You are on page 1of 10

1. Pensa na foto dunha paisaxe, debúxaa e escribe a súa descrición.

Utiliza expresións de orde e de lugar, como á dereita, no centro,


pola esquerda, arriba... Fíxate nos puntos e nas maiúsculas.

2. Subliña en cada oración o suxeito e rodea o seu núcleo:


Os barcos pesqueiros saen do porto moi cedo.
As nenas da praia fixeron un castelo de area enorme.
Veñen hoxe os tíos de Brais?
No medio da praza, a pintora facía retratos da xente.
• Como se chama a parte da oración que non subliñaches?

• Escribe o núcleo do predicado de cada unha das oracións


anteriores.
3. Elixe as palabras adecuadas de cada columna e forma oracións.
Despois, subliña con distintas cores o suxeito e o predicado:
Os irmáns de Pedro xogaba unha estrela de mar.
Sara colleron ás pas con Nico.
Alberto pescaban sen flotador.
Xosé e Mariña xa nada coa cana nova.

4. Volve escribir este texto, poñendo os puntos e as maiúsculas


necesarios:
non sei se coñeces a iria cando queiras preséntocha chegou nova este ano.

5. Imaxina un campo seco e castigado polo sol. Descríbeo. Fíxate nos


puntos e nas maiúsculas.

6. Emparella cada suxeito co seu predicado:


O verán dorme na fiestra.

As nenas xa está próximo!

A ventá do cuarto fan as fichas para a escola.

O gato quedou aberta.

Unha nena bota o lapis lonxe.

7. Nas oracións anteriores, subliña con distintas cores o núcleo do


suxeito e o núcleo do predicado.

8. Rodea o suxeito e subliña o predicado:

- Os ovos eran enormes.


- Uxía e o seu pai pasaban as vacacións nunha tranquila aldea.

9. Rodea con distintas cores o punto e á parte, o punto final e os


puntos seguidos do texto.
Don Xosé Onega pasou toda a vida do desexo de ter un papagaio falador.
Xoséera un home pequeno, esmirrado*, e sempre levaba un sombreiro
escuro de ala
ancha.
En Lugo, déronlle o enderezo dunha casa de Barcelona que vendía
papagaios,cacatúas e toda clase de aves. Don Xosé escribiu pedindo prezos.
Contestáronlle
que naquel momento tiñan dous papagaios e mandáronlle as fotografías. Un
dos papagaios chamábase Briand, e o outro, Calumet. Don Xosé mercou a
Calumet.
Álvaro Cunqueiro: Xente de aquí e de acolá, Ed. Galaxia (adaptación)

10. Emparella os suxeitos da primeira columna cos predicados da


segunda:
Meu pai ten un ordenador para ela soa.
Os alumnos visitaron a lonxa.
Raquel traballa nese restaurante.

• Subliña con distintas cores o núcleo do suxeito e do predicado.

11. Inventa o suxeito ou o predicado que faltan para completar as


oracións:
- ..................................................................... pesoume as laranxas.

- O zume de laranxa ....................................................................... .

- ............................................................................ xa están

maduros.

- A miña irmá Helena ..................................................................... .

12. Ordena os parágrafos e escribe o texto resultante. Non esquezas

poñer os puntos onde sexa necesario.

Ao final, pasamos pola froitaría e o froiteiro deunos a probar unhas cereixas

Estaban riquísimas

Primeiro fomos á peixaría Compramos unha pescada fresca Despois,

compramos ás de polo na carnizaría

Onte pola mañá fomos comprar ao mercado Encántame ir alí


13. Escribe unha oración con estas palabras.

Escola - nova - vila

domingo - excursión - montaña

14. Coloca os puntos e as maiúsculas que faltan e escribe de novo o

seguinte texto.
15. Relaciona as palabras de cada caixa para formar oracións.

Eu • • acabou • • uns patíns.

O pintor • • regaláronme • • moito frío.

Os meus amigos • • teño • • a pintura.

16. Le o texto, rodea os puntos e contesta as preguntas.

Á avoa Pepa gústanlle moito os animais, polo que ten unha granxa con

vacas, galiñas e coellos. Nunca tivo porcos, mais agora vai mercar catro.

Ademais ten na súa casa un can e unha gata. A min gústanme todos os

animais e pásoo moi ben alí, aínda que o meu preferido é o can.

- Cantos parágrafos hai no texto? ................................................

- Cantos puntos e seguido hai? ...................................................

- Cantos puntos e á parte hai? .....................................................

- Cantos puntos final hai?.............................................................

17. Le o texto e escribe de que tipo é cada punto.

Ana é unha nena alta, delgada, de pelo louro, crecho e longo.

(……………………) Gústalle vestir roupa deportiva e goza escoitando música.

(…………………….)

É moi alegre. (…………………..) Lucía é morena.(…………………..) Ten o pelo

curto e liso e os ollos verdes. (………………) Usa pantalóns vaqueiros e

camiseta, e gústanlle moito os libros de aventuras.(................)


18. Separa o suxeito do predicado nas seguintes oracións (subliña

primeiro o verbo e pregúntalle quen ou quenes?:

Xoán escoita a radio.

As doutoras vacinaron os nenos.

O coello come herba.

Os meus avós viven na cidade.

Os teus irmáns pescaron xurelos.

Estes homes son exploradores.

Vós comedes froita fresca.

A doutora consulta nun hospital.

Félix traballa de coidador nunha escola.

Os meus cans comen diante da súa caseta.

As arañas teñen oito patas.

Algúns animais camúflanse para pasar desapercibidos

19. Le o texto, rodea os puntos e contesta as preguntas?

 Á avoa Pepa gústanlle moito os animais, polo que ten unha granxa con

vacas, galiñas e coellos.Nunca tivo porcos, mais agora vai mercar catro.

Ademais ten na súa casa un can e unha gata.

A min gústanme todos os animais e pásoo moi ben alí, aínda que o meu

preferido é o can.

Cantos parágrafos hai no texto? .................................

Cantos puntos e seguido hai?....................................

Cantos puntos e á parte hai? ....................................


Cantos puntos final hai? ..........................................

You might also like