You are on page 1of 1

Bos días,

Esta semana comezaremos a traballar o tema dos animais e queremos realizar unha
tarefa para a casa. Terán de prazo para traer o traballo ata o luns 22 de febreiro e as
presentacións dos mesmos iranse facendo a medida que os alumnos e as alumnas os
vaian traendo.

Esta tarefa será facer unha busca de información sobre un animal, cada neno/a escollerá
o animal que desexa, buscará información sobre o mesmo e finalmente poñerá esta
información nunha cartolina. A cartolina poderá ser do tamaño que prefira ou que precise
para poñer a información atopada.

Os puntos que deben aparecer na cartolina son:

 Características
 Alimentación
 Reprodución
 Curiosidades

Estes puntos traballaranse ao longo do tema en clase polo que parte da información que
precisen xa a traballaremos na clase con anterioridade.

Ademais, na cartolina a información deberá estar en galego, pois a materia de Ciencias


Naturais se traballa nesta lingua, e escrita a man.

Unha vez teñamos a información recollida, na clase, todo o alumnado deberá expoñer o
aprendido sobre o animal que escolleu aos seus compañeiros e compañeiras.

Os apartados poderían ser os seguintes:

You might also like