You are on page 1of 86

Tema 1.

A organización do corpo
humano
Reflexionamos antes de comezar...
1. Que diferenza aos seres vivos dos seres inertes?
2. Cales son os niveis de organización dos seres vivos?
3. Que é a célula? Son todas iguais?

SER VIVO OU SER INERTE? Analiza as fotos.


Reflexionamos antes de comezar...
ORDENA OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN DUN SER VIVO
Órganos? Células?

Aparellos e sistemas? Tecidos?


Reflexionamos antes de comezar...
ORDENA OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN DUN SER VIVO
Células Tecidos

Órganos
Aparellos e sistemas
1.1 Niveis de organización dos seres vivos
TOMA NOTA NO CADERNO. PON EXEMPLOS!!
Nivel subatómico
• No núcleo: protóns e neutróns
• Xirando arredor do núcleo: Electróns
Nivel atómico e molecular
• Os átomos son as unidades indivisibles da materia, únense
entre si mediante enlaces químicos formando moléculas.
Todos os átomos existentes clasifícanse na...
Nivel atómico e molecular
• Os átomos (elementos) que compoñen a materia viva
denomínanse bioelementos (carbono, hidróxeno, osíxeno,
calcio...).
• Os bioelementos mais abundantes, os primarios, resúmense
co acrónimo CHONPS, e forman biomoléculas
Biomoléculas
• Como se orixinaron?
- Antigamente defendíase a orixe dalgúns seres vivos a través da
xeración espontánea, (que indicaba que os seres vivos se formaban
naturalmente a partir materias inertes sen sufrir ningún tipo de
proceso previo, simplemente aparecían). Hoxe xa está totalmente
demostrada como falso mediante mediante distintos experimentos
como o de Redi.

- Hoxe está demostrada a Teoría da sopa primixenia


Biomoléculas orgánicas
• Como se orixinaron? Teoría da sopa primixenia
- A atmosfera primitiva da Terra era rica en gases coma o metano,
amoníaco e vapor de auga.
- A enerxía das tormentas e a actividade volcánica fai reaccionar os
gases atmosféricos.
- Os productos caerían coa choiva aos océanos xerando a sopa
primitiva, e reaccionan entre sí dando biomoléculas.
1.2 A célula
Definición de célula
• A célula é a unidade morfolóxica e funcional
fundamental da que están formados todos os seres
vivos.
• A célula é capaz de realizar por si mesma as 3
funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.
Células e as tres funcións vitais
• Nutrición: Procesos mediante os cales as células obteñen a
materia e enerxía. As substancias tomadas do exterior,
nutrientes, úsanse para obter enerxía e construír/renovar
estruturas.
• Segundo a obtención dos nutrientes temos:
- AUTÓTROFOS: sintetizan a súa propia materia orgánica a
partir de materia inorgánica empregando unha fonte de
enerxía externa. Exemplo: organismos fotosintéticos como
plantas e algas.
- HETERÓTROFOS: deben inxerir materia orgánica xa
elaborada, como animais e fungos.
Células e as tres funcións vitais
• Relación: Permite ás células recoller información do
medio, e responder comunicándose co medio e con
outras células.
Células e as tres funcións vitais
• Reprodución: Proceso polo cal unha célula se divide dando
lugar a dúas células fillas.
- ASEXUAL: unha soa célula formar copias exactas de si
mesmo, é propia de seres vivos unicelulares ou
pluricelulares pouco evolucionados (bacterias, fungos,
algún caso en plantas).
- SEXUAL: require a fusión de 2 células xeralmente de 2
organismos distintos xerando un novo organismo con
características intermedias (animais, plantas).
ACTIVIDADES
• SINALA VERDADEIRO OU FALSO PARA AS SEGUINTES AFIRMACIÓNS

– Todos os seres vivos están formados por unha ou máis células.


– Cada célula pode transmitirlle as súas células fillas información xenética.
– A materia inerte está estructurada en niveis de organización de complexidade
crecente.
– Cada célula dun ser vivo realiza as funcións vitais.

• SINALA OS CATRO ELEMENTOS MÁIS ABUNDANTES NOS SERES VIVOS


- Hidróxeno
- Osíxeno
- Silicio
- Carbono
- Aluminio
- Nitróxeno
- Ferro
ACTIVIDADES
• SINALA VERDADEIRO OU FALSO PARA AS SEGUINTES AFIRMACIÓNS
– Todos os seres vivos están formados por unha ou máis células.
– Cada célula pode transmitirlle as súas células fillas información xenética.
– OS SERES VIVOS están estructurados en niveis de organización de complexidade
crecente.
– Cada célula dun ser vivo realiza as funcións vitais.
• SINALA OS CATRO ELEMENTOS MÁIS ABUNDANTES NOS SERES VIVOS
- Hidróxeno
- Osíxeno
- Silicio
- Carbono
- Aluminio
- Nitróxeno
- Ferro
CÉLULAS
• Todas as células teñen:

- Material xenético que controla o funcionamento celular.

- Citoplasma: formado polo citosol, no que se atopan


diferentes orgánulos con diferentes funcións dentro da célula.

- Membrana plasmática que as illa do exterior.


Tipos de célula
• Célula procariota
- Células pequenas: 1-10μm. Son as bacterias.
- Envoltura celular: parede celular + membrana plasmática.
- Sen núcleo: o material xenético está disperso no citoplasma, rexión coñecida como
nucleoide.
- Sen orgánulos membranosos
- Cápsula protexe fronte a condicións ambientais adversas (non aparece sempre)
- Apéndices ( flaxelo, pili) implicados no movemento bacteriano.
Tipos de célula
• Célula eucariota
- Células máis complexas e grandes: 10-100 μm. Animais,
vexetais, fungos
- Envoltura celular: Membrana plasmática (parede celular en
células vexetais)
- Con núcleo: o material xenético está rodeado de membrana.
- Con orgánulos membranosos.
Partes dunha célula eucariota
• Membrana plasmática
Núcleo
• Citoplasma
• Núcleo

Membrana
plasmática

Citoplasma
Partes dunha célula eucariota
• Membrana plasmática
- Delimita a célula (separa do medio externo) e controla o
intercambio de substancias co exterior

exterior célula

interior célula
Partes dunha célula eucariota
• Citoplasma
Espazo entre membrana e núcleo. Nel distinguimos:
- Citosol: medio fluído, acuoso.
- Orgánulos: realizan diferentes funcións celulares.
Partes dunha célula eucariota
• Núcleo
Estrutura esférica que contén o material xenético.
EXERCICIOS
ACTIVIDADE. Célula procariota e célula eucariota. Indica se a
afirmación é V ou F. Se é falsa, corríxea.
1. As células procariotas non teñen material xenético.
2. As células procariotas son de maior tamaño que as eucariotas.
3. As células eucariotas teñen o material xenético no núcleo.
4. As células procariotas teñen un núcleo de menor tamaño.
5. As células procariotas non presentan orgánulos membranosos.
EXERCICIOS
ACTIVIDADE. Célula procariota e célula eucariota. Indica se a
afirmación é V ou F. Se é falsa, corríxea.
1. As células procariotas SI teñen material xenético.
2. As células procariotas son de MENOR tamaño que as eucariotas.
3. As células eucariotas teñen o material xenético no núcleo.
4. As células procariotas CARECEN DE núcleo.
5. As células procariotas non presentan orgánulos membranosos.
EXERCICIOS
• Completa a táboa coas diferenzas entre unha
célula eucariota e unha procariota
PROCARIOTA EUCARIOTA
TAMAÑO
COMPLEXIDADE
ORGÁNULOS
MEMBRANOSOS
MATERIAL
XENÉTICO
ANIMAL
VEXETAL
BACTERIAS
EXERCICIOS
• Completa a táboa coas diferenzas entre unha
célula procariota e unha eucariota.
PROCARIOTA EUCARIOTA

TAMAÑO MENOR MAIOR

COMPLEXIDADE MENOR MAIOR

ORGÁNULOS NON SI
MEMBRANOSOS
MATERIAL XENÉTICO DISPERSO NO NÚCLEO
CITOPLASMA, REXIÓN
COÑECIDA COMO
NUCLEOIDE
ANIMAL X

VEXETAL X

BACTERIAS X
DEBUXA E COMPLETA NO TEU CADERNO
• CÉLULA PROCARIOTA
DEBUXA E COMPLETA NO TEU CADERNO

• CÉLULA PROCARIOTA
Orgánulos dunha célula
-Son estruturas presentes no citoplasma encargados de
realizar as diferentes funcións da célula.
• Ribosomas
NON
• Citoesqueleto
MEMBRANOSOS
• Centrosoma

ORGÁNULOS • Núcleo
• Retículo endoplasmático liso
• Retículo endoplasmático rugoso
• Aparato de Golgi
MEMBRANOSOS • Mitocondria
• Cloroplasto
• Vacuólos
• Lisosomas

https://www.youtube.com/watch?v=qVb9MReRx_c&ab_channel=NomasEstado
Orgánulos dunha célula
1. ORGÁNULOS NON MEMBRANOSOS
• Ribosomas
- Formadas por 2 subunidades (ambas formadas por ARN e
proteínas).
- Realizan a síntese de proteínas.
Orgánulos dunha célula
1. ORGÁNULOS NON MEMBRANOSOS
• Citoesqueleto
- Filamentos proteicos estendidos por todo o citoplasma.
- Manteñen a forma celular e participan no transporte de
substancias e na división celular..
Orgánulos dunha célula
1. ORGÁNULOS NON MEMBRANOSOS
• Centrosoma
- Presente só nas células eucariotas animais.
- Intervén da división celular.
Orgánulos dunha célula
2. ORGÁNULOS MEMBRANOSOS
• Retículo endoplasmático.
- Sacos e canles membranosos interconectados. Presentan
continuidade co núcleo.
-Retículo endoplasmático rugoso: Con ribosomas asociados.
-Retículo endoplasmático liso : Sin ribosomas
-Produce e almacena proteínas.
Orgánulos dunha célula
2. ORGÁNULOS MEMBRANOSOS
• Aparato de Golgi
-Conxunto de sacos aplanados no conectados entre si.
-Modifica e transporta lípidos e proteínas dende o retículo
endoplasmático ao exterior.
Orgánulos dunha célula
2. ORGÁNULOS MEMBRANOSOS
• Lisosomas
- Vesículas con enzimas hidrolíticas para facer a dixestión
celular.
- Presente só nas células eucariotas animais.
Orgánulos dunha célula
2. ORGÁNULOS MEMBRANOSOS
• Vacuólos

- Compartimentos cerrados para almacenar diferentes fluídos.


Orgánulos dunha célula
2. ORGÁNULOS MEMBRANOSOS
• Mitocondria
-Orgánulo con dobre membrana: externa lisa, interna moi
repregada en crestas.
-Encargada da respiración celular: produce enerxía, consume O2
e libera CO2.
Orgánulo da célula eucariota vexetal
2. ORGÁNULOS MEMBRANOSOS
• Cloroplasto
-Encargado da fotosíntese (grazas á clorofila dos tilacoides): usa a
enerxía da luz +H2O + CO2 para xerar materia orgánica + O2
Tipos de células eucariotas
CÉLULA ANIMAL CÉLULA VEXETAL
1. Non teñen parede celular 1. Con parede celular rodeando á
rodeando á membrana. membrana. Dálle rixidez e forma.
2. Non teñen cloroplastos. 2. Teñen cloroplastos con clorofila.
EXERCICIOS
- Todas as células teñen...

- Clasifica os seguintes orgánulos en membranosos ou non


membranosos.
a. Núcleo
b. Aparato de Golgi
c. Citoesqueleto
d. Retículo endoplasmático
e. Ribosoma
f. Cloroplasto
g. Lisosoma
h. Mitocondria
EXERCICIOS
- Todas as células teñen...

- Clasifica os seguintes orgánulos en membranosos ou non


membranosos.
a. Núcleo Membranoso
b. Aparato de Golgi Membranoso
c. Citoesqueleto Non membranoso
d. Retículo endoplasmático Membranoso
e. Ribosoma Non membranoso
f. Cloroplasto Membranoso
g. Lisosoma Membranoso
h. Mitocondria Membranoso
EXERCICIOS
- Indica cales das seguintes características corresponden a células
animais, cales a células vexetais, e cales a ambas.

Característica Animal Vexetal


Núcleo
Citoplasma
Membrana plasmática
Parede celular
Cloroplastos
Centrosoma
Lisosoma
Mitocondrias
EXERCICIOS
- Indica cales das seguintes características corresponden a células
animais, cales a células vexetais, e cales a ambas.

Característica Animal Vexetal


Núcleo SI SI
Citoplasma SI SI
Membrana plasmática SI SI
Parede celular NON SI
Cloroplastos NON SI
Centrosoma SI NON
Lisosoma SI NON
Mitocondrias SI SI
Mitocondria Lisosomas
Aparato Golgi Centrosomas
Núcleo Citoplasma
Retículo endoplasmático
Ribososomas Nucleolo
1.3 Tecidos humanos
- Os tecidos son agrupacións de células especializadas en
realizar una mesma función de maneira coordinada.
Tipos de tecidos
TECIDO EPITELIAL.
- Función: tapizar e protexer as superficies internas e externas do corpo.
- As células que o compoñen atópanse intimamente unidas.
- Distínguense dous tipos de epitelio.
• Tecido epitelial de revestimento: aparece tapizando superficies corporais ,
internas ou externas.
• Tecido epitelial glandular: aparece formando glándulas onde as células
especialízanse en segregar substancias, por exemplo, as glándulas salivares.
Tipos de tecidos
TECIDO MUSCULAR.
- Permitir o movemento do organismo
e o dos órganos.
- Formado por células alongadas, as
fibras musculares (miocitos) que
teñen capacidade para contraerse e
relaxarse.

- Distínguense tres tipos:


• Tecido muscular liso: produce movementos involuntarios. Presente en órganos como os do
aparato dixestivo, respiratorio...
• Tecido muscular estriado: ten a capacidade de producir movementos voluntarios. Forma parte
dos músculos.
• Tecido muscular cardíaco: presente no corazón, permite o movemento rítmico e continuo deste
órgano.
Tipos de tecidos
TECIDO NERVIOSO.
- Función: recibe, procesa e transmite a información polo organismo.
- Está formado por dous tipos de células:
• Neuronas: forma estrelada, con ramificacións. Transmiten o impulso nervioso.
• Células glía: nutren e protexen as neuronas. Non transmiten impulso nervioso.
Tipos de tecidos conxuntivo

TECIDOS CONECTIVO.
- Formado células rodeadas dunha substancia intercelular
denominada matriz.
cartilaxinoso
- Función:conectar os tecidos, servir de soporte aos órganos,
función de reserva ...
- Distínguense 5 tipos:
• Tecido conxuntivo : enche ocos entre órganos e espazos
(ligamentos e tendóns). óseo
• Tecido cartilaxinoso: función de soporte con consistencia
semirríxida (cartílaxes, máis brandas que os ósos) (orellas,
nariz).
• Tecido óseo: É almacén de fósforo e calcio, da soporte a partes adiposo
brandas do corpo, protexe órganos como o cerebro ou os
pulmóns (ósos).
• Tecido adiposo: especializado no almacenamento de lípidos
que constitúen unha reserva de enerxía (grasa).
sanguíneo
• Tecido sanguíneo: a diferenza dos tipos anteriores, a matriz
extracelular deste tipo de tecido é líquida (sangue).
ACTIVIDADE CADERNO
• Sinala verdadeiro ou falso para as seguintes afirmación e corrixe aquelas
que sexan falsas:

– Os epitelios están especializados en recubrir superficies, internas ou


externas.

– O tecido glandular é un tipo especializado de tecido epitelial.

– O músculo estriado produce movementos involuntarios.

– O tecido conectivo de tipo óseo forma un almacén de fósforo e calcio.

– O músculo liso produce movementos voluntarios.

– As células glía do tecido nervioso transmiten os impulsos nerviosos.


ACTIVIDADE CADERNO
– Os epitelios están especializados en recubrir superficies, internas ou
externas. VERDADEIRO

– O tecido glandular é un tipo especializado de tecido epitelial. VERDADEIRO

– O músculo estriado produce movementos involuntarios. FALSO


O músculo estriado produce movementos voluntarios

– O tecido conectivo de tipo óseo forma un almacén de fósforo e calcio.


VERDADEIRO

– O músculo liso produce movementos voluntarios. FALSO:


O músculo liso produce movementos involuntarios

– As células glía do tecido nervioso transmiten os impulsos nerviosos. FALSO


As neuronas do tecido nervioso transmiten os impulsos nerviosos.
1.4. Órganos
- Órgano: asociación de diferentes tecidos que traballan para
realizar unha función conxunta (corazón, estómago ...).
1.5. Sistemas e aparatos
• Os aparatos e sistemas son grupos de órganos que traballan
conxuntamente para realizar una función dentro do organismo.

• Os sistemas están formados por órganos homoxéneos ou


semellantes, xa que teñen o mesmo tipo de tecidos, e
contribúen a realizar unha función xeral común.
- Sistema sanguíneo - Sistema esquelético -Sistema muscular
- Sistema endocrino - Sistema nervioso -Sistema linfático
- Sistema inmune

• Os aparatos están formados por órganos heteroxéneos, é dicir,


que non presentan os mesmo tipos de tecidos, aínda que levan
a cabo unha función xeral común.
- Aparato circulatorio -Aparato locomotor -Aparato digestivo
-Aparato respiratorio -Aparato urinario -Aparato reproductos
1.5. Sistemas e aparatos
• Sistema esquelético: está
formado por todo o conxunto de
ósos do corpo. Ademais, da súa
función protectora, encárgase da
locomoción do organismo xunto
co sistema muscular.

• Sistema muscular: está formado


polo conxunto de músculos
esqueléticos. Encárgase da
locomoción do organismo e do
mantemento da postura.

• Aparato locomotor: está


formado polo conxunto de ósos
e músculos. Encárgase do
movemento do corpo.
1.6 Niveis de organización superiores
-Poboación: conxunto dos seres
vivos da mesma especie dun
ecosistema.

-Comunidade: conxunto dos seres


vivos do ecosistema.

-Ecosistema: conxunto dos seres


vivos, o lugar no que habitan e
todas as relacións entre eles.

-Bioma: áreas que comparten


clima, flora e fauna, polo que
albergan ecosistemas moi
semellantes.

-Biosfera: conxunto formado pola


Terra, os seres vivos que habitan
nela e as relacións que se
establecen entre eles.
• Un investigador envíache o seguinte correo. Leo detidamente e responde as
preguntas.

A que tecido
corresponde cada unha
das mostras?
1.7 A observación de células
Os microscopios
- As células e as súas partes son invisibles a simple vista, o ollo humano só
distingue elementos separados 0,2 mm. Para o demais precisamos os
aumentos dun microscopio.
Os microscopios
- O microscopio óptico : capaz de ampliar a imaxe de obxectos cuxo pequeno
tamaño non permite o seu estudo a simple vista.
-Estrutura:
 Parte óptica: formada polas lentes, o ocular e os obxectivos que permiten
observar a imaxe aumentada cando un obxecto é atravesado pola luz.
 Parte mecánica: formada pola base, o soporte e a platina.
 Sistema de iluminación que facilita a observación micoscópica.
Utilizan luz natural para observar as mostras, pode verse material vivo.
Os microscopios
- AUMENTO TOTAL QUE PERMITE UN MICROSCOPIO.
Para coñecer o número total de aumentos con que se observa unha preparación
débese multiplicar o número de aumentos do ocular polo número de aumentos do
obxectivo.

RESPONDE: Se utilizamos un ocular de 10 aumentos (10x) cun obxectivo de 40


aumentos (40x), cal é o aumento total co que estamos a observar a mostra colocada
na platina dun microscopio óptico?
Os microscopios
O microscopio electrónico.
- Obsérvanse estruturas máis pequenas (virus, orgánulos ) de ata 0,2 nm.
- Emiten feixes de electróns (teñen lentes magnéticas). Non podemos ver
material vivo.
https://www.youtube.com/watch?v=IsxZmtHU-lQ&ab_channel=CONICETDocumental

Bacterias (azul) vistas con microscopio electrónico


Os microscopios
Óptico. Rotífero
Electrónico. Mitocondria

Electrónico. Polen Óptico. Cebola


OS VIRUS
• Todo ser vivo é capaz de nutrirse, relacionarse co
medio no que vive e reproducirse.
• Os virus non son seres vivos, posto que:
– Non se nutren nin se relacionan e para facer copias deles
mesmos (reproducirse) precisan de forma obrigatoria a
intervención dunha célula viva.
– Non posúen organización celular (non son células).
OS VIRUS
• Os virus son partículas microscópicas constituidas
por:
– Ácido nucleico (ADN ou ARN): contén a información
xenética para controlar a súa replicación e a síntesis de
proteínas.
– Cápside: cuberta de proteínas
– Envoltura: recobre a cápside e non a posúen todos os
virus.
OS VIRUS
• Que provocan os virus?:
– Os virus atacan a calquera tipo de células provocando a súa
morte e causando enfermidades como a gripe,COVID -19, a
hepatite ou o SIDA.
– Son difíciles de combater e non se poden empregar
antibióticos, xa que son fármacos que matan ás bacterias pero
non aos virus.
– Pódense empregar antivirais que impiden a multiplicación dos
virus ou destrúenos, pero hai moitas enfermidades que non
teñen tratamento antiviral.
– Sólo o noso sistema inmune pode loitar contra os virus.
Vacinámonos para alertar ao noso sistema inmunitario sobre a
existencia de virus e para previr un posible contaxio.
– As medidas hixiénicas tamén poden impedir o contaxio de
enfermidades víricas.
ACTIVIDADES DE REPASO
a) Os átomos que forman parte dos seres vivos chámanse ______________
b) O osíxeno e o carbono pertencen ao nivel _____________
c) O primeiro nivel de organización con vida é o __________
d) Un tecido é a unión de moitas ______________
e) Os tecidos únense e forman ______________
f) A orixe da vida comezou en forma de moléculas sinxelas nos_____________
g) O microscopio co que podemos observar elementos vivos é ______________
h) O microscopio co que podemos observar elementos de 0.2 nm é___________
ACTIVIDADES DE REPASO
a) Os átomos que forman parte dos seres vivos chámanse biolementos.
b) O osíxeno e o carbono pertencen ao nivel atómico.
c) O primeiro nivel de organización con vida é o celular.
d) Un tecido é a unión de moitas células.
e) Os tecidos únense e forman órganos.
f) A orixe da vida comezou en forma de moléculas sinxelas nos mares.
g) O microscopio co que podemos observar elementos vivos é o óptico.
h) O microscopio co que podemos observar elementos de 0.2 nm o electrónico.
EDIXGAL 1: Ordena de máis simple a máis complexo os niveis de organización nos
seres vivos, sendo o primeiro o máis simple e o último o máis complexo.
ACTIVIDADE REPASO
• EDIXGAL 5: Relaciona os elementos das dúas
columnas:
ACTIVIDADE REPASO
Relaciona os elementos das dúas columnas:
 Núcleo: controla o funcionameno celular.
 Centrosoma: intervén na división celular.
 Aparato de Golgi: responsable da modificación e transporte
de lípidos.
 Mitocondria: encárgase da respiración celular.
 Cloroplasto: participa na fotosíntese.
 Ribosoma: sintetiza as proteínas.
 Retículo endoplasmático: encárgase da síntese, transporte e
almacenamento de substancias.
ACTIVIDADE DE REPASO
• Os virus son seres vivos? Cita 3 enfermidades
producidas por virus. Debuxa o virus e
identifica as súas parte
ACTIVIDADE DE REPASO
• Os virus son seres vivos?
• Os virus non son seres vivos, posto que:
– Non se nutren nin se relacionan e para facer copias deles
mesmos (reproducirse) precisan de forma obrigatoria a
intervención dunha célula viva.
– Non posúen organización celular (non son células).
• Cita 3 enfermidades producidas por virus.
– Gripe, Covid 19, Hepatite
• Debuxa o virus e identifica as súas parte
ACTIVIDADE DE REPASO
• Debuxa o virus e identifica as súas parte:
– Ácido nucleico (ADN ou ARN): contén a información
xenética para controlar a súa replicación e a síntesis de
proteínas.
– Cápside: cuberta de proteínas
– Envoltura: recobre a cápside e non a posúen todos os
virus.
ACTIVIDADE DE REPASO
• Completa os seguintes niveis de organización:
1.6 Niveis de organización superiores
-Poboación: conxunto dos seres
vivos da mesma especie dun
ecosistema.

-Comunidade: conxunto dos seres


vivos do ecosistema.

-Ecosistema: conxunto dos seres


vivos, o lugar no que habitan e
todas as relacións entre eles.

-Bioma: áreas que comparten


clima, flora e fauna, polo que
albergan ecosistemas moi
semellantes.

-Biosfera: conxunto formado pola


Terra, os seres vivos que habitan
nela e as relacións que se
establecen entre eles.
ACTIVIDADE DE REPASO
• Identifica os tipos de células e os seus compoñentes:
ACTIVIDADE DE REPASO
• Célula procariota
ACTIVIDADE DE REPASO
• Identifica os tipos de células e os seus compoñentes:
ACTIVIDADE DE REPASO
• Célula eucariota animal
ACTIVIDADE DE REPASO
• Identifica os tipos de células e os seus compoñentes:
ACTIVIDADE DE REPASO
• Célula eucariota vexetal
ACTIVIDADE DE REPASO
• Identifica os orgánulos
ACTIVIDADE DE REPASO
• Identifica os compoñentes da célula:

Ribosoma

Retículo Aparato de Golgi Membrana


NÚCLEO
endoplasmático plasmática
liso y rugoso

Lisosomas Vacuólo

Cloroplasto Mitocondria Centrosoma Citoesqueleto

You might also like