You are on page 1of 1

Tema 7: As Primeiras Civilizacións urbanas (Exipto)

Tarefas semana (30 marzo- 3 abril) Seguimos co tema 7: EXIPTO

1ª SESIÓN: Apartado 4 (Exipto: o país do Nilo)


Le o apartado 4 do teu libro
Tes que ver o vídeo 2 e resumir o seu contido no teu caderno. No teu resumo tes
que abordar os seguintes temas:
Importancia do Nilo
Sociedade
Escritura
Pirámides
Arte
Aportacións científicas
Fin do Imperio
Tes que ver a Animación 2 (Cronoloxía de Exipto) e realizar no caderno unha liña
cronolóxica da evolución política de Exipto (debe aparecer o nome de cada etapa e
unha característica de cada unha).
Realiza o exercicio 3 no ordenador

2ª SESIÓN( Apartado 5: Cultura e arte exipcia)

Le o apartado 5 do libro e contesta no caderno:

1. Cales foron as principais aportacións culturais de Exipto?


2. Como era a relixión de Exipto?

Entra no enlace Rito Funerario e resume como era este rito no teu caderno
Le o apartado da Arte e contesta no caderno
1. Cales eran as características da arquitectura exipcia?
2. Nomea os distintos tipos de construcións funerarias e explica cada un deles.

3ª SESIÓN (Para rematar)

Realiza no ordenador os exercicios de Reforza e Avalíate do apartado Ao Peche

Entra no PDF Textos e busca un texto titulado: As Pirámides, como puideron facelas?:
le o texto e contesta as cuestións no teu caderno

You might also like