You are on page 1of 11

TEMA 11: A CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS

1. SISTEMÁTICA E TAXONOMÍA

Unha vez considerada a unidade dos seres vivos, constatando as suas similitudes en canto a composición
química, estrutura celular e funcionamento xeral, é necesario abordar a súa ampla diversidade mediante unha
clasificación en grupos con características comúns.
Os criterios que se utilicen para a clasificación deben ser obxectivos (basados en feitos probables) e
discriminatorios (que permitan diferenciar os organismos). A Sistemática é a rama da bioloxía que ten como
finalidade establecer sistemas de clasificación que expresen os diferentes grados de semellanza entre os seres
vivos e que reflictan as relacións evolutivas existentes entre eles.
Os sistemas de clasificación evolucionaron desde os máis primitivos, baseados na utilidade, a morfoloxía ou
a fisioloxía, ata a actual proposta que se basa na filoxenia ou historia evolutiva dos seres vivos.
A Taxonomía é a ferramenta que utiliza a sistemática para a organización e clasificación dos seres vivos. As
bases da taxonomía actual foron establecidas polo naturalista sueco Carl von Linneo no reculo XVIII
mediante o seu sistema de clasificación binomial, que se pode resumir nos seguintes puntos:
❖ A unidade básica de clasificación é a especie, definida como “conxunto de organismos, de
apariencia semellante, que se cruzan sexualmente para producir unha descendencia fertil e que
están aillados reproductivamente doutros grupos semellantes”.
❖ Nomenclatura binomial: cada especie identifícase cun nome científico consistente en dúas palabras
en latín: o nome xenérico coa primeira letra en maiuscula e o nome específico, coa primeira letra en
minúscula (Canis lupus, Homo sapiens…).
❖ As especies reúnense en grupos ou taxóns (tendo en conta criterios morfolóxicos e filoxenéticos) cada
vez máis amplos e xerarquizados segundo as seguintes categorias taxonómicas:

Especie Xénero Familia Orde Clase Filo Reino Dominio

Estas categorias taxonómicas presentan as seguintes características:


✦ Canto menor é a categoria taxonómica, menor é o número de seres vivos que se inclúen, pero maior
o seu grao de parentesco evolutivo.
✦ Cada un dos níveis contén aos inferiores
✦ Cada nivel pode subdividirse noutros intermedios (sub- , super- ).

2. FILOXENIA E CLASIFICACIÓN

A Filoxenia é o estudio da historia evolutiva dun organismo, o que permite establecer as relacións evolutivas
entre as diferentes especies. De este modo, as categorias taxonómicas superiores á especie adquiren tamén un
valor real, posto que agrupan aos organismos con un maior grao de parentesco.
A filoxenia convirtiese entón no criterio de clasificación que actualmente se utiliza na sistemática dos seres
vivos utilizando as seguintes fontes de información para establecer as distintas agrupacións:
❖ Da anatomía comparada, o estudio de órganos homólogos (con unha mesma orixe e unha estrutura
interna semellante).
❖ Da paleontoloxía, o estudio do rexistro fósil.
❖ Da ontoxenia, o estudio do desenrolo embrionario.
❖ Da bioquímica, a comparación da secuencia de aminoácidos e nucleótidos de proteínas e ácidos
nucleicos respectivamente.
As relacións evolutivas dos organismos represéntanse graficamente nas arbores filoxenéticas, onde a base
está ocupada pola especie ancestral común a todas as que se inclúen na árbore. As ramas que se van
dividindo a medida que se afastan da base, representan liñaxes da evolución.

Ademais do criterio filoxenético, pódense utilizar outras metodoloxias para o agrupamento e clasificación
dos organismos.
❖ O sistema cladístico. Baséase exclusivamente na xenealoxía. Os seres vivos que constitúen un grupo
deben ter, todos, unha orixe común. Os grupos así formados, e aos que se da nome, denomínanse clados.
❖ O sistema fenético ou numérico. Baséase na similitude. Os seres vivos agrúpanse segundo o número de
características que comparten. Téñense en conta o máximo de características e todas teñen a mesma
importancia.

ÁRBORE DA VIDA

2.1. CRONOLOXÍA DAS CLASIFICACIÓNS

Ao longo da historia da Bioloxía sucederonse diferentes clasificacións dos seres vivos. As diferentes
clasificacións reflexanse na seguinte taboa:

LINNEO HAECKEL WHITTAKER MARGULIS WOOSE CAVALIER-SMITH


(s XVIII) (1866) (1969) E SCHARTZ (1990) (1998)
2 Reinos 3 Reinos 5 Reinos (1985) 3 Dominios 2 Imperios e 6 Reinos
5 Reinos
Protista Monera Monera Archaea Procariota Bacterias
Bacteria
Protista Protoctista Protozoos
Plantae Plantae Fungi Fungos Chromistas
Eukaria Eukariota
Hongos
Plantae Plantae Plantas

Animalia Animalia Animalia Animalia Animal

As propostas máis modernas (baseadas no estudio comparado de secuencias de ARNr) propoñen dous tipos
de categorías taxonómicas superiores ao reino:
1. O dominio, que se define na clasificación de Woese.
2. O imperio: son dous na clasificación de Cavalier-Smith
A clasificación que todavía se utiliza máis na actualidade é a dos cinco reinos, proposta por Margulis e
Schwartz e resumida na taboa seguinte:

REINO MONERA PROTOCTISTA FUNGOS PLANTAS ANIMAIS


Organización Procariota Eucariota Eucariota Eucariota Eucariota
celular
Núcleo Ausente Presente Presente Presente Presente
Nutrición Autótrofa ou Autótrofa ou Heterótrofa Autótrofa Heterótrofa
heterótrofa heterótrofa
Parede celular Presente Variable Presente Presente Ausente
Nº de células Unicelular Unicelular ou Unicelular ou Pluricelular Pluricelular
pluricelular pluricelular
Tamaño 1 a 10 µm 10 a 100 µm 10 a 100 µm 10 a 100 µm 10 a 100 µm
Reproducción Asexual e Asexual e sexual Asexual e Asexual e Asexual ou
Parasexual sexual por sexual por sexual por
esporas esporas ou unión de
semillas gametos

3. O REINO MONERAS
Comprende aos microorganismos unicelulares formados por células procariotas. Son os organismos máis
extendidos debido a sua rápida división celular e a gran diversidade do seu metabolismo, adaptándose a unha
gran variedade de hábitats.

3.1. DOMINIO ARCHAEA

Considerase o grupo máis primitivo de organismos procariotas, pero a pesar de esto son os máis parecidos
aos eucariotas (por composición e xenética), polo que se pensa que poderían ser os precursores das células
eucariotas, tal como postula a teoría endosimbióntica. A sua parede celular carece de mureina (presente nas
bacterias) e os lípidos de membrana estan formados por ácidos graxos ramificados.
Viven en hábitats de condiciones moi extremas.

3.2. DOMINIO BACTERIA.

Na morfoloxía celular do grupo máis numeroso de moneras destacan as seguintes estruturas:

 Envoltura: consta sempre dunha membrana plasmática ( caracterízase por posuír unhas
invaxinacións chamadas mesosomas, que desempeñan importantes funcións relacionadas coa forma
de vida da bacteria (conten os sistemas enzimáticos responsables da respiración, fotosíntese, serven
como punto de ancoraxe para a molécula de ADN…)), e na súa cara externa adoita aparecer, na
maioría dos casos, a parede bacteriana e, nalgúns outros, ademais, a cápsula bacteriana.

 Citoplasma:consta de dúas fraccións:


❖ Citosol ou hialoplasma. Formado por auga con sales disoltas, moléculas orgánicas…
❖ O morfoplasma formado tan só por algúns elementos formes (ribosomas, inclusións e
vesículas).

 Nucleoide: rexión mais ou menos ben delimitada do citoplasma na que se localiza o ADN en forma
dunha soa molécula circular superenrolada. Ademais pode haber na célula bacteriana unha ou máis
pequenas moléculas de ADN chamadas plásmidos que se replican independentemente.
Defínense ademáis os seguintes tipos morfolóxicos:

Cocos: forma esférica Bacilos: forma alongada Vibrións: alongados en forma Espirilos: alongados e
de coma enrolados en espiral

4. DOMINIO EUKARIA

5. REINO PROTOCTISTA

O reino Protoctistas está formado por unha ampla variedade de organismos, principalmente acuáticos, con
diversos niveis de organización, tipos de reprodución, modos de nutrición e ciclos de vida. Son difíciles de
caracterizar e non hai unha clasificación amplamente aceptada:
 Protoctistas autótrofos: Incluense aquí todas as algas, unicelulares ou pluricelulares. Reproducense
de forma asexual e sexual. Segundo a súa complexidade estrutural, divídense en: microalgas,
constituintes do fitoplancton mariño, e macroalgas, de gran tamaño, pero escasa diferenciación
celular.
 Protoctistas heterótrofos: Teñen en común a nutrición heterótrofa:
❖ Mofos mucilaxinosos e acuáticos.
❖ Protozoos representados polas amebas, flaxelados, ciliados, e os esporozoos, na súa maioría
parásitos.

6. REINO FUNGI

Formado por organismos unicelulares ou pluricelulares heterótrofos (saprófitos, parasitos ou simbiontes).


Posúen organización talofítica con células pouco especializadas. A estrutura do talo está formada por
filamentos tubulares denominados hifas, e o conxunto de hifas denomínase micelio. As súas células posúen
paredes celulares de quitina.
A maioria dos fungos reproducense tanto de forma asexual (mediante esporas ou por fragmentación das
hifas) como sexual (mediante a fusión de hifas, orixinándose esporas sexuais).
PARTES DUN FUNGO

Atendendo ao tipo de hifas e de esporas sexuais, os fungos clasificanse en:


 Quitridiomicetos: fungos terrestres ou acuáticos, con esporas móviles por flaxelos.
 Cigomicetos: fungos terrestres, a maioria saprofitos e algúns parasitos. Producen unha espora de
resistencia de paredes grosas chamada cigospora.
 Ascomicetos: Son o grupo que reune o maior número de especies (entre eles están as levaduras
(fungos unicelulares) e as trufas).As súas hifas están subdivididas por tabiques e producen esporas
sexuais no interior de sacos chamados ascas.
 Basidiomicetos: Constituen o grupo de fungos máis coñecido xa que inclue aos fungos de sombreiro
ou “setas”. Ao igual que os ascomicetos as súas hifas están subdivididas por tabiques e producen
esporas en estructuras chamadas basidios.
 Deuteromicetos: Non se coñece reprodución sexual. Penicillium

7. REINO PLANTAS

As plantas son organismos eucariotas pluricelulares, cada unha das súas células esta recuberta dunha parede
cuxo compoñente principal é a celulosa. Posúen cloroplastos, en cuxo interior ocorre a fotosíntese e
almacenan amidón como substancia de reserva. A súa nutrición autótrofa convérteas en pezas fundamentais
para o mantemento da vida na Terra
O reino está formado por varios centos de miles de especies que se encontran distribuidas en multitude de
hábitats diferentes, ainda que a maioria viven no medio aéreo, ao que esta ben adaptadas.

CLASIFICACIÓN DAS PLANTAS:


Faise tendo en conta os seguintes criterios:
 Presenza de células ou vasos condutores
 Produción de sementes
 Formación do froito

BRIÓFITAS Musgos
Hepáticas
Plantas non vasculares

Fentos
PTERIDÓFITAS
Equisetos
Sen flores nin sementes

CORMÓFITAS XIMNOSPERMAS Coniferas


Plantas vasculares Sementes núas

ESPERMATÓFITAS
Con flores e sementes Monocotiledóneas
ANXIOSPERMAS
Dicotiledóneas
Sementes no interior dun froito
7.1. AS PLANTAS NON VASCULARES: BRIÓFITAS (Musgos e Hepáticas)

Plantas non vasculares, polo que o transporte de auga e substancias realízase de célula en célula. Esto fai que
o seu tamaño sexa reducido (raramente superan os 10 cm de altura) e se limite o seu hábitat a zonas moi
húmidas.

7.2. CORMÓFITAS

Neste grupo incluense todas as plantas vasculares, chamadas así porque posúen vasos conductores para
transportar a savia, o que lles permite aumentar o tamaño de forma considerable. Presentan a estructura
cormofitica, caracterizada por posuir tecidos e órganos especializados como a raíz, o talo e as follas.

7.2.1. PLANTAS VASCULARES SEN SEMENTES: PTERIDÓFITAS ( Fentos e Equisetos)

Con tecidos condutores, dominaron a Terra no Paleozoico. Están representadas polos Fentos (posúen follas
ben desenvolvidas chamadas frondes, que funcionan como órganos fotosintéticos e reprodutores) e os
Equisetos ou colas de cabalo.

7.2.2. AS PLANTAS CON SEMENTES: ESPERMATÓFITAS

A semente é unha estrutura que protexe o embrión e lle permite manterse en repouso durante longos
períodos. Esta e outras propiedades contribúen ao predominio das plantas con semente sobre a Terra, en
calquera hábitat. Clasificanse en Ximnospermas (semente non encerrada nun froito) e Anxiospermas (
semente encerrada nun froito)

 XIMNOSPERMAS
Plantas leñosas, con follas pequenas en forma de acicula ou escama e xeralmente perennes. Non
teñen flores típicas, os conos femininos ou piñas son maiores ca os masculinos. As mais abundantes
son as coniferas.
 ANXIOSPERMAS.
Plantas leñosas ou herbáceas, con follas de forma e tamaño variables e normalmente caducas. As
flores, típicas, en moitos casos son hermafroditas, noutros casos os sexos están separados en flores e
incluso en plantas diferentes. Tradicionalmente clasificáronse en dous grandes grupos:

 Monocotiledóneas: Unha soa folla embrionaria (cotiledón). Ex: palmeiras, orquídeas.

 Dicotiledóneas: Dúas follas embrionarias. Ex: rosas, carballo, árbores frutais.


8. REINO ANIMAL

Organismos pluricelulares eucariotas con nutrición heterótrofa. Almacenan glicóxeno e graxas como
substancias de reserva.
Moitos teñen capacidade de desprazamento e órganos dos sentidos moi desenvolvidos.
Describironse arredor de 1500000 de especies, o 95% das cales son invertebrados.

CLASIFICACIÓN DOS ANIMAIS


A clasificación dos principais taxóns animais faise tendo en conta os seguintes criterios:
 Diferenciación en tecidos e órganos: a maioría posúen verdadeiros tecidos e órganos (coa
excepción dos poríferos ou esponxas). Ademais as células están diferenciadas e a súa actividade está
coordinada.
 Simetria corporal (coa excepción dos poríferos): Dous grupos:
 Simetria radial : Cnidarios
 Simetria bilateral : resto de tipos
 Características do desenvolvemento embrionario:
 Formación de dúas ou tres capas de células durante o desenvolvemento embrionario:
 Diblásticos : Poríferos e Cnidarios
 Triblásticos : resto de tipos.

 Ausencia ou presenza de cavidades corporais pechadas ou celoma:


 Acelomados : Platelmintos
 Pseudocelomados : Nematodos
 Celomados : resto.
 Lugar no que se forma a boca durante o desenvolvemento embrionario:
 Protóstomos : Anélidos, Moluscos e Artrópodos
 Deuterostomos : Equinodermos e Cordados

Sen diferenciación PORÍFEROS

S. radial CNIDARIOS

Acelomados
PLATELMINTOS
Pseudocelomados
NEMATODOS

Diferenciación en ANÉLIDOS
tecidos e órganos S. bilateral Protóstomos MOLUSCOS
ARTRÓPODOS
Celomados

Deuteróstomos EQUINODERMOS
CORDADOS
8.1. PHYLUM PORÍFEROS (ESPONXAS)

Acuáticos, a maioria mariños, e viven fixos ao substrato.


O seu corpo está formado pola agrupación de varios
tipos de células arredor dun sistema de canais. O corpo
de forma irregular, presenta uns pequenos orificios
inhalantes (poros) que finalizan nunha cavidade central
(atrio) que comunica co exterior a través de orificios
máis grandes (ósculos).
A auga entra polos poros, pasa polas cámaras internas
tapizadas de células flaxeladas (coanocitos) que absorben
os nutrientes e sae ao exterior polos ósculos.
Posúen un esqueleto ríxido de espiculas (silíceas ou
calcáreas) ou elástico de fibras proteicas de espongina.

8.2. PHILUM CNIDARIOS (CELENTEREOS)

Animais diblásticos e con simetria radial. Acuáticos, a


inmensa maioria mariños (corais, medusas) e algúns de
auga doce (hidra). Caracterízanse por presentar nos
tentáculos unhas células urticantes chamadas cnidocistos
que poden descargar nas presas a toxina que conteñen.
O seu ciclo de vida caracterízase por ter dous estadios
distintos (moitas especies carecen dun deles):
 Pólipo: forma de cilindro fixo ao substrato. Pode
formar colonias
 Medusa: forma de paraugas e de vida libre

8.3. PHYLUM PLATELMINTOS

Animais con simetria bilateral tamén chamados


“vermes planos” poden ser de vida libre (Planaria)
ou parasitos (Tenia)

8.4. PHYLUM NEMATODOS

Vermes alongados e cilíndricos e o seu corpo non esta segmentado.


Poden ser de vida libre ou parasitos (Ascaris lumbricoides)
8.5. PHYLUM ANÉLIDOS

Teñen forma de verme con corpo cilíndrico dividido en segmentos ou metámeros, en que se repiten algúns
órganos como os reprodutores, os excretores e os nerviosos. De cada segmento saen pequenas sedas ríxidas
ou quetas (formadas por quiti na) coas que se adhiren ao substrato.
A maioria son acuáticos, outros como as miñocas viven en ambientes terrestres pero sempre húmidos.
O filo divídese en tres clases en función do número de quetas:
 Clase Poliquetos: vermes mariños móviles ou sésiles( vermes tubicolas)
 Clase Oligoquetos: é o grupo das miñocas.
 Clase Hirudíneos: carecen de quetas e son ectoparasitos hematófagos con ventosas terminais
(sambesuga)

8.6. PHYLUM MOLUSCOS

Próximos aos Anelidos pero carecen de segmentación e posúen un plan corporal con tres compoñentes
básicos:
 Pé: estrutura muscular relacionada coa locomoción
 Masa visceral
 Manto: cobre a masa visceral e segrega a cuncha.
Comprende 3 Clases:
 Clase Bivalvos (mexillón…): Cuncha formada por dúas valvas unidas por unha bisagra.
 Clase Gasterópodos (caracois, lesmas (terrestres); lapas (acuáticas)). Cuncha única ou sen ela
(lesmas)
 Clase Cefalópodos (polvo, lura…): Pé modificado en tentáculos arredor da cabeza. Carecen de
cuncha ou esta mol reducida (pluma da lura).

8.7. PHYLUM ARTRÓPODOS

Comprende máis das tres cuartas partes das especies animais coñecidas e estan representados en todos os
habitats.
O plan corporal baséase en tres elementos:
 Corpo segmentado, os segmentos agrupados en rexións: cabeza (bucal e sensorial), tórax
(locomotor) e abdome (visceral e reprodutivo).
 Exoesqueleto de quitina. Crecen mediante mudas.
 Apendices articulados pares e especializados (antenas, patas, queliceros…).
Estas características utilízanse para clasificar os grandes grupos:

 Clase Arácnidos: Corpo dividido en cefalotorax ( 4 pares de patas e un par


de queliceros e pedipalpos) e abdome.
 Clase Crustáceos: Corpo dividido en cefalotorax ( 2 pares
de antenas e 5 pares de patas) e abdome.

 Clase Insectos: Corpo dividido en cabeza (1 par de antenas),


tórax (3 pares de patas) e abdome.

 Clase Miriápodos: Corpo dividido en cabeza (1 par de antenas) e


tronco (1 ou 2 pares de patas por segmento)

8.8. PHYLUM EQUINODERMOS

Animais mariños, con simetria radial (relacionada coa


adaptación a vida sedentaria).
As principais características son:
• Esqueleto interno formado por placas calcarias.

• Aparato ambulacral: Consiste nun sistema de canais


internos polos que circula a auga, e dos que saen
pequenos tubos, os pés ambulacrais (interveñen na
respiración, locomoción e alimentación).

8.9. PHYLUM CORDADOS

Este filo engloba os animais que posúen unha corda dorsal, a notocorda, en algún momento do seu ciclo
vital.
Subdividese en tres subfilos: urocordados, cefalocordados e vertebrados (ou craniados).

PROCORDADOS:
Engloba os dous primeiros subfilos. Son organismos filtradores que posúen numerosas fendeduras na farinxe
para realizar dita función.
Non teñen cránio e a corda dorsal é unha notocorda cartilaxinosa e flexible. Os cefalocordados
(Amphiosus) manteñen a notocorda en idade adulta, mentres que nos urocordados (Tunicados ou Ascidias)
só existe na cola das larvas, dado que os adultos prescinden de ela ao facerse sésiles.
Amphiosus (Branchiostoma lanceolata) Ascidia (Tunicado)

SUBPHILUM VERTEBRADOS
Defínense por os seguintes trazos:
 A columna vertebral dorsal: Estrutura ósea ou cartilaxinosa que substitúe nos adultos a notocorda.
 O cranio, óseo ou cartilaxinoso, encerra o cerebro.
Clasificación dos Vertebrados:
 Superclase Peces:
 Clase Agnatos: peixes sen mandíbulas (Lamprea…)
 Clase Condrictios: peixes cartilaxinosos.
 Clase Osteictios: peixes óseos.
 Superclase Tetrápodos:
 Clase Anfibios
 Clase Réptiles
 Clase Aves
 Clase Mamiferos

You might also like