You are on page 1of 33

TEMA 1: INTRODUCIÓN

1. ANTECEDENTES HISTÓRICOS

- O primeiro estudo sobre a anatomía do desenvolvemento foi publicado por Aristóteles. Defende
por primeira vez a idea da epixénese: “Os organismos non xorden completamente formados,
orixínanse por cambios progresivos e lentos”.

- No s.XVIII van Leeuwenhoek inventa o microscopio, co que consegue describir a existencia dos
espermatozoides, ós que chama animálculos.

- No s.XVII William Harvey publica un estudo sobre a reprodución animal. Defende a epixénese no
desenvolvemento fetal. Ex ovo omnia → Todos os animais se orixínan a partir de ovos.

- No mesmo século, Marcelo Malpigi adícase á embrioloxía microscópica. Defende o


preformacionismo: os órganos do adulto están preformados en miniatura dentro do espermatozoide
(animaculistas) ou do ovo (ovistas).

- Finais do s.XVIII Kant y Blumenbach unen ambas correntes de pensamento e describen a forza do
desarrollo, é dicir, que o desarrollo epixenético está dirixido por instruccións preformadas.

- Fin do debate: nel s.XIX Schleiden (botánico) e Schwann (fisiólogo) formulan de forma
simultánea a Teoría Celular (a célula é o elemento constitutivo e a unidade funcional dos seres
vivos). Poucos anos máis tarde Virchow a completa establecendo que toda célula procede doutra
célula.

1.1 EMBRIOLOXÍA DESCRIPTIVA (aproximación anatómica)

Marcelo Malpighi estudou sobretodo embrións de polo, tamén traballou con anfibios e erizos de
mar. Nos seus estudos representaba gráficamente as observacións a microscopio.
1.2 EMBRIOLOXÍA COMPARADA
Karl Ernst von Baer descubre a notocorda e compara embrións de varias especies. Todos empezan
cunha estrutura básica similar e o desenvolvemento reflexa a historia evolutiva. Enunciou a Lei de
von Baer: “Os rasgos xerais se desarrollan antes que os particulares”.

1.3 EMBRIOLOXÍA EXPERIMENTAL


Weismann descubriu que o corpo contén células xerminales e que os cromosomas dentro do cigoto
derivan en igual proporción do núcleo dos 2 proxenitores. Menciona a Teoría do plasma xerminal (o
que contén o núcleo das células xerminales é o responsable da herdanza) e o concepto de
determinantes nucleares: para dar lugar aos distintos tipos celulares, nunha mesma liña celular se
reparten os determinantes (situados no núcleo) a partir das divisións. Foron promovidas tres
técnicas para comprobar as anteriores hipóteses:

- Experimento de defecto: Wilhelm Roux viu cómo se desarrollaban os blastómeros se un


subconxunto deles é destruído. A especificación autónoma di que cada célula ten toda a
información, e todo o necesario para dar lugar autonomamente a aquilo do que contén información.
Primeira persoa en demostrar o desenvolvemento en mosaico nun anfibio
- Experimento de illamento: Driesch quixo ver cómo se desarrollan os blastómeros dun embrión
cando se separa un subconxunto deles.

- Experimento de transplante: Spemann e Mangold formalizaron o concepto de inducción:


alteración do destino dunha célula como resultado da interacción coas células veciñas.

2. DESCUBRIMIENTOS TRASCENDENTAIS PARA A


BIOLOXÍA DO DESARROLLO

A mediados do século XX sóubose que os xenes codificaban proteínas, polo que estaban
relacionados co desenvolvemento. Ademais, pouco despois descubriuse a existencia que xenes que
codificaban proteínas capaces de regular a expresión doutros xenes.

2.1 XENES DO DESARROLLO


Lewis demostrou que unha simple mutación xenética podería causar cambios dramáticos no
desenvolvemento do corpo. Estudaba con Drosophila melanoganster, e os xenes que descubriu
foron chamados homeóticos (responsables da identidade dos segmentos corporais). As mutacións
nestes xenes (chamadas homeóticas) dan lugar á aparición de segmentos corporais deslocalizados.

2.2 EQUIVALENCIA DOS XENOMAS DE CÉLULAS


DIFERENCIADAS

Déronse experimentos de clonación (transferencia de núcleos) para a análise da herdanza xenómica


en anfibios e mamíferos. A mediados do século XX publicáronse os resultados da experimentación
de Gurdon que resultou na creación da primeira ra clonada. En 2008, revisou os estudos de
Yamanaka sobre catro xenes que reprogramaban núcleos de células diferenciadas para conseguir
células de carácter totipotencial(potencial completo dun núcleo para soportar o desenvolvemento
de todos os tipos celulares que compoñen o organismo, incluíndo ás células xerminais). Sabendo
isto, Gurdon puido explicar o como conseguiu levar a cabo a clonación.

3. PRINCIPAIS ORGANISMOS MODELO

Entre os animais modelo máis utilizados no estudo do desenvolvemento atopamos o ourizo de mar (
equinodermo), Ceanorhabditis elegans ( nematodo), Drosophila melanoganster (insecto), peixe
cebra, Xaenopus laevis (anfibio), pito e rato. En canto ás plantas, adóitase traballar coa
Arabidopsis thaliana ( monocotiledónea).

4. PRINCIPAIS MÉTODOS DE ESTUDO DE EMBRIÓNS


4.1 SEPARACIÓN DAS CÉLULAS
Este método avalía a capacidade de regulación. Observáronse dúas situacións:

-Desenvolvemento regulador → cámbiase o destino das células compensando a perda de partes do


embrión.

-Desenvolvemento en mosaico → incapacidade para compensar a perda, polo que se perden as


estruturas derivadas dos blastómeros ausentes.
A separación pode lograrse por axitación ou por auga de mar sen calcio. No caso de anfibios úsase
unha agulla ou un pelo de bebé.

4.2 MARCAXE E SEGUIMENTO DAS CÉLULAS


Márcanse células con colorantes vitais ou trazadores fluorescentes. Analízanse linaxes e
movementos celulares, podendo crear mapas de destino. Estes mapas indican os destinos de cada
parte dun ovo ou embrión nunha etapa posterior do desenvolvemento.

4.3 CULTIVO DE EXPLANTES E TRANSPLANTES DE CÉLULAS


Cultivo de explantes → pódese fragmentar un embrión e cada unha das partes obtidas mantelas en
cultivo. Ao desenvolverse orixinan estruturas que lembran ao que tería que dar no embrión.

Transplantes de células → un grupo de células é trasplantado a unha parte doutro embrión.


Ambos serven para coñecer o grao de compromiso co destino que se observa en certo
desenvolvemento. Estes estudos poden resultar nun caso de especificación ou de determinación.

4.3.1 ESPECIFICACIÓN
-Especificación CONDICIONAL: Especificación por factores secretados por células veciñas
Desenvolvemento regulador (compénsase a perda de células), dependente da interacción entre
células na nova posición (as células cambian o seu destino como resultado da interacción). Na
especificación condicional, o compromiso co destino é reversible: nun medio non neutro, as células
cambian o seu destino de acordo coa nova posición.

-Especificación AUTÓNOMA: Especificación por presencia diferencial de moléculas no


citoplasma. Desenvolvemento en mosaico (non se compensa a pérdida de células), independente de
interacción entre células (as células non cambian o seu destino si falta outra célula) Na
especificación autónoma, o compromiso co destino é irreversible: nun medio non neutro, as células
non cambian o seu destino de acordo coa nova posición.
4.4 TRANSPLANTE DE NÚCLEOS
Axudan a medir a potencia nuclear, é dicir, a capacidade que ten un núcleo para actuar como o dun
cigoto. Debido a estes estudos establecéronse os seguintes conceptos:

- Totipotencia → potencial completo dun núcleo para desenvolver todos os tipos celulares dun
organismo. Durante o desenvolvemento, os xenomas márcanse para limitar a expresión e
diferenciar, polo que cada vez as células somáticas teñen menos potencia nuclear, con todo, a
totipotencia mantense nas células germinales.

- Reprogramación → acción mediante a cal os núcleos de células somáticas, mesmo en estados


avanzados da súa diferenciación, poden ser reiniciados para conseguir expresar de novo todo o seu
potencial nuclear.
Tema 3: REPRODUCIÓN SEXUAL Y
ASEXUAL. DETERMINACIÓN DO
SEXO E CARACTERES SEXUAIS.
ORIXE DAS CÉLULAS XERMINAIS.

1. REPRODUCIÓN SEXUAL E ASEXUAL


A reprodución é a creación de novos individuos e a sexualidade é a combinación de xenes de 2
individuos para crear un novo.

1.1 CONXUGACIÓN(sexualidade sen reprodución)


Intercámbiase material xenético sen xerarse novos individuos. Dar en organismos unicelulares
como as bacterias.

1.2 ASEXUAL
Reprodución sen sexualidade, xéranse individuos idénticos e non combínanse xenes.

1.3 SEXUAL
Reprodución con sexualidade e intercambio xenético. Individuos dun tipo e outro fusiónanse ou
fusionan os seus gametos para formar un cigoto. Nun inicio sucedeu nas Chlamydomonas, que
fusionan os seus citoplasmas e logo os seus núcleos, seguido isto dunha meiosis para xerar
novos individuos. Cando comezaron a unirse en colonias apareceron as Volvocáceas, que
actuaban conxuntamente e realizaban tanto a reprodución sexual como a asexual. Neste caso os
organismos repartíanse as funcións e podían ser soma ou xeradoras de gametos (que eran
iguais morfolóxicamente os dun tipo e outro). Nos organismos pluricelulares xa aprécianse
diferenzas morfolóxicas entre gametos.
2. CÉLULAS XERMINAIS
Grupo de células con función reprodutiva que darán lugar aos gametose ou seu destino ven
marcado polo plasma xerminal(materiais citoplasmáticos,ARNm e proteínas,do ovo que marcan o
destino de certas células embrionarias como células xerminais, forman a estirpe/liña xerminal)
presente non seu citoplasma,este plasma xa aparece non ovo). As células xerminais non xorden
sempre nas mesmas zonas aínda que nos adultos sempre estarán nas gónadas. As células
xerminais poden darse tanto por especificación autónoma (presenza de moléculas no citoplasma)
como por indución.
Un exemplo da especificación autónoma dáse en Caenorhabditis elegans, nos determinantes
citoplasmáticos primeiro están dispersos, logo agrúpanse nunha parte do cigoto tras a 1º
segmentación do cigoto e grúpanse nun blastómero P que dará lugar a estirpe xerminal. Neste caso
o macho é X0 ( só un cromosoma X) e a femia é XX ( dous cromosomas X).

As células xerminais primordiais ( PGCs) aparecen na parede do saco vitelino. Tras iso, migran
ata o embrión a través do cordón umbilical e sitúanse nas gónadas indiferenciadas.

-Orixe das células xerminais en mamíferos: En mamíferos non son intrinsecamente


diferentes das outras células, non conteñen plasma xerminal específico, a especificación da célula
xerminal basease na interacción entre células (indución) e son inducidas por sinais dende o
ectoderma extraembrionario. As células xerminais primordiais NON XORDEN NAS GÓNADAS,
entran no embrión dende o tecido extraembrionario. As células xerminais son especificadas como
cél xerminais primordiais polo tecido extraembrionario.
3. DETERMINACIÓN DO SEXO
3.1POR FACTORES AMBIENTAIS
A temperatura de incubación é ou factor determinante en moitas especies de réptiles. Cada especie
ten un rango de temperatura no que se desenvolven cunha certa probabilidade machos e femias,
sendo as temperaturas extremas deste rango vos límites onde se xera só un sexo. Unha hipótese
sobre a extinción dous dinosauros deuse porque a caída do meteoro provocou un aumento dá
temperatura, ou que xerou só individuos dun mesmo sexo e, así, a súa desaparición.

Nos organismos hermafroditas poden cambiar de sexo dependendo dás condicións ambientais, sen
ser definitivo. No caso do equiúrido Bonellia viridis, cando ten lugar a fecundación fórmanse
larvas, estas larvas se caen no fondo mariño desenvólvense como femias e se contactan coa
proboscis dunha femia desenvólvense como machos e como machos entran na proboscis da femia.

3.2 DETERMINACIÓN CROMOSÓMICA


Neste caso ou sexo ven determinado pola dotación cromosómica dúas gametos que participan ou
non na fecundación. Sen embargo, a combinación de cromosomas sexuais para dar un sexo ou
outro cambia dependendo dá especie:

- En mamíferos a femia é XX e ou macho XY.


- Nos machos de Drosophila son X0, mentres que as femias son XXY (depende dá proporción
dos cromosomas sexuais con respecto ós autosómicos). En humanos estas dotacións darían lugar
a enfermidades que causan malformacións e diversos trastornos. Nestes casos determinados serían
ou síndrome de Turner (X0) e ou de Klineffelter ( XXY).

- En aves ou macho ten dous cromosomas iguais ( ZZ) mentres a femia ten dous diferentes
( ZW).

- En insectos como as abellas os zigotos diploides fecundados desenvolven femias mentres que
os ovos haploides sen fecundar dan machos.

3.3 MAMÍFEROS
O gameto feminino cun cromosoma X fusiónase co masculino, que ten ou ben un cromosoma X
ou un cromosoma . A futura gónada (carácter sexual primario) desenvólvese como testículos ou
ovarios segundo a dotación cromosómica obtida durante a fecundación. Todas as células do
corpo, tanto somáticas como gonadais, terán esta dotación no seu xenoma.
O xen Sry encóntrase no cromosoma Y e cando se expresa este xen a gónada diferenciase nun
testículo, este xen pode translocarse e aparecer no cromosoma X provocando a diferenciación da
gónada nun testículo aínda que o xentotipo sea XX. O xen Sry tamén pode non expresarse no xen Y
polo que a gónada diferenciarase nun ovario aínda que o xenotipo sexa XY.

4. DETERMINACIÓN DE CARACTERES SEXUAIS EN


MAMÍFEROS
4.1 PRIMARIOS
Caracteres sexuais primarios(gónadas) e secundarios(fenotipo), os caracteres sexuais primarios non
teñen porque conincidir co fenotipo. Os caracteres sexuais primarios non son determinados
hormonalmente e os secundarios sí. Os ovarios e testículos diverxen dende un precursor común: a
gónada bipotencial.

As crestas dás gónadas aparecen no mesodermo intermedio. Durante a etapa indiferenciada o


epitelio desta cresta xenital prolifera, extendéndose cara o tecido conxuntivo laxo. Formanse
cordóns sexuais que rodearán ás células xerminais primordiais ( PGCs) cando invadan a gónada
ás seis semanas do desenvolvemento. As PGCs que invaden a gónada son diploides (2 n). Unha
vez dentro sofren mitosis e logo meiosis para formar os gametos haploides ( n).

Na gónada indiferenciada podese distinguir os condutos de Wolff e Mull, unha vez que as células
xerminais invaden a gónada indiferenciada onde están os cordóns sexuais, facendo que se
transformen en túbulos que conterán as células xerminais en distintos procesos, e que se
desenvolverán en distintas partes do testículo(XY), noutro caso(XX) os cordóns rompense en
unidades máis pequenas(folículo, cada unha contén unha cél xerminal) e é rodeada por cél
somáticas e o conduto de Wolff perde relación coa gónada.

4.1.1 Gónada masculina

Os cordóns sexuais continúan a súa proliferación, formando unha rede de cordóns sexuais
medulares. Os cordóns testiculares perden o contacto co epitelio superficial e producen un
inhibidor dá meiose dás células xerminais (ata pubertade). Nese momento comeza a formación
dás células xerminais masculinas. Estas segregarán prostaglandina, que causará a diferenciación
do cordón en células de Sertoli (de soporte), capaces de segregar HIM e que sustentarán ou
desenvolvemento dos espermatozoides. Na pubertade fórmanse os túbulos seminíferos e as
células xerminais migran cara a periferia, onde comezarán a diferenciarse. Os testículos
conéctanse ó conduto de Wolff, que se diferenciará no epidídimo e o conduto eferente. Mentres
tanto fórmanse as células de Leydig (segregan testosterona ó corrente sanguíneo) a partir do
mesénquima do testículo. A hormona anti-Mulleriana provoca a desaparición do conduto de
Muller.

4.1.2 Gónoda feminina

As células xerminais localízanse na superficie e os cordóns iniciais dás gónadas dexeneran.


Créanse novos preto dá superficie externa ( cordóns sexuais corticais) e sepáranse en grupos,
cada un deles rodeando unha célula xerminal. Os cordóns sexuais diferenciaranse nas células
foliculares (de soporte) e as células mesenquimáticas en células dá teca (segregan estróxenos ó
corrente sanguíneo). Ambos os tipos celulares formarán os folículos. O conduto de Müller
mantense intacto e diferénciase en trompas de Falopio, útero, pescozo uterino e vaxina superior.
Como o conduto de Wolff non recibe testosterona, dexenera.
4.2 SECUNDARIOS
Afecta ó fenotipo fóra dás gónadas. Forma o sistema de condutos e xenitais externos masculinos
(pene, vesículas seminais e glándula prostática) e femininos ( vaxina, pescozo uterino, útero,
trompas de Falopio e glándulas mamarias). Son determinados por hormonas segregadas dende as
gónadas. Ante a ausencia de gónadas, xérase un fenotipo feminino sen importar a súa dotación
cromosómica.

Os ovarios producen estróxenos, ou que permite que os condutos de Müller se dirixan cara ou
útero, trompas de Falopio e ou extremo superior dá vaxina.

Os testículos segregan dous tipos de hormonas: HIM (hormona inhibidora do conduto de


Müller) que destrúe ou conduto, e a testosterona, que forma ou pene, ou sistema de condutos
masculinos e ou escroto, entre outros, ademais de inhibir ou desenvolvemento dás glándulas
mamarias.
Tema 4: Gametoxénese
A gametoxénese dáse dende o momento no que as células xerminais entran na gónada até que se
producen os gametos.

En ambos procesos ten lugar unha mitose seguida dunha meiose e dunha diferenciación.Nos
organismos cunha liña xerminal establecida que se separa das células somáticas durante o
desenvolvemento, as células xerminais orixínanse das PGC que migran cara as gónadas.
Organismos como as rás, nematodos e moscas son especificados autónomamente por determinantes
citoplasmáticos presentes no ovo como ARNm e proteínas específicas (plasma xerminal).

Noutros organismos como píntegas e mamíferos as PGC son especificadas mediante interaccións
coas células veciñas.

1.FORMACIÓN E MIGRACIÓN DA CÉLULA XERMINAL EN


MAMÍFEROS (4)
En ratos as células xerminais fórmanse na rexión posterior do epiblasto (unión entre epiblasto,
ectodermo extraembrionario, liña primitiva e alantoides). O ectodermo expresará BMP4, que fará
que certas células desa rexión expresen stella, o que restrinxirá o seu destino a células xerminais.
Estas migran dende a liña primitiva cara o endodermo, onde permanecen certo tempo ate que as
PGCs migran cara as crestas xenitais. Móvense mediante filopodios e teñen a capacidade de
penetrar monocapas ou migrar a través das láminas celulares. A proliferación das PGCs ven dada
polo factor de célula nai producido polas células que revisten o camiño da migración.
2.ESPERMATOXÉNESE
Cando as PGCs chegan á gónada, incluídas nos cordóns sexuais (ó madurar forman túbulos
seminíferos e o seu epitelio diferénciase a células de Sertoli). O comezo da espermatoxénese ven
regulado pola expresión de BMP8 por parte da espermatogonia (retroalimentación positiva). Todas
as divisións son incompletas, polo que se produce un sincitio de células na mesma fase da
diferenciación interconectadas por pontes citoplasmáticos.

Cando alcanzan a gónada as PGCs divídense e dan lugar a espermatogonias tipo A 1 , que pode dar
outra célula igual a ela ou unha espermatogonia do tipo seguinte, o A 2. Estas manteñen as anteriores
dúas posibilidades, e así en todos os tipos A. Chegados á espermatogonia tipo A 4, pode
autorrenovarse, sufrir apoptose ou diferenciarse a espermatogonia intermedia, a primeira célula nai
comprometida. Estas células sofren unha mitose e dan as espermatogonias tipo B, precursoras dos
espermatocitos I. Esta última transición está regulada pola cantidade presente dun factor expresado
polas células de Sertoli (altos niveles autorrenóvanse e baixos niveles pasan a espermatocitos I).
O núcleo do espermatocito I comeza a transcribir produtos do futuro axonema e acrosoma. Tras
sufrir a primeira división meiótica fórmanse os espermatocitos II, que realizan a segunda división
meiótica e orixinan as espermátidas (haploides).

A espermiación é o proceso polo cal se liberan as células sincitiales para dar os espermatozoides.
Todas as células xerminais atópanse no túbulo: baixo a membrana basal están as espermatogonias e
achegándonos cara o interior atopamos os espermatocitos I, os II e as espermátidas, que están en
contacto co lumen. No túbulo tamén atopamos as células de Sertoli e no exterior están as de Leydig
(células endocrinas que verten testosterona ó corrente sanguíneo).
2.1 CÉLULAS DE SERTOLI
O seu citoplasma rodea ás distintas células xerminais. Contactan entre elas a través das súas
prolongacións citoplasmáticas e forman unha unión estreita(unións de Sertoli) cas células
xerminais, . Esta unión vai ser a encargada da regulación do medio ao crear a barreira
hematotesticular á altura das espermatogonias. Debido a isto, evítase que os elementos
transportados pola sangue entren en contacto co resto de células xerminais. Con movementos
citoplasmáticos, as células de Sertoli tamén controlan a as células en translocación cara o lumen a
medida que se especializan. Tamén van formar unións Gap que lles permite controlar a
transferencia de molécus as CG e producen a hormona anti-mulleriana.
2.2 ESPERMIOXÉNESE

Transformación das espermátidas en espermatozoides. Prepara ó espermatozoide para a mobilidade


e a fecundación. Esta transformación prodúcese en bloque.

Pásase dunha forma esférica a unha célula adelgazada para gañar aerodinámica cun flaxelo.
Alárgase o núcleo, condénsase á cromatina(interveñen as protaminas, proteínas máis básicas cas
histonas) e cesa a transcripción. No citoplasma diferéncianse novas estruturas:

- A vesícula acrosómica: vesícula lisosómica enorme formada a partir do AG e do REr (enzimas,


proteasas). Cubre ó extremo anterior do núcleo enfrontando á membrana basal do túbulo
seminífero.
- Flaxelo: ó outro lado do núcleo crease o anoxema formado a partir dos centríolos. Este polimeriza
e organiza os microtúbulos que conformarán o flaxelo, formarase na parte posterior do núcleo onde
se asociará con mitocondrias. As mitocondrias concéntranse en torno ó anoxema flaxelar.
Resto de orgánulos elimínanse(AG forma unha vesícula) e liberanse os espermatozoides tras
espermiación. Os espermatozoides son haploides e acarrean o mínimo de información posible e son
o máis aerodinámicas posibles.

3. OVOXÉNESE
En mamíferos prodúcense poucos gametos femininos durante toda a vida do individuo. No embrión
humano, a oogonia divídese para formar células precursoras, pero antes do nacemento a maioría
dexeneran. Tras o nacemento non se producen máis divisións que afecten as células xerminais, non
aumentan de número.

As oogonias resultantes son os ovocitos I, que entran na división meiótica I, pero quedan detidas no
diploteno (profase I). No ovocito encontraremos gránulos corticales que se formarán durante o
proceso de diferenciación do ovocito I e que se encontran debaixo da membrana basal; zona
pelúcida que envolve o ovocito I

Na pubertade reiníciase de forma periódica a meiose, unha vez rematada a diferenciación e comeza
a ovulación. Como o fuso mitótico migra cara a periferia do ovocito I, orixínase unha célula máis
pequena (primeiro corpúsculo polar) ca outra, que será o ovocito II e que levara cromosomas
homólogos polo que será haploide. Este sofre a división meiótica II que sucede cando hai
fecundación (dependendo do organismo volve quedar detido na metafase II ou non) e ó seu final
fórmase o óvulo e o segundo corpúsculo polar(a presenza de 2 corpúsculos polares indica a
finalización da fecundación).
Cando as PGCs invaden a gónada, rodéanse de células foliculares que se dividen e acaban rodeando
ó completo o ovocito, creando a coroa radiata. Estas á súa vez rodéanse por células da teca, en
contacto cos vasos sanguíneos (producen estróxeno e libérano ó torrente sanguíneo). A estrutura
obtida é o primordio folicular. O folículo de Graf (maduro) contén unha cavidade chamada antro,
onde o ovocito está rodeado de células granulares. Este folículo maduro rómpese para soltar do
ovario ó ovocito II(unha vez formado sae do ovario) rodeado dalgunhas células foliculares e o resto
vai quedar dentro.

Para a súa diferenciación debe acumularse material para dirixir o desenvolvemento (enzimas,
proteínas estruturales, factores de transcrición, ribosomas, ARNm y ARNt) ou para obter enerxía
(vitelo e mitocondrias). Debido a isto, o oocito en crecemento é activo en transcribir xenes,
sobretodo no diploteno, cando os cromosomas estiran grandes lazos de ADN descondensado. Un
exemplo son as proteínas da zona pelúcida ZP1, ZP2 e ZP3. Cando o oocito madura, os
cromosomas vólvense a condensar.
En poucas especies animais o gameto feminino resultante é diploide e non precisa ser fecundado
para dar lugar a un novo individuo (partenoxénese).

O resultado da ovoxénese: núcleo haploide(antes ou despois da fecundación), acumulación de


citoplasma [+ vitelo (non en mamíferos placentarios) ], córtex de actina (+ microvellosidades) e
gránulos corticais, membrana celular e envoltas extracelulares.
3.1 MADURACIÓN DO OVO

No oocito fórmanse gránulos que conteñen enzimas (algunhas hidrolíticas) e que se sitúan en toda a
súa periferia. A envolta vitelina (en mamíferos zona pelúcida) é a matriz extracelular do oocito e
presenta microvellosidades que aumentan a súa superficie externa. Acumúlase citoplasma e vitelo
(menos en mamíferos placentarios) e o núcleo haploide alcánzase xeralmente na fecundación. A
fecundación de forma directa no óvulo soamente ocorre en Cnidarios e Equinodermos (ourizos de
mar).

O celo é unha ovulación periódica provocada por cambios ambientais de forma anual. Certa cascada
de reaccións causan a secreción de estróxeno por parte das células da teca, que provocará a
activación do patrón de conduta de apareamento á vez que se inicia a ovulación.
No caso de primates dáse unha variación do celo: o ciclo menstrual. Nel despréndese
periódicamente sangue e tecido endotelial uterino (endometrio).

Os oocitos I mantéñense no diploteno e están rodeados por folículo primario constituído por unha
capa epitelial de células da granulosa e outra mesenquimática de células da teca. De forma periódica
comézase o crecemento folicular, no que aumenta tanto o volume do oocito como o número de
células da granulosa do folículo (forman capas concéntricas). Tamén se forma un antro (cavidade
chea de proteínas e hormonas) e proliferan as células da teca, que segregan factores de crecemento
encargados de atraer os vasos sanguíneos. A maioría dos oocitos que chegan a esta etapa dexeneran.
Pouco despois desta etapa rómpese o bloqueo meiótico e fórmase o primeiro corpo polar, que queda
pechado na zona pelúcida co oocito II. O folículo produce estróxenos (fan que prolifere endometrio
cos seus vasos sanguíneos e adelgace o moco cervical para que pasen os espermatozoides) e entre o
aumento da presión folicular e a degradación da súa parede sae o oocito II. As células restantes do
folículo segregan proxesterona, que estimula o crecemento da parede uterina para a implantación do
blastocisto. Se o oocito II non se fecunda, cesa a proxesterona e despréndese o endometrio.
TEMA 5: FECUNDACIÓN
1. Fins da fecundación

-Transmitir os xenes dunha xeración a outra-->restablecemento da xeración diploide

-Activación do programa de desenvolvemento-->fórmase un novo organismo

2. ESTRUTURA DOS GAMETOS


ESPERMATOZOIDE

Consisten nun núcleo haploide cun sistema de propulsión(flaxelo) e un saco de enzimas, ademais de
presentar certos orgánulos modificados. Por diante do núcleo (que está moi empaquetado e
elongado) atópase o acrosoma, que contén as enzimas precisas para degradar e atravesar a cuberta
do gameto feminino. En moitas especies (ourizo de mar) entre o núcleo e a vesícula acrosómica hai
moléculas de actina, que serán usadas para xerar o filamento acrosómico durante a fecundación. O
espermatozoide viaxa mediante a axitación do seu flaxelo. A porción motora é o axonema, formado
por microtúbulos. A forza de impulso é provocada pola dineína, que hidroliza o ATP que provén do
anel de mitocondrias.

Os espermatozoides liberados en mamíferos son capaces de moverse pero non de fecundar, polo que
é preciso que pasen por unha fase de capacitación. É un conxunto de procesos sufridos polo
espermatozoide ó longo do tracto reproductor feminino (interactúan coas células e as súas
secrecións) que lles permite levar a cabo a reacción acrosómica ó modificar a súa membrana
plasmática. Hai catro cambios moleculares principais: eliminación do colesterol da membrana,
perda de certas proteínas e hidratos da superficie do espermatozoide, redución do potencial de
membrana (permite apertura de canles de Ca2+ durante a reacción acrosómica na fecundación) e a
fosforilación de proteínas.

*Reacción acrosómica: fusión da membrana plasmática do espermatozoide coa membrana externa


do acrosoma.
A diferencia entre os espermatozoides das distintas especies encóntrase no acrosoma pero o resto de
elementos son bastante similares.

GAMETO FEMININO
O ovocito conserva o material que posúe e está implicado activamente en acumular máis, creando
un almacén citoplasmático de diferentes tipos de moléculas.

Dentro do citoplasma tamén hai un gran núcleo. En especies como o ourizo de mar o núcleo é
haploide(completou a meiose, pouco vitelo) durante a fecundación mentres que na maioría de
mamíferos nesa mesma etapa son diploides. A membrana celular rodea ó citoplasma, regula o fluxo
de moléculas e ten que se capaz de fusionarse coa membrana do espermatozoide. Por fora presenta
unha membrana implicada no recoñecemento e formada por material fibroso.

En invertebrados denomínase envoltura vitelina, moitos gametos femininos de ourizo de


mar(acumulan pouco vitelo) tamén están rodeados por unha capa xelatinosa, que atrae e activa o
espermatozoide. En mamíferos trátase dunha matriz extracelular grosa chamada zona pelúcida. A
capa adxacente á zona pelúcida está formada por células foliculares(coroa radiata). En mamíferos
acumúlase pouco vitelo e en aves moito.

Dentro do córtex atópanse os gránulos corticais, que derivan do Golgi e contén enzimas
proteolíticas que evitan a entrada de espermatozoides adicionais tras a fecundación. Moitos gametos
femininos de ourizo de mar tamén están rodeados por unha capa xelatinosa, que atrae e activa o
espermatozoide.
3. Fases da fecundación
1. Preparación da fecundación

• Activación da mobilidade do espermatozoide

• Aproximación do espermatozoide ao ovoxénese

2.Recoñecemento, contacto e fusión de gametos

• 2.1. Activación do espermatozoide (reacción acrosómica)


• 2.2. Recoñecemento interespecífico de gametos
• 2.3. Contacto e fusión de gametos

3. Activación do ovo

• 3.1. Prevención da polispermia


• 3.2. Activación do programa de desenvolvemento
• 3.3. Fusión de núcleos

4.FASES DA FECUNDACIÓN EXTERNA (MODELO DO


OURIZO DE MAR)

1.PREPARACIÓN
ACTIVACIÓN DA MOBILIDADE
Actívase a forza motora polo cambio de pH que sufre a cabeza do espermatozoide ó entrar en
contacto coa agua do mar ademais de por péptidos activadores de espermatozoides segregados polo
óvulo. Estas moléculas provocan un incremento da respiración mitocondrial e a mobilidade dos
espermatozoides.
ATRACCIÓN E APROXIMACIÓN Ó OVO
A atracción realízase por quimiotaxis, usando sustancias específicas da especie segregadas polo
gameto feminino. Activación da mobilidade do espermatozoide por unha cadea de reaccións que
proporciona direccionalidade ó desprazamento do espermatozoide.

2.RECOÑECEMENTO, CONTACTO E FUSIÓN

ACTIVACIÓN DO ESPERMATOZOIDE
Iníciase polo contacto entre o espermatozoide e a capa xelatinosa (que se recoñecen entre eles), o
que provoca a apertura das canles de Ca +2. A membrana plasmática do acrosoma e do propio
espermatozoide se fusionan e se liberan as enzimas da vesícula acrosómica ó exterior. O
espermatozoide activado forma unha prolongación acrosómica (provocada pola polimerización de
actina) que adianta a súa chegada ó ser o primeiro que entrará en contacto coa envolta vitelina.

RECOÑECEMENTO DO OVO
Cando se rompe o acrosoma certa proteína que contiña (bindina) pasa a situarse na membrana
externa da prolongación acrosómica do espermatozoide. Esta proteína entrará en contacto cos
receptores de bindina da membrana vitelina e será responsable do recoñecemento específico. Isto
sirve de barreira interespecífica e evita fecundacións inviables. O contacto causa a exocitose da
vesícula acrosómica.

CONTACTO E FUSIÓN
O espermatozoide entra en contacto coa membrana perpendicularmente e toda a superficie do óvulo
é capaz de levar a cabo a fusión. É un proceso mediado por proteínas como a bindina, que ademáis
de participar no recoñecemento é capaz de fusionar as membranas. A fusión entre os gametos causa
a polimerización de actina no ovo para formar o cono de fecundación e fórmase unha ponte
citoplasmática a través da cal pasa o núcleo e o material contido na cola.

3. ACTIVACIÓN DO OVO

PREVENCIÓN DA POLISPERMIA
Débese impedir a unión de máis de dous núcleos haploides e a entrada de máis dun centríolo ó ovo
(dividirase para formar un fuso mitótico). Actívanse dous tipos de mecanismos para evitar a entrada
de máis dun espermatozoide no ovo:
- Bloqueo rápido(sucede nos primeiros 60 s tras o contoacto do espermatozoide): trátase de cambiar
o potencial de membrana (normalmente de -70mV) a valores positivos polo influxo de ións Na +.
Este mecanismo é pasaxeiro, polo que non é efectivo a largo prazo.

-Bloqueo lento: cando se introducen os materiais do espermatozoide, créase unha onda de liberación
do Ca2+ almacenado no RE (que rodea a grans corticais) ó citoplasma dende o punto de contacto do
espermatozoide até o resto da célula. Ó aumentar os niveis deste ión prodúcese a fusión de
membranas, o que causa que os graos corticais liberen ó espazo perivitelino as súas proteasas
(rompen proteínas de unión entre membrana vitelina e plasmática e modifican receptores de
bindina), GAGs (aumentan o espacio por provocar un gradiente osmótico e permitir a entrada de
H2O) e peroxidasas (endurecen a envolta vitelina). Isto causa que o espazo perivitelino aumente e
que a envolta vitelina se alonxe e endureza, creando a envolta de fecundación. O aumento de Ca 2+
tamén incrementa o pH, o que inicia a síntese proteica e a replicación.
ACTIVACIÓN DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO

O pH e o Ca 2+ ademais de iniciar o bloqueo lento da polispermia intervén na activación do


metabolismo do ovo e iniciación do seu desenvolvemento. Ocorre no citoplasma e é independente
dos núcleos parentais. Hai dúas respostas:

- Temperás: a mesma onda de Ca2+ reingresa o cigoto no ciclo celular e retoma a síntese de
proteínas. Actívase a kinasa que converte NAD+ en NADP+. É a coenzima que participa na
biosíntese de lípidos (construción de membranas precisas durante a segmentación), reduce o O 2 a
H2O2 e o seu estado reducido (NADPH) rexenera moléculas precisas para eliminar radicais libres
(H2O2) que poderían danar o ADN.

- Tardías: o intercambio de Na+ do medio co H+ intracelular provoca un aumento do pH. Isto xunto
ó aumento das cantidades de Ca2+ estimulan a síntese de novas proteínas (a partir do ARNm
materno) e do ADN.

FUSIÓN DE NÚCLEOS
Poden entrar as mitocondrias e o flaxelo do espermatozoide (normalmente son degradados). O que
sempre entra é o centríolo, que se duplica e forma os ásteres que participarán no achegamento
nuclear. No momento no que os dous núcleos se atopan dentro do ovo reciben o nome de
pronúcleos. O do espermatozoide descondénsase e as súas histonas específicas son reemplazadas
por outras almacenadas no citoplasma do óvulo (agora zigoto). Durante o achegamento replícase o
ADN de ambos pronúcleos. Realízase a fusión das súas envoltas nucleares (formando o núcleo
diploide do zigoto) e a primeira división sucede hora e media despois do contacto do
espermatozoide co óvulo.

5. FECUNDACIÓN INTERNA (MODELO DE RATÓN)

Os procesos que non especificamos danse de igual maneira que no modelo de ourizo de mar para a
fecundación externa.
PREPARACIÓN: ACTIVACIÓN DA MOBILIDADE E APROXIMACIÓN Ó
OVOCITO

Os espermatozoides saen dos testículos, pasan ó epidídimo e entran na vaxina. Ó seu final atopan o
útero e de alí pasan ó oviducto, que lles conduce ó infundíbulo onde se levará a cabo a fecundación.
Ó longo deste traxecto recibirán información que os leva a sufrir unha serie de modificacións. No
epididimo adquire mobilidade e remodela o seu acrosoma (maduración) e no tracto femenino sufre
cambios fisiolóxicos na superficie celular (capacitación) que o capacitan para fecundar o ovo.
Algúns dos tecidos dos que está formado o tracto reprodutor feminino son capaces de regular ós
gametos femininos e ós espermatozoides.

RECOÑECEMENTO, CONTACTO E FUSIÓN

RECOÑECEMENTO
As moléculas que participan nesta etapa son as glucoproteínas ZP2, a ZP3 (con moitos residuos de
azucres) e a ZP1 da zona pelúcida. As dúas primeiras forman cadeas lineais que estarán unidas pola
ZP1. Varias proteínas que se atopan na superficie do espermatozoide uniranse de forma específica a
ZP3(recoñecemento específico do gameto), e sen ela non se pode levar a cabo a fecundación.

ACTIVACIÓN
Cando ZP3 enlaza cos receptores, provócase o inicio dunha cascada de reaccións que abre as canles
de Ca+2 na membrana do espermatozoide, o que causa a exocitosis da vesícula acrosómica. Como a
zona pelúcida é moi grosa, son capaces de concentrar as enzimas hidrolíticas no punto de adhesión.
Durante a reacción acrosómica pérdese a porción anterior, onde se atopaban os sitios de unión a
ZP3. Os espermatozoides conservan a adhesión mediante unha unión secundaria entre proteínas da
membrana acrosómica interna e a glucoproteína ZP2, na zona pelúcida.

CONTACTO E FUSIÓN
O espermatozoide xa activado(sen acrosoma) entra en contacto coa membrana de forma inclinada,
contactando primeiro a súa zona lateral, onde se atopan as proteínas que participan no
recoñecemento. A súa cabeza é englobada pola membrana do ovo. Izumo é unha proteína da
membrana do espermatozoide e Juno é unha do ovo. Estas recoñécense entre elas e interveñen no
recoñecemento e na prevención da polispermia.
ACTIVACIÓN DO OVOCITO II

PREVENCIÓN DA POLISPERMIA
O contacto destas dúas proteínas(Izumo e Juno) pode activar mecanismos similares de bloqueo
lento da polispermia. Elévase o Ca2+, acto que causa a expulsión dos gránulos corticais. As enzimas
que conteñen modifican os receptores da zona pelúcida (eliminan cadea de hidratos de C de ZP3 e
fragmentan ZP2), polo que os espermatozoides non poden permanecer unidos ó ovocito II.

ACTIVACIÓN DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO


Soamente se dan respostas tempranas. Varias ondas de Ca 2+ relacionadas tamén coa reacción
cortical desencadean a activación do programa de desenvolvemento. Algúns eventos iniciados por
unha onda poderían son ser finalizados sen as ondas seguintes.

FUSIÓN DE NÚCLEOS
Cando o espermatozoide entra, as ondas de Ca2+ permiten a continuación do ciclo celular(o gameto
feminino estaba detido na metafase II), polo que se remata a meiosis II do ovo, tendo xa os 2(ou
máis) corpúsculos polares. O novo pronúcleo feminino xa é haploide e pódese duplicar o material
xenético de ambos pronúcleos antes de que os microtúbulos do áster inicien a mitosis. Os
pronúcleos rompen as súas membranas e o material xenético se mestura, a cromatina se condensa e
oriéntanse sobre un fuso mitótico común. Non se forma un verdadeiro núcleo diploide do zigoto até
o estadío de dúas células co embrión.

You might also like