You are on page 1of 136

Lingua

e Literatura 1 ESO
AVANZA

O libro Lingua e Literatura para 1.º de ESO é unha obra


colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento
de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L., / Edicións
Obradoiro, S. L., dirixido por Henrique Juan Redal
e Ana María Guerra Cañizo.

Na súa realización participou o seguinte equipo:

Daniel Asorey Vidal


Ánxela Carril Caldelas
Luz Cures Vázquez
Luís Gómez Aldegunde
Manuel González Alvarellos
Xoán L. Bendaña
Sagrario Luna Rodríguez
Afonso Toimil Castro

EDICIÓN
Afonso Toimil Castro

DIRECCIÓN DO PROXECTO
Afonso Toimil Castro

Proxecto Os Camiños do Saber

301828 _ 0001-0015.indd 1 23/09/11 12:35


COMUNICACIÓN

LECTURA E COMPRENSIÓN TIPOS DE TEXTOS

• Xabier P. Docampo • Os textos e os seus tipos

11 A caída de Silvano

Páx. 4 Páx. 6

• Gonzalo Navaza • A narración

12 Sesión de voo

Páx. 16 Páx. 18

• Malba Tahan • A narración. Elementos

13 As matemáticas do máis forte

Páx. 26
e estrutura

Páx. 28

• Anisia Miranda • A lenda

14 Aracné

Páx. 38 Páx. 40

• Álvaro Cunqueiro • A descrición I

15 A orella de Leivas

Páx. 48 Páx. 50

• Castelao • A descrición II. O retrato

16 Pedriño e Rañolas

Páx. 58 Páx. 60

• Manuel María • A descrición III. A guía e o catálogo

17 Os catro ríos de Outeiro de Rei

Páx. 68 Páx. 70

• Paco Martín • O diálogo I. A conversa

18 O episodio da escaleira

Páx. 78 Páx. 80

• Silvestre Gómez Xurxo • O diálogo II. O debate

19 Déixao medrar

Páx. 90 Páx. 92

• Agustín Fernández Paz • O diálogo III. A entrevista

10 Un máxico negocio

Páx. 100 Páx. 102

• A desaparición dos informantes • Os medios de comunicación.

11 rompe a tradición oral galega

Páx. 110
A estrutura dun xornal

Páx. 112

• A carreira empezou. Morre de fame • Os xéneros xornalísticos:

12 para adelgazar. Toma só iogur e caldo

Páx. 120
a noticia e a crónica

Páx. 122

Apéndice: Conxugación verbal

301828 _ 0001-0015.indd 2 23/09/11 12:35


ESTUDO DA LINGUA
LITERATURA
VOCABULARIO ORTOGRAFÍA GRAMÁTICA

• A saúde • O alfabeto. Os dígrafos • A comunicación • A literatura. A linguaxe


• O dicionario • A lingua e a súa literaria
organización
Páx. 8 Páx. 9 Páx. 10 Páx. 14

• A enfermidade • Uso de r e rr. • A palabra. Clases • Literatura popular


• Tipos de dicionario O son G e constituíntes e literatura culta

Páx. 20 Páx. 21 Páx. 22 Páx. 24

• Os alimentos • O son Z. • O enunciado. • A prosa e o verso


• As palabras O son K Suxeito e predicado
no dicionario • O predicado.
Páx. 30 Páx. 31 Complementos Páx. 32 Páx. 36

• Os empregos… • O son B. A grafía b • O verbo: raíz • A versificación


• A información e desinencias
no dicionario
Páx. 42 Páx. 43 Páx. 44 Páx. 46

• As partes do corpo • O son B. A grafía v • A conxugación • A rima


• Sinónimos e antónimos verbal I

Páx. 52 Páx. 53 Páx. 54 Páx. 56

• As calidades persoais • A grafía h • A conxugación • A estrofa


• Familia de palabras verbal II

Páx. 62 Páx. 63 Páx. 64 Páx. 66

• O exterior da vivenda • A grafía x. O dígrafo ll • O adverbio. • O poema


• Campos léxicos Os enlaces

Páx. 72 Páx. 73 Páx. 74 Páx. 76

• O interior da vivenda • A acentuación • O substantivo. • Os recursos literarios


• Os prefixos O artigo

Páx. 82 Páx. 83 Páx. 84 Páx. 88

• O lecer e as afeccións • O acento diacrítico • O adxectivo • A poesía


• Os sufixos cualificativo

Páx. 94 Páx. 95 Páx. 96 Páx. 98

• Os sentimentos • Signos que limitan • Os determinantes • As narracións cultas
• Palabras primitivas enunciados
e derivadas
Páx. 104 Páx. 105 Páx. 106 Páx. 108

• As crenzas • O punto. A coma • Os pronomes • As narracións


• Palabras compostas persoais I tradicionais

Páx. 114 Páx. 115 Páx. 116 Páx. 118

• A vestimenta • O punto e coma. • Os pronomes • O teatro


• Palabras parasintéticas Os dous puntos persoais II

Páx. 124 Páx. 125 Páx. 126 Páx. 128

301828 _ 0001-0015.indd 3 23/09/11 12:35


1
UNIDADE

A caída de Silvano
A Silvano mudoulle a vida cando caeu da cerdeira. Non –Aínda está conmocionado e non se lle entende ben o
fai falta dicir que o rapaz era o mesmo demo. O caso é que di.
que a póla na que estaba dacabalo esgazou pola galla e Para o outro día pola mañá cediño entraron outra vez
aló foi o rapaz levado pola forza da gravidade (que caer os pais no cuarto onde estaba o rapaz, que os recibiu
do curuto dunha cerdeira é sempre accidente de gravida- moi ledo e dando brincos na cama:
de). E… pataplaf!, petou no chan cun peto xordo e seco.
–adan iof non ,neb uotse aX
–Ai, condenado de rapaz… –berrou a nai desde a
ventá da cociña cando o viu pasar. –Son vostedes os pais? –preguntou o médico.
A muller botouse a correr dando berros cara a onde –Somos –comezou a dicir o pai… desconcertado de
estaba o corpo inerte do seu fillo. oír o fillo falando nun idioma raro.
–Ai, meu Silvaniño querido –dicía axeonllada ao pé –Xa vexo que me entenden ben. A ver se nos poden
del–. Volve en ti, queridiño! traducir o que di o seu fillo.
Como a boa muller seguía a dar uns berros que fen- Pero xa ían tres días daquel xeito raro de falar de Sil-
dían as pedras, logo chegaron o pai e algúns veciños. vano sen que ninguén dese comprendido o que dicía
Meteron a Silvano nun automóbil e arrearon para o nin atopase explicación á causa que lle virara a fala ao
hospital a todo meter. rapaz, cando levaron a velo a súa avoa Elvira.
No hospital puxeron o rapaz nunha padiola e leváro- –rev seseñiv em euq ed uotse otnetnoc euq ,añíova iA
no. Os pais tiveron que agardar na sala de espera, on- –E logo non había vir, meu rei?
de rifaron un co outro por mor de quen tiña a culpa –nednetne em non euq nid siameda ,rías naxied em
de que Silvano subise á cerdeira. E nestas estaban aín- non e odarrecne íuqa emneñéT
da cando chamaron por eles para lles dar información
sobre do estado do rapaz. Acom- –E será que aínda non estás ben de todo.
pañáronos ao cuarto onde estaba Os pais de Silvano asistían á conversa entre neto e
Silvano coa cabeza vendada. Dixé- avoa coa boca aberta. Falaban coma se se entendesen.
ronlles que non lle falasen moito –Pero logo ti entendes o que fala o rapaz? –preguntou
porque aínda estaba conmocio- o pai.
nado do golpe, polo que non pui-
–E non hei entender. Non é, meu rei, que nos enten-
deron ceibarlle a rosmadeira que
demos coma sempre?
levaban preparada por subir á cer-
deira. –erpmes amoC –respondeu Silvano.
Ao entraren, Silvano abriu un A enfermeira saíu a correr e non tardou en regresar
pouco os ollos, reparou neles e fa- acompañada dunha médica, dous psicólogos, outra
lou baixiño: enfermeira e un celador.
–uosap em euq ogol E –Pero vostedes non saben o que lle pasa ao meu neto?
Meu santiño, estes non se decatan de que polo golpe
Os pais olláronse entre si sen com-
che deu un desfalar.
prender nada. Despois viraron ca-
ra á enfermeira. –Un desfalar? –preguntou un dos psicólogos que nun-
ca tal oíra.
–O desfalar é cando cun golpe se che revi-
ra a fala. Iso é o que lle pasou ao meu ne-
to. Que agora fala do revés.
Xabier P. Docampo,
Historias para calquera lugar.
(Adaptación)

301828 _ 0001-0015.indd 4 23/09/11 12:35


COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA 1

Claves da lectura Vocabulario


O texto A caída de Silvano pertence á obra His- esgazou: rachou, partiu.
torias para calquera lugar de Xabier P. Do- galla: póla pequena dunha árbore despois de
campo. separada do tronco.
Neste texto, o protagonista, Silvano, cae dunha padiola: pequena cama portátil que se usa pa-
póla, o que lle provoca un desfalar. Pero nin- ra transportar enfermos ou feridos.
gún dos médicos do hospital é quen de diag- conmocionar: producir unha grande impresión
nosticarllo, ata que o visita a súa avoa Elvira e ou alteración.
lles explica a todos o que sucede. rosmadeira: rifa.

ACTIVIDADES

1. Ordena as viñetas de xeito que reproduzan a orde en que sucederon os feitos no texto.

2. Indica se as seguintes afirmacións son (V) verdadeiras ou (F) falsas e corrixe as falsas.

Silvano caeu do tellado da casa.


A nai de Silvano botouse a correr dando berros cara a onde estaba o corpo do fillo.
Silvano foi ao hospital en ambulancia e alí os pais ceibáronlle unha rosmadeira.
Os médicos pensaron que Silvano e seus pais falaban noutro idioma.
A avoa entendía o rapaz porque tamén falaba alemán.

3. Explica o que queren dicir os enunciados «Silvano era o mesmo demo» e «arrearon
para o hospital a todo meter».

4. Cres que Silvano foi un irresponsable? Explícao.

301828 _ 0001-0015.indd 5 23/09/11 12:35


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

Os textos e os seus tipos


1.  Os textos
Os textos son mensaxes completas que se transmiten oralmente ou por escrito
nun acto de comunicación. Os textos teñen unha extensión variable.

2.  Tipos de textos


Os textos pódense clasificar segundo diferentes criterios: a intención con que
se crean, a forma que adopta a mensaxe, a estrutura...

2.1.  Tipos de textos segundo a intención comunicativa


TEN EN CONTA Os textos poden presentar distintas intencións por parte do falante. Ese feito
Cando falamos ou escri- permítenos distinguir catro tipos de textos:
bimos estamos empre- • Os textos informativos, que teñen por finalidade informar de algo ao receptor.
gando distintos tipos de
textos. • Os textos persuasivos, que buscan convencer a alguén dunha idea.
• Os textos prescritivos, que teñen por obxecto darlle indicacións ao receptor
de como debe actuar.
• Os textos literarios, que intentan crear unha impresión estética no receptor.
TIPOS DE TEXTOS SEGUNDO A SÚA INTENCIÓN

Informativos Persuasivos Prescritivos Literarios

2.2.  Tipos de textos segundo a forma do discurso


Tradicionalmente distínguense cinco formas do discurso; segundo o que pre-
domine en cada texto, falaremos de textos narrativos, descritivos, dialogados,
expositivos e argumentativos.
• Textos narrativos. Serven para contar a evolución duns feitos –reais ou
imaxinarios– que lles ocorren a uns personaxes nun lugar e nun tempo de-
terminados.
• Textos descritivos. Empréganse para indicar detalladamente como son as
persoas, os lugares, os obxectos ou os sentimentos.
• Textos dialogados. Empréganse cando dous ou máis interlocutores mante-
ñen unha conversa.
• Textos expositivos. Serven para explicar un tema de forma ordenada e
obxectiva.
• Textos argumentativos. Utilízanse cando se quere defender unha opinión
ou influír no receptor para que pense ou actúe coma o emisor.
TIPOS DE TEXTOS SEGUNDO A FORMA DO DISCURSO

Narrativos Descritivos Dialogados Expositivos Argumentativos

301828 _ 0001-0015.indd 6 23/09/11 12:35


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS 1

ACTIVIDADES

1. Relaciona o tipo de texto coa forma de discurso que predomina en cada un.

lenda • • diálogo
conversa • • exposición
entrada do dicionario • • narración
retrato dun personaxe • • descrición E
debate • • argumentación

2. Localiza no texto «A caída de Silvano» un fragmento narrativo e outro dialogado e escríbeo.

• Narrativo F

• Dialogado F

3. Relaciona cada texto coa intención que ten.

Noticia • • Crear impresión estética no receptor.


Anuncio publicitario • • Dar indicacións ao receptor de como debe actuar.
Poema • • Informar e facilitar novos coñecementos ao receptor.
Instrucións de uso dun electrodoméstico • • Convencer ao receptor dalgunha idea.

4. Di que tipo de textos son os anteriores segundo a intención comunicativa.

• Noticia F

• Anuncio publicitario F

• Poema F
Instrucións de uso F

dun electrodoméstico

5. Escribe un slogan para as seguintes campañas publicitarias.

Campaña Campaña
para adoptar animais de recollida
abandonados. de xoguetes usados.

I I

301828 _ 0001-0015.indd 7 23/09/11 12:35


ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

A saúde
1. Completa as oracións coas palabras da familia de inmune.

inmunizar    -   inmune    -   inmunizado    -   inmunolóxico

• Unha boa alimentación fainos contra algunhas enfermidades.


• As vacinas pódennos contra moitas enfermidades.
• Hai virus, coma o da sida, que danan o sistema .
• O meu can está contra a rabia.

2. Risca a palabra que non sexa da mesma familia ca as do recadro.

saúde  -   saudar  -   saudita  -   saudable  -   salubre  -   insalubre

san  -   sanidade  -   sanitario  -   sanear  -   sandar  -   santuario

3. Elixe a expresión axeitada para as seguintes situacións.


• Que lle dirías a quen non lle gusta traballar?
 endo saúde e comendo ben, o traballo
T
non mata a ninguén.
Máis vale padecer ca morrer.

• Que lle dirías a alguén que non se coida?


Como te procuras, duras.
Estás coma un buxo.
O DICIONARIO

É o libro onde se reco­ 4. Escribe ao lado de cada frase feita B ou M segundo o código.
lle o léxico du­nha lin­
gua e o sig­ni­ficado das
B BOA SAÚDE MALA SAÚDE M
palabras que o for­man.
Botar a alma pola boca. Ter bos aceiros.
Nel, os termos apa­re­
cen or­de­nados al­fabe­ Estar coma un buxo. Estar sen gonzos.
ti­ca­mente. Estar coma un carballo. Ter unha saúde de ferro.
Os dicionarios consi­­ Non andar moi católico. Estar consumido.
de­­ran o ch e o ll co­mo
dúas letras e, xa que
lo­go, clasifi­can as pa­ 5. Elixe catro frases das anteriores e escribe unha oración con cada unha.
la­bras que co­mezan
por ch (cha­

ve) dentro da
letra c e as
pala­bras que
co­me­zan por
ll (lle) dentro
da letra l.

301828 _ 0001-0015.indd 8 23/09/11 12:35


ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA 1

O alfabeto. Os dígrafos
O alfabeto galego consta de 23 letras ou grafías (cinco
vogais e dezaoito consoantes). Pero ademais, ao escribir-
mos, debemos ter en conta a existencia de 6 dígrafos. Dígrafo Nome
Un dígrafo é a combinación de dúas letras que se empre- ch ce hache
gan para representar, na escrita, un único son. A nosa lin- gu gue u
gua usa os seguintes dígrafos: ch, gu, ll, nh, qu, rr. ll ele dobre
Os dígrafos non se poden separar ao final da liña. nh ene hache
Exemplo: esca-char, fo-guete, algu-nha, trapa-lleiro, in- qu que u
rr erre dobre
quieto, cata-rreira.

ACTIVIDADES

1. Arrodea os dígrafos presentes nestas palabras e escribe os seus nomes.

• ningunha F • bronquite F

• espantallo F • escachar F

• arrefriado F • preguiza F

2. Escribe dous exemplos máis en cada caso.

O dígrafo qu representa O dígrafo gu representa O dígrafo rr representa


o son K ante e, i. o son G ante e, i. o son R forte entre vogais.

I I I

achaque arreguizo espirro

3. Completa este texto coas seguintes palabras con nh.

algunha - dunha - cunha - unhas - ningunha

Para gozar vida sa, cómpre seguir normas sinxelas:

contar alimentación equilibrada e practicar actividade

física. Non hai dúbida de que isto é moi importante.

301828 _ 0001-0015.indd 9 29/09/11 16:46


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

A comunicación
1.  A comunicación
A comunicación é o proceso mediante o cal un emisor transmite unha men-
saxe a un receptor.
Ai, avoíña!
que contento estou
de que me viñeses ver.

EMISOR F MENSAXE F RECEPTOR

Neste exemplo tirado da lectura, Silvano é o emisor, e transmite unha mensaxe


á súa avoa, que é a receptora.

TEN EN CONTA 2.  O código


Os xestos que tilizamos A linguaxe é a capacidade innata que temos os seres humanos para comunicar-
ao falar cos demais ta- nos mediante signos. Os signos agrúpanse en códigos. A lingua é o principal
mén son signos e for- código na comunicación humana.
man un código.

3.  Lingua oral e lingua escrita


A lingua oral e a lingua escrita son sistemas distintos que empregamos en pro-
cesos de comunicación diferentes.
Unha conversa ou unha entrevista radiofónica son exemplos de comunicación
oral; en cambio, unha carta ou unha novela son exemplos de comunicación escrita.

4.  Comunicación oral e comunicación escrita


Entre a comunicación oral e a escrita hai algunhas diferenzas. Podes comparar
as súas características neste esquema:

COMUNICACIÓN ORAL COMUNICACIÓN ESCRITA

É inmediata e permite a interacción É diferida: a mensaxe recíbese


do emisor e o receptor. un tempo despois de ser emitida.

A mensaxe é efémera: A mensaxe consérvase


non se conserva. no tempo.

Ten moita importancia Ten pouca importancia a linguaxe


a linguaxe non verbal. non verbal.

Predomina a improvisación. Predomina a planificación previa.

10

301828 _ 0001-0015.indd 10 23/09/11 12:35


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA 1

ACTIVIDADES

1. Di quen son o emisor e o receptor desta mensaxe tirada da lectura.

EMISOR F MENSAXE F RECEPTOR

Meu santiño, estes non se decatan


de que polo golpe che deu un desfalar.

2. Localiza na lectura mensaxes que respondan a esta estrutura.

• Emisor: o médico; receptor: os pais de Silvano

• Emisor: os pais; receptor: a enfermeira

3. Identifiçca, nesta situación, o emisor, o receptor e a mensaxe que se transmite.


• Situación: un mozo quere saber a que hora sae o autobús para a súa vila.
Emisor Receptor Mensaxe
I I I

4. Di se os seguintes enunciados son V (verdadeiros) ou F (falsos).

Lingua oral e lingua escrita son dous sistemas de comunicación distintos.


 nha conferencia é un exemplo de comunicación oral e unha mensaxe de móbil, de comunicación
U
escrita.
Na lingua oral, a linguaxe non verbal é moi importante.
Un código é un sistema de signos que nos permite comunicarnos.

5. Relaciona cada característica coa comunicación oral ou escrita, segundo corresponda.

• A mensaxe recíbese tempo despois de ser emitida. COMUNICACIÓN ORAL


• A mensaxe é efémera, é dicir, non se conserva no tempo.
• Predomina a planificación; non se improvisa.
• Ten moita importancia a linguaxe non verbal. COMUNICACIÓN ESCRITA

6. Pon un exemplo de comunicación oral e outro de comunicación escrita.

11

301828 _ 0001-0015.indd 11 23/09/11 12:35


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

A lingua e a súa organización


TEN EN CONTA 1.  As linguas
Os sinais de tráfico ou Para comunicármonos, os seres humanos utilizamos diferentes conxuntos de
as bandeiras das praias signos que constitúen códigos. O código que máis utilizamos os seres humanos
tamén forman códigos.
é a lingua. Cada lingua é un código diferente, cos seus signos e coas súas regras
de funcionamento.

2.  A organización da lingua


As linguas son como xogos de construción: están formadas por un número re-
ducido de pezas que van combinándose. Os sons son as pezas máis pequenas.
Ao combinar os sons fórmanse palabras. Ao combinar as palabras fórmanse
enunciados. E ao combinar enunciados constrúense textos.

Sons
Son as unidades máis pequenas c i s l a d n
F
da lingua. Carecen de significado. o e t p r
I
Palabras
Son conxuntos de sons dotados de significado. F caída Silvano
I
Enunciados
Son conxuntos de palabras que nos permiten
expresar ideas. F A caída de Silvano.
I
Textos
Son conxuntos de enunciados que forman Novela
F
unha mensaxe completa. A Silvano mudoulle a vida
cando caeu da cerdeira.
Xavier P. docampo

3.  A sílaba
Os sons agrúpanse en conxuntos que chamamos sílabas. Por exemplo, a pala-
bra novela ten tres sílabas: no-ve-la. Todas as sílabas deben ter polo menos unha
vogal.
Rei Ra-í-ña
O ditongo é a unión de dúas vogais nunha mesma sílaba. Por exemplo: cer-dei-ra.
O hiato é a combinación de dúas vogais seguidas que se pronuncian en sílabas
Ditongo Hiato distintas. Por exemplo: ra-í-ña.

4.  Sílaba tónica e sílabas átonas


Na maioría das palabras hai unha sílaba que se pronuncia con máis intensida-
de ca as demais: é a sílaba tónica. As outras sílabas da palabra son sílabas áto-
nas. Segundo a posición da sílaba tónica, as palabras poden ser agudas (teñen
tónica a última sílaba), graves (teñen tónica a penúltima sílaba) ou esdrúxulas
(teñen tónica a antepenúltima sílaba).

12

301828 _ 0001-0015.indd 12 23/09/11 12:35


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA 1

ACTIVIDADES

1. Escribe os nomes de cinco linguas.

2. Completa o crebacabezas coas palabras do recadro na orde en que deben ir.

son - texto - enunciado - palabra

3. Marca a afirmación verdadeira de cada par.


As palabras son conxuntos de enunciados que expresan ideas.
As palabras son conxuntos de sons que teñen significado.

Todas as sílabas teñen que ter como mínimo dous sons.


Todas as sílabas teñen que ter polo menos unha vogal.

4. Marca cal é a separación correcta en sílabas de cada unha das seguintes palabras.
• comedia F  o-me-dia
c  o-me-di-a
c • saúde F s aú-de s a-ú-de
• eucalipto F eu-ca-lip-to e-u-ca-lip-to • aire F ai-re a-i-re
• muíño F muí-ño mu-í-ño • trofeo F tro-fe-o tro-feo

5. Identifica entre as palabras do exercicio anterior cales son ditongos e cales hiatos
e escríbeas na seguinte táboa. Despois, marca a sílaba tónica de cada palabra.
DITONGO HIATO
(cando nunha mesma sílaba (cando aparecen dúas vogais seguidas
hai dúas vogais) que pertencen a sílabas distintas)
I I

6. Risca as palabras intrusas de cada grupo.

• AGUDAS F cartón   -   orixe   -   capataz   -   réptil   -   parasol

• GRAVES F débil   -   cortina   -   estética   -   parasito   -   cárcere

• ESDRÚXULAS F corazón   -   rótulo   -   fórmula   -   mármore   -   fácil

13

301828 _ 0001-0015.indd 13 23/09/11 12:35


LITERATURA

A literatura. A linguaxe literaria


1.  Que é a literatura
A literatura é a arte que utiliza as palabras como medio de expresión. Grazas á
literatura, podemos gozar de novelas, poemas, contos… O conxunto de todas
estas obras son os textos literarios.
A diferenza doutros tipos de textos (xornalísticos, científicos…), os textos litera-
rios adoitan falarnos de mundos e personaxes ficticios que son froito da fantasía
e da imaxinación dun autor. Este tipo de textos acostuman estar escritos cunha
linguaxe especial: a linguaxe literaria.

2.  A linguaxe literaria


A linguaxe literaria é a que se utiliza nos textos literarios. Co seu uso, os escri-
tores conseguen que os lectores se interesen polas historias que lles contan e
que gocen con elas.
A linguaxe literaria adoita utilizar unha serie de recursos cos que se logra unha
expresión moito máis fermosa da que é habitual na linguaxe cotiá. Por exemplo:
Terra Chá…
A Terra Chá somentes é:
un pobo aquí, outro acolá,
mil árbores, monte raso,
un ceo de chumbo e tráxico
Tres exemplos
de destacados libros no que andan as aves a voar.
da literatura galega O resto é soedá.
representativos do teatro, MANUEL MARÍA, Terra Chá
da poesía e da narrativa,
respectivamente. Terra Chá: comarca de tipo rural situada no norte da provincia de
Lugo. Limita ao norte coas comarcas da Mariña Occidental e a Mari-
ña Central, ao leste coa de Meira, ao sur coa de Lugo e ao oeste coas
do Eume e Betanzos. Abrangue unha superficie de 1.788 km2, cunha
poboación de 47.752 hab., distribuída nos concellos de Abadín, Be-
gonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba
e Xermade.
Dicionario Enciclopédico Galego Universal

3.  Xéneros literarios


As obras literarias son moi diferentes unhas doutras, pero, a pesar diso, clasifí-
canse en grandes grupos, que son os xéneros literarios. Os principais xéneros
literarios son a poesía, a narrativa e o teatro.
• Poesía. É o xénero literario que engloba todas as obras escritas en verso en
que un poeta expresa o que pensa ou o que sente.
• Narrativa. Pertencen a este xénero literario as obras escritas en prosa que
contan feitos, reais ou fantásticos, que lles suceden a uns personaxes.
• Teatro. É o xénero a que pertencen as obras dramáticas. Entre elas destacan
as comedias e as traxedias.

14

301828 _ 0001-0015.indd 14 23/09/11 12:35


LITERATURA 1

ACTIVIDADES

1. Le este texto de Mario Pereira e responde.


Eran estes, contos para nadar na chuvia. Pero veu Manuela e quedaron para ela. Ma-
nuela chegou cando Decembro se adobiaba para o Nadal.
Decembro é un cabaleiro frío e distante ao que Manuela lle puxo un sorriso. Manuela
conquistou Decembro e conquistará os seus once irmáns. Someteraos á súa vontade e
servirana. Traeranlle frío e calor, sol e xeadas, días e noites e, con todo o que lle traian,
Manuela deixará de ser pequerrechiña.
Pero non lle será fácil domealos e, para logralo, Manuela necesitará historias e contos.
Eu non quero que lle falten e por iso lle regalo estes que van no libro.

• A que xénero literario pertence este texto? Por que?

• Que quere dicir o autor coa frase «Decembro adobiábase para o Nadal»?

• Quen son os once irmáns de Decembro?

2. Le este texto de Celso Emilio Ferreiro e contesta.


Celanova ten un vento, Este vento vagabundo De día vai cos paxaros
Celanova un vento ten, vai coa lúa, vén co sol, e anda a brincar polas hortas.
un vento peregrinante, vai cos mozos, vén cos vellos, De noite vén cos morcegos
un vento que vai e vén. vai coa neve, vén coa flor. e anda a petar polas portas.
Un vento que máis ca vento Vai coas nubes viaxeiras Meu neno, non teñas medo,
é un teimoso roncón por camiños de romaxe. que este vento é meu amigo,
fungando polos tellados Vén co pandeiro da chuvia e anque rosma polas rúas
con grave e tristeiro son. repenicando a paisaxe. non te levará consigo.

• A que xénero literario pertence este texto? Por que?

• Por que este texto é literario? Explícao.

• Con que se compara o vento na segunda estrofa? A que instrumento musical se refire?

• Explica se o poema se pode considerar unha canción de berce e ponlle un título.

15

301828 _ 0001-0015.indd 15 23/09/11 12:35


2
UNIDADE

Sesión de voo
Non digo que non o coñeza. Si que o coñezo. Somos Para a miña sorpresa, ao chegarmos de novo ao mira-
veciños. O que pasa é que non temos moito trato. Sau- doiro, Charli zafouse de min e encarouse a berros co
dámonos, ola Charli, como che vai Cuco..., e punto. fotógrafo: Que pasa, mamalón, dáche a risa? E se par-
De nenos si, temos xogado xuntos. El ao baloncesto te a crisma que, anaco de bosta! O outro, na distancia,
non tiña rival. Chega a medir dúas cuartas máis e esta- fixo que non oía, meteuse no coche e liscou.
ba hoxe na NBA. Pero logo quedou pequeno e perdeu- Despois boteime outra vez, xa sen problemas, e logo
se unha estrela do deporte. E de aí disque xa se meteu animouse el, e fíxoo coma se levase toda a vida voan-
na droga. Vamos, despois dese tempo; non digo que se do. E aínda se botou catro ou cinco veces máis, e só
metese por quedar pequeno. Nin sei se se meteu ou parou ao cabo de tres horas, cando lle dixen que ha-
non. Iso é o que contan, eu falo de oídas. O certo é que bía que deixalo, que empezaba a escurecer. Realmen-
desde hai tres ou catro anos non se deixa ver moito te, eu estaba farto de agardar no miradoiro coma un
polo barrio e non sei con certeza a que se dedica. parvo mentres el gozaba voando co meu parapente.
Este xoves cadroulle de vir por alí e achegóuseme. No camiño de volta viña todo contento, dicindo que ía
Ola, Cuco, xa te vin o outro día polos aires; a ver can- comprar un, e ao pasarmos pola de Amador mandou-
do me deixas probar o parapente. Eu qué lle ía dicir. me parar; quería convidarme a un cubata para cele-
Cando queiras, Charli. E entón di que me toma a pa- brarmos o seu bautismo de voo. Ao entrar, vimos nu-
labra e que conte con el o sábado, é dicir, hoxe. E nha mesa da esquina o mesmo fotógrafo de antes, agora
hoxe, cando saio da casa, alí o vexo diante do portal, cunha moza, e o Charli mirouno cun ollar retorto.
agardando por min. Non tiven escapatoria. Xa estabamos bebendo os cubatas cando a parella da
Leveino ao miradoiro de Couso, que cando venta do su- esquina botou unhas risas, e entón vai o Charli e vírase
roeste é moi bo sitio. Ao chegarmos andaba por alí un cara a eles sen erguerse do asento: Que, anaco de bosta,
fulano facendo fotos, pero apenas reparamos nel. Eu ex- vou ter que par­tirche a cara para que pares de rir? Tivo
pliqueille a Charli cada detalle do mecanismo e dis- que repe­tirllo porque o outro non se daba por aludido,
púxenme a botarme. Na primeira tentativa, por mor de pero ao cabo respondeu provocador: Atré­vete! O Charli
virarme para que vise ben a postura do corpo no salto, non o pensou dúas veces. Ergueuse, sacou unha pistola
escoreime tanto que capotei de babor e esfragueime e ferroulle dous tiros na cara. Eu non daba creto. A mo-
polo barranco abaixo dando tombos, nunha caída es- za púxose a gritar histérica. O Charli, berrándolle que
trepitosa que acabou por escacholarme contra un casti- calase dunha vez, meteulle outro ti­ro a ela e alí queda-
ñeiro. Vin literalmente as estrelas. O Charli baixou co- ron ao pé da mesa no medio dun charco de sangue. Nis-
rrendo, preguntándome se estaba ben. Estaba ben; algo to sae o Amador da tras­tenda bo­tando as mans á cabeza,
amolado, pero ben. E o aparello tamén parecía intacto. e o Charli férralle outro tiro e déixao por terra, retorcén-
Vaia primeira lección, queixábamelle eu mentres gabea- dose. Charli, tolea­ches ou que, dígolle eu alucinado. Se
bamos polo barranco arriba turrando do parapente. o deixo é capaz de chamar á policía, dixo.
Aquilo era unha carnizaría. Eu
xa non sabía onde estaba. Sen-
tín que me fallaban as pernas
e caín redondo no chan. Non
sei canto tempo botei in­cons-
ciente, pero de alí a unha miga
empecei a re­cu­perarme. Cando qui-
xen erguerme e abrín os ollos, vin as ca-
ras do Charli e do fotógrafo debruzados sobre
min, todos alarmados. Estaba no fondo do barranco
de Couso, ao pé do castiñeiro. A cabeza parecía que
me ía estoupar.
Tranquilo, Cuco, parece que non foi nada, dime o
Charli. En dez minutos está aquí unha ambulancia.
Gonzalo Navaza

16

301828 _ 0016-0025.indd 16 23/09/11 12:35


COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA 2

Claves da lectura Vocabulario


O texto Sesión de voo foi escrito por Gonzalo escoreime: inclineime.
Navaza. O protagonista do relato, Cuco, vai fa- capotei: inclinei ou quedei coa boca para abai-
cer parapente cun antigo coñecido, o Charli. xo.
Cando o Cuco se bota en parapente no mira- estrepitosa: moi ruidosa.
doiro do Couso, sofre un accidente e durante a turrando: facendo forza sobre algo para movelo.
súa inconsciencia, debido aos prexuízos que zafouse: librouse; librar ou librarse dunha cousa
ten sobre a vida do Charli, soña que este anda ou dunha persoa.
a tiros nun bar e mata tres persoas. debruzados: inclinados cara adiante.

ACTIVIDADES

1. Responde.

• Que relación teñen Charli e Cuco?

• Segundo o texto, cantas veces se botou Charli en parapente? E Cuco?

• Onde se atopa o protagonista cando comeza a se recuperar da caída?

2. Di cal é a historia real e cal a inventada. Despois relaciona cada personaxe coa historia
en que aparece.

• Charli
Historia : Cuco e Charli van facer parapen-
te ao miradoiro do Couso. Alí está un fotógrafo facendo fo- • Amador
tos. Cuco bótase unha vez en parapente e ten un accidente.
• Fotógrafo
Historia : Charli bótase moitas veces en pa- • Moza
rapente, e logo, vai con Cuco ao bar de Amador, onde mata ao
fotógrafo, a unha moza que está con este e ao propio Amador. • Cuco

3. Di coas túas palabras como é cada un destes personaxes.

17

301828 _ 0016-0025.indd 17 23/09/11 12:35


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

A narración
1.  Que é narrar?
Narrar consiste en contar uns feitos –reais ou imaxinarios– que lle ocorren a
alguén nun lugar e durante un tempo. É o tipo de texto máis frecuente na co-
municación –xunto co diálogo–, porque o habitual na vida diaria é contarmos
cousas. O texto da lectura é unha narración de Gonzalo Navaza.

TEN EN CONTA 2.  Narración oral e narración escrita


As lendas populares e A narración oral axúdase coa linguaxe non verbal (movemento corporal, expre-
os contos tradicionais sión da cara) e, normalmente, non está planificada. Daquela, se contamos un
transmitíronse oralmen- mesmo acontecemento en varias ocasións, o máis probable é que non o fagamos
te de xeración en xera-
exactamente igual e que poida sufrir variacións.
ción. Por iso hai varias
versións de moitos de- A narración escrita é un tipo de texto planificado, coidado, cunha forma fixa e
les. cunha estrutura definida.

3.  Narración literaria e xornalística


A narración literaria ten unha finalidade estética e un carácter ficcional (conta
feitos que poden ser inventados). Fai uso duns recursos expresivos específicos
da literatura. Neste tipo de narración importa tanto o que se conta coma o xei-
to de facelo. O conto e a novela son os dous principais exemplos.
A narración xornalística ten unha finalidade informativa e podémola atopar en
noticias, crónicas ou reportaxes. Outras formas de narrar son o cine e o cómic.

4.  Verbos e adverbios na narración


Cando narramos un feito, o habitual é referírmonos a algo xa pasado. Por esta
razón, os tempos verbais máis empregados son o pretérito perfecto e o pretéri-
to imperfecto. Hai, ademais, outras palabras que nos axudan a situar os aconte-
cementos no tempo, como os adverbios (antes, despois, primeiramente, logo, etc.).

ACTIVIDADES

1. Realizade esta actividade en grupo. Facédeo así:

• Un alumno lelle a un compañeiro o seguinte texto de Álvaro Cunqueiro.


• Este, á súa vez, contarallo a outro rapaz, así ata un máximo de cinco alumnos.
• Finalmente, o último alumno escribirá a súa versión do conto,
compararédelo co de Cunqueiro e observaredes o que ocorreu.

O Velagullas é un trasno dos máis pequenos. Está sen traballo desque foi inventado
o agulleiro. Buscaba as agullas perdidas nos panos e no chan. Non cobraba nada,
pero os xastres facíanlle monteiras e as costureiras, camisas. Marchaba polo San
Xoán e non volvía ata o outono. Por onde andará agora?

18

301828 _ 0016-0025.indd 18 23/09/11 12:35


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS 2

2. A partir do que observaches na actividade anterior, explica coas túas palabras as diferenzas
entre narración oral e narración escrita.

3. Le a seguinte historia e subliña os verbos que aparecen nela.

Un dragón especial
Na cova dun afastado bosque vivía un dragón que ficara orfo nada máis nacer.
O pequeno foi ben coidado polos dragóns da veciñanza e pasou unha in-
fancia feliz. Pero, cando o dragonciño fixo os doce anos, non comezou
a botar lume como adoitaban facer os seres da súa especie, senón que
só expelía aire cun certo cheiro a xofre. Isto provocaba constantes
burlas entre os demais e o dragonciño foise po-
ñendo cada vez máis triste ata caer doente.
Un día recibiu a visita dunha menciñeira que
lle explicou ao enfermo como solucionar o seu problema.

• En que tempo verbal están os verbos que subliñaches? Por que?

4. Escribe un final para a historia anterior.

5. Escribe un titular xonalístico e un título para un conto. Inspírate nesta ilustración.

Titular xornalístico
I

Título do conto
I

19

301828 _ 0016-0025.indd 19 23/09/11 12:35


ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

A enfermidade
1. Busca no dicionario as palabras dos recadros e despois relaciónaas
coa parte do corpo que se ve afectada.

tuberculose - bronquite - pneumonía • aparello dixestivo

cirrose - hepatite • gorxa

afonía - amigdalite • pulmón

gastroenterite - apendicite • ollos

conxuntivite - catarata - astigmatismo • fígado

2. Completa as oracións coa palabra que cumpra.

otite     miopía     bronquite     pneumonía     hematoma


• Non respiraba moi ben e diagnosticáronlle .

• Doeume toda a noite o oído dereito. Seguro que teño unha .

• Meu avó tiña , que é unha afección nos bronquios.

• Marcos caeu da bicicleta e ten a perna chea de .

• Levo lentes porque teño .

3. Une con frechas os especialistas médicos coa área que lles


corresponda. Utiliza o dicionario se che cómpre.
TIPOS DE
DICIONARIO cardiólogo    traumatólogo    dermatólogo    odontólogo    oftalmólogo

Destacan os seguin­tes: ollos pel dentes ósos corazón


           
• O dicionario bilin­güe
dá a equivalencia du­­
nha palabra noutra 4. Relaciona cada frase feita co seu significado.
lin­­gua.
Moi delgado e enfermo.
• O dicionario enci­clo­­ 1. Ter un cabalo no pescozo.
pé­dico reúne to­dos Gripe, catarro.
2. Ter a voz tomada.
os coñecemen­tos hu- Afonía.
3. Coller un trancazo.
ma­nos.  or causada por unha mala postura
D
• O dicionario de fra­­ 4. Estar consumido.
que dificulta xirar a cabeza.
seoloxía ofrece infor-
mación das expre-
sións dunha lingua. 5. Escribe unha oración con cada unha das frases feitas anteriores.
• O dicionario de si­-
nónimos e antóni­-
mos indícanos ter­
mos afíns e contra­
rios da palabra que
consultamos.

20

301828 _ 0016-0025.indd 20 23/09/11 12:35


��
ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA 2

Uso de r e rr. O son G


� R forte R suave
A grafía r pode representar dous sons diferentes, segundo a súa posición na pala- riso cara
bra: o son R forte ou o R suave. Escríbese r, indicando son r forte, no inicio da enredo abraiar
palabra e despois de consoante de diferente sílaba. Escríbese r, indicando son r catarro
suave, entre vogais, despois de calquera consoante na mesma sílaba, ao final da
sílaba e ao final da palabra.
O dígrafo rr representa sempre o son R forte e só aparece entre vogais.
O son G pode representarse coa grafía g ou co dígrafo gu. Escríbese g ante a, o, son G
u. Exemplos: gana, gota, gusto. Escríbese gu ante i, e. Exemplos: guía, guedella.
g + a, o, u
Se na secuencia gue, gui o u soa, hai que escribir unha diérese sobre el. Exem- gu + e, i
plos: pingüín, lingüeta.

ACTIVIDADES

1. Arrodea de diferente cor a grafía r e o dígrafo rr en cada palabra segundo a súa pronuncia.

Soa R forte Soa R suave

• catarreira    • xarope    • enfermeira    • arrefriado    • rabuñar    • honrado

2. Forma palabras compostas relacionando unha de cada cadro e despois escríbeas.

para - beira - auto - mono - garda raíl - retrato - roupa - rúa - raios
   

3. Completa estas palabras con gu ou con g, segundo corresponda e escríbeas.

• san e F • acou o F • indastre F

• usto F • se inte F • re ar F

4. Completa a norma empregando as palabras anteriores.

• Escríbese g ante , e : , e .

• Escríbese gu ante e : e .

5. Forma palabras rematadas en -eira e explica o cambio ortográfico que se produciu.

• manga F • figo F • pinga F

• ortiga F • cego F • trigo F

21

301828 _ 0016-0025.indd 21 29/09/11 16:46


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

A palabra. Clases e constituíntes


TEN EN CONTA 1.  A palabra e as súas clases
As palabras teñen dúas As palabras son conxuntos de sons dotados de significado. Lembramos no se-
partes relacionadas: guinte cadro as clases de palabras máis importantes:
•A
 forma, é dicir, os
CLASES DE PALABRAS
sons que compoñen a
palabra. Exemplo: Son palabras variables que nomean as persoas, os animais, as
Substantivos cousas, os sentimentos e as ideas. Exemplos: Roi, vaca, ordenador,
t-e-l-é-f-o-n-o
esperanza.
• O significado, isto é, Adxectivos Son palabras variables que nomean as calidades ou os estados que
a idea á cal fai refe- cualificativos se poden dicir dos substantivos. Exemplos: frío, fermosa.
rencia a palabra.
Son palabras variables que acompañan o substantivo concretando
o seu significado. Segundo o xeito en como o concreten, distingui-
Determinantes mos entre artigos (o, a, os, as); demostrativos (este, esa, aquela…);
posesivos (meu, teu, seu…); indefinidos (algún, bastantes, moi-
tos…); e numerais (catro, vinte e un, sétimo, oitavo…).
Son palabras variables que expresan accións, estados ou procesos
Verbos
situados nun tempo determinado. Exemplos: comer, estar, ferver.
Son palabras invariables que nomean circunstancias de lugar, tem-
Adverbios po, modo ou cantidade, ou expresan afirmación, negación ou dúbi-
da. Exemplos: tampouco, abaixo, case.
Son palabras variables que empregamos para nomearnos a nós
Pronomes mesmos (1.ª persoa), aos que nos escoitan (2.ª persoa) ou os seres
persoais dos que falamos (3.ª persoa), sen empregar un nome. Exemplos: eu,
ti, ela.
Son palabras invariables que serven para relacionar entre si outras
Elementos
de enlace palabras. As preposicións (a, agás, en, perante…) e as conxuncións
(e, porque, pero…) son elementos de enlace.

As palabras que admiten formas distintas son palabras variables (alto-alta-


altos-altas; leo, lin, lerei). As palabras que non admiten ningunha variación son
palabras invariables (adrede, onte).

FÍXATE 2.  Formación de palabras novas


Unha palabra pode con- Podemos formar palabras novas engadindo partículas a palabras que xa exis-
ter á vez un prefixo e un ten. Se as colocamos diante falamos de prefixos. Se as colocamos detrás, te-
sufixo. Exemplos: mos os sufixos. Exemplo:
re - nov - ado
prefixo
sub - terr - áneo
    raíz     sufixo  prefixo palabra sufixo
sub - mar - ino
prefixo Tamén se poden formar palabras unindo dúas ou máis palabras. Desa unión
    raíz     sufixo
obtemos unha palabra composta. Exemplo:
ollo mol ollomol
palabra
1 palabra F palabra composta

O conxunto de palabras que se formaron a partir dunha mesma palabra consti-


túe unha familia de palabras. Exemplo:
mar: mariñeiro, marítimo, marisco, marea...

22

301828 _ 0016-0025.indd 22 23/09/11 12:35


ESTUDO DA LiNGUA • GRAMÁTICA 2

ACTIVIDADES

1. Di a que clase de palabras pertencen estas.

• bolboreta F • alegre F • aquela F

• daquela F • agás F • vinte F

• cedo F • tamén F • fuxiu F

2. Clasifica as palabras anteriores en variables e invariables.

• variables:

• invariables:

3. Escribe un exemplo de cada unha destas clases de palabras.

• substantivo: • verbo: • adverbio:

• preposición: • adxectivo: • conxunción:

4. Risca as palabras que non forman parte de cada familia léxica. Podes utilizar o dicionario, se
che cómpre.

mariño mariñeiro marisco marítimo marea amar


mar
submarino marte maremoto marciano marmelo ultramar

terreo terrestre territorio terror terráqueo terremoto


terra
subterráneo terrícola desterrar enterrar turrón terreal

5. Di se o destacado en cada palabra é un sufixo ou un prefixo e explica o seu significado.

• ferreiro: • prehistoria: • froitaría:

• refacer: • traballador: • subterráneo:

6. Forma substantivos con estas palabras de xeito que designen o contido de cada imaxe.

sol noz vento lapis


           

F F

F F

23

301828 _ 0016-0025.indd 23 23/09/11 12:35


LITERATURA

Literatura popular e literatura culta


Cando pensamos en literatura tendemos a fixarnos só nas obras creadas por
escritores concretos e esquecemos aqueloutras manifestacións literarias realiza-
das directamente polo pobo, é dicir, a literatura popular. Con todo, debemos
ter claro que as dúas son valiosas manifestacións artísticas.

1. Diferenzas entre literatura popular e literatura culta


Entre a literatura popular e a literatura culta existen diferenzas que se relacionan co
emisor, co xeito de transmisión e coa linguaxe de cada unha delas.
Literatura popular Literatura culta

Grupos de música Non ten un autor concreto, é di- Adoita estar escrita por alguén
actuais ins­píranse Autoría cir, os textos populares son anó- concreto, que é quen asina a
na literatura popular. nimos. obra.
Transmítese oralmente a través Adoita estar escrita, o que impi-
Xeito de dos séculos. Iso fai que dun mes- de que o texto vaia cambiando
transmisión
mo texto existan variacións. cos séculos.
A súa linguaxe adoita ser sinxe- A súa linguaxe é máis difícil e
la. Nela abundan as repeticións, artificiosa, pero como está es-
as chamadas de atención e todos crita podemos recorrer á axu-
Linguaxe
os recursos que favorecen que o da de dicionarios e deternos
texto se transmita facilmente de máis tempo na comprensión do
xeito oral. texto.

2. Manifestacións da literatura popular


As cántigas son poemas que o pobo cantaba e que se relacionaban cos traba-
llos que houbese, coas festas populares en que se interpretasen, co coidado dos
nenos pequenos... Elas transmitían o modo de ver o mundo das clases popu-
lares.
Catro vellos mariñeiros, Os mariñeiros traballan
todos metidos nun bote. de noite coa luz da lúa.
Voga, voga, mariñeiro, Dá gusto velos chegar
imos pra Viveiro,
 pola mañá cedo
xa se ve San Roque. cheirando a frescura.
Tampouco debemos esquecer os romances, semellantes a crónicas en verso.
Por eles o pobo coñecía os feitos que aconteceran. Tamén son manifestacións
da literatura popular as lendas e os contos que narraban os maiores para en-
treter e transmitirlles saberes a outros membros da comunidade.
Alá polo tempo da sega, ía tía Xoana levarlles o xantar aos seus
segadores e, ao pasar un carreiro, encontrou unha lebre durmi-
da. En vez de pousar a cesta e botarlle a gadoupa, púxose a
imaxinar a que compadre lla había regalar. Mentres tan-
to, a lebre espertou e chamoulles aos pés compañeiros.
Á boa da muller aínda non se lle foi a carraxe e está re-
cordando decote que non se poden botar as contas sen
a taberneira.

24

301828 _ 0016-0025.indd 24 23/09/11 12:35


LITERATURA 2

ACTIVIDADES

1. Le os seguintes poemas e responde.

Na taberna Muiñeira
Os mozos mariñeiros da fiada Has de cantar á beira do río,
lémbranse rindo alleos de coidados; ao son das ondiñas de campo florido.
cheira a aceite e pementos requeimados Has de cantar á beira do mar,
rustido de xurés en caldeirada. ao son das ondiñas que soben e van.
Conta o patrón nun corro a treboada Has de cantar á beira da fonte,
do ano setenta –historia de afogados– que che hei de dar peros cocidos no pote.
e empuxándose, inando, entran mollados Ai! has de cantar, meniña solteira,
os homes dunha «lancha de enviada». ai! has de cantar alá na ribeira.
Pasa de man en man a xerra roiba
de albariño, e namentres cae a choiva
e o vento fai tremer a casa enteira,
detrás do mostrador clarexa o ceo
nas trenzas de ouro, no mirar sereo,
no sorriso de luz da taberneira.
Ramón Cabanilas, No desterro. (Adaptación)

• Cal destes poemas pertence á literatura popular e cal á literatura culta? Xustifica a resposta.

• É unha cántiga algún dos poemas anteriores? Se a resposta é afirmativa, indica o tema que trata.

• Resume o contido de cada un dos poemas anteriores.

2. Le o conto da páxina anterior e contesta.


• Cres que o texto segue as características da literatura popular? Por que?

• Cres que con el se quere transmitir algún valor ou ensinanza? Cal sería?

25

301828 _ 0016-0025.indd 25 23/09/11 12:35


3
UNIDADE

As matemáticas do máis forte


No medio dun val achábanse descoidados tres pací- aqueles tres apetitosos animais: a ovella, o porco e o
ficos animais: unha ovella, un porco e un coello. Ao coello? Pois ben: dividirás as tres pezas entre nós os
albiscar a fácil presa, o león sacudiu a abundante dous. Nada máis sinxelo ca dividir tres entre dous! Fai
melena nun movemento de satisfacción. E cos ollos os cálculos, pois desexo saber qué cociente exacto me
brillantes de gula, volveuse cara a un tigre e un cha- corresponde.
cal alí presentes e gruñiu, con ton posiblemente –Non son máis ca un humilde e rudo servo da Vosa
amigable: Maxestade –dixo o chacal en ton de humildísimo res-
–Oh, tigre admirable! Vexo alí tres fermosos e saboro- pecto–. Debo, pois, obedecer cegamente a orde que
sos manxares: unha ovella, un porco e un coello. Ti, acabo de recibir. Vou dividir, coma se fose un sabio
que es listo e experto, debes saber dividir con talento xeómetra, aquelas tres pezas entre nós os dous. A di-
tres entre tres. Fai, pois, con xustiza e equidade, esa visión matematicamente exacta é a seguinte:
operación: dividir tres entre tres cazadores. »A admirable ovella, manxar digno dun soberano, é
Adulado con semellante proposición, o vaidoso tigre, para os vosos reais cairos, pois é indiscutible que so-
despois de expresar con aires de falsa modestia a súa des o rei dos animais; o fermoso porco, do cal oio os
incompetencia e o seu pouco valor, respondeu: harmoniosos gruñidos, debe ser tamén para o voso
–A división que xenerosamente acabades de propo- real padal, pois, segundo din os entendidos, a carne
ñer, oh rei!, é moi simple e pódese facer con bastante de porco dálles máis forza e enerxía aos leóns; e o in-
facilidade. A ovella, que é o maior dos tres bocados, e quedo coello, coas súas longas orellas, debe ser sabo-
o máis saboroso, tócavos por dereito. Aquel porco fra- reado por vós, como sobremesa, xa que aos reis, por
co, sucio e pestilente, que non vale unha perna da fer- lei tradicional entre os pobos, perténcenlles, dos opí-
mosa ovella, será para min, que son modesto e con paros banquetes, os manxares máis finos e delicados.
ben pouco me conformo. E, finalmente, aquel minús- –Chacal incomparable! –exclamou o león, encantado
culo e desprezable coello, de reducidas carnes, indig- coa repartición–. Que agradables e sabias son as túas
no do padal refinado dun rei, corresponderalle ao no- palabras! ¿Quen che ensinou ese artificio marabilloso
so compañeiro o chacal. para dividir, con tanta perfección e acerto, tres entre
dous?
–Estúpido egoísta! –ruxiu, enfurecido, o león, cheo de
indescritible furia–. Quen che ensinou a facer divi- –A gadoupada con que a vosa xustiza castigou, hai un
sións dese xeito? Onde viches unha división de tres intre, o tigre arrogante e ambicioso, ensinoume a divi-
entre tres feita dese modo? dir con certeza tres entre dous, cando deses dous un é
un león e outro un chacal. Nas matemáticas do máis
E, levantando a súa pesada pata, descar-
forte, o cociente é sempre exacto, e ao máis débil
gou sobre a cabeza do desprevido tigre
nin o resto lle debe tocar.
tan violento golpe que o deixou morto
MALBA TAHAN, O home que calculaba.
a algúns pasos de distancia. (Adaptación)
Enseguida se volveu cara ao chacal,
que asistira aterrado a aquel tráxico
final da división de tres entre tres, e
faloulle así:
–Meu querido chacal. Sempre tiven
da túa intelixencia o máis alto con-
cepto. Sei que es o máis enxeñoso e
brillante dos animais da foresta, e non
coñezo outro que te poida avantaxar
na habilidade con que sabes resolver os
máis intricados problemas. Encomén-
doche, pois, facer esa simple división,
que o estúpido tigre non soubo efectuar
satisfactoriamente. ¿Ves, amigo chacal,

26

301828 _ 0026-0037.indd 26 23/09/11 12:38


COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA 3

Claves da lectura Vocabulario


Nesta fábula atopamos tres animais con ca- Albiscar: chegar a ver, aínda que con dificultade,
racteres moi humanos e que podemos reco- algo que está lonxe.
ñecer. O león, autoritario, expresa un sinxe- Manxares: alimentos delicados e exquisitos.
lo problema aos outros dous, simplemente Equidade: modo de actuar consistente en dar a
para presumir da súa superioridade. O con- cada un o que lle corresponde e merece.
fiado tigre cae na trampa, mentres que o as- Vaidoso: presumido, que intenta facerse notar.
tuto chacal dá a resposta axeitada para o Intricados: complicados, difíciles de resolver.
león. Con isto vemos que ata as regras máis Cairos: dentes agudos, entre os incisivos e os mo-
precisas poden chegar a ser manipuladas lares.
polos poderosos abusando da súa posición. Opíparos: moi bos e abundantes.

ACTIVIDADES

1. Describe en poucas palabras o carácter de cada un dos animais da historia.

león F

tigre F

chacal F

2. Contesta.

• Queda o león contento coa repartición que fai o tigre? Por que?

• E coa que fai o chacal? Por que?

3. Le o texto dos globos e responde.


Aquel porco fraco, o fermoso porco,
sucio e pestilente, do cal oio os
que non vale… harmoniosos gruñidos…

• Por que cres que o tigre lle chama fraco, sucio e pestilente ao porco e o chacal se refire a el como fermoso?

4. No texto critícase o abuso de poder e a imposición das propias ideas pola forza.
Cres ti que se deben impoñer as cousas pola autoridade ou pola forza? Razóao.

27

301828 _ 0026-0037.indd 27 23/09/11 12:38


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

TEN EN CONTA A narración. Elementos e estrutura


Tipos de narrador
Segundo participe ou 1.  Elementos da narración
non na historia, o na-
rrador pode ser interno
Unha narración responde a estas preguntas: que ocorre?, quen nolo conta?,
ou externo. quen intervén nesa historia?, onde e cando ocorre? As respostas a estas pre-
guntas son os elementos da narración: a historia, o narrador, os personaxes, o
• Se o narrador é un
pesonaxe que partici-
espazo e o tempo.
pa na historia, trátase • A historia é a sucesión de feitos que se contan.
dun narrador interno • O narrador é a voz que conta os acontecementos relatados. Nunca debemos
que se expresa en pri- confundir o narrador e o autor real dunha narración de ficción. O narrador é a
meira persoa. voz que o autor escolle para contar os feitos.
• Se o narrador é alguén
• Os personaxes son os seres, animais ou obxectos que interveñen nunha narra-
que coñece a historia
pero non forma parte
ción e a fan posible. Segundo a súa importancia, poden ser principais ou se-
dela, trátase dun na- cundarios. Entre os primeiros destaca o protagonista, que é quen leva o peso
rrador externo que se da acción, e o antagonista, que se opón a el.
expresa en terceira • O espazo é o lugar e os ambientes onde ocorren os feitos que se contan.
persoa. • O tempo é o momento en que se sitúa a acción.

2.  Estrutura da narración


Na maioría das narracións, a historia adoita ter unha estrutura clásica, con tres
partes diferenciadas: presentación, nó e desenlace.

É a situación inicial de que parte a historia, os elementos necesarios


Presentación para entendela. Nesta parte preséntanse algúns personaxes e as cir-
cunstancias xerais da historia.
É a parte central onde se conta o que sucede e se presenta un feito
Nó novo ou unha situación problemática, que rompe o equilibrio inicial
e desencadea a acción que desenvolven os personaxes.
É a consecuencia lóxica dos feitos sucedidos, a solución ao conflito pre-
sentado ou situación final da historia. Un final que pode ser:
Desenlace • Pechado, cando todo queda resolto.
• Aberto, cando hai que imaxinar algo do final porque quedan aspec-
tos sen resolver.

ACTIVIDADES

1. Le o seguinte texto e contesta.

O que teño que contar ocorreu a primeiros de decembro. Lémbroo ben, porque había unha ponte de catro
días e iso motivou que a Casa Grande se enchese de hóspedes e recuperase a animación das súas mellores
tempadas. Ademais doutros clientes que eu non coñecía, alí reuníronse de novo a maioría dos habituais.
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, Aire negro. (Adaptación)

• Como é o narrador desta historia? Marca.


Narrador en primeira persoa.    Narrador en segunda persoa.

28

301828 _ 0026-0037.indd 28 23/09/11 12:38


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS 3

• En que momento se sitúa a acción? Indica a principal referencia temporal.

• En que espazo ocorren os feitos?

2. Completa co nome correspondente de cada parte da narración.

• A é a situación inicial da que parte a historia.

• O é a parte central onde se conta o que sucede.

• O é a consecuencia lóxica dos feitos sucedidos, a situación final da historia.

3. Le a seguinte historia e responde.


Patacas, por fin!
*
Unha muller e o seu fillo tiñan a ilusión de traballar no campo. Así que un día aban-
donaron a cidade e foron vivir a unha tranquila vila.
Alí, no eido de arredor da casa, plantaron árbores froiteiras de todas as clases. Pero,

*
malia os seus coidados, as arboriñas morreron en pouco tempo.
Un vello do lugar díxolles entón:
–Esa non é terra de froiteiras. É boa terra para horta. Boten patacas, leitugas, millo…
E así o fixeron.
Uns meses máis tarde, nai e fillo tiveron a primeira colleita: unhas patacas que foron a
*
envexa de todos os veciños.

• Sinala a presentación, nó e desenlace no lugar correspondente da historia anterior.

• Quen son os personaxes principais? E o secundario?

• Que acontece ao final? É un final pechado ou aberto?

4. Inventa ti un conto baseándote nalgún destes debuxos.

29

301828 _ 0026-0037.indd 29 23/09/11 12:38


ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

Os alimentos
1. Sitúa o nome de cada alimento no seu lugar correspondente.
7
Froitas e vexetais 5
3 9
cabaciña cogombro
cogomelo chícharo 1
6
ravo feixón 4
ananás ou piña ameixa 2
amorodo 8

1
Peixes e mariscos
4 6 lura pescada
peixe sapo ameixa
2 5 troita percebe
7 raia
3

2. Escribe os nomes das plantas ou das árbores das que proveñan estas
froitas valéndote dos sufixos -eiro e -eira.

• grosella F groselleira • cereixa F

• pera F • mazá F

• limón F • castaña F

• amora F • noz F

3. Completa a receita cos verbos que cumpran.


AS PALABRAS
NO DICIONARIO repousar bater frita mesturar servir

As palabras invaria­
bles, como os adver­ Filloas de leite
bios, preposicións e Ingredientes:
con­xuncións, apare­cen
con esa única for­ma. 1/4 litro de leite, 1/4 litro de auga, 4 ovos, 1 culleradiña de canela,
As palabras va­ria­­bles, toda a fariña que colla, sal e azucre. Touciño ou manteiga para untar.
como os ver­bos, ad­xec­
tivos, etc., recó­llen­se
Preparación: os ovos cun chisco de sal e despois
só por unha das súas co leite e coa auga. Pouco e pouco, incorporar a fariña
formas. Dos ver­bos re- ata ter unha pasta disolta. Deixar un pouco e desfacer
cóllese o infini­ti­vo, dos todos os gromos. Despois engraxe a tixola e a masa.
adxectivos e dos subs- Podemos as filloas con azucre.
tantivos a for­ma mas-
culina singu­lar. Cada
unha desas palabras 4. Busca no dicionario estas palabras e indica que frases feitas incorporan.
chámase en­tra­da ou
lema.
• beber • cachón • faba • pera

30

301828 _ 0026-0037.indd 30 23/09/11 12:38


ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA 3

O son Z. O son K
O son Z represéntase en galego con dúas grafías diferentes: coa grafía c, son Z
coma en cereixa, ou coa grafía z coma en zume. Escríbese z ante a, o, u. z + a, o, u
Ex.: mazá, zorza, azucre. Escríbese c ante e, i. Ex.: cenoria, touciño. c + e, i
O son K represéntase tamén con dúas grafías: coa grafía c, coma en
cana, ou co dígrafo qu, coma en queixo. Escríbese c ante a, o, u. Ex.:
cacao, comiño, cume. Escríbese qu ante e, i. Ex.: queixo, quilo. son K

Aínda que non pertence ao noso alfabeto, tamén se emprega a grafía c + a, o, u


qu + e, i
k nalgunhas palabras de orixe estranxeira. Ex.: kiwi.

ACTIVIDADES

1. Forma o plural das seguintes palabras.

• noz F • xiz F • rapaz F

• cruz F • feroz F • perdiz F

• feliz F • albornoz F • nariz F

2. Completa agora a norma.


No plural, o son non varía pero debemos escribir a letra diante da vogal e.

3. Completa as oracións conxugando os verbos que se indican.

• Eu sempre unha boa cunca de leite con torradas. (almorzar)

• Eu non ningunha froita de cor azul. E ti? (coñecer)

• Eu sempre que eles xantan máis cedo ca nós. (esquecer)

4. Escribe tres palabras que conteñan o son K representado coa letra c e outras tres
en que ese son apareza representado co dígrafo qu.

Z>c F cadro

K> qu F quecer

5. Escribe agora outras tres palabras que conteñan o son Z representado coa letra c
e outras tres en que ese son apareza representado coa letra z.

Z>c F cea

Z>z F zarandear

31

301828 _ 0026-0037.indd 31 29/09/11 16:51


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

O enunciado. Suxeito e predicado


1.  O enunciado
Os enunciados son conxuntos de palabras que expresan unha idea. Cada enuncia-
do pronúnciase cunha entoación independente da dos outros enunciados. Ade-
mais, ao final de cada enunciado hai unha pausa longa, que se corresponde na es-
crita cun punto ou cun signo de peche de interrogación ou admiración. Exemplos:
Quen che ensinou a facer divisións dese xeito? F Interrogación
Que agradables e sabias son as túas palabras! F Exclamación
Ti sabes dividir con talento tres entre tres. F Afirmación

Cando transmitimos
mensaxes con sentido
2.  Clases de enunciados
completo, empregamos Os enunciados poden ser de dúas clases: oracións e frases.
os enunciados.
• Son oracións os enunciados que conteñen un verbo. As oracións estrutúranse
en dúas partes, ás que lles chamamos suxeito e predicado:
Suxeito Predicado
O león sacudiu a abundante melena.
• Son frases os enunciados que non teñen ningún verbo:
As matemáticas do máis forte.

3.  As palabras no enunciado. Os sintagmas


Nos enunciados, as palabras agrúpanse en sintagmas. En cada sintagma hai unha
palabra que é o núcleo (N), e pode haber outras, os complementos (Compl.):
Sintagma Sintagma
O arrogante león encargou ao chacal a nova división.
N N Compl. Compl.

• Se o núcleo é un substantivo, dicimos que ese grupo é un sintagma nominal


(SN). O grupo o arrogante león é un sintagma nominal.
• Se o núcleo é un verbo, dicimos que ese grupo é un sintagma verbal (SV). O
grupo encargou ao chacal a nova división é un sintagma verbal.

4.  O suxeito
Chamámoslle suxeito da oración ao sintagma que nomea a persoa, animal ou
cousa de quen dicimos algo. Exemplo: O león (suxeito) dominaba a situación. Po-
lo xeral, as palabras que varían de número co verbo forman parte do suxeito.
Exemplo: Os leóns dominaban a situación. F O león dominaba a situación.

5.  O predicado
Chamámoslle predicado ao sintagma que expresa o que se di do suxeito.
Exemplo: O león dominaba a situación (predicado). O verbo é a palabra máis
importante do predicado; se non hai verbo, non hai predicado.

32

301828 _ 0026-0037.indd 32 23/09/11 12:38


ESTUDO DA LiNGUA • GRAMÁTICA 3

ACTIVIDADES

1. Separa os cinco enunciados que hai no seguinte texto.

Que sabias matemáticas •


as do chacal! Non eran
moi exactas, pero si moi •
prácticas. Que impru-
dente foi o tigre! E que •
abusón era o león! Que
medo! •

2. Di agora cales destes enunciados son frases e cales oracións.


Recorda: as oracións son os enunciados que conteñen un verbo.


I I
• Que sorte! • Cantos anos tes?
• Canta xente! • Que difícil llo puxeches!
• Deica logo. • Non tardes moito.

3. Completa estas secuencias engadindo un predicado, de xeito que completes unha oración.

• Meu irmán

• Eles mesmos

• Vós os dous

• Xaquín e mais eu

4. Indica o suxeito e o predicado dos seguintes enunciados.

• Os alumnos de 1.º son os mellores do instituto. • A min gústame o deporte.


Suxeito Predicado
• Os operarios volveron aos seus postos de traballo. • O goberno decidiu incrementar os impostos.

5. Escribe unha oración cos verbos seguintes como núcleos do predicado.

espertar F

presumir F

mover F

entender F

33

301828 _ 0026-0037.indd 33 23/09/11 12:38


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

O predicado. Complementos
Clases de predicados
1.  Clases de predicados
Nominal Verbal Hai dúas clases de predicados: predicado nominal e predicado verbal.
• O predicado nominal expresa como é, como está ou que é o suxeito. Contén
os verbos ser, estar e parecer. Exemplos:
Xavier é alto. O can está enfermo. Teu irmán parece moi listo.
• O predicado verbal expresa unha acción ou un proceso que lle afecta ao
suxeito. Ten como núcleo un verbo distinto de ser, estar ou parecer. Exemplo:
Xacobe xoga ao fútbol co seu curmán.

Complementos 2.  Estrutura do predicado


verbais
O predicado verbal dunha oración pode estar formado unicamente polo núcleo
(N), que é un verbo. Por exemplo: Sabela saíu. Non obstante, o máis habitual é
C. Directo C. Indirecto
que o verbo apareza acompañado de complementos (Compl.). Por exemplo:
C. Circunstancial O avó contou aos netos un conto onte pola tarde.
N Compl. Compl. Compl.

2.1.  O complemento directo


O complemento directo (CD) nomea o obxecto ou o ser sobre o que recae a
acción do verbo. Por exemplo: O avó contou un conto (CD).
A función de complemento directo desempéñaa un sintagma nominal. Se o sin-
FÍXATE tagma nominal en función de complemento directo nomea unha persoa, adoita
levar diante a preposición a. Exemplo: Coñecín a María.
Pronomes de CD
e de CI
Xeralmente, o sintagma nominal que funciona como complemento directo pó-
dese substituír polos pronomes o, a, os, as. Exemplo:
CD CI
Coñecín a María. F Coñecina.
1.ª pers. me
Singular

2.ª pers. te che 2.2.  O complemento indirecto


3.ª pers. o, a lle O complemento indirecto (CI) nomea o ser ou obxecto sobre o que recae de for-
1.ª pers. nos ma indirecta a acción do verbo. Por exemplo: O avó contou un conto aos netos (CI).
Plural

2.ª pers. vos O sintagma nominal en función de complemento indirecto sempre leva diante a
3.ª pers. os, as lles preposición a. Xeralmente, ese sintagma nominal pódese substituír polos pro-
nomes de complemento indirecto que tes no cadro. Exemplo:
O avó contou un conto aos netos. F O avó contoulles un conto.

2.3.  O complemento circunstancial


O complemento circunstancial (CC) expresa circunstancias da acción verbal: lu-
gar, tempo, modo... Exemplos: Vivo en Lugo. O curso comeza mañá. Falou ben.
Hai diferentes complementos circunstanciais. Velaquí algúns:
Lugar Antía e Aldara van ao teatro. Cantidade Túa irmá traballa moito.
Tempo Ana chegou tarde. Causa Iria chegou tarde pola túa culpa.
Modo Xiana canta ben. Instrumento O avó pechou a porta coa chave.

34

301828 _ 0026-0037.indd 34 29/09/11 16:51


ESTUDO DA LiNGUA • GRAMÁTICA 3

ACTIVIDADES

1. Escribe dúas oracións de predicado nominal e dúas de predicado verbal con estes verbos.

*

F 
Predicado

ser
nominal

parecer  
F 

*
comprobar  
F 
Predicado
nominal

retroceder  
F 

2. Subliña o predicado das seguintes oracións, arrodea o verbo e di se son oracións


de predicado nominal ou verbal.
• O tren non chegará ata as doce da noite. • Os cubertos están no caixón.
Predicado verbal
• Os axentes rexistraron a todos os viaxeiros. • A miña curmá é profesora.

3. Escribe un complemento directo para completar as seguintes secuencias.

• Todas as mozas mercaron

• Xusto naquel momento recordou

• A súa cara tiña

• O cociñeiro prepara

4. Subliña en cada oración o complemento indirecto e despois substitúeo por lle ou lles
segundo corresponda.
• Trae o xarope á avoa. F Tráelle o xarope.

• Preparei o cuarto aos invitados. F

• Contou aquela historia ao público da sala. F

• Trouxo da viaxe uns agasallos aos pais. F

• Levei unhas lambetadas aos amigos. F

5. Constrúe unha oración na que integres o complemento circunstancial que se facilita.

ao aeroporto  
F 

moi amodiño  
F 

o próximo venres  
F 

de moitos países  
F 

35

301828 _ 0026-0037.indd 35 23/09/11 12:38


LITERATURA

A prosa e o verso
1. Formas de expresión da lingua literaria
A lingua literaria non é exactamente igual ca a que empregamos habitualmente
cando falamos ou cando escribimos, senón que adoita ser unha linguaxe ela-
borada. De calquera xeito, a lingua literaria, teña unha orixe culta ou popular,
pode estar escrita usando dúas formas básicas de expresión: a prosa ou o verso.

2. A prosa
Entre as características que nos permiten distinguir un texto en prosa destacan:

Prosa

•O
 texto escríbese ocupando toda a liña dunha páxina.
• A agrupación de diferentes liñas chámase parágrafo. Cada parágrafo está se-
parado por un punto e á parte.
• Non hai unha preocupación especial por conseguir un ritmo determinado ou
por marcar unha rima entre cada unha das liñas que compoñen os parágrafos.
• Normalmente,
 adoita semellarse á linguaxe cotiá.
Aínda eu era médico rural e rubía por un camiño da serra. Os casais estaban
lonxe, os arboredos tamén e por alí non había máis ca toxos e pedras.
No curuto avistei a figura dunha muller que me chamaba coa man, e o petru-
cio que cabalgaba de par do meu cabalo contoume:
–Malpocadiña! Chámanlle a tola do monte. Era unha rapaza ben asisada e bo-
nita coma un sol e din que foi unha meiga quen a enfeitizou e despois de per-
der o xuízo tívolle un fillo e contan que foi do demo...
CASTELAO, Cousas

3. O verso
Entre as características que nos permiten identificar un texto en verso destacan:
Verso

•O
 texto divídese en unidades máis pequenas que se denominan versos:
Vilalba, rosa florida,
na Terra Chá silandeira,
busco a cantiga perdida
pola rúa da Roxeira...! MANUEL MARÍA, Terra Chá

• Perséguese a musicalidade e o ritmo. Para iso adóitanse empregar procedemen-


tos coma estes:
• – E
 mpréganse versos que teñen o mesmo número de sílabas:
Vi-lal-ba, - ro-sa - flo-ri-da, 8 sílabas
na - Te-rra - Chá - si-lan-dei-ra 8 sílabas
• – B
 úscanse versos que coincidan na súa terminación. Esta coincidencia é a rima:
florida / silandeira; perdida / Roxeira
•A
 linguaxe está máis afastada da cotiá porque coida moito a cuestión estética.

36

301828 _ 0026-0037.indd 36 23/09/11 12:38


LITERATURA 3

ACTIVIDADES

1. Le atentamente os seguintes textos e responde.


A árbore
A árbore é o símbolo do señorío espiritual de Galicia.
A árbore é un engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha ledicia dos oídos, por-
que nela cantan os paxaros; é un arrolador do espírito, porque nas súas ponlas
conta contos o vento.
A árbore dános a froita, que é un manxar composto polo mesmo Creador, para re-
galía do noso padal; o derradeiro ben que nos quedou do Paraíso perdido.
A árbore pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.
A árbore dános as trabes, o sobrado e as portas da casa. Dános a cama, o armario das
sabas e a artesa do pan. Dános o berce, o báculo da vellez e a caixa para baixar á terra.
A árbore dános o papel barato que trae acotío as novas do que pasa no mundo.
Vale máis unha Terra con árbores nos montes ca un Estado con ouro nos bancos.
Na nosa Terra danse as mellores árbores.
O día que saibamos o que vale unha árbore, aquel día non teremos necesidade de
emigrar.
CASTELAO, Narracións e outras prosas. (Adaptación)

Teoría da árbore
O berce foi antes árbore. árbore, a caixa do morto, A árbore dános de todo:
Berce da árbore é o vento. árbore, a fiestra e o asento. barca, teito, enterramento.
A árbore filla da terra, Árbore, o bosque e a barca, O mundo semella unha árbore
dános sombra e alimento. no medio só silencio. plantada no firmamento.
Árbore, a porta da casa, A nosa casa é unha árbore. A vida parece unha árbore,
árbore, o estrado e o teito, Casa da árbore é o vento no medio tan só o vento.
árbore, o carro e a mesa, que pasa peregrinando CELSO EMILIO FERREIRO, Viaxe
árbore, a chuvia no vento, con ledos paxaros dentro. ao país dos ananos. (Adaptación)

• Cal dos textos está en prosa e cal en verso?

En prosa    En verso
• Di cales destes versos riman entre si. Subliña a rima.
A árbore dános de todo:
barca, teito, enterramento.
O mundo semella unha árbore
plantada no firmamento.

• Cal dos textos se asemella máis á linguaxe cotiá?

• Explica o que pensas que quere dicir Castelao con esta frase:

Vale máis unha Terra con árbores nos montes ca un Estado con ouro nos bancos.

37

301828 _ 0026-0037.indd 37 23/09/11 12:38


4
UNIDADE

Aracné
Nunha pequena aldea vivía unha fermosa doncela
chamada Aracné. Seu pai traballaba na cidade, e a
rapaza moraba soa nunha cativa palloza, no cabo
da aldea, preto do bosque.
Desde pequena Aracné aprendera a fiar e a tecer e
conseguira tanta lixeireza nas mans e tiña tan bo gus-
to, que o seu nome colleu sona en toda a comarca.
A popularidade de Aracné foise facendo cada
vez maior, e de moitas aldeas viña xente para
vela fiar e tecer. A tecedora non se gababa da
súa habilidade, pero achábase segura de si mes-
ma e recibía os alaudos como cousa natural.
No inverno tiña o seu tear dentro da palloza. Na pri-
mavera poñía no xardín o seu tear e á sombra dunha
vella oliveira tecía desde o amencer ata que o sol se de si, da súa habilidade. Así que preparou o seu tear.
poñía no horizonte, sen descanso e sen perder a súa E, preto do dela, dispuxo o seu Atenea e comezaron a
axilidade. Era nesta época do ano cando máis visitan- tecer.
tes tiña, os cales se marabillaban véndoa traballar e Atenea representou no seu tapiz as doce divindades
quedaban engaiolados coas obras acabadas. Non falta- do Olimpo. Zeus estaba no centro sentado nun gran
ban comentarios, aos que a moza non lles facía caso. trono. Arredor aparecían os outros deuses nos intres
Pero un día alguén dixo: máis culminantes das súas aventuras. Remataba o ta-
piz cunha grilanda de oliveira.
–Isto é cousa do Olimpo. A mesma deusa Atenea de-
beulle de ensinar a tecer! Aracné fixo outro tanto. Representou os doce deuses,
pero ridiculizándoos. Os episodios en que padeceran
Aracné contestou ao eloxio.
algunha desfeita foron aproveitados por Aracné para
–Non foi Atenea quen me ensinou; ensinoume meu
fixar as súas imaxes no tapiz. No remate rodeouno
pai cando eu era meniña.
dun marco de hedra.
Pero foi inútil. Desde entón todos dicían que as mans
Satisfeita quedou Atenea coa obra creada polos seus
prodixiosas da tecedora foran adestradas por Atenea.
dedos, mais cando viu a de Aracné, toda a carraxe que
Isto anoxaba tanto a Aracné que unha tarde dixo: collía nos intres máis terribles apoderouse da súa cara
–Non quero que se rumoree máis que Atenea me axu- e das súas mans. Os ollos relucíanlle coa xenreira e
dou ou me axuda. Non é certo. Ademais, sei que po- dun saque rachou o tapiz de Aracné.
do tecer mellor ca a deusa. Se viñese aquí, podería de- Endexamais a tecelá fora aldraxada desa maneira.
mostrarllo. Desesperada, a moza botou a correr cara ao bosque e
Chegaron as palabras do reto ao Olimpo, e a mesma na súa fuxida caeu por un barranco e quedou enlea-
Atenea, poucos días despois, convertida en velliña, da nas matogueiras e gravemente ferida.
presentouse onda a tecedora: Atenea, que non agardaba tal reacción da tecedora, foi
–Rapaza –dixo a suposta velliña–, escoitei as túas pa- onda ela e díxolle:
labras e podo dicirche que Atenea podería facer ese –Non morrerás, rapaza, pero tampouco has vivir coa
labor con máis axilidade ca ti. túa vida anterior. Condenareite a tecer por toda a eter-
Aracné ergueu os ollos do traballo que facía, mirou a nidade.
muller e contestou: De súpeto, os brazos e as pernas de Aracné foron de-
–Señora, estou disposta a manter o que dixen. Que formándose. A súa cabeza e o seu corpo pequerrecho
veña Atenea para demostrarllo. cubríronse dunha pelaxe visguenta. Atenea transfor-
–Pois velaquí a tes –dixo Atenea mentres se despoxa- mouna en araña. E desde entón Aracné tece os seus
ba do seu disfrace–. Demóstramo. encaixes nas pólas das árbores.
Aracné non se perturbou pola presenza da filla de ANISIA MIRANDA, Mitos e lendas da vella Grecia.
Zeus. Sentía respecto pola deusa, pero estaba segura (Adaptación)

38

301828 _ 0038-0047.indd 38 23/09/11 12:38


COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA 4

Claves da lectura Vocabulario


Nesta lenda clásica cóntasenos como unha Gababa: loaba, presumía de algo.
deusa castiga a conduta dunha moza convertén- Alaudos: loas, felicitacións, cumprimentos.
doa nun animal desagradable. Este castigo apa- Tapiz: peza de tea grosa, que serve para cubrir
rece xustificado pola soberbia da moza, que non chans ou paredes e que adoita ir decorada de
acepta que ninguén poida ser superior a ela na xeito artístico.
arte de tecer. Pero tamén se dá conta do carácter
Grilanda: tira de adorno feita con flores e follas.
vingativo dos antigos deuses gregos, que eran
representados sempre como persoas, coas mes- Xenreira: odio ou antipatía por algo ou alguén.
mas paixóns, virtudes e defectos dos humanos. Enleada: atrapada, presa por algo.

ACTIVIDADES

1. No texto faise referencia aos deuses do Olimpo e aparece unha deusa, Atenea.
Marca. Quen cres ti que eran os deuses do Olimpo?

Os deuses da antiga Escandinavia.  Os deuses da antiga Grecia.  Os deuses da cultura hindú.

2. Responde.

• Que facía Aracné na primavera?

• Quen lle ensinou a tecer a Aracné?

• Como reacciona Aracné cando lle din que tiña que ser Atenea quen lle ensinou a tecer?

3. Di se as seguintes afirmacións son verdadeiras (V) ou falsas (F) e explícao.

Aracné era unha moza moi humilde. Aracné tiña moita confianza nas súas habilidades.
Atenea foi piadosa coa rapaza. Atenea non tiña moito sentido do humor.

4. Contesta.

• Que representou Aracné no seu tapiz?

• Cal foi o castigo que lle impuxeron a Aracné?

• Cres que o castigo foi merecido ou que foi desproporcionado? Razóao.

39

301828 _ 0038-0047.indd 39 23/09/11 12:38


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

A lenda
1.  A lenda. Concepto
As lendas son narracións breves de feitos prodixiosos en que adoitan aparecer
seres fantásticos con facultades sobrehumanas (mouras e mouros, xigantes, ana-
nos...). Ás veces, as lendas aséntanse en sucesos reais que foron transformados
pola imaxinación. Pero, xeralmente, baséanse en feitos ficticios que se presentan
como reais.
A lenda é un tipo de texto narrativo que posúe unhas características diferenciais:
As lendas transmitíronse • É de autor descoñecido porque se trata dunha creación dunha comunidade
oralmente de xeración
en xeración. que o pobo foi elaborando ao longo do tempo.
• Pertence á literatura popular de tradición oral. Non obstante, moitas delas
non chegarían ata nós se alguén non se ocupase de poñelas por escrito.
• Está vencellada a un lugar concreto.
• Debido ao seu carácter oral, podemos atopar variacións dunha mesma lenda
feitas sobre un esquema fixo.
• Trata de lle transmitir saberes, modos de comportarse ou explicacións dun
determinado feito á comunidade en que aparece.

2.  De que falan as lendas?


Nas lendas podemos atopar cidades asolagadas, tesouros agochados e seres ma-
rabillosos que os gardan, mulleres encantadas, mouros que viven en covas, lobis-
homes, etc. Ademais, segundo o tema que traten, poden clasificarse como segue:
• De mouros e tesouros, nas que aparece ese pobo imaxinario –os mouros– que
viven en covas, castros ou montañas.
• Haxiográficas, que transmiten un feito relacionado coa Virxe ou cos santos.
• Etiolóxicas, as que explican a orixe ou o nome dun lugar.
• Históricas, as que aluden a un suceso histórico.

ACTIVIDADES

1. Le a seguinte lenda e marca a continuación o grupo temático ao que pertence.


Ardemil e Xanarde
Os avós dun amigo meu contaban que nestas dúas Así se chamou desde entón aquel lugar: Ardemil,
parroquias próximas ao concello de Ordes hoube- e séguese a chamar así en recordo daquel lume.
ra, cando aínda os lugares todos non tiñan nome, Non lonxe de alí hai outro lugar que ten por no-
un grande incendio que se estendía polos montes me a nova feliz de que acabou o incendio. Pasa-
que á vista estaban. Tal era o lume e o espectáculo dos uns días alguén anunciou:
arrepiante, tal a perda e a desolación, que as xen-
–Xa non arde! Xanarde! E así lle quedou.
tes mirando ao lonxe repetidamente exclamaban:
X. L. RIVAS E BALDOMERO IGLESIAS,
–Arden mil montes! Arden mil! Somos lenda viva. (Adaptación)

De mouros e tesouros.     Haxiográfica.     Etiolóxica.     Histórica.

40

301828 _ 0038-0047.indd 40 23/09/11 12:38


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS 4

2. Contesta sobre a lenda anterior.


• Di a que lugar ou lugares concretos está vencellada.

• Atopas algunha referencia á época en que aconteceron os feitos? Indica cal.

• Que trata de explicarnos esta lenda?

• Pensas que nos conta feitos ficticios ou reais?

3. Indica a que tipo de lenda pertencería algunha das seguintes.

• Lenda sobre a orixe dunha lagoa F

• Lenda sobre un cabaleiro medieval F

• Lenda sobre un tesouro agochado F

4. Di en cal dos tipos de lenda anteriores integrarías esta que segue.


Mámoa de Ferroedo
No lugar de Ferroedo, parroquia de Abuíme, concello do Saviñao (Lu- Tipo de Lenda
go), hai unha mámoa na que está enterrado un mouro cun grande haber.
Cando uns homes foron cavar para sacar o tesouro, as almas dos mouros I
baixaron das nubes con moito estrondo de tronos e raios.
galiciaencantada.com

5. Localiza no texto da lectura Aracné exemplos destes elementos propios das lendas.

• Personaxes fantásticos F

• Feitos sobrenaturais F

• Personaxes que poderían ser reais F

6. Escribe unha lenda inventada por ti sobre a orixe dalgún destes lugares:
Vilachá / Boimorto / Penamaior.

41

301828 _ 0038-0047.indd 41 23/09/11 12:38


ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

Os empregos e as profesións
1. Relaciona cada un dos nomes de oficios e profesións coa ilustración
que lle corresponda.
1. albanel
2. carpinteiro
3. ourive
4. cirurxiá
5. oleira
6. xuíza
7. peiteadora
8. varredor

2. Forma a partir das seguintes palabras os nomes de profesións


empregando as terminacións -dor e -ista.
• ilustrar F ilustrador • contratar F contratista

• vernizar F • administrar F

• máquina F • telefonar F

• soldar F • transportar F

3. Di que oficio ou profesión desempeña a persoa que se dedica


ás seguintes actividades. Indícao en masculino e en feminino.

A INFORMACIÓN Masculino Feminino Masculino Feminino


NO DICIONARIO
tecer tecelán tecelá xudicatura

Ademais do significa- botica cirurxía


do da palabra, no dicio- deseño conducir
nario podemos atopar:
ensino carpintaría
• Información etimo-
lóxica, é dicir, infor- edición alcaldía
mación so­bre a orixe
da palabra.
• Información grama- 4. Busca estas palabras no dicionario e escribe dúas acepcións distintas
tical, especialmente de cada unha.
sobre a categoría á
que pertence a pala- •
bra. actor *
• Información sobre o •
uso da palabra: que
valor ten (despectivo, •
afectivo, irónico...), a
bedel *
que nivel correspon-

de (vulgar, culto...).
• Información sobre si-

gobernante *
nónimos, antónimos,
familias de palabras...

42

301828 _ 0038-0047.indd 42 23/09/11 12:38


ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA 4

O son B. A grafía b
O son B ten dúas representacións gráficas: o b e o v. Escríbense coa grafía b: Escríbense
• As desinencias do pretérito imperfecto de indicativo dos verbos da 1.ª conxugación: con b

-ba, -abas, -aba, -abamos, -abades, -aban. Exemplos: calzaba, calzabas, calzaba... abelá,
• Os verbos acabados en -buír e en -bir (agás servir, vivir e vir). Exemplos: escribir, atribuír. automóbil,
• Os verbos caber, deber, beber, haber, lamber e saber. bolboreta,
baleiro,
• Diante de consoante (agás acivro e ávrego). Exemplos: obter, blusa, obstáculo...
gabián,
• As palabras que comezan por bu-, bur-, bus-. Exemplos: bufar, burbulla, buscar.
marabilla,
• Os prefixos bi-, bis-, bio-, sub-. Exemplos: bifocal, bisavó, biografía, suburbano... rebentar,
Tamén se escriben con b moitas outras palabras que non seguen unha regra concreta e os ribeira,
seus compostos e derivados. trobador...

ACTIVIDADES

1. Une os prefixos co termo co que poidan formar unha nova palabra e escríbeas.

bio- bi- bis- sub-

sílaba neto grafía director título

bisílaba,

2. Escribe unha palabra derivada das seguintes.

• ribeira F ribeirense • trobar F • baleiro F

• móbil F • marabilla F • rebelde F

3. Completa os seguintes tempos verbais.

• bebo, , bebe, , bebedes, .

• cabía, cabías, , cabiamos, , .

• , , debe, debemos, , deben.

• saberei, , , , saberedes, saberán.

4. Completa as seguintes palabras.

•o staculizar •a razo • su traer •a sorber

• ama le •o riga •a stracto • posi le

43

301828 _ 0038-0047.indd 43 29/09/11 16:51


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

O verbo: raíz e desinencias


TEN EN CONTA 1.  O verbo: raíz e desinencias
Infinitivo, xerundio Os verbos son palabras variables que expresan accións, estados ou procesos si-
e participio tuados nun tempo pasado, presente ou futuro. Exemplo: andaches, ferve, partirá.
Algunhas formas ver- Cada verbo admite moitas formas distintas, que son resultado de sumar dous
bais non expresan a elementos: unha raíz (and-) e unhas desinencias (-aches, -aría, -e, -ases).
persoa gramatical que
realiza a acción. Son o • A raíz é a parte do verbo que nos informa da acción, do estado ou do proceso
infinitivo (andar, ba- ao que o verbo se refire.
ter, partir), o xerundio • As desinencias son as terminacións que se lle engaden á raíz para construír as
(andando, batendo, par- distintas formas verbais. Exemplo de análise dunha forma verbal:
tindo) e o participio
(andado, batido, parti- Forma verbal 5 Raíz 1 Desinencias F Información das desinencias
do).
persoa: segunda

*
número: plural
andaredes and-
-aredes
tempo: futuro
modo: indicativo

2.  Número e persoa dos verbos


• As desinencias verbais informan sobre o número de seres que realizan a ac-
ción: un (formas de singular) ou varios (formas de plural).
• A maior parte das formas verbais expresan a persoa gramatical que realiza a
acción: eu/nós (1.ª persoa), ti/vós (2.ª persoa) ou el, ela/eles, elas (3.ª persoa).

3.  O tempo dos verbos


As formas verbais expresan a noción gramatical de tempo situando a acción no
pasado, no presente ou no futuro. Exemplos:
De pasado (antes) De presente (agora) De futuro (despois)
teceu tece tecerá

Modo verbal 4.  O modo dos verbos


Hai tres modos verbais: o indicativo, o subxuntivo e o imperativo.
Indicativo Imperativo
• Empréganse formas do modo indicativo cando o falante concibe a acción co-
(eu) recollo recolle (ti) ma se fose real, aínda que non se producise. Exemplos:
Subxuntivo Aracné preparaba o fío no inverno. A deusa gañará a aposta.
• Empréganse formas do modo subxuntivo cando o falante concibe a acción
(quero que) recollas
como algo posible, desexable ou dubidoso, ou quere dar unha orde negativa.
Exemplos:
Oxalá Aracné gañe a aposta. Quizais non merecese tanto castigo.
• Empréganse formas do modo imperativo cando o falante quere dar unha or-
de afirmativa. Exemplo. Demóstramo.

44

301828 _ 0038-0047.indd 44 23/09/11 12:38


ESTUDO DA LiNGUA • GRAMÁTICA 4

ACTIVIDADES

1. Subliña os verbos que haxa nos seguintes enunciados.


• Se chegades primeiro, agardade por nós. • Creo que ela che dixo que non a acompañases.
• Preguntou cando marchaban seus pais. • Vin que teu irmán saía do cine antes do final.

2. Clasifica estas formas verbais segundo o verbo


ao que pertenzan. andar converter saír

• andabades • sairedes • convertera


• convertas • sairían • andase

3. Constrúe con cada raíz cinco formas verbais.


• • •

* * *
• • •

cant- • aprend- • viv- •

• • •

• • •

4. Completa cada secuencia escribindo tres accións máis.

• Os domingos comemos fóra, vemos o fútbol pola tele, durmimos a sesta e deitámonos cedo.

• Onte pasearon pola praia,

• Mañá estudaremos matemáticas,

• Todos os días vou ao instituto,

5. Transforma estes enunciados en negativos e indica en que modo está o verbo de cada grupo.

• Recolle a mesa. F Non

• Marcha para a casa. F Non

• Abre a neveira. F Non


I I

Modo Modo

45

301828 _ 0038-0047.indd 45 23/09/11 12:38


LITERATURA

A versificación
1.  A versificación. Concepto
A versificación baséase na reiteración de elementos para dar sensación de rit-
mo. Entre estes elementos destacan a medida dos versos, a distribución dos
acentos e a rima. Todos eles constitúen a métrica do poema.

2.  A medida dos versos


A medida dun verso vén dada polo número de sílabas que ese verso contén,
pola posición do acento na última palabra do verso e por algúns recursos aos
que lles chamamos licenzas métricas.
A posición do acento na última palabra do verso aféctalle ao cómputo silábico do
seguinte xeito:
• Se o verso remata en palabra esdrúxula, cóntase unha sílaba menos:
que brúa con son de órgano 9-1 = 8 sílabas
• Se o verso remata en palabra grave, o número de sílabas non varía:
no sagrado segredo 7 sílabas
• Se o verso remata en palabra aguda, cóntase unha sílaba máis:
un vento que vai e vén 7+1 = 8 sílabas
As principais licenzas métricas que lle afectan ao cómputo silábico son a sina-
lefa e a diérese:
• A sinalefa é un recurso que consiste en pronunciar nunha soa sílaba a sílaba
final dunha palabra e a inicial da seguinte. Prodúcese cando unha palabra re-
mata en vogal e a seguinte empeza tamén por vogal ou por h. Nestes casos, as
dúas vogais pronúncianse xuntas e cóntase unha soa sílaba. Exemplo:
en
- frau-ta - de - ver-deCo-li-vo 8 sílabas
• A diérese consiste en pronunciar en dúas sílabas (a-i-re) as vogais dun diton-
go (ai-re). Exemplo:
El vai cal vai nubrado vagabundo (11)
que empuxa impetuoso cerzo xeado (11)
cal vai en busca de máis doce clima (11)

3.  Clasificación dos versos segundo a súa medida


Segundo a súa medida, os versos poden ser de arte menor ou de arte maior.

•  Versos de arte menor. Son os que posúen de dúas a oito sílabas métricas:
– bisílabo: 2 sílabas – pentasílabo: 5 sílabas – octosílabo: 8 sílabas
– trisílabo: 3 sílabas – hexasílabo: 6 sílabas
– tetrasílabo: 4 sílabas – heptasílabo: 7 sílabas
•  Versos de arte maior. Son os que posúen nove ou máis sílabas métricas:
– enneasílabo: 9 sílabas – hendecasílabo: 11 sílabas – tridecasílabo: 13 sílabas
– decasílabo: 10 sílabas – dodecasílabo: 12 sílabas – alexandrino: 14 sílabas

46

301828 _ 0038-0047.indd 46 23/09/11 12:38


LITERATURA 4

ACTIVIDADES

1. Le os seguintes poemas populares e contesta.


Sílabas Sílabas
1 Non quero nada contigo 2 Montañesa, montañesa,
que es bravo comoCas xestas anque che son da montaña
e negro comoCun chamizo. anque che son, non me pesa.
3 TodoCo día na taberna 4 Guapo que tanto soubeches,
seica tanto comoCo viño, seCé que sabes o camiño,
seica, seicaCa taberneira. volve por onde viñeches.

• Mide os versos de cada poema tendo en conta as sinalefas marcadas e indica o número de sílabas.

• Como se chaman os versos desta medida?

• Son de arte maior ou menor? Explícao.

2. Relaciona cada poema anterior co seu contido.


Un home está sempre na taberna por quedar coa taberneira.
Unha moza rexeita un mozo por bruto e por ter a pel escura.
Un que semella ser moi sabido e presumido é rexeitado pola moza.
Unha moza móstrase orgullosa de ser de onde é.

3. Intenta escribir un poema de tres versos que teñan o mesmo número de sílabas.

4. Le o poema de Curros Enríquez e contesta.


Ben chegado Sílabas

Que doce e deleitoso


é dun pai o desvelo, cando á beira
do seu leito de esposo
vai oír, pracenteira,
do seu primeiro fillo a voz primeira.

• Cal é o tema principal deste poema?

• Indica o número de sílabas que teñen os versos e o seu nomes. Marca as sinalefas.

47

301828 _ 0038-0047.indd 47 23/09/11 12:38


5
UNIDADE

A orella de Leivas
Antón de Leivas vivía cos seus pais e irmáns en Vilare- tón, preguntou se se escoitaría algo dentro dela, e
lle, na casa que está mesmo á beira da fraga de Unces. acaroando a súa orella esquerda á famosa de Antón,
Era un mozo de vinte e catro anos, de mediana estatu- e a súa meixela á meixela do mozo, exclamou:
ra e arroibado, como adoitan ser os de Vilarelle. Os –O mar! Escóitase o mar coma nas buguinas mariñas!
Leivas tiñan unha boa labranza, e era seu o bosque de E desde entón moita xente, especialmente nenos, que-
Portela, que por derriba do camiño todo é un faial. rían escoitar o mar na orella de Antón de Leivas. In-
Un domingo calquera, ao saír da misa, un amigo seu cluso quixo María de Don, unha moza moi garrida,
chamou a Antón de Leivas á parte e díxolle: que nunca lle fixera caso a Antón. María agora pasaba
–Estiven detrás de ti na misa e non me cansaba de mi- as horas escoitando o mar na orella de Antón, e sorría.
rarche a cachola… Tes a orella dereita moito máis E tal foi a cousa que se fixeron noivos e casaron.
grande ca a esquerda. Antes non a tiñas así! María díxolle a Antón que non quería que ningunha
–Pois nunca ninguén me dixo nada –replicou Antón, outra muller volvese endexamais escoitar na súa orella
levando a man á orella dereita. o mar do Orzán. Pero nenos, os que quixesen.
Xa na casa, consultou coa nai e os irmáns e todos ato- María tiña un irmán en Venezuela, e ao verán seguinte
paron que a orella dereita lle medrara máis do debido; ao maio da súa voda con Antón, chegou a Vilarelle de
e tamén lle engordara embaixo. A orella, segundo o vacacións. Moreno, moi elegante, con zapatos brancos
parecer da familia e dos veciños, seguíalle medrando a e fumando rubio, e con gran variedade de gravatas e
Antón. Leivas andaba cismando no choio, e decidiu ir sombreiros. Abrazou ao seu cuñado Antón, mirouno
ao menciñeiro, a un que había en Liñares, que se cha- e remirouno, comparou as orellas ambas, e levouno a
maba Secundino. Este sempre comentaba que se carón do palleiro para falaren sen seren ouvidos.
adiantaba en dar as doenzas de Xan ou de Pedro aos –Oye, chico, esto es una vaina! Tienes las dos orejas
mellores médicos de Lugo. iguales!
O señor Secundino estudoulle as orellas a Antón, me- –Pois todo o mundo me ve a dereita máis grande ca a
diullas e, logo de pensalo un pouco, comentou: esquerda… Ademais, escóitase nela o mar.
–De boa te libraches! Ías ter unha bostela inchada –Eso es lo que los periodistas científicos de Caracas
nos interiores e, nun descoido, pasouche á orella, on- llaman «un caso de sugestión colectiva» y nada más.
de está benigna. –Non llo dirás a ninguén? –inquiría Antón, entristecido.
Antón volveu a Vilarelle máis tran- –Que vaina, cuñado! Yo, como muerto!
quilo. A orella deixara de medrar,
Antón respirou, porque lle estaba sacando algúns car-
segundo os que acudían a mirarlla.
tos á orella dereita. As nais traían os fillos raquíticos
Un día, unha veciña súa, moi bran- ou que non medraban e fre-
ca de pel, admirando a orella de An- taban as súas cacholiñas
contra a orella dereita de An-
tón. Este cobraba tres pesos
por sesión e as nais, agrade-
cidas, deixábanlle de regalo
un queixo ou un pito. Antón
estaba desexando que o cu-
ñado se volvese para Vene-
zuela. Porque en
canto estaban sós,
non facía máis ca
comentarlle:
–Un caso célebre de sugestión colec-
tiva!
ÁLVARO CUNQUEIRO,
Os outros feirantes. (Adaptación)

48

301828 _ 0048-0057.indd 48 23/09/11 12:41


COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA 5

Claves da lectura Vocabulario


Neste texto de Álvaro Cunqueiro, coma en moi- Arroibado: avermellado, de cor encarnada.
tos outros do autor, aparece un personaxe co- Faial: bosque de faias, árbores altas de codia
mún, Antón de Leivas, ao que de repente lle lisa e cor abrancazada.
acontece un suceso extraordinario que o fai dife- Bostela: pústula ou cotra que recobre as feridas.
rente e para o que ninguén lle atopa unha expli- Benigna: que non é maligna ou perigosa.
cación lóxica. Ao personaxe central, a partir do
Acaroando: poñendo ao carón, ao lado.
estraño agrandamento dunha das súas orellas,
todo lle vai moito mellor e ata se beneficia eco- Buguinas: cunchas de caracois mariños.
nomicamente. Deste xeito, resultaralle incómo- Raquíticos: que padecen raquitismo, que non
do que o seu cuñado descubra que en realidade medran e están moi febles.
non hai nada diferente na súa orella dereita. Fretaban: fregaban, rozaban.

ACTIVIDADES

1. Fai un breve resumo do texto a partir da ilustración.

2. No texto faise referencia a un menciñeiro, ao que vai consultar Antón.


Marca o que é un menciñeiro.
Un farmacéutico.   Un curandeiro.   Un médico retirado que consulta na casa.

3. Responde.

• Acudiches ou acudirías ti a un menciñeiro? Xustifica se o farías ou non.

• En verdade ten Antón unha orella moito máis grande ca a outra? Explícao.

• Por que di seu cuñado que se trata dun caso de «sugestión colectiva»?

Porque é produto da imaxinación de todos. Porque é un caso interesante.

4. Marca os beneficios que lle sacou Antón á súa orella.


Casou con María de Don. Cobraba tres pesos por sesión.
Oía conversas a un quilómetro de distancia. As nais dos nenos deixábanlle un regalo.

49

301828 _ 0048-0057.indd 49 23/09/11 12:41


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

A descrición I
1.  A descrición
Describir é coma pintar un cadro ou facer unha fotografía, pero con palabras. A
descrición consiste en presentar as partes ou os trazos característicos de seres,
lugares, obxectos ou fenómenos, co fin de que o receptor poida formar unha
imaxe fiel deles. Podemos atopar descricións nos textos literarios, nos manuais
de instrucións, nos folletos turísticos, nas guías, nos catálogos...
A descrición pode ser obxectiva ou subxectiva:
• Cando o emisor se limita a reflectir o que ve sen manifestar os seus sentimentos e
empregando unha linguaxe rigorosa e precisa, realiza unha descrición obxectiva.
• Cando o emisor reflicte as opinións e as emocións que lle produce a realidade
que describe, falamos de descrición subxectiva.

2.  Como se fai unha descrición?


Para elaborar unha descrición debemos seguir estes pasos:
• Observar con atención a realidade que imos describir (aínda que tamén se po-
de describir algo imaxinario).
• Seleccionar o máis importante e descartar o que non ofreza interese.
• Ordenar dun xeito lóxico os elementos que previamente seleccionamos, por
exemplo, do xeral ao particular ou viceversa; desde o exterior cara ao interior;
de arriba a abaixo...
• Redactar a descrición utilizando un vocabulario axeitado e preciso, e empre-
gando recursos expresivos que destaquen máis as características do que se que-
re describir.

3.  A lingua das descricións


O adxectivo é unha categoría gramatical esencial nos textos descritivos porque é o
que expresa as características e os detalles do que describimos (cores, formas,
tamaños). Tamén son importantes as comparacións porque, ao describir, pode-
mos relacionar esa realidade con outra coñecida por todos. As enumeracións e as
referencias espaciais (detrás, onda, ao outro lado, etc.) tamén son moi frecuentes
neste tipo de textos. A coma é o signo de puntuación máis empregado.

ACTIVIDADES

1. Le con atención o seguinte texto e despois contesta.

A Berenguela é a máis alta das tres torres da catedral de Santiago, con 72 metros
de altura. Na parte alta ten unha fermosa cúpula, onde se sitúa a campá de dous
metros e medio de diámetro, considerada unha das mellores do mundo.
Na parte central da torre hai un reloxo, por iso tamén se chama a Torre do Reloxo.
Na parte baixa ten por dentro unha escaleira, que vai dar á balaustrada.

50

301828 _ 0048-0057.indd 50 23/09/11 12:41


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS 5

• Que se describe no texto?

• Que hai na parte alta?

• Por que se lle chama Torre do Reloxo?

• Como se ordenan os elementos que se describen?   De arriba abaixo.  De abaixo arriba.

• Que tipo de descrición é?   Obxectiva  Subxectiva

2. Le o seguinte texto e marca os datos que contén.


A gaita galega
Roncón Soprete
A gaita galega é un antigo instrumento musical de vento, moi impor-
tante na nosa música tradicional e mesmo na nosa música actual.
As partes principais da gaita son o fol, a bolsa que se enche de aire a
través do soprete, e os tubos con buratos que producen o son ao saír
o aire por eles. Estes tubos son o punteiro, de forma cónica, que serve
para dar as notas; o roncón, o máis longo, que se apoia sobre o ombro
do gaiteiro; e a ronqueta, que se apoia sobre o antebrazo.
Ronqueta
Nun principio, os foles eran de coiro e os diferentes tubos, de madeira. Punteiro
Fol
Na actualidade fanse tamén doutros materiais.
As gaitas adoitan levar, pendurando do roncón, algúns adornos: son os farrapos e as borlas.

• Marca os datos presentes no texto.


Clase de instrumento musical. Afinación das gaitas. Partes das gaitas.
Data exacta de aparición das gaitas. Materiais utilizados nas gaitas. Adornos das gaitas.

3. Describe ti unha gaita a un estranxeiro que non coñece este instrumento.

4. Relaciona cada personaxe da lectura


coa descrición que se fai del e di quen é.
1. Mozo de mediana estatura e arroibado.
2. Moi branca de pel.
3. Moreno e elegante.
4. Moza moi garrida.

• Engade un adxectivo máis para completar a descrición de cada un deles.

51

301828 _ 0048-0057.indd 51 23/09/11 12:41


ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

As partes do corpo
1. Pon ao lado de cada palabra o número correspondente.
queixo 1 meixela
cella 2 12 pómulo
3 11
meniña (do ollo) beizo
4 10
sen cabelo
9
5 8
cello orella
6 7
nariz testa

2. Completa as seguintes frases feitas coa palabra que cumpra.

• Con el non se pode contar, porque nunca bota unha .


ollo
• Non botes a a pacer, que é moi feo!
man
• Non llo dixen berrando, díxenllo coa pequena. dentes

• Eu xa non vou opinar, porque a min tenme de . boca


lingua
• Cando me viu a moto, caéronlle os todos.

3. Completa cada serie con outra palabra relacionada coa mesma parte
do corpo.
SINÓNIMOS
dedas, nocello, pé, coxa,
E ANTÓNIMOS
maimiño, corazón, furabolos, anular,
Dous termos son sinó­ antebrazo, ombreiro, man, pulso,
nimos cando teñen o
mesmo significado, nariz, orella, boca, fazula,
isto é, cando se pode
subs­tituír un polo outro.
4. Emparella cada termo co seu sinónimo.

fazula     barbela     fronte     tempa     labio



acender-prender
Dous termos son an- sen     meixela     beizo     testa     queixo

tó­n i­m os cando un
signi­f i­c a o contrario
do outro. 5. Escribe dous adxectivos antónimos para cada unha destas palabras.

• pelo F longo / curto • nariz F

• día F • auga F
acender apagar
• uña F • pé F

52

301828 _ 0048-0057.indd 52 23/09/11 12:41


5

ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA

O son B. A grafía v
Escríbense coa grafía v: Escríbense
con V
• As formas dos verbos que levan o son B e non teñen nin b nin v no seu
infinitivo. Exemplos: vou, tiven, estiven, estivera, tivera, estivese... avó, verza,
avogado,
Exceptúanse as terminacións -aba, -abas... do pretérito imperfecto da 1.ª conxugación. covarde,
• Os verbos vir, servir e vivir e os seus derivados. Exemplos: previr, convivir... esvelto,
• Os verbos acabados en -servar. Exemplos: conservar, observar... trevo, vulto,
vasoira,
• Despois de b, d. Exemplos: advertir, subvención... voda, varrer,
• Os adxectivos rematados en -ivo/a. Exemplos: deportivo, positivo... verniz,
Tamén se escriben con v moitas outras palabras que non atenden a unha regra fixa. vermello...

ACTIVIDADES

1. Escribe ao lado de cada verbo a palabra da que provén.

• vernizar F • conversar F • valorar F

• avermellar F • acovardar F • avultar F

2. Completa as palabras seguintes.

• ad erbio • ob iamente • acti o • sub ención

• progresi o • ad ertencia • vengati o • ad erso

3. Completa os seguintes tempos verbais.

conservo, , conserva, , conservades, .


vivo, vives, , vivimos, , .
, , observa, observamos, , observan.
vou, , , imos, ides, .
, vés, vén, , vides, .

4. Completa con b ou v as formas verbais das seguintes oracións.

• De e ter uns oitenta anos pero consér ase moi ben.

• Esti en con el e ti emos unha longa charla.

• Cando i iamos na aldea sempre esta amos xogando ao aire libre.

• Esti o moi entretida a película, pero agora ou marchar para a casa.

53

301828 _ 0048-0057.indd 53 29/09/11 16:53


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

A conxugación verbal I
1.  A conxugación
En galego, os verbos agrúpanse en tres conxugacións (conxunto de formas dun
mesmo verbo), segundo a terminación do infinitivo: a primeira conxugación,
formada polos verbos cun infinitivo acabado en -ar: cantar, andar, estudar…; a
segunda conxugación, formada polos verbos cun infinitivo acabado en -er: co-
mer, beber, bater…; e a terceira conxugación, formada polos verbos cun infiniti-
vo acabado en -ir: partir, vivir, ferir, fuxir…

2.  Os tempos verbais TEMPOS VERBAIS

Chamámoslle tempo verbal ao Presente falo


conxunto de formas verbais que si- Pretérito imperfecto falaba
túan a acción no mesmo tempo, Pretérito perfecto falei
Modo
que a presentan do mesmo xeito e indicativo Pret. pluscuamperf. falara
varían só no número e na persoa.
Futuro falarei
Os tempos verbais refírense ao tem-
po e tamén ao modo en que se sitúa Condicional falaría
a acción: o presente (de indicativo, Presente fales
subxuntivo e imperativo), os tem- Modo
Pretérito imperfecto falase
subxuntivo
pos de pasado –aos que lles chama-
Futuro falar
mos pretéritos– (de indicativo e de
subxuntivo); o futuro (de indicativo Modo
Presente fala
imperativo
e de subxuntivo) e o condicional.

3.  Verbos regulares e verbos irregulares


• Son verbos regulares os que manteñen a raíz igual en todas as súas formas e
toman as desinencias do verbo que lle serve de modelo: andar para a primeira
conxugación, bater para a segunda e partir para a terceira. Exemplo:

Presente Pretérito perfecto Futuro


andar (modelo) and-o and-ei and-arei
bailar bail-o bail-ei bail-arei

• Son verbos irregulares os que non manteñen a raíz igual en todas as súas for-
mas ou teñen distintas desinencias ca o verbo modelo. Exemplo:
Presente Pretérito perfecto Futuro
andar (modelo) and-o and-ei and-arei
estar est-ou estiv-en est-arei
bater (modelo) bat-o bat-ín bat-erei
facer fag-o fix-en fa-rei
partir (modelo) part-o part-ín part-irei
dicir dig-o dix-en di-rei

54

301828 _ 0048-0057.indd 54 23/09/11 12:41


ESTUDO DA LiNGUA • GRAMÁTICA 5

ACTIVIDADES

1. Indica a que conxugación pertencen os seguintes verbos e engade un máis de cada poñendo
ao lado a conxugación.

• ferver ( conx.) • desexar ( conx.) • bater ( conx.)

• tusir ( conx.) • rir ( conx.) • preguntar ( conx.)

• ( conx.) • ( conx.) • ( conx.)

2. Escribe cada forma verbal onde corresponda.


facer ir saber
• vou • fago • fun
• sei • souben • saberei
• farei • irei • fixen

3. Completa o cadro coa primeira persoa dos seguintes verbos nos tempos verbais indicados
e di se son regulares ou irregulares.
Podes empregar o apéndice verbal das páxinas 130-135.

Presente Pret. Perfecto Futuro REGULAR IRREGULAR


responder respondo respondín responderei SI NON
confundir
dicir
andar
facer
estar

4. Completa as oracións co condicional dos verbos indicados entre parénteses.


• Non sei se chegarían os paquetes cos agasallos! (chegar)

• Pensamos se nos de portal. (confundir)

• Carmela xa da súa excursión? (regresar)

• Dese xeito demasiado sinxelo. (parecer)

5. Cambia as seguintes oracións ao subxuntivo comezando por Poida que.

• El volve cedo para a casa. F Poida que el volva cedo para a casa.

• Non atendedes cando vos falo. F

• Ti marcha de aquí. F

• Nós reducimos a velocidade. F

• Eu escoito ben as explicacións. F

55

301828 _ 0048-0057.indd 55 23/09/11 12:41


LITERATURA

A rima
1.  A rima. Concepto
Dúas palabras riman entre si cando coinciden os sons situados a partir da vogal
acentuada. Exemplos:
axeitado e adecuado botella e mesa.
A rima é a igualdade total ou parcial dos sons que dúas ou máis palabras teñen
a partir da vogal acentuada. Se o acento da palabra recae nun ditongo, só conta
para os efectos da rima a vogal forte do ditongo. Exemplo:
paciente e semente
Hai moitas composicións que non teñen rima. Os versos destas composicións
denomínanse versos libres, cando son versos de distintas medidas, ou versos
brancos, cando teñen unha medida uniforme.

2.  Rima consonante e rima asonante


Dicimos que dous versos riman entre si cando a última palabra dun verso rima
coa última palabra doutro verso.
Hai dous tipos de rima: a rima consonante e a rima asonante.
• Na rima consonante repítense todos os sons da última palabra de cada verso
a partir da vogal acentuada. Exemplo:
Dendes o Lérez lixeiro, a
ás veigas que o Miño esmalta, b
non houbo no mundo enteiro, a
máis arrogante gaiteiro a
que o gaiteiro de Penalta. b
CURROS ENRÍQUEZ
• Na rima asonante repítense os sons vocálicos da última palabra de cada verso
a partir da vogal acentuada. Exemplo:
Chove, chove na casa do pobre
e no meu corazón tamén chove.
CELSO EMILIO FERREIRO

3.  A análise métrica


A análise métrica consiste en especificar a medida dos versos e a rima dun poe-
ma. A rima indícase asignándolles unha letra aos versos que riman entre si, co-
mezando polo a: cando os versos son de arte maior, escríbese unha letra maiús-
cula; cando son de arte menor, escríbese unha minúscula. Os versos que non
riman con ningún outro chámanse versos soltos, e represéntanse cunha raia.
Exemplo.
Coma un paxariño morto 8–
nas mans morréuseme o día, 8a
arrechegueino ao meu peito 8–
por ver se lle daba vida. 8b
LUÍS AMADO CARBALLO

56

301828 _ 0048-0057.indd 56 23/09/11 12:41


LITERATURA 5

ACTIVIDADES

1. Le o seguinte poema e responde.


A Rosalía
Do mar pola orela
mireina pasar:
na fronte unha estrela
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sen fin,
que aínda recei pola pobre da tola,
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que ides gardar.
Ai, dos que levan na fronte unha estrela!
Ai, dos que levan no bico un cantar!
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

• Este poema vai dedicado a unha famosa poeta galega. Escribe o seu nome completo.

• Escribe algunha expresión ou adxectivo referidos á protagonista do poema.

• Explica se o poema ten rima asonante ou consonante.

2. Le as seguintes coplas ou cantares populares e despois contesta.


Fixo ben a miña nai Catro cousas quere o amo
aprenderme a costureira, do criado que o serve:
vén a auga e non me molla, tarde á cama, erguerse cedo,
vén o sol e non me queima. comer pouco, andar alegre.

• Cal é o número de versos de cada poema?

• Hai versos soltos que non rimen con ningún outro? Cales?

• Cal é o tipo de rima que teñen estes poemas?

• Cales son os versos que riman entre si?

• Coloca unha letra aos versos que riman e unha raia aos que non riman.

57

301828 _ 0048-0057.indd 57 23/09/11 12:41


6
UNIDADE

Pedriño e Rañolas
Pedriño, o fillo máis vello de Farruco, veu vivir coa mais o desgraciado do Rañolas; ¿non haberá na vila
súa tía Ádega. El era manso, doce, obediente; pero ta- un rapaz do teu igual? Que o Noso Señor me perdoe,
mén lacazán, pousafoles e, máis ca nada, comellón e pero dáme noxo verte sempre con ese eivado!
lambeteiro. Pedriño calaba, baixando as orellas; mais axiña volvía
Endexamais podía ver comer sen pedir parte, e moitas polo seu amigo Rañolas, tratando de meterllo polos
veces daba noxo velo tan famento sempre, aínda que ollos á vella, con verbas cheas de sentimento.
tivese o fol estoupando de comida. Con todo, a tía Ádega non gustaba do Rañolas, aínda
Cando algún compañeiro comía unha mazá, Pedriño que lle tivese mágoa, pois o malpocado rapaz proviña
achegábase a el, paseniñamente, e dicíalle con verda- dunha caste ruín. A súa nai, enlordada de pés a cabe-
deira humildade: za, non había por onde collela. Era ladra, borracha e
–Non tires o carozo, eh! preguiceira.
Despois Pedriño enfiaba os ollos de boi de Belén na gor- Agás da súa familia e da súa facha, o Rañolas era moi
xa do compañeiro, co degoiro dun mendigo que olla agudo, moi entendido e moi bo, segundo dicía Pedri-
unha comida de casamento, e dicíalle moi untuoso: ño, e a tía Ádega remataba calando e consentindo na-
–Ben me podías deixar parte! quela amizade.
Sabía o gran comellón que a comida non presta se un Na noitiña dos días de verán, Pedriño e mais o Raño-
famento nos está observando, e de cada bocado que las sentábanse a falar na porta da tía Ádega.
recibía a mazá, Pedriño alarmábase: –Pois eu –dicía o comellón–, se fose moi rico comería
–Que chantada lle metiches! Se lle dás outra, nin chis- tres tortas diarias.
co queda dela! –Pois eu –dicía o eivado–, se fose moi rico, moi rico,
Pedriño non deixaba de ollo ao rapaz da mazá deica andaría sempre dacabalo dun cabalo branco.
sacarlla da boca pola persuasión. Os dous amigos, sentados a plan, comían as peras e as
O mellor que se podía inventar para comer con mazás que o Rañolas sacaba da camisa, de a rentes do
acougo unha mazá, estando diante de Pedriño, era coiro. Pedriño pagáballe ensinándolle as letras.
darlle outra a el, guindándolla de lonxe. E cumpría –Mañá podes ir aos pexegos do secretario.
comer ben ás carreiras, porque, se non, aínda viña o –Ti moito falas, pero ten un can que…! Eu iría ás ma-
lerchán en demanda de carozo. zás do cura, pero aos pexegos do secretario…!
O seu amigo máis achegado era o Rañolas, un rapaz –Pois se non traes pexegos, xa non ando máis contigo.
eivadiño das pernas, que andaba en crequenas, por E o pobre Rañolas aparecía ao seguinte serán coa
ter as extremidades encollidas. As pernas do Rañolas chambra inflada de pexegos.
estaban tan encartadas que para andar de présa tiña CASTELAO,
que axudarse das mans, camiñando a catro pés. Os dous de sempre.
A tía Ádega sempre lle berraba (Adaptación)
ao sobriño:
–Eu non sei que an-
dades a facer, ti e

58

301828 _ 0058-0067.indd 58 23/09/11 12:41


COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA 6

Claves da lectura Vocabulario


Este fragmento da novela Os dous de sempre Pousafoles: preguiceiro, lento, calmoso.
de Castelao descríbenos aos seus principais Degoiro: ansia, impaciencia, desexo de comida.
protagonistas, os rapaces Pedriño e Rañolas.
Untuoso: de xeito suave, adulador e moi meloso.
Móstrasenos a Pedriño como un preguiceiro e
Eivadiño: tolleito, impedido dalgún membro do
un lambón, que só pensa na comida e que
corpo.
non ten iniciativa nin ánimos para nada que
non sexa comer. Pola contra, Rañolas aparece Enlordada: emporcada, enzoufada.
como un mozo impedido das pernas, pero Coiro: pel, pelello do corpo.
moi vivo e esperto de carácter. Chambra: especie de camisa ancha e frouxa.

ACTIVIDADES

1. Marca cal é o tema principal da lectura. A opinión da tía Ádega sobre o Rañolas.
A causa de que Pedriño sexa tan larpeiro.
A relación entre Pedriño e Rañolas.

2. Explica. Por que despreza a tía Ádega ao Rañolas? Cres que fai ben?

3. Di se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas e razóaas.


É
• Pedriño era un aproveitado pero tiña bo corazón. F Verdadeiro porque

Falso porque D

• A tía Ádega quería o mellor para o sobriño. F Verdadeiro porque A


h
Falso porque

• Rañolas deixaba que Pedriño abusase un pouco del. F Verdadeiro porque

Falso porque

4. Escribe brevemente o que esperas ti do teu mellor amigo ou amiga.

59

301828 _ 0058-0067.indd 59 23/09/11 12:41


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

A descrición II. O retrato


1.  A descrición de persoas. O retrato
Cando describimos, máis ou menos detalladamente, o aspecto físico dunha per-
soa e o seu carácter ou personalidade facemos un retrato. No texto da páxina
anterior, pertencente á novela de Castelao Os dous de sempre, o autor retrata a
Pedriño e a Rañolas, os dous personaxes da novela.
Segundo a intención 1.1.  Como se elabora un retrato?
do autor (ridiculizar,
loar, menosprezar, etc.) Á hora de realizar un retrato é importante:
o ton da descrición pode
ser iró­n ico, • Destacar os elementos máis característicos de xeito claro e eliminar os que
caricaturesco, crí­tico, sexan innecesarios.
obxectivo, serio, etc. – Na descrición física: os aspectos xerais (altura, corpulencia), os detalles
Na imaxe, busto
caricaturesco de Vicente concretos (cara, extremidades) e outros aspectos (roupa, calzado, peiteado).
Risco. – Na descrición psicolóxica: o carácter ou forma de ser (tímido, aberto, reser-
vado), comportamento e relación co contorno (solidario, egoísta, confiado),
afeccións e gustos (ler, facer deporte, viaxar).

1.2.  A caricatura
A caricatura é un tipo de retrato que só pretende destacar as características físi-
cas e de personalidade máis relevantes do personaxe, normalmente coa intención
de ridiculizar, deformar ou facer unha loanza. O resultado acostuma ser seme-
llante ás caricaturas en pintura, é dicir, adoita ser un retrato esaxerado e distor-
sionado.

ACTIVIDADES

1. Indica cal das seguintes descricións sería física (F) e cal psicolóxica (P).
Unha descrición centrada no rostro e na roupa dunha persoa.
Unha descrición que explica o carácter e os gustos dunha persoa.

2. Nas descricións son moi importantes os adxectivos.


Indica dous adxectivos que che servirían para describir cada un dos seguintes elementos.

• Unha mazá F   

• Un corvo F   

• Unha princesa F   

• Unha flor F   

• Un xoguete F   

• Un gato F   

60

301828 _ 0058-0067.indd 60 23/09/11 12:41


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS 6

3. Le o seguinte texto e contesta.


Don Celidonio
Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra
seda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semella
que botan unto derretido; as nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo.
O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no verán súao en regueiros aceitosos e en pingo-
tas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro. Así como é graxen-
to o corpo, tamén o miolo de don Celidonio: se lle escachasen a testa, en lugar de sisos
habían atopar un unto. Corpo e alma tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio
é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, mesturada e revolta,
co mesmo adubo de ourego e pemento...
VICENTE RISCO, O porco de pé. (Adaptación)

• Marca a que pensas que é a intención do autor.


loar     agradar     menosprezar     ridiculizar

• A que animal recorda a descrición de Don Celidonio?

• Pensas que esta descrición podería cualificarse como unha caricatura? Explícao.

4. Le a seguinte descrición psicolóxica extraída de Matilda de Roald Dahl.


Despois engade algúns trazos físicos sobre como pode ser esa persoa.
A señorita Honey era unha señora apracible e discreta, que nunca levantaba a voz e a quen raramente
se vía sorrir; pero, sen dúbida, tiña o don de ser adorada por todos os nenos que estaban a cargo dela.

5. Elixe unha das seguintes fotos e realiza un retrato da persoa


escollida. Debes comezar polo aspecto físico e logo imaxinar
os seus trazos de carácter.

6. Intenta explicar en que se semella e en que se diferencia un retrato dunha caricatura.

61

301828 _ 0058-0067.indd 61 23/09/11 12:41


ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

As calidades persoais
1. Clasifica as seguintes calidades persoais en positivas e negativas.
• xenerosidade • covardía • indiscreción
• pesimismo • sinceridade • prudencia
• modestia • vaidade • lealdade

Positivas
Negativas

2. Indica un sinónimo de cada unha das seguintes palabras de entre


os termos do exercicio anterior.
• humildade F • precaución F
• fidelidade F • franqueza F

3. Como cualificarías ti a unha persoa que tivese as seguintes calidades?


Escribe o adxectivo máis preciso posible.

Persoa constante, que non se dá por vencida. F tenaz


Quen se preocupa moito dos cartos e intenta gastar ou
F
dar o menos posible.
Persoa que se valora excesivamente a si mesmo ou o
F
que ten.
Persoa vergonzosa e retraída á que lle custa relacionar-
F
se cos demais.
Dise de quen fala de máis ou de cousas que non debe. F
FAMILIA
DE PALABRAS Alguén que é moi pouco falador. F

As palabras que teñen


4. Completa as familias de palabras incluíndo polo menos un termo máis
unha mesma orixe e
en cada unha. Consulta o dicionario se é preciso.
comparten unha mes-
ma raíz ou lexema
constitúen unha fa- digno, indignar, dignamente, , .
milia de palabras. Por divertido, divertir, divertimento, , .
exemplo, da familia de
cumprido, cumprimento, cumprir, , .
pinga son pingar, pin­
guei­ra... Algúns dicio- agradecido, agrado, agradecer, , .
narios inclúen infor- educado, educación, educar, , .
mación sobre a familia
de palabras.
5. Enche o cadro con termos pertencentes á familia de palabras
dos vocábulos propostos.

Verbos precaver honrar


Substantivos precaución humillación legalidade
Adxectivos precavido ruinoso

62

301828 _ 0058-0067.indd 62 23/09/11 12:41


ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA 6

A grafía h

A grafía h non representa ningún son. En galego levan h as palabras que xa o le-
vaban na lingua da que proceden. Por exemplo: HARMONIA (latín) F harmonía.
Escríbense con h: Con H Sen H
• As formas dos verbos haber, habitar, herdar e honrar. harmónica, ovo, oco,
• As palabras que comezan polos prefixos hecto- (‘cen’), hexa- (‘seis’), hiper- (‘por herba, baía, orfo,
riba de’), hidro- (‘auga’), homo- (‘igual’), hemi- (‘metade’). horta, ombro,
• As palabras que comezan por horr-, hum-, hosp-. Exemplos: horror, húmido, hós- prohibir, óso, ola,
pede. hedra, inchar,
• As palabras derivadas doutras que levan h. Exemplo: honra F deshonrar. vehículo... úmero...

ACTIVIDADES

1. Completa con h cando cumpra.

• Naquel ostal abía unha umidade orrible.


1. U
• Dise que antigamente os erdeiros da coroa real só podían ser omes.

• oxe en día ai moitos ipermercados por a í.

• O medo á auga chámase idrofobia.

2. Copia o texto e ponlles h ás palabras que deban levalo.


Un ome foise polo mundo e deixou na casa desabitada os poucos
aforros que tiña, metidos nunha arca amarrada cun adival. Andado o
tempo, a casa caeu, e un día uns canteiros foron buscar as pedras que
alí abía. Atoparon a arca amarrada cunha cobra e, ao querer escorren-
tala, esta botouse a eles.
X. PISÓN, M. LOURENZO, I. FERREIRA, Contos do Valadouro. (Adaptación)

3. Completa os seguintes tempos verbais.

habito, , habita, , habitades, .


había, , , habiamos, habiades, .
, , honra, honramos, , honran.
, herdas, herda, , herdades, .

63

301828 _ 0058-0067.indd 63 29/09/11 16:54


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

A conxugación verbal II
1.  Verbos con alternancia vocálica na raíz
Nalgúns verbos prodúcese unha variación na vogal da raíz ou lexema. Aínda
así, considéranse regulares. Destacan estes dous modelos:
MODELO SERVIR
Pres. de indicativo sirvo serves serve servimos servides serven
Pres. de subxuntivo sirva sirvas sirva sirvamos sirvades sirvan
Imperativo sirve servide

Seguen este modelo: ferir, mentir, sentir, seguir e os seus derivados.

MODELO FUXIR
Pres. de indicativo fuxo foxes foxe fuximos fuxides foxen
Pres. de subxuntivo fuxa fuxas fuxa fuxamos fuxades fuxan
Imperativo fuxe fuxide
Seguen este modelo: acudir, bulir, cubrir e derivados (descubrir, encubrir), cumprir ‘ser ne-
cesario’, cuspir, durmir, fundir, lucir, sacudir, subir, sufrir, tusir, ulir e xurdir, entre outros.

TEN EN CONTA 2.  Irregularidades no grupo do pretérito


Irregularidades A maioría dos verbos irregulares teñen unha raíz común para as formas dos
no grupo de futuro tempos de perfecto (pretérito perfecto de indicativo, pretérito pluscuamperfec-
Os únicos verbos que te- to de indicativo, pretérito imperfecto de subxuntivo…). Exemplos:
ñen irregulares o futuro
Indicativo Subxuntivo
e o condicional son fa- Verbo Raíz
cer e dicir e os seus de- Pret. Perfecto Pret. Pluscump. Pret. Imperf.
rivados. Exemplos: caber coub- couben coubera coubese
Facer F farei, farás… /
haber houb- houben houbera houbese
faría, farías…
saber soub- souben soubera soubese
Dicir F direi, dirás… /
diría, dirías… poñer/pór pux- puxen puxera puxese
estar estiv- estiven estivera estivese
poder puid- puiden puidera puidese

3.  Irregularidades no grupo do presente


Normalmente, se a primeira persoa do presente de indicativo é irregular, ta-
mén o é o presente de subxuntivo. Exemplos:
Verbo Pres. de indicativo Presente de subxuntivo
caber caibo caiba, caibas, caiba, caibamos, caibades, caiban
facer fago faga, fagas, faga, fagamos, fagades, fagan
poñer/pór poño poña, poñas, poña, poñamos, poñades, poñan
valer vallo valla, vallas, valla, vallamos, vallades, vallan

64

301828 _ 0058-0067.indd 64 23/09/11 12:41


ESTUDO DA LiNGUA • GRAMÁTICA 6

ACTIVIDADES

1. Escribe en presente de indicativo estas oracións. Fixate na alternancia vocálica do verbo.

• Meu avó durmiu doce horas seguidas. F Meu avó dorme doce horas seguidas.

• Os discípulos seguiron confiados ao mestre. F

• A bolsa non serviu para gardar iso. F

• Ti subiches ao Pico Sacro. F

2. Escribe as formas que resultan. Despois indica o tempo verbal.

-en -eches -o -emos -estes -eron


coub- couben coubeches coubo coubemos coubestes couberon
soub-
houb-
estiv-
tiv-
puid-
TEMPO VERBAL:

3. A forma verbal que vai riscada é incorrecta. Escribe ao lado a forma correcta.

• Os meus pais dicen que son moi desordenado.

• Díronme un premio por unha redacción sobre o cambio climático.

• Non importa, xa o facerei eu.

• Nós non tuvemos culpa de que vos castigasen no recreo.

4. Completa o cadro.

Pret. perf. indicativo Pret. plusc. indicativo Pret. imperf. indicativo Verbo
fixen fixera fixese facer
puxese
quixemos
trouxerades
dixese

5. Completa as secuencias con verbos en presente de subxuntivo.

• Ven cando ti (querer).

• Non testán e dános a razón. (ser)

• Non creo que ir ao parque acuático. (poder)

65

301828 _ 0058-0067.indd 65 23/09/11 12:41


LITERATURA

A estrofa
1.  A estrofa. Concepto
Normalmente, os versos dun poema agrúpanse en unidades que reciben o no-
me de estrofas. Unha estrofa está composta por un conxunto de versos, cun
mesmo número, unha mesma rima, que se repiten varias veces ao longo dunha
composición.
Por exemplo, a seguinte estrofa responde ao esquema 6a 6b 6a 6b.
Teño un año branco, 6a
como outro non hai, 6b
teño un año branco 6a
que quedou sen nai. 6b
MANUEL MARÍA
Con todo, hai moitas composicións poéticas que non utilizan ningunha estrofa
clásica.

2.  Principais clases de estrofas


Os principais tipos de estrofas son o pareado, o terceto, o cuarteto, a redondilla,
o sirventés e a cuarteta.
• Pareado. Estrofa de dous versos que riman entre si.
Veño de Vigo e vou para Cangas, 11A
todas as mozas me miran as mangas. 11A
POPULAR
• Terceto. Estrofa de tres versos de arte maior que riman en consonante segun-
do o esquema ABA.
De súpeto viñeches con esa lonxanía 11A
caraveliño feble en terra ventureira, 11B
e eu abrín outra nova fiestra para o día. 11A
AVILÉS DE TARAMANCOS
• Cuarteto. Estrofa de catro versos de arte maior que riman en consonante se-
gundo o esquema ABBA.
Todo o tiñas de teu... e nada tiñas 11A
a non ser a fervenza do teu peito, 11B
lastimado de lóstregos, maltreito, 11B
polas salgadas virazóns mariñas. 11A
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
Se os versos son de arte menor, a estrofa chámase redondilla (abba).
• Sirventés. Estrofa de catro versos de arte maior que riman en consonante se-
gundo o esquema ABAB.
Desorballando os prados coma sono 11A
o tempo vai de Parga á Pastoriza. 11B
Vaise enterrando, suco a suco, o outono 11A
un paso adiante e outro atrás, Galiza. 11B
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Se os versos son de arte menor, a estrofa chámase cuarteta (abab).

66

301828 _ 0058-0067.indd 66 23/09/11 12:41


LITERATURA 6

ACTIVIDADES

1. Le o seguinte pareado e xustifica por que se trata deste tipo de estrofa.
Terra de labradío
A terra arada e labrada
só quere ser sementada!
MANUEL MARIA

• Intenta facer ti un pareado.

2. A seguinte estrofa é un terceto. Pon tres características que o confirmen.


Deixo a miña palabra sen máis flores
e digo só que foi home cabal
home bo e cabal sen máis louvores.
DARÍO X. CABANA

3. Á seguinte estrofa fáltalle un verso para ser unha redondilla. Engade ti un e complétaa.
Pensa que debe de ter oito sílabas e rimar co primeiro verso.
Non quero ter máis regalos;
para min é suficiente
só quero ter ben presente

4. Completa o seguinte sirventés de Curros Enríquez


cunha palabra que consideres axeitada. Ten coidado,
cada verso non pode pasar de once sílabas.
Da aldea fumegan as tellas;
detrás dos petoutos vai póndose o sol;
retornan prós eidos as ovellas
riscando nas beiras o céspede mol.

5. Completa as características da seguinte estrofa e intenta identificar de que estrofa


das que vimos na páxina anterior se trata.

Núm. sílabas Esquema da rima Tipo de rima


Galicia é un outono puro e bon,
un río que decorre mansamente, Asonante
lume abrasador, fértil semente, Consonante
futuro presentido e en sazón.
MANUEL MARIA

NOME DA ESTROFA

67

301828 _ 0058-0067.indd 67 23/09/11 12:41


7
UNIDADE

Os catro ríos de Outeiro de Rei


No lugar en que comeza ou remata a Terra Chá hai A xente quedou moi leda. Xa tiñan un río grande, un
unha vila que se chama Outeiro de Rei. O nome de mediano e un pequeno. Agora precisaban un regato.
Outeiro vénlle de estar situado no alto. O apelido de Levaron o debuxo aos lugares polos que querían que
Rei débese a que é a vila máis fermosa da comarca. pasase. Pero, por moito que se esforzaban, o soño non
Tanto é así que as outras vilas dos arredores fixérona se facía realidade.
capital do seu concello. Entón procuraron ao rapaciño calado e melancólico
Outeiro de Rei, no comezo da súa vida, tivo tres ríos: para que os aconsellase. Pero o rapaciño ía na romaxe
o Pai Miño ou Río Grande, que vén atravesando toda de Santo Alberte. Este santo dálles o don da palabra
a Terra Chá, ancho, solemne, vigoroso, recreándose a aos devotos.
ollar a beleza das súas propias ribeiras. O Ladra, de Cando o rapaz, que se chamaba Manueliño de Paderna,
augas tépedas, que baixa entre árbores, para morrer volveu, a sorpresa da xente foi enorme: falaba en verso!
no Miño; as súas augas cantareiras non desaparecen:
Manueliño de Paderna colleu o soño debuxado por
mestúranse coas do Miño para darlles un pouco máis
Ramón Lamote e, seguido por todos os veciños, foi a
de alegría. E finalmente o río Pequeno.
un lugar do monte e dixo:
Os veciños de Outeiro de Rei vivían felices traballan-
do os eidos, coidando o gando e celebrando as súas Auguiña pura e sinxela
romarías. Pero un día souberon por boca dun cantor agroma e faite fontela.
vagabundo que cantou unhas cancións que dicían que E a auga saíu á superficie e agromou e
no Paraíso Terreal había catro ríos. Desde entón, co- comezou a correr monte abaixo. Os ve-
mezaron a andar desacougados porque eles soamente ciños seguírona marabillados. Paderna
tiñan tres ríos e desexaban ter catro coma o Paraíso parou e dirixiuse á auga e díxolle:
Terreal. Que menos! Descansa. Vai amodiño.
Formaron unha comisión para que xestionase un no- Encórate: tes que mover un muíño!
vo río. Falaron co crego, que dixo misas, organizou
procesións, entrevistouse co bispo, co arcebispo e co
papa. E nada. O novo río non apareceu. Entón a co-
misión recorreu ao alcalde, á corporación municipal e A auga encorouse. Cando o encoro
ao xuíz. Estas autoridades cobraron axudas, redacta- estivo cheo, a auga que revertía se-
ron informes, visitaron ao presidente da Xunta e ao guiu o seu camiño. Paderna volveu
da Unión Europea. E nada. falar:
Os veciños estaban sen saber que facer nin a Neste lugar de Cepelo
quen acudir, cando un rapaciño calado e me- o rego xa é un regato
lancólico subiu ao quiosco da música da pra- e mesmo namora velo.
ciña do Concello, tocou o corno tres veces e, can- As augas, emocionadas, comezaron a cantar. Ao che-
do ollou xuntos os veciños que acudiron, díxolles: gar a Barciela, Paderna parou, ollou o sol que se esta-
–Se queremos un río, temos que soñalo. E aparecerá. ba poñendo e exclamou:
Teño un amigo en Lugo que se chama Ramón Lamote
Regato, rego ou regueiro:
e é debuxante de soños por encarga. Que cada un so-
é hora de descansar.
ñe o río que queremos e chamámolo para que nolo
Despide as terras de Outeiro
debuxe, pagándolle, como é natural, o seu traballo.
que xa chegaches ao teu mar!
A xente quedou pampa. Despois comezou a discutir.
Por remate estiveron conformes. E as augas do regato metéronse, mansamente, no río
Pequeno que as leva ao Miño.
Cando cada un tivo soñado o seu río, Ramón Lamote
veu a Outeiro de Rei. Instalouse na taberna e cada ve- Esta é a razón pola que Outeiro de Rei ten catro ríos: o
ciño íalle contando o seu soño. Cos soños de todos Miño ou río Grande, o río Ladra, o río Pequeno… e o
fixo un só. Debuxouno e nel puxo toxos, bouzas, ár- regato. Agora a xente anda moi leda e fachendosa.
bores, prados, pontellas, labradíos e dous muíños. O Máis non se pode pedir.
debuxo era un regato. MANUEL MARÍA, A tribo ten catro ríos. (Adaptación)

68

301828 _ 0068-0077.indd 68 23/09/11 12:44


COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA 7

Claves da lectura Vocabulario


Este texto dános unha explicación fantástica da orixe Eidos: terreos cultivados, xeralmente pre-
dos ríos que atravesan o concello de Outeiro de Rei, to da casa onde se vive.
situado na Terra Chá, na provincia de Lugo. É a vila Bouzas: terreos non cultivados, a monte.
natal do autor do texto, o poeta Manuel María.
Pontellas: pontes pequenas e estreitas,
Nárranos o texto como os habitantes do concello xeralmente de madeira.
deciden que precisan un novo río e fan o posible Agroma: bota gromos, nace.
para conseguilo. Por fin, grazas a un personaxe
Encorouse: quedouse parada nun sitio for-
chamado Manueliño de Paderna e ao debuxante de
mando un encoro.
soños Ramón Lamote, o que tanto desexan convér-
tese en realidade. Revertía: saía por fóra.

ACTIVIDADES

1. Responde.

• A que se dedican os veciños de Outeiro de Rei?

• Onde está situada esta vila?

2. Escribe, na orde de maior a menor, o nome dos catro ríos de Outeiro de Rei.

Río 1 Río 2 Río 3 Río 4



I I I I

3. Por que os veciños de Outeiro de Rei deciden que queren outro río? Explica.

4. Responde.

• Quen é Ramón Lamote?

• Onde vive?

• A que se dedica?

• Debería existir realmente alguén co oficio de Lamote? SI NON

• Por que?

69

301828 _ 0068-0077.indd 69 23/09/11 12:44


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

A guía e o catálogo
A guía e o catálogo son textos en que a descrición ten un papel moi importante,
pero debaixo desas denominacións aparecen tipos de textos moi distintos entre si.
Comparten, non obstante, a enumeración de elementos, a finalidade práctica e a
importancia das fotos e das ilustracións que os acompañan.

1.  A guía
A guía é un texto de carácter descritivo que de xeito claro nos dá información,
ordenada alfabeticamente ou doutro xeito, sobre un lugar, o funcionamento dun
aparello, os enderezos e teléfonos ou outras cousas. Destacamos dous tipos de
guías:
Ofrece información sobre unha cidade, un lugar ou un país.
Guía turística Nela ofrécense datos de distintos tipos: históricos, gastro-
nómicos, sobre servizos, etc.
Dá información moi ampla, precisa e clara sobre distintos
Guía científica elementos (aves, réptiles, cogomelos…).

2.  O catálogo
O catálogo é un texto de carácter descritivo en que se ofrecen relacións ordena-
das de determinados seres ou obxectos. Destacamos tres tipos de catálogos:
É un ficheiro alfabético (tradicional ou dixital) en que se dá
Catálogo conta dos fondos dunha biblioteca ordenados por autores,
bibliográfico temas ou títulos.
Catálogo dun museo Achéganos a relación de obras que acolle xunto coa data-
ou exposición ción, procedencia e ilustración.
Tamén ofrece descricións pero, neste caso, a descrición
Catálogo comercial do produto persegue uns fin publicitarios que favorezan
a comercialización.

ACTIVIDADES

1. Le os seguintes títulos e indica ao lado que tipo de guías ou catálogos poderían ser.

• Guía de Galicia F Guía turística

• Catálogo Ikea 2012 F 

• Guía das árbores de Galicia F 

• Exposición «Galicia no tempo» F 

• Guía bibliográfica da lingüística galega F 

70

301828 _ 0068-0077.indd 70 23/09/11 12:44


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS 7

2. Completa a seguinte ficha coma se formase parte dun catálogo de monumentos


arquitectónicos galegos. Consulta os datos que precises.

ARQUITECTURA
Monumento Catedral de Santiago de Compostela
Época
Estilo arquitectónico
Localización
Comentarios

3. Le o seguinte texto e contesta.


O Teatro Principal
O teatro da vila fixo cen anos hai unhas semanas. Pese á súa antigüidade,
é un edificio coidado, moi ben conservado. No amplo vestíbulo destaca
a espectacular araña de vidro que, ademais de iluminar a estancia, lle dá
un aire refinado e señorial. A entrada ao patio de butacas é impresionan-
te. A vista vaise inevitablemente ao fondo, cara ao pano de veludo do enor-
me escenario, flanqueado polos palcos decorados con molduras douradas.
Tres pisos arrodean o patio de butacas, que contribúen a crear un ambien-
te cálido e envolvente, de boa acollida aos actos que alí se celebran.

• En que tipo de Guía incluirías esta descrición: Guía turística. Guía científica.
• Marca os elementos que aparecen mencionados ao describir o teatro.
Estado de conservación. A lámpada en forma de araña do vestíbulo.
Os chans e os teitos. O foxo dos músicos.
Cantos pisos hai. O patio de butacas e o escenario.

4. Distingue a que tipo de catálogo pertencería cada un dos seguintes textos.

Colección Un neno individualista que só E Xoel aprendeu


E Xoel aprendeu
a voar
magdalena tiña interese polas videocon- a voar
Marica Campo
Ilustración de cuberta Noemí López Vázquez
Marica Campo
Marica Campo

Trátase de formas solas e pola Internet, apren- Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas
ten vida fóra da PSP e da rede. O misterio
de Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais
demasiado atarefados. Eunice, a moza

de unha lección moral e edu-


brasileira pola que suspira o protagonista.
E Xoel aprendeu a voar

Fábio, Daniel e Sara, os outros amigos

concibidas baixo o
que secundarán as andainas de Xoel.
Don Santiago, o avó que constrúe
un motoveleiro e vive os remorsos dunha

cativa, a partir dunhas mensa-


gran mentira. Estes e outros personaxes
ao servizo dunha novela que mantén

influxo de ideas con intención innovadora e


o interese e a intriga ata o final.

asociadas ao racionalismo imperante na dé- xes que lle envía ao ordenador ISBN: 978-84-8224-891-2

cada de 1960. unha persoa anónima. 9 788482 248912

Cubierta rapaz.indd 1 20/5/09 12:47:08

CATÁLOGO CATÁLOGO

5. Realiza unha descrición dalgún animal coma se fose para unha guía científica.
Podes buscar información en enciclopedias ou na Internet.

71

301828 _ 0068-0077.indd 71 23/09/11 12:44


ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

O exterior da vivenda
1. Copia cada unha destas palabras co seu número correspondente.

11. balconada 17. porta


12. cheminea 18. cancela
13. pararraios 19. contras
14. cataventos 10. chanzos
15. galería 11. tellado
16. cornixa 12. varanda

2. Enche os ocos cos nomes de tipos de construcións a que se refiren.

rañaceos - pazo - cabana - cortello - cabazo

• Un cabazo é onde se garda o millo ou outros produtos da colleita


para secalos e para gardalos dos ratos e doutros animais.
• Un é unha casa grande, antiga, de pedra, onde viviu
unha familia fidalga. Normalmente está no campo.
• Unha é unha construción pequena feita de madeira
ou de palla e que se emprega como refuxio, aínda que nalgúns lugares
tamén é vivenda.
• Un é un edificio moi alto e con moitos andares.
• Un é unha construción próxima á casa que serve
para gardar os animais domésticos.

3. Risca a palabra intrusa que non sexa do campo léxico e explica por que.

pechadura - timbre - aldraba - lintel - parede

Explicación:

pasamáns - ferrollo - chanzo - varanda - relanzo

Explicación:
CAMPOS LÉXICOS
galiñeiro - canceira - corte - carreiro - palleira
Son conxuntos de pa-
la­bras que se relacio- Explicación:
nan entre elas polo seu
sig­nificado. Por exem­
plo: cas­tiñeiro, pereira, 4. Relaciona cada palabra co seu sinónimo.
ma­cei­ra... son do cam-
po lé­xico das árbores; alicerces • • lumieira
e león, cabalo, aguia... bufarda • • faio
son do campo léxico
trabe • • cimentos
dos ani­mais.
faiado • • viga

72

301828 _ 0068-0077.indd 72 23/09/11 12:44



ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA 7

A grafía x. O dígrafo ll
A grafía x pode representar dous sons diferentes: Levan X
• Un son coma o que pronunciamos en lonxe ou xardín. xeso, xaxún, inxectar,
• Un son ks coma o que pronunciamos en sexto ou exótico. Aparece este son no proxecto, xacer, xema,
xilaba, paxá, caxemira...
prefixo ex- (‘fóra de’) e extra (‘por encima de’). Exemplos: expulsar, extraordinario.
O dígrafo ll representa o son que atopamos en pallaso ou tella. Ás veces, pola in-
fluencia do castelán, nalgunhas palabras tende a usarse x no lugar do ll, cando o co-
rrecto é usar un ll. Así, escríbense con ll: vasilla, antollo, atallo, baralla, burbulla, coe-
llo, cella, lentella, ollal, partilla...

ACTIVIDADES

1. Distribúe as seguintes palabras escritas con x Exame (ks) Xamón


segundo esta se pronuncie ks coma en exame
ou se pronuncie coma en xamón.

asfixia - estoxo - xenro - tóxico - texto - léxico


xersei - traxecto - graxa - máximo

2. Completa con x ou ll as palabras destas casas.

C O E O V A S I A T E A
R E I A E O N O E S O
E A D A E N E Ñ O O A L
A T A O P A R E A N O O

3. Escribe unha palabra derivada das seguintes.

• antollo F • xabón F

• parella F • proxecto F

• baralla F • atallo F

4. Completa con x ou s as seguintes palabras.

• e traordinario • e celente • e acto

• e caso • e peranza • e pecial

• e ame • e quisito • e cravo

• o í eno • e i ente • e a erar

73

301828 _ 0068-0077.indd 73 29/09/11 16:58


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

O adverbio. Os enlaces
1.  O adverbio
Os adverbios son palabras invariables en xénero e número que poden modifi-
car un verbo, un adxectivo, outro adverbio ou mesmo unha oración.

1.1.  Os adverbios e as locucións adverbiais


Os adverbios e as locucións adverbiais (combinacións de dúas ou máis palabras
que equivalen a un adverbio) clasifícanse segundo o seu significado. Poden ser:
Adverbios: aquí, aí, alí, dentro, fóra, preto, lonxe, arriba, abaixo,
De lugar diante, atrás, algures, ningures…
Locucións adverbiais: á beira, ao redor, por riba, por baixo…
Adverbios: hoxe, mañá, onte, agora, despois, antes, logo, entón,
De tempo daquela, cedo, tarde, axiña, mentres…
Locucións adverbiais: a destempo, a deshora, a diario, aos poucos…
Adverbios: así, ben, mal, paseniño... e todos os rematados en -mente.
De modo
Locucións adverbiais: ao xeito, ao chou, a eito, de súpeto…
Adverbios: abondo, bastante, case, menos, máis, só, pouco…
De cantidade
Locucións adverbiais: de menos/máis, de sobra, de todo, a medias…
Adverbios: si, abofé, tamén…
De afirmación
Locucións adverbiais: de certo, de verdade, de seguro que si…
Adverbios: non, sequera, tampouco…
De negación
Locucións adverbiais: de ningún xeito, de ningún modo…
Adverbios: quizais, seica, acaso, disque…
De dúbida
Locucións adverbiais: ao mellor, se cadra…

2.  Os enlaces
Os elementos de enlace son palabras que serven para unir ou relacionar pala-
bras ou grupos de palabras. Por exemplo: café con leite; alto e fraco.

2.1.  As preposicións
As preposicións son palabras invariables que relacionan unha palabra con
outra que lle serve de complemento. Exemplos:
Chocolate con churros. Típico de Silleda. Imos en grupo. Diante de ti.
As principais preposicións son a, agás, ante, ata, canda, con, conforme, con-
tra, de, deica, desde, durante, en, entre, excepto, onda, para, perante, por,
segundo, sen, sobre, xunta.

2.2.  As conxuncións
As conxuncións son palabras invariables que unen dúas palabras nunha ora-
ción ou ben dúas oracións entre elas. Exemplos:
Roi e Lúa son amigos. Roi está contento porque está de vacacións.
As principais conxuncións e locucións conxuntivas son e, nin, ou, pero, se-
nón, que, se, aínda que, porque, para que, polo tanto, a pesar de que, ma-
lia que, posto que...

74

301828 _ 0068-0077.indd 74 23/09/11 12:44


ESTUDO DA LiNGUA • GRAMÁTICA 7

ACTIVIDADES

1. Clasifica os adverbios destacados segundo


o seu significado na categoría que lles corresponda. De cantidade
De tempo
Antonte despois de xantar, Xián deitouse e durmiu a sesta
case ata as cinco da tarde. Seica estivo alí na cama soñando De lugar
que non comezaban as clases ata decembro, pero a felicida- De dúbida
de soamente lle durou ata espertar. Ao erguerse dixo: «Moi
De negación
ben me prestou, mañá tamén repito».

• Indica algún outro adverbio que haxa no texto:

2. Substitúe o destacado por un adverbio.

• Outro día discutiremos iso. F Despois discutiremos iso.

• Chegou ao partido despois da hora. F

• Naquel tempo a esperanza de vida era máis alta. F

• Xacobe fai as cousas con rapidez. F

3. Escribe unha oración con cada unha das seguintes locucións adverbiais.

de sobra  
F 

se cadra  
F 

de ningún xeito  
F 

ao redor  
F 

4. Completa cada secuencia coa preposición axeitada.

• O meu irmán volveu a semana pasada Francia.

• Foi seu pai ao campo de fútbol.

• Quero que collas o autobús e vaias Ourense.

• Pasei alí e non vos vin.

5. Escribe unha oración con cada unha das seguintes conxuncións ou locucións conxuntivas.

aínda que  
F 

nin  
F 

porque  
F 

75

301828 _ 0068-0077.indd 75 23/09/11 12:44


LITERATURA

O poema
1.  O poema. Concepto
Un poema é unha mensaxe completa escrita en verso. Segundo a súa estrutura,
distinguimos dúas clases de poemas: poemas estróficos, os que presentan os
seus versos agrupados en estrofas; poemas non estróficos, os que os versos se
suceden e se encadean sen formaren estrofas.

2.  Principais poemas: o soneto e o romance


• Soneto. É un poema estrófico de versos hendecasílabos formado por dous
cuartetos que teñen a mesma rima e dous tercetos. O esquema das dúas pri-
meiras estrofas é, pois, ABBA ABBA. A disposición dos tercetos é variable; os
esquemas máis frecuentes son CDC DCD, CDC CDC e CDE CDE. Exemplo:
Baixei ao teu amor e foi un pozo 11A
escuridade moita e mais misterio, 11B
CUARTETO
alxube de terror e cativerio, 11B
pero eu vinte de luz e tiven gozo. 11A
Todo estaba de estrea, todo mozo, 11A
non sabía da dor nin do cauterio 11B CUARTETO
oía só o son do teu salterio 11B
e brincábame o sangue co alborozo. 11A
Canta lúa afogada na soidade 11C
do teu rostro ganado decotío! 11D TERCETO

Nunca souben quen eras de verdade. 11C


Canta noite perdida, canto frío, 11D
coidando ser feliz nesa cidade 11C TERCETO

que fundaches por min no desvarío! 11D


MARICA CAMPO
• Romance. É un poema non estrófico formado por unha serie indefinida de
versos octosílabos con rima asonante nos pares. Os versos impares quedan
sen rima, polo que se denominan versos soltos. Exemplo:
Polo mundo me vou, madre, 8- –Teus amores, Bernaldino, 8-
polo mundo a camiñar 8a por aquí me fan andar. 8a
en busca de Bernaldino 8- Colléronse polo brazo, 8-
que non o podo atopar. 8a puxéronse a pasear. 8a
E foise de terra en terra 8- En canto os vira a raíña 8-
e de lugar en lugar, 8a os dous mandara matar. 8a
topou unha lavandeira 8- A ela entérrana no coro, 8-
lavando nun areal. 8a a el entérrano no altar. 8a
–De Bernaldino, señora, 8- Dela naceu unha fonte 8-
que novas me pode dar? 8a e del un verde olivar. 8a
–Bernaldino, é da raíña 8- Tanto crecen un e outro 8-
o paxeciño galán. 8a que aos ceos foron chegar. 8a
Ao dicir estas palabras, 8- Cando os ventos sopran mainos, 8-
Bernaldino á porta sae: 8a os dous se queren falar. 8a
–Quen te trouxo aquí, Sabela, 8- Cando os ventos sopran recios, 8-
quen te trouxo a este lugar? 8a os dous se queren bicar. 8a

76

301828 _ 0068-0077.indd 76 23/09/11 12:44


LITERATURA 7

ACTIVIDADES

1. Le o poema e despois completa a táboa.


Pesadelo Núm. sílabas Esquema da rima Tipo de rima
A noite brúa no cancil de ferro
e o meu sono, que estaba recollido,
debátese cal cervo malferido
decontra os murallóns do seu encerro.
Fóra, chámame con urxente berro
aquela voz que eu tiña xa esquecido.
Saio tras dela… ¡Pero vou perdido
e toda a noite polos montes erro! Asonante
Logo comeza a verdecer a viña, Consonante
mentres os ourioles en bandada
regalan co seu bico a alma miña.
Érguese o fino vento da alborada
e o sol vén sementando unha rapiña
alí onde a lúa aínda está agochada.
XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

• Fíxate na definición de soneto e explica se este poema se pode considerar un soneto.

• Indica cales son os cuartetos e cales son os tercetos.

• Canto tempo transcorre durante o poema?

2. Le o poema, analízao formalmente e explica se é un romance. Despois contesta.

RIMA ESQUEMA

SÍLABAS POR VERSO

Tecín soa a miña tea ¡Que tristeza! O vento soa, O meu homiño perdeuse,
sembrei soa o meu nabal canta o grilo ao seu compás…; ninguén sabe en onde vai…
soa vou por leña ao monte ferve o pote…, mais, meu caldo, Andoriña que pasaches
soa a vexo arder no lar. soíña te hei de cear. con el as ondas do mar;
Nin na fonte nin no prado, Cala, rula, os teus arrolos andoriña, voa, voa
así morra coa carrax, ganas de morrer me dan; ven e dime en onde está.
el non ha de virme a erguer, cala, grilo, que se cantas, ROSALÍA DE CASTRO
el xa non me pousará. sinto negras soidás.

• Por que a muller está soa?

• Cal é o tema do poema?

77

301828 _ 0068-0077.indd 77 23/09/11 12:44


8
UNIDADE

O episodio da escaleira
O señor Ramón Lamote tiña unha clase de chairego –O que quere dicir que as clases de chairego dan máis
no terceiro andar da casa número nove da rúa dos do que eu pensaba...
Montes, e alí acudía todos os martes, xoves e venres –Moito non dan..., mais o pouco que delas recibo non
de cinco a seis da tarde. Saía do café ás cinco menos se pode cobrar se non se asiste a elas ou se chega moi-
vinte porque con dez ou quince minutos abondáballe to despois da hora... Vostede, ¿que pensaría do seu
para chegar ao seu destino. cuñado se chegase tarde ás clases de Física?
Hoxe é xoves e Lamote apura algo máis o paso porque –Home, se fose porque o collera un coche ou unha
ten medo de que dea en chover. Chega ao portal ao cousa desas...
tempo que as nubes comezan a verter. –Non, ¿se fose porque había unha señora sentada nas
Colleu, resignado, cara á escaleira, pero tivo que se escaleiras e el non puidese subir se non era pisando á
deter. Unha señora grosa e chea de enfeites estaba alí muller?
sentada e ollaba para el. –El subiría no ascensor.
Lamote é un home educado e dixo: –Pero é que non hai ascensor.
–Boas tardes. –O meu cuñado só pon clases onde haxa ascensor, é
–Boas tardes –respondeu a muller. un profesor importante.
–Eu –dixo Lamote– dou clase de chairego aquí, no Lamote volveu catar a hora: as cinco e dezasete minutos.
terceiro andar... –Moi ben, imaxinemos que hai unha señora sentada
–Iso está moi ben. Tamén eu teño un cuñado que dá no ascensor.
clase de Física. Casou coa miña irmá Elvira. Teñen unha –As señoras non se sentan nos ascensores. E, se así
filla, moi riquiña ¿sabe?, aínda que mal educada, con fose, el subiría pola escaleira.
iso de que é filla única... –Xa o supuña. E se non hai escaleira?
–Si, xa se sabe que os fillos únicos... –e Lamote calou –Señor, vostede non parece moi bo profesor, eu diría
a boca porque non gustaba nada de falar mal dos fillos que non ten moitos coñecementos... ¿Non sabe que é
únicos, entre outras razóns, porque el tamén o era. obrigado poñer escaleiras nos edificios?
–Gáñanse moitos cartos coas clases de chairego? Outra ollada ao reloxo fixo que cavilase moi seria-
–Non moitos... mente na posibilidade de deixar de ser educado por
–Entón, vostede como se amaña para comer todos os aquela vez, pero conseguiu frear os seus impulsos.
días? Mentres tanto, a muller sacara do bolso unha revista
–Tamén son debuxante de soños e así, entre as dúas desas do corazón e puxérase a ler nela. Fóra seguía a
cousas... chover, agora a cachón.
Lamote volveu ollar para o reloxo. Estaba a dar a hora Eran as seis menos catro minutos cando Lamote oíu
de comezar o seu traballo. que alguén baixaba pola escaleira.
O que chegaba era un home pequenote e groso.
–A miña clase é ás cinco –dixo con algo de ti-
midez– e esta casa non ten ascensor, non se –Maruxa –dixo–, xa cobrei a renda dos catro pisos e
pode subir ao terceiro andar se non é pola es- mais a da bufarda.
caleira, por esta escaleira... –Moi ben –contestou ela ao tempo que gardaba a re-
A muller abriu unha miga os ollos e esca- vista e se ía erguendo moi amodo–. Imos logo...
rranchou as pernas máis aínda. O home fixouse en Lamote.
–Ese seu reloxo, anda ben? –E este quen é? –preguntoulle á muller.
–Si señora. É un bo reloxo... suízo. –Non sei, di que é profesor, mais non llo
creo... E se o é, ten que ser moi malo...
Fíxate que falou de que tiña unha clase ás
–Como pode saber cinco, mira a hora que é e nese tem-
que é suízo? po non fixo máis ca dar voltas polo
–Aquí, na esfera, portal.
pon Swiss made. E marcharon os dous.
Merqueino en Xenebra, nunha via- PACO MARTÍN, Das cousas
xe que fixen hai algúns anos... de Ramón Lamote. (Adaptación)

78

301828 _ 0078-0089.indd 78 23/09/11 12:44


COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA 8

Claves da lectura Vocabulario


Ramón Lamote, profesor de chairego e debuxante de Chairego: idioma imaxinario do que é
soños, diríxese a dar unha clase particular a un piso profesor Ramón Lamote.
dun edificio. El é unha persoa educada, seria e pun- Enfeites: adornos.
tual. Pero, cando chega ao portal, unha muller sentada Unha miga: un pouco.
nas escaleiras impídelle o paso. El intenta chamarlle a
atención educadamente, pero a muller mostra unha Escarranchou: abriu moito.
total falta de respecto polos demais e só se levanta can- Catar: mirar.
do a ela lle convén e xa pasou a hora da clase. A cachón: en grandes cantidades.

ACTIVIDADES

1. Responde.

• Lémbraste de Ramón Lamote? En que lectura anterior aparecía?

• Que traballo realizaba naquela historia?

• A que traballo acode nesta?

2. Indica, a partir desta escena, o que acontece na historia.

3. O narrador comenta varias veces que Lamote era «moi educado».


Estás de acordo? Escolle algún exemplo da lectura que apoie a túa opinión.

4. Como cualificarías á señora? Escolle os adxectivos que segundo a túa opinión mellor
a definan.
sosegada   dialogante   entremetida   cortés   inflexible   provocadora

79

301828 _ 0078-0089.indd 79 23/09/11 12:44


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

O diálogo I. A conversa
1.  O diálogo. Concepto
O diálogo é o intercambio de información que se produce entre dúas ou máis
persoas que se comunican de xeito oral.
Nas narracións reprodúcense os diálogos que manteñen os personaxes. Neste
caso, os diálogos poden transmitirse de dúas formas: en estilo directo, se o na-
rrador reproduce literalmente as palabras dos personaxes, ou en estilo indirec-
to, se o narrador as reproduce desde o seu punto de vista. Exemplos:
–Leva o chuvasqueiro, Iria, que vai chover –dixo a nai. F Estilo directo.
A nai díxolle a Iria que levase o chuvasqueiro, que ía chover. F Estilo indirecto.

2.  Tipos de diálogo


Os diálogos poden ser espontáneos, é dicir, sen axustárense a ningún plan pre-
vio, ou planificados, é dicir, os que se axustan a un guión ou plan previo.
Diálogos

Espontáneos: sen plan previo Planificados: con plan previo

Conversa Debate Entrevista

3.  A conversa
A conversa é un diálogo espontáneo entre dúas ou máis persoas que interveñen
sen un plan previsto. Isto fai que haxa frecuentes interrupcións, cambios de te-
ma, frases inacabadas... Na conversa podemos distinguir xeralmente tres partes:
a apertura, o corpo e o peche.
Características Exemplos
Adoita ser unha chamada de aten- –Ola, Antía!
Apertura ción (Perdoe; Que hora é?) ou unha –Que tal, Xavier? Como che vai?
fórmula de saúdo (Ola!).
É a parte central da conversa e –Moi ben! E do que falamos, que?
Corpo está formado polas intervencións –Nada, que me apunto no voso equipo.
dos interlocutores. –Estupendísimo!
É a parte onde conclúe a conversa. –Vou correndo dicírllelo aos outros.
Peche Adoita incluír unha fórmula de Deica logo.
despedida (Deica logo!). –Adeus, Xavier. Vémonos.

ACTIVIDADES

1. Continúa a seguinte conversa con outro compañeiro ou compañeira da clase.

POIS EU...
ESTE ANO,
POLO ENTROIDO,
VOUME DISFRAZAR
DE...

80

301828 _ 0078-0089.indd 80 23/09/11 12:44


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS 8

2. Indica cal das seguintes secuencias está en estilo directo e cal en estilo indirecto.

• Dixo miña nai: «Vai á tenda e merca un quilo de azucre» . F Estilo


• Miña nai dixo que fose á tenda e mercase un quilo de azucre. F Estilo

3. Completa a seguinte conversa escribindo as respostas que teñan coherencia co expresado.

–Ola! Eu chámome Paula.

–É o primeiro ano que estou neste centro. E ti?

–Eu nacín aquí pero marchei de pequeniña para Francia.

–Levo pouco tempo aquí. Volvín con meus pais este verán.

–Claro que falo francés! Pero con meus pais sempre falei en galego.

–Ímonos ver moito a partir de agora. Deica logo!

4. Coloca as partes da conversa (apertura, corpo e peche) onde corresponda. Despois contesta.

* –Bos días, señor castor.


–Bos, bos, bos, bos días. Que hai? Ala, encantado!
–Verá vostede… e logo non tería uns minutiños para…?

*
–Mire, se ten algo que me dicir deixe unha nota nese garabullo.
–Xa, pero se non lle importa, eu só quería unha información moi breve…
–Pero que información nin que información! Olle como eu traballo e aprenda.
–Si, pero non é iso. O que eu quería era…
–Oíu!? Eu estou ocupado! Moi ocupado e se vostede non ten nada mellor que
* facer, polo menos non moleste.
–Está ben, está ben, desculpe, adeus.
MARIO PEREIRA, Velaí vai o verme. (Adaptación)

• Como explicas o estado de ánimo do castor?

• Por que pensas que responde dese xeito?

81

301828 _ 0078-0089.indd 81 23/09/11 12:44


ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

O interior da vivenda
1. En cada un dos cuartos da casa adoita haber uns mobles ou electrodomésticos
determinados.
Indica a carón de cada nome o lugar en que situarías os que aínda non
están colocados.

Vestíbulo (V) Cociña (C) Sala (S) Cuarto (Cu) Baño (B)
       

S chineiro colgadoiro lavalouza paraugueiro


espello butaca bañeira mampara
ducha aparador sofá revisteiro
despensa coqueta toucador escorredoiro

2. Indica cales dos seguintes elementos adoitan formar parte da cociña


da vivenda.
tallo cunca cadeira vertedoiro
roupeiro garfo escritorio almofada

3. Na casa adoitamos ter cousas que fan a mesma función pero para diferentes
obxectos ou en diferentes ocasións.
Fai unha lista de cousas da casa que nos vallan para…

• Almacenar cousas  F armario , , .

• Sentar  F hamaca , , .

• Ordenar ou colocar  F cunqueiro , , .

• Durmir  F berce , , .

OS PREFIXOS
4. Utiliza os prefixos pre- e anti- para formar novos adxectivos.
Sérvennos para crear
pa­l abras novas. Un • estético F antiestético • fabricado F
pre­fixo é unha partí-
cula que se lle engade • cociñado F • social F
dian­t e a unha pala-
bra e que lle cambia o • alérxico F • hixiénico F
signi­fi­ca­do. Por exem-
plo, se a pre­sidente lle
engadi­mos os prefixos 5. Subliña os prefixos das seguintes palabras e escribe algunha que os leve
vice- ou ex- creamos as tamén.
palabras vi­ce­presidente
e ex-presi­dente, que te- • cooperar F coordinar • entrechán F
ñen un sig­nificado dife-
rente entre elas e dis-
• subdirector F • desdicir F
tinto da pala­bra da que
partimos.
• postelectoral F • exalumno F

82

301828 _ 0078-0089.indd 82 23/09/11 12:44


ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA 8

A acentuación
Todas as palabras teñen un acento fónico, é dicir, unha sílaba que pronunciamos con máis forza; pero só
algunhas levan acento gráfico ´ . O acento gráfico marca a sílaba tónica das palabras segundo estas regras:
• As palabras agudas (as que teñen tónica a última sílaba) levan o acento gráfico Lembra
cando rematan en vogal, en vogal + n, en vogal + s e en vogal + ns: ventá, salón,
cafés, colchóns. Non levan acento gráfico as agudas rematadas en ditongo decrecen- Agudas ´
te (ei, ou, oi...) nin as monosílabas: limpei, varreu, pintou, chan. Graves ´
• As palabras graves (as que teñen tónica a penúltima sílaba) levan acento gráfico can- Esdrúxulas ´
do non rematan en vogal, en vogal + n, en vogal + s e en vogal + ns: fácil, fémur.
• As palabras esdrúxulas (as que teñen como sílaba tónica a antepenúltima) levan acento gráfico sempre:
cómodo, ático.

ACTIVIDADES

1. Subliña a sílaba tónica das seguintes palabras e indica se son agudas (A), graves (G)
ou esdrúxulas (E).
actor carácter técnico irmá
feliz médico aquí portal
música salón medo difícil

2. Indica cal dos seguintes cadros contén palabras agudas, graves e esdrúxulas.
Ponlles os acentos gráficos ás que o precisen.

chandal almacens timido


futbol ascensor atomico
crater F cafe F unico F
lapis autobus exito
comic maraton maxico
                

3. Subliña a sílaba tónica destas palabras e ponlles o acento gráfico ás que o precisen.
• cespede • cartel • reloxo • tunel
• marmore • rixido • xadrez • escuro

4. Escribe correctamente acentuada unha palabra que teña as características que se piden.

Palabra aguda rematada en consoante -n  


F 

Palabra grave rematada en consoante que non sexa -n nin -s  


F 

Palabra aguda rematada en vogal  


F 

83

301828 _ 0078-0089.indd 83 29/09/11 16:58


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

O substantivo. O artigo
1.  O substantivo. Concepto
Os substantivos son palabras variables que designan entidades como persoas,
animais, cousas, sentimentos ou ideas. Exemplos:
rapaz    vaca    ordenador     pena    amor
Poden desempeñar na oración a función de núcleo do suxeito. Exemplo:
Os veciños (suxeito) vivían felices traballando nos eidos.
N

2.  Clases de substantivos


Segundo o seu significado, os substantivos poden ser:
Designan un ser ou obxecto sen iden- Designan un ser ou obxecto identifi-
Comúns tificalo entre os demais da súa clase: G F Propios cándoo de xeito exclusivo: Tui, Xacobe,
vila, rapaz, monte. Aloia.
Designan seres que poden ser per- Designan ideas ou sentimentos… cou-
Concretos cibidos polos sentidos: torta, edificio, G F Abstractos sas que non podemos percibir polos
mesa. sentidos: guía, beleza, paz.
Designan en singular un só ser: músi- Designan en singular un conxunto de
Individuais
co, soldado, abella.
G F Colectivos
seres: banda, exército, enxame.

3.  O xénero dos substantivos


O xénero é unha categoría gramatical que nos permite agrupar os substantivos
en masculinos e femininos. Polo xeral, os substantivos rematados en o son
TEN EN CONTA
masculinos e os rematados en a, femininos: o caderno, a froita. Pero non sem-
pre: a moto, o día...
• Son masculinos os no-
mes das letras (o be, o 3.1.  Substantivos con variación de xénero
efe…), case todos os
substantivos remata-
A maioría dos substantivos teñen só un xénero. Non obstante, outros substan-
dos en -me (o costu- tivos admiten variación de xénero. Esta variación pódena marcar con dúas pa-
me, o pesadume, os le- labras diferentes (boi, vaca), por medio dun artigo (o pianista, a pianista) ou
gumes, o exame…) e pola terminación distinta do feminino e do masculino (galo, galiña).
outros como o leite, o
sal, o nariz, o sangue, FORMACIÓN DO FEMININO
o mel… Masculino Feminino Exemplos
• Son femininos os subs- -o, -e -a fillo/filla, presidente/presidenta
tantivos rematados en -eu -ía xudeu/xudía
-axe (excepto traxe, avó/avoa, señor/señora, español/española,
paxe e garaxe), os re- -ó, -r, -l, -z, -s, -ín -a
rapaz/rapaza, deus/deusa, bailarín/bailarina
matados en -se e -ite
(análise, énfase, fa- -á pagán/pagá, ancián/anciá, catalán/catalá
-án
rinxite…) e outros co- -ana lacazán/lacazana, paspán/paspana
mo a arte, a dor, a ca- -oa patrón/patroa, ladrón/ladroa
lor, a suor… -ón
-ona abusón/abusona, cabezón/cabezona

84

301828 _ 0078-0089.indd 84 23/09/11 12:44


ESTUDO DA LiNGUA • GRAMÁTICA 8

ACTIVIDADES

1. Marca as palabras que sexan substantivos.


caderno    imposible    sufrimento    perder    árbore    Vigo

2. Indica a que xénero pertencen os substantivos subliñados no texto.


Hai uns 3.000 anos, o poeta Homero escribiu un Palabra Xénero
relato moi famoso: a Odisea. Nel narra a historia
do heroe Ulises, que desafiou ao deus Poseidón e,
como castigo, vagou dez anos polo mundo. Neste
tempo, Ulises viviu aventuras e coñeceu perso-
naxes fabulosos: o ciclope Polifemo, a meiga Cir-
ce, a ninfa Calipso.

• Localiza outro substantivo de cada xénero e escríbeos.

3. Escribe un substantivo abstracto a partir dos seguintes adxectivos.

• doce F dozura • feliz F • tenro F

• fermoso F • triste F • só F

4. Escribe un substantivo individual que corresponda aos seguintes colectivos.

• arquipélago F illa • orquestra F

• xente F • rabaño F

• exército F • equipo F

5. Escribe o feminino dos seguintes substantivos.

• veciño F veciña • actor F actriz

• inglés F • príncipe F

• xenro F • artista F

• espectador F • carneiro F

• cantante F • galo F

6. Escribe ao lado de cada substantivo un adxectivo que concorde en xénero e en número.

• arte F moderna • dor F

• crise F • sangue F

• leite F • calor F

85

301828 _ 0078-0089.indd 85 29/09/11 16:58


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

4.  O número dos substantivos


O número é unha categoría gramatical que nos permite agrupar os substantivos
segundo estean en singular ou en plural. Os substantivos teñen número singular
se nomean un só ser (mesa) ou plural, se nomean varios seres (mesas).
O plural dun substantivo fórmase xeralmente engadindo -s cando o substanti-
vo remata en vogal e -es cando remata en consoante. Exemplos:
café F cafés señor F señores
Non obstante, hai algúns casos especiais de formación do plural.
FORMACIÓN DO PLURAL
Singular rematado en Plural Exemplos
vogal, ditongo ou -n -s café/cafés, rei/reis, can/cans.
-r; -z; -es calor/calores; vez/veces;
-s (agudas e monosílabas) arnés/arneses, mes/meses.
-s (graves, esdrúxulas, grupo consonántico) non varía lapis, mércores, luns.
-x non varía fax, unisex.
Monosílabo val/vales, ril/riles, sol/soles.
-es
-l Polisílabo grave túnel/túneles, cónsul/cónsules.
Polisílabo agudo -is aval/avais, fusil/fusís.

5.  Os determinantes. O artigo


Masc. Fem. Normalmente, os substantivos comúns van precedidos dunha palabra que os
Sing. o/lo a/la
concreta e marca o seu xénero e o seu número. Esas palabras son os determi-
nantes. O artigo é un tipo de determinante.
Plural os/los as/las
O artigo é unha palabra sen significado que presenta o substantivo e nos informa do
Masc. Fem. seu xénero e número. Hai dúas clases de artigo: o determinado e o indeterminado.
Sing. un unha
• O artigo determinado (o/lo, a/la, os/los, as/las) acompaña un substantivo co-
ñecido polo falante e polo oínte: Collemos o autobús das nove.
Plural uns unhas
• O artigo indeterminado (un, unha, uns, unhas) acompaña un substantivo
descoñecido para o falante e mais para o oínte: Naquel intre chegou un home
moi alto.

5.1.  Contraccións do artigo


• O artigo determinado contrae coas preposicións a, con, de, en e por; e po-
de contraer na escrita coa conxunción comparativa ca.
• O artigo indeterminado contrae coas preposicións con, de e en.

a ca con de en por con de en


o ao/ó có co do no polo un cun dun nun
a á cá coa da na pola unha cunha dunha nunha
os aos/ós cós cos dos nos polos uns cuns duns nuns
as ás cás coas das nos polas unhas cunhas dunhas nunhas

86

301828 _ 0078-0089.indd 86 23/09/11 12:44


ESTUDO DA LiNGUA • GRAMÁTICA 8

ACTIVIDADES

07. Coloca no lugar correspondente os plurais das palabras seguintes.


• rei • menú • matiz • café • esquí • vez • pan
• culler • atún • nai • mañá • ciprés • israelí • ladrón

Rematadas en -es  
F 

Rematadas en -s  
F 

08. Escribe o plural dos seguintes substantivos.

• país F • lei F • curmán F

• luz F • mes F • sofá F

• luns F • iogur F • avestruz F

09. Escribe o plural dos seguintes substantivos. Ten en conta que todos rematan en -l.

• val F • fol F • túnel F

• fusil F • animal F • hotel F

• pel F • caracol F • candil F

10. Completa as seguintes oracións co artigo e coas contraccións que cumpran.


• Desde ponte vese paisaxe espectacular.

• orixe crise foi elevado custo vivenda.

• Sabela bótalle leite cullerada mel.

• Aprobouse lei para regularizar adopción de nenos.

• Papá, non te esquezas de botarlle sal comida.

• policía advertiulle de que, se non cambia, acabará cárcere.

• Despois de facer labores, Uxío foi descansar sombra árbore.

11. As palabras estranxeiras que rematan en consoantes infrecuentes ao final de palabras galegas
forman o plural engadindo un -s.
Forma o plural dos seguintes substantivos.

• anorak F • sándwich F

• álbum F • iceberg F

87

301828 _ 0078-0089.indd 87 23/09/11 12:44


LITERATURA

Os recursos literarios
1.  Os recursos literarios ou estilísticos
Na linguaxe literaria empréganse unha serie de recursos que embelecen a expre-
sión e a diferencian da linguaxe común. Os escritores coidan a forma de expre-
sar o que queren dicir e procuran que a súa linguaxe sexa suxestiva e expresiva.
Exemplo de paradoxo Para iso empregan recursos moi variados. Estes recursos chámanse recursos li-
na linguaxe publicitaria. terarios e, con eles, o escritor pretende darlles beleza e expresividade aos seus
Consiste na aparente
contradición lóxica
textos.
entre dúas ideas Aínda que este tipo de recursos é unha característica común ás obras literarias
ou sentimentos. de calquera xénero, no caso da poesía son especialmente abundantes.

2.  Principais recursos literarios


• Personificación. Consiste en atribuírlles a seres inanimados ou abstractos ca-
lidades propias de seres animados. Exemplo:
Camiña devagar
unha estrela viaxeira
e na conca da ría
bebe o sangue da terra.
L. AMADO CARBALLO
• Antítese. Consiste en contrapoñer dúas realidades para que resalten máis.
Exemplo:
Se cantan es ti que cantas,
se choran es ti que choras
e es o murmurio do río
e es a noite e es a aurora.
ROSALÍA DE CASTRO
• Ironía. Consiste en dar a entender o contrario do que se di. Exemplo:
Ouh, que gozo morrer nas guerras santas!
CELSO EMILIO FERREIRO
• Símbolo. Consiste en que unha palabra, á parte do seu significado habitual,
TEN EN CONTA pode evocarnos outra cousa.
Unha vez tiven un cravo
Os recursos estilísticos
cravado no corazón,
non son exclusivos da
lingua literaria. Algúns
e eu non me acordo xa se era aquel cravo
son moi empregados na de ouro, de ferro ou de amor.
fala diaria pola súa ex- ROSALÍA DE CASTRO
presividade. Exemplos:
• Paralelismo. Consiste na repetición de construcións co mesmo esquema gra-
Téñocho dito mil veces.
(hipérbole)
matical en varios versos ou oracións. Exemplo:
É forte coma un carballo. Sen brazos o campo,
(comparación) sen nenos a escola,
Mirou polo ollo da pecha- sen sol o horizonte,
dura. (metáfora) sen flor a semente.
M. CURROS ENRÍQUEZ

88

301828 _ 0078-0089.indd 88 23/09/11 12:44


LITERATURA 8

ACTIVIDADES

1. Nestes versos de Manuel María atopamos no lugar indicado un recurso baseado na repetición
de construcións.
Escribe cal é.
O meu carro é cerna dura As cousas vanse aledando
sábese carballo e freixo. por onde o meu carro pasa.
Que fermosa a súa feitura! * Carrétame herba pró gando! *
Que lixeireza a do eixo! Tráeme a colleita prá casa!

2. A ironía é un recurso moi empregado na linguaxe coloquial. Para destacar o uso irónico dun termo
por escrito podemos poñer comiñas.
Onde poñerías ti as comiñas para resaltar a ironía?
• Ti es moi «simpático».
• Que limpiña tes a túa mesa.
• Cando berra así, a súa voz resulta moi melodiosa.
• Xa vexo que rematastes de ordenar o voso cuarto.

3. Constrúe antíteses completando as seguintes secuencias cos contrarios dos termos


subliñados.
• Se eu digo si ti sempre dis .
• Queremos as cousas claras, ou todo ou .
• Xa non hai tempo, pasou o día, chegou a .
• Tan preto de ti, tan de min.

4. Nos seguintes versos de Ramón Cabanillas hai unha palabra que actúa como símbolo.
Camiño, camiño longo,
camiño da miña vida,
escuro e triste de noite,
triste e escuro de día...

• De que palabra se trata? Sublíñaa.

• A que pensas que se pode referir o poeta con ela?

5. Constrúe un pequeno poema ou relato en que o protagonista sexa o vento. Para iso debes
realizar unha personificación do vento (tratalo coma se fose un ser animado).

89

301828 _ 0078-0089.indd 89 23/09/11 12:44


9
UNIDADE

Déixao medrar
A profesora de lingua acordara cos alumnos e coas inhumano, se non, o que se consegue non serve para
alumnas da clase que cada semana ían dedicar media nada.
hora a comentar ou debater sobre un tema de actuali- Pero isto non pasa soamente na ximnasia. Elías, que
dade. Rafael trouxera desta volta o caso da ximnasta practica tenis, dixo que no tenis tamén hai que chegar
Dominique Moceanu. moi novos a ser figuras. E o mesmo pasa coa natación.
E incluso noutros deportes en que antes dificilmente
«A ximnasta Dominique Moceanu emancí-
se estaba entre os mellores antes dos vinte e tantos
pase de seus pais aos dezasete anos. A ximnasta
norteamericana de orixe romanesa, que foi cam- anos, como o fútbol ou o baloncesto.
pioa olímpica, denunciara os pais pola excesiva –Eu lin o outro día –abundaba Elías– que un rapaz de
presión que exercían sobre a súa carreira deporti- dezaseis anos chamado Vicente asinou un contrato
va desde que era nena.» cun equipo de fútbol poñendo unha cláusula de res-
cisión de cento oitenta millóns de euros. E a familia
estivo de acordo, porque tiña problemas económicos.
–Coma sempre, o que propón un tema é o primeiro Pero el agora está atado a ese equipo e non pode facer
en falar. Veña, Rafael. coa súa vida o que queira. E tamén quero dicir que no
–A min o caso de Dominique Moceanu paréceme in- equipo de infantís dun colexio de Vigo teñen que pa-
teresante por dúas razóns: a primeira, porque o feito gar unha multa cada vez que faltan a un adestramen-
de que alguén denuncie os seus propios pais resúlta- to, e os pais están de acordo.
me forte; a segunda razón é que seguramente os pais –Vedes? –interviña a profesora–, para eses rapaces o
foron moi esixentes con esta rapaza, pero tamén gra- fútbol xa non pode ser un xogo, xa é unha obriga.
zas a iso ela fíxose famosa e foi campioa olímpica. Así ¿Como vai gozar xogando ao fútbol un rapaz de deza-
que non sei que postura tomar sobre isto da denun- seis anos que xa está atado por un papel que pon cen-
cia. Nos xornais danlle a razón á rapaza... Eu quero to oitenta millóns de euros?
saber o que pensades vós. –Pois estas cousas igual empezan a cambiar –opinaba
Os compañeiros e as compañeiras da clase empezaron Henrique–, porque lle oín dicir ao Defensor do Menor
a pedir a palabra. Había opinións para todos os gus- que haberá que pensar se os plans de adestramento
tos. Rafael achegou algúns datos máis sobre as condi- que se seguen para preparar a rapaces e rapazas moi
cións de vida, as horas de adestramento, a dieta, o novos para gañaren medallas respectan os dereitos
illamento a que eran sometidas as ximnastas. deses rapaces.
–Pois eu digo a verdade –a que falaba era Raquel–, a A profesora fixo unha pregunta que non tivo contesta-
min gustaríame ser unha artista famosa e, se para con- ción: ¿que pasa cos rapaces e rapazas que empezan de
seguilo tivese que pasar por todo iso que dicides, eu nenos a practicar un deporte, que lle dedican toda a
pasaría. O que algo quere, algo lle custa, non? E nos súa vida, que prescinden case
primeiros anos igual o pasas mal, pero despois, cando por completo do tempo libre,
estás arriba e es importante e gañas moitísimo diñeiro pero despois resulta que non
e a xente te admira, xa non te acordas para nada das son suficientemente bos coma
que pasaches. para destacar e gañar a vida con
–De acordo, Raquel, ti pasarías por todo iso –intervén ese deporte?
de novo Rafael–, pero do que se trata aquí é de se ten SILVESTRE
que haber tanta présa, se non se poden facer as cousas GÓMEZ XURXO,
máis amodo. Porque hai que ter presente que, a pesar Déixao medrar.
de todo o que conseguiu, esta ximnasta non é unha (Adaptación)
persoa feliz e iso a min dáme que pensar.
En algo estaban todos de acordo: parece unha tolemia
que a unha nena de once ou doce anos se lle esixa ser
a mellor do mundo nunha determinada actividade.
Hai que admitir que, ante tanta competencia, cómpre
esforzarse para destacar, pero o esforzo non debe ser

90

301828 _ 0090-0099.indd 90 23/09/11 12:47


COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA 9

Claves da lectura Vocabulario


Neste texto de Silvestre Gómez Xurxo pode- Emancípase: consegue os dereitos dunha per-
mos apreciar como se debate sobre un tema soa maior de idade e vólvese independente dos
polémico na clase duns mozos e mozas gale- pais.
gos. O debate céntrase no deporte, en concreto Adestramento: sesións de exercicios que levan
en se supón un exceso preparar os nenos e ne- a cabo os deportistas.
nas xa de pequeniños para a competición de Illamento: separación, afastamento dos demais.
xeito profesional en lugar de deixar que gocen Inhumano: desproporcionado, excesivo.
do xogo e do deporte dunha maneira sa. Entre Cláusula de rescisión: parte dun contrato dun
os compañeiros e compañeiras xorden diferen- deportista na que se establece unha suma de di-
tes opinións, aínda que coinciden en conside- ñeiro que se debe pagar ao club ao que pertence
rar que non é bo forzar á mocidade a unha ca- en caso de que este deportista rompa o contrato
rreira deportiva antes de tempo. e fiche por outro equipo.

ACTIVIDADES

1. Que reflicte o texto? Marca.


Unha conversa sobre as afeccións deportivas dun grupo de rapaces e rapazas.
Un debate sobre a explotación infantil no deporte.
Un discurso sobre os problemas cos que se enfrontan os rapaces que fan deporte.

2. Responde.

• Quen é Dominique Moceanu, a rapaza que dá orixe ao debate?

• Que fixo? Por que?

• Quen actúa como moderadora?

• Quen propón o tema e inicia o debate?

3. Contesta.

• Paréceche un debate ben organizado?   SI   NON

• Por que?

• Con cal das ideas expresadas no texto estás máis de acordo, coas de Raquel ou coas de Rafael?
Explícao de xeito oral.

• Que responderías ti á pregunta final que fai a profesora? Responde oralmente.

91

301828 _ 0090-0099.indd 91 23/09/11 12:47


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

O diálogo II. O debate


1.  O debate
O debate consiste nun intercambio comunicativo entre varias persoas que ex-
presan o seu punto de vista sobre un tema establecido.
O propósito básico do debate é analizar conxuntamente o
Moderador tema obxecto de debate, de modo que o intercambio de
opinións resulte enriquecedor.

Pa
SI

r
tid
o
sd

ar
Para coordinar e guiar o debate, é frecuente nomear un mo-
ri o

io
sd
da

derador. Tres son as principais funcións do moderador:

o
rt i

NO
Pa

N
Público • Iniciar o debate e presentar o tema.
• Ordenar e controlar as intervencións dos interlocutores.
• Cerrar a sesión resumindo as ideas máis importantes
que se expuxeron e as conclusións ás que se chegou.

2.  Estrutura do debate


Un debate consta das seguintes partes: introdución, exposición inicial, discusión,
conclusión e despedida.
O moderador centra o tema que se vai debater e presenta os partici-
Introdución pantes.
Exposición Cada participante expón moi brevemente a súa opinión sobre o tema.
inicial
Os participantes expoñen os seus argumentos. Esta é a parte central do
debate e nela convén seguir certas normas como:
– Expoñer con claridade as propias ideas.
Discusión – Axustarse ao tema.
– Escoitar con atención para non repetir ideas xa expostas.
– Respectar as outras persoas, as súas opinións, e as quendas de pala-
bra fixadas polo moderador.
Cada participante resume a conclusión á que chegou despois do inter-
Conclusión cambio de opinións.
O moderador pecha o debate cun resumo do dito ou cun comentario
Despedida persoal.

ACTIVIDADES

1. Escribe posibles temas de debate que che poderían interesar a ti e á clase.

• Débese permitir o uso de cámaras de vídeo nas zonas vellas das cidades para gravar os transeúntes?

92

301828 _ 0090-0099.indd 92 23/09/11 12:47


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS 9

2. Indica cales das seguintes afirmacións son verdadeiras (V) e cales falsas (F).
O debate consiste na exposición dunha persoa en presenza dun auditorio.
Nun debate analízase conxuntamente un tema para que o intercambio resulte enriquecedor.
Para coordinar e guiar un debate, é frecuente nomear un moderador.
Nun debate é fundamental falar máis alto ca os demais.

3. Imaxina un debate sobre o uso da Internet por parte dos rapaces. Pon argumentos a favor
e en contra do emprego deste medio por parte dos menores de idade.

A favor  
F 


F 


F 


F 

En contra  
F 


F 


F 


F 

4. Escribe tres normas que coides que se deben respectar para que un debate se poida
desenvolver con normalidade e sen interrupcións.

• Respectar as indicacións do moderador.

5. Imaxina que es o moderador dun debate televisivo que está a piques de rematar sobre
a violencia nos estadios de fútbol. Realiza a despedida do debate e fai un comentario persoal
sobre o tema.

93

301828 _ 0090-0099.indd 93 23/09/11 12:47


ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

O lecer e as afeccións
1. Localiza na ilustración as seguintes palabras.

1. xogar 17. ciclismo


2. falar 18. descansar
3. atletismo 19. escalada
4. lectura 10. pimpón
5. pesca 11. piragüismo
6. fútbol

2. Completa as seguintes secuencias escollendo o termo apropiado


entre os que tes no recadro.

sendeirismo - baile - submarinismo - canastra - carreira

• Gañamos porque puntuou a última .

• Cando imos á praia sempre practicamos .

• Gústanos moito andar polo monte facendo .

• Onte quedei terceiro na pedestre que se celebrou


na Coruña.

• Todos os irmáns practicamos galego.

3. Une cada acción co lugar en que a levarías a cabo.


Xogar ao tenis • • Circuíto
Practicar natación • • Ría
Escalar • • Aeródromo
Conducir karts • • Rochedo
Navegar en veleiro • • Cancha
OS SUFIXOS
Voar en avioneta • • Piscina
Son terminacións que Xogar ao baloncesto • • Auditorio
se engaden ao final dal-
Asistir a un concerto • • Pista
­gu­nhas palabras para
for­mar outras con sig­
nifi­ca­do distinto. Por 4. Subliña os sufixos das seguintes palabras.
exem­plo, se a zapato lle
enga­dimos -eiro ou -aría • amarelento • viaxeiro • pescador • montañismo
obte­mos zapateiro e za- • portaría • artista • desprezable • coitelada
pataría.
• panadeira • camiñante • galiñeiro • cantante

94

301828 _ 0090-0099.indd 94 23/09/11 12:47


ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA 9

O acento diacrítico á
Con acento gráfico
'ala'; contracción (a + a) a
Sen acento gráfico
artigo
cómpre 'é necesario' compre de comprar
dá, dás do verbo dar da, das contracción (de + a, as)
O acento diacrítico úsase para dife- dó compaixón; nota musical do contracción (de + o)
renciar palabras que teñen distintos é do verbo ser e conxunción
significados, pero que se escriben fóra adverbio de lugar fora verbo ser ou ir
igual. Por exemplo: na palabra bóla máis adv. de cantidade mais conxunción 'pero'
(‘esfera’) fronte a bola (‘pan’), o acento pé parte do corpo pe letra
diacrítico permite que, na escrita, dife- póla 'rama' pola (por + a); 'galiña'
renciemos as dúas palabras. Igual oco- pór 'poñer' por preposición
rre en óso (‘parte do corpo’) e oso présa 'apuro' presa prisioneira; encoro
(‘animal plantígrado’). só 'sen compaña' so 'debaixo de'
O seguinte cadro contén algúns dos té infusión te letra; pronome
principais pares de diacríticos. vós, nós pron. tónico vos, nos pronome átono
vés, vén verbo vir ves, ven verbo ver

ACTIVIDADES

1. Completa as seguintes oracións co termo apropiado dos que se encontran no cadro de arriba.

• Non podo camiñar porque me doen moito os .

• A profesora si que veu, pois ten o coche aparcado aí .

• Cando un coche quero que teña aire acondicionado.

• Non podo agardar por ti porque teño moita .

• Cando eles marcharon quedei eu .

2. Coloca os acentos diacríticos que falten nos seguintes enunciados.


• El e o xogador que da mellores pases no campionato.
• Nos fomos os primeiros en subir a clase.
• Aí fora hai unhas árbores con enormes polas.
• Se non tes mais que facer podes vir canda min.
• Ves ao cine connosco? Teu curmán sempre ven.

3. Copia no recadro a palabra do cadro dos acentos diacríticos que máis se axeite á definición.

• Construción que se fai para desviar ou deter unha corrente de auga. F 

• Infusión con herbas que adoitan vir en pequenos sobres. F 

• Órgano das aves, que lles serve para voar. F 

• Galiña nova, pita. F 

• Pena, compaixón que se ten por algo ou por alguén. F 

95

301828 _ 0090-0099.indd 95 23/09/11 12:47


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

O adxectivo cualificativo
1.  O adxectivo cualificativo. Función
Os adxectivos cualificativos son palabras variables que nomean as calidades
ou os estados que se poden dicir dos substantivos. Exemplos:
rapaza nova sangue vermello auga quente
Os adxectivos cualificativos funcionan como complementos do substantivo
que acompañan. Exemplos:
o peixe fresco a televisión pública
Det N Compl. Det N Compl.
O adxectivo concorda en xénero e número co substantivo ao que complemen-
O adxectivo emprégase ta, é dicir, toma o xénero e o número dese substantivo. Exemplos:
nas descricións porque
expresa as características peixe fresco F peixes frescos televisión pública F televisións públicas
e os detalles do que
describimos (cores,
formas, tamaños). 2.  Os graos do adxectivo
A calidade que expresa o adxectivo pode ser posuída en diversos graos:
• Un adxectivo está en grao positivo cando expresa unha calidade ou un esta-
do sen indicar ningunha intensidade. Exemplo: Antía é boa estudante.
• Un adxectivo está en grao comparativo cando compara a intensidade con
que dous substantivos posúen a mesma calidade. A comparación pode ser de
superioridade, de igualdade ou de inferioridade.
Comparativo máis... ca/que/do que
de superioridade
Meu pai é máis divertido ca miña nai.

Comparativo tan… coma/como


de igualdade
Meu pai é tan divertido coma miña nai.

Comparativo menos… ca/que/do que


de inferioridade
Meu pai é menos divertido ca miña nai.

• Un adxectivo está en grao superlativo cando expresa unha calidade no seu
grao máximo. O grao superlativo constrúese de diversas maneiras:
– Co adverbio moi anteposto ao adxectivo. Exemplo: Meu pai é moi divertido.
– Engadíndolle ao adxectivo os sufixos -ísimo ou -érrimo. Exemplo: Meu pai
é divertidísimo.
– Antepoñéndolle ao adxectivo prefixos como super-, hiper-, ultra-… Exem-
plo: Meu pai é superdivertido.
O grao superlativo pode ser absoluto, cando expresa a calidade no seu grao máxi-
mo sen comparala con nada (Roi é divertidísimo, moi divertido), ou relativo, cando a
calidade se compara coa doutros substantivos (Roi é o máis divertido da clase).
Algúns adxectivos posúen formas especiais para expresar os graos comparativo
e superlativo. Exemplos:
Positivo alto baixo bo malo pequeno grande
Comparativo superior inferior mellor peor menor maior
Superlativo supremo ínfimo óptimo pésimo mínimo máximo

96

301828 _ 0090-0099.indd 96 23/09/11 12:47


ESTUDO DA LiNGUA • GRAMÁTICA 9

ACTIVIDADES

1. Escolle, entre as palabras destacadas, as que sexan adxectivos e cópiaas.


Nas pirámides exipcias os arqueólogos atoparon interesantes obxectos de vidro.
Antes, era un material reservado para a xente rica. Era un vidro opaco de cor verde
ou azul; non se parecía ao que coñecemos hoxe. Foron os romanos os que máis tar-
de farían vidro transparente.

2. Substitúe os sintagmas en negra por adxectivos.

• Coloca os aros de metal na caixa. F Coloca os aros metálicos na caixa.

• Os participantes na carreira de bicicletas asinaron as actas.

• Os estudantes de Italia matriculáronse na disciplina de Arte do Xapón.

• Os libros que vos parezan de utilidade poñédeos nas caixas de cor azul.

3. Identifica os graos dos adxectivos utilizados


neste anuncio. Se queres tirar fotos tan fermosas
coma as dos profesionais...
Comparativo  
F 

Superlativo  
F 
UNHA CÁMARA HIPERSENSIBLE

F  A UN PREZO BARATÍSIMO!

4. Completa no caderno as seguintes oracións comparativas segundo sexan de inferioridade,


igualdade ou superioridade.

• O balcón está máis alto a galería.

• O teu coche é tan novo o meu.

• Descansei menos tempo ti.

• Teu irmán é máis vello min.

• Ten a cara tan branca a cera.

• Volve da biblioteca tan axiña poidas.

• Esta torta está máis doce ese biscoito.

97

301828 _ 0090-0099.indd 97 23/09/11 12:47


LITERATURA

A poesía
1.  A poesía
A poesía é o xénero que engloba todas as obras escritas en verso nas que un
poeta expresa o que pensa ou o que sente. Temas como o amor, a natureza, a
soidade, a morte, a patria, o tempo, a amizade, a sociedade... están presentes
habitualmente neste tipo de textos.
Unha característica común ás obras literarias de calquera xénero é o uso de re-
cursos estilísticos ou literarios como metáforas, comparacións, paralelismos...
No caso da lírica, é especialmente abundante o emprego deste tipo de recursos,
que lles dan beleza e expresividade aos textos.

A gran poeta lírica


2.  Principais xéneros en verso
da literatura galega Hai dous grandes xéneros na poesía: a lírica e a épica. Non obstante, non todos
é Rosalía de Castro.
os poemas se poden adscribir a estes dous xéneros, xa que os poetas experimen-
tan continuamente con outras perspectivas.
• A poesía épica é o xénero a que pertencen as obras en verso que narran as
proezas dos heroes históricos ou lendarios. Ten, xa que logo, un carácter mar-
cadamente narrativo. Neste tipo de poesía adóitanse mesturar elementos reais
con elementos fantásticos ou lendarios. Exemplo:
Rei Artur de ollos pechos nun ensoño divino,
pide forzas ao ceo para dar co camiño,
e nesta hora solemne de visión sagra e fonda,
descorridos os veos, viu a Táboa Redonda,
a lexión triunfadora, a bélica irmandade
que ten de ser nos séculos brasón da cristiandade.
RAMÓN CABANILLAS
• A poesía lírica é o xénero a que pertencen as obras escritas en verso en que o
poeta expresa os seus pensamentos ou os seus sentimentos. Ten un ton máis
íntimo. Exemplo:
Terra de ningures
Tiña unha fontela,
xa non bebo nela.
Alma, non te apures.
Estaba en algures,
vivo lonxe dela
e non podo vela.
Alma, non te apures.
Vivo lonxe e morro,
namentres percorro
terras de ningures.
Alma, non te apures.
O vento de algures,
que vai pra ningures.
C. E. FERREIRO

98

301828 _ 0090-0099.indd 98 23/09/11 12:47


LITERATURA 9

ACTIVIDADES

1. Responde sobre o anterior poema de Celso Emilio Ferreiro.


• Cal cres que pode ser o contido do poema? Marca.
O cansazo do poeta de tanto viaxar.
A soidade do poeta nunha terra estraña.

• Sinala as impresións que lle produce ao poeta o recordo dunha fonte.


tristeza     vitalidade     ledicia     saudade

• De que tipo de poema pensas que se trata? Marca.


Poema lírico Poema épico

• Por que?

2. Le o seguinte fragmento dun poema de Antón Avilés de Taramancos.


Fálame, musa, do varón famoso
que desde o fondo das estrelas canta
e retomba nos mares a voz rouca,
o brado da saudade máis profunda
do cosmonauta solitario e único
que na dorna do tempo vai tecendo
o canto elemental; do pai Ulises
perdido nas Galaxias para sempre.

• Que heroe lendario aparece citado no poema?


• Que coñeces da súa historia? De non saber nada, procura algunha información en enciclopedias,
na Internet… e resume brevemente o que atopes.

• Por onde se di no poema que anda o heroe?


• Pensas que pode haber algunha mestura do real e do fantástico no fragmento? Explícao.

3. Relaciona os temas seguintes coa poesía lírica ou épica, segundo lle corresponda.
A amizade •
A morte • • Poesía lírica
Os feitos gloriosos dun país • • Poesía épica
As fazañas dun heroe •

99

301828 _ 0090-0099.indd 99 23/09/11 12:47


10
UNIDADE

Un máxico negocio
Mefisto tiña motivos para sentirse orgulloso. Aparecer paz de conseguir tamén moitas das cousas que eu facía.
na portada de Bruxos & Magos, (en primeiro plano, Unha tarde de outono xuramos non separarnos nunca.
ataviado cos atributos de Honorable Bruxo Maior, e P: Os anos seguintes son os máis escuros da súa bio-
Ana un pouco máis atrás) e cunha extensa entrevista nas grafía, non si? Marchou para a cidade e alí esqueceu o
páxinas centrais, indicaba que o recoñecemento entre a seu destino de bruxo…
comunidade dos bruxos era algo incuestionable. Non R: Non foi exactamente así. Empecei a tratar de com-
puido evitar a tentación de ler, unha vez máis, aquela portarme coma un humano. Ana e mais eu matriculá-
entrevista que xa case sabía de memoria. Saltou a intro- monos na universidade. Pero eu conservaba as miñas
dución, inzada de loanzas, e foi ás preguntas. […] habilidades de bruxo e practicaba. Rematamos a ca-
Pregunta: Permítame que empece por unha pregunta rreira e decidimos casar. Foi daquela cando tomamos
obrigada: cales foron os seus primeiros pasos como unha decisión transcendental. Por aqueles días, che-
bruxo? goume unha comunicación do Consello Supremo,
Resposta: Do mesmo xeito que todos os da miña xe- lembrándome a necesidade de asumir as obrigas da
ración, daquela só se transmitía de pais a fillos. Obser- estirpe. Eu dubidaba. Diante de min abríanse dous
vando con atención todo o que vía facer na casa em- camiños: ou asumir a miña condición de bruxo, o
pecei a practicar a bruxaría. Os esconxuros, os filtros que implicaba resignarme a unha existencia arredado
de encantamento… dos humanos, ou facer un mestrado de Dirección de
P: Pero vostede foi á escola cos humanos. Empresas, esquecerme de meigaría e dedicarme a ga-
R: Así foi; no meu clan, eran partidarios de iniciar a ñar cartos e a adquirir éxito social.
integración cos humanos. P: E como resolveu esa contradición?
P: Se os meus datos son certos, foi nesa escola onde R: Foi Ana quen deu coa clave: «Quizais se pode ser
vostede coñeceu a Ana, a súa compañeira… bruxo e estar plenamente integrado entre os huma-
nos». Había que enmascarar a bruxaría con aparen-
R: Pois si, e alégrame poder falar deste tema. Porque
cias que á sociedade lle gustaban! Fixemos un máster
Ana é a mellor demostración de que se pode chegar a
na School of Big Business e, deseguido, abrimos o no-
bruxa aínda sendo humana. Sen ela sabelo, tiña…
so primeiro despacho.
«poderes».
P: O tempo acabou dándolles a razón.
P: Como «poderes»? Un feito así, entre humanos, é
R: Claro que nola deu. Hoxe podo afirmar que temos
algo insólito.
unha gran cantidade de humanos baixo a nosa in-
R: Voulle contar unha anécdota. Teriamos nós uns dez fluencia, algúns en postos moi altos. A bruxaría pode
anos. A mestra mandáranos repasar creo que a obten- estar de parabéns!
ción da raíz cadrada dun número decimal. Pois ben, A entrevista aínda continuaba. Pero Mefisto deixou de
aquela tarde tocoulle a Ana saír a calcular unhas das ler. Notou un estraño formigar nos dedos. As páxinas
raíces; mentres ela ía cara ao encerado, a mestra sacou da revista íanse esfarelando e converténdose nunha
as lentes para limpalas. Pero, en canto tocou co pano columna de fume verde que axiña ascendeu ata o tei-
os cristais convertéronse nun po finiño coma to. Visiblemente irritado, foi ata a porta do despacho e
fariña. Cando saímos, Ana díxome que abriuna de golpe.
desexara con todas as súas forzas
Tal como imaxinara, alí estaba o seu fillo Adrián, no
que crebasen as lentes da
corredor. Ría con aire pícaro, ollando para súa nai.
profesora, para librarse
así do exercicio. –Que, papá, gustouche a nube de fume?
Mefisto ollou en fite para o seu fillo, que, nun repente,
P: E que pasou logo?
quedou convertido nunha pequena ra verde que non
R: Pois eu empecei a deixaba de choutar polo corredor. Volveu logo entrar
deixar que Ana fose adi- no despacho, ao tempo que lle dicía a Ana:
viñando algúns dos
–Non lle axudes, a ver o tempo que tarda en desen-
meus poderes secretos.
meigarse el só. ¿Non dis ti que as cousas só se apren-
E entre os dous fomos
den practicando? Pois déixao que practique!
descubrindo que era ca-
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, Contos por palabras. (Adaptación)

100

301828 _ 0100-0109.indd 100 23/09/11 12:47


COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA 10

Claves da lectura Vocabulario


Neste texto podemos ler unha entrevista cun bruxo Ataviado: vestido.
na que conta a súa vida e as etapas que tivo que Inzada: ateigada, chea.
pasar ata converterse nunha persoa respectada e Loanzas: comentarios eloxiosos.
nun triunfador social. O protagonista destaca que Estirpe: conxunto de antepasados e descen-
realiza a súa actividade de xeito moderno e adapta- dentes dunha familia.
do á sociedade actual. Pero, ao final do relato, ve- Mestrado: grao de mestre, titulación que se
mos que o seu fillo, bruxo coma el, realiza un expe- realiza para completar estudos superiores.
rimento cos seus poderes ao xeito máis tradicional Esfarelando: desfacendo algo ata converte-
que podemos esperar dun bruxo. lo en po.

ACTIVIDADES

1. Observa os xestos do personaxe e responde. A que momento da lectura pertence cada imaxe?

IMAXE 1 1 2

IMAXE 2

• Que pasou entre un momento e outro? Cóntao resumindo a lectura.

2. Responde.

• Na entrevista, Mefisto fala dunha «decisión transcendental». Cal foi esa decisión?

• Foi, ao seu modo de ver, unha decisión correcta? Explícao.

3. Por que está orgulloso Mefisto de saír na revista? Marca as que che parezan correctas.
Porque esa revista a lía moita xente. Porque incluía unha breve noticia sobre o seu negocio.
Porque na foto da portada saía moi ben. Porque significaba que o seu traballo era recoñecido.

4. Ti tamén cres que «as cousas se aprenden practicando»? Explícao con algún exemplo.

101

301828 _ 0100-0109.indd 101 23/09/11 12:47


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

O diálogo III. A entrevista


1.  A entrevista
A entrevista é un tipo de texto dialogado que se establece entre o entrevistador e
o entrevistado co fin de obter deste último unha información ou unha opinión
sobre un tema, ou ben para coñecer diversos aspectos da personalidade da per-
soa entrevistada.
En toda entrevista interveñen normalmente dúas persoas:
• O entrevistador, que debe ter un cuestionario cunhas preguntas preparadas
de acordo coas características da persoa que entrevista. Con todo, ás veces pó-
dense incorporar novas preguntas.
• O entrevistado, que é a persoa que responde o cuestionario que preparou o
entrevistador. Adoita ser unha persoa de prestixio ou de interese público.

1.1.  Tipos de entrevistas


Basicamente, hai dous tipos de entrevistas: a entrevista informativa e a entrevista
psicolóxica ou de personalidade.
• A entrevista informativa busca obter a opinión ou o punto de vista do entre-
vistado acerca de feitos diversos.
• A entrevista de personalidade busca afondar na vida, a obra ou a forma de
pensar do entrevistado.

2.  Estrutura da entrevista


Unha entrevista consta basicamente de tres partes: unha introdución, o corpo da
entrevista e o peche.
Introdución O entrevistador presenta o entrevistado e o tema da entrevista.
Corpo da Está formado polas preguntas e as respostas. Tamén se poden introdu-
entrevista cir comentarios sobre os xestos ou a actitude do entrevistado.
Constitúeno os agradecementos, os comentarios ou as conclusións
Peche coas que se pecha a entrevista.

ACTIVIDADES

1. Indica polo menos catro personaxes que che parezan interesantes para entrevistar e indica
algún motivo. Colócaos en orde de maior a menor interese para ti.

Personaxe Motivo

102

301828 _ 0100-0109.indd 102 23/09/11 12:47


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS 10

2. Indica que tipo de entrevista se corresponde con cada unha das seguintes definicións.
• Entrevista que pretende investigar sobre aspectos
persoais do entrevistado (vida, obra…). F Entrevista

• Entrevista que procura a opinión do entrevistado


sobre algún tema. F Entrevista

3. Le a seguinte entrevista e contesta.


O mestre de todos
A finais de curso xubílase don Xesús Rodríguez
Vázquez, coñecido por todos os veciños de Arroios
do Val como Suso, o mestre. Eses veciños promo-
*
ven a homenaxe na súa honra, posto que leva co-
renta e sete anos no ensino da nosa localidade.
Pregunta: Gústalle que lle chamen mestre?

*
Resposta: Encántame, a verdade. Gústame máis ca a palabra profesor.
P: Estrañará as aulas cando non volva a elas o próximo curso?
R: Seguramente, si. Pero eu seguirei vencellado á escola. Continuarei
adestrando o equipo de balonmán e dirixindo a banda de música. Te-
rei contacto cos rapaces da vila.
P: En tantos anos dedicados ao ensino, mudou moito a escola?
R: Moitísimo. Afortunadamente, agora hai recursos, boas instalacións
deportivas, informáticas… De todo! Só hai que ter curiosidade por
aprender. Con iso abonda.

• Neste texto están moi claras dúas das partes das que adoitan compoñerse as entrevistas.
Marca cales son e despois escríbeas no lugar correspondente.
Introdución.       Corpo da entrevista.        Peche.

• Que datos se nos dan na introdución?

• Di se se trata dunha entrevista informativa ou de personalidade e explica por que.

4. Repara nas fotos da alpinista Chus Lago e do escritor Manuel Rivas e escribe unha pregunta
para cada un deles coma se os entrevistases.
1 2
1.

1.

2.

1.

103

301828 _ 0100-0109.indd 103 23/09/11 12:47


ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

Os sentimentos
1. Une os sentimentos dun recadro cos seus antónimos.

amor      avaricia      amizade      simpatía

inimizade     antipatía     xenerosidade     odio

2. Completa as seguintes secuencias coas palabras que se refiren


á denominación de compañeiro en diferentes ámbitos.

camarada cómplice socio colega


        

• O meu médico sempre consulta os casos cun .

• Reuníronse todos os do Partido Amarelo.

• A empresa é de dous ou tres .

• Non roubou só, axudaríao calquera dos seus .

3. Escribe segundo estes sentimentos che parezan positivos (P)


ou negativos (N).
envexa compaixón agudeza
xenerosidade creatividade fachenda
preguiza solidariedade prepotencia

4. Di con que adxectivo definirías a alguén con estas calidades.

• Persoa que non confía en ninguén. F

• Alguén que protesta por todo. F


PALABRAS
• O que comparte ou dá todo o que ten. F
PRIMITIVAS
E DERIVADAS
5. Di de que palabra primitiva derivan as seguintes.
Son palabras primiti-
vas as que non deri­van • responsabilidade F responsable • impaciencia F
de ningunha outra, por
exemplo, a palabra ca- • namorado F • morriñento F
sa. Se lle engadimos
al­gunha partícula ao
prin­cipio ou ao final 6. Escribe palabras derivadas a partir das seguintes palabras primitivas.
de­la creamos palabras
no­vas, por exemplo ca- • carne F • mar F
sei­ro, casarío, etc., e
estas son palabras de- • ferro F • leite F
riva­das.
• froita F • taxi F

104

301828 _ 0100-0109.indd 104 23/09/11 12:47


ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA 10

Signos que limitan enunciados


Ao falar sinalamos o final de cada enunciado cunha pausa marcada. Na escrita, esa pausa indícase cos sig-
nos de puntuación. Os signos que limitan enunciados son o punto, o peche de interrogación e o peche
de admiración.
• O peche de interrogación ? úsase nos enunciados que conteñen unha pregun- Lembra
ta en estilo directo. Exemplo: Por que está tan triste?
Despois dos signos
• O peche de admiración ! emprégase nos enunciados que reflicten unha excla- de interrogación
mación. Exemplo: Que ben o pasamos na festa! ou admiración non
• O punto . úsase para pechar todos os demais enunciados en que afirmamos ou se pon punto e co-
negamos algo. Exemplo: Non vou ir. Estou canso. mézase a escribir
con letra maiús-
Os puntos suspensivos … tamén poden pechar un enunciado cando este se dá
cula.
por terminado, aínda que se deixe incompleto. Exemplo: Non por moito madrugar…

ACTIVIDADES

1. Coloca en cada enunciado o signo de peche que che pareza máis axeitado.
• Como me gustan as patacas fritidas • A que hora quedaches cos teus amigos
• Non sei onde están os meus libros • Cando vés á miña casa
• Xa se sabe, a falta de pan • Que calor vai hoxe

2. Explica nun breve parágrafo os sentimentos que che provoca esta imaxe.

3. Escribe unha pregunta que farías nunha entrevista a cada un destes personaxes de ficción.
Escribe polo menos seis enunciados, empregando un signo de interrogación e outro de admiración.

O conde Drácula  
F 

O correcamiños  
F 

Spiderman  
F 

4. Coloca os puntos que faltan no seguinte texto de Roal Dahl.


Rupert levantouse e volveu ao seu pupitre, refregando a cabeza con ambas as
mans A señorita Trunchbull situouse de novo fronte á clase Os nenos perma-
necían nos seus sitios, como hipnotizados Ningún deles presenciara algo seme-
llante na súa vida Era unha auténtica diversión

105

301828 _ 0100-0109.indd 105 23/09/11 12:47


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

Os determinantes
1.  Os demostrativos. Formas
Os demostrativos son palabras variables que expresan a proximidade ou o afas-
tamento das cousas respecto da persoa que fala, tanto no espazo coma no tempo.
Singular Plural
Neutro
Masculino Feminino Masculino Feminino
Proximidade este esta estes estas isto
Distancia media ese esa eses esas iso
Afastamento aquel aquela aqueles aquelas aquilo

TEN EN CONTA 2.  Os posesivos. Formas


Habitualmente, o pose- Os posesivos son palabras variables que expresan a pertenza de algo a unha ou a
sivo seguido de substan- varias persoas, chamadas posuidores, ou a pertenza dun ser a un grupo:
tivo vai precedido por un
artigo. Con todo, lem- o meu coche    a túa casa    o noso plan    a súa blusa
bra que cos nomes de
parentesco moi próximo Singular Plural
pode levalo ou non: Teu Masculino Feminino Masculino Feminino
pai chámase Xosé. Ade-
Un posuidor meu miña meus miñas
mais, cando a secuen- 1.ª persoa
cia está en vocativo, Varios posuidores noso nosa nosos nosas
tampouco o leva: Vai es- Un posuidor teu túa teus túas
pertando, meu rei! 2.ª persoa
Varios posuidores voso vosa vosos vosas
3.ª persoa Un ou varios posuidores seu súa seus súas

3.  Os indefinidos. Formas


Os indefinidos son palabras que expresan cantidade ou identidade dun xeito
impreciso: Merquei moitas cousas. Agora ninguén o coñece.
Indefinidos invariables alguén, ninguén, algo, nada, cadaquén, calquera…
Varían en xénero ambos/ambas, varios/varias…
Varían en número bastante/bastantes, tal/tales…
Indefinidos abondo(s)/abonda(s), algún(s)/algunha(s),
variables Varían en xénero ningún(s)/ningunha(s), pouco(s)/pouca(s),
e número demasiado(s)/demasiada(s), certo(s)/certa(s),
todo(s)/toda(s)

4.  Os numerais
Os numerais son palabras que expresan cantidade ou orde dun xeito preciso e
concreto. Poden ser cardinais e ordinais:
• Cardinais. Expresan unha cantidade exacta: un/unha, dous/dúas, tres, ca-
tro…, once, doce..., dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove..., vinte e un...
• Ordinais. Expresan orde: primeiro, segundo, terceiro, cuarto, quinto, sexto, sé-
timo, oitavo, noveno, décimo, undécimo, duodécimo, décimo terceiro..., vixési-
mo..., trixésimo..., cuadraxésimo..., quincuaxésimo..., centésimo...

106

301828 _ 0100-0109.indd 106 23/09/11 12:47


ESTUDO DA LiNGUA • GRAMÁTICA 10

ACTIVIDADES

1. Os demostrativos contraen coas preposicións de e en.


Completa estes enunciados coas contraccións que se indican.
• Recolle a mesa e baleira os restos de comida (en + ese) caldeiro verde de aí.

• Estou (en + este) instituto porque hai un ambiente agradable.

• Vin (de + aquel) barco nadando.

• Non penses máis (en + iso), que non o vas poder solucionar.

• Hoxe é un (de + eses) días en que estou dun humor excelente.

2. Completa estas oracións co artigo e co posesivo que corresponda.

• As nosas furgonetas levan rotulado o nome de empresa. (1.ª persoa)

• Tes que escribir nome e apelidos nos espazos en branco. (2.ª persoa)

• Devólvelles discos e películas. (3.ª persoa)

• nome ten orixe árabe. (1.ª persoa)

3. Responde cun indefinido e cun numeral.


Indefinidos Numerais

• Cantos libros liches?


• Cantos irmáns tes?
• Cantas adiviñas sabes?
• Cantos pasteis comeu?

4. Completa cos numerais axeitados escritos con letra.

• A maioría de idade alcánzase aos anos.

• Subiu ata o piso 11, é dicir, ata o .

• A idade de xubilación ampliouse dous anos máis: dos 65 aos .

• Acabou a carreira no posto 20, é dicir, chegou de .

5. Escribe en letra os seguintes numerais.

• 16 F • 127 F • 14.º F

• 7.º F • 88 F • 101 F

• 183 F • 29 F • 47.º F

107

301828 _ 0100-0109.indd 107 23/09/11 12:47


LITERATURA

As narracións cultas
1.  As narracións cultas
Considéranse cultas as narracións de autor que se difunden mediante a escritura.
As principais formas da narrativa culta son o conto de autor ou literario e a novela.

1.1.  O conto de autor ou literario


O conto de autor ou literario é unha narración curta que nace para ser lida, ao
contrario do conto popular, que nace para ser contado.
Todo conto é unha forma narrativa breve que reflicte un mundo de ficción, pe-
ro entre o conto popular e o conto literario hai marcadas diferenzas: o conto
popular é anónimo, transmítese oralmente e contén elementos da tradición fol-
clórica; pola contra, o conto literario adoita aparecer asinado, difúndese me-
diante a escrita e reflicte a orixinalidade artística do seu creador. Velaquí un
exemplo de conto popular:
Un día foi un cura pedir a unha casa, e díxolles que lle deran un pau lon-
go. Así que llo deron, dixo que lle deran outro pau máis curto. Así que
llo deron, dixo que lle deran unha punta para cravalo. Así que lla deron
pediu un martelo para petarlle e, logo, así que llo deron, dixo que llelos
cravaran en forma de cruz. Logo díxolle o amo da casa:
–Ai, señor cura, para iso tamén puido dicir que lle deran unha cruz feita,
e aforraba palabras.
«O cura que foi pedir», Contos populares da provincia de Lugo.
(Adaptación)
Igual ca os contos populares, os contos de autor caracterízanse pola brevidade,
a sinxeleza e a intensidade.
Os contos de autor adóitanse clasificar polo seu contido: contos fantásticos, cos-
tumistas, de terror...
Moitos escritores galegos empregaron o conto como forma de expresión. Salien-
tamos a Dieste, Castelao, Fole, Cunqueiro, Ferrín, Casares, Manuel Rivas, Gon-
zalo Navaza, etc.

1.2.  A novela
A novela é un xénero narrativo de maior extensión e complexidade ca o conto,
que admite todo tipo de narradores, personaxes, tramas e estruturas. Na novela
desenvólvense plenamente os elementos e as características da narración.
Hai varios tipos de novelas: de aventuras, fantásticas, históricas, policiais, psico-
lóxicas, de ficción científica, de intriga, xuvenil...
O seguinte fragmento pertence a unha novela de aventuras:
Non entendía nada e a resaca do mareo mantíñame nunha especie de nu-
be. En cuestión de poucas horas pasara da redacción do Celtic News a unha
festa pirata nalgún lugar do Atlántico Norte. Unha festa no meu honor!
Tan confusa estaba que, esquecendo que ao cabo fora levada alí á forza,
non se me ocorreu outra cousa que preocuparme pola seguridade daquela
banda de corsarios, que se dispuñan a brindar con augardente coma se
fose auga mineral.
MANUEL RIVAS, Bala Perdida. (Adaptación)

108

301828 _ 0100-0109.indd 108 23/09/11 12:47


LITERATURA 10

ACTIVIDADES

1. Le o seguinte texto e marca ao final a que tipo de novela pertence.


As rúas, os parques, as prazas… todos os lugares públicos estaban ocupados por unha turba de fero-
ces animais, que se movían cunha axilidade asombrosa. Algunhas persoas fuxían deles espavorecidas,
os poucos coches que circulaban facíano coas luces apagadas para non chamar a súa atención, desde
algúns pisos estaban disparando con escopetas… a cidade aparecía mergullada nun caos que superaba
todo o imaxinable.
Ao achegármonos algo máis, non tardamos en descubrir a terrible realidade: non había tales animais,
senón que eran lobishomes!
A. FERNÁNDEZ PAZ, O laboratorio do doutor Nogueira. (Adaptación)

Novela histórica.     Novela policial.     Novela fantástica.

2. Le atentamente o seguinte conto e contesta.


Sendo eu neno, non sei cantas veces sentín contar na casa a historia do retrato do
pintor Fierros. O retrato representaba un home novo de nachas corvas, cun gran
do tamaño dun chícharo na meixela dereita, moreno el, de bigote e patillas.
E cando tiña doce anos deume por pintar ao pastel, nun folio de papel de barba,
o retrato do cabaleiro. E como morrera en duelo a espada, co corazón atravesado,
deume por pintarlle unha pinga de sangue no peito, no mesmo corazón.
No ano 1960, no mes de setembro, cando as festas de Ribadeo, recibín aquela
misteriosa carta. Non traía data, a sinatura era ilexible. Mesmo enriba da sinatu-
ra, unha pinga de sangue. O mataselos era de Vigo. A carta dicía:
«Ben sei que vostede ten moito interese por saber onde foi parar o retrato pintado por Fierros. Que
conste que non o coñezo a vostede nin sei quen é. Mais tamén sei que vostede vai varias veces ao ano
por Ribadeo e que pasa pola rúa da Pomba. Alí está o cadro, na trastenda da mercería de dona Concha.
Alí pode velo.»
Dous días despois estaba eu en Ribadeo. Levaba a carta. Mostreilla a dona Concha. E díxome:
–Xa son sabedora, por unha carta de Vigo, da súa visita. A carta perdina. A sinatura era ilexible. Estaba
manchada cunha pinga de sangue ou pintura encarnada. Pase e vexa o retrato.
Era moi fermoso e igualiño ao retrato ao pastel que eu fixera sendo neno. O que máis me chocou... foi
a pinga de sangue no peito, tal e como estaba no meu pastel. Dona Concha pareceu lerme na ollada...
–A mancha de sangue apareceu misteriosamente no retrato hai cousa de poucos días. O xoves pola
noite, antes de pechar a tenda, estiven fitando para o cadro. Non tiña esa pinga de sangue. Eu mesma
pechei a tenda e saín. Non saquei a chave da faldriqueira. Pola mañá, vin a pinga de sangue. Penso que
este retrato ten meigallo.
Cando me despedín, estou seguro de que dona Concha pensou que era tatexo de nacemento. ¿E non
sería todo aquilo unha broma, unha obra mestra das bromas, o que se di?
ÁNXEL FOLE, Historias que ninguén cre. (Adaptación)

• Marca cun X as características deste conto para adiviñar se é popular ou de autor.

Conto popular Conto de autor



I I
É anónimo. Aparece asinado.
Transmítese oralmente. Difúndese mediante a escrita.
Contén elementos folclóricos. É unha creación orixinal do autor.

109

301828 _ 0100-0109.indd 109 23/09/11 12:47


11
UNIDADE

A desaparición dos informantes


rompe a tradición oral galega
Os expertos que levan décadas recollen- O exemplo de Manuela
do música, coplas e danzas avisan de Quen tamén está moi ilusionada co novo disco que está
que todo este material podería perderse gravando nun estudio da Estrada é Manuela Cortizo, de
71 anos, que se reúne con outras veciñas «e facemos festa
se non se dixitaliza e conserva axeitada- a calquera hora do día». Manuela vai dando o nome dal-
mente. gunha compañeira, coma Edelmira Camiña Pena, que
■ RODRI GARCÍA cos seus 91 anos e operada dun cadril segue bailando «e
Hai dous xeitos de facer etnografía: «Ir a un sitio e es- gañou un premio en Merza». Xúntanse no lugar de Barro
tar alí unha semana recollendo música, coplas ou o que (Cerdedo), para cantar, tocar a pandeireta e informar ás
sexa, ou participar das vivencias e dos feitos». Isto expli- recolledoras de Leilía de vellas tradicións.
ca Baldomero Iglesias, Mero, que leva máis de trinta Manuela Cortizo recoñece que de nena só puido ir tres
anos mergullado na tradición galega. Hai ducias de per- anos á escola, algo que non lle impide estar xuntando
soas que, coma Mero, levan moitos anos por Galicia coplas para un libro. Agora, cando van cantar os reis a
adiante para recoller esa tradición oral que agora está en algún lugar ou calquera festexo, vai co seu home, Xosé
perigo de perderse porque os últimos informantes van Álvarez («somos bisavós, temos unha neta de 22 meses
desaparecendo. Os que se dedican á recolleita están que xa baila tamén, e dentro duns días faremos 55 anos
quedando sen xente e o material gardado vaise deterio- de casados») e cunha filla «que ten esclerose múltiple e
rando. vai sempre con nós, xa a coñece todo o mundo».
Felisa Segade e Montse Rivera, dúas das compoñentes do Montse Rivera, de Leilía, que só ten eloxios para Ma-
grupo de pandeireteiras Leilía, levan vinte anos recollen- nuela e a súa xente, lembra unha serie de persoas que
do música tradicional, «conscientes de que as cousas es- levan moitos anos recollendo tradicións: «Mini e Mero,
tán como están, xa que, por unha banda, quedan moi Olga e Pablo de Ruote, Enrique Peón, de Xacarandaina,
poucos informantes e, por outra, está todo moi mestura- Mercedes Peón, Anxo Sanmartín, que foi director de
do». Un exemplo disto último é que nalgunha ocasión Cantigas e Agarimos, Pablo Quintana… », etc.
«chegaron a cantarnos unha canción das nosas coma se
fose unha peza tradicional», conta Montse. Tamén expli-
Os silencios oficiais cansan
ca que a década de 1980 era o mellor momento para fa- Pablo Quintana confesa que con dez anos «empecei a
cer a recolla, pero agora «é tan doloroso pensar nos anos apuntar cousas da tradición». Isto foi na súa vila natal, en
que se perderon, en tanta xente que traballou e non se Vilanova de Oscos, un concello pegado a Galicia. Estas
sabe que pasará con todo o material que teñen recollido». inquedanzas foron aumentando e cando estudaba no co-
lexio menor de Lugo, mentres nacían Fol 72, que logo
O ineficaz papel das institucións sería Fuxan os Ventos, el fundaba con outra xente un
Felisa Segade lembra que se convocou hai un par de grupo que se chamaba As Noces. «Hai case 30 anos que
anos, desde a Xunta de Galicia, a un grupo de persoas fago estudos e publicacións sobre a música galega e os
que facían recolla para ver o que se podía facer co mate- seus instrumentos», explica Quintana, para recoñecer
rial, pero «non sabían moi ben que facer e dixeron que que desde 1986 deixou de facer gravacións. Entre os mo-
o mellor era que cedésemos os nosos arquivos e xa se tivos para este abandono está a falta de resposta dos orga-
nos daba unha copia». Aquelas xestións quedaron en nismos oficiais a distintos proxectos que presentou, e que
vía morta, aínda que organismos como o Consello da seguen sen facerse, como é un estudo sobre a representa-
Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego teñen abertas ción iconográfica dos instrumentos musicais no Cami-
seccións sobre a música tradicional. ño de Santiago ou a posta en marcha dun museo de ins-
Tamén hai editoriais con series dedicadas á tradición ga- trumentos musicais, «arredor do que se poderían facer
lega que, co que van publicando, fan posible que non se traballos de investigación sobre traxes, cancións...».
perda o material recollido. Catro folios non chegan para resumir os traballos, grava-
Aparecen traballos da xente recompilados en vídeo ou cións, estudos e publicacións feitos por un Pablo Quinta-
outros soportes, xa que a publicación pode levar fotos na que non atopou daquela o apoio que agora todos re-
ou letras de cancións. claman para evitar que se perda a tradición oral galega.

110

301828 _ 0110-0119.indd 110 23/09/11 12:50


COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA 11

Claves da lectura Vocabulario


No presente texto exponse a situación da tradición Dixitaliza: transforma nun formato válido
oral popular e advírtese da posibilidade da perda para ser interpretado polos ordenadores.
de gran parte dela. As razóns disto están en que a Etnografía: estudo dos costumes e tradi-
xente coñecedora desta tradición vai envellecendo cións dos diferentes pobos.
e morrendo e tamén en que as institucións non Informantes: os que dan información so-
dan todo o apoio necesario ás poucas persoas que bre algo, neste caso sobre o folclore tradi-
intentan recuperar esta tradición pola súa iniciati- cional galego.
va persoal. Aínda así, existe moito material recolli- Recolla: acto de seleccionar información.
do por estes investigadores, pero que precisa apoio Soportes: medio físico empregado para
institucional para ser restaurado e dixitalizado pa- gravar a información.
ra a súa conservación. Iconográfica: feita mediante imaxes.

ACTIVIDADES

1. Dúas das seguintes ideas son transmitidas polo texto. Marca cales son.
Os organismos oficiais traballan pola conservación do folclore galego.
As iniciativas individuais, claves para a conservación da tradición oral.
A falta de medios, persoal e apoio institucional pon en perigo a conservación do folclore.

2. Marca cales son os dous xeitos de facer etnografía que menciona Baldomero Iglesias no texto.
Escoitar música na casa ou no coche.
Ir a un sitio e estar alí unha semana recollendo información.
Participar das vivencias e dos feitos.
Consultar libros sobre o tema nas bibliotecas.

3. Procura na parte final do texto o principal motivo polo que Pablo Quintana deixou de facer
gravacións e recollida de material tradicional.

4. Escribe o nome de dúas persoas distintas das anteriores que sexan citadas no texto como
estudosas do folclore tradicional.

5. Consideras que é importante que se conserven as tradicións dun pobo? Explícao.

111

301828 _ 0110-0119.indd 111 23/09/11 12:50


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

Os medios de comunicación.
A estrutura dun xornal
1.  Os medios de comunicación
Os medios de comunicación serven para transmitir información e opinións a
un público moi amplo nun breve espazo de tempo. Entre eles destacan a prensa
escrita, a radio, a televisión, o cine e a Internet.
Á hora de establecer unha clasificación dos medios escritos –xornais e revistas–
podemos atender ao formato (tamaño), ao soporte en que se editan (papel ou
informático), e á periodicidade (diaria, semanal...) con que aparecen.
Os medios de comunicación desenvolven unha función informativa, pero ta-
mén conteñen mensaxes ideolóxicas, polo que é fundamental saber distinguir
entre información e opinión.

2.  A estrutura dun xornal


Dentro da estrutura dun xornal, distinguimos a portada e as seccións.
• A portada é a páxina máis importante do xornal por ser un lugar privilexiado
para a información e para a publicidade, e os seus titulares teñen gran relevan-
cia.
A parte da cabeceira co nome do xornal adoita estruturarse en:
– Noticia principal na parte superior esquerda, normalmente, cunha fotografía.
– Outras noticias importantes, que ocupan unha ou máis columnas.
– O índice das seccións interiores co número de páxina en que aparecen.
• As seccións son conxuntos de informacións agrupadas segundo un criterio
xeográfico ou temático. Constitúen un xeito de organizar o contido para locali-
zalo ben.
– O criterio xeográfico organiza a información en seccións segundo a proxi-
midade ao lector: local e comarcal, galega, estatal e internacional.
– O criterio temático divide a información en seccións segundo o contido: eco-
nomía, deportes, sociedade, cultura, educación, información marítima, etc.
– Outras seccións son a axenda, con información de interese, e as seccións de
anuncios breves, predición meteorolóxica e programación televisiva.

ACTIVIDADES

1. Clasifica os seguintes medios escritos marcando cun X onde proceda.

FORMATO SOPORTE PERIODICIDADE


MEDIO
Grande Mediano Papel Informático Diaria Semanal, mensual
Revista
Xornal
Xornal dixital

112

301828 _ 0110-0119.indd 112 23/09/11 12:50


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS 11

2. Inclúe a palabra información ou opinión ao lado das seguintes definicións, segundo


corresponda.

• Relato duns acontecementos como sucederon, sen introducir ideas propias. F

• Narración duns feitos segundo unha visión persoal. F

3. Consulta os seguintes medios de comunicación escrita da nosa comunidade e di se son


xornais ou revistas, o soporte en que se publican e se están escritos maioritariamente
en galego, en castelán ou nos dous idiomas.

MEDIO INFORMÁTICO/PAPEL XORNAL/REVISTA GALEGO/CASTELÁN


Galicia Hoxe
Xornal de Galicia
Tempos
A Nosa Terra
Cerna
Faro de Vigo

4. Escribe o título ou o tema de diferentes noticias ou artigos que poderían ir incluídos


nas seccións que se propoñen.

Internacional Sociedade Educación



I I I

5. A primeira páxina dun xornal é o lugar máis importante del e onde adoitan ir destacadas as noticias
máis importantes.
Di cales das noticias ou artigos que puxeches antes destacarías na primeira páxina.

6. Escribe un artigo xornalístico sobre o seguinte tema.


O respecto que merecen
os costumes doutros pobos

113

301828 _ 0110-0119.indd 113 23/09/11 12:50


ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

As crenzas
1. Une cada palabra dunha columna coa súa sinónima.

pregaria     fe     monxe     rezar     devoción

orar     veneración     credo     oración     frade

2. Emparella cada relixión co templo onde se practica e co sacerdote.

Relixión Templo Sacerdote



I I I
budismo igrexa lama
cristianismo mesquita imán
islamismo pagode cura
xudaísmo sinagoga rabino

3. Relaciona cada palabra coa definición que creas máis axeitada.


• Persoa que nega a existencia de Deus.
devota • • Persoa que vai camiñando a un templo ou santuario
milagre • por devoción.
ateo • • Crenza excesiva no máxico e sobrenatural.
superstición • • Persoa que rende un culto relixioso especial a un santo
ou a un lugar.
peregrino •
• Feito inexplicable atribuído a unha causa sobrenatural.

4. Subliña as palabras compostas que atopes no seguinte fragmento.


Logo de erguerse, colleu o cartafol cos seus debuxos e saíu á rúa. Chovía a ma-
res, así que abriu o paraugas para non mollarse desde o portal ao garaxe. En-
trou no coche e apoiouse coidadosamente no repousacabezas. Saíu do garaxe e
dirixiuse á autoestrada: agardábao un día moi duro.

PALABRAS
COMPOSTAS 5. Relaciona un verbo cun substantivo e forma unha palabra composta.

Son as formadas por saca lama F



composición. Isto é, son
palabras constituídas lava latas F

por dous lexemas; por
exemplo, vacaloura e abre rollas F sacarollas

vagalume son dúas pa-
­la­bras compostas por limpa louza F
vaca e loura e por vaga
e lume. garda cristais F

114

301828 _ 0110-0119.indd 114 23/09/11 12:50


ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA
� 11

O punto. A coma

O punto . indica unha pausa longa no discurso. Empregamos tres tipos de punto:
• O punto e seguido separa oracións no interior dun parágrafo.
• O punto e á parte sinala o final dun parágrafo e o inicio doutro que comeza cunha idea ou tema novo.
• O punto final indica a fin dun texto.
A coma , indica unha pausa breve no interior do enunciado. Os principais casos de uso son:
• Para separar os elementos das enumeracións: Saltou, correu, bailou e xogou.
• Para introducir explicacións ou aclaracións: El, que non cre nas pantasmas, fartouse de rir.
• Para indicar a omisión dun verbo: Gústanlle as películas de medo; a min, as de risa.
• Para illar as expresións é dicir, polo tanto, por exemplo, non obstante...: Sabía que era broma, non obstante,
asustouse.
• Cando se antepón a oración subordinada á principal: Cando chegou, nós xa estabamos preparados.

ACTIVIDADES

1. Coloca o punto e seguido nestes enunciados.


• Non veu cear Dixo que estaba moi cansa.
• Esperei toda a tarde Non apareceu ninguén.
• Os asistentes cearon no hotel Ao día seguinte debían continuar co traballo.
• A porta abriuse de súpeto. Quen apareceu foi o novo director.

2. Coloca as comas que faltan nestas oracións.


• Trasnos meigas sereas mouros… son algúns dos nosos seres fantásticos.
• Se non queres pasar frío aconsélloche que leves unha cazadora.
• Eu poño os refrescos e vós a sobremesa.
• Presentou a solicitude fóra de prazo polo tanto non lla puideron admitir.

3. Escribe o texto
de cada un destes
anuncios nun
único parágrafo
PRECÍSASE 
con
- Dotes para facer prodixios.
V ENDO
ASOIRA
Vo a dora
e empregando - Título en linguas ocultas.
comas para
- Habilidade coas apócemas. ■ Resistente
separar os datos. ■ Cómoda
- Residencia en Galicia. ■ Impecable
■ Rápida

4. Constrúe unha secuencia utilizando comas tendo en conta o seguinte:

• unha enumeración F

• a expresión non obstante F

• unha aclaración F

115

301828 _ 0110-0119.indd 115 29/09/11 17:00


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

Os pronomes persoais I
1.  Os pronomes
Os pronomes son palabras variables que empregamos nunha oración para subs-
tituír a un substantivo. Exemplos:
Déixame ese bolígrafo; este non escribe. F Este substitúe a bolígrafo.
Chamei a Ana e ela dixo que viña ao cine. F Ela substitúe a Ana.

2.  Os pronomes persoais


Os pronomes persoais son palabras variables que empregamos para nomearnos
a nós mesmos (1.ª persoa), aos que nos escoitan (2.ª persoa) ou aos seres dos que
falamos (3.ª persoa), sen empregar un substantivo. Exemplos:
Eu vivo na Coruña.    Vós sodes de Rianxo.    Ela xoga ao tenis.

3.  Clases de pronomes persoais


Os pronomes persoais distribúense en dúas series: tónicos e átonos.
• Teñen acento de intensidade e poden aparecer illados como respos-
Pronomes ta a unha pregunta. Exemplo:
persoais Quen meteu agora a pata? Vós.
tónicos
(eu, ti, el...) •P
 oden funcionar como suxeito ou como complemento. Exemplos:
Nós dixémosllo. F Suxeito    Falou de ti. F Complemento.
• Non posúen acento de intensidade e sempre aparecen xunto a unha
Pronomes forma verbal. Exemplos:
persoais
átonos Sáeche moi barato.    Non o fagas.    Ídevos.
(me, te, che, • Sempre funcionan como complemento. Exemplos:
lle, o...)
Déronlle o recado. F CI Ninguén a coñece. F CD

3.1.  Pronomes persoais tónicos. Formas


LEMBRA Singular Plural
Contraccións Suxeito eu nós
1.ª persoa
das formas tónicas Complemento min, comigo nós, connosco
coas preposicións Suxeito ti vós
2.ª persoa
As preposicións de e en Complemento ti, contigo vós, convosco
contraen coas formas Suxeito el, ela eles, elas
tónicas do pronome per- 3.ª persoa
Complemento el, ela, si, consigo eles, elas, si, consigo
soal de 3.ª persoa el, ela,
eles, elas. 3.2.  Pronomes persoais átonos. Formas
de en Singular Plural
el del nel me
1.ª persoa Complemento nos
ela dela nela 2.ª persoa Complemento te, che vos
eles deles neles o/lo/no os/los/nos
elas delas nelas 3.ª persoa Complemento a/la/na as/las/nas
lle/se lles/se

116

301828 _ 0110-0119.indd 116 23/09/11 12:50


ESTUDO DA LiNGUA • GRAMÁTICA 11

ACTIVIDADES

1. Subliña os pronomes persoais tónicos que haxa nestas oracións. Consulta o cadro da páxina
anterior.

• Aínda quedou algo de sopa para elas. • Nós xa descansamos abondo.


• Eles marcharon canda vós. • Chama ti por el.
• Por que non quedas connosco? • Eu penso que te equivocas.

2. Substitúe a secuencia destacada por un pronome persoal tónico.

• O porteiro e mais eu fomos os mellores do equipo. F Nós fomos os mellores do equipo.

• Ti e Xián tedes que devolver os libros. F

• Esperou toda a tarde por Carmela. F

• Trouxo as noces para Antón e Aldara. F

• Votaron todos en branco excepto Lois e mais eu. F

3. Substitúe o destacado por un pronome persoal átono.

• Eva mercou a froita na praza. F Eva mercouna na praza.

• Xoán avisou os amigos hoxe. F

• Trouxestes o que vos encarguei? F

• Nunca escoitei esa canción. F

• Breixo fixo un peixe ao forno. F

• Vin a Ana e a Roi na festa da aldea. F

• Iria contou a ti a verdade. F

4. Completa as secuencias co pronome persoal tónico que máis conveña.

• Eles saben ben como actuar nestas situacións. • coñecemos aos vosos avós.

• Esperaba que me ofrecerades algo de beber. • sei moi ben a que te refires.

• es o meu mellor amigo. • traballa pola tarde.

5. Pon nos espazos baleiros os pronomes tónicos e as contraccións axeitadas.

• É mellor que veñas . (con nós) • Non penso nunca . (en + eles)

• Ti es moito máis novo ca . (eu) • Ese rapaz é curmán . (de + el)

117

301828 _ 0110-0119.indd 117 23/09/11 12:50


LITERATURA

As narracións tradicionais
1.  As narracións tradicionais: mito, lenda e conto popular
En todas as culturas e pobos xorden narracións orais creadas por autores anónimos
en que se presentan crenzas, costumes e valores que posúen esas sociedades. As
principais narracións tradicionais son o mito, a lenda e o conto popular.
• Os mitos xorden na Antigüidade coa finalidade de responder as preguntas que
o ser humano se fai sobre a súa existencia e sobre o mundo que o arrodea. Os
personaxes dos mitos adoitan ser deuses, reis, seres fabulosos ou heroes. Vela-
quí un exemplo da importante mitoloxía que creou a cultura grega antiga:
Paula Carballeira, na súa O Tártaro, o reino gobernado polo rei Hades e a raíña Perséfone, estaba
faceta de contacontos,
segue a transmitir
nas profundidades da Terra. Cando os mortais morrían, Hermes ordenaba
oralmente os contos ás súas almas que o seguisen polo aire e conducíaas á entrada principal,
populares. por onde baixaban atravesando un túnel escuro ata un río subterráneo
chamado Estixio.
ROBERT GRAVES, Mitos da antiga Grecia. (Adaptación)
• As lendas son narracións fantásticas que se relatan coma se fosen reais. Adoi-
tan estar relacionadas cun lugar concreto, cun feito histórico ou mesmo cun
personaxe real e normalmente serven para explicar feitos que non se com-
prenden. Velaquí un exemplo de lenda:
No lugar que hoxe ocupa a lagoa de Antela houbo noutros tempos unha ci-
dade chamada Antioquía. Os seus veciños asoballaban ás xentes dos arre-
dores e non tiñan caridade con ninguén.
Xesús veu á terra e foi a Antioquía na figura dun esmolante. Pediu carida-
de e ninguén lle fixo caso. Cando marchaba viu unha casiña moi pobre e
unha velliña a carón dun lume cativo. Xesús chamou e a velliña dixo: –Pa-
se quen sexa. Sentouno ao lume e deulle unha cunca de leite e un anaco de
bica. Despois deitouno nunha cama de farrapos. Ao día seguinte chamou
á vella e díxolle: –Quero que vexas o que foi de Antioquía. O que ela viu pola
ventá foi a lagoa asolagando a vila. E ninguén se salvara fóra da velliña.
X. M. GONZÁLEZ REBOREDO, Lendas galegas de tradición oral. (Adaptación)
• O conto popular é unha narración de feitos ficticios que, ao contrario dos
mitos e das lendas, non se toman por reais. Tampouco adoitan aparecer no
conto nin lugares nin personaxes coñecidos e a súa finalidade é divertir, in-
dependentemente de que dun conto se poida sacar un proveito ou unha en-
sinanza. Aquí temos un exemplo de conto:
Unha vez era un velliño que tiña un fillo casado na casa. A nora era moi
ruín e sempre lle estaba falando mal ao home de seu pai, ata que o con-
venceu para levalo ao asilo.
Cando ían polo camiño adiante sentaron a descansar nunha pedra, e o
vello dixo:
–Como son as cousas! Nesta mesma pedra tamén sentou meu pai cando
eu fun levalo ao asilo!
Entón o fillo púxose a cavilar dicindo:
–Non sexa que mañá o meu fillo me faga a min outro tanto.
E volveu para a casa co pai. E desde aquela tratárono a corpo de rei.
CENTRO DE ESTUDOS FINGOI, Contos populares da provincia de Lugo. (Adaptación)

118

301828 _ 0110-0119.indd 118 23/09/11 12:50


LITERATURA 11

ACTIVIDADES

1. Le o seguinte texto e responde.


En Frexulfe, no Couto de Montoxo, había unha pena grande que lle chamaban a Pena Moura. Unha vez
pasou por alí un obreiro que viña de cavar na roza, e aparecéuselle a moura e díxolle que había unha
trabe de ouro que ía por debaixo da terra desde alí ata a ponte de Centoi. O home prometeulle á moura
que había volver para buscar a trabe, e ela díxolle que se se demoraba máis de catro días non había dar
con ela. Os catro días pasaron, e cando volveu o home xa non había tal pena, que a romperan uns can-
teiros para facer os nichos de Frexulfe.
X. PISÓN, M. LOURENZO, I. FERREIRA, Contos do Valadouro. (Adaptación)

• Que é unha trabe?

• Por que o obreiro perde a oportunidade de descubrir a trabe de ouro?

• Que tipo de personaxe é a moura? Explícao oralmente.

2. Le o conto seguinte e responde.


Cando os lobos falaban, e as vacas tamén, anda- Vai o lobo e préndese polo pescozo ao corno da
ba un lobo na procura dun xantar. Chegou on- vaca. A vaca pacía e pacía, e o lobo, de aborrecido,
da unha vaca moi fraca que estaba pacendo nun adormeceu. E comezou a roncar tan forte que a
prado. E díxolle a vaca ao lobo. vaca colleu medo e botou a correr polos
–Vésme comer? camiños cara á casa. Veña a correr, e
–Veño. o lobo a rastro tras dela, dando golpes
contra as paredes e as sebes, mentres dicía:
–Pero ti non ves que estou nos ósos. Deixa que
engorde e despois ven e cómeme. –Ai, se a corda non creba ou o nó non
O lobo ben vía que a vaca estaba feita unha ra- se desata, non paro deica a casa do dono
mallada de ósos e deixouna quedar. da vaca!
–Eu sempre ando pacendo por aquí, así que can- Daquela, viunos un raposo que pasaba
do che pareza que estou gorda dabondo, vés e por alí, e berroulle ao lobo:
cómesme –díxolle a vaca ao despedilo. –Ai, lobo, ten conta, ten conta; terma, que se
Axiña chegou a primavera, os prados rebenta- che escapa!
ban coa herba e a vaca púxose enseguida gorda e Pero o lobo, que bastante apurado estaba, só
apetecible. E foi o lobo con intención de comela. lle soubo responder:
–Vés logo comerme, ou? –Ai, se a corda non creba ou o nó non se desata,
–Veño. non paro deica a casa do dono da vaca!
–Pois mira, para que non che escape, mentres Parece que cando chegou o lobo á casa do dono
pazo outro pouco para estar aínda máis mantida, da vaca, xa ía bastante magoado, pero aínda lle re-
amárrate con esta corda aos meus cornos. galaron uns paus máis.

• De que tipo de conto popular se trata?   de costumes   conto marabilloso   de animais

• Como definirías o carácter de cada un dos animais protagonistas?

Vaca F

Lobo F

119

301828 _ 0110-0119.indd 119 23/09/11 12:50


12
UNIDADE

«A carreira empezou.
Morre de fame para adelgazar, toma só iogur e caldo.»
As webs que incitan á ano- Entre elas, as de Adaner (Asociación en
rexia e á bulimia son as páxi- Defensa da Atención á Anorexia Nervio-
sa e Bulimia): «Estamos encantados pola
nas prexudiciais máis visita-
proposta francesa porque é o que esta-
das polos adolescentes. En mos pedindo que se faga en España»,
España pecharon 500 nos últi- explica a súa coordinadora, Carmen
mos tres anos. González Blázquez. «Vemos como ano
■ CARMEN PLANELLES tras ano se multiplican estas páxinas e
«A carreira empezou hoxe. Pon a túa estamos alarmados», explica González, á
meta e morre de fame se queres adelga- vez que pide que se lexisle da mesma
zar. Toma só caldos, iogur...» Publicar forma ou similar ca en Francia porque
mensaxes coma esta na Internet será de- nesas páxinas «hai unha incitación ao
lito en Francia. En España pecháronse suicidio e á destrución da muller».
unhas 500 webs nos últimos tres anos, pero hai moitas Arturo Canalda explica que, ao non exis-
máis e desde distintas instancias pídese unha regulación. tir unha lei, búscanse aspectos que poidan ser consti-
«As webs que inducen á anorexia e á bulimia, coñeci- tutivos de delito, como o blog de anorexia detectado
das como prol-ana e prol-mía, estanse convertendo recentemente con nenos de 12 ou 13 anos no que al-
nos contidos nocivos máis visitados polas menores», gúns deixaban a súa fotografía. «A imaxe, a intimida-
explica a EFE Guillermo Cánovas, presidente de Pro- de dos menores, a revelación de datos que permitan a
tégeles. súa identificación –subliña– permiten ás Forzas de Se-
guridade actuar nalgúns casos.»
Segundo un estudo que esta organización está a piques
A colaboración das empresas provedoras de servizos de
de concluír, un 17 % de menores entre 8 e 17 anos
Internet foi clave no peche de medio milleiro de páxinas
(17,5 % mozas e 16,5 % mozos), sobre todo adoles-
nos últimos tres anos, segundo Cánovas. E iso grazas a
centes, visítanas. E o 19,1 % coñece a outros que o fan.
un convenio asinado no 2005 entre Protégeles e Terra-
O obxectivo para un 26,2 % das mozas é perder peso,
Telefónica, MSN-Microsoft, Orange-Wanadoo, Yahoo e
mentres que nos mozos a porcentaxe é do 17 %.
Asimilec. En virtude dese acordo, estes provedores
Segundo o proxecto francés, provocar unha persoa a comprometéronse a retirar os contidos prol-ana e prol-
que busque a delgadeza excesiva terá unha pena mía que se lles notifiquen. «O problema é que se pe-
máxima de dous anos de prisión e unha multa de chan unhas e abren outras», asegura Cánovas. Pero, a
30.000 euros. No caso de morte, a prisión elévase a medida que os provedores de contidos aumentan a súa
tres anos e 45.000 euros. colaboración, os promotores das páxinas van atopando
En España, unha medida similar non está de momen- cada vez menos sitios onde abrilas.
to nos plans do Ministerio de Sanidade, onde, segun- Ademais, Protégeles está nas listaxes de correos elec-
do un portavoz, «non se estudou a fondo» a medida trónicos de «amigas» dos promotores, de forma que
aprobada no país veciño. «cando abren unha páxina nova normalmente nolo
Partidario de regular este aspecto «e outros en relación comunican como unha “invitada” máis. Inmediata-
cos menores», móstrase o Defensor do Menor da Co- mente notificámola».
munidade de Madrid, Arturo Canalda. «En España te- Un método co que non está de acordo a Asociación de
mos un grave problema –agrega– porque cando lles Internautas, cuxo portavoz, Víctor Domingo, cre que
transmitimos á Fiscalía denuncias que nos chegan á ins- «para pechar unha páxina na Internet debe mediar
titución non hai un tipo penal que aplicar, e moitas ve- unha orde xudicial. Queremos garantías, non entida-
ces, ademais, é moi difícil de demostrar a relación cau- des que tomen a xustiza pola súa man». «Debe ser un
sa-efecto entre o contido da páxina e a enfermidade.» xuíz quen determine o límite entre a indución á ano-
O Defensor do Menor envioulle á Fiscalía durante rexia ou bulimia e a liberdade de expresión», sinala.
2007 unhas 50 denuncias, que constitúe só unha pe- «Non criminalicemos a Internet e que se persigan en
quena parte dos avisos que reciben. todos os ámbitos», engade.

120

301828 _ 0120-0129.indd 120 23/09/11 12:50


COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA 12

Claves da lectura Vocabulario


O presente texto é unha crónica xornalística que anali- Incitan: estimulan, moven a facer
za aspectos relacionados con enfermidades que cada unha cousa.
vez afectan a máis mozos e mozas: a anorexia e a buli- Instancias: organismos ou institu-
mia. Dísenos que existen páxinas da Internet que mo- cións políticos ou sociais.
ven aos mozos e mozas a emprender o camiño da ano- Inducen: empuxan a alguén a facer
rexia e da bulimia animándoos a que deixen de comer. algo, xeralmente unha mala acción.
Hai esforzos por parte dos gobernos e de diferentes or- Nocivos: que fan mal, que prexudi-
ganismos para que estas webs sexan pechadas, mais é can a algunha persoa.
unha tarefa complicada debido a que as leis aínda non Regular: establecer regras ou normas.
están adaptadas para seren aplicadas a estes casos. Lexisle: elabore ou estableza leis.

ACTIVIDADES

1. Marca cal é o tema principal do que trata a crónica da páxina anterior.


A anorexia e a bulimia como enfermidades dos adolescentes de hoxe.
O proceso de cura da anorexia e da bulimia.
A dificultade de control das páxinas web que animan á anorexia e á bulimia.

2. Coa axuda do profesor, busca na Internet información sobre a anorexia e a bulimia e define
despois cada unha destas enfermidades.

3. Indica cal é o titular, a entrada e o corpo do texto.

Titular
F Desde ata

Entrada
F Desde ata

Corpo
F Desde ata

4. Que razóns poden levar a unha persoa a caer na anorexia ou na bulimia?


Expón as que se che ocorran.

121

301828 _ 0120-0129.indd 121 23/09/11 12:50


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

Os xéneros xornalísticos.
A noticia e a crónica
1.  Os xéneros xornalísticos
Diferenciamos xéneros segundo expresen o contido dun xeito obxectivo –infor-
mativos–, inclúan valoracións e xuízos do redactor –de opinión– ou mesturen
información e opinión –interpretativos.
• Xéneros informativos son a noticia, o informe, a rolda de prensa transcrita...
• Xéneros de opinión son o editorial, o artigo de opinión, as cartas á dirección...
• Xéneros interpretativos son a crónica, a entrevista e a reportaxe.

2.  A noticia
A noticia é a exposición breve duns feitos actuais considerados de interese xeral.
Unha noticia debe achegar información sobre estas cuestións: os feitos (que oco-
rreu?), os participantes (quen interveu?), o lugar (onde ocorreu?), o tempo
Cabeceiras dos (cando ocorreu?), o modo (como ocorreu?) e as causas (por que ocorreu?).
principais xornais que
se editan en Galicia. Na estrutura dunha noticia distínguense tres elementos:
• O titular, no que se presenta a información básica dun xeito moi breve.
• A entrada, que contén un resumo dos datos fundamentais da noticia.
• O corpo, no que se desenvolve a información, achegando detalles e prestándo-
lles atención aos aspectos secundarios.

3.  A crónica
A crónica pódese considerar unha noticia ampliada e comentada. O cronista
desenvolve extensamente os feitos e achega unha interpretación persoal. Como
inclúe a valoración do redactor, sempre vai asinada, a diferenza da noticia.

ACTIVIDADES

1. Escribe ao lado de cada tipo de escrito o xénero xornalístico en que se encadra.

• Reportaxe F xénero interpretativo • Informe F

• Editorial F • Noticia F

• Entrevista F • Carta ao director F

2. Escribe dous titulares distintos para unha noticia que trate da vitoria do teu instituto
na Olimpíada das Matemáticas.

122

301828 _ 0120-0129.indd 122 23/09/11 12:50


COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS 12

3. Os seguintes textos extraídos do xornal De luns a venres constitúen o comezo dunha noticia
e o comezo dunha crónica.
Identifica cal é cal.

*
O home máis buscado das guerras na antiga Iugoslavia, o xeneral serbo-bosnio Ra-
tko Mladic, foi detido onte ao norte de Serbia logo de anos de infrutuosa procura
acusado de crimes como o xenocidio de 8.000 musulmáns en Srebenica en 1995.
Con dez anos de experiencia ás súas costas na arte da boa cociña e un premio na-
*
cional á mellor tortilla de patacas en 2004, Bibiana Cardona foi desde a apertura a
chef do prestixioso restaurante Las Cinco Puertas de Pontevedra, e actualmente está
á fronte dos fogóns do restaurante Banastería, propiedade dos mesmos empresarios.

4. Le a noticia e contesta as cuestións básicas que debe responder este tipo de texto.

• Que se celebrou? DIARIO DE GALICIA, luns 14 de maio de 2012


Desfile por unha causa xusta
Onte, en Vilariño, celebrouse un desfile de moda no que
participaron rapaces de Secundaria e Bacharelato da loca-
• Quen participou? lidade.
Na gala, de carácter benéfico, os modelos presentados fo-
ron cedidos por prestixiosos deseñadores galegos.
• Onde se celebrou? Os beneficios destinaranse a diferentes organizacións non
gobernamentais que traballan pola erradicación da fame
no mundo.
As autoridades locais non só lle deron o seu apoio a es-
• Cando se celebrou? ta iniciativa, que xurdiu nun grupo de mozos e mozas
do Instituto, senón que eloxiaron o empeño dos rapaces
nunha causa solidaria.

• Como puido celebrarse?

• Por que se celebrou?

5. Escribe unha noticia sobre o seguinte acontecemento.

Actuación do grupo folclórico


«Marabillas»

123

301828 _ 0120-0129.indd 123 23/09/11 12:50


ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

A vestimenta
1. Relaciona os nomes coas partes sinaladas.
lapela 1 pinza 6
2 7
manga perneira
3 8
ollal remendo
4 9
ombreira dobra
5 10
peto petrina

2. Escribe un verbo derivado dos seguintes substantivos.

• botón F • dobra F

• remendo F • traxe F

3. Completa as oracións cos verbos que cumpran.

anoar espirse engalanarse estrear


           

• María engalánase para ir á festa coma súa nai. De tal pano, tal saia!

• Vai tanto frío que custa para poñer o pixama.

• Estes amallós son difíciles de porque esvaran moito.

• Hoxe a chaqueta que merquei nas rebaixas.

4. Responde oralmente. Que quere dicir a expresión de tal pano, tal saia?

5. Escribe ao lado de cada definición a palabra que corresponda.

• Correa que se aperta á cintura para axustar pantalóns


F
ou saias.
• Peza de tea que se coloca como adorno no pescozo,
F
na cabeza.
• Cristais unidos por unha armazón que protexen os ollos
PALABRAS F
da luz solar.
PARASINTÉTICAS
• Tira de tea que se cinxe cun nó arredor do colo da camisa. F
Son as formadas me­
dian­te a adición simul­
6. Escribe os verbos que se forman a partir de cada adxectivo.
tánea dun prefixo e
mais dun sufixo a unha
pala­bra. Por exemplo, • brillante F • frouxo F
em­bo­tellar ou setemesi-
ño: em-bo­tell-ar e sete- • curto F • longo F
-mes-iño.
• pequeno F • grande F

124

301828 _ 0120-0129.indd 124 23/09/11 12:50


ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA 12

O punto e coma. Os dous puntos


O punto e coma ; representa unha pausa maior ca a coma dentro do enunciado. Lembra
Emprégase nos casos seguintes:
Despois de punto e
• Para separar elementos dunha enumeración complexa que xa ten comas. Exem- coma es­críbese le-
plo: No colector azul, o papel e o cartón; no amarelo, os plásticos, os briks e as latas. tra mi­nús­cu­la.
• Para separar oracións que están relacionadas polo sentido. Exemplo: Chove a
chuzos; quedo na casa.
• En oracións longas, cando no seu interior xa se empregou algunha coma. Exemplo: Despois de pasar tan-
to tempo lonxe do seu país, decidiu regresar; pero non estaba moi convencido.
Os dous puntos : indican que o que vén a continuación completa o sentido da oración. Úsanse nos ca-
sos seguintes:
• Para marcar o comezo dunha enumeración. Exemplo: Material necesario: pintura, pinceis e cartolinas.
• Para indicar que a continuación se reproducen as palabras doutra persoa. Exemplo: Vai el e dime: «Ti le».
• No saúdo inicial das cartas. Exemplo: Querida amiga: bótote de menos.

ACTIVIDADES

1. Relaciona, polo sentido, unha oración de cada columna e escríbeas nun único enunciado
empregando un dos sinais de puntuación mencionados.
Tivo que quedar sen ducharse • • chegaba o seu dono á casa
O can botouse a correr • • cortaron a auga sen aviso
Á media noite tiña luz no cuarto • • quedou durmido lendo

2. Coloca os dous puntos no lugar conveniente.


• Trouxen todo o que me pedistes corda, mistos, cola e unha pa.
• Repetiu moi claramente a súa ameaza «Se marchades, non volvades».
• Estimado Xoán escríboche estas liñas para saber se estás ben.
• Abriu a porta e berrou con voz atronadora «Quen colleu o meu bolso?».

3. Completa os enunciados poñendo os dous puntos e unha secuencia que teña sentido.

• Fixádevos en todo o que merquei

• Queridos compañeiros

• Como dixo alguén famoso

125

301828 _ 0120-0129.indd 125 23/09/11 12:50


ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

Os pronomes persoais II
1.  Uso de o, lo, no, a, la, na e os seus plurais
As formas do pronome átono de 3.ª persoa que funcionan como complemento
directo (CD) toman en ocasións a forma no, na, nos, nas ou lo, la, los, las. Ex.:
Mercouno todo no hipermercado; Ese libro quería lelo; Non volas trouxo.

2.  Uso de te e che


O pronome persoal átono te funciona de complemento directo e o pronome per-
soal átono che de complemento indirecto. Exemplos:
Non te vin onte na festa; Devólvoche o libro mañá.
Para utilizar correctamente te e che, pódeche ser útil o seguinte: pasa a oración á
3.ª persoa; se na 3.ª persoa aparece o ou a, na 2.ª deberemos usar te; e se aparecese
lle, empregaremos na 2.ª che. Exemplo:
Non o busco máis. F Non te busco máis. / Díxenlle a verdade.F Díxenche a verdade.

3.  Uso de lle e lles


Hai que lembrar que este pronome persoal átono ten variación de número: lle
emprégase referido ao singular e lles referido ao plural. Exemplos:
Non lle fagas caso a el; Non lles fagas caso a eles.

4.  A concorrencia dos pronomes átonos


Cando nun enunciado aparecen xuntos dous pronomes átonos, este é o resultado:
me che lle nos vos lles
o mo cho llo nolo volo llelo
a ma cha lla nola vola llela
os mos chos llos nolos volos llelos
as mas chas llas nolas volas llelas

FÍXATE Non mo digas máis veces. Cando llelas entregue, xa cho direi.

Nunca comeza unha


oración por un prono­
5.  A colocación dos pronomes átonos
me átono. Por regra xe- Por regra xeral, o pronome átono vai detrás do verbo. Nunca comeza unha ora-
ral, o pronome átono ción. Con todo, vai antes do verbo nos seguintes casos:
vai despois do verbo.
Exemplos: • En oracións negativas: Non me atopo ben; Ninguén vos comentou nada.
Desde aquí óense moi • Nas proposicións subordinadas, sobre todo despois dun que: Quero que me di-
ben os paxaros. gas a verdade.
A saia merqueina no
• Tras os pronomes interrogativos ou exclamativos: Canto che custou?; Quen o ía dicir!
centro comercial.
Apárcao máis adiante, • Cando o verbo leva antes adverbios como aínda, axiña, case, quizais, sempre,
fai o favor. tamén, só... ou indefinidos como algo, alguén, ninguén, ningún, calquera…
Exemplos: Aínda o souben onte; Seica o ten gardado no peto; Calquera o sabe.

126

301828 _ 0120-0129.indd 126 23/09/11 12:50


ESTUDO DA LiNGUA • GRAMÁTICA 12

ACTIVIDADES

1. Nos seguintes enunciados hai algúns pronomes persoais átonos destacados.


Subliña ti os outros que atopes.
• Haino que amañar rápido e devolverllo ao seu dono.
• Non o vin nunca, pero quero velo.
• Pregúntalles cando nos veñen buscar e volve aquí a dicirmo.

2. Completa as seguintes oracións co pronome persoal axeitado.


• A elas non lles gusta o chocolate. E a ti, gusta ? • O peixe merquei na praza.

• Quen dixo a ti que o partido era hoxe? • Deixaron ir ao cine?

• Cantas alegrías deu a túa filla! • A ti tocou algunha vez a lotaría?

3. Substitúe o destacado polo pronome átono de 3.ª persoa de complemento directo.

• Eles déronnos a nova onte pola tarde. F Eles déronnola onte pola tarde.

• Chegou sedento e bebeu un vaso de auga. F

• Elas mercaron os libros na nova libraría. F

• Podedes coller o xornal, por favor? F

• Despois da lectura, facedes as actividades. F

• O avó contoulles un conto aos netos. F

• O ourive traballa a prata con moito xeito. F

4. Coloca o pronome que está entre parénteses no lugar onde lle corresponda.

• A casa mercou seu pai.  (a) • O videoxogo escondeu Ana.  (o)

• queimei coa tixola.  (me) • pensei mellor e vou ir á festa.  (o)

• leu un anaco da novela.  (lles) • Este traxe queda algo frouxo.  (che)

5. Transforma as oracións segundo o modelo. Fíxate na colocación do pronome átono.

• Dixéronllo hoxe. F Creo que llo dixeron hoxe.

• Avisárao onte. F Pregunteille se

• Fíxolles graza. F Riron o conto, xa que

• Tennos medo. F Non vai, porque

127

301828 _ 0120-0129.indd 127 23/09/11 12:50


LITERATURA

O teatro
1.  O teatro. Concepto
O teatro é un xénero literario ao que pertencen as obras que representan uns
actores e unhas actrices diante dun público. Por iso nas obras teatrais podemos
distinguir dous niveis: o texto e a representación.
O texto é a base da obra teatral. Está formado polos diálogos e as anotacións.
• Os diálogos son o compoñente fundamental do texto. A través deles coñecemos
a maneira de ser dos personaxes e os feitos en que participan, é dicir, a acción
dramática. Os diálogos teatrais poden estar escritos en prosa ou en verso.
• As anotacións son notas coas que o autor sitúa a acción nun tempo e nun
lugar determinados e ofrece instrucións sobre aspectos diversos da represen-
tación, como pode ser o vestiario, os decorados ou os xestos ou movementos
dos personaxes.
No seguinte exemplo, pertencente a un texto teatral, o diálogo vai en letra re-
donda e as anotacións están en cursiva.
HOME 1: Está ben! Xa podes apagar! (Apáganse as luces da sala. Acende a
lanterna.) Eh! Abre este maldito pano!
(O pano vaise abrindo. Por un lateral entran XAQUÍN e ELVIRA, do brazo.)
XAQUÍN: Con coidado... Pero por que demos non deixarían as luces do tea-
tro acesas! Gustouche a obra? Sabía que ías pasalo ben! (ELVIRA tropeza.)
HOME 1: Quen anda aí?
XAQUÍN: Pode acender as luces do teatro, por favor?
HOME 1: (Sen moverse.) Por que non se largan e deixan traballar a xente?
XAQUÍN: Quere achegarse coa lanterna? A miña muller perdeu un pendente!
ALBERTO AVENDAÑO, Fin de acto. (Adaptación)
Mediante a representación, o texto teatral convértese nun espectáculo, nunha
acción real que uns actores executan perante un público. Para que a represen-
tación se poida levar a cabo, é fundamental o traballo do director, que se en-
carga de organizar o seu desenvolvemento, e dos actores, que encarnan aos
personaxes.

2.  Subxéneros teatrais


As obras teatrais poden presentar diversas formas. As máis importantes son
tres: a traxedia, a comedia e o drama:
• A traxedia é unha forma teatral que está protagonizada por uns personaxes
que son vítimas dun destino desfavorable e adverso. De aí que o final deste
tipo de obras sexa tráxico: adoitan acabar coa morte do protagonista ou dal-
gún dos personaxes.
• Na comedia, os personaxes son individuos normais que se ven envoltos en
conflitos intranscendentes. A miúdo, o conflito vén causado por un malen-
tendido que provoca situacións cómicas. O final adoita ser feliz.
• No drama, os personaxes adoitan ser xente normal que se atopa implicada
en problemas importantes. En xeral, adoitan ter un final desgraciado.

128

301828 _ 0120-0129.indd 128 23/09/11 12:50


LITERATURA 12

ACTIVIDADES

1. Le o seguinte texto e responde.


EMPERADOR: Si, trae máis uvas, que estas xa se acaban, e que veñan ben lavadas. Ah! E non
rañes a cabeza ao vires coa bandexa que se me enchen as uvas de carrachos. (O ESCRAVO
marcha, o EMPERADOR sobe de novo ao «triclinium».) Escoita, sabio Citrón, vouche ler os últi-
mos versos que compuxen.
SABIO CITRÓN: Facéndoos vós, seguro que serán inmellorables.
EMPERADOR: (Recitando.) «Na beira, na beira, / na beira do mar / hai unha lanchiña / pra ir
a navegar.»
SABIO CITRÓN: Moi ben!, moi ben!, moi ben! Que orixinalidade!
EMPERADOR: (Segue a ler.) «Vinte cruzar o río / con zoquiños de madeira /
/ e non te arremangues moito / que te vas a marear.»
SABIO CITRÓN: Iso xa non me gusta tanto.
EMPERADOR: Eh?!
SABIO CITRÓN: Que ben!, que bonito!, que orixinalidade!, que xenio!, que gusto!, que...!
ESCRAVO: (Entrando en público.) Que pesadez en verso! (Ao EMPERADOR.) Isto... aquí están as
uvas, acabadas de apañar do botín que collemos en África.
EMPERADOR: Son frescas?
ESCRAVO: Fresquísimas.
EMPERADOR: Menos mal, porque aquí toda a froita é de cámara, de Cámara Imperial, por su-
posto. (Ao ESCRAVO.) Retírate. (A CITRÓN.) E ti podes continuar co que estabas.
SABIO CITRÓN: Que beleza! Que talento! Cantos sentimentos van expresados nos teus poe-
mas, oh, Emperador!
EMPERADOR: Es un adulador!
SABIO CITRÓN: Non, só lle fago xustiza á arte verdadeira.
EMPERADOR: Seguro que non o dis por compromiso?
SABIO CITRÓN: Vós que me coñecedes ben, sabedes que son sincero e transparente coma a auga!
ESCRAVO: (Entrando.) Si, coma a auga de fregar.
MANUEL NÚÑEZ SINGALA, O achado do castro. (Adaptación)

• Que personaxes interveñen na obra?

• Escribe, na primeira intervención do EMPERADOR, a parte do texto que é unha anotación teatral.

2. Le o seguinte texto e responde de xeito oral.


AGUIRRE: Tan mal van as cousas, para non ter máis ca esta cativeza?
ROSA: Mal, é dicir pouco. Cheguei de Madrid con cinco pesos e xa non me quedan máis ca tres. E non
penses que gastei un só marabedí en nada.
AGUIRRE: A min non me tes que dar contas, Rosa.
ROSA: Todo se foi en lles pagar aos que trouxeron a equipaxe e en mercar varias cousas para a casa.
AGUIRRE: Entre as que, polo visto, non se atopaba un bo anís para os amigos.
ROSA: Que amigos? Os que me quedan, se me queda algún, nin veñen, nin beben.
ROBERTO VIDAL BOLAÑO, Agasallo de sombras. (Adaptación)

• Indica a que tipo de obra pensas que pertence este fragmento. A continuación xustifícao.
Fai o mesmo co texto da actividade 1.
Traxedia    Comedia    Drama

129

301828 _ 0120-0129.indd 129 23/09/11 12:50


VERBOS REGULARES
Apéndice verbal

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional

eu ando eu andaba eu andei eu andara eu andarei eu andaría


1.ª conxugación: ANDAR

ti andas ti andabas ti andaches ti andaras ti andarás ti andarías


el anda el andaba el andou el andara el andará el andaría
nós andamos nós andabamos nós andamos nós andaramos nós andaremos nós andariamos
vós andades vós andabades vos andastes vós andarades vós andaredes vós andariades
eles andan eles andaban eles andaron eles andaran eles andarán eles andarían
MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO
FORMAS NOMINAIS
Presente Pret. imperfecto IMPERATIVO CONXUGADO

eu ande eu andase eu andar Infinitivo andar


ti andes ti andases anda ti ti andares
el ande el andase el andar
Xerundio andando
nós andemos nós andásemos nós andarmos
vós andedes vós andásedes andade vós vós andardes
eles anden eles andasen eles andaren Participio andado

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional

eu bato eu batía eu batín eu batera eu baterei eu batería


2.ª conxugación: BATER

ti bates ti batías ti batiches ti bateras ti baterás ti baterías


el bate el batía el bateu el batera el baterá el batería
nós batemos nós batiamos nós batemos nós bateramos nós bateremos nós bateriamos
vós batedes vós batiades vós batestes vós baterades vós bateredes vós bateriades
eles baten eles batían eles bateron eles bateran eles baterán eles baterían
MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO
FORMAS NOMINAIS
Presente Pret. imperfecto IMPERATIVO CONXUGADO

eu bata eu batese eu bater Infinitivo bater


ti batas ti bateses bate ti ti bateres
el bata el batese el bater
Xerundio batendo
nós batamos nós batésemos nós batermos
vós batades vós batésedes batede vós vós baterdes
eles batan eles batesen eles bateren Participio batido

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional

eu parto eu partía eu partín eu partira eu partirei eu partiría


3.ª conxugación: PARTIR

ti partes ti partías ti partiches ti partiras ti partirás ti partirías


el parte el partía el partiu el partira el partirá el partiría
nós partimos nós partiamos nós partimos nós partiramos nós partiremos nós partiriamos
vós partides vós partiades vós partistes vós partirades vós partiredes vós partiriades
eles parten eles partían eles partiron eles partiran eles partirán eles partirían
MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO
FORMAS NOMINAIS
Presente Pret. imperfecto IMPERATIVO CONXUGADO

eu parta eu partise eu partir Infinitivo partir


ti partas ti partises parte ti ti partires
el parta el partise el partir
Xerundio partindo
nós partamos nós partísemos nós partirmos
vós partades vós partísedes partide vós vós partirdes
eles partan eles partisen eles partiren Participio partido

130

301828 _ 0130-0136.indd 130 23/09/11 12:53


INDICATIVO SUBXUNTIVO MODO INDICATIVO SUBXUNTIVO MODO
Presente Presente IMPERATIVO Presente Presente IMPERATIVO

SEGUIR
pido sigo
PEDIR

eu eu pida eu eu siga
ti pides ti pidas pide ti ti segues ti sigas sigue ti
el pide el pida el segue el siga
nós pedimos nós pidamos nós seguimos nós sigamos
vós pedides vós pidades pedide vós vós seguides vós sigades seguide vós
eles piden eles pidan eles seguen eles sigan

Conforme a este modelo conxúganse os verbos adherir, adver- Conforme a este modelo conxúganse os verbos ferir, mentir,
tir, divertir, agredir, diferir, pre­ferir, pro­ferir, referir, trans­ferir, sentir, seguir e os seus derivados e compostos: malferir; des-
competir, repetir, concernir, discernir, espelir, espir, dixerir, mentir; asentir, consentir, resentir; conseguir, perseguir, pro-
inxerir, suxerir, inserir, medir, pe­dir (e derivados), reflectir, ves- seguir...
tir, investir e revestir... (Conferir, inferir, etc. non son derivados de ferir.)

INDICATIVO SUBXUNTIVO MODO INDICATIVO SUBXUNTIVO MODO


Presente Presente IMPERATIVO Presente Presente IMPERATIVO

DISCUTIR
SUBIR

eu subo eu suba eu discuto eu discuta


ti sobes ti subas sube ti ti discutes ti discutas discute ti
el sobe el suba el discute el discuta
nós subimos nós subamos nós discutimos nós discutamos
vós subides vós subades subide vós vós discutides vós discutades discutide vós
eles soben eles suban eles discuten eles discutan

Conforme a este modelo conxúganse os verbos acudir, bulir Conforme a este modelo conxúganse os verbos asumir, con-
(rebulir), cubrir (e derivados), cumprir ‘ser mester’, cuspir, cluír, incluír..., sucumbir, cumprir ‘completar’, discutir, cur-
durmir, engulir, fuxir, lucir (e derivados), muxir, pulir, ruxir, tir, derruír, diluír, di­minuír, esculpir, gruñir, fluír (e deriva-
sacudir, subir, sufrir, sumir (e os seus derivados consumir e dos), afun­dir..., presumir, resumir, suplir, distribuír, atribuír,
ensumir), tusir, ulir, xurdir... unir...

INDICATIVO SUBXUNTIVO INDICATIVO SUBXUNTIVO


Presente Pret. imperfecto Presente Presente Pret. imperfecto Presente

eu caio eu caía eu caia eu moio eu moía eu moia


MOER
CAER

ti caes ti caías ti caias ti moes ti moías ti moias


el cae el caía el caia el moe el moía el moia
nós caemos nós caïamos nós caiamos nós moemos nós moïamos nós moiamos
vós caedes vós caïades vós caiades vós moedes vós moïades vós moiades
eles caen eles caían eles caian eles moen eles moían eles moian

Os verbos acabados en -aer, -oer colocan un -i- entre a raíz e a desinencia cando esta empeza por -a ou por -o.
Conxúganse así os derivados de caer, roer e traer e os verbos doer, moer (e os seus derivados) e proer.

INDICATIVO SUBXUNTIVO INDICATIVO SUBXUNTIVO


Presente Pret. imperfecto Presente Presente Pret. imperfecto Presente

eu saio eu saía eu saia eu oio eu oía eu oia


SAÍR

OÍR

ti saes ti saías ti saias ti oes ti oías ti oias


el sae el saía el saia el oe el oía el oia
nós saímos nós saïamos nós saiamos nós oímos nós oïamos nós oiamos
vós saídes vós saïades vós saiades vós oídes vós oïades vós oiades
eles saen eles saían eles saian eles oen eles oían eles oian

Os verbos acabados en -aír, -oír colocan un -i- entre a raíz e a desinencia cando esta empeza por -a ou por -o.
Conxúganse así os derivados de saír (sobresaír) e de oír (desoír, entreoír).

131

301828 _ 0130-0136.indd 131 23/09/11 12:53


VERBOS IRREGULARES
Conxugación verbal

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu caibo eu cabía eu couben eu coubera eu caberei eu cabería
ti cabes ti cabías ti coubeches ti couberas ti caberás ti caberías
el cabe el cabía el coubo el coubera el caberá el cabería
nós cabemos nós cabiamos nós coubemos nós couberamos nós caberemos nós caberiamos
vós cabedes vós cabiades vós coubestes vós couberades vós caberedes vós caberiades
CABER

eles caben eles cabían eles couberon eles couberan eles caberán eles caberían
MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO
IMPERATIVO FORMAS NOMINAIS
Presente Pret. imperfecto CONXUGADO
eu caiba eu coubese eu caber caber
Infinitivo
ti caibas ti coubeses cabe ti ti caberes
el caiba el coubese el caber
Xerundio cabendo
nós caibamos nós coubésemos nós cabermos
vós caibades vós coubésedes cabede vós vós caberdes
eles caiban eles coubesen eles caberen Participio cabido

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu dou eu daba eu dei eu dera eu darei eu daría
ti dás ti dabas ti deches ti deras ti darás ti darías
el dá el daba el deu el dera el dará el daría
nós damos nós dabamos nós demos nós deramos nós daremos nós dariamos
vós dades vós dabades vós destes vós derades vós daredes vós dariades
DAR

eles dan eles daban eles deron eles deran eles darán eles darían
MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO
IMPERATIVO FORMAS NOMINAIS
Presente Pret. imperfecto CONXUGADO
eu dea eu dese eu dar dar
Infinitivo
ti deas ti deses dá ti ti dares
el dea el dese el dar
Xerundio dando
nós deamos nós désemos nós darmos
vós deades vós désedes dade vós vós dardes
eles dean eles desen eles daren Participio dado

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu digo eu dicía eu dixen eu dixera eu direi eu diría
ti dis ti dicías ti dixeches ti dixeras ti dirás ti dirías
el di el dicía el dixo el dixera el dirá el diría
nós dicimos nós diciamos nós dixemos nós dixeramos nós diremos nós diriamos
vós dicides vós diciades vós dixestes vós dixerades vós diredes vós diriades
DICIR

eles din eles dicían eles dixeron eles dixeran eles dirán eles dirían
MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO
IMPERATIVO FORMAS NOMINAIS
Presente Pret. imperfecto CONXUGADO
eu diga eu dixese eu dicir dicir
Infinitivo
ti digas ti dixeses di ti ti dicires
el diga el dixese el dicir
Xerundio dicindo
nós digamos nós dixésemos nós dicirmos
vós digades vós dixésedes dicide vós vós dicirdes
eles digan eles dixesen eles diciren Participio dito

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu estou eu estaba eu estiven eu estivera eu estarei eu estaría
ti estás ti estabas ti estiveches ti estiveras ti estarás ti estarías
el está el estaba el estivo el estivera el estará el estaría
nós estamos nós estabamos nós estivemos nós estiveramos nós estaremos nós estariamos
vós estades vós estabades vós estivestes vós estiverades vós estaredes vós estariades
ESTAR

eles están eles estaban eles estiveron eles estiveran eles estarán eles estarían
MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO
IMPERATIVO FORMAS NOMINAIS
Presente Pret. imperfecto CONXUGADO
eu estea eu estivese eu estar estar
Infinitivo
ti esteas ti estiveses está ti ti estares
el estea el estivese el estar
Xerundio estando
nós esteamos nós estivésemos nós estarmos
vós esteades vós estivésedes estade vós vós estardes
eles estean eles estivesen eles estaren Participio estado

132

301828 _ 0130-0136.indd 132 23/09/11 12:53


MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu fago eu facía eu fixen eu fixera eu farei eu faría
ti fas ti facías ti fixeches ti fixeras ti farás ti farías
el fai el facía el fixo el fixera el fará el faría
nós facemos nós faciamos nós fixemos nós fixeramos nós faremos nós fariamos
vós facedes vós faciades vós fixestes vós fixerades vós faredes vós fariades
FACER

eles fan eles facían eles fixeron eles fixeran eles farán eles farían
MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO
Presente Pret. imperfecto IMPERATIVO FORMAS NOMINAIS
CONXUGADO
eu faga eu fixese eu facer facer
Infinitivo
ti fagas ti fixeses ti faceres
fai ti
el faga el fixese el facer
Xerundio facendo
nós fagamos nós fixésemos nós facermos
vós fagades vós fixésedes facede vós vós facerdes
eles fagan eles fixesen eles faceren Participio feito

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu hei eu había eu houben eu houbera eu haberei eu habería
ti has ti habías ti houbeches ti houberas ti haberás ti haberías
el ha, hai el había el houbo el houbera el haberá el habería
nós habemos nós habiamos nós houbemos nós houberamos nós haberemos nós haberiamos
vós habedes vós habiades vós houbestes vós houberades vós haberedes vós haberiades
HABER

eles han eles habían eles houberon eles houberan eles haberán eles haberían
MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO
Presente Pret. imperfecto IMPERATIVO FORMAS NOMINAIS
CONXUGADO
eu haxa eu houbese eu haber haber
Infinitivo
ti haxas ti houbeses _ ti haberes
el haxa el houbese el haber
Xerundio habendo
nós haxamos nós houbésemos nós habermos
vós haxades vós houbésedes _ vós haberdes
eles haxan eles houbesen eles haberen Participio habido

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu vou eu ía eu fun eu fora eu irei eu iría
ti vas ti ías ti fuches ti foras ti irás ti irías
el vai el ía el foi el fora el irá el iría
nós imos nós iamos nós fomos nós foramos nós iremos nós iriamos
vós ides vós iades vós fostes vós forades vós iredes vós iriades
eles van eles ían eles foron eles foran eles irán eles irían
IR

MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO


Presente Pret. imperfecto IMPERATIVO FORMAS NOMINAIS
CONXUGADO
eu vaia eu fose eu ir ir
vai ti Infinitivo
ti vaias ti foses ti ires
el vaia el fose el ir
Xerundio indo
nós vaiamos nós fósemos vamos nós nós irmos
vós vaiades vós fósedes ide vós vós irdes
eles vaian eles fosen eles iren Participio ido

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu podo eu podía eu puiden eu puidera eu poderei eu podería
ti podes ti podías ti puideches ti puideras ti poderás ti poderías
el pode el podía el puido el puidera el poderá el podería
nós podemos nós podiamos nós puidemos nós puideramos nós poderemos nós poderiamos
vós podedes vós podiades vós puidestes vós puiderades vós poderedes vós poderiades
PODER

eles poden eles podían eles puideron eles puideran eles poderán eles poderían
MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO
Presente Pret. imperfecto IMPERATIVO FORMAS NOMINAIS
CONXUGADO
eu poida eu puidese eu poder poder
Infinitivo
ti poidas ti puideses pode ti ti poderes
el poida el puidese el poder
Xerundio podendo
nós poidamos nós puidésemos nós podermos
vós poidades vós puidésedes podede vós vós poderdes
eles poidan eles puidesen eles poderen Participio podido

133

301828 _ 0130-0136.indd 133 23/09/11 12:53


VERBOS IRREGULARES
Conxugación verbal

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu poño eu poñía eu puxen eu puxera eu poñerei eu poñería
ti pos ti poñías ti puxeches ti puxeras ti poñerás ti poñerías
el pon el poñía el puxo el puxera el poñerá el poñería
nós poñemos nós poñiamos nós puxemos nós puxeramos nós poñeremos nós poñeriamos
vós poñedes vós poñiades vós puxestes vós puxerades vós poñeredes vós poñeriades
POÑER

eles poñen eles poñían eles puxeron eles puxeran eles poñerán eles poñerían
MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO
Presente Pret. imperfecto IMPERATIVO FORMAS NOMINAIS
CONXUGADO
eu poña eu puxese eu poñer poñer
Infinitivo
ti poñas ti puxeses pon ti ti poñeres
el poña el puxese el poñer
Xerundio poñendo
nós poñamos nós puxésemos nós poñermos
vós poñades vós puxésedes poñede vós vós poñerdes
eles poñan eles puxesen eles poñeren Participio posto

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu poño eu puña eu puxen eu puxera eu porei eu poría
ti pos ti puñas ti puxeches ti puxeras ti porás ti porías
el pon el puña el puxo el puxera el porá el poría
nós pomos nós puñamos nós puxemos nós puxeramos nós poremos nós poriamos
vós pondes vós puñades vós puxestes vós puxerades vós poredes vós poriades
PÓR

eles pon eles puñan eles puxeron eles puxeran eles porán eles porían
MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO
Presente Pret. imperfecto IMPERATIVO FORMAS NOMINAIS
CONXUGADO
eu poña eu puxese eu pór pór
Infinitivo
ti poñas ti puxeses pon ti ti pores
el poña el puxese el pór
Xerundio pondo
nós poñamos nós puxésemos nós pormos
vós poñades vós puxésedes ponde vós vós pordes
eles poñan eles puxesen eles poren Participio posto

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu quero eu quería eu quixen eu quixera eu quererei eu querería
ti queres ti querías ti quixeches ti quixeras ti quererás ti quererías
el quere el quería el quixo el quixera el quererá el querería
nós queremos nós queriamos nós quixemos nós quixeramos nós quereremos nós quereriamos
QUERER

vós queredes vós queriades vós quixestes vós quixerades vós quereredes vós quereriades
eles queren eles querían eles quixeron eles quixeran eles quererán eles quererían
MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO
Presente IMPERATIVO FORMAS NOMINAIS
Pret. imperfecto CONXUGADO
eu queira eu quixese eu querer querer
Infinitivo
ti queiras ti quixeses quere ti ti quereres
el queira el quixese el querer
Xerundio querendo
nós queiramos nós quixésemos querede vós nós querermos
vós queirades vós quixésedes vós quererdes
eles queiran eles quixesen eles quereren Participio querido

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu sei eu sabía eu souben eu soubera eu saberei eu sabería
ti sabes ti sabías ti soubeches ti souberas ti saberás ti saberías
el sabe el sabía el soubo el soubera el saberá el sabería
nós sabemos nós sabiamos nós soubemos nós souberamos nós saberemos nós saberiamos
vós sabedes vós sabiades vós soubestes vós souberades vós saberedes vós saberiades
SABER

eles saben eles sabían eles souberon eles souberan eles saberán eles saberían
MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO
Presente Pret. imperfecto IMPERATIVO FORMAS NOMINAIS
CONXUGADO
eu saiba eu soubese eu saber saber
Infinitivo
ti saibas ti soubeses sabe ti ti saberes
el saiba el soubese el saber
Xerundio sabendo
nós saibamos nós soubésemos nós sabermos
vós saibades vós soubésedes sabede vós vós saberdes
eles saiban eles soubesen eles saberen Participio sabido

134

301828 _ 0130-0136.indd 134 23/09/11 12:53


MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu son eu era eu fun eu fora eu serei eu sería
ti es ti eras ti fuches ti foras ti serás ti serías
el é el era el foi el fora el será el sería
nós somos nós eramos nós fomos nós foramos nós seremos nós seriamos
vós sodes vós erades vós fostes vós forades vós seredes vós seriades
eles son eles eran eles foron eles foran eles serán eles serían
SER

MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO


Presente Pret. imperfecto FORMAS NOMINAIS
IMPERATIVO CONXUGADO
eu sexa eu fose eu ser ser
Infinitivo
ti sexas ti foses sé ti ti seres
el sexa el fose el ser
Xerundio sendo
nós sexamos nós fósemos nós sermos
vós sexades vós fósedes sede vós vós serdes
eles sexan eles fosen eles seren Participio sido

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu teño eu tiña eu tiven eu tivera eu terei eu tería
ti tes ti tiñas ti tiveches ti tiveras ti terás ti terías
el ten el tiña el tivo el tivera el terá el tería
nós temos nós tiñamos nós tivemos nós tiveramos nós teremos nós teriamos
vós tendes/tedes vós tiñades vós tivestes vós tiverades vós teredes vós teriades
eles teñen eles tiñan eles tiveron eles tiveran eles terán eles terían
TER

MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO


Presente Pret. imperfecto IMPERATIVO FORMAS NOMINAIS
CONXUGADO
eu teña eu tivese eu ter ter
Infinitivo
ti teñas ti tiveses ti teres
ten ti
el teña el tivese el ter
Xerundio tendo
nós teñamos nós tivésemos nós termos
vós teñades vós tivésedes tede/tende vós vós terdes
eles teñan eles tivesen eles teren Participio tido

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu vexo eu vía eu vin eu vira eu verei eu vería
ti ves ti vías ti viches ti viras ti verás ti verías
el ve el vía el viu el vira el verá el vería
nós vemos nós viamos nós vimos nós viramos nós veremos nós veriamos
vós vedes vós viades vós vistes vós virades vós veredes vós veriades
eles ven eles vían eles viron eles viran eles verán eles verían
VER

MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO


Presente Pret. imperfecto CONXUGADO FORMAS NOMINAIS
IMPERATIVO
eu vexa eu vise eu ver ver
Infinitivo
ti vexas ti vises ti veres
ve ti
el vexa el vise el ver
Xerundio vendo
nós vexamos nós vísemos nós vermos
vós vexades vós vísedes vede vós vós verdes
eles vexan eles visen eles veren Participio visto

MODO INDICATIVO
Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional
eu veño eu viña eu vin eu viñera eu virei eu viría
ti vés ti viñas ti viñeches ti viñeras ti virás ti virías
el vén el viña el veu el viñera el virá el viría
nós vimos nós viñamos nós viñemos nós viñeramos nós viremos nós viriamos
vós vindes/vides vós viñades vós viñestes vós viñerades vós viredes vós viriades
eles veñen eles viñan eles viñeron eles viñeran eles virán eles virían
VIR

MODO SUBXUNTIVO MODO INFINITIVO


Presente Pret. imperfecto IMPERATIVO FORMAS NOMINAIS
CONXUGADO
eu veña eu viñese eu vir vir
Infinitivo
ti veñas ti viñeses ven ti ti vires
el veña el viñese el vir
Xerundio vindo
nós veñamos nós viñésemos nós virmos
vós veñades vós viñésedes vinde/vide vós vós virdes
eles veñan eles viñesen eles viren Participio vido

135

301828 _ 0130-0136.indd 135 23/09/11 12:53


Dirección de arte: Xosé Crespo

Proxecto gráfico:
Portada: CARRIÓ/SÁNCHEZ/LACASTA
Interiores: Manuel García
Ilustración: Esperanza Martínez

Xefa de proxecto: Rosa Marín


Coordinación de ilustración: Carlos Aguilera
Xefe de desenvolvemento de proxecto: Xavier Tejeda
Desenvolvemento gráfico: Rosa María Barriga, Xosé Luís García e Raúl de Andrés

Dirección técnica: Ángel García Encinar

Coordinación técnica: Ester Marín e Jesús Muela


Confección e montaxe: Ester Marín

Corrección: Antón Palacio e María Curros


Documentación e selección fotográfica: Mercedes Barcenilla

Fotografías: A. Guerra; C. Contreras; D. Lezama; E. Lledó; GARCÍA-PELAYO/Juancho; I. Rovira; J. Jaime; J. Lucas;


M. G. Vicente; ORONOZ; P. García; R. Quintero; S. Enríquez; X. S. Lobato; A. G. E. FOTOSTOCK; COMSTOCK;
EAF FOTOGRAFÍA/J. Abad; EFE/S. Sas; EFE/SIPA-PRESS/David Niviere; GETTY IMAGES SALES SPAIN/Photos.com Plus;
HIGHRES PRESS STOCK/AbleStock.com; I. Preysler; ISTOCKPHOTO; J. M.ª Barres; MUSEUM ICONOGRAFÍA/J. Martin;
PHOTODISC; BIBLIOTECA NACIONAL DE ESPAÑA/Laboratorio Biblioteca Nacional; Kodak EasyShare; M. Falagán;
MATTON-BILD; SERIDEC PHOTOIMAGENES CD; ARQUIVO SANTILLANA

© 2011 by Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L.


Entrecercas, 2 – 15705 Santiago de Compostela
PRINTED IN SPAIN
Impreso en España por

ISBN: 978-84-9972-026-5
CP: 301828
Depósito legal:

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou trans-


formación desta obra só se pode realizar coa autorización dos seus titulares,
salvo excepción prevista na lei. Contacte con CEDRO (Centro Español de
Dereitos Reprográficos, www.cedro.org) se necesita fotocopiar ou escanear
algún fragmento desta obra.

301828 _ 0130-0136.indd 136 23/09/11 12:53

You might also like