You are on page 1of 10

TEMA 32. LA CLASIFICACIÓN DE LOS SERES VIVOS.

TAXONOMÍA Y NOMENCLATURA. LOS VIRUS Y SU


PATOLOGÍA. OTRAS FORMAS ACELULARES.

0. ÍNDICE

Índice
0. ÍNDICE............................................................................................................................................1
2. CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS........................................................................................1
3. TAXONOMÍA E NOMENCLATURA...........................................................................................2
4. OS 5 REINOS, RELACIÓNS EVOLUTIVAS................................................................................3
5. OS VIRUS E A SÚA PATOLOXÍA................................................................................................5
5.1. Clasificación dos virus..............................................................................................................6
5.2. Ciclo reproductivo....................................................................................................................6
5.3. Patología...................................................................................................................................8
6. OUTRAS FORMAS ACELULARES.............................................................................................8
7. CONCLUSIÓN................................................................................................................................9

1. INTRODUCIÓN
Non podemos entender a diversidade e uniformidade dos seres vivos se non é a través da luz da
evolución. Para estudar a diversidade necesítase agrupar, ordenar e darlles nomes ás especies, é
dicir, clasificalas.
Foi Aristóteles quen realizou os primeiros intentos de clasificación, clasificou aos animais en con
sangue e sen sangue, posteriormente reclasificounos segundo o seu hábitat, en mariños, terrestres e
voadores. Clasificou as plantas en herbáceas, arbustivas e arbóreas. Esta clasificación estivo vixente
ata o século XVII.
Foi no século XVIII cando Linneo propuxo un sistema de clasificación que é a base do actual.
Agrupou no mesmo grupo a aqueles seres vivos que presentaban caracteres similares.
No Século XX os avances en distintas disciplinas como a xenética ou a bioquímica permitiron
deseñar clasficacións que son verdadeiras árbores xenealóxicas das especies.

2. CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS


https://www1.biologie.uni-hamburg.de/b-online/ibc99/botanica/botanica/taxonomi.htm
A unidade básica de clasificación é a especie. En 1940 E. Mayr defininiuna como o conxunto de
poboacións que se poden cruzar entre si e dar lugar a unha descendencia viable.
A sistemática é a parte da bioloxía cuxo obxectivo é crear sistemas de clasificación qeu expresen
de mellor maneira posible os grados de similitude entre os organismos. Distinguimos dous sistemas:
• Os sistemas artificiais elixían arbitrariamente uns determinados caracteres como principais.
Por exemplo o número de pezas florais. Foi empregado por Linneo.
• Sistemas naturais (ou sistemas científicos): baséanse no grado de parentesco que hai entre
as especies. Agrúpanse segundo sexan descendentes dun antepasado común.
Coa publicación do libro a Orixe das especies de Darwin intentáronse realizar sistemas naturais que
funcionasen como árbores xenealóxicas das especies. As similitudes entres os organismos podían
ser agrupadas en dous tipos: ou eran consecuencia de procesos de adaptación independentes a
ambientes semellantes, ou eran a evidencia de que ambos organismos tiveron que ter un pasado
común. Hoxe estas similitudes coñécense como analoxías ou homoloxías, respectivamente.
Un exemplo de homoloxía é o membro anterior dos tetrápodos (ala dunha ave, aleta dunha balea,
pata dun cabalo ou o brazo do home). E un exemplo de analoxía é a forma fusiforme dun peixe ou
dun golfiño.
Con todo isto, nace a filoxenia, que é a rama da bioloxía que estuda as relacións evolutivas coa
incorporación de información xenealóxica, é como a historia ou crónica da evolución das especies.
O actual sistema de clasificación baséase nos seguintes pasos:
1. O organismo a clasificar asíngnaselle un taxón por medio das súas características externas
en común con membros dese mesmo taxón
2. Próbase se esas similitudes son homoloxías. Téñense en conta os fósiles cando sexa posible.
3. Compáranse varias etapas do seu ciclo de vida e patróns de desenvolvemento embrionario.
*A causa das dúbidas que poden xurdir por estes métodos (denominados tradicionais) aplícanse
diferentes técnicas:
• A fenética numérica: é totalmente obxectiva e cuantitativa. Todos os rasgos se tratan por
igual e a partir da presenza ou ausencia destes rasgos ou das medidas cuatitativas dos rasgos
calcúlase un índice de similitude entre os grupos a clasificar. Utilizando un algoritmo de
agrupamento xerárquico faise a clasificación.
• Cladística: tende a ser estricta e obxectiva, ten en conta as homoloxías. E os agrupamentos
seguen a regra de que deben ser monofiléticos e debe conter todos os desdendentes do
antecesor común para formar un clado.

3. TAXONOMÍA E NOMENCLATURA
A taxonomía é a área de coñecemento encargada de establecer as regras dunha clasificación. Deste
modo a sistemática utiliza a taxonomía para establecer unha clasificación. Cando se aplican certas
regras de clasificación aos seres vivos, xérase un sistema xerárquico. Esto sucede como
consecuencia do proceso de evolución das especies.
A nomenclatura encárgase da darlles nomes ás clases e aos grupos que se queren clasificar. O
sistema binomial de nomenclatura (Linneo no século XVIII) outórgalle a cada organismo un nome
xenérico e un epíteto específico. O nome do xénero antecede ao epíteto.
Na época de Linneo existían tres categorías básicas: a especie, o xénero e o reino (vexetal e
animal). Pero a medida que se clasificaban máis especies fóronse engadindo categorías intermedias.
Os xéneros foron agrupados en familias, as familias en ordes, os ordes en clases e as clases en filos
(animal) ou divisións (vexetal). Estas categorías poden á suba vez subdividirse en outras menos
frecuentes como a superfamilia. Moitos biólogos recoñecen unha categoría por enriba do reino, o
dominio.
En bioloxía Reino é cada unha das grandes subdivisións en que se consideran distribuidos os seres
naturais, por razón dos seus caracteres comúns. A primeira organización en reinos débese a
Aristóteles, que diferenciou os reinos animal e vexetal. Cos avances ligados a microscopía Haeckel
en 1866 propuxo un novo reino, os protistas, conformado polos microorganismos. En 1969
Whittaker separou aos fungos das plantas, e aos moneras dos protistas (diferenciando células
procariotas (moneras) das eucariotas (protistas, propoñendo un total de 5 reinos). Máis
recentemente Woese en 1977 divide aos moneras en Archobacterias e Eubacteria, e este mesmo
científico reclasifica en 1990 os reinos en 3 superreinos ou dominios que son Bacteria, Archaea e
Eucaria (onde se iclúen todo os eucariotas), grazas aos avances a nivel molecular. Por último
Cavalier-Smith en 1998, propón 6 reinos; e incluso en 2015 se propuxo unha clasificación en 2
superreinos e 7 reinos.

4. OS 5 REINOS, RELACIÓNS EVOLUTIVAS


A marioría dos biólogos actuais recoñecen estes cinco reinos: monera, protistas, fungos, plantas e
animais, que se basan na organización celular, complexidade estrutural e modo de nutrición.
Convén recordar a clasificación de Woese que propoñía unha categoría superior ao reino: o
dominio, recoñecendo tres linaxes evolutivas: arhzea, bacteria e eucarya. As características para
separar estes dominios son o tipo de célula, compostos que forman a membrana e a estrutura do
ADN.
A evidencia presentada pola bioloxía molecular indica que os primitivos procariotas se separaron en
dous grupos moi cedo no desenvolvemento da vida na Terra, estas dúas liñas son as arqueobacterias
e as eubacterias.
Vamos a estudar os cinco reinos dos seres vivos pero tendo en conta a clasificación máis actual que
separa aos seres vivos en 7 reinos e 2 superreinos (Ruggiero et al., 2015)
Superreino Procariota: son seres unicelulares, sen verdadeiro núcleo e con parede celular, poden
ser autótrofas ou heterótrofas, non conteñen orgánulos membranosos e multiplícanse por fisión
binaria.
• Reino Bacteria: microorganismos procariotas unicelulares. Presentan unha variedade de
tamaños e formas, como cocos (forma esférica) Bacilos (forma de bastón) e helicoidais
como o vibrio (lixeiramente curvados), espirlios (forma helicoidal ríxida) ou espiroquetas.
En canto á súa estrutura, presentan unha parede celular en forma de carbohidratos entre os
que destaca a mureína e pode posuír cápsula.
Este reino presenta varias ramas evolutivas, que inclúen a todos os procariotas causantes de
enfermidades (patóxenos) e outros moitos que se atopan no solo, augas, tracto dixestivo de
animais e moitos outros medios.
Algúns destes organismos son fotótrofos, outros dependen de moléculas orgánicas e outros
de compostos químico inorgánicos para obter combustible.
Algúns adquiriron formas especiais denominadas esporas para mellorar a superviviencia.
Viven tanto en ambientes aerobios como anaerobios ou anóxicos.
• Reino Archaea: microorganismos procariotas unicelulares con unha composición de lípidos
de membrana diferente ás bacterias, carecendo de mureína, e con intróns no seu ARNr que
non se atopan nin en bacterias nin en eucariotas. O ADN empaquétase en nucleosomas
grazas á proteínas semellantes ás histonas.
Aparecen fai máis de 3800 millóns de anos, moitas delas (non todas) son extremófilas, é
dicir, viven en condicións extremas, como medios moi salgados, de pH baixo, temperaturas
elevadas... E a maior parte dos Archaea son anaerobios. Son consideradas máis próximas
aos eucariotas que as bacterias, as distancias evolutivas entre os reinos e entre eles co
supperreino eucariota e co ancestro universal están aínda en discusión.
* Este superreneino engloba no sistema de 5 reinos ao reino monera.
Superreino Eucariota: as súas células posúen núcleo verdadeiro, poden ser unicelulares ou
plurielulares, posúen sistema de endomembranas e orgánulos, presentan similitudes a nivel
molecular e comparten unha orixe común. Está dividido en 5 reinos:
• Reino Protozoa: organismos eucariotas, microscópicos, unicelulares e heterótrofos, a veces
mixotrofos. Viven en ambientes húmidos ou directamente en medios acuáticos, xa sexan
aguas salgadas ou doces, e como parásitos de outros seres vivos.
• Reino Chromista: grupo de eucariotas moi variado, probablemente polifilético, que inclúe
organismos unicelulres e pluricelulares. A maioría de chromistas teñen capacidade
fotosintética, cloroplastos e celulosa na súa parede celular pero, a diferenza das plantas, non
son embriófitas. Nos chromistas tamén se inclúen algúns organismos heterótrofos sen
capacidade fotosintética e algúns flaxelados. Inclúe ás algas cormófitas e aos falsos fungos
ou pseudohongos.
• Reino Fungi: organismos eucariotas uni (levaduras) e pluricelulares caracterizados
principalmente pola parede celular de quitina. Son heterótrofas. Segundo o tipo de
alimentación clasifícanse en saprófitos, simbiontes e parásitos. Outra característica dos
fungos é a produción de esporas, que producen uns filamentos denominadso hifas, cuxo
conxunto se denomina micelio. A reproducción é sexual ou asexual. Nos fungos
unicelulares é principalmente asexual (xemación). Mentras que nos pluricelulares é a
formación de esporas (en conidios, ascas ou basidios). Os basidios poden encontrarse nuns
corpos fructíferos denominados setas.
Os antecesores dos fungos foron probablemente organismos eucarióticos unicelulares.
Pénsase que teñen unha orixe monofilética que deu tres linaxes (os quitridiomicetes,
zigomicetes e un terceior aos ascomicetes e basidiomicetes). Estos dous últimos máis
emparentados entre sí que con outros filos do reino Fungi.
• Reino Plantae: organismos fotosintéticos eucariotas, autótrofos, pluricelulares, sin
capacidade locomotora e con parede celular de celulosa. Pode ser dividido nos que non
teñen vasos conductores (non vasculares, como musgos e hepáticas) e os que sí posúen
vasos conductores (vasculares). Estas últimas en sen semente (os ptridófitos) e con semente
(anxiospermas e ximnospermas).
As plantas evolucionaron a partir de algas verdes do grupo Chlorophyta durante o
Paleozoico, estas algas colonizaron as zonas emerxidas, orixinando o grupo dos embriófitos.
Os embriófitos presentan alternancia de xeracións heterofásica e heteromorfa, adaptadas á
vida terrestre.
Plantas inferiores como algas, hepáticas ou musgos pasan a maior parte do seu ciclo vital
como gametófito. Pero as plantas vasculares pasan a maior parte da súa vida como
esporofitas. Os xenetistas, biólogos do desenvolvemento e biólogos evolucionitas
propuxeron varias hipóteses, onde máis ou menos concordan en que os antoceros son o
grupo máis cercano ás plantas vasculares, xa que os seus esporófitos, o que non pasa con
musgos e hepáticas, teñen tendencia a vivir independentemente.
• Reino Animalia: organismos eucariotas, pluricelulares, heterótrofos e polo xeral con ampla
capacidade locomotora. Con poucas excepcións, máis notables nas esponxas, os animais
teñen corpos diferenciados en tecidos separados, como músculos, tecido nervioso...
Case todos os animais presentan algún tipo de reproducción sexual. Os adultos son diploides
ou incluso poliploides. Teñen unhas células reproductivas que producen por meiose
espermatozoides e óvulos, que se unen para formar o cigoto. Aínda así moitos reprodúcense
asexualmente, por partenoxénese ou por fragmentación.
En canto ao seu desenvolvemento embriolóxico o zigoto da lugar a unha esfera oca
denominada blástula, que é a base das esponxas. Pero no resto de metazoos desenrólase
nunha gástrula con endodermo e ectodermo, que é a base dos organismos diblásticos. Nos
organismos triblásticos orixínase unha terceira folla embrionaria entre o endodermo e
ectodermo, o mesodermo.
En canto a evolución considérase que os animais evolucionaron de protozoos flaxelados. Os
coanoflaxelados son os parentes máis cercanos, situados no grupo dos opistocontos. Os
primeiros fósiles que poderían representar aniamasi aparecen cara finais do Precámbrico (fai
600ma). A maioría dos filos coñecidos aparecen na explosión cámbrica (fai 570ma).
A primeira rama, a dos Parazoos (esponxas) comprenden a organismos sen tecidos
verdadeiros, contrariamente ao resto que son os eumetazoos. Os metazoos divídense
ademais segundo a simetría do corpo en radial (como os cnidarios) e con simetría bilateral.
Os de simetría bilateral segundo teñan ou non cavidade interna son acelomados (como os
platelmintos), pseudocelomados (nematodos) ou celomados (como os anélidos e o resto de
animais situadios por enriba na árbore filoxenética). A división seguinte da árbore
filoxenética básase nos detalles do desenvolvemento embrionario. Distínguense os
protostomados ou deuterostomados segundo a orixe da boca. Os cladogramas están
continuamente cuestionados. Xustificado polas informacións adicionais de investigacións
recentes, o que conduce a teorías máis parsimoniosas.
* No sisetma dos 5 reinos, os protozoos e os chromistas están incluidos nos protistas.
* Este sistema de clasificación utiliza a información taxonóica do Catálogo da Vida, coñecido como
CoL, unha iniciativa que pretende catalogar todas as especies coñecidas.

5. OS VIRUS E A SÚA PATOLOXÍA


Os virus presentan un nivel e organización entre o vivo e o inerte, son capaces de reproducirse
empregando a maquinaria biosintética das células vivas, pero cristalizan ao separalos das células ás
que parasitan.
Foron descubertos indirectamente como causantes de enfermidades, o primeiro en descubrirse foi o
virus do mosaico de tabaco.
Os virus estań formados por unha rexión central de ácido nucleico (ADN ou ARN) rodeado dunha
cuberta proteínica ou cápsidde, e en algúns casos por unha envolta lipopoproteica. A cápside está
formada por unhas subunidades ideńticas denominadas capsómeros. Atendendo á forma da cápside
pódense distinguir do seguintes tipos de virus:
• Cilíndricos ou helicoidais: os capsómeros axústanse a unha hélice simple de ácido
nucleico. O virus do mosaico do tabaco.
• Icosaédricos: os capósmeros axústanse formando un icosaedro. Os adenovirus.
• Complexos: con pequenas variantes, presentan a seguinte estrutura
xeral: unha cabeza que alberga o ácido nucleico (de estrutura
icosaédrica), una cola (de estrutura helicoidal), un colar de
capsómeros, e unha placa basal con puntos de anclaxe para fixar o
virus á membrana celular.
As proteínas da cápside ou as proteínas da envolta determinan a
especificidade dun virus. Nalgunhas infeccións virais a cuberta proteínica queda fóra da célula.
Noutras o virus entra intacto á célula e libera dentro o ácido nucleico viral.
Nos virus con xenoma de ADN o virus que se replica tamén se transcribe a ARNm. O ARNm
codifica enzimas virais, proteínas da cuberta viral e proteínas reguladoras que controlan a expresión
do xenoma da célula hospedadora. Na maioría dos virus de ARN, o ARN viral replícase e actúa
directamente como ARNm. Outros levan na partícula viral unha enzima propia que lles permite
sintetizar o ARNm utilizando como molde o ARN xenómico. Outros o ARN viral transcríbese a
ADN e logo a ARNm, fenómeno coñecido como transcripción inversa característica dos retrovirus
como o do VIH.
As partículas virais ensámblanse dentro da célula hospedadora. Nos virus con cápsides helicoidais
as subunidades proteicas da cápside reúnense ao redor do ácido nucleico recén sintetizado. Noutros
tipos de virus a cápside fórmase por separado e logo insértase o ácido nucleico nela. Os virus con
envoltura codifican proteínas adicionais que se insertan na membrana da célula hospedadora.

5.1. Clasificación dos virus


Existen diferentes clasificacións atendendo a diferentes criterios, vamos a clasificar segundo o tipo
de células ás que infecten.
• Células vexetais: A maior parte conteñen ARN monocatenario e cápside helicoidal e
carecen de envoltura lipoproteinca. Algúns reovirus (ARN bicatenario e icosaédrico)
producen tumores nas feridas das plantas. Neste grupo tamén hai virus con ADN e cápsida
icosaédrica.
• Células animais: a maioría posúen envolta lipoproteica. Dentro destes temos virus con
ARN monocatenario (rabia, gripe) e se teñen a transcriptasa inversa (virus do SIDA) e virus
con ADN bicatenario como os do herpes.
Tamén hai virus icosaédricos en envoltura lipoproteica: o virus do polio humano é ARN
monocatenario, a maior parte dos reovirus (ARN bicatenario) infectan células animasi. Por
último os virus que conteñen ADN bicaternairo soen ser pouco virulentos como os
adenovirus.
• Bacterias: a maioría son virus complexos e conteñen ADN bicatenario, pero tamén os hai
de ARN monocatenario ou con envoltura lipoproteica.

5.2. Ciclo reproductivo


O ciclo vital dos virus consta das seguintes fases:
1. Entrada: á súa vez disntínguense a etapa de absorción ou fixación do virus á superficie
celular e a penetración a através da membrana.
Hai varias modalidades de penetración na célula:
1.1. Virus complexos producen unha ruptura na membrana bacteriana
1.2. Virus sen envoltura lipídica introdúcense con cápsida e todo por penetración
directa (abre unha brecha na membrana) ou por endocitose (na membrana fórmase unha
invaxinación en torno ao virus)
1.3. Virus con envoltura lipídica a súa membrana fúndese coa membrana celular.
A fusión pode realizarse na superficie celular ou con un lisosoma

2. Eclipse: fase na que non se advirte a presenza da súa actividade. Prodúcese o desemblaxe
das pezas do virus e o ácido nucleico queda asimiliado nas estruturas celulares. Remata coa
síntse do ARNm. Según a duración da fase distínguense dúas modalidades do ciclo
infeccioso dun virus:
2.1. Ciclo ordinario ou lítico: o ácido nucleico vírico procede inmediatamente a
transcripción da súa mensaxe xenética e prosegue rapidamente o seu ciclo vital. É o
máis extendido
2.2. Ciclo lisoxénico: neste caso o xenoma do virus insértase no ADN da célula
hósperde, o cal pode ser replicado e pasar á descendencia. Cando se alteran as
condicións ambientais prosigue as fases do ciclo infeccioso. Exemplos son os algúns
retrovirus ou as verrugas, ou do cancro.
3. Multiplicación: consiste na repliación e na síntese das proteínas da cápsida. Consta da
replicación do seu material xenético, da súa transcripción a unha molécula de ARNm e da
tradución para producir proteínas víricas
3.1. Os virus de ADN realizan a replicación da mesma forma que as células
3.2. OS virus con ARN replican o material sen necesidade de pasar a ADN
3.3. OS retrovirus constitúen unha excepción. O ARN sintetizase nun ADN
bicatenario
* OS virus con ADN e os retrovirus sintetizan ARNm a partir da cadea molde de ADN de forma
similar a como o fan as células
* OS virus con ARN sintetizan o ARNm copiando a cadea molde de ARN, sen necesidade de pasar
por ADN.
4. Liberación: consiste na saída das novas partículas víricas que poderán infectar novas
células iniciando un novo ciclo.
4.1. Cilco lítico: cando xa se fabricaron suficientes corpos víricos grazas ao
medio interno da célula hospedadora, a bacteria lísase (rompe) e líberanse.
4.2. Ciclo lisogénico: os filamentos de ADN inxectados a presión do corpo
vírico combínanse co material xenético da bacteria, proceso denominado recombinación
xénica. Dita combinación da como resultado unha secuencia de nucleótidos bacteriana e
vírica, coa cal se sintetizan novos virus. Este ciclo pode dar á súa vez un novo ciclo
lítico.
4.3. Infección persistente: os novos virus non esperan á morte da célula
hospedadora senón que van saíndo ao mesmo tempo que se producen, así a célula pode
seguir viva. Pode facerse de dúas maneiras.
4.3.1. Os virus sen envolta saen directamente, sen arrastrar a membrana, ben
sexa abrindo unha brecha na membrana ou aproveitando os mecanismos de
exocitose
4.3.2. Os virus con envolta saen por xemación, rodéanse dunha porción da
membrana que acaba separándose da célula e constitúe a envoltura lipoproteica do
novo virus.

5.3. Patología
A finais do século XX pensábase con optimismo que as enfermidades infecciosas estaban sendo
controladas existosamente por medio do melloramento das condicións hixiénicas, das campañas de
vacunación e dos antibióticos. Un exemplo claro foi a erradicación da viruela, enfermidade viral
que fora devastadora. Pero, a aparición de novas enfermidades infeccosas, en particular de orixe
viral, foi un fenómeno que sorprendeu a moitos. A aparición do SIDA, en 1979, a súa rápida
expansión volcou a investigación de novas vacunas, anitvirais e campañas de prevención.
Identificáronse novos virus coma o da hepatite C, E e F, hantavirus, virus herpes do sarcoma de
Kaposi e recoñeceuse a orixe viral dalgúns cancros.
A emerxencia de moitas das enfermidades infecciosas novas causadas por virus, tales como as
febres hemorráxicas (virus Ebola, hantavirus), probablemente o SIDA, o recente coronavirus, etc.
Están relacionadas moi probablemente a cambios ecolóxicos e de comportamento que puxeron en
contacto aos seres humanos con reservorios de virus, poboacións salvaxes de animais.
En relación co cancro, hoxe en día acéptase que un gran número de retrovirus e virus de ADN
causan diversos tipos de cancros nun gran número de animais. En humanos, a presenza dun virus
constantemente con células cancerosas constitúe un indicio de correlación. Así a forma máis
corrente do cancro de fígado asóciase a presenza do virus da Hepatite B, o virus de Epstein-Barr
asóciase con linfoma de Brukitt...

6. OUTRAS FORMAS ACELULARES


Viroides e prións
Durante moitos anos certas enfermidades estiveron envoltas en misterio xa que exhibían
características dunha infección viral, pero non se identificaba ningún virus. Ahora sábese que estos
seres infecciosos son máis simples: os viroides, son moléculas de ARN desnudo que se atopan nas
plantas, e os prións son partículas proteincas pequenas que se atopan nos animais. Tantos os
viroides como os prións multiplícanse nas células susceptibles.
O primeiro viroide caracterizado foi o que causa a enfermidade tubérculo fusiforme da papa. O
viroide causante (PSTV) é unha molécula de ARN circular de cadea simple. Os viroides repĺicanse
no nucléolo, alí o ARN infeccioso ou cadea (+) é copiada nun ARN de cadea (-) que serve de molde
para novas cadeas (+). A localización dos viroides no núcleo e a súa incapacidade para actuar como
ARNm levou á hipótese de que causan os síntomas interferindo coa regulación xénica das células
hospedadoras infectadas. Demostrouse que os viroides teñen certas secuencias de nucleótidos que
son idénticas ás secuencias duns intróns, o que da unha luz a súa orixe, podendo ser intróns que
escaparon e estableceron unha existencia independente.
Os prións descrubríronse estudando unha enfermidade denominada Scrapie nas ovellas. As
enfermedades causadas por prións reciben o nome de encefalopatías esponxiformes, caso das vacas
tolas. A función normal da proteína (PrP) descoñécese, pero pénsase que protexe ao cerebro de
problemas dexenerativos. A función alterada da proteína denomínase PrPsc, que é resistente a
proteasas e acúmulase en vesículas citoplasmáticas en individuos enfermos. A hipótese que se
plantea é que PrPsc induce un cambio conformacional da PrP normal, que adopta unha
configuración anormal, acumulándose, disparando unha reacción en cadea.
Plásmidos
Foron descubertos en E.coli en 1952. Son formas acelulares constituídas por moléculas circulares
de ADN bicatenario extracromosómico, que poden ser transferidas entre células. Non son
necesarios para a vida da célula, pero proporcionan rasgos xenéticos importantes: aportan toda a
información para a conxugación, confiren resistencia a antibiócios e outras substancias tóxicas para
as bacterias, permiten novas fontes de nutrintes, transforman a unha bacteria en patóxena.
* Aparecen en todas as especies bacterianas en número variable. Son utlizadados en enxeñería
xenética para introducir xens non bacterianos no cromosoma das bacterias. Controlan de forma
autónoma a súa replicaicón e o número de copias presentes na célula. Por iso son consideradas
formas independentes de vida acelular.
Provirus
Son fragmentos de ADN móviles, que constitúen xens e poden pasar dunha célula a outra,
inducindo pequenas mutacións da célula. Descubertos por Barbara McClintock poden considerarse
como formas máis autónomas de transposóns.
Virinos
Son fragmentos moi pequenos de ácido nucleioc que presentan gran afinidade con proteínas
específicas do sistema nervioso.
Virusoides
Son considerados virus dos propios virus. Son ARN satélites non infectivos e circulares, presentes
no interior da cápside de certos virus, e qu se replican co virus colaborador.

7. CONCLUSIÓN
Os virus tamén evolucionan, de feito fano máis rápido que as células hospedadoras, coma as
humanas. Isto fai que os virus sexan un tópico entre médicos, enfermeiras e a poboación en xeral.
Os virus poden evolucionar por recombinación, como foi o caso da gripe aviar alá polo 2009; ou
por mutacións, coma no caso do VIH.
Tendo en conta a rápida evolución dos virus, convén tomar medidas para a transmisión, identificar
novos medicamentos para o tratamento e utilizar vacunas (exemplificado o seu éxito no recente
coronavirus)

En resumen, la clasificación de los seres vivos, la taxonomía y la nomenclatura son herramientas


esenciales para comprender y organizar la diversidad biológica. Los virus, los priones y los viroides
representan formas acelulares que pueden tener un impacto significativo en la salud y en los
ecosistemas. Continuar estudiando y explorando estos temas nos permitirá comprender mejor la
complejidad y la variedad de la vida en nuestro planeta y cómo estas formas de vida interactúan con
los organismos vivos.

You might also like