquel do partido, esquecín facer a cea.

- Estabamos tan a gusto, e nestas aparece o tipo ese.

- Sempre me atendeu con moito aquel.

- Por estas que non lle volvo falar.

- Daquela págocho e todos amigos.

- Viches con que aquela te mirou; seguro que lle gustas.

3. Identifica os posesivos destas oracións e indica que valor teñen:


- Mira que andares, sempre foi fachendoso de seu.

- Pois ata alí aínda ha de haber ben os seus vinte quilómetros.

- Mañá convídovos a xantar, pois xa teño casa de meu.

- Quen mal quere os seus, mal quererá os alleos.

- Veume outra vez coa súa choromicada e non fun quen a dicirlle que non.

- Foron á biblioteca e colleron candanseu libro.

- Voume, que hoxe xa traballei o meu.

- Hoxe chega a miña Sabela e imos facer unha festiña.

- Merece todo o bo que lle veña, que o pobre xa padeceu as súas.

- Xa dende pequeno ben se vía que o seu era o teatro.

- Podiades ir calando, que hoxe xa falastes o voso.

- Chegaron, pediron cadanseu vermú, falaron entre eles e marcharon sen pagar.

4. Completa os seguintes enunciados cos cuantificadores ou cos substantivos colectivos que


mellor acaian:
- Se che pido unha ducia, ponme ……………….ovos, nin un máis nin un menos.

- 3 é a ……………….. de 72.

- O …………………… estaba formado por frauta, óboe, clarinete, fagot e trompa.

- Vinte e catro é o …………………….. de doce.

- Chámaselle ………………… a un período de dez anos, …………...a un de 1000.

- Daquela por unha volta pagaba un euro e agora pago tres, xusto o ………………..

- No concerto había un …………….de persoas.

- 16 é o ….... de 8

- Teño un ….... de zapatos do trinque.

- Moitos ….... de persoas asistiron á manifestación da Praza Vermella.

5. Neste enunciados identifica e clasifica os cuantificadores e os identificadores presentes.


Indica se funcionan como determinantes ou núcleos.
- Todos os días a mesma historia: eu fago todo e el non fai nada.

- Quedei no segundo posto e recibín trescentos euros.

- Despois de moito traballo conseguimos introducir algunha modificación.

- Percorre cada día os sete quilómetros que hai dende a casa ata o traballo.

- Alguén foi e non miro para ninguén.

- Calquera abandonaba, mais a ti nada te dobrega.

- Xa demasiadas falcatruadas lle permitiron; algún lle tiña que para o carro.

- Somos moitos para repartir.

- Tantos traballos pasamos e que pouca recompensa tivemos.

6. Explica a presenza ou ausencia do artigo nas frases destacadas en cursiva:


- O Matías atopou un xabaril ferido na estrada.

- O home é o causante do cambio climático.

- Miña irmá cumpriu sobradamente os seus obxectivos.

- Meu amor, achégame a ensalada.

- O Miño e o Sil son os ríos máis caudalosos de Galicia.

7. Determinadas combinacións de preposicións e artigo deben representarse na escrita.


Reescribe estes enunciados facendo as contraccións que cumpra:
- Por o río abaixo vai unha troita de pé.

- De os bombeiros chegaren antes, non ardería todo.

- A praia ou a monte, ti decides.

- En unha man o garfo e en a outra o coitelo.

- Ou en as uñas ou en os pés has de saír a quen es.


- Chegou con unha man diante e con a outra detrás.

- Por a pinta que tiña, viña de unha voda.

- Chegou con a moza, pero marchou só en un autobús.

- Come a sardiña con as mans, que é como mellor sabe.

- De uns faceren unha cousa e os outros outra, xa estariamos en a casa e con o traballo feito.

8. Corrixe os erros que atopes nestas oracións no uso do artigo. Fíxate ben nas combinacións
de preposicións e mais artigos.
- Os balnearios de O Carballiño teñen moita sona.

- Doíame moito a cabeza, e estiven en casa toda a tarde as escuras.

- Debes dar ti o primeiro paso, a fin e o cabo sodes amigos dende nenos.

- Po-la túa terra chámanlle de unha maneira diferente.

- Sempre me gustaron máis os cans cos gatos.

- En Coruña mais en Vigo podes ir a praia; en Lugo mais en Ourense, non.

- Vaille dando voltas co garfo ou ca culler.

- A veces desnórtasme, meu amor, pois trátalo mellor a el ca min.

- En A Habana estiven catro días e o resto en Varadero.

9. Clasifica nas seguintes oracións todos os “que” e indica se son pronomes relativos,
interrogativos, exclamativos ou conxuncións. No caso de seren relativos indica o elemento ao
que fan referencia.
- Xa sei que non debería dicircho, que hai cousas que deben evitarse para que sigamos adiante
como se nada pasase.

- O día que fomos ao cine que está na rúa na que vives, había tanto vento que nos rompeu o
paraugas.

- De que cor queres o caderno? – Dáme igual con tal de que sexa forte.

- Non sei que hora é, pero supoño que en 15 minutos chegará o tren que temos que coller.

- Que pinta traes! Non che dixo ninguén que levas o xersei do revés?

- O que fixeches xa está feito, e o que teña que ser, será.

10. Localiza e clasifica todos os “que” do seguinte texto.


— O cigarro ou a vida?
— Realmente é a mesma cousa.
— Entón non faría nada por un cigarro?
— Non.
(...)
— Está en guerra cos “viciosos”
O que facemos é en beneficio de toda a sociedade. Non somos talibáns.
— Por que fundou este partido?
— Démonos conta de que a Lei do Tabaco se cumpre no entorno laboral. Na hostalería houbo un
intento pero os empresarios decatáronse de que incumprila saía gratis. A Administración non
inspecciona locais que están denunciados. Os empresarios pensan que esta lei lles prexudica cando
non é certo. Os non fumadores somos un 70 % da poboación e cada vez estamos máis concienciados.
— Non pode negar a relación amor-odio do PNF co tabaco.
— É a nosa razón de existir, non porque haxa tabaco, que seguirá existindo, senón porque se cumpra
a Lei e que se redacte unha normativa que limite totalmente o consumo nos lugares públicos.
(...)
— No caso de descubrirse que a inxesta de tabaco fose boa para a cura do cancro ou a sida, que
farían?
— Sería fantástico, sempre e cando se consumise de xeito individual.
E. Estévez, A Nosa Terra

You might also like