You are on page 1of 2

Semana de animación á lectura

ABRIL 2022
Colexio La salle Santiago
Estimadas familias:
Como saberedes todo comezou o venres 8 de Abril, cando todos os
nenos/as de Ed. Primaria recibiron unha carta informándolles desta
semana tan especial.

“Abracadabra que a túa mente se abra”.

Hoxe pola mañá na entrada os nenos/as atopáronse os corredores e as


portas decoradas e ambientadas con velas, cartas e libros voadores así
como con portadas de libros de maxia nas portas das clases.

Pero o máis emocionante foi entrar co fume das brétemas... a música e


ver aos mestres e mestras disfrazados como auténticos magos/as.
No recreo o profesor Marco contounos cales son os ingredientes da
pócima que da ganas de ler e pola tarde disfrutaron do espectáculo do
mago Román.

Todas as mañás desta semana comezamos dando pistas por megafonía


sobre personaxes de contos de maxia que o alumnado deverá adiviñar,
haberá un sorteo cun premio para cada clase.
O resto da semana teremos máis actividades como:

- A elaboración dunha variña máxica 1º e 2º E.P


- Un cómic xigante 3º e 4º de E.P
- Conto lineal xigante 5º e 6º E.P

Ademáis, os mestres/as de Ed. Física levarán a cabo unha sesión de


Quiditch na que os nenos/as poderán aprender a xogar a este noble
deporte (que practican no libro de Harry Potter).

Esperamos que sexa unha semana máxica e que todos/as nos


contaxiemos da maxia da lectura.
Agradecemos á ANPA a súa colaboración no espectáculo do mago Román
e cos agasallos do sorteo.

Un saúdo afectuoso,
Profesorado de Educación Primaria

You might also like