You are on page 1of 16

2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

Foto: Marilar Aleixandre, escritora galega

Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal

SUBSTANTIVO-ADXECTIVO

0.- Identificar substantivos e adxectivos

1.- Colocar o artigo

2.- Nome de árbore froiteira

3.- Indicar o feminino

4.- Pares de palabras

5.- Poñer en plural

6.- Frases en plural

7.- Completar frases

8.- Superlativos sintéticos

9.- Indicar superlativos

10.- Comparativos

11.- Traducir do castelán

0.- Identificar os substantivos e adxectivos do texto

MIL PRIMAVERAS

Se a lingua galega fose só o que din os sociolingüistas, unha “lingua B


minorizada afectada de diglosia en fase de desaparición mediante un
proceso de aculturación” non sei se me animaría a escribila.
Afortunadamente non o é, ou non o é fundamentalmente. É tamén a lingua
de Rosalía, e de Cunqueiro, a do camareiro que me trae este café, a da miña
nai, a miña, e a daquel corvo dun bar de Belvís ao que lle aprenderan a dicir
“quero tortilla”. Creo que este é o perigo de problematizar excesivamente as
cousas: que un acaba aprazando o seu gozo ata que os problemas se
resolvan. Esta é a miña humilde reflexión para este Día das Letras Galegas.
O temor a que unha lingua desapareza é coma o temor á morte: é o medo
anticipado a algo que sucederá igualmente (aínda que tamén se podería
argumentar que a estatística non exclúe a posibilidade de que sexamos
inmortais: toda a xente que existiu na Historia, un seis por cento non
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 1/16
2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

morreu aínda). O galego desaparecerá sen dúbida. O español tamén, e


tamén o inglés. As linguas son organismos vivos e polo tanto están
programadas para extinguirse. Pero co temor á morte dunha lingua pasa
coma co temor á nosa propia morte: que pode acabar converténdose nunha
obsesión que nos impide gozar do que non é morte e que precede á morte,
que é a vida. A lingua galega está aquí e está ben viva mil anos despois de
impoñerse á que había antes e que tamén morreu. Pode ter problemas de
estatus e de saúde (tamén os teñen os que a falan) pero non hai que
contemplala a cada paso como se contempla un doente agonizante. Pódese
promover máis, pódese divulgar mellor, pero non debemos confundir o
idioma coa política lingüística.
Por iso, precisamente Cunqueiro, con moita sensibilidade, pedía para o
galego só “mil primaveras máis”. Eran as que tivera antes ca el. Para min, na
frase o importante non é o número de anos senón a cuestión das
“primaveras”. Coas linguas, coma coas persoas, non se debe aspirar á
inmortalidade, que é unha aspiración que non conduce máis ca á
melancolía. Ao que hai que aspirar é á calidade de vida, o que antes se
chamaba felicidade. Gocemos do que temos e non nos laiemos tanto, non
sexa que lle suceda ao galego o que lles sucede aos enfermos de verdade:
que cando se lles ofrece unha e outra vez a extremaunción, acaban
morrendo de verdade.
Miguel Anxo Murado, Escrito en cafeterías, Galaxia, 2014. pp. 27-28

Corrección completa do exercicio 0

1.- Poñerlles o artigo a cada unha destas palabras

1. arte 1. grilo

2. poema 2. be

3. costume 3. aguia

4. talismán 4. árbore

5. lume 5. nariz

6. orde 6. carne

7. ra 7. noz

8. dote 8. peaxe

9. perdiz 9. azar

10. fe 10. sal

11. sorriso 11. colar


https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 2/16
2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

12. marxe 12. cárcere

13. cume 13. ponte

14. cor 14. dor

15. pa 15. ubre

16. sinal 16. val

17. la 17. xénese

18. calor 18. mel

19. viaxe 19. corvo

20. cofre 20. orixe

21. culler 21. puré

22. análise 22. labor

23. longametraxe 23. sofraxe

24. arma 24. cuspe

25. palafita 25. talle

1. cal 1. garaxe

2. café 2. cabelo

3. ele 3. humor

4. énfase 4. fel

5. auga 5. legume

6. couce 6. teitume

7. pixama 7. carraxe

8. atlas 8. diadema

9. cinceiro 9. teclado

10. leite 10. riso

11. zapato 11. síndrome

12. pálpebras 12. masacre


https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 3/16
2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

a) Corrección completa do exercicio 1

b) Escoitar o exercicio corrixido:

0:00 / 2:01

2.- Indicar o nome da árbore que produce os seguintes froitos:

1. mazá (foto)

2. pera

3. limón

4. cereixa (foto)

5. améndoa

6. laranxa (foto)

7. pexego

8. bévera

9. oliva (foto)

10. ameixa

11. abelá

12. amorodo

13. figo (foto)

14. néspera (foto)

15. castaña (foto)

16. plátano

17. marmelo (foto)

18. uva (foto)

19. amora

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 4/16
2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

20. noz (foto)

a) Corrección completa do exercicio 2

b) Escoitar o exercicio corrixido:

0:00 / 0:49

3.- Indicar o feminino de

1. tecelán 1. curmán

2. carneiro 2. pastor

3. abade 3. sapo

4. neno 4. alcalde

5. poeta 5. estudante

6. ladrón 6. europeo

7. sacerdote 7. heroe

8. avó 8. padriño

9. príncipe 9. sultán

10. cónsul 10. louzán

11. ateo 11. español

12. home 12. toleirón

13. autor 13. reo

14. cabaleiro 14. solteirón

15. saltón 15. compostelán

16. frade 16. capitán

17. patrón 17. rapaz

18. vizconde 18. mentirán

19. langrán 19. mestre


https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 5/16
2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

20. sogro 20. folgazán

21. emperador 21. pai

22. cabalo 22. monxe

23. insán 23. pailán

1. cristián 1. xenro

2. boi 2. cidadán

3. campión 3. pega

4. lambón 4. intérprete

5. marido 5. fisterrán

6. galo 6. barón

7. tsar 7. castrón

8. xudeu 8. macho

9. león 9. pardal

10. francés 10. parente

11. padrasto 11. mártir

12. aldeán 12. castelán

13. temperán 13. alemán

14. deus 14. contratista

15. papa 15. duque

16. compadre 16. embaixador

17. señor 17. irmán

18. rei 18. marrán

19. papón 19. cru

20. can 20. vilán

21. actor 21. alto

22. nugallán 22. baixo


https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 6/16
2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

23. livián 23. porcallán

a) Corrección completa do exercicio 3

b) Escoitar o exercicio corrixido:

0:00 / 2:41

4.- Explicar as diferenzas entre os seguintes pares de palabras

1. bolso-bolsa 1. pipo-pipa

2. caldeiro-caldeira 2. porto-porta

3. cancelo-cancela 3. pozo-poza

4. caxato-caxata 4. rato-rata

5. coiro-coira 5. río-ría

6. cuartillo-cuartilla 6. saco-saca

7. fouciño-fouciña 7. teto-teta

8. leño-leña 8. tixolo-tixola

9. machado-machada 9. vasoiro-vasoira

10. peso-pesa 10. viño-viña

Corrección completa do exercicio 4

5.- Poñer as seguintes palabras en plural

Ver AXUDA teórica

1. local 1. dólar

2. fusil 2. a

3. tren 3. plural

4. paraugas 4. cor

5. áxil 5. cónsul
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 7/16
2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

6. rapaz 6. venres

7. mil 7. garda civil

8. útil 8. pel

9. amábel 9. can

10. lobo 10. pobre

11. ruín 11. fiel

12. gardacostas 12. verdade

13. multicolor 13. asistente

14. quebranoces 14. cruz

15. xirasol 15. bo

16. cabalo do demo 16. tonel

17. lei 17. luns

18. estrela de mar 18. réptil

19. sapoconcho 19. señor

20. porco teixo 20. país

21. decreto lei 21. cru

22. xardín 22. galego-portugués

23. tal 23. cal

24. animal 24. túnel

25. café 25. lambón

26. lenzo 26. español

27. oasis 27. mandil

28. pita do monte 28. pereira

29. álbum 29. sol

30. vacaloura 30. vagalume

31. anorak 31. test

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 8/16
2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

32. iceberg 32. pub

1. exalumno 1. israelí

2. fácil 2. proxectil

3. rei 3. motor

4. anel 4. clímax

5. dolmen 5. civil

6. un 6. u

7. xudeu 7. ancián

8. baúl 8. dor

9. nó 9. mel

10. cartafol 10. tórax

11. caracol 11. xentil

12. hotel 12. ollomol

13. algún 13. lapis

14. bocoi 14. prismáticos

15. azul 15. tándem

16. fiábel 16. dúplex

a) Corrección completa do exercicio 5

b) Escoitar o exercicio corrixido:

0:00 / 2:27

6.- Poñer en plural as seguintes frases

1.- Ese marroquí é un home que ten unha cultura moi diferente á occidental.

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 9/16
2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

2.- O mércores sempre tomo un café tranquilamente ante a televisión sen


ter o mandil posto e mentres fumo un cigarro, xa que é o único día que non
debo traballar despois de xantar.

3.- O martes non vou á piscina municipal.

4.- Ese rei ditou unha lei sorprendente: obriga ao coronel e ao cónsul a
presentárense o luns e o xoves ante a Comandancia da Garda Civil.

5.- O nivel cultural e económico desa familia é aceptábel: todos teñen anel e
len algún libro cada semana.

6.- Ese val é moi fértil e agradábel, e ten de todo. Alí podes ver desde un
pónei ou un boi pacendo ata un hindú xogando ao hóckey no xardín do
hotel.

7.- Hai un farol municipal no parque infantil, mais como está fronte ao
cuartel aínda se vai vendo.

8.- Ese can é un berrón, non fai máis que ladrar.

9.- O gol marcado polo xogador israelí non foi legal.

10.- Din que a estrela de mar non é hostil ao ollomol.

11.- Aquel monxe paúl meteu un libro no baúl de cor azul.

12.- No local social dese organismo tómase moito café.

13.- Puxo un pernil sobre a mesa e dixo que esa era a súa credencial.

14.- O rol desempeñado polo bemol no pentagrama é moi importante. Foi o


que dixo ese doutor que é moi hábil no manexo do bisturí.

15.- Aquel capitel representa unha escena celestial.

16.- O martes sempre vén algún rapaz.

17.- O corazón senil tamén pode ser pasional.

18.- O lacón está moi caro segundo o prezo oficial.

19.- Teño que mercar tea para un lenzo branco e un calzón azul.

20.- É un edil admirábel segundo o editorial do xornal dominical.

21.- O e pode ser unha vogal aberta ou fechada.

22.- É unha flor común e fácil de atopar en calquera verxel.

23.- Cacei unha perdiz naquel piñeiral.


https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 10/16
2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

24.- Esa fábrica téxtil ten unha parede anil.

25.- Crese que o pardal é capaz de cantar unha hora enteira.

26.- Pon o mantel da mesa grande e vai traendo o pemento cru.

27.- Non me gusta ese cartel, é igual que o do ano pasado e ten unha cor
insufríbel.

28.- O caracol de meu irmán gañou o campionato mundial, foi o máis áxil e
dócil.

29.- A explosión foi provocada por un gas letal.

30.- A abertura gradual de oficinas bancarias farase tendo en conta a


situación da sucursal existente.

31.- Algún proceso febril esixe un tratamento delicado.

32.- Con ese pincel tan mao non vas poder pintar o bergantín que se ve
nese libro.

33.- Sempre foi un amoral e un intratábel no asunto mercantil.

34.- O antigo guaraní era moi vital e sempre andaba nu.

35.- Nunca vin home máis papón e lacazán.

36.- Sempre será un heroe ocasional o que resolva a situación de perigo.

37.- Estableceu un símil moi difícil de comprender.

38.- Non me convencerás con esa razón.

39.- Tiña un oficio moi raro, andaba á caza do saltón e íao metendo nun
fardel, pero el dicía que lle daba cartos.

a) Corrección completa do exercicio 6

b) Escoitar o exercicio corrixido:

0:00 / 4:53

7.- Colocar nos ocos as palabras que van entre parénteses fixándose no
xénero e número que lles corresponda, engadindo os artigos e facendo as
contracción necesarias
Por exemplo, entraron catro ............de ........... (camión, leite, fresco): entraron catro camións de leite
fresco

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 11/16
2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

1. En ............. dese lugar sobresaen ............. (paisaxe, árbore, froiteiro).

2. Esas ............. publicáronse en varios ............. (lei, xornal, nacional).

3. En ............. grande hai ............. de tráfico ............. (ponte, algún,


sinal, indescifrábel).

4. Comprou varios ............. para as cociñeiras dos seus ............. (mandil,


azul, hotel).

5. Non podía aturar ............. de ............. a pesar das ............. (aquel,


dor, ril, inxección).

6. As palmeiras dan moitos ............., as colmeas ............. e os burros


............. (dátil, saboroso, mel, couce, doloroso).

7. As listas de ............. godos son ............. de memorizar para .............


e ............. para outros (rei, fácil, un, difícil).

8. ............. que aquí fixeron os .............piratas figurará nos ............. da


historia local (pillaxe, capitán, libro).

9. Ás ............. os nosos ............. non podían remediar os ............. aos


emigrantes (vez, cónsul, mal).

10. ............. dos ............. paseaban polos pazos ............. con .............
(algún, paxe, rei, real, traxe, branco)

11. Boteille ............. á comida (pouco, sal).

12. A parella de ............. meteu o coche en ............. mais deixoulle as


............. acesas (garda civil, garaxe, luz).

13. Cal é ............. de ............. dos .............? (cor, sangue, animal).

a) Corrección completa do exercicio 7

b) Escoitar o exercicio corrixido:

0:00 / 1:26

8.- Indicar os superlativos sintéticos dos seguintes adxectivos

1. alto 1. rico 1. feo

2. baixo 2. libre
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 12/16
2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

2. listo 3. bo 3. grande

3. fácil 4. antigo 4. vello

4. mao 5. cruel 5. seguro

5. fiel 6. sabio 6. frío

6. amábel 7. quente 7. cheo

7. agradábel 8. difícil 8. nobre

8. pequeno 9. acre 9. mísero


10. pobre
9. tolo 10. pulcro

10. célebre

a) Corrección completa do exercicio 8

b) Escoitar o exercicio corrixido:

0:00 / 1:08

9.- Indicar todas as formas de superlativo que se coñezan

Por exemplo, rico: riquísimo, moi rico, rico abondo, ben rico, superrico,
requeterrico, ten cartos como millos, etc.

1. bo

2. parvo

3. verde

4. custoso

5. mao

6. fácil

7. branco

8. enfermo

9. groso

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 13/16
2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

10. louco

11. negro

12. canso

Exercicio libre

10.- Completar as frases coas formas do comparativo que teñan sentido

1. A Encina sempre tivo moitos ......... cartos ......... el.

2. O Rubén era ......... fedello ......... o seu curmán.

3. O Miguel obtivo resultados ......... bos ......... pensaba.

4. O Daniel é case ......... rico ......... o veciño.

5. A Helena nunca estaba ......... atenta ......... min.

6. A Carme ten ......... leiras ......... parece.

7. Xamais conduciu ......... ben ......... elas.

8. Agora é ......... forte .........o Ricardo.

9. O descoñecido sempre será ......... mao ......... o coñecido.

10. Os perigos son ......... grandes ......... pensabamos.

11. Están ......... abraiados ......... vós.

12. As rendas son......... pequenas ......... esperabades.

13. O Santiago era ......... divertido ......... os compañeiros.

14. A Irimia ten ......... forza ......... vostede.

15. O Paulo é ......... trasfego ......... a Alba.

16. Recollemos ......... fabas ......... contabamos.

17. Penso que ten ......... poderes ......... ti.

18. O Manuel está ......... alto ......... a Laura.

19. O Brais atopou ......... moedas ......... se propuxo.

a) Corrección completa do exercicio 10

b) Escoitar o exercicio corrixido:


https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 14/16
2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

0:00 / 2:37

11.- Traducir do castelán

1. El color rojo es mi preferido, tengo la costumbre de ponerme ropa muy


original.

2. Enciende ya el fuego para calentar la leche, la miel y las legumbres del


almuerzo.

3. Como aquí llueve mucho en el arte gallego está muy presente el agua y
sus colores.

4. El origen del problema está en el orden en que declaraban los testigos.

5. Yo distingo los castaños, los manzanos, los perales y las higueras; pero
no los almendros, los naranjos y los cerezos.

6. Se parece a su madre en la nariz, la sonrisa y unha señal en la frente y


supongo que su sangre será muy similar.

7. El fraile comentó que el yerno le trató siempre como a un perro y le


cargaba de trabajo como a una yegua.

8. La reina paró en Xinzo y se comió unha codorniz de primero, ancas de


rana de segundo.

9. Estaban una catalana, una alemana y una orensana discutiendo quién era
mejor ciudadana, máis cristiana y de moral sana.

10. Los generales españoles compraron miles de fusiles y puñales, cañones,


aviones, misiles, para conquistar una ciudad llena de hoteles.

11. Con tales leyes non se protegen las pieles de los animales salvajes de
algunos países africanos.

12. Se ha hecho un análisis para determinar la dosis de antibiótico que debe


tomar para vencer su amigdalitis.

13. Desde su garage se puede empezar un hermoso viaje por el paisaje


costero que se recoge en un cortometraje televisivo.

14. Dimitió por darle una coz a un diputado y gritarle que tenía dos baúles
azules llenos de dinero negro procedente de los controles comunitarios.

15. Para evitar la cárcel por los avales bancarios vendió unos anillos y unas
diademas de la dote de su abuela.
https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 15/16
2/10/2019 Sustantivo e adxectivo en galego: exercicios

16. Después se descubrió que la ladrona era una joven que había sido
campeona de atletismo del margen izquierdo da la Ría de Vigo.

17. La labor de extraer sal marino y subirlo a la cumbre en la que está la


villa fue cosa de personas casi gigantonas.

18. Las cuestiones eran fáciles y ellas eran ágiles respondiendo. La primera
era sobre símiles, la segunda sobre túneles de velocidad.

19. La niña china coge una sola zanahoria cruda y se la come entera.

a) Corrección completa do exercicio 11

b) Escoitar o exercicio corrixido:

0:00 / 2:47

ogalego.eu Índice de Exercicios de lingua galega Pseudónimos galegos

2005-2019
Anxo González Guerra, Vitoria Ogando Suxestións:
Valcárcel ogalego@galicia.com

ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non


comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 16/16

You might also like