You are on page 1of 3

BOLETÍN DE ACTIVIDADES

O PRONOME PERSOAL

1. Identifica nos seguintes exemplos o pronome persoal e sinala a súa función (SUX, CD ou CI):
1.1. Quen vos dixo iso?

1.2. Eu encontrareivos na casa almorzando cando chegue

1.3. Elas nunca volo dirán!

1.4. Ti non mas poñas aí que molestan

1.5. Nosoutros démosllelas porque non nos servían

1.6. Ti escribe o que che pareza

1.7. Déillelas porque non me servían

2. Transforma as oracións empregando o pronome de cortesía:


2.1. Sempre che tiven moita admiración

2.2. Púxenvos uns poucos exercicios para que os fagades vós durante a suspensión de clases

2.3. Xosé vaite mercar un agasallo polo teu aniversario, polo ben que te portaches con el

2.4. María, esquéceo, non te van contratar se segues demostrando desinterese polo traballo

3. Coloca nos espazos en branco o pronome persoal adecuado e facendo os cambios necesarios:
3.1. … (3ª pers.sg.) é tan alto coma … (1ª pers.) e … (2ª pers. pl.) sodes máis baixos ca … (1ª pers. pl.)

3.2. Non irá con… (2ª pers. sg.) que virá con … (1ª pers. pl.)

3.3. Poderían … (1º pers.sg.) contestar…, se fosen tan amables?

3.4. Íde… (P2sg) preparando, rapaces, que … (P3pl) xa están listas.

4. Coloca o pronome TE e/ou CHE no lugar que corresponda. Os lugares posibles están marcados co
asterisco:
4.1. Nunca esquecerei como (*) ollou (*) fixamente

4.2. Foi el quen (*) levou (*) a Cangas?

4.3. A cámara non (*) enfocou (*) como esperabamos, hai que repetir

4.4. (*) Vou (*) quentar (*) a auga (*) para que (*) poidas (*) bañar (*) axiña

4.5. Moito (*) preocupaches (*) cando (*) dixeron (*) que (*) tiñas (*) que (*) poñer(*) diante para a
foto
4.6. (*) Vou (*) dar (*) unha boa noticia

4.7. (*) Baixarei (*) as caixas, xa que ti non (*) podes (*) mover (*)

4.8. (*) Falarei (*) logo disto

4.9. Cando (*) viron (*) ao lonxe, (*) asubiaron (*), pero como non (*) escoitabas (*) chamaron (*)
forte

4.10. Non (*) falarei (*) como non mo traias

5. Transforma as mesmas oracións do exercicio anterior utilizando os pronomes persoais átonos de


terceira persoa.

6. Coloca correctamente o pronome que vai entre parénteses:


6.1. Colleu con moito coidado (a)

6.2. Axiña vou baixar ao parque (os)

6.3. Coronavirus chaman a esta nova enfermidade (lle)

6.4. Nada sabe mellor que unhas boas papas de arroz (me)

6.5. Quizais o diga antes de marchar (che)

6.6. Quizais che diga antes de marchar (o)

6.7. Probablemente teñas que dicir que non vas (lle)

6.8. Mirade que a vós non dixeron que tiñades que estar alí ás tres (vos)

6.9. Non queren que digas a verdade (lles)

6.10. Non sabía onde estaba, pero atopei enseguida (a)

7. Substitúe os CD e os CI polos seus pronomes persoais átonos de terceira persoa facendo as


contraccións precisas:
7.1. Sempre mercou os xoguetes ás fillas

7.2. Hoxe expliquei as tarefas ao alumnado

7.3. O médico recomendou unha dieta moi estrita ao paciente

7.4. Pintaches as letras aos indicadores das portas?

7.5. Comentou o problema aos inquilinos do terceiro piso

7.6. Levaba o bolso aberto e perdeu a carteira

7.7. Mostrei os asentos aos convidados

7.8. Direi ás amigas o lugar onde quedamos

7.9. Direi á amiga o lugar onde quedamos

7.10. Direi ás amigas os lugares onde quedamos


8. Corrixe os erros que atopes nas seguintes oracións:
8.1. Veu con nós á festa e despois marchou coeles para casa

8.2. Nos deron hoxe os aviso onte e mañá irémoslles entregar o regalo

8.3. Déixaslo fóra?

8.4. Me viñeron esperar á estación

8.5. Ustedes dirán o que queiran, mais eu non móvome de aquí

8.6. Nunca vino tan triste desde que déronnolo

8.7. Eu te avisei, logo non cúlpesme

8.8. A pelota che pasou rozando a cabeza

8.9. Me parece que desta aprendinme a colocación do pronome

8.10. Non che vin onte no cine

9. Traduce os seguintes enunciados:


9.1. No se lo comentes a tus padres

9.2. Dínoslo a nosotros antes de que tengas que confesárselo a ellos

9.3. No se lo des, mejor que te lo pidan

9.4. Olvídalo, pues tendremos que llevárnoslo

9.5. Os lo cuento porque quiero que lo sepáis

9.6. A ellos se lo entregaron ayer y a vosotros os lo darán mañana

9.7. Te trajimos lo que te habías dejado olvidado en mi casa

9.8. Te digo que no, que no te espero más

9.9. No se lo supieron contar y ellos quedaron sin saberlo

9.10. ¿Te llamaron para comunicarte el motivo de su ausencia?

10. Coloca, sempre que sexa posíble, o pronome SE no lugar que lle corresponda:
10.1. Nunca ... arrepentiu... e anos despois ... marchou... de alí.

10.2. Agora ... queixa... porque ... casou ... moi novo.

10.3. Aquí ... falou... moito del cando ... morreu...

10.4. Cando ... foi... da cidade non ... atreveu... a ... despedir...

10.5. ...deixou... estar sentado porque xa non ... vía... o sol.

10.6. ...lavou... as mans antes de ... comer... unha ameixa.

10.7. Este ano ... lembrou... de min e ... puxo... a facer o roscón a tempo.

10.8. ...espertou... cedo, ... ergueu... da cama, ... peiteou... e ... botou... á rúa.

10.9. Como ... ri... o condenado!, ... merece... un bo premio.

10.10. Con este frío ...vai... conxelar... a auga da traída.

You might also like