You are on page 1of 25

Lingua galega e literatura ESO 1

Práctica gramatical

EXERCICIOS 1

1.- Ponlle acento no caso de ser necesario. Xustifica a túa elección coa regra aplicada

Textil reptil proxectil anodino atmosfera

Parasito medula misil endocrino conclave

Elite heroe astur animal tua

Cafe irma etnico distribuir mobil

Oido album vehiculo ruido papel

Codia saudo estupidamente prohiben callau

2.- Clasifica as palabras do exercicio anterior segundo a súa acentuación en agudas,


graves e esdrúxulas.

3.- Acentúa graficamente, nos casos que cumpran, os estranxeirismos e latinismos


seguintes:

Hippy magnificat hockey parkinson ralenti

Telex tandem handicap smoking leitmotiv

Idem deficit lider anorak beisbol

Iceberg zombi autostop quorum vermu

4.- No seguinte texto coloca os acentos onde cumpra

Un oso tentaba derribar a arbore ferozmente, mais so puido arrancar un par de polas o
quinto intento. Nos estabamos asustadisimos e fortemente suxeitos as gallas mais grosas,
temendo caer nas suas poutas. El abaneaba e nos berrabamos. Ninguen escoitaba, porque non
habia ninguen, nin dentro nin fora da casa. E el a teimar dalle que dalle ata que anoiteceu.
Enton tivemo-la sorte de que desistiu do asedio e marchou dandolle cos pes a unha bola que
habia no chan.

5.- Xustifica a acentuación das palabras subliñadas no exercicio anterior

6.- Pon os acentos gráficos diacríticos / ou non nas seguintes frases:


a) Dis que e igual, mais non e igual e non cho repito mais.
b) As miñas irmas danlle de comer as polas.
c) O teu pai foi o muiño e a tua nai a herba.
d) Non nos dixo o que queria e nos non llo preguntamos.
e) Dixovos a vos o que queria? A nos, non.
f) Non ves un pola que ven pola pola daquela arbore?
g) Sera ben mellor que non te achegues o cabalo.
h) Non me das nada da tua horta? Non me da a gana.
i) Comezaron a xogar as cartas pola maña e remataron as tantas.
Lingua galega e literatura ESO 2
Práctica gramatical

7.- Completa as seguintes palabras con "b" ou "v":

___áter, ___ermello, ___esgo, ___erza, ___im_io, ___oda, ___oitre, ___ulto, a___elá,


a_eleira, automó_il, ___aldeirar, ___aleirar, ___aleiro, ___enia, ___irollo, ___iruxe,
_ol___oreta, chi__o, dé__eda, dú__ida, a__ultar, con__oi, cor__eta, co__arde, co _ardía,
chu__asco, chu__asqueiro, de__alar, de_ecer, escara_ello, escar__ar, es _elteza,
es__elto, gara___anzo, ga__ián, gra__ar, gra__ación, gra__ado, gra__ata, pa__illón,
pel__e, tre__o, __aixela, fi__ela, lou___án, mara__illa, mara__illar, mara_illoso, mó__il,
mo__iliza__le, mo__ilización, mo__ilizado, mo__ilizar, ou__ear, pe__ida, re__entar,
ri__eira, tro__ador, ace__ro, adi__al, a__ó, a__ogacía, a__ogado, a_oengo, a_ogar,
á__rego, a__ogado, a__ultado, __aixela, __alado,__aranda, _arrer, _arredoiro, _asoira,
__asoirada

8.- Enche os ocos con h ou Ø nas seguintes frases.

1. O apart..eid que viviu Sudáfrica ..ai pouco, recordaba en dureza a trans..umancia ..ebrea
nos tempos do ..olocausto.
2. Descubriu un ..inchazo no ..ombro e decidiu visitar un médico ..omeópata
3. Os ..iper..enxebrismos son ..erros in..abituais que non ..arm.onizan co galego normativo.
4. Cantaba o ..imno e ..elevaba a voz cando chegaba a ..escuro ..arume ..arpado.
5. No ..orizonte debuxábase a figura do ..inca en medio dunha paisaxe in..óspita.
6. Gracias ao in..alador dos anti..istamínicos, diminuía os efectos prexudiciais da ..asma.
7. ..urra! -berraron os ..eroicos ..ititas, botando os ..elmos ao ..aire.
8. tru..án foi recibido polo alca..ide entre os risos ..ilarantes dos ..óspedes
Lingua galega e literatura ESO 3
Práctica gramatical

9.- Completa o seguinte encrucillado

1. O lobo oubea, a ovella... 3. Macho cabrío. 5. Árbore ou arbusto da familia aquifoliáceas (Ilex
aquifolium). 8. Pai da miña nai. 10. Terreo sementado de nabos. 12. Relativo ás naves e á navegación. 16.
Planta herbácea das papilionáceas (Cicer arietinum). 18. Relativo á voz. 19. Col (Brassica oleracea), planta
das crucíferas. 21. Facer saír ou obrigar a saír dun lugar. 23. Interxección que denota incredulidade ou
desdén. 24. Paso a vasoira. 26. Sen oficio nin ocupación. 27. Delgado, alto e airoso. 28. Pertencente ou
relativo á boca.29. Cun ollo torto.32. Baldía, inútil, improductiva.33. Estalo, estoupo, estouro, estralo.34.
Que se pode levar, desprazar, portar.35. Que ten ou ocupa moito espacio, unha grande extensión.38.
móvese polo aire.39. Compoño cantigas.40. Suceso ou cousa extraordinarios.41. Dar a conecer algo que
non se conecía ou que era secreto.43. Cerimonia pola que dúas persoas contraen matrimonio.44. Persoa
que non ten valor.45. Uva: cada un dos elementos dun acio.

Pistas

Acivro, avo, ba, bago, bah, basto, bea, bo, boa, bocal, botar, bucal, chibo, chuvasqueiro, convoi, covarde,
escaravello, esvelto, garavanzo, gravar, gravata, marabilla, mobil, nabal, naval, nobelo, rabo, ravo,
rebelar, rebento, revelar, trobo, va, vago, val, varro, vasto, vater, vea, vermello, verniz, verza, vesgo, voa,
vocal, voda, vogal, voitre, voo, votar, vulto, xavelina.

Verticais

1. Serpe de América tropical.2. Símbolo do bario.3. Serie de coches de ferrocarril enlazados e tirados por
unha locomotora.4. Retrete.6. Impermeable para a chuvia.7. Disolución a base de resinas que se aplica ás
madeiras.9. En galego represéntanse con 5 letras (sing).11. Encarnado.13. Planta de raíz comestible con
forma de fuso.14. Non deteriorado ou estragado, que pode servir.15. Que está sen traballar ou pouco
elaborado, e é de pouca calidade.17. Bóla de fío enrolado.18. Emitir un voto para elixir a unha persoa ou
decidir sobre un asunto.20. Nome que se lles dá a varios insectos coleópteros de corpo ovalado, ás duras
e lisas e patas e cabeza curtas 22. Vara con punta de ferro que o atleta lanza o máis lonxe posible.23.
Embocadura ou boquilla da gaita.25. Sublevar, amotinar, volver contra alguén.30. Anaco de seda, lenzo
fino, etc., que se anoa arredor do colo da camisa.31. Ave de rapina de gran envergadura.36.
Protuberancia.37. Acción de voar.42. Vaso polo cal o sangue volve ó corazón.
Lingua galega e literatura ESO 4
Práctica gramatical

EXERCICIOS 2 SUSBTANTIVO e ADXECTIVO CUALIFICATIVO


1. Ponlles o artigo ás seguintes palabras:
Penuxe colar atlas sal uña
Cute viruxe xénese ka noz
Calor céspede legume foz xiz
Lume drama prótese auga dobrez

2.Forma o feminino das seguintes palabras indicando a regra que se aplica en cada caso
Touro actor heroe xenro abade
Emperador pasmón médico rapaz paciente
Vacún nu merlo ogro artesán
Hóspede asinante vagalume profeta mamalón

3. Pon en plural as seguintes palabras xustificando en cada caso a regra aplicada


(agrúpaas)
local fusil tren paraugas áxil
rapaz mil útil amábel lobo
ruín gardacostas multicolor quebranoces xirasol
cabalo do demo lei estrela de mar sapoconcho porco teixo
decreto lei xardín tal animal café
lenzo oasis pita do monte álbum vacaloura

4.- Pon en plural as seguintes frases


a) Ese marroquí é un home que ten unha cultura moi diferente á occidental.
b) O mércores sempre tomo un café tranquilamente ante a televisión sen ter o mandil posto
e mentres fumo un cigarro, xa que é o único día que non debo traballar despois de xantar.
c) O martes non vou á piscina municipal.
d) Ese rei ditou unha lei sorprendente: obriga ao coronel e ao cónsul a presentárense o luns
e o xoves ante a Comandancia da Garda Civil.
e) O nivel cultural e económico desa familia é aceptábel: todos teñen anel e len algún libro
f) Ese val é moi fértil e agradábel, e ten de todo. Alí podes ver desde un pónei ou un boi
pacendo ata un hindú xogando ao hóckey no xardín do hotel.
g) Hai un farol municipal no parque infantil, mais como está fronte ao cuartel aínda se vai
vendo.
5.- Pon en plural as seguintes palabras xustificando en cada caso a regra aplicada
(agrúpaas)
dólar a plural cor cónsul
venres garda civil pel can pobre
fiel verdade test cruz pub
tonel luns réptil señor país
cru galego -portugués cal túnel lambón
español mandil pereira sol vagalume

6 . Pon en plural as seguintes frases


1. Aquel monxe paúl meteu un libro no baúl de cor azul.
2. No local social dese organismo tómase moito café.
3. Puxo un pernil sobre a mesa e dixo que esa era a súa credencial.
4. O rol desempeñado polo bemol no pentagrama é moi importante.
5. Foi o que dixo ese doutor que é moi hábil no manexo do bisturí.
6. Aquel capitel representa unha escena celestial.
7. O martes sempre vén algún rapaz.
8. O corazón senil tamén pode ser pasional.
Lingua galega e literatura ESO 5
Práctica gramatical

7.- Fai o/os superlativos sintéticos dos seguintes adxectivos -algúns poden ter dúas
formas-
Feo libre grande vello seguro
Frío cheo nobre mísero pulcro
Alto listo fácil mao fiel
Amábel agradábel pequeno tolo célebre

8.- Completar as frases coas formas do comparativo que teñan sentido

1. A Encina sempre tivo moitos ......... cartos ......... el.


2. O Rubén era ......... fedello ......... o seu curmán.
3. O Miguel obtivo resultados ......... bos ......... pensaba.
4. O Daniel é case ......... rico ......... o veciño.
5. A Helena nunca estaba ......... atenta ......... min.
6. A Carme ten ......... leiras ......... parece.
7. Xamais conduciu ......... ben ......... elas.

10. Forma frases comparativas enchendo os espacios baleiros coas conxuncións: ca, ca
a, ca á, ca ao, có, cá, cós, cás, ca ás, ca aos, como, que, coma, do que. Se hai máis dunha
posibilidade debes poñela e xustificalo

1. Prefiro mellor pasear no outono........no invemo.


2. Na foto da sala asemellábase menos ao pai...... nai.
3. Deica Lugo hai máis quilómetros.......Guitiriz.
4. O seu aglaio era máis claro........ voso.
5. As laranxeiras soportan peor a xeada......fortes ballóns de novembro.
6. Os trobadores non eran tan coñecidos.....os libros de literatura din.
7. Floreceron antes os caraveis....... rosas
8. O can trabouno con máis violencia..........cadela.
9. Reveláronlles menos segredos..........espías ingleses.
10. No soño quería ir mellor ao país dos ananos........dos xigantes.

11.- Traducir do castelán


1. El color rojo es mi preferido, tengo la costumbre de ponerme ropa muy original.
2. Enciende ya el fuego para calentar la leche, la miel y las legumbres del almuerzo
3. Como aquí llueve mucho en el arte gallego está muy presente el agua y sus colores.
4. El origen del problema está en el orden en que declaraban los testigos.
5. Yo distingo los castaños, los manzanos, los perales y las higueras; pero no los almendros, los naranjos y los
cerezos.
6. Se parece a su madre en la nariz, la sonrisa y unha señal en la frente y supongo que su sangre será muy similar.
7. El fraile comentó que el yerno le trató siempre como a un perro y le cargaba de trabajo como a una
yegua.
Lingua galega e literatura ESO 6
Práctica gramatical

EXERCICIOS 3 artigo

1.-Facer as contraccións necesarias co artigo:

1. En a saída de a Alameda bateu con unha amiga de a infancia por a que sempre sentiu
un grande agarimo
2. Traballa con un curmán en a construción de a ponte de o tren que pasa por o fondo de
a vila
3. Ao iren a a festa de o seu aniversario expuxéronse a as críticas de os seus inimigos
4. Xogaban xuntos a a billarda, vivían en unhas casas próximas e os dous se apaixonaron
por o mesmo equipo de baloncesto
5. Está entrando unha borrasca por o norte de A Coruña, dixérono en a televisión
6. Vivía en un país afastado, en unha cidade bañada por un río de augas claras
7. Deu con unha amiga de a infancia en as redes sociais mirando en o seu móbil
8. En a película de A Esmorga recóllense moi ben os ambientes de a cidade de as Burgas
9. Iso sae en un capítulo de Os fillos do mar de Pedro Feijoo, mais non lembro de cal se
trata
10. Naceu en o Carballiño, medrou en as Pontes e fíxose con un traballo en A Coruña

2.- Encher os ocos co artigo correspondente, facendo as contraccións necesarias

a) Quero que pintes ... garaxe antes do inverno


b) O neno ficou sorprendido ao ver que ... leite saía a fío por ... ubre da vaca que estaba
muxindo seu tío
c) Ao chegarmos a aquela curva, tivemos que facer ... viraxe bruscamente para evitarmos
... choque contra ... camión
d) Levantóuselle ... forte dor de cabeza ao saber que a súa filla quería casar e non tiña ...
cartos para lle dar ... dote
e) Mentres arrolaba ... berce de ... seu neto miraba con desacougo para ... lume que se
achegaba ameazadoramente a ... casa desde ... cume de ... monte
f) ... febre fora provocada por ... farinxite que pillara uns días antes cando agatuñara case
espido a ... árbore que estaba diante de ... súa casa
g) ... aguia é ... ave que percorre o ceo voando e ... anguía móvese sempre por ... auga
h) Houbo que lle facer ... análise de sangue porque temiamos que tivese ... infección
provocada por ... ferida que fora consecuencia de ... couce daquel burro
i) De onde se saca ... mel? Preguntas. Seica ... abellas producen mel e tamén en ... tendas
venden mel de flores
j) Dáballe tanto noxo ... sangue, que despois de ver aquel accidente estivo un bo anaco
limpando ... cuspe en ... pano de man

3 .- Pon os artigos e fai as contraccións que cumpran.

1.- De.....rapaces saberen que ambos......amigos ían estar a.....hora acordada, virían correndo
antes de cear.....caldo.

2.- A....rapaza que veña, dareille un de....galanos con....que me sorprenderon por....mañá;


soamente por.....libro coller de....casa de.... meu amigo Carlos, poderá quedar con el.

3.- Entrou con.....lanterna en.....furna a.... busca de.....novas especies de animais mariños.
Lingua galega e literatura ESO 7
Práctica gramatical

4.- Con.....aquela de......votación nas urnas, todos.....partidos políticos de esquerdas e


mais.......P.R.S. convocaron a.....militante e a...... simpatizantes con.....gallo de faceren......
sonada festa.

5.- Cómpre pór freo a......progresiva especulación urbanística en...... nosa cidade e
evitarmos.....estrago de.....medio natural causado por..... supresión de zonas verdes a.....prol de
monstrosas edificacións.

6.- .....feito de discriminar a..... xente a causa de.....sua cor en.... pel supón.....clara aldraxe
para.....xénero humano e revela.....vileza moral de.....persoa que discrimina.

7.- Que......ordenador sexa capaz de vencer a....campión de....mundo de xadrez, acende.....luz


vermella que alerta sobre.....futuras relacións de.....home con.....máquinas.

8.- En....adro de....igrexa,.....traxes de domingo esvaraban silandeiramente e tocaban


.....contra......outros, soportando con...... levidade propia de.....momento,......feble sorriso
implícito en.....saúdo finxido.

9.- Naceu en......Estrada. pero emigrou a.....Brasil onde se fixo con ......morea de cartos con.....
que volveu a......país e se estableceu en ......Coruña, alí montou......negocio con......pizzas a
domicilio.

10.- A......poucos,......estudios van sentando en......individuo...... pouso intelectual e humano,


que lle abre numerosas vías de acceso tanto a .......mundo de.....traballo como, e é......que máis
importa, a.....mundo de......”persoa”.
Lingua galega e literatura ESO 8
Práctica gramatical

EXERCICIOS 4 adxectivos determinativos/ pronomes non persoais

DEMOSTRATIVO

1. Para ... tarefa non me cómpre ... trebello, senón...outro e mais...outros de alá.
2. Despois de se decataren de..., tiveron que desaparecer de... casa. Eu prefiro..., mais é algo
máis caro que...
3. En... mesmo lugar saíuse da estrada meu pai cando tiña... deportivo vermello.
4. Todo... que ves fíxeno eu con... manciñas tan xeitosas.
5. Se o fas de... maneira conseguirás mellores resultados.
6. ... verán moito nos divertimos; ...italianos eran do máis simpático.
7. O gañador non é... nin... nin...outro; son eu, así que a enfastiarse.

2.- Comentar o valor das formas de demostrativo que aparecen nas frases

1. É bo rapaz, mais ten unha aquela que o fai moi feo.


2. O individuo ese non me engana a min.
3. Daquela aínda ti eras pequena.
4. Nestas entra a directora de moi mal xenio.
5. Conta o que che pasou daquela.
6. Daquela imos hoxe ao teatro, ver unha versión de O lapis do carpinteiro.
7. Véxolle pouca aquela a esta programación.

3.- Sinalar os demostrativos no texto literario

Senta no peirao a ver os barcos e faise unha e outra vez as mesmas preguntas. De onde
virán. Onde irán. Cando poderei subir nun deses e fuxir lonxe –nunca, Marco, sabes que
nunca, contestaríanlle os barcos se tivesen a facultade de falar-. E como non sabe a resposta e
os barcos non falan, só lle resta soñar: aquel vén de Constantinopla, aqueloutro de loitar contra
os turcos, ese quizais parte mañá para Crimea, naquel de alí quizais suba eu para viaxar lonxe.
Ás veces Marco Polo pasa o serán escoitando as historias que contan os mariñeiros que deitan
o seu corpo canso en Venecia e foxen correndo para as tabernas. Alí escoita con devoción todas
esas historias que contan animados polo viño. De sabelo, o pai nunca o aprobaría. De feito,
nunca entendería por que gusta tanto da compaña deses homes rudos que falan, na
borracheira e na emoción alentada polo viño e as mulleres, de terras onde habitan as
amazonas, de homes con cabeza de can que bourean en linguas antes nunca escoitadas, de
ciclopes e unicornios, de grifóns voadores con gadoupas tal aguias diañentas… Historias que
seu pai lle dixo, a única vez que se atreveu a contar da súa afección por elas, que non son
certas. Que son fantasías. Que non hai nada diso alén mar.

(O segredo de Marco Polo, Francisco Castro)


Lingua galega e literatura ESO 9
Práctica gramatical

POSESIVO

7. (suxeitadores de vós) ... xa están


1. (camisas del) ... están esfarrapadas. enxoitos.
2. (chaquetas de ti) ... son de la. 8. (calzas de nós) ... son de boa calidade.
3. (medias de nós) son moi finas. 9. Puxen unha flor ... (en lapela del).
4. Aínda non recolleron ... (calzóns deles). 10. Aqueles rapaces eran ... (amigos delas).
5. Empréstame ... (abrigo de ti). 11. Onte viñeron ... (avós de min) de Lugo.
6. Podes pendurar aí ... (chapeu dela). 12. Foi ... (culpa de ti).

2.- Completar as frases coas formas do posesivo correspondentes

1. ... home (de ti) anda embarcado.... e irmán (de ti) é un furafollas.
2. ... nena (de min)! Que má sorte tiveches!
3. ... curmán (dela) é afeccionado ao montañismo.
4. ... xoia (de min)! Canto lle quero!
5. ... madriña (del) é radioafeccionada.
6. Eses danse moi ben en ... terra (de nós).
7. Esta non é de ...banda (de vós).
8. A mosca caeu en ... redes (dela).
9. Mañá chega de Marrocos ... sobriño (de nós).
10. Os celtas non temían ... inimigos (deles).

3.- Indicar o valor das formas de posesivo que aparecen nestas frases

1. Este frigorífico custarache os seus cincocentos euros.


2. Xa andan os da clase do lado a facer das súas.
3. Polo que vexo, os teus nunca van ao fútbol.
4. Ese nunca chegará a ter casa de seu.
5. Meu queridiño, que mal o pasou!
6. O meu Carliños aínda non vai á escola.
7. Os meus sempre van no verán á praia.
8. Aquel cativo era intelixente de seu.
Lingua galega e literatura ESO 10
Práctica gramatical

CUANTIFICADORES E IDENTIFICADORES

1. Identificar os cuantificadores e os identificadores (antes chamados indefinidos)

1. O outro equipo botou demasiado tempo antes de marcar algún gol


2. Hai algúns libros que son capaces de enganchar a moitos lectores cunha pouca intriga
e bastante humor
3. Na miña clase os demais son quen de gañarme en calquera ocasión, na outra do lado
non hai ninguén que se atreva
4. Eses son os mesmos que nos visitaron en ambos os casos
5. Apareceron unhas cantas gaivotas e invadiron varias das mesas do bar
6. A determinadas persoas téñolles pouca consideración e non as aturo moito tempo
7. Os tales rapaces son de coidado, eu mesma me enfadei con eles en abondas ocasións
8. Elas son tantas que non collen nese autobús, teñen que buscar outro con algúns
asentos máis
9. Alguén comentou que todos os cativos teñen os mesmos dereitos aínda que a algúns
non llelo pareza
10. Foron as propias xogadoras as que lle dixeron ao árbitro que errara en varias
decisións

2. Encher os ocos usando mesmo, propio, tal, demasiado, ambos, algún, ningún,
alguén, ninguén, calquera, cadaquén, quenquera, outro, certo

1. ... que te vise, diría que vas espido.


2. Foron as ... que da outra vez.
3. Traballar para ... é máis custoso que ter un traballo ...
4. ... cho contaría, que ti non o sabías.
5. Viñeron ...dúas con ... amigas.
6. ... que fose, ía laiándose coma un can.
7. ... ten que apandar coas súas obrigas, ou como din ... coa súa cruz.
8. En ... sitios chove máis que en ...
9. Cando atacou o inimigo, o pánico foi ... que ... ata perderon os zapatos.
10. ... parece culpábel, mais ten que ser ... dese grupo.
11. En ... tenda venderancho polo ... prezo.
12. ... que fose vai quedar sen castigo.
Lingua galega e literatura ESO 11
Práctica gramatical

NUMERAIS, INTERROGATIVOS, RELATIVOS

1.- Encher os ocos coas formas QUE, QUEN, CAL, ONDE, ULO, CANTO

1. Eles non son ... de dicirche iso.


2. Os ... queiran, que marchen xa.
3. ... che inventou ese alcume?
4. ... hai fume, hai lume.
5. As angueiras son as ... acaban con ela.
6. ... era o ... estaba axexando?
7. Construíron un xardín ... dá xenio velo, o ... é bastante raro nesta cidade.
8. Non eran eles ... andaban roufeñando toda a noite.
9. De ... viñas onte a aquelas horas da noite?
10. Vendeu ... lle deixaron os pais.
11. ... pasaxeiros van nese avión?
12. ... eran os xogadores ... gañaron o mundial de 2010 de fútbol?
13. Sempre vivín ... quixen, non ... me obrigaron
14. ...-los euros que che deixei onte?
15. Agora hai moitos chineses ... falan galego, son os ... veñen traballar aquí
Lingua galega e literatura ESO 12
Práctica gramatical

EXERCICIOS 5 pronome persoal

Exercicio 1
Nas seguintes oracións coloca o pronome átono onde corresponda, tendo en conta a
negación, a entoación e se a oración é simple ou composta. Xustifica a túa elección

1. Que cousas ……… dixo ………! (lle)


2. Como ………… puxo …………! (se)
3. Non ………… fagas …………iso. (nos)
4. Moito ………… repetín ………, pero nunca …… fixo …… caso. (llo, me)
5. Di ……… a verdade, que eles ……… queren ……… ben. (lles, te)
6. Nunca …… dixo ……… nada que …… molestase ………(lles, os)
7. Mal raio ……… parta ………! Eu non ……… aturo ……. (te, te)

Exercicio 2
Coloca o pronome átono onde corresponda. Xustifica a túa elección

1. Ninguén ……… fará ………… cambiar de opinión. (me)


2. Ningunha compensación …………… resarciría ……… desa perda. (vos)
3. Ningún dos amigos ……… abandonou…… naquel transo. (a)
4. Eses ovos ……… facían ……… unha boa tortilla. (che)
5. Non ……… ……… gustan……… os doces. (che) , (me)
6. Señores, eses ……… son ………… perigosos. (lles)
7. Señora, ………… son ………… ben bos estes grelos. (lle)
8. Todo ………… foi ……… un invento dela. (che)

Exercicio 3
Cambia por un pronome o CI e/ou o CD polo pronome persoal de 3ª persoa. Coloca o
pronome átono no lugar adecuado.
Exemplo: Vendeu unha navalla aos turistas
Paso 1: Vendeu unha navalla aos turistas > vendeuna aos turistas
Paso 2: Vendeu unha navalla aos turistas> vendeulles unha navalla
Paso 3: Vendeu unha navalla aos turistas > (vendeu + lles+ a ) vendéullela
1. Contamos aos nosos pais o que nos pasara na festa.
2. Non dixo toda a verdade á filla.
3. Iso trouxo a el problemas.
4. Terás que levar ao oculista os lentes vellos.
5. Has entregar ao profesor o traballo en limpo.
6. Non deas a eles o que non che deron a ti.
7. Deu un bico aos pais pola mañá.
8. Amosei aos visitantes os museos da cidade.
9. Sempre traio ese cuestionario aos alumnos.
10. Deu un premio aos fillos.
Lingua galega e literatura ESO 13
Práctica gramatical

Exercicio 4
Cambia por un pronome o CI e mailo CD, facendo as contraccións que cumpra. Coloca o
pronome átono no lugar adecuado

1. Sirve o caldo aos teus irmáns.


2. Fai os deberes á súa irmá porque ela non sabe.
3. Di a verdade a estes homes.
4. Tróuxolles un regalo ben bonito.
5. 5. Ensinou ós alumnos todo canto sabía.
6. Darei a ela todo canto me pidas.
7. A vostede non lle quero esas nabizas.
8. Quen dera este pastel a elas!
9. Non fagas ese feo a el.
10. Hei dar a elas todo o meu.

Exercicio 5
Corrixe os erros das oracións seguintes explicando o porqué.

1. Me parece que desta aprendinme a colocación do pronome.


2. Non che vin onte no cine.
3. Non se o prestes, que mérqueo ela.
4. Dime quen che o fixo.
5. Me verás ou non me verás.
6. Vos tedes que ir de contado.
7. Paréceme que estaste metendo de máis.
8. Díxolles que axudaríaos.
9. Se vésme pedir axuda, vaite agora mesmo.
10. Os acabei, os exercicios, por fin!
Lingua galega e literatura ESO 14
Práctica gramatical

TEXTO
Agora Dombodán mete, a man no avultado peto do pantalón. Debe chegarlle aos
xeonllos. Quen sabe o que pode sair de ai? Cábelle un año, polo menos. Vai poñendo o
mostrario de abalorios encima da lousa. Unha navalla, castañas, tiras de coiro, cordeis,
seixos con forma de ovos, fundas de cartuchos de diferentes cores, unha lanterna, un
rabo de coello, un calendario dunha supertía en pelotas (Ha!), outro calendario da Virxe,
un chaveiro do Real Madrid, plumas de páxaro, doas de vidro, un dente de xabaril. E un
pano, un pano de cores que non acaba nunca. Dame co puño no ombro e sinala o seu
patrimonio.
- Para mín?
- Ha.
- Queres que escolla, algo?
- Ha.
- Home Dombodán! Non podo. Son túas, entendes?; son cousas túas. O segundo
puñazo estivo a punto de dislocarme os osos. Dombodán quere que escolla algo en sinal
de amizade e teréi que decidirme se non quero sair malparado.
- Ben. O rabo do coello. Din que lle trae boa sorte.
- Ha
Supoño que debo darlle algo a cambio. Remexo nos petos. Non teño nada, nin un
peso. Dombodán sinala a miña insignia. A estrela do Exército Vermello. Doe
desprenderse dun tesouro así. En fin. O burro miranos divertido. Ten unha orella tesa e
outra caída, fora de servizo. Como fará para movelas por separado?
- Mira Dombodán, mira como ando. Esta perna é máis curta ca outra.
- Hmmm.

Manuel Rivas: Os comedores de patacas. Ed.Xerais de Galicia

CUESTIÓNS

1. No texto hai acentos gráficos mal colocados, ponos correctamente


2. Sinala os pronomes persoais do texto diferenciando entre tónicos e átonos.
3. Mira se os pronomes persoais átonos que acompañan un infinitivo poden ocupar
outro lugar na frase; en caso afirmativo di o porqué.
4. Cambia os pronomes persoais de 1ª persoa por outros de 2ª.
5. Explica a quen van referidos os pronomes persoais que están no texto.
6. Sinala os posesivos e analiza os casos do posesivo en segunda persoa.
7. Distingue os indefinidos e identificadores do texto.
8. Hai dous interrogativos no texto: un pronome e un adverbio; sinálaos.
9. Sinala os relativos que vexas no texto.
10. Hai un numeral no texto. Sinálao, clasifícao e di outros numerais que se refiran a
mesma cantidades
Lingua galega e literatura ESO 15
Práctica gramatical

EXERCICIOS 5 -o verbo-
1.- Poñer o verbo que vai entre paréntese no pretérito de indicativo

1. (HABER)... aquela catástrofe ecolóxica antes de vivirmos na Coruña.


2. Xa (ESTAR)... na casa antes de reformala.
3. (FACELO)... tan ben que non me decatei.
4. Xa o (SABER)... el antes de que eu llo lese en Tempos Novos.
5. Daquela vez (DETERME)... para evitaren riscos.
6. Díxome que o (QUERER)... rachar onte.
7. Parecíalle que cando (VIR)... a outra vez estaba máis rexo.

2.- Poñer o verbo que vai entre paréntese no antepretérito de indicativo ou


pretérito de subxuntivo, segundo corresponda

1. Se o (SABER)... antes, xa non viriamos.


2. Non chegaba aínda que se (PÓR)... de pé.
3. Dixo que (IR)... xa alí varias veces.
4. Contáronme que (DICIR)... cousas moi interesantes.
5. Cando os colleron xa se (INTRODUCIR)... na fraga.
6. Por moitos cartos que (TER)... non o poderían pagar.
7. Antes de chegaren xa os outros (DESAPARECER)...
8. Aínda non (VIR)... cando nos puxemos a comer.
9. Díxome que (FACER)... varios recados.
10. Se mo (DAR)...a min non se perdería.

3.- Encher os ocos usando os verbos facer, oír, dicir, querer

1. “Que saia, quen ...”, ... o profesor.


2. ... bo ou mao tempo, ... ese traballo.
3. Falabas baixiño, mais ...che todo o que ...
4. Brais ... as túas palabras con respecto, como ... sempre que ti falas.
5. ... acender o coche e non puideron, ... falta procurar un mecánico.
6. A onde vaias, ... o que vexas facer e ... o que oias dicir.
7. Sempre te ... como hoxe, meu amor; ... o que ti mandes, mesmo ... só os CD que a
ti che gusten.

4.- Encher os ocos usando os verbos vir, ver , ter, ser

1. Cando o ... dille que ... moito coidado, porque está todo acabado de pintar.
2. Daquela ... todos os días á miña casa e contábame uns contos que ... moita graza.
3. Aínda que o ... diante, non o recoñecería, a non ser que ... contigo.
4. Se non o ... con estes ollos, non o crería, por moi certo que ...
5. Cando cheguei, xa el ... aquí dúas veces e antes ... que pasar pola túa casa.
6. Xa ... cando poida, hoxe ... moito que facer.
7. Onte non ... sorte, outra vez ...
Lingua galega e literatura ESO 16
Práctica gramatical

5.- Escribe o tempo correspondente

Caber: 2ª,pretérito de indicativo


Estar: 4ª, infinitivo conxugado
Dar: 2ª, pretérito de indicativo
Facer: 3ª, presente de indicativo
Dicir: 5ª, antepretérito
Caber: 2ª, futuro de indicativo
Estar: 5ª, futuro de subxuntivo
Facer: 4ª, pospretérito
Dar: 4ª, presente de subxuntivo
Caer: 5ª, pretérito de subxuntivo
Caber: 1ª, presente de indicativo
Dar: 3ª, presente de indicativo
Facer: 2ª, imperativo
Facer: 6ª, antepretérito
Haber: 2ª, presente de subxuntivo
Estar: 4ª, pretérito de subxuntivo
Dar: 3ª, pretérito de indicativo
Haber: 2ª pretérito de indicativo
Dicir: 3ª. presente de indicativo
Lingua galega e literatura ESO 17
Práctica gramatical

VERBOS REGULARES/

Horizontais
1. P5 do PRETÉRITO de indicativo de traducir
6. P5 do PRETÉRITO de indicativo de producir
9. P1 do PRETÉRITO de subxuntivo. de abalar
10. P2 do PRETÉRITO de indicativo de andar
11. P6 do PRESENTE de Indicativo do verbo roer
12. P1 do PRESENTE de indicativo. de conducir
13. P3 do ANTEPRETÉRITO de luír

Verticais
2. P2 do PRETÉRITO de indicativo do verbo comer
3. P2 do IMPERATIVO de estudar
4. P4 do PRETÉRITO / PRESENTE de indicativo do verbo coller
5. P6 do COPRETÉRITO de indicativo. de esparexer
7. P4 do PRESENTE de subxuntivo de obedecer
8. P6 do FUTURO de indicativo de upar
9. P3 do PRETÉRITO de indicativo do verbo andar
10. P1 do PRETÉRITO de indicativo do verbo andar
Lingua galega e literatura ESO 18
Práctica gramatical

ALTERNANCIA VOCÁLICA E/I

Horizontais
3. Conseguir. P3 presente de indicativo. 36. Diferir. P2 presente de indicativo.
4. Servir. P2 Imperativo. Verticais
6. Advertir. P3 presente de indicativo. 1. Ferir. P2 Imperativo.
8. Sentir. P3 presente de indicativo. 2. Resentir. P3 presente de indicativo.
10. Proseguir. P3 presente de indicativo. 3. Consentir. P3 presente de indicativo.
11. Desmentir. P6 presente de indicativo. 5. Espir. P3 presente de indicativo.
12. Conseguir. P2 Imperativo. 7. Dixerir. P2 presente de indicativo.
14. Espelir. P2 presente de indicativo. 9. Reflectir. P6 presente de indicativo.
18. Revestir. P6 presente de indicativo. 10. Proferir. P6 presente de indicativo.
20. transgredir. P3 presente de 13. Servir. P3 presente de indicativo.
indicativo. 15. Conseguir P2 presente de indicativo.
22. Asentir. P3 presente de indicativo. 16. Inxerir. P6 presente de indicativo.
23. conferir. P3 presente de indicativo. 17. Mentir. P2 Imperativo.
24. ferir. P3 presente de indicativo. 19. Sentir. P2 presente de indicativo.
27. Perseguir. P3 presente de indicativo. 21. Seguir. P2 presente de indicativo.
29. Sentir. P6 presente de indicativo. 22. Asentir. P2 Imperativo.
30. Malferir. P6 presente de indicativo. 25. Servir. P6 presente de indicativo.
31. Ferir. P2 presente de indicativo. 26. Competir. P3 presente de indicativo.
32. Adherir. P2 presente de indicativo. 28. Referir. P2 presente de indicativo.
33. Suxerir. P6 presente de indicativo. 29. Servir. P2 presente de indicativo.
34. Mentir. P3 presente de indicativo.
35. Mentir. P2 presente de indicativo.
Lingua galega e literatura ESO 19
Práctica gramatical

SEMIREGULARES E/OU REGULARES

Horizontais
1. Unir. P2 Presente de indicativo. 24. Tremelucir. P3 presente de Indicativo.
2. Fuxir. P6 presente de Indicativo. 26. Durmir. P2 imperativo.
4. Sacudir. P2 imperativo. 27. Seducir. P6 Presente de indicativo.
5. Ulir. P1 do presente de indicativo. 28. Esculpir. P6 Presente de indicativo.
6. Asumir. P2 Presente de indicativo. 31. Tusir. P2 imperativo.
7. xurdir. P3 presente de Indicativo. 34. Nutrir. P3 Presente de indicativo.
8. Acudir. P2 imperativo. 36. Engulir. P2 presente de Indicativo.
9. Encubrir. P3 presente de Indicativo. 37. Urdir. P3 presente de Indicativo.
11. Pulir. P2 presente de Indicativo. 38. Xunguir. P6 presente de Indicativo.
13. Subir. P2 presente de Indicativo. 39. Curtir. P6 Presente de indicativo.
15. Xurdir. P6 presente de Indicativo. 40. Acudir. P3 presente de Indicativo.
17. Ulir. P2 presente de Indicativo. 41. Ulir. P6 presente de Indicativo.
18. Deslucir. P2 presente de Indicativo. 42. Esculpir. P3 Presente de indicativo.
21. Cuspir. P6 presente de Indicativo. 43. Cuspir. P2 imperativo.
Verticais
1. Urxir. P2 Presente de indicativo. 20. Lucir. P6 presente de Indicativo.
2. Fuxir. P2 presente de Indicativo. 22. Sufrir. P3 presente de Indicativo.
3. Sacudir. P6 presente de Indicativo. 23. Gruñir. P6 Presente de indicativo.
4. Sacudir. P2 presente de Indicativo. 25. Reducir. P6 Presente de indicativo.
10. Consumir. P2 presente de Indicativo. 26. Diminuír. P3 Presente de indicativo.
12. Cubrir. P2 presente de Indicativo. 29. Conducir. P3 Presente de indicativo.
14. Sumir. P3 presente de Indicativo. 30. Presumir. P3 Presente de indicativo.
16. Cuspir. P2 presente de Indicativo. 32. Xunguir. P2 presente de Indicativo.
18. Destruír. P2 Presente de indicativo. 33. Bulir. P3 presente de Indicativo.
19. Durmir. P2 presente de Indicativo. 35. Ruxir. P3 presente de Indicativo.
Lingua galega e literatura ESO 20
Práctica gramatical

PARTICIPIOS

Verticais
2. Participio truncado de descalzar.
Horizontais 3. Participio forte de coller.
4. Participio forte de torcer.
1. Participio forte de moer. 5. Participio truncado de preñar.
8. Participio forte de toller. 6. Participio forte de envolver.
9. Participio forte de nacer. 7. Participio truncado de calmar.
12. Participio forte de arrepentir. 10. Participio truncado de espertar.
14. Participio forte de escoller. 11. Participio forte de comer.
18. Participio forte de revolver. 13. Participio forte de encender.
19. Participio truncado de suxeitar. 15. Participio truncado de soltar.
20. Participio truncado de zafar. 16. Participio forte de acender.
21. Participio truncado de cansar. 17. Participio truncado de pagar.
22. Participio forte de volver.
Lingua galega e literatura ESO 21
Práctica gramatical

Encrucillado / irregulares
Lingua galega e literatura ESO 22
Práctica gramatical

Horizontais 42. Traer. P2 pretérito indicativo.


1. Ter. P3 do pretérito de indicativo. 44. Valer. P1 presente de indicativo.
3. Caber. P1 do presente de indicativo. 45. Estar. P1 do antepretérito de indicati.
10. Dicir. P6 do presente de subxuntivo. 47. Ser. P2 do presente indicativo.
11. Caber. P3 do pretérito de indicativo. 48. Poder. P1 do presente de indicativo.
12. Haber. P4 do presente de subxunt. 49. Ser. P5 do pretérito de indicativo.
13. Pór. P3 futuro de indicativo. 55. Saber. P1 do presente de indicativo.
15. Querer. P1 do presente de indicat. 56. Querer. P1 do futuro de indicativo.
17. Poder. P3 do pospretérito. 57. Dicir. P6 do pospretérito de indicativo.
18. Parir. P1 do presente de indicativo. 58. Ver. P1 presente subxuntivo.
23. Estar. P1 do pretérito de indicativo. 60. Parir. P1 do presente de subxuntivo.
24. Traer. P4 do presente de subxunti. 63. Saber. P2 do pospretérito.
25. Estar. P1 do presente de subxuntivo. 64. Ter. P6 do presente subxuntivo.
27. Vir. P4 Copretérito de Indicativo. 65. Saber. P1 do pretérito de indicativo.
28. Estar. P5 do imperativo. 66. Poder. P6 do pretérito de subxuntivo.
33. Pracer. P3 do antepretérito. 68. Vir. P3 presente subxuntivo.
34. Pór. P1 do pretérito de subxuntivo. 69. Haber. P4 presente de indicativo.
35. Dicir. P6 do presente de indicativo. 70. Ser. P2 do pretérito indicativo.
36. Pór. P4 presente indicativo. 72. Saber. P3 do futuro de indicativo.
37. Dar. P2 do pretérito de indicativo. 73. Ser. P2 do presente subxuntivo.
38. Dar. P5 do presente de indicativo. 74. Traer. P1 do pospretérito.
39. Ir. P4 do copretérito.

Verticais 31. Pór. P4 do copretérito.


2. Ir. P3 do presente de subxuntivo. 32. Facer. P1 do pretérito de indicativo.
3. Caber. P3 do pretérito de subxuntivo. 33. Poder. P2 do pretérito indicativo.
4. Ir. P4 do presente de indicativo. 40. Pór. P5 do pospretérito.
5. Facer. P1 do presente de Indicativo. 41. Pracer. P1 do presente de indicativo.
6. Vir. P3 pretérito Indicativo. 43. Estar. P1 do presente de indicativo.
7. Pracer. P3 do pretérito indicativo. 46. Pór. P6 do presente indicativo.
8. Ver. P4 copretérito indicativo. 50. Saber. P6 do presente de subxuntivo.
9. Ver. P4 pretérito subxuntivo. 51. Vir. P1 antepretérito.
11. Caber. P1 do presente de subxuntivo. 52. Dar. P5 do presente de subxuntivo.
12. Haber. P3 do pretérito de subxuntivo. 53. Dar. P5 do pretérito de subxuntivo.
13. Pór. P3 do presente de subxuntivo. 54. Traer. P2 do imperativo.
14. Parir. P2 do presente de indicativo. 55. Ser. P2 do imperativo.
16. Ter. P4 do copretérito de indicativo. 56. Querer. P6 do pretérito de subxuntivo.
18. Poder. P1 do presente de subxuntivo. 57. Dicir. P6 do copretérito de indicativo.
19. Ver. P3 pretérito indicativo. 58. Valer. P3 pretérito indicativo.
20. Dar. P3 do pretérito de indicativo. 59. Haber. P1 do pretérito de indicativo.
21. Facer. P6 do presente de indicativo. 61. Ter. P6 do antepretérito.
22. Ser. P5 do pretérito de subxuntivo. 62. Facer. P2 do pospretérito.
24. Traer. P4 presente de subxuntivo. 63. Saber. P3 do antepretérito.
26. Dicir. P6 do pretérito de indicativo. 67. Ir. P4 do imperativo.
29. Dar. P5 do pretérito de indicativo. 71. Haber. P1 presente de indicativo.
30. Querer. P5 do pretérito de indicativo.
Lingua galega e literatura ESO 23
Práctica gramatical

Exercicios 7 - preposición, conxunción e adverbio

preposición

1.- Completa as frases coas preposicións adecuadas

1. Non estou contenta ... o coche, estou disposta ... cambialo ... outro, se o podo
mercar ... mesmos cartos.
2. vaqueiro sacou ... pistola e preparouse ... o asalto.
3. Entón non se preocupaba ... nada, só tiña interese ... pasalo ben.
4. Sorprendeuse ... a miña xogada e púxose ... mirar ... o compañeiro .... cara seria.
5. Fixo un estudo ... o subsolo ... a bisbarra e viu que era pobre ... ferro e carbón.
6. Manqueime ... unha perna e non teño ganas ... traballar nin creo que fose
beneficioso ... a ferida.
7. Xa están fartos ... loitar .... o racismo, mais teñen .... continuar aínda moito tempo.
8. Os que falaron mal ... el, que se ateñan ... as consecuencias e se deixen ... andar ... a
orella agachada.
9. Hai un señor que pregunta ... Pedro, quere falar ... el ... participaren xuntos ... un
negocio.
10. Está ansioso ... esquecerse ... o asunto e acabar dunha vez ... os remorsos que lle
produce.
11. Anda ... apañar ... os tomates, que é ... o que vive, mais logo virá xa que ten que
coidar ... a tía que está ... a cama hai dous anos.
12. Gústalle tanto o baile que soña ... ser un cantante famoso e saír ... a televisión.
13. Lembreime ... ti porque seica tes influencia ... o consello ... administración.
14. Olla o neno, está agarrado ... a mesa roendo ... unha onza de chocolate e xa tirou ...
o pan ... o chan.
15. Deixa ... bater ... a porta e tocar a campaíña que vas abouxar os veciños.
Lingua galega e literatura ESO 24
Práctica gramatical

Adverbio

1.- Sinala os adverbios e locucións adverbiais e buscar sinónimos de cada un

1. Sen dúbida caerá auga a mares e, ao mellor, nin poderemos ir ao traballo.


2. De camiño que limpas os cadros, podes endereitalos, que torcen abondo.
3. Esa lámpada manda ben pouca luz; ás veces, á tardiña xa parece que é noite pecha.
4. Seica te divertiches moito onte, case era día e aínda non querías ir para a cama.
5. Agora vive lonxe e nunca chega cedo á oficina, mais despois, co de présa que se
move, recupera o perdido.
6. Como as queres? –Quéroas moi crúas.
7. Vai de vagar, que Melide está preto e, se corres demasiado, quizais non chegues
nunca.
8. Antonte contaba o avó como antano nos fiadeiros sempre había un pillabán que
mataba a luz do candil para andar ás apalpadelas.
9. Tamén mo dixo a min de contado. Era entre lusco e fusco e eu estaba alí na solaina
sentado á sombra.
10. Non teño gato e tampouco uso raticidas. Aquí nesta casa, os ratos píllanse ás
carreiras, logo fáiselles un xuízo xusto e cúmprese a sentencia.
11. Fuches antes alí? –Fun, abofé que me lembro ben!
12. Saíndo á esquerda, á beira da parede é onde deixan decote o lixo.
13. O profesor puxo ceros a eito, fíxoo de mantenta e a tergo porque a avaliación xa
está aí.
14. U-las cereixas? Están aí fóra, non as deixei dentro porque ía moita calor; xa que
acabaches, adiante, vailles tirando o rabo que eu estou canso e teño que marchar
axiña.
15. Para onde vas? –Vou para ningures, sabichón!

2-Substituír as palabras en cursiva por un adverbio.


Por exemplo, mete iso no interior: mete iso dentro

1. Neste momento xa estou preparado para o exame.


2. É fácil que se cure de todo.
3. Se o fas desta maneira, entenderalo mellor.
4. Píntao da forma que queiras.
5. Bebeu en abundancia e non pode conducir.
6. En todo momento está listo para ir a onde o chamen.
7. Déixao naquel lugar.
8. Non sabes o que me gusta erguerme a primeira hora.
9. Colócamo nesta cadeira.
10. Non sei se irei, o Cebreiro está a bastante distancia.
11. Vou en bicicleta, que Marín está a pouca distancia.
12. Creo que o deixei sobre a mesa.
13. Vai andando sen apurarte para faceres tempo.
14. Naquel tempo, os xornais na vendima eran moi baixos.
15. Naquela sala de Trasalba había grande cantidade de libros.
Lingua galega e literatura ESO 25
Práctica gramatical

Conxuncións
1. Subliña e indica que tipo de conxunción subordinante atopas en cada un dos
seguintes enunciados:
1. Luís díxonos que mañá fará unha festa.
2. Luís díxonos a quen se lle fai a festa.
3. Convén que comentes a todos o da festa.
4. Luís avisounos de que ía facer unha festa.
5. Teño medo de que chegue a noite.
6. Fiz está encantado con que o visiten.
7. Chegaremos antes de que saia o sol.
8. Esa é unha novela que non se publicou.
9. Esa é a novela da que falei.
10. Luís fixo a festa como lle gustaba.
11. Luís fixo a festa onde lle deixaron os seus pais.
12. Luís fixo a festa cando cumpriu quince anos.
13. Pintei esa parede como a ti che gusta.
14. Os veciños din que agora vive alí outro inquilino.
15. Este é o anel que eu buscaba.
16. Se non queres, non veñas.
17. Eles sempre van a onde queren.
18. A idea de que viñese non lle gustaba.
19. Hoxe falei do que a ti che interesaba.
20. Cando subas, avísame.

You might also like