You are on page 1of 24

IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO

A CÉLULA – CICLO CELULAR – 2º BACHARELATO

1‐ A CÉLULA: UNIDADE ESTRUTURAL E FUNCIONAL


Os primeiros coñecementos sobre a célula remóntanse ao ano 1665 grazas ás observacións que realizou Robert Hooke.
Estudiou diversos tecidos vexetais e observou unha serie de pequenas celdas semellantes ás dun panal de abellas e os denominou
“células”. O sinxelo microscopio que construíu apenas permitía 50 aumentos. A medida que se perfeccionaron as lentes e as
técnicas de microscopía o coñecemento e avances sobre a célula aumentaron considerablemente (durante o século XVIII apenas
houbo avances porque non se conseguía perfeccionar as lentes e mellorar a resolución destas). A continuación aparecen
diferentes investigadores e os seus aportes ao coñecemento da célula:

‐ Leewenhoek (pai da microbioloxía): perfeccionou os microscopios e observou un grande número de microorganismos.


‐ Robert Brown: observou e nomeou ao núcleo celular (1831)
‐ Shchleiden (botánico) e Schwann (zoólogo) estudaron moitas plantas e animais chegando á conclusión de que todos os seres
vivos están formados por células. Inciaron a teoría celular.
‐ Virchow (patólogo, 1855): todas as células proceden doutras células preexistentes.
‐ Purkinje (fisiólogo, 1839): describiu o protoplasma ou medio interno da célula e a súa división en citoplasma e carioplasma.

Santiago Ramón y Cajal en 1899 descubriu que o tecido nervioso tamén estaba constituído por células individuais;
demostrou a individualidade da neurona ampliando a teoría celular (premio Nobel de fisioloxía e mediciña en 1906).

O perfeccionamento do microscopio electrónico en 1952 foi


unha revolución na citoloxía pois permitiu descubrir a
estrutura interna dos orgánulos e das membranas celulares.
A partir de todos estes descubrimentos iniciouse e
elaborousa a denominada Teoría celular.

TEORÍA CELULAR
1‐ A célula é a unidade morfolóxica de todos os seres vivos: todos os seres vivos
están formado por células.
2‐ A célula é a unidade fisiolóxica dos organismos: é capaz de realizar todos os
procesos para permanecer con vida.
3‐ Toda célula provén doutra célula por división. As células só poden xurdir doutra
preexistente

Ata o século XX pensábase que había unha excepción á teoría celular: o tecido neuronal no que non se diferenciaban células
independientes. Ramón y Cajal conseguiu que a teoría fose universal.

Cos últimos descubrimentos en xenética podemos engadir outro principio á teoría:

4‐ A célula é a unidade xenética autónoma dos seres vivos. Contén toda a información necesaria sobre a súa estrutura e o
control do seu funcionamento e é capaz de transmitila aos seus descendentes.

1
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
2‐ MÉTODOS DE ESTUDO CELULARES
MICROSCOPIO: son instrumentos de laboratorio que permiten aumentar o tamaño das estruturas invisibles ao ollo humano.
Hai dous tipos de microscopios: o óptico e o electrónico.

ÓPTICO: hai varios tipos: campo claro (o máis empregado), de campo oscuro, de fluorescencia. Podemos observar células
vivas ou mortas; na maioría das veces a mostra debe ser tratada previamente con colorantes para aumentar o contraste.

Pe: apoia sobre a mesa de sostén todas as demáis pezas


Brazo: une o pé co resto
Platina: onde se colocan as mostras. Leva un sistema para suxeitar as preparación
Tubo: cilindro que suxeita o ocular
Macro e micrómetro: rodas laterais que permiten o enfoque
Revólver: contén os obxectivos e xira para poder empregar un ou outro.
Ocular: lente (onde “poñemos” o ollo).
Obxectivo: lente próxima á mostra con diferentes aumentos
Diafragma: permite regular o paso da luz
Condensador: permite dirixir ou concentrar os raios luminosos sobre a preparación

Para realizar preparacións duradeiras é necesario preparar as mostras:

a. Fixación: tratamos as mostras con fixadores como o alcohol etílico, formaldehido ou glutaraldehído;
b. Inclusión: inclúense nunha substancia que evita que se deforme durante o corte, normalmente parafina.
c. Corte: cos microtomos que efectúan cortes extremadamente finos.
d. Tinguidura: trátanse con diferentes tintes para resaltar e poder estudar determinadas estruturas.
e. Montaxe: a mostra que se atopa no portaobxectos cúbrese cun medio viscoso e transparente como bálsamo do Canadá
ou glicerina, e cúbrese cun cubreobxectos.

ELECTRÓNICO: de varrido ou MEB, (permite ver


a superficie da mostra tridimensionalmente) e
de transmisión ou MET, (atravesa a mostra polo
que debe ser moi delgada). As mostras sempre
se observan mortas (vacio) e para aumentar o
contraste empréganse átomos de metais de alta
densidade.

M. ÓPTICO M. ELECTRÓNICO MET MEV


Mostra atravesada por fotóns Mostra atravesada por un feixe O feixe de electróns atravesa a O feixe de electróns “varren” a
de luz e electróns mostra mostra
Lentes de vidrio ou cuarzo Bobinas Non podemos obter imaxes Podemos obter imaxes
(campos)electromagnéticas tridimensionais tridimensionais
O medio é o aire O medio é o baleiro Maior poder de resolución Menos poder de resolución
Poder resolución: 0.2 micras Ata 0.2 nm
Cortes finos Cortes ultrafinos
Podemos observar células vivas Non se poden observar células
vivas
Tinguidura “clásica” Mostras recubertas por metáis
pesados
Podemos ser células enteiras Podemos ver ultraestruturas

2
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
TINGUIDURA: empréganse tincións específicas para resaltar a parte da célula que estamos estudando. Por exemplo:
hematoxilina (colorante básico que se une a partes ácidas como o ADN); Lugol (tingue o amidón ao reaccionar o iodo); laranxa
de acridina (fluorescente; ADN, ciclo celular); azul de metileno (visibles núcleos de células animais); eosina (rosado‐vermello
o citoplasma e membranas celulares; vermello os eritrocitos)…

FRACCIONAMENTO CELULAR: rompemos células ou membranas celulares (con diferentes métodos: fricción, ultrasóns,
químicos, enzimáticos…) e centrifugamos. Con velocidades baixas separaremos os componentes máis grandes e se
centrifugamos con velocidades altas os compoñentes máis pequenos.

CULTIVOS CELULARES: soporte que inclúe os nutrientes necesarios para permitir o crecemento de células ou tecidos (unha
liña moi coñecida e emprgado é HELA: células tumorais inmortais creadas a partir das células dunha enferma dos anos 30).

DIFRACCIÓN DE RAIOS X: cando os raios X cochan contra unha mostra biolóxica, os átomos máis grandes (C, N, O, P)
detéctanse máis facilmente e con iso podemos establecer modelos tridimensionais (como se fixo para o descubrimento da
molécula do ADN).

3‐ O NÚCLEO
É o orgánulo principal (visible ao MO) das células eucariotas tanto vexetais como animais. Coincide cun feito evolutivo
importante: a separación das células procariotas das eucariotas. Segundo a teoría endosimbiótica formouse pola invaxinación
da membrana plasmática e a posterior inclusión do ADN celular. É o centro de control: intervén activamente no
desenvolvemento celular. Regula os procesos celulares de organización, diferenciación e especialización celular. Dirixe os
procesos metabólicos e é o lugar de replicación do ADN e a síntese de ARN.

Nas células animais a súa posición é central mentres que nas vexetais é excéntrico (desplazado pola vacuola).

O seu tamaño varía en función da actividade da célula e do tamaño que esta presente. En células moi activas adoita ser
grande. Para cada tipo de célula existe unha relación nucleoplasmática (RNP) entre o volume nuclear e o volume
citoplasmático que se mantén constante. Por debaixo dese valor indúcese a división celular.

A maioría das células presentan un só núcleo pero existen excepcións: sincitio (desaparecen as membranas entre células como
nas musculares), plasmodios (varias divisións nucleares sen división do citoplasma), células anucleadas (eritrocitos maduros,
células do floema), paramecios (un micronúcleo e un macronúcleo).

A forma do núcleo depende da célula e do momento do


ciclo celular, da idade da célula... Normalmente o
núcleo interfásico é ovoide ou esférico (hai excepción
como nos glóbulos brancos que é arrosariado). Cando a
célula comeza a súa división, desaparecen todas as
estruturas do núcleo interfásico e a cromatina
condénsase en cromosomas.

Envoltura nuclear: similar á membrana plasmática. A súa capa externa presenta un gran número de ribosomas na súa cara
externa. Está en comunicación co retículo endoplasmático rugoso e pode realizar as mesmas funcións ca él. A cara interna
posúe proteínas de membrana que serven de ancoraxe para as proteínas da lámina fibrosa. Esta envoltura nuclear está
perforada polos poros nucleares (maior número canto maior é actividade celular). Están formados por proteínas (complexo do
poro nuclear). A súa función principal é regular o paso de subunidades ribosómicas e de proteínas de pequeno tamaño. As
funcións da envoltura nuclear son:
‐ Separar nucleoplasma de citoplasma
‐ Regular o intercambio de substancias a través dos poros
‐ Intervir na constitución dos cromosomas antes da división celular (grazas ás zonas de ancoraxe)
‐ Participar na distribución das masas de cromatina no novo núcleo.

3
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
Cromatina: ADN unido a histonas só visible durante a interfase. Falamos de eucromatina cando se descondensa complemente
durante a interfase e de heterocromatina cando non se descondensa.
Cando a célula se vai dividir comeza a empaquetarse e compactarse ata formar os cromosomas. Estes son estruturas en forma
de bastóns que levan e transmiten os caracteres hereditarios.
Partes do cromosoma metafásico: (A) A
Segundo a lonxitude dos brazos clasificamos aos cromosomas con: (B)
B

Recordar conceptos: cariotipo, cromosomas homólogos, cromátidas irmás, haploide, diploide, cromosomas autosómicos ou
sexuais, número de dotación cromosómica dos humanos (23 pares: 1 par sexual o X/Y e 22 autosómicos.

Nucleolo: corpúsculo esférico sen membrana (pode haber máis de un) que só se visualiza durante a interfase (podemos
observalo ao MO). Está constituido fundamentalmente por ADN, ARN e proteínas. Os seu ADN codifica sobre todo para ARNr
(zonas dos cromosomas con ADN que codifica para ARNr = rexións organizadoras nucleares). Ademáis é o lugar de ensamblaxe
das proteínas ribosómicas e o ARNr para formar as subunidades ribosómicas.
Nucleoplasma: dispersión coloidal (xel) cunha rede de proteínas fibrilares que permiten manter fixos a cromatina e o nucleolo.
Nel atópanse a maior parte do ADN celular, unha cantidade variable de ARN e numerosas proteínas. Neste medio interno
prodúcense a síntese e o empaquetamento dos ácidos nucleicos e dos nucleótidos de ARN e ADN.
Lámina fibrosa (ou nuclear): capa densa de proteínas fibrilares unida á capa interna do núcleo que fixan a cromatina e están
relacionadas coa formación dos poros.

4‐ FORMAS DE ORGANIZACIÓN CELULAR


Todas as células están formadas polos seguintes elementos: membrana plasmática, citoplasma, material xenético e ribosomas.
Segundo a sua organización podemos falar de dous tipos principais de células: a procariota e a eucariota. A principal diferenza é
que a procariota non ten unha envoltura que separe o material xenético do citoplasma: non presenta núcleo.

4
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
CÉLULA PROCARIOTA (“REINO MONERAS”)
Membrana plasmática: envoltura que rodea ao citoplasma. Está formada por unha bicapa de fosfolípidos atravesada por
proteínas moi semellante á das eucariotas pero sen colesterol. Nela aparecen uns repliegues denominados mesosomas que
permiten aumentar a superficie da membrana. Serven de ancoraxe para o ADN bacteriano e interveñen na división celular.
Ademáis neles se atopan diferentes enzimas que participan na respiración celular e noutros procesos metabólicos (como a
fotosíntese nas bacterias fotosintéticas).

Esquema da célula procariota

Citoplasma: espacio dentro da membrana plasmática moi sinxelo pois


carece de case todos os orgánulos atopándose só un grande número
de ribosomas (nalgúns casos carboxisomas, clorosomas ou vacúolos
de gas). Contén inclusión cristalinas sen membrana, substancias de
reserva, gotas lipídicas, enzimas e outras proteínas. A rexión do
citoplasma onde se atopa o ADN bacteriano (un cromosoma, ADN
bicatenario e circular) denomínase nucleoide (sen membrana).
Algunhas bacterias presentan ADN extracromosómico denominado
plásmido. Son fragmentos circulares de ADN prescidibles para a célula
pero que codifican para determinados caracteres que aportan un
beneficio á bacteria como por exemplo a resistencia aos antibióticos
ou outras substancias tóxicas.

Pilis: permiten unir a bacteria a unha superficie para realizar a conxugación (intercambio de ADN).

Fimbrias: estruturas ocas e tubulares que fixan a bacteria ao substrato.

Cilios ou flaxelos: permiten o desplazamento da bacteria.

Parede celular bacteriana: estrutura ríxida e resistente rodeando á membrana plasmática (na maioría das bacterias). Está
composta de polisacáridos e péptidos (mureína) e segundo a súa estrutura e composición concreta podemos distinguir dous
grupos de bacterias: as Gram + e as Gram ‐:

‐ Gram positivas: parede grosa monoestratificada de peptidoglicanos.


‐ Gram negativas: parede máis delgada e complexa; bicapa: unha capa de peptidoglicanos por baixo e por riba unha
membrana externa. Son resistentes á penicilina e as lisozimas.

5
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO

A parede bacteriana pódese recoñecer mediante a tinción Gram. As positivas tínguense de cor azul e as negativas de cor vermello.
Resumimos o proceso nos seguintes pasos:

‐ Tínguense todas as bacterias de cor violeta (+ e ‐)


‐ Logo engadimos Lugol; as + únense moito ao Lugol e as – moito menos.
‐ Engadimos alcohol. As + están tan “unidas” ao Lugol que apenas se decoloran. As – decolóranse polo alcohol.
‐ Engadimos safranina. As + seguen de azul e as – que estaban decoloradas tínguense agora de vermello.

Cápsula: non aparece en todas as bacterias. Está formada por polímeros glicídicos e é capaz de reter auga, permitir a adherencia
entre bacterias e impide a acción fagocítica doutras células polo que ten unha función defensiva.

Formas: coco, bacilo, Vibrio e espirilo

‐ Nutrición moi variada


‐ Algunhas poden formar esporas de resistencia (endosporas) cando as condicións do medio son adversas.
‐ Reprodución: asexualmente por bipartición. Poden intercambiar material xenético: transformación, conxugación e
transdución.

(O reino moneras será explicado con maior profundidade na 3ª avaliación)

CÉLULA EUCARIOTA
Pénsase que a vida xurdiu hai máis de 3800 ma. Nas hipóteses máis clásicas a vida xurdiu na Terra no interior de mares e lagos
pero existen máis teorías, como a que sitúa a orixe da vida fora no noso planeta (teoría da Panspermia), ou que está asociada a
substratos arxilosos que actuaron como catalizadores para formar moléculas orgánicas (teoría Cairns‐Smith).

Ainda seguen existindo preguntas sobre o tema: como se formaron as primeiras moléculas?, como se uniron e formaron as
macromoléculas? Como se gardaba/almanecaba a información xenética?... Unha das hipótesis máis apoiadas é a de Oparin, que
foi confirmada experimentalmente por Miller: moléculas inorgánicas poden formar sinxelas moléculas orgánicas se son sometidas
ás condicións que se supoñen existían nas primerias etapas do noso planeta Terra. O esquema da evolución celular sería o
seguinte:

‐ Moléculas inorgánicas en determinadas condicións poden formar biomoléculas (demostrado por Miller)
‐ Houbo de aparecer unha molécula capaz de autorreplicarse (podería sintetizar novas copias de si mesma). Pénsase que foi o
ARN a primeira molécula capaz de facelo (ribozimas).
‐ Primeiras células formadas por ARN arrodeado por unha membrana de fosfolípidos.
‐ Traspaso da información xenética ao ADN (máis estable e eficaz, menos erros).
‐ Proxenota: antepasado común de todos os organismos capaz de replicarse, de facer a transcripción e tradución.
‐ 1º proceso: fermentación: pouca enerxía e libera CO₂ a partir de materia orgánica preexistente.
‐ 2º proceso: cando empezou a esgotarse a materia orgánica = alternativa: a fotosíntese.
6
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
‐ Comezou a produción de osíxeno que se empezou a acumular e formouse a capa de ozono (vida xa foi posible fora da auga).
‐ 3º proceso: respiración celular. Máis eficaz e consume osíxeno (moi perigoso)
‐ Como se produzo o paso dos urcariotas ao eucariotas? Segundo o rexistro fósil foi hai un 1500 ma. As células tiveron que
aumentar de tamaño, posuir máis invaxinacións, máis orgánulos… como???

TEORÍA ENDOSIMBIÓTICA:

Lynn Margulis propón en 1967 esta teoría segundo a cal unha célula urcariota sen parede e con invaxinacións aumentou de
tamaño. As invaxinacións arrodearon ao ADN e deron lugar a un núcleo e retículo endoplasmático primitivos (célula eucariota).
Posteriormente unha célula con núcleo fagocitou a outra urcariota e non chegou a dixerila senón que as dúas células se viron
favorecidas e acadaron unha relación de simbiose (“endosimbiótica”). Os flaxelos puideron xurdir de espiroquetas incluidas na
urcariota que en lugar de ser fagocitadas quedaron na célula mellorando a súa motilidade. Dunha maneira semellante, por
endocitose, xurdirían as mitocondrias e cloroplastos. As mitocondrias se formarían ao ser englobada unha bacteria heterótrofa
con respiración aerobia sen ser dixerida. Así a “mitocondria” beneficiaríase dun ambiente estable e a célula que a incorporou
benefíciase da enerxía liberada. Os cloroplastos xurdirían de maneira semellante ao fagocitar unha célula eucariota a unha bacteria
fotosintética.

Algunhas das probas que apoian esta teoría son:

‐ Cloroplastos e mitocondrias teñen tamaños semellantes ás bacterias


‐ Teñen dobre membrana
‐ Ambos teñen no seu interior ADN circular e ribosomas
‐ Os ribosomas dos cloroplastos e mitocondrias son máis parecidos aos das células procariotas (70S, son máis pequenos)
‐ Ambos poden dividirse por bipartición como o fan as bacterias.

Posteriormente as células eucariotas puideron formar colonias e nelas comezar a especializarse (diferenciación celular) algunhas
das súas células. Esta especialización aumentaría ata chegar a formar liñas celulares e se produciría a aparición dos seres
pluricelulares (tecidos, órganos, sistemas…).

DIFERENZAS ENTRE CÉLULAS PROCARIOTAS E EUCARIOTAS

DIFERENZAS ENTRE CÉLULAS ANIMAIS E VEXETAIS

7
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
5‐ MEMBRANAS CELULARES. TRANSPORTE A TRAVÉS DE MEMBRANA
MEMBRANA PLASMÁTICA
A membrana plasmática é unha fina película de 75 A de espesor que rodea á célula e a separa do medio externo.

A súa estrutura segundo o modelo de mosaico fluido (Singer e Nicholson, 1972) está constituída por unha dobre capa de lípidos
(anfipáticos, micela bicapa) á cal se asocian proteínas total ou parcialmente englobadas nela. Todas as moléculas poden moverse.

‐ Lípidos: fosfolípidos e glicolípidos. Os lípidos poden


moverse por difusión lateral, rotación, flip‐flop, flexión. O
colesterol sitúase entre eles e aporta estabilidade á
membrana.

‐ Proteínas: dispostas de forma que os radicais hidrófilos (polares) quedan fóra da membrana e os radicais hidrófobos
(apolares) están en contacto coas partes lipófilas da membrana. Moitas proteínas están unidas a oligosacáridos formando
glicoproteínas. Falamos de proteínas integrais cando se atopan total o parcialmente integradas na membrana; se a
atravesan totalmente denominámolas proteínas transmembranas; e proteínas periféricas cando non atravesan a bicapa
senón que sobresaen por unha da caras. Cando as proteínas están unidas por enlaces débiles e se poden illar con
facilidade falamos de proteínas extrínsecas. Cando pola contra, para extraelas se necesitan procedementos drásticos que
rompen a membrana falamos de proteínas intrínsecas. As proteínas tamén teñen certa capacidade de movemento:
difusión lateral e rotación.
‐ Glícidos: oligosacáridos unidos covalentemente a lípidos ou proteínas (glicolípidos e glicoproteínas). Están so na cara
externa da membrana, polo que a súa localización é asimétrica. Nalgunhas células a súa cantidade é maior e recibe o
nome de glicocálix.

Esquema bicapa lipídica segundo o modelo do mosaico fluido

8
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
 As propiedades da membrana plasmática son: fluidez e asimetría.
‐ A fluidez débese como falamos á capacidade de movemento dos seus componentes que fan que sexa unha estrutra moi
dinámica. Isto permite que a membrana se poida reparar, fusionarse con outra membrana, e os procesos de endocitose
e exocitose. a fluidez depende principalmente de: temperatura, insaturacións das cadeas de ácidos graxos e fosfolípidos,
lonxitude das cadeas, presenza en maior ou menor medida do colesterol.
‐ A asimetría débese fundamentalmente a que os oligosacáridos só están na cara externa polo que non é simétrica a ambos
lados.
‐ Permeabilidade selectiva

 Funcións da membrana plasmática


‐ Delimita a célula
‐ Permite o intercambio selectivo de substancias
‐ Intervén no recoñecemento de sinais extracelulares e transmiten a información ao interior celular (hormonas, fartores
de crecemento…)
‐ Produce gradientes electroquímicos: crean diferenzas de carga ou de concentración de ións a ambos lados da membrana
(bombas sodio‐potasio)
‐ Intervén en procesos de recoñecemento (proteínas e glicoproteínas son antíxenos capaces de provocar respostas do
sistema inmune) e adhesividade celular (unións estreitas, desmosomas..)
‐ Intervén na división celular (citocinese)

TRANSPORTE A TRAVÉS DE MEMBRANAS


O transporte das substancias a través da membrana depende fundamentalmente da natureza e do tamaño das substancias a
transportar:

1. TRANSPORTE DE MOLÉCULAS DE POUCA MASA MOLECULAR:


1.1. TRANSPORTE PASIVO: efectúase a favor de gradiente de concentración,
sen consumo de enerxía (de onde hai máis moléculas a onde hai menos).
Pode realizarse de dúas maneiras:

a) DIFUSIÓN SIMPLE: así son transportadas pequenas moléculas como gases (CO, O), benceno, etanol, urea… Atravesan
directamente a bicapa lipídica. Son moléculas sen carga ou con carga neta cero.
b) DIFUSIÓN FACILITADA: así son transportadas moléculas polares como glicidos, nucleótidos, aminoácidos…
empréganse proteínas (permeasas): ou proteínas “carriers” (para cada molécula hai un transportador diferente) que
son selectivas, recollen a molécula a transportar e sofren un cambio conformacional liberándoa ao outro lado da
membrana; ou proteínas canle que permiten o paso de iones de pequeno tamaño cando se abren (adoitan estar
pechadas).

a) b)

9
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
1.2. TRANSPORTE ACTIVO: realízase en contra de gradiente de concentración (ou electrónico) e con gasto de enerxía (hidrólise
de ATP). Emprega proteínas especializadas denominadas bombas. O exemplo máis coñecido é a bomba Na/K: é unha
proteína transmembranosa que bombea Na+ cara ao exterior da célula e K+ cara o interior grazas a súa actividade ATP‐asa.
Por cada molécula de ATP bombea 3 Na+ ao exterior e 2 K+ ao interior permitindo manter o exterior da membrana positivo
respecto ao medio interno. É necesaria para a propagación das sinais eléctricas nos nervios e músculos, axuda tamén a
regular o volumen celular, e no transporte de outras moléculas como a glicosa.

2. TRANSPORTE DE MOLÉCULAS DE ELEVADA MASA MOLECULAR: (hai deformacións da membrana)


‐ ENDOCITOSE: introdúcense substancias dentro da célula a través de invaxinacións da membrana grazas a formación de
vesículas membranosas (pérdese membrana plasmática). En moitas ocasión é a clatrina (proteína filamentosa) quen
induce o inicio da endocitose. Cando son substancias sólidas denomínase fagocitose e se son substancias líquidas
pinocitose. Incluso pode ser mediada por receptor (permite a entrada selectiva de moléculas nas células empregando
receptores específicos).

‐ EXOCITOSE: mecanismo de expulsión de macromoléculas grazas á fusión da


membrana da vesícula que os contén coa membrana plasmática (auméntase a
superficie de membrana plasmática). Moitas teñen a súa orixe no aparello de Golgi.

‐ TRANSCITOSE: cando unha substancia atravesa a célula desde unha das caras
ata a outra (como nos epitelios dixestivos ou endotelios capilares sanguíneos).

DIFERENCIACIÓNS DAS MEMBRANAS


As células dos organismos pluricelulares soen estar especializadas e están unidas entre elas formado tecidos. Para iso a membrana
presenta unhas adaptacións específicas como micropeluxes (como nas células intestinais), invaxinacións (células do túbulo
contorneado do ril) ou estruturas de unión para permanecer unidas unhas a outras. Entre estas estruturas destacamos:

‐ Unións estreitas ou de oclusión: zonas de unión moi fortes e impermables. Axudan a controlar o paso de nutrientes polo
camino axeitado (células intestinais ou cardiacas).
‐ Unións adherentes: aparecen en tecidos sometidos a tensión mecánicas. Destacamos os desmosomas (unións puntuais
entre dúas células) e os hemidesmosomas (unións puntuais entre células e a matriz ou lámina basal).

10
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
‐ Unións comunicantes: deixan pequenos espazos intercelulares que poden ser atravesados por pequenas moléculas. Os
máis coñecidos son os de tipo GAP proteínas transmembrana que atravesan as membranas de dúas células vecinas e
permiten que os citoplasmas están comunicados sen deixar espazos intercelulares. Producen respostas coordinadas das
células como na sincronización do tecido cardíaco.

DESMOSOMAS UNIÓNS DE OCLUSIÓN TIPO GAP

6‐ COMPOÑENTES EXTRACELULARES: PAREDE CELULAR E GLICOCÁLIX


PAREDE CELULAR: é unha cuberta grosa e ríxida que rodea a membrana plasmática das células vexetais (tamén existe en
bacterias e fungos). Está formada por celulosa e outros polisacáridos (hemicelulosa e pectina) así como por glicoproteínas,
auga e sales minerais. A celulosa é secretada pola célula e se vai dispoñendo en capas. Primeiro fórmase a lámina media (rica
en peptina) que é quen separa as dúas células fillas tras a división. Posteriormente segrégase a parede primaria (grosor
variable), e nas células que deixan de medrar, se secreta a terceira capa denominada parede secundaria moi grosa e
compacta (diferentes subcapas dispostas en diferentes dirección). As funcións da parede celular son darlle forma e rixidez á
célula e impedir a rotura celular debido a alta presión osmótica existente.

A matriz pode estar impregnada de diferentes substancias como lignina, suberina, sílice… Cando queda completamente
“impermeabilizada” é necesario a presenza duns orificios denominados plasmodesmos que permiten a comunicación entre
células veciñas, ou das punteaduras (depresións das paredes secundarias)

11
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
GLICOCÁLIX: é a matriz extracelular das células animais. Está consituída por unha substancia amorfa nas que se atopan
proteínas fibrosas, polisacáridos e glicoproteínas estruturais. As proteínas máis importantes son o coláxeno (resistencia), a
elastina (elasticidade) e fibronectina (adhesión entre células). É moi abundante en tecidos conectivos; pode acumular sales de
calcio (ósos), quitina (exosesqueleto de artrópodos)… as súas funcións son:
‐‐ permite a cohesión celular (que as células se manteñan unidas).
– confíreles aos tecidos resistencia ante esforzos mecánicos, de tracción ou compresión (tendóns, arterias…).
– permite a difusión e o intercambio de substancias entre células.
– Interven no recoñecemento celular (antíxenos) e en actividades metabólicas.

7‐ CITOSOL E ESTRUTURAS NON MEMBRANOSAS DA CÉLULA


CITOSOL/HIALOPLASMA: é o líquido interno do citoplasma, ocupando o espazo situado entre a membrana plasmática a
envoltura nuclear e as membranas dos diferentes orgánulos. Está formado por auga (85%), moléculas disoltas formando
unha dispersión coloidal: proteínas, ARNs, aminoácidos, glícidos, nucleótidos, lípidos e unha grande cantidade de sales
minerais disoltos. Nel están as proteínas que forman o citoesqueleto e os ribosomas e inclusión. As súas funcións son:
‐ Ser o medio interno da célula
‐ Regula o pH celular
‐ É o lugar onde se realizan unha grande cantidade de reaccións metabólicas (gliconeoxénese, glicólise, activación de
aminoácidos, fermentacións…).

CITOESQUELETO: é unha rede tridimensional de filamentos proteicos cunha función esquelética. Fórmanse pola
polimerización de diversas proteínas. É unha estrutura cambiante e segundo a célula o precisa prodúcese a polimerización
ou despolimerización dos mesmos.
Existen 3 tipos fundamentais:

‐ Microfilamentos o filamentos de actina: de menor diámetro (uns 7nm), delgados e flexibles. Para
polimerizarse/despolimerizarse encesitan o ión Ca+2. As súas funcións son:
 Intervir na contracción muscular xunto coa miosina
 Intervir na formación dos pseudópodos
 Formar a micropilosidades intestinais
 Formar o anel contráctil na citocinese animal
 Darlle forma á célula
‐ Filamentos intermedios: (8‐10 nm) grosor intermedio. Están formados por diferentes tipos de proteínas (a máis
abundante a queratina). Contribuen a darlle forma á célula e realizan funcións estruturais: evitar roturas na zonas
sometidas a esforzos mecánicos. Abundan nas prolongacións nerviosas, musculares e epiteliais. (curiosidade: por exceso
ou defecto son responsables de algunhas patoloxías como esclerose lateral amiotrófica, hiperqueratose, cardiopatías
conxénicas…).
‐ Microtúbulos: son os de maior tamaño (25nm diámetro), máis ríxidos e ocos. Están formados por tubulina (proteína) e
son dinámicos (fórmanse e desfanse con moita facilidade). Poden formar estrutura estables (citoesqueleto, flaxelos…) ou
estruturas de curta duración (pseudópodos, fuso acromático…). As súas funcións son:
 Axudar a manter a forma e organización celular (citoesqueleto).
 Transportar pigmentos e orgánulos segundo as necesidades da célula.
 Constitúen os centriolos (interven na división celular xerando o fuso mitótico; “moven” os cromosomas)
 Forman os cilios e flaxelos (movemento celular).
12
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO

CENTROSOMA: corresponde á zona onde se atopa o centro organizador de microtúbulos. Hai


dous tipos de centrosoma segundo presente ou non centriolos. Os centrosomas con centriolos
atópanse en células de animais, algas e protozoos e os centrosomas sen centriolos atópanse en
células de vexetais e nas dos fungos (onde só hai centro de organización de microtúbulos).

Agora describimos o centrosoma con centriolos; está formado por:

‐ Diplosoma: dous centriolos perpendiculares


entre si. Cada un deles está formado por 9
tripletes de microtúbulos.
‐ Material pericentriolar: é o centro organizador
de microtúbulos.
‐ Fibras de áster: conxunto de microtúbulos radiais
que saen do material pericentriolar.

As súas funcións son:

 Intervén na orixe de cilios e flaxelos (a súa base é idéntica a un centriolo): desprazamento celular.
 Organiza aos microtúbulos celulares (citoesqueleto); crecen desde aí cara á periferia da célula.
 Participa na formación do fuso mitótico: axuda a dirixir os cromosomas cara ós extremos da célula na mitose.

CILIOS E FLAXELOS: (undulipodios): son prolongacións


móviles da membrana plasmática constituídas por
microtúbulos. Os dous presentan o mesmo grosor pero os
cilios son máis cortos e numerosos, e os flaxelos son máis
longos e normalmente atópanse nun número reducido. A súa
función é mover ou a célula ou o líquido que a rodea.

13
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
RIBOSOMAS: son orgánulos sen membrana presentes en todas as células (excepción como por exemplo: ausentes nos
espermatozoides maduros). Están formados por varios tipos de proteínas asociados a ARNr (50% proteínas e 50% ARNr)
provintes do nucleolo e a súa función é participar na síntese de proteínas. Están formados por dúas subunidades: unha
grande e unha pequena que se atopan separadas excepto no momento en que levan a cabo a traducción das proteínas.
Os que aparecen nas células procariotas, nas mitocondrias e nos cloroplastos son máis pequenos que os que aparecen na
célula eucariota. Nestas podemos atopalos: dispersos no citoplasma (sós ou unidos entre si e ao ARNm), adheridos á
membrana externa nuclear ou á do RER (grazas as riboforinas, proteínas), no estroma do cloroplasto e na matriz mitocondrial.

INCLUSIÓNS: son depósitos sen membrana produtos da actividade metabólica celular. Poden ser de reserva (gránulos de
lípidos ou glícidos), pigmentos (melanina, hemoglobina…) ou cristais (como os de oxalacetato cálcico nas plantas).

MATRIZ EXTRACELULAR: É un elemento propio das células animais.


Serve como nexo de unión e mantén unidas ás células que forman os
tecidos e órganos. Está composta por unha substancia fundamental
amorfa (estrutura xelatinosa de glicoproteínas hidratadas) e unha fina
rede de fibras proteicas: de coláxeno (resistencia), elastina (elasticidade)
e fibronectina (adhesión). É especialmente abundante nos tecidos
conectivos e pode acumular diferentes tipos de depósito de sales: de
calcio (ósos), quitina (exoesqueleto de artrópodos)…

8‐ ORGÁNULOS MEMBRANOSOS
A orixe do sistema de endomembranas (orgánulos cunha soa membrana) está en invaxinacións da membrana plasmática
permitindo que haxa compartimento pechados nos que determinados enzimas poden actuar óptimamente. Ademáis estos
orgánulos están relacionados entre si mediante vesículas que se evaxinan duns e se fusionan con outros.

RETÍCULO ENDOPLASMÁTICO: sistema membranoso formado por un conxunto de cisternas, sáculos, túbulos e vesículas
comunicados entre si e coa membrana nuclear externa. Este sistema determina un único espazo interno (luz ou lumen). Segundo
teña ou non ribosomas adheridos podemos diferenciar dous retículos:

RETÍCULO ENDOPLASMÁTICO RUGOSO: retículo con ribosomas adheridos a súa


cara externa formado principalmente por cisternas aplanadas. Posúe proteínas
canle para a entrada de proteínas sintetizadas no seu interior. Está comunicado
co REL e coa membrana externa do núcleo. A súa extensión depende da
actividade celular (maior canta máis actividade). As súas funcións son:
‐ Síntese, almacenamento e distribución de proteínas (proteínas de membrana, de
secreción, lisosomiais…).
‐ Intervén na modificación de proteínas: glicoxilación (engadir glícidos ás proteínas
formadas).

14
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
A síntese comeza no citosol ao unirse o ARNm co ribosoma. A medida que se vai traducindo vai entrando na luz de retículo.

RETÍCULO ENDOPLASMÁTICO LISO: retículo non asociado a ribosomas. Está


constituído principalmente por túbulos. As súas funcións son:
‐ Síntese, almacenamento e transporte de lípidos de membrana (fosfolípidos,
glicolípidos, colesterol).
‐ Detoxificación: os produtos tóxicos liposolubles son metabolizados polo REL
de células do fígado para transformalos en hidrosolubles e eliminalos polos
ouriños).´
‐ Contracción muscular (regula a concentración de Ca+2 no citosol).
‐ Glicoxenolise

APARELLO DE GOLGI (complexo de Golgi): orgánulo moi desenvolto en células con actividade secretora. Está formado por un
conxunto de 5‐8 cisternas (dictiosoma) e as vesículas asociadas (de transición, de transporte ou de secreción). O dictiosoma
presenta dúas caras: a cara cis próxima ao RER e a cara trans orientada cara á membrana plasmática. Está relacionado con outros
orgánulos como o retículo, os lisosomas e peroxisomas. As funcións do A. Golgi son:
‐ Almacenamento e transporte de substancias procedentes do RE.
‐ Maduración, acumulación e secreción de proteínas (as proteínas do RER que xa levaban algúns oligosacáridos terminan
aquí o proceso de maduración).
‐ Glicoxilación de lípidos e proteínas
‐ Formación de lisosomas primarios
‐ Secreción de substancias cara á matriz extracelular, membrana
plasmática, parede celular (forman o fragmoplasto)…
‐ Síntese de polisacáridos (pectina, hemicelulosa..)
‐ Formación do acrosoma do espermatozoide.

15
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO

LISOSOMAS: son orgánulos exclusivos das células animais procedentes


do aparello de Golgi que conteñen enzimas hidrolíticos que funcionan
como enzimas dixestivos (diferentes tipos: fosfatasa ácida, lipasa,
carboxipeptidasa…) que dixiren a materia orgánica. Teñen un pH óptimo
ácido (pH 3‐6) o que constitúe unha protección para o contido do
citoplasma (pH 7) en caso de rotura da membrana lisosómica. Para que
este pH ácido se manteña é necesario a acción das bombas de protóns
que fan o transporte activo. No interior da membrana do lisosoma hi un
recubrimento de glicoproteínas que protexen a membrana da
autodegradación. A función do lisosoma é principalmente facer a
dixestión celular (degradan o material captado por pinocitose ou
fagocitose). Cando o material que é necesario dixerir provén do interior
celular falamos de autofaxia (metamorfose, zonas lesionadas…). Cando
o material provén do exterior da célula denomínase heterofaxia.
Ademáis tamén teñen función defensiva (destrucción de
microorganismos como virus ou bacterias mediante enzimas
hidrolíticos); no acrosoma dos espermatozoides atopamos un lisosoma
primario.
Existen dous tipos de lisosomas:
‐ Lisosomas primarios: pequenos e homoxéneos,
electrodensos; no sou interior só hai enzimas
dixestivos. Son moi escuro ao ME.
‐ Lisosomas secundarios: cando se une un lisosoma
primario cunha vesícula con material para dixerir.
Contido heteroxéneo. Cando quedan algúns
metabolitos sen dixerir os denominados corpos
residuais.

PEROXISOMAS: orgánulos cunha estrutura moi semellante aos lisosomas. Están cheas de enzimas oxidativos (como oxidadasa
e catalasa) empregados en diferentes rutas metabólicas. O máis abundate é a catalasa que descompón o peróxido de hidróxeno
(H₂O₂) en auga. Moitas das reacción dos peroxisomas prodúcense a partir de produtos obtidos nas mitocondrias e cloroplastos
por iso hai unha relación estreita entre eles. As funcións dos peroxisomas son:
‐ Detoxificación: abundantes nas células do fígado e do ril. A catalasa neutraliza a H₂O₂, radicais libres e outras substancias
tóxicas (fenois, formaldehido, etanol…). Controlan os niveis de osíxeno.
‐ Degradación de ácidos graxos (nalgúns organismos prodúcense exclusivamente nas mitocondiras pero noutras especies
comeza nos peroxisomas e despois van á mitocondria onde rematan a súa degradación).
‐ Interveñen na síntese dalgúns lípidos como o colesterol (ruta alternativa)
‐ Nas plantas: os glioxisomas son un tipo de peroxisoma capaces que
transformar ácidos graxos en azúcares nas células das sementes durante
a xerminación (importante para o desenvolvemento do embrión ata que
pode realizar a fotosíntese). Nas follas participan na fotorrespiración.

VACUOLOS: orgánulos citoplasmáticos rodeados de membrana e cunha porcentaxe importante de auga no seu interior. Nas
células animais son pequenas e denomínanse vesículas; nas células vexetais maduras son maiores podendo chegar a ocupar o 90%
do volumen celular; a súa membrana denomínase tonoplasto. A función dos vacuolos é acumular diferentes substancias. Existen
vacuolos contráctiles (acumulan auga en microorganismos que viven en medios hipotónicos evitando a súa lise por ósmose),
vacuolos dixestivos (vesículas que se incorporan por endocitose para ser dixeridas polos lisosomas) … Os vacuolos das células
vexetais teñen diferentes funcións: contribuir a turxescencia celular, almacenar nutrientes, pigmentos ou substancias de refugallo,
levar a cabo reaccións metabólicas (similar aos lisosomas das células animais).

16
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
MITOCONDRIAS: son orgánulos das células eucariotas aeróbicas que realizan a respiración celular obtendo enerxía en forma
de ATP (a enerxía resultante das oxidacións porducidas nos lisosomas, peroxisomas e glioxisomas disípase en forma de calor, non
se emprega para obter ATP) . As mitocondrias son máis abundantes canto maior sexa a actividade da célula (abundan en ovocitos,
hepatocitos, células musculares...; pode haber ata 2000 mitocondrias nunha célula). O conxunto de mitocondrias dunha célula
denomínase condrioma. Son estruturas plásticas que poden cambiar de aspecto, fusionarse, dividirse por bipartición (de forma
independiente á división celular). O ADN mitocondrial é exclusivo da liña materna polo que pode empregarse para facer estudios
filoxenéticos. Recordar a orixe das mitocondrias (teoría endosimbiótica): orixináronse a partir de procariotas aerobias fagocitadas
por unha célula eucariota primitiva estableciéndose unha simbiose entre elas.

Son visibles ao microscopio óptico e observadas ao ME diferenciamos a seguinte ultraestrutura:


‐ Membrana mitocondrial externa: similar á membrana plasmática. Moi permeable
e con moitas proteínas (porinas: proteínas transmembrana en forma de canle que
permiten o paso de moléculas grandes).
‐ Membrana mitocondrial interna: moi replegada formando as crestas
mitocondriais que permiten aumentar moito a súa superficie. Apenas teñen
colesterol (como nas bacterias) e é impermeable aos ións. Aquí sitúanse as ATP‐
sintetasas (ATPasas que forman o ATP) e os citocromos da cadea respiratoria.
‐ Espazo intermembrana: semellante ao citosol pero cun pH máis ácido.
‐ Matriz mitocondrial: medio interno acuoso (50% de auga) que contén ribosomas (mitorribosomas, máis pequenos que os do
citosol), ADN circular, ARN, enzimas implicadas na síntese de ARN e ADN e en proceso metabólicos…

A función principal da mitocondria é facer a respiración celular para obter enerxía en forma de ATP. Ademáis nelas se
realizan os seguintes procesos:

Funcións concretas da matriz mitocondrial:

‐ Beta‐oxidación dos ácidos graxos (xera poder redutor e Acetil‐CoA).


‐ Descarboxilación oxidativa do ácido pirúvico (xera poder redutor e Acetil‐CoA)
‐ Ciclo de Krebs (xera CO₂ e enerxía)
‐ Síntese de proteínas/ ARN/ ADN mitocondriais
‐ Almacenaxe de substancias: proteínas, lípidos, colorantes, ferro, calcio…

Funcións concretas da membrana mitocondrial interna:

‐ Levar a cabo a fosforilación oxidativa (formar ATP): o poder reductor doa electróns permitindo a creación dun gradiente
electroquímico para xerar o ATP.
‐ É onde se realiza a cadea de transporte electrónico: os electróns van “saltando” a niveis de menor enerxía e a enerxía
liberada é empregada para a síntese de ATP.

PLASTOS: os plastos son orgánulos que aparecen en células eucariotas que realizan a fotosíntese (vexetais e algas). Existen
diferentes tipos: os plastos xuvenís precursores do resto denomínanse proplastos; cromoplastos (con pigmentos; os máis

17
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
descatados son os cloroplastos con clorofila); leucoplastos (sen pigmentos) que poden ser amiloplastos, oleoplastos ou
proteoplastos. Debido a súa importancia explicamos en profundidade os cloroplastos.

CLOROPLASTOS: atópanse en células vexetais fotosintéticas e conteñen clorofila (cor verde). Nos vexetais superiores poden
chegar a ser moi numerosos (ata 30‐40 por célula) pero nas algas e plantas inferiores soen ser grandes e menos numerosos (1‐2
por célula).
Ainda que o tamaño e forma é variable soen presentar forma ovoide. Pódense ver ao microscopio óptico e ao ME presenta a
seguinte ultraestrutura:

‐ Membrana (plastidial) externa: semellante á membrana plasmática.


Moi permeable (porinas).
‐ Membrana (plastidial) interna: prácticamente impermeable
(proteínas transportadoras). Sen colesterol nin crestas.
‐ Espacio intermembrana: semellante ao citosol.
‐ Membrana tilacoidal: presenta pigmentos (os máis abundantes as
clorofilas e carotenos). Ten un papel semellante á membrana
mitocondrial interna pois posúe tamén proteínas transportadoras de
electróns e ATP sintetasas.
‐ Espazo tilacoidal: solución acuosa de pH baixo.
‐ Estroma: solución acuosa de pH elevado que posúe ADN cloroplástico (bicatenario, circular) plastorribosomas, inclusión
(amidón, aceites..), e enzimas implicados no metabolismo fotosintético como a RUBISCO (enzima máis abundante da
natureza) e enzimas implicadas na replicación, transcripción e tradución do ADN do cloroplasto.
‐ Tilacoides: sáculos aplanados que poden ser de estroma (alongados) ou de grana (pequenos e amoreados sobre os de
estroma).

FUNCIÓNS:
1‐ FOTOSÍNTESE: a partir da luz e do CO₂ as plantas e algas forman a materia orgánica e O₂.
Diferenciamos dúas fases:
‐ Luminosa: sucede na membrana dos tilacoides. Necesita luz e pigmentos fotosintéticos. Fórmase ATP e poder redutor.
‐ Oscura: no estroma. Independente da luz. Prodúcese a fixación do CO₂ao unilo a unha molécula orgánica (ciclo de Calvin)
grazas á RUBISCO.
2‐ Síntese de proteínas dos cloroplastos e replicación do seu ADN.
3‐ Biosíntese de ácidos graxos no estroma
4‐ Redución de nitratos a nitritos.

A formación dos cloroplastos pode ser por división dun xa existente (depende da luz que reciba a célula) ou pode
producirse unha xénese inicial como nos brotes dos talos ou raíces; existen os denominados protoplastos que poden
dar lugar a diferentes tipos de plastos segundo as necesidades das células (necesítase luz).
Segundo a teoría endosimbiótica os cloroplastos proveñen de cianobacterias fagocitadas por unha célula eucariota
primitiva que quedou en simbiose en vez de ser dixeridas.
18
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
SELECTIVIDADE: A CÉLULA – MEMBRANAS – MITOSE E MEIOSE

2010
2‐ No interior celular pódense atopar os seguintes orgánulos: núcleo, ribosomas, aparato de Golgi, retículo
endoplásmico liso, lisosomas, cloroplastos e mitocondrias. Indica a función principal de cada un dos orgánulos
citados. Cales deles poderían estar presentes nas células procariotas? Cales deles conteñen ácidos nucleicos?
Núcleo: regulación da expresión xénica e da replicación do DNA. Ribosomas: tradución do ARNm. Aparato de Golgi:
procesado de proteínas e lípidos, transporte, distribución e exportación de sustancias. Retículo endoplásmico liso:
síntese de lípidos, detoxificación e control da concentración de Ca, transporte e exportación de moléculas.
Lisosomas: dixestión celular de macromoléculas. Cloroplastos: lugar de realización da fotosíntese: fase luminosa e
Ciclo de Calvin, fotorrespiración. Mitocondria: ciclo de Krebs, fosforilación oxidadora, ‐oxidación de ácidos graxos
(0,2x7p). As células procariotas son as máis simples e primitivas, non tendo orgánulos propiamente ditos agás
ribosomas (0,3p). Os orgánulos que conteñen ácidos nucleicos son: núcleo, mitocondrias e cloroplastos (0,3p).

2011
2 Explique a estrutura da membrana plasmática segundo o modelo do mosaico fluído. Estableza as diferenzas
entre o transporte activo e o transporte pasivo a través das membranas e indique o tipo de moléculas que utilizan
estes mecanismos para atravesalas. ‐ Válida calquera explicación ou esquema da membrana plasmática no que se
indiquen como compoñentes: bicapa lipídica (fosfolípidos, colesterol), proteínas de membrana: intrínsecas,
extrínsecas e transmembrana; glicocálix (glicoproteínas, glicolípidos) e cunha orientación correcta. (1p). ‐ O
transporte activo realízase en contra de gradiente e implica o consumo de enerxía. Participan proteínas
transportadoras encaixadas nunha fonte de enerxía procedente xeralmente da hidrólise do ATP. Este tipo de
transporte úsano principalmente os ións. O transporte pasivo é un proceso de difusión a favor de gradiente e non
require gasto de enerxía. Pode ser difusión simple, na que as moléculas difunden libremente a través da bicapa
lipídica ou facilitada, cando nela participa algunha proteína transmembrana (proteínas transportadoras ou proteínas
canal) (0.75p). A difusión simple é utilizada por gases ou moléculas pequenas de carácter lipofílico. A difusión
facilitada é utilizada por moléculas polares (0.25p).

2 Explique a interfase e que sucede en cada unha das fases nas que se divide. En que se diferencia a profase da
mitose da profase I da meiose? Razoe a súa resposta. –

A interfase é o período existente entre dúas divisións sucesivas. Durante ese período, a célula crece e duplica o seu
material xenético para poder distribuír unha copia completa a cada unha das dúas células fillas. Ten tres etapas: fase
G1, fase S e fase G2. Na fase G1 a célula crece até alcanzar un tamaño necesario para poder continuar co proceso de
duplicación xenética. Durante esta fase hai un punto de restrición R que unha vez superado determina a
continuidade irreversible do proceso até a seguinte fase. Se non se supera este punto, a célula queda nun estado
quiescente, de repouso, denominado G0. A fase S é na que se produce a replicación do ADN. A fase G2 é a fase
preparatoria da mitose; nela sintetízanse as proteínas encargadas de iniciar e desenvolver os procesos mitóticos e
condénsase progresivamente a cromatina para formar os cromosomas (0.25px4).

‐ Basicamente a principal diferenza entre ambas as profases é que a profase I da meiose é moito máis complexa,
debido a que durante esta fase se produce a recombinación xenética. Isto supón que os cromosomas intercambian
material xenético cos seus homólogos, xerando así variabilidade xenética. (1p).

19
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
1.2. Identifique o orgánulo que aparece representado na Figura 1. Realice un debuxo e sinale os seus
compoñentes estruturais. Indique que procesos metabólicos teñen lugar no seu interior e en que parte do mesmo
se realizan.

Trátase dunha mitocondria (0,3p). Debuxo (0,3p). Os seus compoñentes estruturais son:
membrana externa, espazo intermembranal, membrana interna, matriz mitocondrial, cristas
mitocondriais, ribosomas libres e material xenético (ADN e ARN) (0,7p). O ciclo de Krebs ten
lugar na matriz mitocondrial, a cadea respiratoria (transporte electrónico e fosforilación
oxidativa) ocorre nas cristas mitocondriais e a b‐oxidación de ácidos graxos (catabolismo de
lípidos) na matriz mitocondrial (0,7p

2012
En relación á Figura 1 qué representa o debuxo? En qué tipo de célula
se atopa? Indique o nome e función das estruturas sinaladas do 1 ao 6.
É o núcleo dunha célula eucariota (0.1p) en estado de interfase (0.1p). 1.
Retículo endoplásmico rugoso. Relacionado ca síntese de proteínas. 2.
Poro nuclear. Estrutura dinámica que delimita canais para o paso de
sustancias entre o citoplasma e o nucleoplasma. 3. Envoltura nuclear.
Estrutura que delimita ao núcleo e que desaparece no momento da
división nuclear. 4. Nucleolo. Estrutura formada por ADN, ARN e
proteínas. As funcións principais son: síntese de ARNr e formación dos
precursores ribosomais. 5 Nucleoplasma. Solución acuosa na que se
atopa o material nuclear. 6. Cromatina. É o ADN asociado a proteínas
formando unha estructura empaquetada e compacta (0.3x6=1.8p)

Cite os orgánulos e estruturas que son exclusivos das células eucariotas vexetais e comente as súas funciones máis
importantes Parede celular vexetal e cloroplastos. A parede celular é a cuberta externa da célula vexetal, que actúa
como exoesqueleto protexendo e dando forma á célula pero permitindo o seu crecemento (1.0p). Os cloroplastos
son os orgánulos ónde ten lugar a fotosíntese (preciso explicala brevemente) (1.0p)

Realice un esquema dun cloropasto observado ao microscopio electrónico, e sinale os seus compoñentes
estruturais (0,3+0,7=1p). Indique que procesos metabólicos teñen lugar no seu interior e en que parte do
cloropasto se realizan (1p). Válido calquer deseño que presente os principais compoñentes estruturais

Compoñentes estruturais. Membrana externa, espazo intermembranal, membrana interna, estroma, membrana
tilacoidal (lumen do tilacoide, granas e lamelas) ribosomas e ADN.

No estroma do cloroplasto ten lugar o ciclo de Calvin ou fase escura da fotosíntese.

Nas membranas tilacoidais ten lugar a fase luminosa da fotosíntese.

2013
No interior celular pódense atopar os seguintes orgánulos: núcleo, ribosomas, aparello de Golgi, retículo
endoplásmico liso, lisosomas, cloroplastos e mitocondrias. Indique a función principal de cada un dos orgánulos
citados. Cales deles poderían estar presentes nas células procariotas? Cales deles conteñen ácidos nucleicos?

Núcleo: replicación do ADN ou transcrición (ARNm, ARNt, ARN ribosómico). (0.2) Ribosomas: síntese de proteínas.
(0.2) Aparello de Golgi: embalaxe dos produtos de secreción, glicosilación de proteínas ou distribución de moléculas

20
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
ou renovación da membrana plasmática (0.2) Retículo endoplasmático liso: síntese almacén e transporte de lípidos
ou detoxificación. (0.2) Lisosomas: dixestión celular. (0.2) Cloroplastos: fotosíntese. (0.2) Mitocondria: respiración
celular, obténdose enerxía en forma de ATP. (0.2)

Só terían ribosomas. (0.3)

Os orgánulos que conteñen ácidos nucleicos son o núcleo, mitocondrias, cloroplastos e ribosomas. (0.3)

Explique a estrutura da membrana plasmática, sinalando os seus compoñentes químicos e indicando as


propiedades que lle confiren á membrana cada un deles. Como se denomina o modelo que explica esta estrutura?
Coménteo brevemente.

Estrutura: (0.5) (válida calquera explicación ou esquema)

Composición: a composición da membrana é maioritariamente lipoproteica (lípidos e proteínas), ademais de


diversos glícidos unidos ás moléculas anteriores. Os lípidos son de tres tipos: fosfolípidos (que forman a bicapa coas
colas apolares cara ao interior), glicolípidos e esterois (principalmente colesterol en células animais). As proteínas
poden ser intrínsecas, isto é, situadas na bicapa lipídica ou extrínsecas ou periféricas. Os glícidos, a maioría son
oligosacáridos que se unen ou ben aos lípidos (glicolípidos) ou ás proteínas (glicoproteínas). Atópanse na cara
externa da membrana. (0.5).

Propiedades: os lípidos proporcionan á membrana as súas características de pouca permeabilidade e alta fluidez. As
proteínas na membrana están relacionadas co control do paso de substancias e o recoñecemento celular. Os
glícidos contribúen á asimetría da membrana e interveñen no recoñecemento. (0.5).

Modelo do mosaico fluído. Segundo este modelo, tanto os lípidos como as proteínas forman un mosaico molecular
debido á súa distribución mesturada na membrana. Ambos os tipos de moléculas presentan unha ampla mobilidade
polo interior da membrana, outorgándolle un carácter fluído. Ademais, presenta un carácter asimétrico entre as súas
caras citoplásmica e externa. (0.5)

Identifique a estrutura representada na Figura 1 e indique a súa función biolóxica. Realice un debuxo e sinale
cinco compoñentes na devandita estrutura. Todas as células presentan esta estrutura? Razoe a resposta.

Núcleo dunha célula eucariota en estado de interfase celular. (0.5)

Función: portador da información xenética. (0.5)

Válido calquera representación do núcleo onde se indiquen os seguintes


compoñentes: 1. Poro nuclear. 2. Envoltura nuclear. 3. Nucléolo. 4 Nucleoplasma. 5.
Cromatina. (0.5)

Non, só o presentan as células eucariotas, xa que só elas teñen delimitada esta


estrutura por unha lámina fibrosa. (0.5)

Identifique o orgánulo que aparece representado na Figura 1. Realice un debuxo e sinale 5 compoñentes
estruturais. Indique que procesos metabólicos teñen lugar no seu interior e en que parte do mesmo se realizan

Cloroplasto (0.3) Darase por válido calquera debuxo onde se inclúan 5


compoñentes estruturais (0.2): Membrana externa, espazo
intermembranal, membrana interna, estroma, membrana tilcoidal (lumen
do tilacoide, granas e lamelas) ribosomas e ADN (0.5)

No estroma do cloropasto ten lugar o ciclo de Calvin ou fase escura dá


fotosíntese (0.5). Nas membranas tilacoidais ten lugar a fase luminosa dá
fotosíntese (0.5)
21
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
Identifique o tipo de célula representada na Figura 2. Indique o nome e función das estruturas numeradas
do 1 ao 7. Célula eucariota animal (0.3)

1. Aparello de Golgi. Embalaxe dos produtos de secreción,


glicosilación de proteínas ou distribución de moléculas ou renovación da
membrana plasmática 2. Nucleoplasma. Solución acuosa na que se atopa o
material nuclear 3. Nucleolo. Síntese de ARNr e formación dous precursores
ribosomais 4. Poro nuclear. Estrutura dinámica que delimita canais para o
paso de sustancias entre o citoplasma e o nucleoplasma 5. Centrosoma
(centriolos). Centro organizador dos microtúbulos, organización do fuso
mitótico 6. Retículo endoplásmico rugoso. Relacionado coa síntese de
proteínas 7. Mitocondria. Respiración celular, obténdose enerxía en forma
de ATP (Identificación de orgánulos 0.7; funcións 1.0)
Describa as fases da mitose. Indique en que células ten lugar este tipo de reprodución celular e cal é o seu
significado biolóxico

Profase. Condensación de cromosomas, formación do fuso acromático, desaparición do nucleolo e da


membrana nuclear Metafase. Os cromosomas alcanzan o máximo grao de condensación e se orientan na placa
ecuatorial do fuso conectados polos microtúbulos Anafase. As cromátidas emigran hacia os polos da célula.
Telofase. Descondensación do material xenético e rexeneración do núcleo e da envoltura nuclear (0.4x4) Ten lugar
nas células somáticas e nas células xermináis que non está realizando a meiose (0.2) O significado biolóxico da
mitosis é repartir de maneira equitativa o material xenético entre as dúas células fillas (0.2)

2014
Cite tres orgánulos delimitados por unha dobre membrana e tres por membrana simple, sinalando en cada caso a
súa función correspondente.

Orgánulos de dobre membrana (1p) a. Mitocondrias: metabolismo, xeración de enerxía (ATP, calor) b.
Cloroplastos: fotosíntese c. Núcleo: portador da información xenética, replicación do ADN, transcrición Orgánulos de
membrana simple (1p) a. Retículo endoplásmico: retículo endoplásmico liso: metabolismo de lípidos e outros
compostos. Retículo endoplásmico rugoso: síntese e modificación de proteínas b. Aparello de Golgi : modificación e
transporte de proteínas c. Lisosomas: dixestión intracelular d. Vacuola: almacenamento e. Perosixomas e
glioxisomas: procesos oxidativos
Explique brevemente que é un ribosoma indicando a súa composición, estrutura e función. En que lugares se
atopan os ribosomas? Que é un polisoma? Explicación: Orgánulo sen membrana que pode aparecer tanto en
eucariotas como en procariotas (0,4p). Composición: ARN (ARN ribosómico) e proteínas (0,4p). Estrutura:
Constituídos por dúas subunidades que se unen no momento de realizar a tradución dos ARNm (síntese de
proteínas) (0,4p). Localización: Libres no citoplasma, adheridos á membrana externa do retículo endoplasmático (RE
rugoso), adheridos a membrana externa da envoltura nuclear e no interior de mitocondrias e plastos (0,6p).
Polisoma: Cadenas de ribosomas unidos por ARNm durante a tradución (0,2p).

Identifique a estrutura representada na Figura 2 e indique a súa función biolóxica. Todas as células presentan esta
estrutura? Razoe a resposta.

Identificar: Centríolo pertencente ó centrosoma dunha célula animal (0,4p). Función biolóxica:
Centro organizador dos microtúbulos, división de novos centrosomas e organizador do fuso
mitótico, formación de cilios e flaxelos (1p). Razoamento: Non, xa que as células vexetais
superiores, fungos e algúns protozoos non o presentan (0,6p).

22
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
2015
No interior celular pódense atopar os seguintes orgánulos: núcleo, ribosomas, aparato de Golgi, retículo
endoplásmico liso, lisosomas, cloroplastos e mitocondrias. Indique a función principal de cada un dos orgánulos
citados. Cales deles se corresponderían cos orgánulos presentes na Figura 2.

Núcleo: contén a información xenética. (0,2p)


Ribosomas: síntese de proteínas (tradución do
ARNm) (0,2p) Aparato de Golgi: procesado
de proteínas e lípidos (0,2p)

Retículo endoplásmico liso: síntese de lípidos, detoxificación (0,2p) Lisosomas: dixestión celular de
macromoléculas. (0,2p) Cloroplastos: fotosíntese (0,2p) Mitocondria: ciclo de Krebs, fosforilación oxidativa,
β‐oxidación de ácidos graxos (0,2p) Cloroplasto e mitocondria (0,3px2)

Identifique o tipo de célula representada na Fig 1. Indique o nome e función das estruturas numeradas do 1 ao 7.

Célula eucariota vexetal (0,25p) 1.Aparello de Golgi: glucoxilación de lípidos


e proteínas, maduración de proteínas. 2. Cloroplasto: fotosíntese 3.
Mitocondria: respiración celular 4. Vacuola: Almacenamento, responsable da
turxencia celular 5. Cromatina: Información xenética 6. Nucleolo: Síntese de
ARNr e formación dos precursores ribosomais 7. Parede celular: Rixidez Calquera
función correcta é válida

Enumere e resuma os principios da teoría celular moderna. Indique catro diferencias entre unha célula eucariota e
unha procariota. Principios da teoría celular (1p) 1. Todos os organismos vivos están formados por células 2. Toda
célula procede doutra célula 3. A célula é a unidade estrutural dos seres vivos 4. A célula é a unidade vital que
cumpre as tres funcions que caracterizan ao ser vivo. Diferenzas entre célula procariota e célula eucariota (1p)

2016
Indique as características do transporte activo e o transporte pasivo a través da membrana plasmática (A). En que
se diferencian a difusión simple e a difusión facilitada? (B) E a endocitose e a fagocitose? (C) (A) O transporte
activo realízase en contra de gradiente e implica o consumo de enerxía. Participan proteínas transportadoras
axuntadas a unha fonte de enerxía procedente xeralmente da hidrólise do ATP. Este tipo de transporte úsano
principalmente os ións. O transporte pasivo é un proceso de difusión a favor de gradiente e non require gasto de
enerxía (0,4x2 = 0,8 p). (B) En que na difusión simple as moléculas difunden libremente a través da bicapa lipídica
sendo utilizada por gases e outras moléculas pequenas, mentres que na facilitada participa algunha proteína
transmembrana e é utilizada por moléculas polares (0,4x2 = 0,8 p). (C) Endocitose: proceso mediante o cal se
introducen na célula moléculas de gran tamaño. Fagocitose é un tipo de endocitose, só que neste caso trátase da
captura de partículas sólidas (0,2x2 = 0,4 p)

Debuxe as estruturas dun cloroplasto e dunha mitocondria, sinalando 5 compoñentes en cada un deles. Describa
brevemente cal é a función que desempeñan estes orgánulos no metabolismo celular. Poden atoparse ambos os
dous orgánulos nunha mesma célula ou son incompatibles? Razoe a resposta. Darase por válido calquera debuxo
onde se inclúan 5 compoñentes estruturais. (0.2p) Cloroplasto: Membrana externa, espazo intermembranal,
membrana interna, estroma, membrana tilcoidal (lumen do tilacoide, granas e lamelas), ribosomas e ADN.

23
IES CASTRO ALOBRE Lourdes Acuña ‐ 2º BACHARELATO
Compoñentes estruturais da mitocondria: membrana externa, espazo intermembrana, membrana interna, matriz
mitocondrial, cristas mitocondriais, ribosomas libres, material xenético (ADN). (0.6p) Cloroplasto: No estroma do
cloropasto ten lugar o ciclo de Calvin ou fase escura da fotosíntese. Nas membranas tilacoidais ten lugar a fase
luminosa da fotosíntese. Mitocondria: O ciclo de Krebs na matriz mitocondrial, a fosforilación oxidativa (cadea
respiratoria e síntese de ATP) na crista mitocondrial, a β‐oxidación de ácidos graxos (catabolismo de lípidos) na
matriz mitocondrial. (1p) Si. Nas células vexetais podemos atopar os cloroplastos e as mitocondrias, que non son
incompatibles xa que realizan funcións complementarias. (0.2p)

As células da Figura 2 están realizando un proceso celular. As imaxes non seguen a orde secuencial do
mesmo. De que proceso se trata? Estableza a orde das imaxes e indique o nome das distintas fases que
identifique, explicándoas brevemente. Que significado biolóxico ten o proceso no seu conxunto?

Mitose . (0.1p) Orde: C‐B‐A‐E‐D (0.1p) Profase. (C e B). Condensación de cromosomas, formación do fuso
acromático, desaparición do nucleolo e da membrana nuclear. Metafase. (A) Os cromosomas alcanzan o máximo
grao de condensación e oriéntanse na placa ecuatorial do fuso conectados polos microtúbulos. Anafase. (E) As
cromátidas emigran cara aos polos da célula. Telofase. (D) Descondensación do material xenético e rexeneración do
núcleo e da envoltura nuclear. (0.4x4p) O significado biolóxico da mitose é repartir de maneira equitativa o material
xenético entre as dúas células fillas. (0.2p)

24

You might also like