You are on page 1of 2

CPI Rodeiro.1º ESO. Bioloxía e Xeoloxía. Tema 6. Boletín 1. Curso 2019-2020.

Exercicio 1. Relaciona cada exemplo co nutriente que lle corresponde:

Sales minerais , glícidos , lípidos, ácido nucleico, auga.

Graxa
Glicosa
ADN
Ósos
H2O

Exercicio 2. Observa a célula da microfotografía:

a) Xustifica se a célula representada é


eucariota ou procariota.

b) Xustifica se a célula representada é unha célula animal ou vexetal.

c) Mide o tamaño da célula con unha regra e completa o seguinte texto:

A célula representada ten un diámetro (tamaño) de ...................... cm. Se expresamos este resultado
en milímetros, o seu tamaño na fotografía é de ..................................... mm. Ao dividir este resultado
polo número de aumentos do microscopio ( ........................................) obtemos que o tamaño real da
célula é de .................................................... milímetros. No mundo científico, expresamos o tamaño
das células en milésimas de milímetro, unidade coñecida tamén como micra (µ). Para obter o tamaño
desta célula en micras, dividimos o seu tamaño real entre mil. O tamaño desta célula en micras é de
................... µ.

Exercicio 3. Xustifica se a seguinte afirmación é correcta. No caso de ser incorrecta, corrixe o


enunciado: “ As células animais non teñen cloroplastos porque teñen nutrición autótrofa.”
Exercicio 4. Asocia cada parte da célula coa descrición que lle corresponde:

Parte máis interna dunha célula eucariota.


Controla a entrada ou saída de substancias.
Contén os orgánulos celulares.
Contén o material xenético (ADN) da célula.
Capa máis externa das células das plantas e dalgúns fungos.
Contén unha substancia acuosa chamada citosol.
Obtención de enerxía en células animais.
Síntese de compostos orgánicos a partir de compostos inorgánicos.
Almacena a información que regula o funcionamento da célula.
Protexe á célula vexetal.
Almacena substancias.

Exercicio 5. Completa o seguinte texto:

Cloroplastos – vacúolos – animal - célula – citoplasma – parede celular – citoplasma – eucariotas – ADN -
vexetal

A unidade básica que forma a todos os seres vivos chámase ................................................. As


células dos seres vivos protistas, fungos, animais e plantas son células
...........................................................

A célula eucariota caracterízase por ter o material xenético, tamén coñecido como ..........................,
independizado do resto do .................................................

Ademais, existen dúas variedades importantes dentro da célula eucariota: a célula ..............................
e a célula ................................................. As principais diferencias entre estes tipos de células
eucariotas áchanse nos seus orgánulos: os .............................................. e a
........................................... (exclusivos das células vexetais) , e os .............................................. (de
maior tamaño nas células vexetais). Estes orgánulos fan que as células eucariotas teñan dous tipos
de nutrición diferentes: autótrofa (células con ..........................................) e heterótrofa (sen eles).

Exercicio 6. Indica que tipo celular (procariota, célula animal ou célula vexetal) contén os seguintes
elementos.

Cloroplastos.
Gránulos de almacenamento de substancias (vacúolos).
Parede celular.
Núcleo.
Membrana plasmática.

You might also like