You are on page 1of 2

MAQUETA DUNHA CÉLULA

Imaxinación ao poder!

A finalidade é que escollades unha célula dos tres tipos que vimos na clase (procariota, eucariota animal

ou eucariota vexetal) e facer unha maqueta da mesma. Conta a orixinalidade!

Aquí tedes algúns exemplos para guiarvos:


IMPORTANTE

PASOS A SEGUIR:

1- Indicar que CÉLULA é a que escollestes (procariota, eucariota animal ou eucariota vexetal) e o voso

NOME E CURSO nun papel ao carón da maqueta.

2- Marcar nela as partes e orgánulos dos que consta (se buscades na rede seguramente aparezan os

nomes de máis orgánulos dos que estudamos, podedes incluílos tamén aínda que non é obrigatorio).

3- Subir á aula virtual unha foto do resultado final, no apartado de “TRABALLO BIOLOXÍA 1ª

AVALIACIÓN”, no segundo tema.

Como ideas para as maquetas podedes usar todo tipo de materiais que teñades na casa (papel, plástico,

rotuladores, lápices de cores, caixas de cartón, fíos, comida ou calquera tipo de material reciclado).

Data límite: domingo 10 de decembro

Sede orixinais!

You might also like