You are on page 1of 38

CLASIFICACIÓN DOS SERES

VIVOS
SISTEMÁTICA E TAXONOMÍA

• A Sistemática é a rama da bioloxía que ten como finalidade


establecer sistemas de clasificación que expresen os diferentes
grados de semellanza entre os seres vivos e que reflictan as
relacións evolutivas existentes entre eles.
• Os sistemas de clasificación evolucionaron desde os máis
primitivos, baseados na utilidade, a morfoloxía ou a fisioloxía, ata
a actual proposta que se basa na filoxenia ou historia evolutiva dos
seres vivos.
• A Taxonomía é a ferramenta que utiliza a sistemática para a
organización e clasificación dos seres vivos. As bases da taxonomía
actual foron establecidas polo naturalista sueco Carl von Linneo
no reculo XVIII mediante o seu sistema de clasificación binomial
CLASIFICACIÓN BINOMIAL
• A unidade básica de clasificación é a especie: “conxunto de organismos, de
apariencia semellante, que se cruzan sexualmente para producir unha descendencia
fertil e que están aillados reproductivamente doutros grupos semellantes”.
• Nomenclatura binomial: cada especie identifícase cun nome científico consistente en
dúas palabras en latín: o nome xenérico coa primeira letra en maiuscula e o nome
específico, coa primeira letra en minúscula (Canis lupus, Homo sapiens…).
• As especies reúnense en grupos ou taxóns (tendo en conta criterios morfolóxicos e
filoxenéticos) cada vez máis amplos e xerarquizados segundo as seguintes categorias
taxonómicas: 
Especie Xénero Familia Orde Clase Filo Reino Dominio
• Estas categorias taxonómicas presentan as seguintes características:
• Canto menor é a categoria taxonómica, menor é o número de seres vivos que se inclúen, pero
maior o seu grao de parentesco evolutivo.
• Cada un dos níveis contén aos inferiores
• Cada nivel pode subdividirse noutros intermedios (sub- , super- ).
FILOXENIA E CLASIFICACIÓN

• A Filoxenia é o estudio da historia evolutiva dun organismo, o que


permite establecer as relacións evolutivas entre as diferentes especies.
• A filoxenia convirtese entón no criterio de clasificación que actualmente
se utiliza na sistemática dos seres vivos utilizando as seguintes fontes
de información para establecer as distintas agrupacións:
 Da anatomía comparada, o estudio de órganos homólogos (con unha mesma
orixe e unha estrutura interna semellante).
 Da paleontoloxía, o estudio do rexistro fósil.
 Da ontoxenia, o estudio do desenrolo embrionario.
 Da bioquímica, a comparación da secuencia de aminoácidos e nucleótidos de
proteínas e ácidos nucleicos respectivamente.
• As relacións evolutivas dos organismos represéntanse graficamente nas
arbores filoxenéticas
OUTROS SISTEMAS DE CLASIFICACIÓN
Ademais do criterio filoxenético, pódense utilizar outras
metodoloxias para o agrupamento e clasificación dos
organismos.
• O sistema cladístico. Baséase exclusivamente na
xenealoxía. Os seres vivos que constitúen un grupo deben
ter, todos, unha orixe común. Os grupos así formados, e
aos que se da nome, denomínanse clados.
• O sistema fenético ou numérico. Baséase na similitude. Os
seres vivos agrúpanse segundo o número de características
que comparten. Téñense en conta o máximo de
características e todas teñen a mesma importancia.
CRONOLOXÍA DAS CLASIFICACIÓNS

LINNEO HAECKEL WHITTAKER MARGULIS E WOOSE CAVALIER-SMITH (1998)


(s XVIII) (1866) (1969) SCHARTZ (1990) 2 Imperios e 6 Reinos
2 Reinos 3 Reinos 5 Reinos (1985) 3 Dominios
5 Reinos

  Protista Monera Monera Archaea Procariota Bacterias


Bacteria

Protista Protoctista     Protozoos


   
Plantae Plantae Fungi Fungos Eukaria Eukariota Chromistas
   
 
Hongos

Plantae Plantae     Plantas

Animalia Animalia Animalia Animalia Animal


OS CINCO REINOS
REINO MONERA PROTOCTISTA FUNGOS PLANTAS ANIMAIS

Organización Procariota Eucariota Eucariota Eucariota Eucariota


celular

Núcleo Ausente Presente Presente Presente Presente


Nutrición Autótrofa ou Autótrofa ou Heterótrofa Autótrofa Heterótrofa
heterótrofa heterótrofa

Parede celular Presente Variable Presente Presente Ausente


Nº de células Unicelular Unicelular ou Unicelular ou Pluricelular Pluricelular
pluricelular pluricelular

Tamaño 1 a 10 µm 10 a 100 µm 10 a 100 µm 10 a 100 µm 10 a 100 µm


Reproducción Asexual e Asexual e sexual Asexual e sexual Asexual e sexual Asexual ou sexual
Parasexual por esporas por esporas ou por unión de
semillas gametos
REINO MONERAS
• Comprende aos microorganismos unicelulares
formados por células procariotas.
• Son os organismos máis extendidos debido a sua
rápida división celular e a gran diversidade do seu
metabolismo, adaptándose a unha gran variedade de
hábitats.
• Actualmente os integrantes deste reino forman parte
de 2 dominios:
 Dominio Archaea
 Dominio Bacterias
DOMINIO ARCHAEA

• Considerase o grupo máis primitivo de organismos procariotas, pero a


pesar de esto son os máis parecidos aos eucariotas (por composición e
xenética), polo que se pensa que poderían ser os precursores das
células eucariotas, tal como postula a teoría endosimbióntica.
• A sua parede celular carece de mureina (presente nas bacterias) e os
lípidos de membrana estan formados por ácidos graxos ramificados.
• Viven en hábitats de condiciones moi extremas. Teñen metabolismos
pouco habituais.
• Grupos:
 Halófilas: En augas hipersalinas e alcalinas.
 Metanóxenas: En zonas pantanosas ou no tubo dixestivo de animais.
 Termoacidófilas: En ambientes ácidos e moi quentes (fontes termais
sulfurosas)
DOMINIO BACTERIAS
Grupo máis numeroso de moneras
Morfoloxía:
• Envoltura: consta de:
 Membrana plasmática ( mesosomas)
 Parede bacteriana
 Cápsula bacteriana.
• Citoplasma:consta de dúas fraccións:
 Citosol ou hialoplasma.
 Morfoplasma (ribosomas, inclusións e
vesículas).
• Nucleoide: rexión do citoplasma na que
Cocos: forma esférica Bacilos: forma alongada
se localiza o ADN en forma dunha soa
molécula circular superenrolada.
Ademais pode haber na célula bacteriana
unha ou máis pequenas moléculas de
ADN chamadas plásmidos que se replican Vibrións: alongados en
Espirilos: alongados e
independentemente. forma de coma
enrolados en espiral
DOMINIO EUKARIA

• REINO PROTOCTISTA
• REINO FUNGI
• REINO PLANTAE
• REINO ANIMALIA
REINO PROTOCTISTA

• Formado por unha ampla variedade de organismos, principalmente


acuáticos, con diversos niveis de organización, tipos de reprodución,
modos de nutrición e ciclos de vida.
• Son difíciles de caracterizar e non hai unha clasificación amplamente
aceptada:
• Protoctistas autótrofos:
 Algas, unicelulares ou pluricelulares. Reproducense de forma asexual e sexual.
Segundo a súa complexidade estrutural, divídense en: microalgas, constituintes do
fitoplancton mariño, e macroalgas, de gran tamaño, pero escasa diferenciación
celular.
• Protoctistas heterótrofos: Teñen en común a nutrición heterótrofa:
 Mofos mucilaxinosos e acuáticos.
 Protozoos: representados polas amebas, flaxelados, ciliados, e os esporozoos, na
súa maioría parásitos.
ALGAS

 Dinoflaxelados: Acuáticos,
con dous flaxelos, algúns
fabrican toxinas.
 Diatomeas: Algas
unicelulares con cunchas
silíceas de formas
simétricas.
 Euglenoides: de auga doce,
unicelulares con flaxelo,
fotosintéticos facultativos.
ALGAS
• Algas vermellas:
Pluricelulares con
pigmentos vermellos
• Algas pardas:
Pluricelulares de gran
tamaño.
• Algas verdes: Unicelulares
ou pluricelulares.
Posiblemente sexan os
antepasados das plantas
terrestres.
MOFOS

• Oomicetos: filamentosos.
Algúns son patóxenos de
plantas. Phytophtora.
• Mixomicetos: Plasmodios
(non tabicados)
• Acrasiomicetos: Células
independentes, a veces
agrupanse para formar
falsos plasmodios.
PROTOZOOS

• Flaxelados: Desprazanse
mediante flaxelos.
Trypanosoma(enfermidade do sono)
• Rizopodos: Mediante
pseudópodos.
Amebas
• Esporozoos: Sin medios
de locomoción. Parásitos.
Plasmodium (malaria)
• Ciliados: Por cilios.
Paramecio
REINO FUNGI
• Formado por organismos unicelulares ou
pluricelulares heterótrofos (saprófitos,
parasitos ou simbiontes).
• Segregan enzimas dixestivas que dixiren
PARTES DUN FUNGO
materia orgánica, e absorben o zume
resultante.
• Posúen organización talofítica con células
pouco especializadas. A estrutura do talo
está formada por filamentos tubulares
denominados hifas, e o conxunto de hifas
denomínase micelio. As súas células
posúen paredes celulares de quitina.
• A maioria dos fungos reproducense tanto
de forma asexual (mediante esporas ou
por fragmentación das hifas) como sexual
(mediante a fusión de hifas, orixinándose
esporas sexuais).
REINO FUNGI
Clasificación (Hifas e Esporas sexuais)

• QUITRIDIOMICETOS:Acuáticos, con
esporas móviles por flaxelos.
• CIGOMICETOS:Fungos
descompoñedores, viven no solo ou
sobre materia viva.
Mofo do pan

ASCOMICETOS: Producen esporas
sexuais no interior de sacos
chamados ascas.
Lévedos,Colmenilla, trufa.
• BASIDIOMICETOS: Producen esporas
en estruturas chamadas basidios.
Boletus, Amanita.
REINO PLANTAS
• As plantas son organismos eucariotas pluricelulares, cada unha das súas células
esta recuberta dunha parede cuxo compoñente principal é a celulosa.
• Posúen cloroplastos, en cuxo interior ocorre a fotosíntese e almacenan amidón
como substancia de reserva. A súa nutrición autótrofa convérteas en pezas
fundamentais para o mantemento da vida na Terra
• O reino está formado por varios centos de miles de especies que se encontran
distribuidas en multitude de hábitats diferentes, ainda que a maioria viven no
medio aéreo, ao que esta ben adaptadas.
•  CLASIFICACIÓN
 Presenza de células ou vasos condutores
 Produción de sementes
 Formación do froito
CLASIFICACIÓN PLANTAS

Musgos
BRIÓFITAS Hepáticas
Plantas non vasculares

Fentos
PTERIDÓFITAS Equisetos
Sen flores nin sementes

XIMNOSPERMAS Coniferas
CORMÓFITAS Sementes núas
Plantas vasculares ESPERMATÓFITAS
Con flores e sementes
Monocotiledóneas
ANXIOSPERMAS
Dicotiledóneas
Sementes no interior
dun froito
BRIÓFITAS (Plantas non vasculares)
Musgos e Hepáticas
• Plantas non vasculares, polo que o
transporte de auga e substancias
realízase de célula en célula. Esto fai
que o seu tamaño sexa reducido
(raramente superan os 10 cm de
altura) e se limite o seu hábitat a
zonas moi húmidas.
CORMÓFITAS
• Neste grupo incluense todas as plantas vasculares, chamadas así porque
posúen vasos conductores para transportar a savia, o que lles permite
aumentar o tamaño de forma considerable. Presentan a estructura
cormofitica, caracterizada por posuir tecidos e órganos especializados
como a raíz, o talo e as follas.
• Este grupo inclúe:
 Pteridófitas
 Espermatófitas:
 Ximnospermas
 Anxiospermas:
Monocotiledóneas
Dicotiledóneas
PTERIDÓFITAS
Plantas vasculares sen sementes
• Con tecidos condutores,
dominaron a Terra no
Paleozoico.
• Representadas por:
 Fentos: posúen follas ben
desenvolvidas chamadas
frondes, que funcionan
como órganos fotosintéticos
e reprodutores
 Equisetos ou Colas de
cabalo
ESPERMATÓFITAS
Plantas con flores e sementes

• A semente é unha estrutura que protexe o embrión e lle


permite manterse en repouso durante longos períodos.
Esta e outras propiedades contribúen ao predominio das
plantas con semente sobre a Terra, en calquera hábitat.
• Clasificanse en:
 XIMNOSPERMAS : semente non encerrada nun froito
Plantas leñosas, con follas pequenas en forma de acicula
ou escama e xeralmente perennes. Non teñen flores
típicas, os conos femininos ou piñas son maiores ca os
masculinos. As mais abundantes son as coniferas.
 ANXIOSPERMAS: Semente encerrada nun froito
Plantas leñosas ou herbáceas, con follas de forma e
tamaño variables e normalmente caducas. As flores,
típicas, en moitos casos son hermafroditas, noutros casos
os sexos están separados en flores e incluso en plantas
diferentes. Tradicionalmente clasificáronse en dous
grandes grupos:
 Monocotiledóneas: Unha soa folla embrionaria
(cotiledón). Ex: palmeiras, orquídeas.
 Dicotiledóneas: Dúas follas embrionarias. Ex: rosas,
carballo, árbores frutais.
 
O REINO ANIMAL
• Organismos pluricelulares eucariotas con nutrición heterótrofa.
• Almacenan glicóxeno e graxas como substancias de reserva.
• Moitos teñen capacidade de desprazamento e órganos dos sentidos moi desenvolvidos.
• Describironse arredor de 1500000 de especies, o 95% das cales son invertebrados.
• CLASIFICACIÓN:
 Diferenciación en tecidos e órganos: a maioría posúen verdadeiros tecidos e órganos (coa excepción dos poríferos ou esponxas).
Ademais as células están diferenciadas e a súa actividade está coordinada.
 Simetria corporal (coa excepción dos poríferos): Dous grupos:
 Simetria radial : Cnidarios
 Simetria bilateral : resto de tipos
 Características do desenvolvemento embrionario:
 Formación de dúas ou tres capas de células durante o desenvolvemento embrionario:
 Diblásticos : Poríferos e Cnidarios
 Triblásticos : resto de tipos.
 Ausencia ou presenza de cavidades corporais pechadas ou celoma
 Acelomados : Platelmintos
 Pseudocelomados : Nematodos
 Celomados : resto.
 Lugar no que se forma a boca durante o desenvolvemento embrionario:
 Protóstomos : Anélidos, Moluscos e Artrópodos
 Deuterostomos : Equinodermos e Cordados
CLASIFICACIÓN ANIMAIS
Sen diferenciación PORIFEROS

S. radial CNIDARIOS

Acelomados PLATELMINTOS

Diferenciación en Pseudocelomados NEMATODOS


tecidos e órganos
S. bilateral
ANELIDOS
Protóstomos MOLUSCOS
ARTRÓPODOS
Celomados
Deuteróstomos EQUINODERMOS
CORDADOS
PHYLUM PORÍFEROS
• Acuáticos, a maioria mariños, e viven fixos
ao substrato.
• O seu corpo está formado pola
agrupación de varios tipos de células
arredor dun sistema de canais.
• O corpo de forma irregular, presenta uns
pequenos orificios inhalantes (poros) que
finalizan nunha cavidade central (atrio)
que comunica co exterior a través de
orificios máis grandes (ósculos).
• A auga entra polos poros, pasa polas
cámaras internas tapizadas de células
flaxeladas (coanocitos) que absorben os
nutrientes e sae ao exterior polos ósculos.
• Posúen un esqueleto ríxido de espiculas
(silíceas ou calcáreas) ou elástico de fibras
proteicas de espongina
PHYLUM CNIDARIOS
• Animais diblásticos e con simetria radial.
• Acuáticos, a inmensa maioria mariños
(corais, medusas) e algúns de auga doce
(hidra).
• Caracterízanse por presentar nos
tentáculos unhas células urticantes
chamadas cnidocistos que poden
descargar nas presas a toxina que
conteñen.
• O seu ciclo de vida caracterízase por ter
dous estadios distintos (moitas especies
carecen dun deles):
 Pólipo: forma de cilindro fixo ao
substrato. Pode formar colonias
 Medusa: forma de paraugas e de
vida libre
PHYLUM PLATELMINTOS
• Animais con simetría
bilateral, tamén
chamados “vermes
planos”.
• Poden ser:
 De vida libre: Planaria
 Parasitos: Tenia
PHYLUM NEMÁTODOS
• Vermes alongados e cilíndricos e o
seu corpo non esta segmentado.
• Poden ser:
 De vida libre
 Parasitos: Ascaris lumbricoides
PHYLUM ANÉLIDOS
• Teñen forma de verme con corpo cilíndrico
dividido en segmentos ou metámeros.
• De cada segmento saen pequenas sedas
ríxidas ou quetas (formadas por quiti na)
coas que se adhiren ao substrato.
• A maioria son acuáticos, outros como as
miñocas viven en ambientes terrestres
pero sempre húmidos.
• O filo divídese en tres clases en función do
número de quetas:
 Clase Poliquetos: vermes mariños
móviles ou sésiles( vermes tubicolas)
 Clase Oligoquetos: é o grupo das
miñocas.
 Clase Hirudíneos: carecen de quetas e
son ectoparasitos hematófagos con
ventosas terminais (sambesuga)
PHYLUM MOLUSCOS
• Próximos aos Anelidos pero carecen de
segmentación
• Posúen un plan corporal con tres compoñentes
básicos:
 Pé: estrutura muscular relacionada coa
locomoción
 Masa visceral
 Manto: cobre a masa visceral e segrega a
cuncha.
• Comprende 3 Clases:
 Clase Bivalvos (mexillón…): Cuncha formada por
dúas valvas unidas por unha bisagra.
 Clase Gasterópodos (caracois, lesmas
(terrestres); lapas (acuáticas)). Cuncha única ou
sen ela (lesmas)
 Clase Cefalópodos (polvo, lura…): Pé modificado
en tentáculos arredor da cabeza. Carecen de
cuncha ou esta mol reducida (pluma da lura).
 
PHYLUM ARTRÓPODOS
• Comprende máis das tres cuartas partes das especies animais coñecidas e
estan representados en todos os habitats.
• O plan corporal baséase en tres elementos:
 Corpo segmentado, os segmentos agrupados en rexións: cabeza
(bucal e sensorial), tórax (locomotor) e abdome (visceral e
reprodutivo).
 Exoesqueleto de quitina. Crecen mediante mudas.
 Apendices articulados pares e especializados (antenas, patas,
queliceros…).
• Estas características utilízanse para clasificar os grandes grupos.
PHYLUM ARTRÓPODOS
 Clase Arácnidos: Corpo dividido en
cefalotorax ( 4 pares de patas e un
par de queliceros e pedipalpos) e
abdome.
 Clase Crustáceos: Corpo dividido en
cefalotorax ( 2 pares de antenas e 5
pares de patas) e abdome.
 Clase Insectos: Corpo dividido en
cabeza (1 par de antenas), tórax (3
pares de patas) e abdome.
 Clase Miriápodos: Corpo dividido en
cabeza (1 par de antenas) e tronco
(1 ou 2 pares de patas por
segmento).
PHYLUM EQUINODERMOS
• Animais mariños, con simetria radial
(relacionada coa adaptación a vida
sedentaria).
• As principais características son:
 Esqueleto interno formado por
placas calcarias.
 Aparato ambulacral: Consiste nun
sistema de canais internos polos
que circula a auga, e dos que saen
pequenos tubos, os pés
ambulacrais (interveñen na
respiración, locomoción e
alimentación).
PHYLUM CORDADOS
• Engloba os animais que posúen unha corda dorsal, a
notocorda, en algún momento do seu ciclo vital.
• Subdividese en tres subfilos:
 Urocordados
PROCORDADOS
 Cefalocordados
 Vertebrados (ou craniados).
PROCORDADOS
• Son organismos filtradores que
posúen numerosas fendeduras na
farinxe para realizar dita función.
• Non teñen cránio e a corda dorsal
é unha notocorda cartilaxinosa e
flexible.
• Os cefalocordados (Amphiosus)
manteñen a notocorda en idade
adulta, mentres que nos
urocordados (Tunicados ou
Ascidias) só existe na cola das
larvas, dado que os adultos
prescinden de ela ao facerse
sésiles.
SUBPHYLUM VERTEBRADOS
• Defínense por os seguintes trazos:
 A columna vertebral dorsal: Estrutura ósea ou cartilaxinosa que substitúe nos adultos a
notocorda.
 O cranio, óseo ou cartilaxinoso, encerra o cerebro.
• Clasificación dos Vertebrados:
 Superclase Peces:
 Clase Agnatos: peixes sen mandíbulas (Lamprea…)
 Clase Condrictios: peixes cartilaxinosos.
 Clase Osteictios: peixes óseos.
 Superclase Tetrápodos:
 Clase Anfibios
 Clase Réptiles
 Clase Aves
 Clase Mamiferos

You might also like