You are on page 1of 6

8

3. OS TECIDOS

As células con estruturas e funcións similares traballan xuntas para realizar funcións
específicas, formando tecidos.

Segundo a función que desenvolven e as súas propiedades, no corpo humano


diferéncianse varios tipos de tecidos: epitelial, conectivo, muscular e nervioso.

3.1. O tecido epitelial

O tecido epitelial componse de células que poden presentar formas diversas, pero que se
atopan moi unidas entre si. En función do lugar no que se localice, o tecido epitelial
realiza diversas funcións. Entre as máis importantes atópanse a de protección (pel), a de
absorción (intestino) e a de secreción (glándulas).

Diferéncianse dous tipos de tecido epitelial, ligados á función que desempeñan:

• O epitelio de revestimento: constitúe a pel e recubre os órganos. O seu labor é


protexer o corpo da entrada de substancias estrañas ou de microorganismos. Está
formado por células planas, cúbicas ou cilíndricas. Pode estar constituído por unha
ou varias capas de células. O epitelio de revestimento pode contar con cilios,
microvilosidades ou segregar moco. Algúns exemplos deste tecido son as mucosas,
situadas nos órganos que están en contacto co exterior, como o nariz; os
endotelios, nos vasos sanguíneos e o corazón; e a epiderme, que é a capa externa
da pel.

• O epitelio glandular: é o encargado de formar as glándulas, unhas estruturas que


fabrican e segregan substancias con distintas funcións, como a suor e as
hormonas. Son exemplos de glándulas as sudoríparas, as lacrimais, a hipófise e o
páncreas.

Epitelio de revestimento que


Epitelio glandular.
recubre a vexiga urinaria.
9

3.2. O tecido conectivo


O tecido conectivo une os órganos e os tecidos. Componse de distintos tipos de células
e dunha substancia que se atopa nos espazos entre as células, que se denomina matriz
extracelular. A matriz está formada por fibras, constituídas por proteínas que se unen
entre si formando longos filamentos.

Un exemplo son as fibras de coláxeno, formadas por a proteína denominada coláxeno. A


súa función é dar consistencia aos tecidos para que resistan a tracción, por iso abundan
en tendóns e ósos.

Existen distintos tipos de tecido conectivo, segundo a función que desenvolven.

3.2.1. Tecido conxuntivo (tecido conxuntivo denso).


- Está formado por fibroblastos que segregan a matriz extracelular.
- É moi resistente debido ás fibras de coláxeno.
- Serve de unión entre outros tecidos e órganos.
- Forma tendóns, ligamentos e a capa máis profunda da pel.

3.2.2. Tecido adiposo.


- Está formado por adipocitos: células que acumulan graxa.
- Serve de reserva de lípidos (polo tanto de reserva enerxética), actúa como protector
de órganos e illante térmico.
- Distribúese por todo o corpo.
10

3.2.3. Tecido cartilaxinoso (catilaxe).


- É unha matriz extracelular gelatinosa con fibras de coláxeno e fibras elásticas.
- Está formado por células chamadas condrocitos. As células precursoras dos
condrocitos chámense condroblastos.
- Hai recido cartilaxinoso no pavillón auditivo, o nariz, a traquea, os discos
intervertebrais, etc.

3.2.4. Tecido óseo.


- É unha matriz extracelular sólida formada por sales minerais de calcio e fósforo.
- Está formado por células chamadas osteocitos. As células precursoras dos
condrocitos chámense osteoblastos. Os osteoclastos son células que destruyen o
tecido óseo.
- Forma os ósos e, por tanto, o esqueleto do corpo humano.

3.2.5. Tecido sanguíneo.


- Forma o sangue e está constituído unha matriz extracelular líquida, o plasma.
- Os eritrocitos ou glóbulos vérmelos transportan osíxeno e dióxido de carbono.
- Os leucocitos ou glóbulos brancos encargarse da defensa do organismo.
11

- Os trombocitos ou plaquetas son fragmentos celulares que participan na


coagulación sanguínea.
- Distribúese por todo o sistema circulatorio

3.3. O tecido muscular

O tecido muscular constitúe os músculos. É o encargado dos movementos do corpo


humano. Está formado por unhas células alongadas chamadas fibras, ou miocitos, que
teñen uns filamentos moi delgados, as miofibrilas, feitos de proteínas (actina e miosina).
Grazas a estas proteínas, as células musculares contráense ao recibir os estímulos do
sistema nervioso. Existen tres tipos de tecido muscular:

• O tecido muscular liso: está formado por fibras musculares lisas e cun só núcleo.
A súa contracción é involuntaria. Este tipo de tecido atópase nas paredes dos vasos
sanguíneos e de moitos órganos, como o esófago, o estómago, a vexiga e os
intestinos. Imaxe A.

• O tecido muscular estriado ou esquelético: está constituído por fibras musculares


cilíndricas, estriadas e con varios núcleos. O seu aspecto estriado débese a que as
miofibrilas se colocan de maneira ordenada e forman bandas claras e escuras. Este
tipo de tecido muscular conforma os músculos encargados do movemento do
corpo humano, que están unidos aos ósos mediante os tendóns. O seu movemento
é voluntario e está controlado polo sistema nervioso central. Imaxe B.

• O tecido muscular cardíaco: está formado por fibras musculares estriadas dun só
núcleo e o seu movemento é involuntario. Sitúase nas paredes do corazón. Imaxe C.
12

3.4. O tecido nervioso

O tecido nervioso é o encargado de transmitir impulsos nerviosos. Componse de células


en forma de estrela chamadas neuronas.

A función das neuronas é xerar e transmitir o impulso nervioso a outras células do corpo
humano mediante as seguintes estruturas.

• Corpo celular ou soma: contén o núcleo e os orgánulos celulares. Del parten o


axón e as dendritas.

• Dendritas: son unhas ramificacións do citoplasma cuxa función é recibir o sinal


nervioso da célula anterior.

• Axón: é unha prolongación alongada mediante a cal as neuronas transmiten o


impulso nervioso dunha célula a outra. O axón remata en múltiples ramificacións
terminais.

4. ÓRGANOS, APARELLOS E SISTEMAS.

Xa vimos que o corpo humano se estrutura en diversos niveis, de modo que as células
especializadas na mesma función se agrupan e forman os tecidos, que á súa vez
constitúen os órganos, e estes forman aparellos ou sistemas.

Os sistemas e aparellos están constituídos por distintos órganos que se agrupan co


obxectivo de desenvolver funcións máis complexas.

• Os órganos son os principais compoñentes dos aparellos e sistemas. Cada órgano


está composto por tecidos e realiza unha función específica. Por exemplo: o
corazón, os riles, os pulmóns, o fígado, o estómago, o páncreas, os osos, os
músculos, etc.

• Os sistemas son conxuntos de órganos formados por tecidos similares, o que


determina que desempeñen a mesma función, como ocorre cos ósos no sistema
óseo e cos músculos no sistema muscular.
13

• Os aparellos están constituídos por órganos cuxos tecidos e funcións non teñen
por que ser semellantes, de modo que desenvolven tarefas diversas, pero de
maneira conxunta. Este é o caso, por exemplo, dos órganos dos aparellos dixestivo,
respiratorio, reprodutor ou excretor.

5. FUNCIÓNS VITAIS.

O ser humano, como o resto dos seres vivos, realiza tres funcións vitais, e clasificamos
os sistemas e aparellos segundo a función vital na que participan: nutrición, relación ou
reprodución.

5.1. A función de nutrición.

Na función de nutrición participan o aparello dixestivo, o aparello respiratorio, o aparello


circulatorio e o aparello excretor.

- Aparello dixestivo: a súa función é captar os alimentos, descompolos en nutrientes


útiles para as células e absorbelos. Os órganos principais do aparello digestivo son:

• O tubo dixestivo: formado pola boca, o esófago, o estómago e os intestinos.

• As glándulas dixestivas: inclúe as glándulas salivares, as glándulas gástricas, as


glándulas intestinais, o fígado e o páncreas.

- Aparello respiratorio: a súa función é captar o osíxeno do aire e expulsar dióxido de


carbono. Os órganos que o constitúen son:

• Os pulmóns.

• As vías respiratorias: boca, fosas nasais,


farinxe, larinxe, traquea e bronquios.

You might also like