You are on page 1of 2

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA (3º ESO)

COLEXIO PLURILINGÜE
COMPAÑÍA DE MARÍA
A CORUÑA

1. Di se son masculinos ou femininos os seguintes substantivos:


arte noz atlas culler garaxe
poema cárcere cinceiro análise cadela
costume ponte lume peaxe humor
talismán dor orde xénese traxe
cume ubre ra mel fe
cor val dote sebe sorriso
sinal énfase viaxe orixe marxe
calor aula cofre puré grilo
carne pixama ferruxe leite be
árbore nariz sal color labor
cal café ele aguia mar
sangue paisaxe síndrome couce auga

2. Escribe as seguintes oracións en feminino:


 O león é o rei da selva.
 Este neno é un nugallán.
 Os palestinos e os xudeus algún día se entenderán.
 Gústanme os froitos temperáns.
 Coñecín un ancián castelán.
 Os artesáns cataláns son os capitáns da industria téxtil.
 O meu curmán muradán xa está san.
 Os pagáns e os cristiáns teñen pouco en común.

3. Pasa para o masculino estas oracións:

 A cirurxiá do hospital de Lugo díxolle á miña irmá que debía descansar.


 A túa neta é unha pillabana e unha mentirana.
 As personaxes facían o papel de puritanas e rufiás.
 A capitá da embarcación alemá era vexetariana.
 Estivo moito tempo doente mais agora xa está sa.

4. Escribe o feminino e o masculino correspondente das seguintes palabras:


artesán humanas tecelán
Insán rufiás escribán
capitán ourensás cristián
lacazán anciás ermitán
urbano anglicanas curmán
folgazán larpán venezolano

5. Pon en feminino as seguintes oracións:


 Os italianos e os alemáns teñen o mesmo capitán.
 O teu curmán é un aldeán moi simpático.
 Ese escribán estivo falando con ese charlatán e así van as cousas.
 É bo rapaz, pero un pouco abusón, ás veces.
 Os bretóns resultaron ser os campións despois de moitas xornadas.
 Parece mentira que un ribeirán e un afgán se entendan tan ben.
 Os leóns do zoo parecen estar hoxe algo intranquilos.
6. Pon en plural.
bucal vermú control decimal
sen vivaz parasol chal
pub nasal rubí cortés
raíz mísil robot caracol
poxa atlas iceberg bambán
carril chuchamel álbum inútil
oasis chapeu xel estéril
ril lugués lapis cartafol
xiz coñac virus ser
mensual gabán pastel cosmos
dúplex venres fax hippy
ballet paracaídas réptil raíl

7. Pasa para o plural as seguintes palabras simples:


infantil: áxil: deus: israelí: rei:
bocoi: débil: control: cóxegas: real:

8. Pasa para o plural as seguintes palabras compostas:


pan de sapo: gardalama: garda civil:
socio-político: estrela de mar: pita do monte:

You might also like