You are on page 1of 33

EXPRESIÓN corporal-mímica, musical-danza

Percepción Espacial

Erika Sánchez-Miguel 2022


Erika Sánchez-Miguel 2022
Erika Sánchez-Miguel 2022
Erika Sánchez-Miguel 2022
Un paseo por el Parque

Erika Sánchez-Miguel 2022


Excursión por el Bosque

Erika Sánchez-Miguel 2022


Exploración en la Selva

Erika Sánchez-Miguel 2022


Erika Sánchez-Miguel 2022
Los Gnomos

Erika Sánchez-Miguel 2022


Erika Sánchez-Miguel 2022
¿Cómo es tu cuerpo?

Erika Sánchez-Miguel 2022


Erika Sánchez-Miguel 2022
Erika Sánchez-Miguel 2022
Erika Sánchez-Miguel 2022
Los Sentidos (Sensaciones)

Erika Sánchez-Miguel 2022


Percepción del Espacio
(Personal/General-Interior/Exterior)
Espacio Social y Emocional.

Erika Sánchez-Miguel 2022


Erika Sánchez-Miguel 2022
Erika Sánchez-Miguel 2022
Erika Sánchez-Miguel 2022
Erika Sánchez-Miguel 2022
Erika Sánchez-Miguel 2022
Erika Sánchez-Miguel 2022
Plastilina de cores
Faremos a nosa propia plastilina de cores o que nos permitirá
experimentar coas cores e tamén coas texturas.
Materiais: fariña, sal fina, auga, aceite e colorante alimentario.

Pintura e pigmentos
Experimentaremos a obtención de pigmentos e practicaremos a
súa utilización nun papel. (Cúrcuma : amarelo; Menta: verde;
Remolacha: vermello; Bolsa de tinta de sepia: negro)
Materiais: Pigmentos naturais, Pinceis, Auga, Papel

Siluetas
Toda a clase: na parede frontal disponse un papel continuo para
a realización da proxección. Coas xanelas desa zona baixadas e
a luz apagada proxéctase a luz interrompéndoa con obxectos da
clase ou coa propia figura dos nenos, debuxando a súa silueta
no papel. Tamén se realizarán outros contactos con lanternas
nas mesas, ou ben recortando formas en cartolina negra.
 Materiais: Rolo de papel continuo, rotuladores, proxector,
lanternas.

Que hai aquí?


Por mesas: dentro dunha bolsa opaca introdúcense distintos
obxectos: xoguetes, zapatos ou envases; achegarase a bolsa e
os nenos só co tacto deberán lembrar esa forma e representala
nun papel. Despois sacásense os obxectos e cada deberá
atopar o que debuxou, ou o que cría que era o que tocou.
Materiais: Papel, pinturas e rotuladores, saco, obxectos diversos

Texturas que deixan pegada


Colocaremos unha superficie tramada debaixo dunha folla
delgada de papel e pasando unha pintura de canto, déixase a
impresión da textura da trama.
 Materiais: Tramas - papel ondulado, papel de seda engurrado,
lixa, plástico de burbullas, malla de laranxas. Pintura: ceras, xiz.

Creamos liñas
No centro do espazo colocaras un papel continuo.
Convidaremos aos nenos e nenas a imaxinar formas diferentes
cos distintos materiais e a que observen aos seus
compañeiros/as tamén.
Materiais: Papel continuo

Grupo 1: lapiceiros, ceras, carboncillo, plumas


Grupo 2: temperas, esponxas, pinceis de diferentes grosores.
Erika Sánchez-Miguel 2022
Grupo 3: cordas, las, fíos, gomas, tiras de papel de cores,
pegamento.

As liñas da natureza
Entregaremos fotocopias (ampliacións ou reducións) con
motivos da natureza, co obxectivo de que os e as participantes
atopen as liñas ocultas, por exemplo en caracolas, telarañas,
pegadas dixitais, plumas, sección dun tronco ou distintos tipos
de follas.
Materiais: Fotocopias, Rotuladores de cores

Ilustramos fotografías
Repartiremos fotocopias en branco e negro de fotografías.
Empregando material de pintura, os nenos e nenas debuxarán
outras interpretacións desas imaxes, deixando voar a súa
imaxinación.
Materiais: Pinturas, ceras, rotuladores e Papel

Erika Sánchez-Miguel 2022


Ritmos e máis
Unha forma de gozar coa música facendo unha introdución no
mundo da Percusión, creando ritmos con obxectos cotiáns:
vasos, escobas, mesas, cadeiras, percusión corporal,
instrumentos de pequena percusión, etc.
O obxectivo desta clase ademais de poder coñecer os
instrumentos das bandas de rock e crear ritmos xa sexa co noso
corpo como cos tubos ou obxectos cotiáns, é mellorar a atención
e concentración dos alumnos, a coordinación, a aprendizaxe e a
socialización. Faranse xogos de ritmos e xogos que lles axuden
á concentración. Cos instrumentos desenvolverán a
creatividade, traballarán a improvisación e estimularán a
imaxinación.
Material: Obxectos cotiáns diversos (escobas, mesas,
cadeiras...), reprodutor de música e discos.

Taller de baile
Nesta actividade aprenderemos a movernos no escenario e a
perder o medo a estar nel. O noso obxectivo é que os nenos e
nenas aprendan a facer música ao mesmo tempo que aprenden
a facer un bo show.
Nesta actividade, aprenderemos a facer pasos de baile sinxelos
co obxectivo de que os nenos e nenas de cada un dos grupos
(petís, infantil e maiores) aprendan a facer unha coreografía,
que será axeitada á súa idade e ao seu nivel de
desenvolvemento. A canción de cada unha das coreografías
será elixida polos propios participantes.
O día da festa final, os nenos/as representarán as coreografías
na presencia das súas familias, no caso de que estas podan e
queiran acudir. Para preparar a mostra final, dedicaremos un día
a preparar a mesma.
Material: reprodutor de música e discos.

Erika Sánchez-Miguel 2022


Xogos musicais
Nesta actividade levaremos a cabo diferentes xogos cuxo
obxectivo será o de contribuír á formación integral dos nenos e
as nenas, desenvolvendo a súa creatividade a través da música.
Os xogos que se realizarán son axeitados para todas as idades,
polo que só realizaremos pequenas adaptacións en canto ás
instrucións dos mesmos e ao grao de dificultade e esixencia,
sendo menor no grupo de petís, e superior nos grupos de infantil
e maiores.
Algún dos xogos que realizaremos, e que variarán dunha sesión
a outra, son os seguintes:
Imos pintar as cancións.

Os monitores/as dialogarán cos nenos/as acerca dun


determinado tema. Posteriormente, escoitaremos atentamente
unha canción. Repartiranse follas de papel e cores para que
debuxen o que máis lles gustou da canción. Escoitaremos
novamente a canción e completaremos os nosos debuxos se é
necesario. Buscaremos un título creativo e ensinaremos os
debuxos explicando o significado do mesmo.
Paseo musical

Os monitores/as diranlles aos nenos/as que se atopan nun lugar


moi estraño. A única forma de comunicación é a través de
xestos e movementos segundo o ritmo das cancións que
escoiten. Presentaremos diferentes melodías (muiñeira, cumbia,
salsa, rock...) e os nenos/as desprazaranse seguindo o ritmo da
canción (non se pide que bailen). Durante a canción, daranse
unha serie de consignas como, por exemplo: Estamos moi
asustados/as, temos moita sede ou estamos felices. Ao finalizar
o paseo comentaremos as nosas experiencias.
Corpos sonoros

Os nenos/as distribuiranse polo espazo da clase ou patio, e


terán que desprazarse ao ritmo dunha canción instrumental que
escoitan. O monitor/a pediralles que utilizando soamente o seu
corpo, produzan diferentes sons ( agudos, graves, suaves,
fortes). Acompañarán a canción e o desprazamento cos sons
seleccionados.
Bailando con todo o corpo
Erika Sánchez-Miguel 2022
Os nenos/as distribuiranse polo espazo da clase ou patio e terán
que escoitar atentamente unha canción. Unha vez a escoiten,
terán que comezar a mover todas as partes do corpo: as cellas,
ollos, nariz, beizos, cabeza, etc. Despois continuarán co tronco e
as extremidades ata que todo o seu corpo estea en movemento,
ao ritmo da canción que se escoita.
Material: reprodutor de música e discos. Papel, lápis e ceras de
cores.

Músicas e danzas do mundo


Nesta actividade faremos unha viaxe polo mundo a través da
música e da danza, coñecendo ritmos e bailes tradicionais dos
diferentes continentes.
As persoas de calquera idade e, especialmente, os máis
pequenos e pequenas desfrutan en gran medida co feito
musical, ao atoparse nunha etapa de máxima curiosidade na
que son incriblemente receptivos para a aprendizaxe de todo
tipo de actividades.
Á gran maioría dos nenos e nenas resúltalles moi atractivo
escoitar e tocar instrumentos musicais e máis aínda se son de
percusión, xa que estes supoñen a base, a vertente máis
primitiva e tamén máis alcanzable dentro do fenómeno musical.
Por iso gozan marcando un ritmo, tocando as palmas,
aporreando un instrumento de percusión e movéndose ao
compás de calquera ritmo.
Por esta razón, neste obradoiro queremos levalos na nosa
peculiar viaxe polo mundo para descubrir ritmos e músicas de
todo o mundo.
En cada quenda de campamento, coñeceremos músicas e
danzas de diferentes continentes, desta maneira na quenda 1
viaxaremos a África, na quenda 2 a Oceanía e na quenda 3 ao
sur de América.
A actividade é axeitada para todas as idades, polo que só
realizaremos pequenas adaptacións en canto ás instrucións dos
mesmos e ao grao de dificultade e esixencia, sendo menor no
grupo de petís, e superior nos grupos de infantil e maiores.

Erika Sánchez-Miguel 2022


Divino teatro
Nesta actividade queremos que os nenos e nenas coñezan un
pouco mellor que é iso do teatro e que ímos a facer na vitamina
Ludus do noso campamento.
Desta maneira, explicarémoslles aos nenos que imos realizar
unha serie de actividades relacionadas coa dramatización para
achegarnos a un mundo que se chama teatro. Deixaremos un
tempo aos nenos para que nos conten se coñecen o teatro e
tamén para que expresen as súas opinións. Exporemos
preguntas do tipo: sabedes o que é o teatro?, coñecedes a
profesión de actor/actriz?, que fan os actores e as actrices?,
fostes algunha vez para ver algunha representación teatral?, se
fósedes actores que papel gustaríavos representar?, etc.
Despois desta pequena conversa, realizaremos a observación e
manipulación de diferentes contos e libros sobre o teatro.
Sentados comodamente no chan mostraremos aos nenos libros
de teatro para que eles poidan tocalos e miralos. Visualizaremos
tamén algunha pequena obra de teatro que atopemos por
internet para que os nenos se vaian familiarizando co tema. As
obras serán diferentes en cada quenda.
Para rematar a actividade, realizaremos diferentes xogos
cooperativos e de confianza para coñecernos todos e todas un
pouco mellor e para que os nenos/as comecen a entender a
idea da importancia de traballar en equipo no mundo do teatro.

Erika Sánchez-Miguel 2022


Xogos de mímica
Nesta actividade queremos que os nenos e nenas desenvolvan
a súa comunicación mediante o movemento corporal, a mímica
e o xesto. Para facelo, levaremos a cabo unha serie de xogos
sobre mímica:
- Repartiremos dúas tarxetas a cada participante. Unha levará
escrita o nome dun oficio: policía, bombeiro/a, médico/a,
xardineiro/a, pintor/a… e na outra aparecerá unha acción:
ducharse, preparar a comida, vestirse… Os nenos e nenas
deberán representar diante de toda a clase o oficio e a acción
que lle tocou sen utilizar palabras, unicamente con xestos. O
resto da clase deberá adiviñar o oficio e a acción.
- Outra actividade consistirá en agrupar á clase en grupos de
cinco alumnos. Cada equipo deberá organizarse para, mediante
xestos, realizar unha escena conxunta na que se expresen
diferentes emocións. Guiarémoslles nesta labor. Algunha
situación podería ser: representar enfado porque houbo unha
discusión ou pelexa, mostrar tristeza por algo que ocorreu, sentir
alegría por algún feito etc.

Ao final da actividade faremos unha posta en común do que


experimentaron e sentiron coas actividades.

Material: tarxetas con profesións e accións.

Erika Sánchez-Miguel 2022


Momento impro
Nesta actividade realizaremos xogos e exercicios de
improvisación teatral moi divertidos.
A improvisación teatral, a impro, é teatro. Outra forma de facer
teatro. Escenas creadas de forma instantánea, sen guión nin
preparación previa, e nas que o actor, ao que chamaremos
xogador ou improvisador, interpreta a ficción no mesmo
momento que a está creando. Como na maioría das obras de
teatro, adoita haber personaxes, accións, conflitos, lugares onde
sucede a ficción, variedade de sucesos e transformacións…
pero na impro, o actor non só é intérprete da historia, tamén é
responsable da dramaturxia e da posta en escena.
Algún dos xogos que faremos son:

Cóntame un conto… en 60 segundos!

En grupos de 3 a 5, os nenos/as teñen 1 minuto para contar en


accións un conto de fadas ao resto da clase. (O conto pode ser
un suxerido polo resto da clase e debe de ser un coñecido). O
monitor/a fai de narrador para asegurar un bo ritmo e que os
‘actores’ fan un esforzo para crear os personaxes e contar a
historia a pesar das présas.

A Festa

Elíxese un anfitrión e sae da clase. Logo cóllese a 3 dos seus


compañeiros para facer de invitados/as. Cada un/ha pregunta ao
resto da clase “Quen son?” e os alumnos van facendo
suxestións – animais a ser creativas, porque canto máis
imaxinativas, máis divertido será o exercicio.
Por exemplo: Unha astronauta sofre de vertixe. Un domador/a…
de pulgas. Un paiasa/o que non fai rir.
Erika Sánchez-Miguel 2022
O anfitrión entra e os invitados saen. Dun nun (cada minuto),
vanse chamando á porta e empezan a interactuar co anfitrión,
que pronto ten que tratar con 3 invitados á vez. Os invitados van
dando pistas en s maneira de comportarse cada vez máis
evidentes ata que o anfitrión adiviña quen é… pero non se trata
dun simple xogo de adiviñas: a énfase debería de estar na
comedia e a improvisación.

Pero que dis?!

Todos sentan en círculo. O primeiro di unha palabra inventada,


nun idioma ‘estranxeiro’ descoñecido, á persoa sentada á súa
dereita. Esta persoa tradúcello ‘’ para o resto do grupo, elixindo
a primeira palabra que lle vén á cabeza – pero que sexa una
que este de algunha maneira relacionada (por sons ou por
entoación etc.) coa palabra estranxeira. Logo, di outra palabra
inventada e o xogo segue…

Colle un adxectivo... e a actuar!

En grupos de 2 ou 3, os nenos/as túrnanse para improvisar unha


escena diante do resto da clase baseado nun adxectivo (pódeo
elixir o profesor ou ben os demais alumnos). Teñen que
presentar unha escena con máxima énfase no seu adxectivo.
Ex. se a palabra elixida é ‘alegre’ , terán que estar super
contentos etc.

Patos e vacas

Os nenos/as colócanse de pé e cos ollos pechados. O monitor/a


móvese entre eles asignando a cada un un animal: se toca o
home dereita, es ‘vaca’; se toca a esquerda, es ‘pato’. Logo,
ábrense os ollos e tentan atoparse (e agruparse) só coa
chamada ‘animal’.

Pirámide Musical

O grupo colócase en forma dun triangulo: na primeira fila, unha


persoa; detrás, dous e logo tres… etc.
Ao ritmo da música, a primeira persoa empeza a moverse pola
sala, seguida por todas as demais filas, que tentan copiar os
seus movementos con exactitude. O ‘líder’ pode cambiar de
movemento cando quere (e pode ser ‘guiado’ tamén con
cambios na música). Mesmo se pode virar para enfrontarse á
segunda fila – que fará o mesmo… o resultado sendo bastante
caótico.

Erika Sánchez-Miguel 2022


Erika Sánchez-Miguel 2022
Bu
los
cri

El
To
Qu
ej:
Al
pa

Erika Sánchez-Miguel 2022

You might also like