You are on page 1of 27

Separa as seguintes palabras nas sílabas que as compoñen e subliña a sílaba tónica:

azul empanada

músico contáronnolo

xantar fósil

cóxegas cantil

recordarémosllelo

Clasifica as palabras anteriores nos seguintes grupos:

Agudas Graves Esdrúxulas Sobreesdrúxulas

Separa en sílabas as seguintes palabras. Fíxate que todas elas presentan ditongo:

aira rueiro

froito duodécimo

coitelo touca

paisano ruidosa

cuarto muiñeiro
Na seguinte lista de palabras, pon o acento gráfico naquelas que deban levalo:

rio, saude, reunir, ainda, feira, Maria, construe, ruido, raiz, altruista, sinais,

conselleria, sueca, caida, xuiz

Separa en sílabas as seguintes palabras:

rúa camión

polea avoa

poleiro saía

distribuír, proído

Raúl formais

urxencia saia

Clasifica estas palabras en simples, compostas, derivadas

inmortal, sol, taxista, persoal, intramuscular, xirasol, transcorrer, pararraios, emparellar,

chuchamel, lúa, puñalada, repatriar, percorrer, portavultos, impropio, fermosura, bolboreta,

ollomol, embarcar, benvida, paraugas, xogador, nenez, xirasoles, moza, laranxeira, ratiños.

1 só elemento Varios elementos

Simples Derivadas Compostas


Descompón morfoloxicamente estas palabras nos seus constituíntes. Isto é, separa o

lexema e os morfemas e indica se estes últimos son prefixos ou sufixos (flexivos/

derivativos/ alterativos..)

 Inxusto: in – xust - o Pref. Lex. Morf. Flexivo de xénero

 Extraescolar: ______________________________________________________

 Festeiro __________________________________________________________

 Casamento _________________________________________________________

 Camiñante _________________________________________________________

 Amiguiño __________________________________________________________

 Mesa ____________________________________________________________

 Aparcadoiros _______________________________________________________

 Mariñeiros _________________________________________________________

 Teléfono __________________________________________________________

 Furabolos __________________________________________________________

 Antibacteriano. _____________________________________________________

Escribe palabras da familia léxica de:

 fume: ___________________________________________________________

 dor: ____________________________________________________________

 persoa: __________________________________________________________

 reloxo: __________________________________________________________

 flor: ____________________________________________________________

 lapiz: ____________________________________________________________
 ordear: __________________________________________________________

 cor: _____________________________________________________________

Clasifica as seguintes palabras según o seu tipo ( substantivos, adxectiovs,

preposicións....)

 can  bolboreta

 de  fuxir

 fácil  recoller

 cantar  medo

 baixo  noso

 longo  aquel

 por  este

 según  onte

 teléfono  a

 aquí  meu

 os  lonxe

 ningún  todos

 voso  catro

 oitavo  sincero

 eu  alto
Fíxate no seguinte conxunto de palabras e organízaas en tres grupos tendo en conta o

seu significado: cerdeira, curmán, cadeira, armario, nora, banqueta, figueira, irmá, ciprés,

andel, avó, limoeiro, lámpada, nogueira, pai.

Familia:_______________________________________________________________

Árbores: ______________________________________________________________

Mobles: _______________________________________________________________

Escribe un mínimo de catro palabras de cada un dos seguintes campos semánticos:

Froitas:_______________________________________________________________

Instrumentos musicais: ___________________________________________________

Aves e paxaros:__________________________________________________________

Utensilios de cociña:______________________________________________________

En cada un dos seguintes campos semánticos hai unha palabra que non lle corresponde

estar porque non ten ningún trazo común co resto. Localiza e subliña a devantita

palabra:

•Alfaia, prata, anel, sortella, reloxo, acibeche, améndoa, colar, cadea, xema, ourive.

• Martelo, serra, cravo, lóstrego, berbiquí, tenaces, trade, tronzón, pa, machado.

• Raposo, xabarín, coello, ovella, esquío, balea, golfiño, cervo, camelo, fiúncho.
Indica o xénero destas palabras:

suor ___________________ arte ______________________________

eme ____________________ berce _____________________________

couce __________________ leite ______________________________

análise __________________ lume ______________________________

Forma o feminino:

Can ____________________ sabichón ________________________________

Abade __________________ león____________________________________

Cru _____________________ rei__________________________________

Anano ___________________ galopín______________________________

Lacazán __________________ irmán________________________________

Forma o plural:

Mel___________________ cónsul _______________________

Funil__________________ azul__________________________

Fácil___________________ luns__________________________

Bíceps _________________ xirasol________________________

Luz ____________________ compás_______________________


Clasifica os seguintes substantivos segundo o seu significado

euforia: _______________________________________________________________

Carlos: ________________________________________________________________

enxame: _______________________________________________________________

auga: _________________________________________________________________

peixe: ________________________________________________________________

Pon ao lado de cada palabra o substantivo colectivo

castiñeiro día

prato vela

saia músico

animal peixe

abella barco

Indica o xénero destes substantivos poñéndolles un O ou A maiúsculos diante

cheirume paréntese carraxe marxe

couce cárcere sal fraude

aguia hepatite suor mel

arte cume parálise ponte

pantasma dote calor árbore

labor síndrome curtametraxe omoplata


Completa as frases seguintes poñendo diante dos substantivos o artigo (determinado ou

indeterminado ) segundo sexan masculinos ou femininos:

 Vai á tenda e recolle ___ leite e ___ mel que encarguei.

 ___ lume non chegou ata ___ árbores.

 Cando escoite ___ sinal pode deixar ___ mensaxe.

 Cruzamos ___ ponte e ó chegar ___ cume puidemos contemplar ___ paisaxe.

 Tiña ___ nariz ferido e ___ sangue mancháralle ___ traxe.

 ___ calor era abafante e ___ suor escorregáballe pola cara.

 Cando ferva ___ auga bota ___ sal.

 Fixemos ___ viaxe moi interesante.

Coloca ao lado a forma feminina de cada palabra

irmán castelán

cristián xudeu

compostelán temperán

humano cabezón

anfitrión carneiro

arousán insán

toleirón campión

alemán sogro

folgazán heroe

emperador livián
xenro patrón

alcalde castrón

urbano anciá

vacún lambón

Coloca ao lado a forma en plural destas palabras

mil compás

lapis rei

ollomol mísil

persoal luz

iogurt xiz

ril animal

difícil papasol

estéril funil

lei alelí

hobby álbum

réptil téxtil

mísil caracol
Nas oracións seguintes subliña todos os determinantes que acompañan ós substantivos:

 O carro ía por un camiño de terra.

 A miña tía levaba sempre aquela bata branca.

 Algunhas veces sentía moita carraxe.

 Certas persoas comen demasiada graxa.

No seguinte texto subliña todos os determinantes que atopes.

Xulia espertou co bater da porta da rúa. Ollou o reloxo da mesiña de noite: seis e

media. Rosmou calquera cousa parecida a ¡que manía ten!, virouse de novo para o outro lado e

tentou de volver durmir. Era un desperdicio espertar todas as mañás a aquelahora. ¿De que lle

servía estar nunha escola tan preto da casa se nin sequera podía durmir unha horiña máis? A

Silvia, por exemplo, gabábase de se erguer ás oito, e de saír da casa soamente cando oía o

timbre para a primeira clase. Ela tamén podía facer o mesmo.

Podía, se non fose por aquel bater da porta todas as mañás, puntualmente, ás seis e

media da mañá. Esforzábase despois por facer voltar o sono, pero o sono nunca voltaba.

Escribe as frases seguintes facendo a contracción das dúas palabras (preposición +

artigo) que aparecen entre parénteses:

 Limpa a cara _______ (con + o) pano _______ (de + as) mans.

 Quedamos _______ (en + a) cafetería e despois decidimos ir _______(a + o) cine.

 Dille _______ (a + o) teu avó que corte o cable _______ (con + as) tenaces.

 Iamos camiñando _______ (por + a) carballeira, cando apareceu teu irmán ______ (por +o)

camiño que leva _______ (a + a) túa casa acompañado _______ (de +a) moza.
Escribe as frases seguintes facendo a contracción das dúas palabras (preposición +

artigo) que aparecen entre parénteses:

 Aquela muller era _______ (de + un) lugar das montañas.

 A casa estaba ________ (en + unha) rúa solitaria.

 Sube ó tellado _______ (con + unha) escada de man.

 Tiña o lapis gardado _______ (en + un) caixón.

Escribe as frases seguintes facendo a contracción das dúas palabras (preposición

+ determinante demostrativo) que aparecen entre parénteses:

 Agardarei por ti __________ (en + esta) esquina.

 Mentres eu traballo __________ (en + isto), ti estudia.

 Non souben nada __________ (de + aquela) moza.

 Eu non quero entrar _________ (en + ese) asunto.

 Gardo as lembranzas __________ (de + eses) días.

 __________ (de + iso) que dis, eu non creo nin a metade.

 Non quero que me fales mal _______ (de + esas) rapazas.

 A vida _________ (de + este) pobo sempre estivo marcada pola emigración.

 __________ (de + aquilo) que che contei, non digas nada.

 O traballo ______ (de + estes) rapaces é digno de loubanza.

Introduce nas seguintes frases as formas dos posesivos que correspondan

 El ten unha casa bonita.

A _____ casa é bonita.


 Eu teño cousas nas que non quero que ninguén ande.

Non quero que ninguén ande nas _____ cousas.

 Xoán e mais eu temos libros en común para estudiar xuntos.

Os _____ libros son para estudiarmos xuntos.

 Os discos que tedes ti e mais a túa irmá están no faiado

Os _____ discos están no faiado.

 Elas teñen bolígrafos de cores que son novos

Os _____ bolígrafos de cores son novos.

 Ti tes uns fillos que son moi bos estudiantes

Os _____ fillos son moi bos estudiantes.

Introduce nas seguintes oracións as contraccións de preposición e determinante

indefinido que se che indican entre parénteses:

 Miraremos _____________ (en + outra) tenda.

 Carme non é de aquí, é _________ (de + outro) lugar.

 A información que precisamos ten que estar ___________ (en + algún) libro.

 __________ (de + algunha) maneira terei que esquecerte.

 A taxa de natalidade diminuíu __________ (en + algunhas) comunidades autonómicasno

último ano.

Volve escribir as seguintes frases substituíndo os números cardinais pola súa forma

escrita.

Exemplo: Compre 1.984 selos para a miña colección : Comprei mil novecentos oitenta e catro

selos para a miña colección.


 O premio do concurso consistía nun cheque por valor de 526.432 pesetas.

___________________________________________________________________

 Na festa do queixo vendéronse 14.801 pezas deste rico producto.

__________________________________________________________________

 imposto sobre o valor engadido da vivenda era de 709.679 pesetas.

___________________________________________________________________

 Para a nosa viaxe a Suíza trocamos 315.500 pesetas a francos suízos.

___________________________________________________________________

Volve escribir as seguintes frases substituíndo os números ordinais pola súa forma

escrita.

Exemplo: Quedou de 2º no campeonato: Quedou de segundo no campionato.

 Neste momento ocupa o 34º lugar na lista dos mellores do mundo na súa especialidade.

___________________________________________________________________

 Van construír un rañaceos na cidade, mais a min non me gustaría vivir no 49º andar.

___________________________________________________________________

 Quedamos bloqueados no ascensor á altura do 8º andar.

___________________________________________________________________

 Na carreira de obstáculos do domingo pasado quedou na 7ª posición.


___________________________________________________________________

 Ocupo a 10ª posición nas listas do SERGAS para cubrir novas prazas.

___________________________________________________________________

Nas frases seguintes subliña todos os determinantes que acompañan ós substantivos e

indica de qué clase son:

 Estes días vai demasiada calor. ______________________________________

 Os meus amigos fixeron varias viaxes. _________________________________

 Aquel rapaz leva oito horas traballando. ________________________________

 Cada moza leva a súa carteira. _______________________________________

 Un ano ten doce meses. ____________________________________________

 Esta finca ten varios propietarios.______________________________________

 Díxome tantas cousas que xa non teño ningunha dúbida. ___________________

USO DE B E V

mal__ersar Ca__le Lonxe__a Mo__le

Escri__ir Ha__ilidade. Esti__era __isneto

__ilateral __icicleta Sucum__ir Furi__unda

Baila__amos Vi__ir Chora__a Contri__uír

Vol__er Con__ersar __isavó Ha__er

Con__ersar Contri__uír Sensi__ilidade Oita__a

Fer__er Sor__er Ser__ir Prohi__ir


Conta__ilidade Esti__eches Pú__lico Graní__ora

Canta__as ___ienio A__solver __usto

Mori__undo Insectí___oro Herví__oro Ama__ilidade

Esti__o __ilingüismo Fer__er O__stáculo

Ca__er ___loque Conflicto___a Fala__amos.

Im___uír O__xecto __risa Medita__unda

O__struír Carní___ora Retri__uír Ti__emos

Camiña___ades Sa___er __imembre Atri__uír

___urla ___uscar Be___er Anda___an

__urato ___urbulla Prohi___ir ___ranco

Ti___o A___stracto ___lasfemia De___er

___lusa Reci___ir ___ucal ___ufanda

___ulir Reci__ir Conci__ir __er

Reser__ar Atre __er O__servar ___ifocal

Cati__o Escra__o Mo__er Esti__emos

Vaga__undo Conser___ar Distri__uír ___reve

Sue__o Le__e Be___er

Completa o seguinte cadro segundo o modelo:

-dor -eiro -ante -ista

Explorar explorador

Electricidade
Gando

Presentar

Comercio

Xornal

Xardín

Viaxar

Une as palabras cos seus sufixos e forma palabras relacionadas cos deportes:

temón arco vela marcar deporte adestrar

-ismo -dor -eiro - ista

Le este texto. Rodea os pronomes persoais tónicos que atopes e colócaos no lugar que

lles corresponda do cadro que hai debaixo:

Onte, a miña amiga Tareixa e mais eu quedamos para ir ao cine. A nai deTareixa quería vir

connosco, pero nós dixémoslle que non, pois na nosa vilanon hai perigo. Ela podía quedar

tranquila na casa. Cando estabamos paraentrar, apareceu Miguel, un compañeiro da clase.

Mirou cara a min epreguntou:

—¿Que peli ides ver vós?

Cando llo dixemos, el decidiu ver a mesma. Pasámolo ben. Ao terminar,despediuse de nós e

marchou.
Singular Plural

1ª persoa

2ª persoa

3ª persoa

Substitúe o subliñado polo pronome átono que cumpra e copia:

Pedimos ao gardamontes que levase a Ana e mais a min a ver a paisaxe.

_____________________________________________________________________

Dixeron aos nenos que non fixesen o crebacabezas.

_____________________________________________________________________

Coidado, non vaias romper esas figuriñas.

_____________________________________________________________________

Le este texto e subliña os pronomes persoais que atopes. Despois, clasifícaossegundo

sexan tónicos ou átonos:

Meu irmán pequeno leva uns días que non me deixa durmir. El di que tenpesadelos, e que non

quere que eu lle apague a luz. «Déixaa acesa; así, non viráncollerme os monstros», dime. Eu
dígolle que estea tranquilo, porque lles vou darun susto a eses monstros cando o molesten que

van marchar para sempre.

Tónicos Átonos

Vocabulario: Palabras homófonas. Escribe una oración con cada una das seguintes

palabras

Vaca

Baca

Ai!

Hai

Haber

A ver

Eh!

E
Ravo

Rabo

Vela

Bela

Vago

bago

Bota

Vota

Ortografía: palabras con es- ou ex

 e...clamar  e..velto  e..ame  e..ófago

 e..comuñón  e..plicación  e..mola  e..carmento

 é..ito  e..cravo  e..pirar  e..coller

 e..bozo  e..cada  e..quema  e..travagante

 e..cabroso  e..istir  é..tase  e..pírito

 e..tirpar  e..humar  e..tremo  e..traño

 e..quivar  e..talar  e..caiola  e..tintor

 e..pera  e..tima  e..pecular  e..portar

 e..forzo  e..traer  e..caldar  e..presivo

 e..grimir  e..pecífico  e..caravello  e..pallar

 e..cursión  e..pedición  e..tender  e..tran..eiro

 e..presión  e..gotar  e..cusa  e..i..encia


 e..terior  e..peso  e..tinguir  e..ceder

Ortografía: Uso do H

 ..erba  ..espir  vela..í

 ..orta  ..armonía  ..armónica

 ..inchar  ..ombreiro  ..ourizo

 ..illa  ..enrique  ..erdar

 ..oxe  ..orfo  ..ome

 a..í  ..ermida  ba..ía

 ..arrolar  ..elena  ..arpía

 ..ata  in..umano  ..ernia

 alco..ol  co..erente  ..idra

 ..ovo  ..inchazón  ..ucha

 ..ospedaxe  ..embigo  ..arpón

 des..onrar  ve..ículo  ..endecasílabo

 ..irmá  ..encetar  ..emporio

 ..ollar  ..óso  ..úmero

 pro..ibir  ..ermo  ..achar

 ..esquío  ..encher  pro..ibición

Indicar, nas seguintes formas verbais: persoa, tempo, modo, lexema e desinencias.
Persoa Tempo Modo Lexema Desinencia

marcharei

bebésedes

temo

distribúes

marchasen

pediría

cantabas

amei

cantariamos

mida

produzan

temes

comerdes

partía

conduciu

pido

falaren

pararades

comestes

falades

rexeitara
Sinalar os prefixos das seguintes palabras

hipersensíbel Hiper trifásico

isotérmico contrapunto

cooperar internacional

hipocentro predestinar

absorber posposición

interlocutor recaer

iletrado importar

transoceánico contraposición

anormal intramuscular

arquiduquesa anteproxecto

disentir periscopio

hipercrítico extraordinario

adxacente subcutáneo

admitir discordar

sobrecarga anticlerical

supranormal supermercado

recuar pericardio

desmerecer superposición

Indica porque palabras están formadas as seguintes palabras compostas


ollomol Ollo + mol vichelocrego

chuchamel porco teixo

cartafol pasamán

vacaloura bulebule

paporrubio cenpés

claroscuro baloncesto

garda civil tirapedra

porco bravo portavoz

auganeve aninovo

botafumeiro papaventos

mediodía maleducado

clarividente benestar

ruxerruxe

Localiza e clasifica os adverbios que atopes nas seguintes oracións.

 Aí está o que levas buscando toda a tarde; tíñalo moi preto.

 Vou á súa casa acotío, pero agora non me dirixo cara a alí; quizais vaia mañá.

 Sei que non o fixo adrede, por iso llo perdoo.

 Sempre lle di que vaia engorde, pero nunca o escoita e decote anda ás présas.

 Pregunteillo e respondeu que si, mais talvez non sexa certo (seica é algo mentireiro).

 Ese lugar que dis quédame a contramán, así que non poderei ir hoxe; poida que

pasadomañá pase por alí.

 Aínda non teño sono, para min é moi cedo, case nunca me deito antes da unha.

 Viña andando devagar, pero de súpeto deu en correr: debeu lembrar algunha cousa.
Lugar Tempo Modo Cantidade Afirmación Negación Dúbida

Sinalar os adverbios e locucións adverbiais

1. Sen dúbida caerá auga a mares e, ao mellor, nin poderemos ir ao traballo.

2. De camiño que limpas os cadros, podes endereitalos, que torcen abondo.

3. Esa lámpada manda ben pouca luz; ás veces, á tardiña xa parece que é noite pecha.

4. Seica te divertiches moito onte, case era día e aínda non querías ir para a cama.

5. Agora vive lonxe e nunca chega cedo á oficina, mais despois, co de présa que se move,

recupera o perdido.

6. Como as queres? –Quéroas moi crúas.

7. Vai de vagar, que Melide está preto e, se corres demasiado, quizais non chegues nunca.

8. Antonte contaba o avó como antano nos fiadeiros sempre había un pillabán que mataba a

luz do candil para andar ás apalpadelas.

9. Tamén mo dixo a min de contado. Era entre lusco e fusco e eu estaba alí na solaina

sentado á sombra.
10. Non teño gato e tampouco uso raticidas. Aquí nesta casa, os ratos píllanse ás carreiras,

logo fáiselles un xuízo xusto e cúmprese a sentencia.

11. Fuches antes alí? –Fun, abofé que me lembro ben!

12. Saíndo á esquerda, á beira da parede é onde deixan decote o lixo.

13. profesor puxo ceros a eito, fíxoo de mantenta e a tergo porque a avaliación xa está aí.

14. U-las cereixas? Están aí fóra, non as deixei dentro porque ía moita calor; xa que

acabaches, adiante, vailles tirando o rabo que eu estou canso e teño que marchar axiña.

15. Para onde vas? –Vou para ningures, sabichón!

Subliñe nestas frases os adverbios de lugar e tempo. Despois, clasifíqueos.

1. Esa lámpada dá pouca luz; ás veces, á tardiña xa parece que é noite.

2. Agora vive lonxe e nunca chega cedo á oficina, pero despois, traballando a présa,

recupera o perdido.

3. Vai de vagar, que Pontevedra está preto e, se corres demasiado, quizais non chegues

nunca.

4. Antonte contaba o avó como antano sempre había un pillabán que mataba a luz do

candil para andar ás apalpadelas.

5. Fuches antes alí?

6. Saíndo, á beira da parede, é onde deixan decote o lixo.

7. Están fóra, non as deixei dentro porque ía moita calor.

8. Para onde vas? –Vou para ningures.

Sinalar as preposicións e locucións preposicionais

1. Non viñeron á discoteca por mor do exame do instituto.


2. Co gallo do Día das Letras Galegas fanse cousas que se deberían facer todo o ano.

3. Senta aquí, cabo de min ao pé do lume, temos que conversar con tempo.

4. Púxoo sobre o banco, logo colleuno con noxo e tirouno pola xanela.

5. Pono a rentes do chan para que non lles estorbe aos nenos.

6. Traballou moito a prol da xustiza e pagáronllo coa indiferenza e o esquecemento.

7. Agora voume situar decote diante do Miguel e a carón do Daniel.

8. En vez de levalo, déixao dentro do armario.

9. Desde onte anda fóra de si cun xenio de mil demos.

10. Non poñas cara de ferreiro por quedares debaixo de min, xa sabes que xogo con

vantaxe pola experiencia.

Subliña as conxuncións que hai nestas oracións.

1. Non quixo cear nin quedarse á conversa.

2. Iría contigo de boa gana, pero teño moito traballo.

3. Aceptará a proposta sempre que as condicións sexan as que esixe.

4. Debe saber a verdade a fin de non andar matinando seguido.

5. Por moito que diga, non ousará enfrontarse ao patrón.

6. Colle o paraugas ou vai en autobús.

7. Xa quedou amañado, polo tanto podemos saír sen ansias.

Subliña os adverbios do seguinte texto:

Tódolos días pasaba por alí diante un home alto inmerso na súa soidade, andaba lento, non sei

o que iría cavilando. Sempre acompañaba un can forte, case tan grande coma el, que corría

lixeiro en busca do vento, en busca da vida que fuxía diante deles. O home faláballe ó can con
palabras claras e limpas, pero faláballe baixo, paseniño; ás veces chamábao petando forte cun

pau cando o animal se escondía baixo algún coche.

You might also like