You are on page 1of 4

As figuras literarias e os

recursos estilísticos Figuras


literarias - Aulas Galegas
Na literatura adóitanse usar determinados recursos. A función que teñen é
darlle orixinalidade e expresividade ao que nos di o autor.

Aliteración: consiste en repetir un son nun grupo de palabras para que


provoquen un efecto no lector.

Que ben , que bomba vén co seu rebumbio

A bomba, Bong!, a bomba, bom amigo!

Celso Emilio Ferreiro

Antítese: Contrapóñense dúas realidades para que dese xeito resalten


máis.

Se cantan es ti que cantas,

se choran es ti que choras

e es o murmurio do río

e es a noite e es a aurora.

Rosalía de Castro

ANÁFORA:
Repetición dunha ou máis palabras ao principio de versos sucesivos. Ex.: "Eu son
para min / tódalas interrogacións / tódalas estatuas / tódolos misterios /
e tódalas cumes xeadas de evanxeos.", Manuel María.
PARALELISMO

Repetición de palabras e estruturas ao comezo


dos versos

Ondas do mar de Vigo

Ondas do mar levado

Asíndeto: Suprímense as conxuncións co que o enunciado cobra rapidez e


viveza.

Galicia é o que vemos:

a terra, o mar, o vento...

Manuel María

Metonimia: Consiste en reemprazar unha palabra por outra coa que se relaciona
adxectivo que dá unha calidade que xa se sobreentende nun substantivo.

Este domingo tocan a


Vivaldi

Hipérbato: é alteración da orde sintáctica das palabras.

que o que é polo de hoxe

que darvos non teño

Curros Enríquez
Metáfora: Consiste en nomear un ser, un obxecto ou unha calidade co
nome doutro co que o autor o identifica.

Ouh Galicia, Galicia, boi de palla

Canta lástima ten de ti o Gaiteiro!

O aguillón que che meten é de aceiro

E con el moita forza te asoballa.

X. M. Pintos

Onomatopea: Consiste en imitar sons e ruídos reais.


Gli, gli,gli, gli, gli, gli

Canta aquí, canta aló, canta acolá.

Onde diaño canta o grilo?

Onde o grilo cantará?

Roberto Blanco Torres

Polisíndeto Repítense as conxuncións cos que se consegue enlentecer o


ritmo do enunciado

Denodados e fortes

foran nosos avós,

e varudos e intrépidos

e de nobre tenzón.

E. Pondal

Prosopopea ou personificación: consiste en atribuírlle a


seres inanimados ou abstractos calidades propias de seres animados.

Gota de orballo
tremelucindo,

tes o sol rindo

dentro de ti.

Noriega Varela

Símbolo:Cando unha palabra á parte do seu significado habitual pode


evocarnos outra cousa.

Unha vez tiven un cravo

cravado no corazón

e non me acordo xa se era aquel cravo

de ouro, de ferro ou de amor.

Rosalía de Castro

COMPARACIÓNl: Establécese unha comparación entre seres, obxectos ou


calidades, ben por semellanza ou ben por diferenza.

Ceo e terra están espidos

como outrora Adán e Eva Figuras literarias - Aulas Galegas

You might also like