You are on page 1of 5

APUNTES BIOLOXÍA TEMA 1

1. OS SERES VIVOS ESTAMOS FORMADOS POR CÉLULAS


1.1. As primeiras observacións
1.2. A teoría celular
Unidade estrutural: Todos os seres vivos están formados, cando menos,por unha célula.
Unidade funcional: A célula é capaz de realizar as funcións básicas de todo ser vivo: nutrirse, relacionarse e
reproducirse
Unidade reprodutora: Unha célula é capaz de dar lugar a novas células e, ademais, só pode orixinarse por división
doutra que xa exista.
Unidade xenética: Todas as celulas están formadas por material xenetico (ADN)
2. A ESTRUTURA DA CÉLULA EUCARIOTA
As células dos animais, das plantas ou a dun paramecio denominanse células eucariotas. Todas teñen en común o
seguinte:
● A membrana celular ou plasmática. É unha fina capa que separa o contido da célula do medio que a rodea e
regula a entrada e a saída de substancias.
● O citoplasma ou contido celular. Nel pódese atopar unha gran variedade de estruturas inmersas no citosol,
unha solución acuosa de aspecto xelatinoso. Os orgánulos son estruturas celulares rodeadas dunha
membrana. A función do citoplasma é albergar os orgánulos celulares e contribuir ao seu movemento.
● O núcleo. É a estrutura máis grande e visible. O seu contido está separado do resto do citoplasma por unha
dobre membrana. O núcleo contén a información que controla o funcionamento da célula. Estas células teñen
verdadero núcleo. Porén, non todas as células eucariotas teñen a mesma forma ou tamaño, e tampoco son
idénticos os orgánulos do seu citoplasma.
2.1. A célula animal e a célula vexetal

Retículo endoplasmático: Conxunto de sacos e canais


membranosos, comunicados entre si, que se estende
polo citoplasma celular. Os sacos do retículo poden levar
acaroadas á súa parede externa ribosomas, unas
estruturas con forma de gran. No retículo fabrícanse una
gran variedade de substancias e os ribosomas fabrican
proteinas.
Citoesqueleto: Conxunto de filamentos que se distribúen
por todo o citoplasma formando unha rede. Constituen o
"esqueleto” da célula e interveñen nos seus movementos.
Mitocondrias: Teñen forma oval e unha dobre
membrana que delimita un espazo interior. Son os
orgánulos encargados de obter a enerxía para as
funcións celulares.
Centríolos: Teñen a aparencia de dous cilindros ocos,
cuxas paredes están compostas por finos tubos. Os
centríolos encárganse de dirixir o movemento dos
filamentos do citoesqueleto.
Aparato de Golgi: Está constituído por pías de sacos membranosos aplanados, rodeados de pequenas bolsas ou
vesículas. A estas incorpóranse moitos dos produtos que a célula fabrica no retículo. Ten unha importante función de
transportar substancias ao exterior.
Nucleolo: ocúpase da produción e ensemblaxe dos ribosomas das células.
Lisosomas: Son vesículas membranosas en cuxo interior se produce a dixestión das grandes moléculas orgánicas.

Vacúolos: Son grandes bolsas que poden conter auga con


substancias disolvidas ou outros compoñentes.
Cloroplastos: Son orgánulos ovais que conteñen un
pigmento verde chamado clorofila. Neles realízase a
fotosíntese.
Parede celular: E unha cuberta ríxida e grosa, disposta por
fóra da membrana celular. Está atravesada por finos
condutos que comunican as células veciñas.
3. O NÚCLEO E O CICLO CELULAR
As células, como calquera ser vivo, están sometidas a ciclos vitais de crecemento e multiplicación que se suceden
repetidamente. O ciclo celular é o período que transcorre desde que unha célula nace ata que se orixinan as súas
células filla. En cada ciclo sucédense dúas fases: a interfase e a fase de división.
Interfase: É o período que transcorre desde que una célula nace ata que se divide. Nel, a célula crece e transfórmase
en adulta.
Fase de división: Nesta etapa do ciclo celular, a célula divídese e orixina dúas células, é dicir, reprodúcese.
3.1. A estrutura do núcleo
O núcleo é a estrutura das células eucariotas que contén a información que controla o funcionamento da célula. O seu
aspecto é moi diferente segundo a fase do ciclo celular onde se atopen.
● O núcleo en interfase adoita ter forma esférica e estar situado no centro das células animais ou desprazado
cara á periferia nas vexetais. Nel distínguense as seguintes partes:
- Envoltura nuclear: É unha dobre membrana que o separa do citoplasma. Ten unas perforacións,
denominadas poros, que permiten o intercambio de substancias entre ambos os compartimentos.
- Cromatina. Consiste nunha maraña de filamentos que lle dan un aspecto grumoso ao interior do
núcleo.
- Nucléolo. Ten forma esférica e destaca entre a cromatina por estar debilmente tinguido. Pode haber
un ou varios, e neles fabrícanse os ribosomas que se exportan ao citoplasma.
● Ao iniciarse a división celular, o núcleo cambia de aspecto. A súa membrana vaise desintegrando e o contido
dispérsase por toda a célula; o nucléolo desaparece.
Os filamentos da cromatina, que antes constituían una maraña desorganizada, condénsanse e fanse moito
más grosos e curtos. Estes filamentos, agora con forma de bastonete, reciben o nome de cromosomas.
No interior das mitocondrias e dos cloroplastos tamén existen cromosomas. Aínda que son moi pequenos e de
aspecto circular, una pequenísima parte da información que controla o funcionamento da célula atópase no
interior destes orgánulos.
4. NON TODAS AS CÉLULAS TEÑEN NÚCLEO
4.1. A célula procariota
Existen organismos unicelulares, como as bacterias, nos que a información que controla o funcionamento da súa única
célula non está separada do resto do citoplasma por unha membrana. A este tipo de células chámaselles procariotas
para diferencialas das eucariotas, que posúen un núcleo verdadeiro.
Una célula procariota, como a dunha bacteria, ten estas características:
● O seu tamaño é, cando menos, dez veces menor ca o dunha célula eucariota.
● A súa forma tamén é variada.
● A súa estrutura é moi sinxela.
4.2. Estrutura das células procariotas

Parede celular: é de composición diferente á das células vexetais.


Cromosoma (ADN bacterial): posúe un único cromosoma de forma
circular que se atopa fortemente enrolado e disperso no citoplasma. A
rexión que ocupa chámase nucleoide.
Flaxelo: as bacterias teñen un ou varios.
Plásmidos: son pequenos cromosomas circulares. Poden conter un
número variable.

4.3. Forma das bacterias


● Cocos

● Estreptococos

● Bacilos

● Vibrións

● Espirilos
5. TODAS AS CÉLULAS SE NUTREN
As células obtenen os seus propios compoñentes, así como a enerxía necesaria para o seu mantemento. O
metabolismo son transformacións de materia e enerxía que incorporan do medio que as células realizan no seu
interior. O conxunto de todos estes procesos cinstitue a sua nutrición.
5.1. Tipos de nutrición celular
Dependendo do tipo de materia que obteñen do medio para fabricar os seus propios compoñentes, a nutrición pode ser
autótrofa ou heterótrofa.
● Nutrición autótrofa. As células con este tipo de nutrición elaboran os seus propios compostos orgánicos a
partir da materia inorgánica que incorporan do medio. Esta transformación require unha achega de enerxía.
As células verdes das plantas, das algas e dalgunhas bacterias, como as cianobacterias, realizan este tipo de
nutrición mediante a fotosíntese.
As células autótrofas posúen un pigmento chamado clorofila, capaz de capturar a enerxía da luz solar e
utilizala para converter os nutrientes inorgánicos, pobres en enerxía, en compostos orgánicos, ricos en enerxía
Neste proceso libérase osíxeno. Nas células eucariotas ten lugar nos cloroplastos.
Exemplo da fotosíntese dunha árbore:
A partir do CO2 das follas e o H2O e os sales minerais das raíces, coa axuda da clorofila que se atopa nas
partes verdes e que atrapa a enerxía luminosa, as células elaboran a materia orgánica que se atopa na árbore:
glícidos, hidratos de carbono, lípidos, proteínas e ácidos nucléicos (ADN, ARN). Este proceso necesita osíxeno
que se expulsa polas follas e unha achega de enerxía.

● Nutrición heterótrofa. As células con este tipo de nutrición obtènen compostos orgánicos a partir de materia
orgánica e inorgánica que incorporan do medio.
As células eucariotas que carecen de pigmentos fotosintéticos son heterótrofas. A maioría delas, como as
nosas propias células, reciben os complexos compostos orgánicos xa dixeridos e transformados en pequenas
moléculas orgánicas. Pero, nalgúns casos, como nas amebas ou nos glóbulos brancos, as células inxiren
grandes moléculas orgánicas que son dixeridas no seu propio interior, nos lisosomas.
Moitas bacterias son heterótrofas, algunhas obteñen a materia orgánica de seres vivos e son parasitas.
Outras, obtéñena de materia morta e son saprófitas.
5.2. A obtención de enerxía das células
Unha parte dos compostos orgánicos que as células heterótrofas incorporan do medio ou dos que as autótrofas
fabrican utilízase para obter a enerxía necesaria para o funcionamento celular.
As células extraen a enerxía destes compostos orgánicos mediante dos procesos:
● Respiración celular: As células utilizan o osíxeno para liberar a enerxía que conteñen os compostos
orgánicos. O proceso denomínase respiración celular, e nas células eucariotas sucede nas mitocondrias.
As mitocondrias son orgánulos que se encontran tanto nas células autótrofas coma nas células heterótrofas.
Nelas ten lugar a degradación da materia orgánica, que se transforma en compostos inorgánicos. Así,
recupérase a enerxía que conteñen os compostos orgánicos, que se pode utilizar para realizar as funcións
celulares. O proceso necesita osíxeno e xera dióxido de carbono e auga. A respiración celular produce 2 atp.
● Fermentación: Algunas células son capaces de liberar a enerxía almacenada nos compostos orgánicos en
ausencia de osíxeno. O proceso chámase fermentación e prodúcese no citosol.
Na fermentación, a materia orgánica degrádase de forma incompleta. Tras este proceso, quedan residuos
orgánicos e a cantidade de enerxía que se libera é menor ca na respiración celular. Hai células que sempre
empregan a fermentación para obter enerxía, noutros moitos casos, a fermentación é un proceso alternativo á
respiración. Se se dispón de suficiente osíxeno, realízase a respiración celular; no caso contrario, prodúcese a
fermentación. Na fermentación prodúcense 38 atp.

6. AS CÉLULAS RELACIÓNANSE E REPRODÚCENSE


6.1. A función de relación
As celulas reciben informacion en forma de estimulos. Un estímulo é calquera cambio nas condicións externas ou
internas dunha célula ou dun organismo que poden causar unha reacción de acomodación ou de fuxida das novas
circunstancias. A resposta mais frecuente e o movemento. Se unha célula pode moverse, a maneira mais eficaz de
responder è afastarse dun estimulo que pode ser prexudicial ou achegarse a el se reporta beneficios. O movemento
das células eucariotas pode facerse mediante pseudópodos, como os glóbulos brancos, ou por cilios ou flaxelos,
como os espermatozoides. Os cilios e os flaxelos son prolongacións móviles que permiten o movemento das células
para responder a estímulos.
As células tamên poden responder fabrizcando e segregando substancias; ou modificando o ritmo do seu ciclo
celular. Moitas células procariotas tenen flaxelos e tamén reaccionan movéndose. Se non poden facelo e as
condicións do medio se tornan adversas, forman esporas de resistencia.
6.2. A reprodución celular
Nas células eucariotas a fase de división celular require, en primeiro lugar, a división do núcleo e, despois, a división
do citoplasma.
● A división do núcleo. Debe ser equitativa e garantir que as dúas células filla reciban toda a información que
precisan para manterse con vida. Realízase mediante un complexo proceso denominado mitose. A mitose
divídese en catro fases: profase, metafase, anafase e telofase.
● A división do citoplasma. A repartición do citoplasma entre as células filla non ten por que ser equitativa; na
interfase crecerán ata o tamaño adulto.
Nas células procariotas é máis sinxelo. A célula nai pártese en dúas mediante un mecanismo que se coñece como
fisión; aínda que tamén este caso se garante que as células filla reciban toda a información necesaria.
A célula non é só a unidade estrutural dos seres vivos, senón que, ademais, é a unidade funcional. Isto significa que
é capaz de levar a cabo as funcións que caracterizan os seres vivos: a nutrición, a reprodución e a relación.
7. DAS CÉLULAS PROCARIOTAS ÁS EUCARIOTAS
A transformación dos microorganismos celulares e procariotos á celula eucariota prodúcese pola endosimbiose.
7.1. A teoría endosimbiótica
A bióloga norteamericana Lynn Margulis propuxo una teoría para explicar como aparecerían as células eucariotas a
partir das procariotas. Coñécese como teoría endosimbiótica. Este é o proceso:
1. Algunas protoeucariotas (eucariotas primitivas) fixéronse grandes dabondo como para atacar, engulir e dixerir
procariotas máis pequenas.
2. Algunas das presas puideron escapar ao proceso de dixestión e iniciar unha relación simbiótica co seu
hóspede.
3. Entre as procariotas superviventes había algunas moi eficaces no proceso da respiración, que sobrevivirían
convertidas en mitocondrias. Así, orixinaríanse as primitivas células eucariotas heterótrofas.
4. Algunhas das celulas con mtocondrias puideron incorporar otras procariotas moi eficaces no proceso da
fotosíntese.
5. As descendentes sobreviviron convertidas en cloroplastos. As células provistas de ambos os tipos de
hóspedes serian primitivas células eucariotas autótrofas.
A teoría endosimbiótica explica, de xeito fundamental, a orixe das mitocondrias e dos cloroplastos. Tamén achega
argumentos a prol da súa orixe bacteriana:
- Conteñen pequenos cromosomas circulares, semellantes aos que posúen as bacterias actuais.
- Teñen unha dobre membrana. A máis interna correspondería á da bacteria engulida e a máis externa proviría
da bolsa que se forma na fagocitose.
- O seu tamaño e aparencia coinciden cos das bacterias.
- Multiplícanse dentro da célula mediante un proceso similar ao que utilizan as bacterias (fisión).
8. COMO SE ORIXINOU A PRIMEIRA CÉLULA?
8.1. A xeración espontánea
Ata ben entrado o seculo XVII criase que na materia organica en descomposición Se podían producir seres vivos de
manera espontánea.
A simple observación do medio revelaba que da lama xurdían vermes; da carne podre, moscas, ou dos lugares
húmidos, cochinillas. Esta idea de que a vida se orixinaba de xeito permanente na Terra denominouse xeración
espontánea.
Ao longo dos séculos XVII e XVITI leváronse a cabo abondosos experimentos, a partir dos cales se puido concluír que
os vermes, as moscas ou as cochinillas unicamente aparecían se había ovos destes animais. Non obstante, aínda se
pensaba que os microorganismos podían urdir de maneira espontánea sobre os alimentos ou os caldos nutritivos.
Durante a segunda metade do século XIX, Louis Pasteur realizou una serie de experimentos que probaron, de
manera definitiva, que, igualmente, os organismos microscópicos se orixinaban unicamente a partir doutros
microorganismos.

8.2. O experimento de Pasteur


1. Louis Pasteur colocou caldo de carne en dous matraces iguais e dobrou o colo de ambos para que tivese
forma de S.
2. Quentou os matraces para esterilizar o líquido. Despois de varias semanas, observou que nos dous casos o
caldo non se descompoñía.
3. Cortou o colo dun deles e, ao cabo duns días, comprobou que o seu caldo se descompuxera. O do outro
permanecía intacto. Grazas ao colo en forma de S, o aire podía entrar, pero os microorganismos non.
8.3.Teorías sobre a orixe da vida
A teoría de como se orixinou o primeiro seer vivo máis aceptada pola comunidade científica actual é a denominada
teoría da síntese prebiótica (ou abiótica), que formularon Aleksandr I. Oparin e John B. S. Haldane.
A idea clave desta teoría atópase en que a vida na Terra xurdiu apartir da materia inorgánica existente. Podería
suceder da seguinte maneira:
1. Hai uns 4000 millóns de anos, a atmosfera da Terra primitiva era moi diferente da actual. Estaba formada por
metano, amonaco, hidróxeno e vapor de auga, e non tiña osíxeno libre.
2. Os gases da atmosfera reaccionaron entre si grazas á enerxía dos raios das tormentas, a enerxía das
erupcións volcánicas e ás radiacións ultravioletas do sol. Así, primeiro xeráronse moléculas orgánicas sinxelas
e despois, outras máis complexas
3. Os compostos orgánicos almacenáronse na auga dos mares e constituiron o que se coñece como a "sopa
primitiva".
8.4. O experimento de Miller
1. Stanley Miller Introduciu nun recipiente de vidro os gases que, segundo Oparin, compoñian a atmosfera
primitiva.
2. Fixo ferver auga para forzar a circulación dos gases.
3. Someteu os gases a descargas eléctricas.
4. Ao cabo dunha semana analizou o contido da auga e descubriu que se formaran compostos orgánicos.
Oparin propuxo que algúns dos compostos da "sopa primitiva" se unirían para formar esferas ocas, ás que chamou
coacervados. No seu interior quedarían encerradas moléculas, como os ácidos nucleicos, con capacidade para facer
copias delas mesmas. Así orixinaríanse os precursores das primeras células, é dicir, de LUCA.
Non todos os científicos están de acordo coa teoría de Oparin-Haldane, polo que existen outras hipóteses alternativas.
Por exemplo, a teoría de panspernia, que suxire que a vida, ou os seus compoñentes básicos, chegaron á Terra
procedentes doutro lugar do universo. Esta teoría non resolve o problema de como se orixinou o primeiro ser vivo.

You might also like