You are on page 1of 2

CÉLULAS PROCARIOTAS CÉLULAS EUCARIOTAS

Reino Monera (Bacterias e Cianobacterias). Reinos: Protistas (Protozoos e Algas uni e pluricelulares), Fungos (fungos uni e pluricelulares), Plantas e
Animais.

+ pequenas (entre 1 e 5 micras). + grandes (entre 20 e 50 micras, algunas visibles a seimple vista).

Formas características e criterio taxonómico ás veces: cocos (esféricos), bacilos (de bastón), espirilos (de Formas moi variadas (aquela coa que mellor van a realizar a súa función co mínimo gasto enerxético).
espiral) e vibrios (de coma ortográfica).

Unicelulares, poden agruparse formando colonias. Unicelulares e pluricelulares. Diferenciación e especialización en tecidos variados.

Todas conteñen ADN, citoplasma e ribosomas 70s, membrana plasmática semellante á de eucariotas (sen Conteñen núcleo (con ADN e nucléolo), citoesqueleto e sistemas de endomembranas (compartimentación
colesterol) e parade celular (con petidoglicano ou mureína). Poden ter cápsula (patoxenicidade), flaxelos celular) sinxelas e dobres. Posúen ribosomas 80s e ribosomas 70s nas mitocondrias e cloroplastos como os
(móviles), fimbrias e pili. Non posúen citoesqueleto. das bacterias.

Os mesosomas son pregas da membrana que conteñen as enzimas implicadas na respiración celular,
fotosíntese e mecanismos xenéticos da bacteria.

Sen envoltura nuclear (non hai núcleo). O material xenético está disperso nunha zoa do citoplasma Con envoltura nuclear (núcleo verdadeiro) e un ou máis nucléolos.
chamada nucleoide.

O ADN é unha soa molécula de ADN circular, chamado cromosoma bacteriano, desnudo (sen histonas). ADN bicatenario helicoidal e asociado a proteínas histonas. Na interfase do ciclo celular está como
cromatina e na división celular logra o seu máximo nivel de condensación para dar os cromosomas, visibles
Pode haber plásmidos, ADN extracromosómico, circular e tamén de dobre febra, relacionado coa por microscopía óptica.
resistencia a antibióticos.
Tamén hai ADN en mitocondrias e cloroplastos (similar ao de bacterias, bicatenario e circular).
Xenes policistrónicos (varias proteínas).
Xenes monocistrónicos (una soa proteína).

O ARNm é lineal e non experimenta maduración. O ARNm transcrito primario ten que madurar por procesos de corte de intróns e empalme de exóns.

Os procesos de replicación, transcripción e tradución ocorren no citoplasma e á vez. Tanto a replicación do ADN como a transcripción do ADN a ARNm ocorren no núcleo.

A división celular é por bipartición (división do ADN e despois do citoplasma). A división do núcleo (cariocinese) ocorre por mitose (células somáticas) ou por meiose (células produtoras
de gametos).
A reproducción é asexual e pode haber mecanismos parasexuais.
O citoplasma divídese (citocinese) por bipartición, xemación, esporulación ou pluripartición.

A meiose xera gametos ou meiásporas, permite a reproducción sexual.

O catabolismo pode ser por fermentación, por respiración aeróbica ou anaeróbica e ten lugar nos Catabolismo sempre por respiración aeróbica e ten lugar nas mitocondrias.
mesosomas.
Ocasionalmente fermentacións.

A fotosíntese é anoxixénica e ten lugar nos mesosomas. Nas cianobacterias é oxixénica e ocorre en A fotosíntese só se dá en algunas células vexetais, sempre é osixénica e realízase nos cloroplastos das
tilacoides. células vexetais.

Algunhas bacterias realizan a quimiosíntese (obtención de enerxía a partir da oxidación de compostos Non se realiza quimiosíntese.
orgánicos).

Non realizan fagocitose, pinocitose, nin dixestión intracelular. Tampouco hai correntes citoplasmáticas. Presentan correntes citoplasmáticas e dixestión intracelularde sustancias externas e internas.

Moitos tipos de células animais presentan ademáis fagocitose e pinocitose.


A táboa anterior é unha táboa coas diferencias que se tratarán ao longo do curso; moitas diferenzas veranse ainda en xenética molecular.
Haberá que sabela ben ao rematar o curso pero non citoloxía.
Imprimir e gardar coas otras táboas importantes xa vistas.

You might also like