You are on page 1of 9

TEMA 6: Organización celular e envolturas

celulares.

Contido

A TEORÍA CELULAR. MODELOS DE ORGANIZACIÓN CELULAR ................................................................................................................2

TIPOS DE ORGANIZACIÓN CELULAR. PROCARIONTES E EUCARIONTES ...........................................................................................3

OS PROCARIONTES ..................................................................................................................................................................................................3

OS EUCARIONTES ....................................................................................................................................................................................................3

ORIXE E EVOLUCIÓN CELULAR ...............................................................................................................................................................................3

TEORÍA DA ENDOSIMBIOSE ...............................................................................................................................................................................3

SIMILITUDES E DIFERENZAS ENTRE DISTINTAS CÉLULAS EUCARIOTAS .....................................................................................4

MEMBRANA CELULAR...................................................................................................................................................................................................6

Estrutura da membrana .............................................................................................................................................................................................6

Funcións da membrana ...............................................................................................................................................................................................7

Transporte de moléculas pequenas ....................................................................................................................................................................7

Transporte de moléculas grandes ......................................................................................................................................................................8

Matriz extracelular.........................................................................................................................................................................................................8

Funcións: .........................................................................................................................................................................................................................8

PAREDE CELULAR ...........................................................................................................................................................................................................9

1
A TEORÍA CELULAR. MODELOS DE ORGANIZACIÓN CELULAR
Considérase ao británico Robert Hooke, no século XVII, como o primeiro en utilizar o concepto de célula para designar o
que observara na cortiza e outras materias vexetais con aparencia de pequenas celas.

Dous séculos e medio máis tarde, ao final da década de 1830, dous científicos alemáns fundaron a teoría celular. Foron
Matthias Jakob Schleiden (1804-1881), que determinou que todas as plantas presentaban organización celular, e Theodor
Schwann (1810-1882) que estendeu a teoría de Schleiden aos animais, formulando a hipótese de que todos os seres vivos
están constituídos por células, e afirmando que todas as células estaban dotadas de núcleo, estrutura que o botánico
británico Robert Brown (1773-1858) describira pouco antes (1827), construíndo así a base da teoría celular.

Outro alemán, o médico Rudolf Virchow (1821-1902), interesado na especificidade celular da patoloxía (só algunhas clases
de células parecen implicadas en cada enfermidade) explicou o que se considera o segundo principio: toda célula se orixinou a
partir doutra célula, por división desta.( ―omnis cellula ex cellula‖ )

A teoría celular foi debatida ao longo do século XIX, pero foi Louis Pasteur o que, cos seus experimentos sobre a
multiplicación dos microorganismos unicelulares descartou definitivamente que estes se orixinaran por xeración espontánea e
deu lugar á aceptación case definitiva da teoría celular.

Sen embargo, a relación existente entre as fibras e as células que se observaban no tecido nervioso aceptábase como unha
excepción á teoría celular, xa que non estaba formado por células independentes e presentábase nos organismos como unha
rede ou retículo de fibras e células interconectadas (a chamada teoría reticularista), na que non era posible individualizar os
elementos celulares. Iso apoiábase no enmarañado da súa estrutura e na natureza da transmisión do impulso nervioso, que
parecía precisar de unións reais entre as células. Entre os reticularistas atopábase Camilo Golgi.

Foi Santiago Ramón y Cajal quen, ó postular a teoría neuronal (a


neurona é a unidade anatómica e funcional do sistema nervioso),
resolveu este problema e universalizou a teoría celular.

Podemos resumir o concepto moderno de teoría celular nos


seguintes principios:

 Todos os seres vivos están formados por células. A célula


é a unidade anatómica da materia viva, e unha célula pode
ser suficiente para constituír un organismo.

 Todas as células proceden de células preexistentes, por


división destas (Omnis cellula ex cellula).

 As funcións vitais dos organismos ocorren dentro das


células, ou no seu contorno inmediato, controladas por substancias que elas segregan. Cada célula é un sistema
aberto, que intercambia materia e enerxía co seu medio. Nunha célula caben todas as funcións vitais, de maneira que
basta unha célula para ter un ser vivo (que será un ser vivo unicelular). Así pois, a célula é a unidade fisiolóxica da
vida.

 Cada célula contén toda a información hereditaria necesaria para o control do seu propio ciclo e do desenvolvemento
e o funcionamento dun organismo da súa especie, así como para a transmisión desta información á seguinte xeración
celular. Así que a célula tamén é a unidade xenética.

2
TIPOS DE ORGANIZACIÓN CELULAR. PROCARIONTES E EUCARIONTES
A división máis importante que pode establecerse entre os organismos é a que os separa en seres eucariontes, que son
aqueles organismos con células que teñen núcleo, e seres procariontes, aqueles con células que carecen de núcleo. Ó primeiro
grupo pertencen os protoctistas, os fungos, as plantas e os animais; e ó segundo, as moneras.

OS PROCARIONTES
Son seres vivos con células, chamadas procarióticas ou procariotas, que carecen de auténtico núcleo. Este tipo de célula,
ademais de carecer de moitos dos orgánulos, propios da célula eucariótica, presenta habitualmente unha parede celular
ríxida que rodea a membrana celular. A maioría dos procariontes, como as arqueobacterias e a gran maioría das eubacterias,
son organismos unicelulares moi pequenos —o seu diámetro acostuma estar comprendido entre menos de 1 μm e 10 μm—. Sen
embargo, tamén existen procariontes multicelulares, como as cianobacterias, grupo de eubacterias chamadas antes algas
azuis ou cianofíceas debido á cor azul verdosa que presentan as súas colonias filamentosas.

OS EUCARIONTES
Son seres vivos cunhas células, chamadas eucarióticas ou eucariotas, que presentan un auténtico núcleo —formado por
material xenético rodeado por unha membrana que o illa do citoplasma—, e diversos orgánulos citoplasmáticos con sistemas
de membranas internas que os compartimentan. Poden ser formas unicelulares, que, polo xeral, teñen un tamaño maior cas
procarióticas —o seu diámetro acostuma estar comprendido entre os 10 e os 100 μm, ou máis—, e incluso observables a
simple vista: unha ameba, por exemplo, duns 300 μm de diámetro, ten un tamaño aproximado ó dos puntos deste texto. Os
eucariontes pluricelulares poden ser microscópicos ou macroscópicos.

ORIXE E EVOLUCIÓN CELULAR


Na actualidade, acéptase que o antepasado común de todas as células foi unha forma primitiva, que Carl Woese denominou,
en 1980, proxenote ou protobionte. Esta unidade vivente primitiva sería unha estrutura moi simple de organización
procariótica que constituiría a vida primitiva na Terra.

Entre hai máis de 2 000 millóns e uns 700 millóns de anos, apareceron os eucariotas. Suponse que foron unhas procariotas
primitivas as que actuaron como hospedeiros fagocitarios doutros procariotas —futuros peroxisomas, plastos e
mitocondrias—, que, ó establecer unha relación endosimbionte con elas, deron orixe as células eucariotas (teoría
endosimbionte de Lynn Margulis).

TEORÍA DA ENDOSIMBIOSE
A hipótese máis aceptada na actualidade supón que a aparición das células eucarióticas estivo precedida polas seguintes
etapas:

A primitiva protocélula pregou a súa membrana plasmática para aumentar a superficie de absorción, aínda que a dixestión era
extracelular.

Por pregamento interno da membrana formáronse vesículas que se liberaron ó interior do citoplasma. Así, comezou a
dixestión intracelular. A formación dun sáculo, coa porción de membrana que levaba adherida o ADN, orixinou o precursor do
núcleo.

3
A síntese de fibras e microtúbulos, que actuaron como elementos esqueléticos, permitiron a mobilidade exterior e interior.
Eles propiciaron a formación de procesos de endocitose, que implicaron a aparición de vesículas dixestivas (lisosomas) e un
protorretículo endoplasmático. Outro tipo de vesículas aplanáronse e foron rodear un cúmulo cada vez maior de ADN.

Teoría da endosimbiose, de Lynn


Margulis. Unha célula procariota
de gran tamaño (1) e con
capacidade de fagocitose puido
engulir bacterias aerobias, que, en
vez de ser dixeridas, sobrevivirán
en simbiose coa súa captadora ata
depender dela e constituír as
mitocondrias. Por un proceso
similar de endosimbiose, puideron
formarse os cilios, flaxelos e
centríolos a partir de espiroquetas
(2) e os cloroplastos a partir de
cianobacterias (3).

A incorporación de procariotas tipo espiroquetas deu orixe os undulipodios (flaxelos) que aumentaron a súa mobilidade. Os
compartimentos que rodeaban o ADN fusionáronse nunha auténtica envoltura nuclear. Ó tempo, os sistemas de membranas
transformáronse en orgánulos, como o retículo endoplasmático e o aparato de Golgi. O resultado foi un fagocito primitivo.

A incorporación endosimbiótica dos precursores dos peroxisomas, mitocondrias e cloroplastos por un fagocito primitivo,
marcou o final da evolución das células eucarióticas.

Os precursores dos peroxisomas foron uns procariotas aerobios endosimbiontes que protexeron os seus hospedes da
toxicidade do osíxeno. Estes precursores perderían todo o seu material xenético en favor do nuclear.

Os precursores das mitocondrias foron bacterias aerobias, máis eficaces na protección dos seus hospedes fronte ó osíxeno.
Permitiron a respiración aerobia, liberando enerxía en forma de ATP.

A presenza previa de peroxisomas e mitocondrias permitiu a incorporación final de procariotas fotosintéticos, tipo
cianobacterias, nalgunhas células eucarióticas. Con eles posibilitouse a síntese de substancias empregando a luz do sol.

Os precursores de mitocondrias e cloroplastos perderon a maior parte do seu material xenético en favor do ADN nuclear.

SIMILITUDES E DIFERENZAS ENTRE DISTINTAS CÉLULAS EUCARIOTAS

Todas as células eucarióticas presentan grandes similitudes: responden a unha estrutura básica e contan cunha serie de
orgánulos comúns. Sen embargo, se comparamos as células dun fungo, un protoctista, un animal e unha planta atopamos
algunhas diferenzas entre elas. Por exemplo, as células dos animais e de moitos protoctistas teñen centríolos; as das plantas,
non; as células dos protoctistas fotosintéticos e das plantas teñen plastos, e as dos animais e os fungos, non; as células dos
animais carecen de parede celular, ó contrario cas dos fungos (de quitina), algúns protoctistas (a maioría das algas) e as
plantas (de celulosa). Especialmente é importante coñecer as similitudes e as diferenzas entre as células dos animais e as das
plantas, que se resumen nos seguintes cadros.

4
SIMILITUDES ENTRE A CÉLULA ANIMAL E A VEXETAL (PLANTAS)

Orgánulos comúns Función

Membrana plasmática Controla selectivamente o Intercambio de substancia; co medio.


Citoplasma fundamental Conten as moléculas necesarias para o mantemento celular.
Condiciona a forma celular e estimula e conduce movementos. Está moi
Citoesqueleto
desenvolvido en animais e aparentemente menos desenvolvido nas
plantas.

Retículo endoplasmático (liso e rugoso) Sintetiza e transporta os compoñentes das membranas (lípidos e
proteínas) e as moléculas que exporta a célula.

Modifica, selecciona e empaqueta os produtos procedentes do retículo


Aparato de Golgi
endoplasmático.

Ribosomas Intervén na síntese de proteínas.


Mitocondrias Nelas prodúcense as oxidacións respiratorias que conducen á síntese
de ATP.
Lisosomas Conteñen encimas que interveñen na dixestión celular de
macromoléculas.

Peroxisomas Almacenan encimas que interveñen na oxidación de diversos


substratos.
Núcleo Nel desenvólvese a replicación do ADN e a síntese de ARN.

DIFERENZAS ENTRE A CÉLULA ANIMAL E A VEXETAL (PLANTAS)

Célula animal Célula vexetal (plantas) Función do orgánulo

Organizan as estruturas microtubulares. Controlan a


Con centríolos. Sen centríolos.
forma e o movemento das células e interveñen na
división celular.
Sen vacúolos ou con Con grandes vacúolos (incluso
Almacenan substancias. Nos protozoos expulsan o
vacúolos de pequeno tamaño un so) ou numerosos de
exceso de auga (vacúolos contráctiles).
e escasos. pequeno tamaño.

Sen plastos. Con plastos. Almacenan e sintetizan substancias. Os cloroplastos


realizan a fotosíntese.
Sen parede celular. Con parede celular de Da protección e rixidez á célula.
celulosa.

Para ampliar coñecementos sobre a organización celular consultade esta web:


http://www.genomasur.com/lecturas/Guia01.htm (imprescindible o relativo á observación mediante microscopio e os
tamaños)

5
MEMBRANA CELULAR

Estrutura da membrana
A membrana citoplasmática envolve á célula e constitúe o límite co exterior
da mesma. Só é visible ó microscopio electrónico, apreciándose dúas bandas
escuras e no medio unha clara máis ancha.

Existen varios modelos para interpretar o visto no microscopio pero na


actualidade está vixente o modelo de mosaico fluído postulado por Singer e
Nicholson (1972). Denomínase así porque…

 Composición química:
o Lípidos:
 Fosfolípidos
 Glicolípidos
 Colesterol
o Proteínas: Corte transversal da membrana
 integrais ou intrínsecas celular dun eritrocito, vista ó
 transmembrana
microscopio electrónico.
 periféricas ou extrínsecas
As proteínas poden estar unidas a cadeas glicídicas (oligosacáridos)
formando glicoproteínas, pero só na cara externa. Xunto cos glicolípidos forman o glicocálix.

6
 Propiedades da membrana:
o Fluidez
o Asimetría

Funcións da membrana
Ademais de delimitara a célula ten as seguintes funcións:
 recepción e transmisións de mensaxes, Movemento dos lípidos na membrana
(glicoproteínas do glicocalix) responsables da fluidez da mesma.
 contén moléculas activas, como por exemplo os antíxenos dos grupos sanguíneos
 transdución de sinais (AMPc)
 intercambio de substancias co exterior: permeabilidade selectiva

Transporte de moléculas pequenas


 Transporte pasivo (a favor do gradiente de concentración, sen gasto de enerxía)
o Difusión simple a través dos lípidos (gases como O2 e CO2)
o Difusión facilitada por proteínas de canle (ións) ou por permeasas (aminoácidos, glícidos)

Transporte pasivo a través da membrana.

7
 Transporte activo (en contra do gradiente de concentración, con gasto de enerxía)
o Bomba de Na –K

Transporte activo a través da membrana.

Transporte de moléculas grandes

 Endocitose
o Fagocitose
o Pinocitose

 Exocitose

Para ampliar coñecementos sobre a membrana consulta esta web: http://www.genomasur.com/lecturas/Guia04.htm

Matriz extracelular
Tamén se chama membrana de secreción animal. Atópase por fóra da membrana plasmática en case todas as células animais.

É de natureza glicídica, está formada polos oligosacáridos e polisacáridos que forman parte dos glicolípidos e glicoproteínas
que forman a cara externa da membrana plasmática.

Funcións:
 Representa a zona de identificación das células (identificación inmunolóxica)

 É o órgano receptor de moléculas como anticorpos, hormonas, etc.

 É o órgano receptor de virus, bacterias, etc.


8
 Protexe a membrana plasmática de danos mecánico e químicos.

 Intervén na regulación do crecemento e reprodución celular.

PAREDE CELULAR
É unha estrutura propia das plantas, as algas, os fungos e as bacterias, pero ten diferente
composición

o Nas células vexetais está formada basicamente por celulosa aínda que dependendo do
tipo de células pode incorporar
lignina, suberina, cutina ou sales
minerais.

o Nas bacterias está formada por


peptidoglicanos e lípidos.

o Nos fungos contén quitina.

o Nas algas ademais de celulosa ten


pectina.

A parede celular das células vexetais medra de


dentro a fóra e consta basicamente tres capas:

o lámina media : é a primeira en formarse e é a máis externa, separa dúas células


contiguas.

o parede primaria : fórmase a continuación da lámina media pero por dentro desta.

o parade secundaria : que é a última en formarse e é a que está tocando a membrana


plasmática da célula.

A parede proporciona protección, sostén e forma ás células vexetais.

Para a comunicación entre as células é preciso:

o as punteaduras que son adelgazamento das paredes de dúas células contiguas nun punto
concreto

o plasmodesmos que son canais que atravesan totalmente as paredes de dúas células
contiguas, poñendo en contacto os dous citoplasmas.

You might also like