You are on page 1of 11

T.

1 A CÉLULA

NIVEIS DE ORGANIZACIÓN DOS SSVV:


• -NIVELES ABIÓTICOS: N. subatómico- N. Atómico- N. Molecular- N. Supramolecular-
N: Orgánulos
• NIVELES BIÓTICOS:N. Celular- N. de Tecidos- N. Órganos- N. Sistemas e Aparatos- N.
Organismo- N, Poboación-N. Biocenose-N. Ecosistema

CARACTERÍSTICAS DOS SSVV


• Levan a cabo as funcións vitais (nutrición, relación e reproducciòn)
• Teñen unha estructura complexa, e estan compostos de Biomoléculas
• O seu compoñente estructural básico son as células.

TEORÍA CELULAR.
• Toda célula proven doutra xa existente
• As células son as unidades fisiolóxicas, morfolóxicas e xenéticas dos SSVV
• Todos os SS VV están feitos de unha ou mais células

-1.TIPOS DE CÉLULAS:
Células Procariotas:
Son as células que non teñen núcleo, están constituidas por unha membrana un citoplasma e o
material xenético, os únicos orgánulos que presentan son os ribosomas. A sua membrana plasmática
ten unhos pliegues ou invaxinacións chamados mesosomas nos que se levan a cabo gran cantidade
de reaccións químicas. No exterior poden presentar unha parede bacteriana con funcións de
protección, e flaxelos ou cilios con función de movilidade ou fixación o substrato.
Células Eucariotas:
Son as células que teñen o seu material xenético protexido no interior do núcleo. Presentan
diversidade de orgánulos de membrana (rodeados por unha membrana similar á plasmatica), entre
eles atopamos as mitocondrias, vacuolas, retículo endoplásmico liso e rugoso, cloropoastos,
lisosomas e aparato de Golgy. As celulas eucariotas poden ser clasificadas en:

I) Células Animais: II) Células Vexetais

-2. ORGÁNULOS CELULARES


➔ Núcleo:
É o orgánulo que nos permite diferenciar as células procariotas das eucariotas.
No interior atopamos o nucleoplasma, sustancia xelatinosa formada principalmente por auga xunto
con Acs. Nucleicos e proteínas. Ademais ten unha doble membrana (M. Nuclear) que presenta poros
nucleares através dos cales o núcleo intercambia proteínas e ácidos nucleicos có citoplasma.
Presenta unha zona mais oscura chamada Nucleolo na que o ADN, ARN e proteínas son mais
densos.

A función principal do núcleo e


protexer o Material Xenético
( ADN ) que se atopa asociado a
proteínas formando a cromatina.
Cando unha célula se divide, a súa
cromatina se condensa e se forman
os cromosomas, que non son mais
que o empaquetamento do ADN sobre un andamio de proteínas
para facilitar o seu reparto homoxéneo entre as células fillas.
O material xenetico é o que da lugar ás caractrísticas das células e organismos que o conteñen, y
controla as actividades celulares.

➔ - As Mitocondrias:
Son os orgánulos encargados da producción da enerxía precisa para que a célula leve a cabo toda a
súa actividade.
Para elo teñen lugar no seu interior unha serie de reaccións químicas metabólicas que conforman un
proceso denominado respiración celular, no que a partir de materia
orgánica (glúcidos e lípidos ) grazas a presenza de O2 liberase CO2, H2O,
e Enerxía (ATP).
A estrutura das mitocondrias consta dunha
dobre membrana que delimita un espacio
interno chamado Matriz Mitocondrial, a
Membrana mitocondrial esterna é lisa,
mentres que a interna presenta unhos
pliegues ou Cresta Mitocondriais.

As mitocondrias teñen os seus propios


ribosomas e o seu propio material xenético
consistente nun só cromosoma circular.

➔ -Os Ribosomas:
Os ribosomas son unhos orgánulos que non se atopan rodeados por unha membrana, están formados
por unhos ARN asociados a proteínas. Fórmanse no nucleolo, e a súa función é sintetizar ou
construir proteínas seguindo as instruccións que ten o
ADN.
Pódense atopar dispersos polo citoplasma ou unidos á
parede do Retículo Endoplásmico Rugoso.
Os ribosomas que se atopan nas células procariotas son
de menor tamaño que os das células eucariotas, Tamén
hai riBosomas nas mitocondrias (mitorribosomas) e nos
cloroplastos (plastorribosomas), en ambos casos son mui
similares ós ribosomas bacterianos (cels. procariotas)

➔ -O Aparello de Golgy:
Definese como un conxunto de sacos membranosos aplastados ou
como un grupo de monedas apiladas do que parten ou o que
chegan vesiculas con distintas sustancias producidas na célula.
Forma parte do sistema de membranas da célula, ten a fución de almacenar e modificar as
sustancias producidas no RER ou no REL, e tamén de transportalas hacia o exterior da célula, ou
donde se precisen.

➔ -O Retículo Endoplásmico:
Está formado por un grupo de cisternas, sacos ou tubos aplastados e conectados entre si e que
rodean ó núcleo.
Podemos diferenciar entre o R.E. Liso, que carece
de ribosomas na súa superficie e o R.E. Rugoso,
así chamado porque ten a súa superficie recuberta
de ribosomas. No primeiro caso a súa función é
producir e almacenar lípidos (sustancias grasas) e
no segundo proteínas (as sintetizan ou constrúen
os ribosomas e despois pasan ó interior do RER)

➔ -Vacuolas:
As Vacuolas son como grandes bolsas nas que as células
almacenan auga ou outro tipo de sustancias, as que pode,os
atopar na célula vexetal son moi grandes e teñen un papel
importante no mantemento da forma celular, mentres que nas
células animais son mais pequenas e

➔ -Cloroplastos:
Estes orgánulos só están presentes nalgunhas células vexetais.
Teñen unha dobre membraa que os protexe, e no interior
atópanse unhas estructuras chmadas tilacoides na membrana
das cales está a clorofila, no interior tamén teñen o seu propio
material xenético (ADN plastidial) e os seus propios
ribosomas (plastorribosomas). A función dos cloroplastos e
levar a cabo a fotosíntese, mediante a cual os organismos
autótrofos fotosintéticos poden producir materia orgánica a
partir da materia inorgánica.

➔ -Os centríolos:
Son duas estructuras cilíndricas ocas formadas por unha serie
de parellas ou tripletes de microtúbulos en forma de
filamentos. A súa función é formar estructuras como os
flaxelos e cílios construídos a partir de proteínas e que teñen a
función de permitir o movemento. Tamén interveñen no
momento da división da célula coa formación dos filamentos
de proteínas que dirixen o movemento dos cromosomas.
-Otras estructuras celulares:
➢ -Pared Celular:
Esta estructura so se atopa nas células vexetais.
É unha envolta protectora ríxida e con funcións
estructurais formada basicamente por celulosa

➢ -Membrana Plasmática:
A M.P. é unha das estructuras xunto có citoplasma e o
material xenético presentes en todo tipo de células. É
unha capa que rodea a toda a célula illándoa do medio no
que se atopa, permite o intercambio de sustancias entre o
interior e o exterior mediante diferentes métodos de
transporte. Tamén ten función de recoñecemento celular.
Está formada por unha doble capa lipídica na que se
atopan inmersas proteínas e glucolípidos (azúcares asociados a lípidos).

-3.FUNCIÓNS VITAIS NAS CÉLULAS


Nutrición:
A nutrición comprende todas as accións encamiñadas a conseguir materia e enerxía nas células, para
que poidan construir ou reparar as súas estructuras, dividirse e relacionarse co medio que as rodea.
A nutrición inclúe tres procesos I) Entrada de nutrintes nas células II) Utilizacion de eses
nutrintes para a producción de Enerxía (reaccións metabólicas) e III) Expulsión dos refugallos ou
residuos resultantes das reaccións metabólicas (excreción).
I)Entrada e Expulsión de Nutrintes:
O intercambio de substancias có exterior prodúcese a través da membrana plasmática. A forma na
que as sustancias pasan dun lado o outro depende do seu tamaño e carga eléctrica.
As partículas de menor tamaño ou lipófilas como os
gases O2 e CO2 e os lípidos, pasan por difusión simple
das zonas donde se atopan a unha maior concentración
hacia as zonas nas que se atopan a unha menor
concentración atravesando a membrana.

As substancias de tamaño medio ou con cargas


eléctricas, pasan a traves de proteínas especiais que
forman canles que atravesan a membrana ou son
bombeadas por outro tipo especial de proteínas que
gastan enerxía no proceso.

As partículas mais grandes son inxeridas


mediante un proceso chamado endocitosis, polo
cual a célula emite unhas prolongacións ou
pseudópodos que acaban englobando a particula
que pasa a formar parte dunha vesícula á que se
verten enzimas dixestivos que axudan na súa
degradación. Os materiais tóxicos xerados no
proceso poden ser expulsdos a través de
vesiculas que primeiro os almacenan e despois se fusionan coa membrana para escretalos ó exterior.

II) Utilización dos Nutrintes para obter Materia e Enerxía.


Todo o conxunto de reaccións químicas que teñen lugar na célula é o que coñecemos como
metabolismo. Podemos dividir todas as reaccións en dous tipos:
• Anabolismo: É o conxunto de reaccións de construcción ou síntese de moléculas grandes
(macromoléculas) a partir de moléculas de pequeno tamaño, para elo precísase de gasto de
enerxía, normalmente en forma de ATP. O exemplo típico de reacción anabólica e a
Fotosíntese.
• Catabolismo: É o conxunto de reaccións metabólicas de degradación ou rotura de moléculas
de gran tamaño para liberar Enerxía normalmente en forma de ATP. Un exemplo de reacción
catabólica é a Respiración Celular

Os procesos anabólicos e catabólicos


soen estar acoplados, de xeito que a
enerxía que se libera nuns utilízase nos
outros
Todas as reaccións químicas que teñen
lugar no interior das células están
catalizadas (aceleradas) por unhas
proteinas especiais chamadas enzimas.
Existen dous tipos de nutrición dependendo de cales sexan as fontes de carbono utilizadas polos
SSVV:
A) A Nutrición Autótrofa, é aquela na que a fonte de C é inorgánica, fundamentalmente
CO2, Tamén se define a nutrición autótrofa como a de aqueles organismos que forman a súa materia
orgánica a partir de materia inorgánica
B) A Nutrición Heterótrofa é aquela na que a fonte de C é orgánica (azúcares, grasas,...).
Tamén se define como a nutrición de aqueles organismos que precisan inxerir materia orgánica para
formar a súa propia materia orgánica.

Función de Relación
Consiste en ser capaz de captar os estímulos (cambios físicos como a Tª, Presión, condicións de luz;
ou químicos como conc de nutrintes ou tóxicos no
medio) e elaborar respostas axeitadas. As respostas poden ser estáticas (sen movemento), como
formar unha espora de resistencia si as condicións son desfavorables., ou dinámicas ( si implican o
movemento da célua).
As respostas dinámicas están moi relacionadas coas proteínas do citoesqueleto e coas estructuras
especializadas como os flaxelos que mediante un movemento de rotación permiten que a célula se
desplace. No movemento cilial os responsables do movemento son os cilios (prolongacións
citoplasmáticas encauzadas polo citoesqueleto).

Función de Reproducción
A Función de Reproducción a nivel celular se coñece como División Celular, e consiste na
formación de duas ou mais células fillas a partir dunha célula nai. De forma mui básica podemos
decir que consta de duas fases:
Unha primeira na que se produce a duplicación do material
xenético e o seu reparto de forma equitativa entre as células
fillas,

e unha segunda na que se produce o reparto do citoplasma.

Nos organismos unicelulares a división celular da lugar á reproducción do


individuo, xa que a partir de un individuo unicelular se forman dous ou
mais individuos.
Nos organismos pluricelulares a división celular permite rexenerar as células que van morrendo, ou
reparar os tecidos lesionados, ou permite que o organismo aumente de tamaño.

Tipos de División Celular:


1. Bipartición: A célula nai da lugar a duas células
fillas do mesmo tamaño. bacterias e protozoos se
dividen de esta forma (exemplo do vídeo
anterior).
2. Xemación: As células fillas dan lugar á formación
de pequenas estructuras como xemas da célula nai.
Dase en levaduras(fermentos)
3. Esporulación:No interior da célula o nucleo se
divide varias veces e se rodea de unha pequena
porción de citoplasma e de membrana, ata que
finalmente a célula nar se rompe e libera todalas
esporas que medraran ata alcanzar o seu tamaño
completo. Dase en fungos e algúns protozoos.

T. 2. INFORMACIÓN XENÉTICA, ÁCIDOS NUCLEICOS E


DIVISIÓN CELULAR

ÁCIDOS NUCLÉICOS
Defínense como polímeros de nucleótidos, o que quere dicir que son grndes moléculas formadas
por pequenas moléculas Monómeros) enlazadas que se repiten miles de veces. neste caso as
unidades que se repiten son os nucleótidos.
Os nucleótidos están formados por un azucar de 5 carbonos (ribosa ou desoxiribosa), unha base
nitroxenada (Adenina, Guanina, Citosina, Uracilo, ou Timina) e un Ácido fosfórico.

Tipos de Ácidos Nucléicos:


1) ARN.
Pódese atopar o ARN tanto no interior do núcleo como no citoplasma da
célula. Está formado por a ribosa, as bases A, G, C, e U e o ácido
fosfórico. Soe ser monocatenario (formado por unha soa febra lineal de
ribonucleótidos). Hai varios tipos de ARN, ARN ribosómico(forma parte
da estructura dos ribosomas), ARN transferente (transporta os aminoácidos
durante a formación das proteínas), ARN mensaxeiro (leva o mensaxe
xenético que permite construir as proteínas dende o ADN ata os
ribosomas).

2) ADN
O ADN está presente no interior do núcleo das células eucariotas, no citoplasma das procariotas, e
tamén no interior das mitocondrias e dos cloroplastos.
O azucar do ADN é a desoxiribosa, e as bases nitroxenadas son A, G, C,
e .T. A súa estructrua coñecese como o modelo da Dobre Héice, e foi
descuerto por Watson de Crick no ano 1953. este modelo establece que o
ADN está formado por dúas febras paralelas enfrentadas polas súas bases de
maneira complementaria, o que quere dicir que donde nunha cadea hai unha
A na outra cadea de enfrente hai unha T e donde hai unha C enfrente sempre
haberá unha G, os enlaces mediante pontes de H que se establecen entre as
bases son as que manteñen a estructura do ADN estable. Ademais ámbalas
duas cadeas pléganse no espacio como unha hélice ou unha escaleira de
caracol, coas bases enfrontadas cara adentro da escaleira e os azúcares e os
fosfatos cara afora.
A función básica do ADN é servir de almacén a información xenética necesaria para construir un
organismo, tamén interven no reparto equitativo de esa información entre as células fillas tras a
división da célula.
As células cando non se están dividindo para formar outras
células dise que están en interfase. Durante ese período de
interfase o ADN está no interior do núcleo en forma de
CROMATINA enrolado sobre proteínas para de esta forma
ocupar menos espacio, pois hai que ter en conta que o ADN que
hai no interior do núcleo dunha célula de 2 ou 3 micras de
diámetro pode chegar a medir mais dun metro de longo. Cando a
célula se vai a dividir primeiro duplica o seu ADN (fai unha
copia) có que ten ainda o dobre de ADN, por eso precisa
empaquetalo mais durante a división, esta é a razón pola que se
forman os cromosomas, que non son mais que estructuras
formadas por ADN super empaquetado có fin de facilitar o
reparto do material xenético durante a división celular.
Os cromosomas clasificanse en función de onde teñan o seu
centrómero (lugar de unión das duas copias ou cromátidas) en:

Defínese cariotipo como o conxunto de cromosomas de un individuo. Os organismos poden ser


hapoides (n) si as súas células só teñen un xogo de cromosomas ou diploides (2n) se teñen dous,
neste último caso decimos que os individuos teñen n pares de cromosomas homólogos
(cromosomas que teñen información para os mismos caracteres (características observables a cor
dos ollos). O ser humano por exemplo é un organismo diploide con 46 cromosomas, temos 23 pares
de cromosomas, os nosos gametos óvulos e espermatozoides son haploides xa que cada un contén
nada mais que 23 cromosomas ( un xogo completo).

SÍNTESE DE PROTEÍNAS
As proteínas son biomoléculas de tamaños enormes,
formadas por a unión de miles de moleculas de pequeno
tamaño chamadas aminoácidos. Existen unhos 20
aminoácidos distintos e miles de proteínas distintas, que se
diferencian na posición e no número de veces que se repite
cada aminoácido, o que da lugar a unha forma
tridimensinalmente que se relaciona coa función das
proteínas.
As proteínas son as biomoléculas que realizan unha maior
diversidade de funcións no noso organismo, desde o
transporte de distintas sustancias, ata a coagulación do
sangue, a contracción múscular, a loita contra as
infeccións, a construcción de ligamentos e tendóns e as
funcións hormonais (insulina...) e de control de todas as
reaccións químicas que ocorren no interior e exterior das
células. É por eso que o ADN como portador da
información xenética que da lugar á construcción de todas
as proteínas do corpo, controla o funcionamento da célula

Transcrición e tradución
O proceso da construcción das proteínas a partir da
información almacenada no ADN ten dúas fases
chamadas transcrición e tradución

• Transcrición: ten lugar no interior do núcleo.


Consiste nunha serie de máquinas bioquímicas
(enzimas ) que abren a dobre febra de ADN e van
lendo a súa secuencia de nucleótidos çó tempo que
van construíndo unha cadena de ARNmensxeiro
(ARNm) seguindo a complementariedade dos
nucleótidos, é dicir donde no ADN hai unha
Adenina no ARN se pon un Uracilo, e donde hai
unha citosina se pon unha guanina, e donde hai
unha Timina no ADN no ARN se pon unha
Adenina. Sempre seguindo esta sencilla regla a
cadena de ADN se copia fielmente nunha cadea de ARN. Este ARNm finalmente se libera
do ADN e sale do núcleo.Por exemplo unha febra de ADN que fora AATGTCACCGTCA,
se transcribiría como UUACAGUGGCAGU seguindo a complementariedade de bases dos
nucleótidos.
A febra de ARNm resultante sairá donúcleo a través dos poros nucleares e no citoplasma se unirá ós
ribosomas para levar a cabo a seguinte fase.
• Tradución: Este proceso lévano a
cabo unhos orgánulos chamados
ribosomas , que están formados por
un tipo especial de ARN chamado
ARNribosomal (ARNr) e mais
proteínas. Estas estructuras permiten
a “lectura" da secuencia de
nucleótidos do ARN de forma que
por cada 3 nucleótidos (triplete ou
codón) permiten que un aminoácido tranportado por outro tipo especial de ARN de
transferencia (ARNt) se una á cadea de proteína en crecemento. De este xeito a orden na que
se colocan os aminoácidos nas proteínas ven determinada pola secuencia dos nucleótidos no
ADN. Cando se traduce toda a secuencia de ARNm a proteína está completa e sepárase do
ribosoma e do ARNm, liberándose no citoplsma si o ribosoma está libre nel, ou ó interior do
Retículo Endoplasmático Rugoso si o ribosoma está unido á sua membrana.

You might also like