You are on page 1of 3

Do 23 ao 29 de marzo.

TAREFA 4.

EXERCICIOS DE REPASO TEMA 5 E 6. 1 BACH. Do 23 ao 29 de marzo.

A.- Coloca os pronomes escritos entre parénteses no lugar axeitado,


tantas veces como sexa necesario, reparando na acentuación:
1.- Sen avisar, deu en chamar a berros (NOS, A)
2.-As nenas hoxe mercaron un xoguete ao curmán (LLE)
3.- Seica tocou a lotaría! (CHE)
4.- Xa sei que avisou Uxía, pero eu non puiden responder(VOS, LLE)
5.- Paulo coñeceu antonte pero nós xa coñeciamos (A)
6.- Cada tarde baixa ao parque (O)
7.- Todas as mañás atopo nesta mesma rúa (VOS)
8.-Tantos meniños cansaron axiña (TE)
9.- Ao final explicaron todo o que pasara CHE, LLE)
10.- Colles, fas e envías (A, NOS, A)
11.- Nesta obra certo personaxe descobre toda a trama (NOS)
12.- Alí deixou de calquera maneira (CHE, O)
13.- A Bieito algúns lembraron pero outros non ( O)
14.- O demo leve se contei algo! (ME)
15.- Talvez atopes no patio se marchas axiña (AS)

B.- Introduce “te” ou “che “ na posición adecuada:

1.- Quítame de diante, non quero ver!


2.- Por fin atoparon o que perderan.
3.- Miña irmá recolle mañá.
4.- Quizais traia Lois as grilandas.
5.- Elas viron por esta rúa, por iso pensaran que xa mudaras.
6.- Quería pedir un favor.
7.- Se non gusta non tes que enfadar, déixalo e marchas.
8.- Tareixa e Miguel viron o canciño e gustoulles moito.
9.- Deus faga bo, que malo xa es.
10.- Mila chamou un cento de veces e non lle contestaches.

C.- Intenta deducir a diferenza semántica existente ente “nós, vós” e “nosoutras-
os vosoutras,-os” a partir dos eu uso nesta oración:

Nós as da fábrica sempre traballamos oito horas, pero nosoutras, as que non somos fixas, velamos
máis ca vosoutras.

D.- Localiza os pronomes persoais átonos do seguinte texto, indica a súa función
sintáctica e explica a súa colocación.

O home delgado gafas bigote audífono non sabía moi ben qué dicir, máis que nada porque ás veces
non entendía o que o seu contertulio expresaba con tanta locuacidade e , ás veces tamén, non oía
con claridade as súas palabras. Libardino decatouse e díxolle, erguendo un pouco a voz,
seguramente porque adiviñou que o señor da barra era xordo, curto de oído, otorrinamente escaso
(...) díxolle lentamente soletreando, Libardino díxolle: Que está moi ben, moi ben e o nome do seu
local, e que debe ser francesa a súa orixe, que La sirêne en francés quere dicir “ A serea”. Non,
non señor, o nome vén das dúas persoas que eu máis quixen na miña vida, dixo con toda
tranquilidade o propietario do club nocturno.
Xosé Carlos Caneiro, Ébora.

a) Substitúe os fragmentos subliñados polos pronomes persoais correspondentes e repara na súa


posición. (Reescribe o texto)
b) Localiza no texto os demostrativos e posesivos e indica se funcionan como núcleo ou adxacente.
c)) Escribe a frase Fíxoo despois de coller unha botella de coñac en negativo e en interrogativo.
Mudou a posición do pronome na frase ?
d) Transforma a oración Fíxoo despois de coller unha botella de coñac, comenzándoa polas
seguintes palabras: hoxe, nunca, quizais, xa, só, posibelmente, algún, xamais, alí, logo, quen?

E.- Clasifica nas seguintes oracións todos os “que” e indica se son pronomes
relativos, interrogativos, exclamativos ou conxuncións. No caso de seren
relativos indica o elemento ao que fan referencia.

a) Xa sei que non debería dicircho, que hai cousas que deben evitarse para que sigamos adiante
como se nada pasase.
b) o día que fomos ao cine que está na rúa na que vives, había tanto vento que nos rompeu o
paraugas.
c) De que cor queres o caderno?- Dáme igual con tal de que sexa forte.
d) Non sei que hora é, pero supoño que en 15 minutos chegará o tren que temos que coller.
e) Que pinta traes! Non che dixo ninguén que levas o xersei do revés?

F.- Analiza os valores dos demostrativos nas seguintes oracións:

1.- Serxio mancou un xeonllo, daquela non irá convosco o sábado.


2.- Esta pastelaría coñézoa eu desde nena.
3.- Pecharon este bar polo aquel do ruído.
4.- A iso das sete comezará o adestramento.
5.- Teño unha aquela no ombreiro que non me deixa durmir.

G.-Localiza os cuantificadores, ordinais e identificadoress das seguintes oracións


e explica o significado das expresións que teñan un valor especial:

1.- Nunca serás ninguén se segues sen facer nada.


2.- Ten nada menos que 545 cromos no álbum.
3.-Así que só conseguistes o cuarto premio?
4.- Algo é algo.
5.- Despois de moito tempo en ruínas, a casa acabou por caer de todo.
6.- Todos din que Fidel non é guapo, pero eu creo que ten algo.
7.- Tanto nos ten que veñades ás 8 como ás 9.
8.- Por moito que os intentes convencer, non che levantarán o castigo.
9.- Rosalía andou a correr pola beira e a pouco máis cae ao regato.
10.- A túa afillada é toda o pai.
( Do 23 ao 29 de marzo).

Unidade 15. O CANCIONEIRO DE BURLAS. AS CANTIGAS DE ESCARNIO


E MALDICIR.

TAREFA 5.
1.- Fai un resumo da parte da introdución (páxina 254).
2.-Esquematiza as principais características das cantigas de escarnio e maldicir (páx. 255,256)
3.- Contesta as preguntas 1,2,3 da páxina 256 sobre a poesía “Ai, dona fea, fóstesvos queixar...”

TAREFA 6.
Seguimos coa parte de literatura. Rematamos o tema 15.
Clasificación das cantigas de escarnio e maldicir. A pastorela e outros xéneros.
Le, resume e esquematiza as páxinas 257,258,259,260.
Páxina 257: ex 8.
Páxina 263: ex. 1,3,4,5,6,7,9,10.

You might also like