You are on page 1of 7

TEMA: A TERRA, UN PLANETA VIVO.

1. CARACTERÍSTICAS DOS SERES VIVOS

Todos os seres vivos presentan as seguintes


características:
- Todos nacen e morren.
- A súa composición química é semellante, e
chámase materia orgánica.
- Todos están formados por células, que son as
unidades máis pequeñas con vida propia.
- Realizan as tres función vitais: nutrición, relación
e reproducción.

2. AS FUNCIÓNS VITAIS

2.1 Función de nutrición


Consiste no conxunto de procesos que realiza un ser
vivo para obter enerxía e as substancias que
precisan para vivir.
Segundo o tipo de nutrición, os seres vivos poden
ser:
a) Autótrofos: Son os seres vivos que fabrican
materia orgánica a partir de materia inorgánica

1
(agua, CO2, sales minerales) e grazas á enerxía
do Sol. Este proceso chámase fotosíntese.
Sol
Materia inorgánica: Materia orgánica
Agua, CO2, sales (azucres + O2)
minerais

b) Heterótrofos: Fabrican a súa materia orgánica a


partir doutra materia orgánica xa elaborada por
outros seres vivos. Desa materia orgánica
tamén obteñen enerxía.
Hai catro tipos de heterótrofos.
-Hervíboros: Comen vexetais
-Carnívoros: Comen outros animais.
-Omnívoros: Comen vexetais e animais.
-Saprofitos: Comen materia orgánica morta
(descomponedores)
Materia orgánica Materia orgánica
doutros seres vivos propia + enerxía

2.2 Función de relación


Esta función consiste en obter información do medio
que rodea aos seres vivos, analizala e darle a mellor
resposta.

2.3 Función de reprodución


Ten por obxecto a producción de novos individuos.
Hai dous tipos principais de reproducción:

2
-Reprodución asexual: Na que a partir dun só
individuo se orixinan os descendentes.
-Reprodución sexual: Na que interveñen dous
individuos de distinto sexo. Cada individuo
achega unha célula especializada, chamada
gameto. Ao xuntarse os gametos (fecundación)
orixínase unha célula chamada cigoto, e a partir
deste cigoto vaise formar o novo individuo.
Si o cigoto desenvólvese no interior dun ovo
dícese que son ovíparos. Ex: galiña). Si o cigoto
desenvólvese no interior da femia, polo que se paren
crías vivas, dícese que son vivíparos (ex: human).
Cando os ovos se desenvolven no interior da femia
dícese que son ovovivíparos (ex: quenlla)

3. A COMPOSICIÓN QUÍMICA DOS SERES


VIVOS

Todos os seres vivos están formados por as


mesmas substancias químicas pero non presentan a
mesma proporción. Os principais elementos
químicos dos seres vivos son o carbono (C), o
hidróxeno (H), o osixeno (O) e o nitróxeno (N). Estos
elementos químicos únense nos seres vivos dunha

3
forma especial, dando como resultado moléculas
exclusivas dos seres vivos.

-Auga (H2O) 65%. Principais funcions:


Transporte, e nela ocorren reaccións
químicas.
Moléculas
-Sales minerais. Moitas funcions:
inorgánicas
Substancias
Estructural (cunchas e ósos); regulan
que forman
os seres as reaccións químicas.
vivos

-Glícidos: Son a glicosa e a celulosa.


Forman estructuras e aportan enerxía
aos seres vivos.

Moléculas -Lípidos: Son as graxas e aceites.


orgánicas Tamén achegan enerxía e algúns
forman estructuras.

-Proteinas: Teñen moitísimas función


(defensa, transporte, regulan as
funcións vitais…)

-Acidos nucleicos. Son ADN y ARN.


Conteñen a información hereditaria.

4. A CÉLULA
A teoría cellular establece unha serie de principios
que se deben cumplir para ser considerado ser vivo.
Son as seguintes:
-Todo ser vivo está formado por células.
-A célula é a unidade máis pequeña e sinxela
dotada de vida.
4
-Toda célula é capaz de realizar as tres funcións
vitais: Nutrición, relación e reproducción.
-Toda célula procede da división doutra célula.

4.1 Compoñentes de todas as células.


Hai moitos tipos de células, pero todas elas
presentan tres componentes principais:
- Membrana plasmática: É a envoltura que
rodea á célula e a separa do exterior. Regula o
intercambio de substancias entre o interior e o
exterior celular.
- Citoplasma: É o fluido acuoso do interior da
célula. Nel atópase os chamados orgánulos
celulares e é onde se desenvolven diferentes
funcións celulares.
- Material xenético: É o material hereditario que
regula as funcións celulares. Este material pode
estar disperso no citoplasma (célula procariota)
ou dentro dun compartimento chamado núcleo
(células eucariotas).

4.2 Tipos de células

4.2.1 Células procariotas


5
Presentan as seguintes características:
- O material xenético está no citoplasma, nunha
rexión chamada NUCLEOIDE.
- Considérase a célula mais primitiva.
- Constitúen sempre orgánismos unicelulares moi
pequeños e sinxelos (case non posúen
orgánulos)
- Son as bacterias, que constitúen o reino
Monera.

4.2.2 Células eucariotas

6
Estudar pola ficha. Importante saber as diferenzas
entre célula procariota e eucariota, e entre eucariota
animal e eucariota vexetal ( ver anexo I)

4.3 Niveis de organización dos seres vivos


Todos os seres vivos están formados por
células, pero non todos presentan o mesmo número
delas. Segundo o número de células que teñan, os
seres vivos poden ser:
- Organismos unicelulares: formados por unha
única célula. Poden agruparse formando
colonias, pero manteñen a súa independencia.
- Organismos pluricelulares: formados por
moitas células especializadas en distintas
función, polo que dependen as unas das outras
para que o organismo realice as funcións vitais.

5. OS VIRUS
(Ver ANEXO:OS VIRUS)

You might also like