You are on page 1of 4

UNIDADE

Copia e ditado
10 Nome: Data: Curso:

1 Copia o ditado.

2 Escribe os verbos do texto anterior segundo estean en singular ou en plural.

Singular Plural

3 Busca no texto un sinónimo para estas palabras.

pronto recoller crearán

Lingua 1.º EP Expresión escrita MATERIAL FOTOCOPIABLE 35


UNIDADE
Taller de expresión
10 Nome: Data: Curso:

1 Le a postal e contesta as preguntas.

Ola, tío!
Estamos divertíndonos
moito! Hoxe fomos á praia
e estivemos bañándonos
todo o día. A auga estaba Manuel Afonso
boísima! Rúa Maior, 25
Bicos, Carballiño
Antía Ourense

● Quen envía a postal? A quen a envía?

● Como estaba a auga do mar?

2 Imaxina que marchas de viaxe á neve. Escribe unha postal a un amigo.

Lingua 1.º EP Expresión escrita MATERIAL FOTOCOPIABLE 36


UNIDADE
Taller creativo
10 Nome: Data: Curso:

1 Le a seguinte historia desordenada e ordénaa escribindo os números.

Pero no medio desta tranquilidade, un día chegaron á fraga uns


cazadores. Atoparon o paxaro Darío e capturárono porque lles
gustaban moito as cores da súa plumaxe. Pechárono nunha gaiola
e amarráronlle as patas aos barrotes cun arame. Os pequenos
trasnos, cando se decataron, choraron de pena e foron avisar os
seus pais rapidamente.

O mellor amigo dos trasnos era un colorido paxaro chamado


Darío. Tódolos días lles traía froitos: arandos, framboesas e
amoras das silveiras. Ás veces ata deixaba que os pequenos
subisen no seu lombo e levábaos voando de rama en rama.

Unha noite, mentres os cazadores durmían, os trasnos planearon


liberar a Darío. A idea era que, como eran tan pequenos e cabían
entre os barrotes da gaiola, poderían entrar e liberar o seu amigo.
E así o fixeron: entraron e cortaron o arame das patas coa casca
dunha árbore e abriron a porta para que o paxaro puidese saír
voando.

Nunha máxica fraga, unha familia de trasnos do tamaño dunha


abelá vivía no tronco dun carballo. Mentres os seus pais
traballaban, os pequenos xogaban a esconderse baixo as follas que
caían das árbores.

Ao espertar, cando os cazadores viron a gaiola baleira asustáronse e


fuxiron pensando que aquela fraga podería estar habitada por animais
encantados.

Lingua 1.º EP Expresión escrita MATERIAL FOTOCOPIABLE 37


UNIDADE
Taller creativo
10 Nome: Data: Curso:

2 Inventa un título para o conto.

3 Que cres que pasaría na fraga se non existisen os trasnos?

4 Imaxina que es amigo dunha familia de trasnos. Como xogarías con eles?

5 Continúa o conto.

Un día, chegaron á fraga un∫ ogro∫ de mal humor.

Lingua 1.º EP Expresión escrita MATERIAL FOTOCOPIABLE 38

You might also like