You are on page 1of 15

Bioloxía 2º de Bacharelato. Curso 2021-2022.

Ana Urbieta Balado

TEMA 8. A CÉLULA. TEORÍA CELULAR. O NÚCLEO


1) Desenvolvemento da Teoría Celular
2) A morfoloxía celular
3) A estrutura celular
4) O núcleo celular
5) A envoltura nuclear
6) A cromatina
7) O nucleoplasma e o nucléolo
8) Os cromosomas

1) DESENVOLVEMENTO DA TEORÍA CELULAR


A teoría celular establece que a célula é a unidade estrutural e funcional dos
seres vivos. Esta teoría foi enunciada a mediados do século XIX e segue
estando vixente.

1.1.- ANTECEDENTES HISTÓRICOS. Remóntanse ao século XVII. Nesta


época prodúcense dous feitos importantes:

a) Descubrimento da parede celular

En 1665 o inglés R. Hooke observou cun microscopio unha laminiña de


cortiza, e viu que estaba formada por unha serie de cavidades poliédricas
vacías, e denominou a cadaunha delas célula que significa celiña. O que
realmente observaba eran células vexetais mortas nas que unicamente
quedaba a parede celular de celulosa.

b) Descubrimento da existencia de vida microscópica

En 1674 o naturalista holandés Antón Van Leeuwenhoek, perfeccionou o


microscopio. Isto permitiulle observar organismos microscópicos na auga
das pozas e nos fluídos corporais dos animais. Viu por primera vez glóbulos
vermellos, espermatozoides, protozoos e outros organismos microscópicos
aos que chamou “animálculos”.

1.2.- PERFECCIONAMENTO DO MICROSCOPIO. A TEORÍA CELULAR

Ata o século XIX apenas se conseguiu perfeccionar o microscopio. Por iso


apenas houbo avances no coñecemento da célula durante o século XVIII. No
século XIX grazas ao perfeccionamiento do microscopio e á mellora das
técnicas de preparación microscópica, avanzouse no coñecemento da célula.

Robert Brown (1773 -1858).En 1831 este botánico escocés descubriu o


núcleo celular.

Johannes E. Purkinje (1787 – 1869).En 1839 este fisiólogo checo introduciu


o termo protoplasma para referirse ó contido celular. No protoplasma
diferenciou: citoplasma e carioplasma.

1
Bioloxía 2º de Bacharelato. Curso 2021-2022. Ana Urbieta Balado

Matthias Schleiden (1804 – 1881) Foi un botánico alemán que en 1838,


afirmou que tódalas plantas estaban formadas por células.

Theodor Schwann(1810 – 1882) Foi un zoólogo alemán que en 1839,


afirmou que os animais estaban formados por células. Chamou
metabolismo celular ao funcionamento das células.

Scleiden e Schwann estableceron que a célula é a unidade estrutural e


funcional dos seres vivos.

Rudolf Virchow (1821 – 1902). Foi un médico alemán que en 1855 afirmou
que toda célula procede doutra célula: “omnis cellula ex cellula ”

Santiago Ramón y Cajal (1852 – 1934). Médico español, Premio Nobel de


medicina (1906). Descubridor das sinapses neuronais. Demostrou a
individualidade das neuronas, fronte aos reticularistas como Camilo
Golgi que afirmaban que o tecido nervioso non estaba formado por
células independentes senón que estaban unidas entre si formando un
retículo ou plexo..

Enunciados da Teoría Celular

 A célula é a unidade morfolóxica, anatómica, de tódolos


seres vivos. É dicir, tódolos organismos están formados por
unha ou máis células.
 A célula é a unidade fisiolóxica dos seres vivos. É dicir, é a
unidade de funcionamento dos seres vivos.
 Toda célula procede por división doutra célula.
 O material hereditario que contén as características
xenéticas dunha célula, pasa da célula nai ás dúas células
fillas. A célula é, polo tanto, a unidade morfolóxica,
fisiolóxica, xenética e vital de tódolos seres vivos.

2) A MORFOLOXÍA CELULAR
A célula é a estrutura máis simple capaz de realizar as función vitais -
nutrición, relación e reprodución- . Os constituíntes básicos das células son
membrana, citoplasma e información xenética.

2.1. FORMA DAS CÉLULAS

As células presentan unha gran diversidade morfolóxica ,é dicir, pode


presentar múltiples formas (esférica, fusiforme, estrelada, prismática, etc).
A forma da célula depende de diversos factores tales como: da estirpe celular
á que pertence, da súa etapa de diferenciación, da función que desempeña,
tamén da situación, é dicir, se se encontra libre, formando tecidos ou en
cultivo.

2
Bioloxía 2º de Bacharelato. Curso 2021-2022. Ana Urbieta Balado

En xeral a forma dunha célula será aquela que lle permite levar a cabo a súa
función co mínimo gasto enerxético posible. As células animais en xeral
teñen unha maior diversidade de formas que as vexetais debido á falta de
parede celular. A forma das células que forman parte dos tecidos depende
da función que desempeñan, polo que presentan formas moi variadas.

2.2. TAMAÑO DAS CÉLULAS

É extremadamente variable. De 1 a 2 μm para bacterias. De 5 a 20 μm para


células humanas. A maioría das células adoita ter un diámetro medio
comprendido entre os 10 μm e os 100 μm .

As diferenzas de tamaño que existen entre os organismos animais e vexetais


non dependen das dimensións das súas células senón do seu número. A
célula máis grande coñecida é o ovocito (xema do ovo) de avestruz que pode
medir uns 85 mm dediámetro.

Debido ao tamaño microscópico que adoitan ter, para medilas utilízanse


unidades especiais tales como:

 micra (μ) ou micrómetro (μm). É a milésima parte do


milímetro.
1μm = 10-3mm = 10-6 m
 nanómetro (nm). É a milésima parte do micrómetro.
1 nm = 10-3 μm = 10-6 mm = 10-9 m
 angstrom (A). É a décima parte do nanómetro.
1A = 10-1 nm = 10-4 μm = 10-7 mm = 10-10 m

3
Bioloxía 2º de Bacharelato. Curso 2021-2022. Ana Urbieta Balado

2.3. RELACIÓN ENTRE TAMAÑO FORMA E ESTADO DAS CÉLULAS

A principal restrición no tamaño das células é debida á relación entre o seu


volume e a súa superficie. Os factores que limitan o tamaño celular son
dous:

 Capacidade de captación de nutrientes do medio.


 Capacidade funcional do núcleo.

2.3.1. CAPACIDADE DE CAPTACIÓN DE NUTRIENTES

Os nutrientes entran na célula pola súa superficie. Cando una célula


aumenta de tamaño, supoñendo unha forma esférica, o volume celular
aumenta proporcionalmente ao cubo do raio (V= 4/3 πr3), mentres que a
superficie só aumenta en función do cadrado do radio (S = 4πr2). Isto
implica que, proporcionalmente, o seu volume aumenta moito máis que a
súa superficie e que a relación superficie/volume diminúe. Como a entrada
de nutrientes está en función da superficie celular, a diminución da relación
superficie/volume afecta negativamente á supervivencia da célula.

A relación superficie/volume é menor nas células máis grandes e maior


nas células máis pequenas, o que implica máis superficie de intercambio co
medio. Dentro dunha estirpe celular, a forma esférica e unha relación
superficie/volume alta é característica das células novas.

2.3.2. CAPACIDADE FUNCIONAL DO NÚCLEO

O aumento de volume das células non vai acompañado do aumento do


volume do núcleo nin da súa dotación xenética. Un aumento de tamaño
celular, implica un aumento do número de reaccións metabólicas, e a
produción dunha maior cantidade de encimas. Se a relación

4
Bioloxía 2º de Bacharelato. Curso 2021-2022. Ana Urbieta Balado

nucleoplasmática que se define como a relación entre o volume do núcleo e


o volume do resto do citoplasma diminúe moito, a célula debe dividirse.

RNP= Volume do núcleo/Volume do citoplasma – Volume do núcleo.

3) A ESTRUTURA CELULAR
Tódalas células están formadas polos seguintes elementos:

 Membrana plasmática: bicapa lipídica con proteínas que


individualiza á célula do medio.
 Citoplasma:constituído polo citosol, medio interno líquido, e os
orgánulos.
 Material Xenético: constituído por unha ou varias moléculas de ADN.

3.1.TIPOS DE ORGANIZACIÓN CELULAR

Segundo a súa organización as células divídense en dous grandes grupos:

 Células procariotas, carecen de verdadeiro núcleo, posúen un


nucleoide ou cromosoma bacteriano, non rodeado por
membrana. Comprende dous filos:
o Eubacterias (bacterias) e Arqueobacterias (Archaea).
As arqueobacterias son organismos extremófilos,
capaces de vivir en condición extremas de pH, salinidade
e temperatura
 Células eucariotas, teñen un núcleo rodeado de membrana
onde se encontra a información xenética en forma de ADN. Son
eucariotas os seguintes tipos de células:
 Células animais
 Células vexetais
 Células de fungos
 Células de protistas: algas e protozoos

3.1.1. AS CÉLULAS PROCARIOTAS

As células procariotas foron as primeiras que apareceron sobre o planeta e


ocupárono durante 2.000 Ma antes da aparición das células eucariotas. Son
moi pequenas (entre 1 e 10 µm), posúen unha parede celular que rodea a
membrana. Algunhas presentan unha envoltura xelatinosa por fóra da
parede chamada cápsula. O citoplasma ten dúas rexións diferenciadas: o
nucleoide, zona desprovista de ribosomas onde se encontra o material
xenético e o resto do citoplasma onde se encontran os ribosomas. O
citoplasma carece de citoesqueleto e de sistemas de endomembranas. As
células procariotas clasifícanse segundo a súa forma en bacilos (con forma
de bastón), cocos (con forma esférica), espirilos(con forma de espiral) e
vibrios(con formade coma).

5
Bioloxía 2º de Bacharelato. Curso 2021-2022. Ana Urbieta Balado

3.1.1.2 Estrutura da célula procariota

 Parede celular bacteriana: rodea a membrana plasmática e está


composta por peptidoglicano.
 Membrana plasmática: envoltura lipoproteica que non contén
colesterol e que presenta invaxinacións cara ao interior da célula,
chamadas mesosomas.
 Citoplasma: carente de orgánulos membranosos. Posúe ribosomas,
70 S.
 Material xenético: unha única molécula de ADN bicatenario
circular, pregada e asociada a proteínas non histónicas, que dirixe
toda a actividade da célula. Ademáis posúen un número
indeterminado de plásmidos, que son pequenas moléculas de ADN
bicatenario e circular que as bacterias intercambian con frecuencia
con outras bacterias e portan información fundamental para a súa
supervivencia.
 Mesosomas: neles sitúanse encimas que realizan numerosos procesos
metabólicos, como a respiración, a fotosíntese, ou a fixación de
nitróxeno. A ADN polimerase, a encima que realiza a replicación do
ADN, tamén se encontra nos mesosomas.
 Pili e fimbrias: son estruturas tubulares. Os pili son longos,
atravesan a membrana
plasmática e permiten o
intercambio de
información xenética
entre as bacterias. As
fimbrias son curtas e
numerosas e permiten a
adherencia das
bacterias ás superficies.
 Flaxelos:
estruturas formadas
pola proteína flaxelina
que fan a función de
locomoción.

3.1.2. AS CÉLULAS EUCARIOTAS

Son moito máis grandes e complexas que as procariotas con tamaños que
varían entre as 5 e 100 µm de diámetro. Posúen membrana plasmática e
ribosomas ao igual que as procariotas pero diferéncianse delas pola
presenza de núcleo, orgánulos citoplasmáticos e citoesqueleto.

Polo tanto, as células eucariotas presentan un citoplasma


compartimentado, mediante orgánulos que se encontran nun medio fluído

6
Bioloxía 2º de Bacharelato. Curso 2021-2022. Ana Urbieta Balado

denominado citosol. A compartimentación permítelle á célula eucariota


desenvolver distintas funcións ao mesmo tempo.

A polaridade é a ordenación específica que presentan algúns orgánulos


nalgunhas células.

3.1.2.1 Estrutura da célula eucariota

 Membrana plasmática: bicapa lipídica con proteínas e esteroides


(colesterol).
 Parede celular na célula vexetal (celulosa), na de fungos(quitina),
e na de algúns protistas.
 Citoplasma (dividido en citosol e orgánulos) que presenta:
o Ribosomas
o Citoesqueleto
o Orgánulos
o Núcleo celular que contén o material xenético

As células vexetais presentan orgánulos específicos que non se encontran


nas células animais:

 Cloroplastos: conteñen clorofila e no seu interior realízase a


fotosíntese.
 Parede celular: é grosa e ríxida, rodea a membrana plasmática.
 Grandes vacúolos: realizan funcións tan diversas comoo
almacenamento de moléculas ou de substancias de refugallo, e
a dixestión de macromoléculas.

A célula animal ten unha estrutura sen membrana que non se encontra na
célula vexetal, denomínase centrosoma e é o centro organizador de
microtúbulos da célula e presenta centríolos.

7
Bioloxía 2º de Bacharelato. Curso 2021-2022. Ana Urbieta Balado

4) O NÚCLEO CELULAR
É un orgánulo con dobre membrana característico das células eucariotas. É
o orgánulo principal da célula eucariota. Contén o material xenético (ADN)
e no seu interior replícase o ADN e sintetízanse e procésanse tódolos tipos
de ARN. O ADN do núcleo está asociado a histonas formando a cromatina.

4.1. CICLO CELULAR E NÚCLEO

A estrutura e composición do núcleo depende do estado do ciclo celular no


que se encontre. O núcleo pode encontrarse en dous estados diferentes:

A. Núcleo interfásico cando non está en fase de división.


B. Núcleo mitótico ou núcleo en división.

A. Núcleo interfásico

É a estrutura que ten o núcleo durante a interfase. Nesta fase a célula non
se divide e a súa actividade metabólica é intensa. Sintetízanse proteínas.
Presenta envoltura nuclear. O ADN está en forma de cromatina. Ao final
desta fase duplícase o ADN.

B. Núcleo mitótico

A membrana nuclear e o nucléolo


desaparecen. A cromatina condénsase
ata formar cromosomas. A división da
célula comprende:

 A división do núcleo, cariocinese ou


mitose
 A división do citoplasma ou
citocinese

4.2 CARACTERÍSTICAS DO NÚCLEO

O número de núcleos das células eucariotas adoita ser un, é dicir, a maioría
das células son uninucleadas son maioría . Existen células anucleadas,
como os eritrocitos dos mamiferos. Algúns protozoos, como osparamecios
teñen dous núcleos: un macronúcleo e un micronúcleo. En hepatocitos
Tamén hai dous, son células binucleadas. Nas células plurinucleadas hai
varios. Dependendo de como se formen estas células denomínanse :

 Sincitios: formadas por fusión de células uninucleadas.


Células musculares esqueléticas.

8
Bioloxía 2º de Bacharelato. Curso 2021-2022. Ana Urbieta Balado

 Plasmodios: fórmanse por divisións nucleares sucesivas sen


división do citoplasma. Plasmodium.

A posición do núcleo é característica de cada tipo celular. Nas células


embrionarias ocupa unha posición central, nas adiposas lateral, nas células
secretoras sitúase na base

A forma do núcleo é moi variable (discoidal, esférico, polilobulado,


arrosariado, en ferradura,etc...) depende do tipo de célula e do momento do
ciclo celular no que se encontre).

O tamaño do núcleo adoita ser proporcional ao que ten a célula e ocupa


aproximadamente o 10% do volume celular. Oscila entre os 5 e os 25 μm. De
diámetro. O tamaño do núcleo aumenta canto maior sexa a actividade
celular.

Funcións do núcleo: dirixir o desenvolvemento e o metabolismo celular.


Regular toda a actividade celular: organización, diferenciación e
especialización. Dirixir a división celular

Compoñentes do núcleo interfásico

 Envoltura nuclear
 Cromatina
 Nucléolo
 Nucleoplasma

5) A ENVOLTURA NUCLEAR

A envoltura nuclear é unha estrutura complexa que serve de límite entre


o núcleo e o citoplasma. Ao microscopio electrónico, obsérvase que é
unha dobre membrana cun espazo intermembranoso. Está constituída
polos seguintes elementos:
 A membrana nuclear externa (7 a 8 nm)con ribosomas adosados á
cara citoplasmática e continuidade coa membrana do RER.
 Espazo perinuclear ou intermembranoso (10 a20 nm)que está
comprendidoentreas dúas membranas e se continua coa luz do RE.
 A membrana nuclear interna, cuberta na súa cara nuclear por fibras
proteicas que constitúen a codia nuclear ou lámina fibrosa.

5.1 POROS NUCLEARES:


Son perforacións de simetría octogonal que se forman pola fusión
das dúas membranas. Teñen entre 100 a 150nm de diámetro e están
distribuídos pola envoltura nuclear.
Son canles acuosas que regulan a translocación de moléculas entre
o núcleo e o citosol. Permiten a libre circulación de moléculas

9
Bioloxía 2º de Bacharelato. Curso 2021-2022. Ana Urbieta Balado

hidrosolubles e regulan o paso de macromoléculas como o ARN e as


proteínas por transporte activo.
Posúen unha estrutura altamente organizada denominada
complexo do poro nuclear.
o Consta de máis de cen proteínas diferentes que se agrupan en
oito bloques proteicos que forman un anel octogonal.
o Os poros son moi selectivos para o paso de grandes moléculas
a través da canle central de 100 Å.
o Estas deben unirse
a proteínas
específicas,
exportinas e
importinas para saír
ou entrar no núcleo.

6) A CROMATINA
No núcleo da célula eucariota o ADN está asociado a proteínas formando
unha estutura compacta chamada cromatina que constitúe o xenoma
celular. As proteínas son de dous tipos:

 Histonas. Son proteínas moi básicas de baixo peso molecular.


Coñécense 5 tipos de histonas H1, H2a, H2B, H3 e H4.
 Non histonas. Son moi numerosas e a metade son enzimas implicadas
na replicación, transcrición e regulación do ADN.

Pódense distinguir dous tipos de cromatina:

 Eucromatina: descondénsase
completamente despois da interfase.
É a cromatina activa, a menos
compacta e a que se transcribe.
Adoita situarse no interior do núcleo.
Constitúe aproximadamente o 90%
da cromatina .
 Heterocromatina: é a cromatina
inactiva, altamente compactado, a
que non se transcribe. Sitúase na
periferia do núcleo. Constitúe o 10%
da cromatina. O corpúsculo de Barr
en mulleres é un dos cromosomas X
que permanece compactado durante a interfase.

10
Bioloxía 2º de Bacharelato. Curso 2021-2022. Ana Urbieta Balado

Distínguense dous tipos de heterocromatina:

 Constitutiva: non se transcribe nunca. Mantense


condensada en tódalas do organismo
 Facultativa: composta polo conxunto de xenes que se
inactivan ao longo da diferenciación celular. Nun mesmo
organismo, está condensada nalgunhas células pero non
noutras.

6.1 ULTRAESTRUTURA DA CROMATINA

Observada ao microscopio electrónico, a cromatina presenta unha estrutura


fibrilar. A unidade básica da cromatina é o nucleosoma. A cromatina está
formada por unha sucesión de nucleosomas que forman a febra de
cromatina de 10 nm de grosor ou filamento nucleosómico. Cando esta
fibra se enrola sobre si mesma forma a fibra de cromatina de 30 nm de
grosor.

Cada nucleosoma consta dun núcleo ou platisoma rodeado por un


filamento de ADN. Cada núcleo está formado por un octámero de histonas
(2H2A, 2H2B, 2H3, 2H4). A histona H1 únese aos filamentos de ADN que
rodean os nucleosomas e ao ADN espaciador que une os nucleosomas entre
si. A fibra de cromatina pode presentar distintos graos de espirilización. Na
espirilización de primeiro grao a febra de 10 nm enrólase helicoidalmente
formando o solenoide ou febra de cromatina de 30 nm con 6 nucleosomas
por volta de hélice, e as histonas H1 na cara interna do solenoide.Esta fibra
pode sufrir unha espirilización de segundo grao que dá lugar a unha fibra
de 300 nm e así sucesivamente até chegar á superespirilización que
provoca a compactación da cromatina para formar os cromosomas antes
de iniciar a mitose.

11
Bioloxía 2º de Bacharelato. Curso 2021-2022. Ana Urbieta Balado

No espermatozoide a cromatina posúe a chamada, estrutura cristalina,


formada por ADN asociado a protaminas, pequenas proteínas básicas que
reemplazan ás histonas ao final da espermatoxénese. As protaminas
permitirían unha maior compactación do ADN no núcleo dos
espermatozoides.

6.2 AS FUNCIÓNS DA CROMATINA

Conter a información xenética que se transmite de xeración en xeración


mediante o proceso de replicación, no que cada moléculas de ADN dá lugar
a dúas moléculas iguais.

Proporcionar a información para a síntese dos distintos tipos de ARN


mediante o proceso de transcrición.

7) O NUCLEOPLASMA E O NUCLÉOLO.
7.1 O NUCLEOPLASMA

O nucleoplasma ou carioplasma é o medio interno acuoso do núcleo. Contén


a cromatina e unha gran cantidade de proteínas, sobre todo encimas
relacionados coa síntese dos ácidos ribonucleicos e a replicación do ADN.

7.2 O NUCLÉOLO

O nucléolo é unha estrutura esférica que se


atopa no interior do núcleo interfásico. Está
constituído por ADN, ARN e proteínas. Neste
ADN atópanse as rexións organizadoras
nucleolares (NOR), que conteñen moitas
copias dos xenes que codifican os ARN
ribosómicos. A función do nucléolo é a
síntese e ensamblaxe das subunidades
ribosómicas. Os ARN ribosómicos recén
sintetizados maduran e ensámblanse coas
proteínas importadas do citoplasma. As
subunidades saen ao citoplasma onde se unen
ao ARNm e forman os ribosomas completos.

8) OS CROMOSOMAS
Os cromosomas representan a máxima compactación da cromatina. Esta
máxima condensación é a que permite a repartición do material xenético
entre as células fillas durante a división celular. Os cromosomas estarían
compostos por varios dominios estruturais en forma de bucles.

Fórmanse no núcleo por condensación da cromatina, despois da


duplicación do ADN que ten lugar ao final da interfase, antes de iniciarse
a mitose. Por iso, cada cromosoma está formado por dúas moléculas de

12
Bioloxía 2º de Bacharelato. Curso 2021-2022. Ana Urbieta Balado

ADN bicatenario idénticas entre si, resultantes do proceso de replicación


do ADN.

8.1 ESTRUTURA E COMPOSICIÓN DOS CROMOSOMAS

O cromosoma metafásico está formado por 2 cromátides paralelas entre si


(6), que son o resultado da duplicación do material xenético, e están
unidasas polo centrómero (ou constricción primaria) que divide cada
cromátida en dous brazos. O centrómero (1) ocupa unha posición variable
ao longo do cromosoma, pero fixa para cada cromosoma.

A ambos lados do centrómero sitúanse os


cinetocoros (2), discos proteicos dende os que se
polimerizan os microtúbulos do fuso mitótico que
interveñen na separación das cromátides durante
a mitose e dos cromosomas durante a meiose.
Os telómeros (5) son estruturas protectoras
situadas nos extremos das cromátides. Evitan que
se perda información xenética en cada división
celular. Tamén impiden que os cromosomas se
fusionen entre eles e facilitan a interacción entre
os extremos e a membrana celular. Os telómeros
humanos conteñen a secuencia TTAGGG repetida
miles de veces.
As bandas (4) son segmentos de cromatina que
se colorean con distinta intensidade e permiten a
identificación inequívoca de cromosomas
mediante o método do patrón de bandas. Tamén
permiten a identificación dos cromosomas
homólogos.
As constricións secundarias (3) son zonas máis
estreitas identificables nos brazos dos
cromosomas que conteñen o ADN que
corresponde co nucléolo.

Os satélites(6) son zonas de forma esférica unidas ao cromosoma por


constriccións secundarias.

8.2 FORMA DOS CROMOSOMAS

Segundo a fase da división distínguense dous tipos de cromosomas:

 Metafásico: ten dúas cromátides


 Anafásico: ten unha cromátide

13
Bioloxía 2º de Bacharelato. Curso 2021-2022. Ana Urbieta Balado

Segundo a posición do centrómero distínguense catro tipos:

Metacéntrico: o
centrómero está na metade
do cromosoma.

Submetacéntrico: os
brazos cromosómicos un
pouco desiguais.

Acrocéntrico: os brazos son moi desiguais

Telocéntrico: o centrómero está no extremo do cromosoma.

8.3 FUNCIÓN DOS CROMOSOMAS

A función dos cromosomas é asegurar a transmisión da información contida


no ADN, da célula nai ás células fillas. Require a replicación previa do ADN.
O ADN dos cromosomas non se transcribe, agás nos cromosomas plumulados
dos anfibios.

8.4 NÚMERO DE CROMOSOMAS

O número dos cromosomas diferentes dunha célula (n) é característico de


cada especie.

DIPLOIDÍA

As células somáticas de animais e vexetais son diploides (2n), é dicir posúen


dúas dotacións cromosómicas, cada unha procedente dun proxenitor.Polo
tanto teñen 2 cromosomas de cada tipo, formando parellas de homólogos.

Os organismos diploides teñen dúas dotacións cromosómicas (2n), é dicir,


2 cromosomas de cada tipo. O número de cromosomas das células somáticas
humanas é 46.

HAPLOIDÍA

Os organismos haploides teñen unha única dotación cromosómica (n). Por


exemplo, son haploides algunhas algas e os gametófitos de musgos e fentos.

As células reprodutoras que participan na reprodución sexual son haploides


(n). Así gametos e meiosporas só conteñen unha dotación cromosómica.

POLIPLOIDÍA

Algúns organismos teñen máis de dúas dotacións cromosómicas. Poden ter


3 dotacións cromosómicas, triploide (3n) , 4 dotacións tetraploides (4 n)
ou máis, poliploides.

14
Bioloxía 2º de Bacharelato. Curso 2021-2022. Ana Urbieta Balado

CARIOTIPO OU IDOTIPO

É o numero, tamaño e forma dos cromosomas das células de unha especie.


Represéntase a partir dunha fotomicrografía.

Cada parella de cromosomas homólogos desígnase cun número.

Dentro dun cariotipo distínguense dous tipos de cromosomas

Cromosomas somáticos ou
autosomas, son comúns nos
dos sexos dunha mesma
especie e están implicados no
desenvolvemento do corpo ou
soma.

Cromosomas sexuais ou
heterocromosomas ou
gonosomas, responsables
polo seu número, presenza ou
ausencia na determinación do
sexo. Nos humanos son o X e
o Y.

O cariograma ou idiograma
é a representación gráfica do
cariotipo

Cariotipo humano

As celulas somáticas humanas teñen 46 cromosomas.

22 pares de autosomas (44) e un par de cromosomas sexuais (2)

XX nas mulleres e nos homes XY.

15

You might also like