You are on page 1of 4

DEFINICIÓNS

Átomos: unidades moi pequenas das que está formada a materia do universo.
Molécula: son compostos complexos, unións (enlaces químicos) de dous ou máis
átomos.
Biomoléculas: moléculas das que están formados os seres vivos.
Biomoléculas inorgánicas: son a auga e os minerais. Son características da materia
inorgánica, pero tamén pode estar na materia orgánica.
Biomoléculas orgánicas: son os hidratos de carbono, os lípidos, as proteínas e os
ácidos nucleicos (ADN e ARN). Só aparecen na materia orgánica (seres vivos).
Teoría celular: é un conxunto de postulados establecidos no S.XIX por tres científicos
que din:
a. Todos os seres vivos están formados por unha ou máis células.
b. Á célula é a parte máis pequena dun ser vivo que fai as funcións vitais.
c. Toda célula procede doutra célula.
Célula: es la unidade básica de la que están formados todos los seres vivos.
Reprodución: capacidade dos seres vivos para xerar descendentes coas súas mesmas
características. Tipos:
 Reprodución asexual: orixe dun novo individuo a partir dun único proxenitor.
 Reprodución sexual: dous proxenitores de sexos diferentes (masculino e
feminino) que xeran células reprodutoras (gametos) que se unen e forman un
novo individuo.
Microscopio: aparato que serve para observar as células ou outros elementos de
diminuto tamaño.
Membrana plasmática: envoltura moi fina que rodea a célula e que regula o
intercambio de substancias co exterior. É unha estrutura básica de tódalas células.
Citoplasma: líquido espeso que enche o interior celular. Conten varios orgánulos
celulares encargados de realizar as funcións celulares. É unha estrutura básica de
tódalas células.
Material xenético (ADN): substancia con aspecto fibroso que controla a actividade
celular. É unha estrutura básica de tódalas células.
Célula procariota: células que teñen o ADN disperso no citoplasma. Teñen parede
celular ríxida que envolve á membrana, poden ter filamentos (cilios, flaxelos) para
moverse e orgánulos como os ribosomas (fabrican proteínas) ou cloroplastos (só as
fotosintéticas). Ex.: bacterias.
Célula eucariota: células que teñen o ADN dentro dun orgánulo chamado núcleo.
Teñen varios orgánulos en común: os ribosomas (fabrican proteínas), lisosomas
(dirixen as substancias) ou as mitocondrias (producen a enerxía que necesitan as
células). Pero existen outros tipos de orgánulos diferenciados para cada tipo de célula
eucariota.
 Célula eucariota vexetal (plantas, algas,...): estas teñen cloroplastos (realizan a
fotosíntese); grandes vacuolas (almacenan a auga) e parede celular ríxida
(protexe e dálle forma a célula)
 Célula eucariota animal (animais,...): estas teñen centríolos (interveñen na
división celular), cilios ou flaxelos (filamentos responsables dos movementos
celulares).
Orgánulos: partes que forman a célula e compren unha función determinada.
 Ribosomas: orgánulos que fabrican proteínas.
 Lisosomas: orgánulos dirixen as substancias.
 Mitocondrias: orgánulos encargados de producir a enerxía que necesita a
célula.
 Cloroplastos: orgánulos das células vexetais que realizan a fotosíntese.
 Vacuolas: orgánulos das células vexetais que almacenan a auga.
 Centríolos: orgánulos das células animais que interveñen na división celular.
Nutrición: é o conxunto de procesos mediante os cales as células dos seres vivos
dispoñen das substancias que necesitan para construír os seus compoñentes e para
obter a enerxía. Consta de catro procesos: obtención dos nutrientes, respiración,
distribución de substancias e excreción.
 Nutrición autótrofa: os nutrientes orgánicos da célula fabrícanse mediante a
fotosíntese, coa enerxía do sol.
 Nutrición heterótrofa: as células toman do medio os nutrientes ao alimentarse
doutros seres vivos
Nutrientes: substancias orgánicas e inorgánicas que toman os seres vivos e que son
útiles para as súas células.
Excreción: proceso polo que os seres vivos expulsan do seu organismo os refugallos
que xeran as súas actividades.
Relación: función vital que lles permite aos seres vivos recibir información, tanto dos
seu ámbito como do seu interior, e reaccionar de forma adecuada ante ela. Consta das
seguintes etapas: percepción de estímulos, procesamento e coordinación, e a
execución das respostas.
Estímulo: é calquera cambio do ámbito ou do propio ser vivo que pode ser percibido
por este e causar un efecto nel.
Receptores: partes do organismo que permiten aos seres vivos percibir estímulos
coma a luz, o movemento,...
Efectores: partes dun ser vivo que executan as respostas, poden producir
movementos, substancias ou cambios no corpo ou no seu funcionamento.
Reprodución: capacidade dos seres vivos para xerar descendentes coas súas mesmas
características. Tipos:
 Reprodución asexual: orixe dun novo individuo a partir dun único proxenitor.
Son idénticos ao proxenitor. Ex.: algas, fungos,...
 Reprodución sexual: dous proxenitores de sexos diferentes (masculino e
feminino) que xeran células reprodutoras (gametos) que se unen (fecundación)
e forman unha nova célula (cigoto) que se desenvolve formando un novo
individuo con características similares aos proxenitores. Ex.: animais, plantas,...
Gameto: células sexuais. Poden ser masculino ou feminino.
Fecundación : unión dun gameto masculino e outro gameto feminino.
Cigoto: célula que resulta da unión das células sexuais masculina e feminina (gametos)
e a partir da cal se desenrola o embrión dun ser vivo.
Cilios: filamentos curtos e numerosos pegados á parede celular e que axudan a
moverse á célula.
Flaxelo: longo filamento (parece un látego) pegado á parede celular e que axuda a
moverse á célula.
División ou reprodución celular: proceso polo que unha célula nai orixina dúas ou máis
células fillas.
 Bipartición: a célula nai divídese en dúas células fillas iguais. Ex: bacterias,
protozoos,...
 Xemación: a célula nai divídese en dúas células fillas desiguais. Ex: fermentos,...
 Esporulación: a célula nai divide o seu núcleo dentro do citoplasma, logo cada
un dos núcleos está rodeado por un pouco citoplasma e unha membrana
dando lugar a unha nova célula chamada espora. Están dentro da “célula nai”
ata que rompe a membrana. Ex: protozoos, fungos, algas unicelulares,...
Taxonomía: ciencia encargada da clasificación dos seres vivos agrupándoos segundo as
características que teñen en común (criterios naturais).
Taxons: cada un dos grupos nos que clasificamos os seres vivos. Son: reino, filo, clase,
orde, familia, xénero e especie.
 Taxon + amplo: reino que agrupa moitos individuos con poucas características
en común.
 Taxon – amplo: reino que agrupa a un número de individuos menor pero con
características en común.
Especie: grupo de individuos con características similares que poden reproducirse
entre si e dar descendentes fértiles.
Nome vulgar: nome que lle damos aos individuos dunha mesma especie (can, gato,....)
Nome científico: nome que os científicos lle asignan a cada especie e é igual en todas
partes do mundo.
Organismos unicelulares: organismos formados por unha soa célula que realiza as tres
funcións vitais. Poden ser eucariotas ou procariotas.
Colonias: agrupacións de organismos unicelulares.
Organismos pluricelulares: organismos formados por dúas ou máis células que
funcionan como un todo integrado. Soen agruparse en tecidos e moitos tecidos
forman órganos e estes agrupados forman sistemas.
Reino das moneras: organismos con células de organización procariota. Son
unicelulares e poden formar colonias. Están en todos os ecosistemas da Terra. Ex.:
bacterias.
Reino dos protoctistas: organismos con células de organización eucariota. Poden ser
unicelulares ou pluricelulares. Sen formar tecidos. Ex.: algas, protozoos,....
Reino dos fungos: organismos con células de organización eucariota. Poden ser
unicelulares ou pluricelulares. Sen formar tecidos. Son seres con nutrición heterótrofa
descompoñedora de organismos. Ex.: fermentos, fungos que forman cogomelos,...
Reino das plantas: organismos con células de organización eucariota. Son organismos
pluricelulares. Forman tecidos e algúns ata órganos. Teñen nutrición autótrofa. Ex.:
plantas.
Reino dos animais: organismos con células de organización eucariota. Son organismos
pluricelulares con tecidos. Poden formar tecidos, órganos e aparatos e sistemas. Teñen
nutrición heterótrofa. Ex.: can.

You might also like