You are on page 1of 1

Este curso, as notas de Lingua Galega poden ser un chisco... diferentes.

En lugar de
números, imos utilizar palabras. Palabras máxicas, naturalmente. Estas son as cualificacións
que podes obter nos exames e traballos:
Alicorno Lavandeira Sacaúntos
Antaruxa Lobishome Santa Compaña
Castro Moura Tardo
Esconxuro Nubeiro Trasno
Estadea Olláparo Untura dos Encantos
Estrela da Fortuna Ollomao Urco
Herba de Namorar Pedra do Destino Vacaloura
Si, xa sei, estaraste preguntando canto vale cada unha delas. Pois debo dicirche que esa
información é confidencial ata que non se complete un pequeno traballo de investigación no
que deberá participar toda a clase (ou case): precísanse 21 voluntarios ou voluntarias para
procurar información sobre cada un destes seres míticos e elementos máxicos da cultura
ancestral galega. Cada voluntario elixirá un deles e explicaralle ao resto da clase cales son as
súas características máxicas ou os seus poderes. Unha vez feito isto, a profesora desvelará
a cualificación numérica á que corresponde cada elemento.

You might also like