You are on page 1of 23

1.

Canto me alegro de
verte!

Para comezar
Cando chegas a un lugar, que é o primeiro que fas cando te atopas cunha persoa?

De onde es? Como te chamas?

Temos todos a mesma orixe? Falamos todos o mesmo idioma?

Como te entenderías con alguén que non comprende o que dis? E se non te pode
escoitar?

Empregas o dicionario para consultar palabras que non sabes?

Canto me alegro de verte!


A viaxe de Lugo a Mondoñedo levoulles algo máis dunha hora. Daniela coñecía ben o
camiño, xa fora outras veces á casa da avoa Matilde. A novidade, nesta ocasión, era realizar
a viaxe coa única compaña da súa nai.

Agustín Fernández Paz, Desde unha estrela distante, Xerais 2013.

1
Antes da lectura reflexionamos!
Saúdas do mesmo xeito a todos: coñecidos, amigos, familiares e estraños? Tes aldea? Cres que
se vive igual na aldea que na cidade ou na vila? Hai os mesmos servizos?

Escoita e le:

A avoa Matilde debera escoitar o ruído do coche, porque xa estaba diante da porta
para recibilas.

—Benvida Estrela. Canto me alegro de verte! —a avoa abrazouse á nai de Daniela en


canto esta saíu do coche—. Pensei que chegariades algo máis tarde.

—É que había moi pouca circulación —contestou a nai—. E agora, coa autovía, vénse
moi ben.

A avoa reparou decontado na presenza de Daniela, que tardara algo máis en baixar.
Estendeu os brazos en dirección a ela, e a nena correu a abrazala. Mmmm! Como lle
gustaba o recendo azucrado de mamá Matilde!

2
—Pasade á cociña, que vos quento un café. Onte á noite, cando anunciaches que
viñades hoxe, fixen unhas roscas de nata e saíronme moi ricas. Entrade e probade
algunhas.

—E Vero? —preguntou a nai, unha vez sentadas á mesa da cociña.

—Verónica e mais Henrick achegáronse á vila. Hoxe hai mercado, coma cada martes.
Sempre aproveitan para facer unha compra grande para toda a semana. Non han
tardar moito.

—Pois aquí che traio esta alfaia, aínda que non sei se virá con moitas ganas —Estrela
ollou con cariño a súa filla, que aínda mantiña unha expresión contrariada—. Que
quede con vós unha semana, mentres facemos o traslado e arranxamos o piso novo.
Despois, cando esteamos instalados xa a vimos buscar.

—Pode quedar todo o tempo que ela queira. A nós non nos dá traballo ningún. Ao
revés, é un gusto térmola aquí.

Logo, dirixíndose á nena, a avoa engadiu:

—Canto medraches! Dá xenio verte. E iso que aínda faltan uns meses para facer os

3
nove anos!

Daniela sorriu, satisfeita pola loanza. Algo máis animada preguntou:

—E onde vou durmir?

Se ía quedar ela soa, non lle tocaría o dormitorio da fiestra pequena, onde a
acomodaban cando viña a familia enteira. Sempre estaba escuro e non había sitio para
nada, pouco máis cabía que unha cama.

—Que durma no meu cuarto, así tela ao teu carón —interveu a nai.

—Falando do teu cuarto, fixemos algúns cambios nel cando arranxamos a casa
—comentou a avoa—. Por que non subimos a velo? Así dicídesme se vos gusta como
quedou.

Subiron as escaleiras e camiñaron ata o final do corredor. Entraron no dormitorio que


fora de Estrela desde sempre, o mesmo no que durmían ela e o seu home cando viñan
de visita. Era unha estancia espazosa, con dúas fiestras que daban á fachada e a un
dos laterais da casa.

Agustín Fernández Paz . Desde unha estrela distante, Xerais 2013.

4
Un reto antes de continuar
Ao longo desta unidade descubriremos por que Daniela está contrariada. Que lle agarda á súa
volta? Ten Daniela algún segredo?

Podedes expoñer na clase, ordenadamente, as vosas opinións sobre


estas cuestións.

5
A biblioteca
Por se alguén o dubida,
na biblioteca escolar
poden facerse amigos
só con abrir ao azar
as follas de calquera libro:
Un pirata, unha illa, o mar,
un cofre misterioso
que axiña hai que enterrar,
unha princesa enfeitizada
por unha bruxa malvada,
un ogro cruel que encrespa a pel
ou unha toupa que atopa un anel
máxico que a volve invisible.

Nos libros, que saibades, todo é posible.

Santiago Freire. Martingadas, poemas para nenos. Edicións Morgante, 2012.

O dicionario. A entrada ou lema,


acepcións e significados
Ler comprendendo é moi importante para coñecer as palabras e o significado do que
lemos, para entender. Se as palabras non forman parte do noso vocabulario a lectura
faise complicada, con atrancos e a comprensión vese dificultada.

6
É moi importante que preguntemos polo significado das palabras que descoñecemos
e que o consultemos nos libros. Eses libros chámanse dicionarios e podémolos atopar
nos andeis das bibliotecas e tamén na rede...

Repara
Existen dicionarios de distintos tipos.
Hai dicionarios xerais e escolares, de
sinónimos e antónimos, etimolóxicos
(fan referencia á orixe das palabras),
dicionarios bilingües (galego-inglés,
inglés-galego...) ou dicionarios
especializados (enciclopédicos,
dicionarios de pronuncia, dicionarios
dos nomes).

A entrada ou lema é cada unha das palabras que vén no dicionario e as acepcións
son cada un dos significados que ten unha palabra. Unha palabra pode posuír un ou
máis significados, é dicir, pode facer referencia a unha cousa, a unha persoa ou a un
obxecto.

Definicións extraídas do DRAG

7
Este sería o exemplo de cada parte do dicionario coa palabra lume:

Entrada
Lume.

Acepcións
1. Luz e calor producidas polas chamas que se desprenden dunha materia que
arde. O descubrimento do lume. Pon a comida ao lume.

2. Materia ardendo, misto, chisqueiro etc., con que acender. Non podo fumar
porque quedei sen lume.

Significados
1. Luz e calor producidas polas chamas que se desprenden dunha materia que
arde.

2. Materia ardendo, misto, chisqueiro etc., con que acender.

O alfabeto, letras e palabras


Para empregar un dicionario precisamos saber como utilizalo correctamente. Os
dicionarios ordénanse segundo as letras do abecedario ou alfabeto, que son o
conxunto das 23 letras da lingua ordenadas dende o a ao z.

O nome das letras é masculino.

Algunhas letras do noso alfabeto escríbense xuntas e representan un único son, ch,
gu, rr, nh, ll, qu. Denomínanse dígrafos.

8
As letras e as vogais ordenadas constitúen un grupo. Ese grupo ordenado son as
palabras, que posúen significado e na escrita van separadas por espazos en branco.

9
Textos literarios e non literarios
En todas as literaturas existen textos de dous tipos: literarios e non literarios.

Os textos literarios son aqueles que se crean a partir dunha linguaxe elaborada e
co propósito de provocar reaccións no lector. Transmiten sentimentos que son
interpretados polo lector a través da súa propia imaxinación. O autor concibe a súa
creación como única e como unha obra de arte. En literatura existen tres tipos de
textos literarios: a narrativa, o teatro e a poesía.

Os textos non literarios son aqueles que transmiten unha mensaxe con datos certos
e precisos que ofrecen ao lector información para comprender unha realidade.

Observade estes exemplos:

A brétema

Ás veces sobe a xogar


a brétema dende o mar.

A brétema é ceguiña,
ás apalpadas camiña.

Vén xogar ás agachadas


coas árbores e coas plantas.

Así parecen fantasmas


escondidos na súa capa.

Mais cando a descobre o sol


xa remata a excursión.

E a min dáme moita mágoa


vela desfacerse en bágoas.
10
Xoán Neira.
Un neno no xardín. Xerais, 2012.

A brétema é unha condensación de vapor de auga do aire en contacto co chan, de constitución


similar á das nubes, que reduce a visibilidade.

Dicionario RAG

Os primeiros textos en lingua


galega
11
Os primeiros textos escritos en lingua galega que conservamos datan de finais do
século XII, o que nos fai presupoñer que antes de que aparecesen eses textos existía
xa unha tradición oral en galego. Como en todas as literaturas, o primeiro que aparece
é a poesía en forma de cancións relacionadas coas estacións do ano, o amor ou a
caza.

Estas poesías, co paso do tempo, acaban tendo rexistro escrito e, polo tanto, xorden os
primeiros escritos en galego. Así, as cantigas medievais son as primeiras
manifestacións escritas da literatura galega e a súa elaboración é tan exquisita que, de
seguro, existiron composicións anteriores que non chegaron ata nós.

12
A comunicación
Todos os seres humanos e os animais
relaciónanse entre si transmitindo
información. A comunicación é o
proceso no que se emite e recibe
información. O que transmite a
información é o emisor e o que a recibe
é o receptor. A mensaxe é o que
queremos transmitir.

Para que a comunicación sexa un éxito


precisamos dun código, que ten que ser
coñecido tanto polo emisor como polo
receptor; e dunha canle, que pode ser un
altofalante ou as ondas do ar.

O código é a lingua galega, que a entenden todos.

A comunicación pode ser verbal ou non verbal. Dicimos que a comunicación é verbal
cando se emprega a linguaxe oral ou escrita. A comunicación non verbal prodúcese
por medio de sons, imaxes, xestos, olores...

Linguaxe e lingua
Os seres humanos e os animais posúen a capacidade de expresarse por medio da
linguaxe. A diferenza fundamental entre a linguaxe animal e humana é que a linguaxe
humana é máis complexa e utiliza un código estruturado.

O código empregado no proceso comunicativo non sempre é o das palabras, neste


proceso tamén poden intervir sons ou signos. Temos diferentes códigos e, polo tanto,
diferentes linguas. A lingua é un sistema de palabras, signos e sons.

Na nosa Comunidade empregamos a lingua galega e a lingua castelá, pero ademais


podemos empregar a lingua de signos.

13
Repara
A pluralidade lingüística de Galicia, onde se fala galego e castelán, é unha riqueza cultural.

No mundo existen máis de 6.500 linguas e esta diversidade lingüística é algo que se debe
conservar e coidar ben.

Na península fálase o portugués, o galego, o castelán, o vasco, o catalán...

14
A sílaba. Sílabas átonas e tónicas

Mamá Matilde estaba na cociña, como Daniela


supuxera. Tras saudárense con dous bicos, a
nena dispúxose a dar conta do apetitoso
almorzo que lle preparara a avoa. A noite
anterior case non ceara nada, era moita a fame
que sentía. O primeiro que fixo foi coller un
anaco de biscoito e esfaragullalo na mesa, para
que puidese comer algo. E, mentres atendía ao
que a avoa lle contaba, reparou en que as
faragullas ían desaparecendo ata que o mantel
quedou limpo de todo.

Agustín Fernández Paz. Desde unha estrela distante. Xerais 2013.

As palabras están formadas por letras e as letras agrúpanse en sílabas, que son
conxuntos de sons que se pronuncian xuntos cun golpe de voz.

ca-sa

car-pe-ta

As palabras, segundo o seu número de sílabas, poden ser: monosílabas (unha sílaba),
bisílabas (dúas sílabas), trisílabas (tres sílabas) e polisílabas (máis de tres sílabas).

Ao ler, pronunciamos con máis intensidade unha determinada sílaba dunha palabra.
Cando se produce isto chamámoslle acento.

ca-fé

15
As sílabas tónicas son as que levan o acento, as que se pronuncian con máis forza. As
sílabas átonas son aquelas que se pronuncian con menos forza, aquelas sobre as que
non recae o acento.

Clasificamos as palabras segundo a posición da sílaba tónica:

Son agudas as palabras nas que a forza, a sílaba tónica, recae no último lugar.

camión

Son graves as palabras nas que a forza, a sílaba tónica, recae no penúltimo lugar.

casa

Son esdrúxulas as palabras nas que a forza, a sílaba tónica, recae no antepenúltimo
lugar.

lámpada

Algunhas sílabas tónicas levan acento gráfico ou til seguindo as regras de


acentuación.

16
Un reto antes de continuar
Ocórreseche unha explicación de por que están desaparecendo as faragullas da mesa?

Inventa unha continuación para esta historia… pero o reto é que escribas só 3 parágrafos e a
túa historia conteña 6 palabras esdrúxulas.

Atréveste?

17
Expresión oral. Presentarse e
presentar os demais
Os pais de Daniela van cambiar de cidade. Trasládanse de Lugo a Vigo por motivos de
traballo. Nunha primeira saída ao parque ve dous nenos que xogan nun bambán e
preséntase para facer novos amigos:

Cando nos presentamos, o primeiro que facemos é saudar. Podemos facelo cun Ola!
ou, dependendo do momento do día, cun Bo día! Boa tarde! Boa noite!

Coas persoas maiores empregamos as fórmulas de cortesía vostede, por favor,


desculpe, perdoe, non hai de que...

Despois de saudar falamos de nós, do noso nome, de onde vivimos, cantos anos
temos, é dicir, achegamos os datos persoais.

Ademais, para completar a presentación podemos falar do que nos gusta facer, que
18
afeccións temos, como facer deporte, escoitar música, ler, montar en bicicleta.

Para presentar outra persoa seguimos o mesmo esquema atendendo a:

datos persoais

afeccións

carácter

Repara
Cun por favor, un grazas, un desculpa e un sorriso a xente aténdete mellor!

Expresión escrita. Facer unha ficha


dun libro
Para estudar mellor debemos organizarnos. É importante saber expoñer e resumir a
información. Facer unha ficha pode facilitar o estudo, pois axuda a ordenar a
información na mente e podemos botar man dela para repasar, axudarnos a
memorizar e consultar con rapidez algunha cousa.

Seranos de utilidade se ademais o facemos con limpeza e claridade, ordenadamente


e con boa letra. Podemos empregar fichas para moitas cousas. Hai seis tipos de fichas:

fichas bibliográficas

fichas de lectura

fichas temáticas

fichas por autores

fichas de citas

19
fichas de traballo

Os pasos necesarios que debes seguir son: pensar que información queres reter,
escribir a información organizándoa e revisar que todos os datos estean
correctamente descritos.

20
Reto superado
Nesta páxina tes a resposta ao reto formulado no comezo da unidade. Cal é daquela o segredo
de Daniela? A que misterioso personaxe coñece?

Se o adiviñas, fai unha breve redacción na que imaxines como será este primeiro encontro entre
os dous e como se presentarían se é a primeira vez que se ven, aínda que xa se coñecen sen
verse...

21
Vocabulario

Alfaia
subs. Adorno de moito valor.

Arrolo
subs. Canto ou son para durmir ou acalmar un neno.

Ás apalpadas
loc. adv. A cegas.

Caramuxo
subs. Animal mariño que vive nas rochas de cuncha enrolada.

Contrariada
adx. Que ten molestia ou desgusto.

Dubidar
vbo. Estar pouco seguro das cousas.

Mágoa
subs. Sentir pena por alguén.

Recendo
subs. Olor moi agradable.
22
subs. Olor moi agradable.

23

You might also like