You are on page 1of 3

FICHA DE LECTURA “HUELLAS CON SORPRESA"

Libro
Melanie Mitchell(2009) .”Huellas con sorpresa”. Combel

Descrición

Libro-xogo que lles encantará aos nenos/as polas diferentes texturas,cores e,sobre todo,por ir
descubrindo de que son as pegadas diferentes dos animais escondidos .É un libro moi colorido.Está
feito de cartón duro,moi resistente.

Sinopse

Trátase dun libro para que disfruten os máis pequenos . Non nos conta unha historia cun argumento.

É un libro para tocar,descubrir,abrir e pechar solapas,palpar as pegadas de cada animal e coa axuda dun
espello , descubrir de quién son as pequenas pegadas do final.

Nunha primeira páxina hai unha foto das pegadas cunha pista dunha actividade que pode realizar ese
animal.Na seguinte páxina está escondido o animal tras unha solapa.Deben tocar as pegadas sempre, xa
que descubrirán diferentes texturas e intentarán facer que coincidan coas deles,para ver as diferenzas.

Pautas para contalo

● Podemos incluir os animais que aparecen no conto nunha caixa: o oso,a ra,o elefante o león,o
porco e o cabalo (traeremos estes animais de peluche,se non os temos na aula podémosllos
pedir aos nenos que os traigan das súas casas,previo facer a lectura do conto)
● Coller o conto e amosar o oso,similar ao da portada do conto, aos nenos/as e facer que
observen ben as súas extremidades (como son,que forma teñen,se son como as nosas…)

● Comezar a ler o conto sen interrupción;observarán as pegadas en cada páxina e intentarán


adiviñar o animal escondido.Logo,amosarémoslles o noso peluche similar ao que ven na foto.E
así sucesivamente ata chegar ao final,donde terán que identificar huellas de nenos e poñer as
súas na páxina do libro,nun espello.

● Deternos en cada imaxe dos animais para falar sobre eles e sobre as súas pegadas,para que
vexan as diferencias entre eles. Traballaremos outro aspecto importante,que pode ser a
alimentación destes animais(falar do que comemos e do que comen eles)

● Podemos tamén comparar os tamaños dos diferentes animais con respecto ao tamaño deles.

● Debemos usar xestos á hora de contar o conto e facer sons similares aos dos animais que vamos
identificando e tamén dos movemento que fan .

● Ao final,celebraremos se identificaron as pegadas humanas que aparecen e compararémolas


coas súas propias.

Propostas a partir do conto na aula

● Elaborar unhas tarxetas con debuxos dos animais do conto,buscando en revistas ,libros,…e
outras coas pegadas de cada un (feitas pola educadora ou recortadas) e intentar xogar con
elas,emparellando cada animal coa súa pegada.

● Nomear diferentes animais que coñezan,ademais dos que aparezan no libro e buscar as pegadas
para que as recoñezan .

● Poñeremos sons que realizan os diferentes animais do conto e terán que identificalos e imitalos.

● Os nenos/as que o desexen poderán imitar ao animal que elixan e o resto dos nenos/as terán
que adiviñar de que animal se trata.

● Facer as súas pegadas nun papel coa axuda do educador/a e poñelas na aula e poder comparar
os diferentes tamaños.Podemos poñer tamén as do educador/a e as de algúns animais
coñecidos.

● Relacionar cada animal coa comida que poden tomar(todo con imaxes)

Propostas para as familias

● Buscar fotos dos diferentes animais do conto e imitar os sons que realizan,falar de onde
viven,como se desprazan,ensinarlles as pegadas que teñen…

● Ler outros contos que traten sobre temas e actividades relacionadas co traballado neste conto
(“Libro juego.Toca,toca”…para traballar as texturas)

● Falar cos nenos/as da alimentación dos diferentes animais que coñezan,que a comparen coa súa
alimentación e coa forma de comer. Aproveitar a ensinarlles aos nenos como debemos comer e
que todos os alimentos son importantes para poder medrar e estar fortes coma eses animais que
ven nos contos.

● Ensinarlles diferentes materiais ou obxectos que teñan diferentes texturas,que as toquen e


expresen o que sinten ao tocar cad un deles e que as comparen con outros obxectos que
coñecen(se saben)

You might also like