You are on page 1of 6

TEMA I: A ORGANIZACIÓN DO CORPO HUMANO

1. Define:
- Niveis de organización: son cada un dos graos de complexidade nos que se
organiza a materia viva. Exemplo: nivel subatómico.
- Célula: é a unidade máis elemental dun ser vivo capaz de realizar as tres funcións
vitais: nutrición, relación e reprodución. Exemplo: bacteria (célula procariota).
- Nutrición heterótrofa: téñena aquelas células que incorporan materia orgánica xa
elaborada por outros organismos. As células dos animais, dos fungos e de moitos
protistas son heterótrofas.
- Organización eucariota: teñen núcleo, é dicir, o seu ADN está rodeado por unha
membrana. Os organismos con células eucariotas pertencen aos reinos protistas,
fungos, plantas e animais, e poden ser unicelulares ou pluricelulares.
- Nucléolo: é unha estrutura esférica na que se fabrican os ribosomas.po
- Diferenciación celular: é un conxunto de cambios na forma e na estrutura da célula,
que lle permite especializarse nunha función determinada. Son tipos de células:
células adiposas, osteocitos, espermatozoides, …
- Tecido: é un grupo de células que teñen a mesma, ou parecida, forma e estrutura, e
que se especializaron en realizar a mesma función. Os tecidos humanos pódense
agrupar en catro tipos: epitelial, muscular, nervioso e conectivo.
- Órgano: é unha agrupación de tecidos para realizar unha determinada función. Son
órganos o corazón, o estómago, os músculos, ...

2. Explica as diferenzas entre:


- Aparato e sistema: un aparato é un grupo de órganos diferentes que se asocian, de
xeito conxunto, para realizar unha función común. O aparato dixestivo está formado
por órganos distintos: boca, farinxe, esófago, estómago, … que colaboran entre si
para realizar a dixestión. Un sistema é un conxunto de órganos semellantes que
desenvolven funcións independentes. Por exemplo, o sistema muscular, os músculos
son órganos similares, varían no tamaño e na forma, que levan a cabo funcións
independentes, mover distintas partes do corpo: perna, brazo, pescozo, ...
- Cromatina e cromosomas: a cromatina constitúe o material xenético da célula
cando está na interfase (repouso) e está formada por filamentos de ADN. Cando a
célula se reproduce, a cromatina enrólase e transfórmase en cromosomas.
- Epitelio de revestimento e epitelio glandular: o epitelio de revestimento recobre
e protexe superficies externas ou cavidades internas do noso organismo. Entre elas
destacan: as mucosas (recobren a cavidade bucal, as vías respiratorias, a farinxe,
etc.), os endotelios (recobren o interior dos vasos sanguíneos), a epiderme (é a capa
máis externa da pel). O epitelio glandular é o tecido que forma as glándulas, a súa
función é a de segregar substancias, por exemplo, glándulas sebáceas, sudoríparas,
etc.
- Músculos esqueléticos e músculo liso: O tecido muscular que forma os músculos
do aparato locomotor constitúe os músculos esqueléticos, e o das paredes de
distintos órganos e o músculo liso.
- Neuronas e células gliais: o tecido nervioso está formado por dous tipos de células,
as neuronas, que son células capaces de captar e de responder aos estímulos, e de
controlar a actividade do organismo. E as células gliais, que acompañan as
neuronas, e a súa función é protexelas e alimentalas.

3. Enumera ordenadamente os distintos niveis de organización segundo a súa


complexidade e indica un exemplo de cada un.
- Nivel subatómico. Exemplo: protóns, neutróns e electróns.
- Nivel atómico. Exemplo: bioelementos C, H, O, N, P, S.
- Nivel molecular. Exemplo: biomoléculas inorgánicas → auga e sales minerais;
orgánicas → glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos.
- Nivel orgánulo. Exemplo: mitocondria, núcleo, cloroplasto.
- Nivel celular. Exemplo: célula procariota (bacteria), e células eucariotas animal e
vexetal.
- Nivel tecido. Exemplo: epitelial, adiposo, sanguíneo.
- Nivel órgano. Exemplo: corazón, ril, fígado.
- Nivel sistema. Exemplo: nervioso, endócrino (hormonal), muscular.
- Nivel aparato. Exemplo: dixestivo, locomotor, reprodutor.
- Nivel organismo. Exemplo: ser humano, can, gato.
- Nivel poboación. Exemplo: persoas de Cuntis, cans de Cuntis, gatos de Cuntis.
- Nivel comunidade ou biocenose. Exemplo: seres vivos dun bosque de Cuntis.
- Nivel ecosistema. Exemplo: bosque de Cuntis
- Nivel bioma. Exemplo: deserto, selva, sabana
- Nivel biosfera. Exemplo: seres vivos da Terra

4. A que niveis de organización pertencen os seguintes exemplos: auga, lípido,


fibra muscular, fígado, neurona, ADN, adiposo, endócrino, carbono, plaqueta?
- Auga: nivel molecular, biomolécula inorgánica
- Lípido: nivel molecular, biomolécula orgánica
- Fibra muscular: nivel celular
- Fígado: nivel órgano
- Neurona: nivel celular
- ADN: nivel molecular, biomolécula orgánica
- Adiposo: nivel tecido
- Endócrino: nivel sistema
- Carbono: nivel atómico, bioelemento
- Plaqueta: nivel celular
5. Que son as biomoléculas? Enumera as biomoléculas que hai, indicando se
son inorgánicas ou orgánicas e por que.
- As biomoléculas son moléculas formadas pola combinación de bioelementos.
Clasifícanse en dous grandes grupos:
- Biomoléculas inorgánicas: presentan unha estrutura química sinxela. Son a
auga e os sales minerais. Estas substancias encóntranse tamén na materia
non viva.
- Biomoléculas orgánicas: son exclusivas da materia viva, e teñen como
bioelemento esencial, o carbono. Adoitan ser polímeros, é dicir, cadeas
formadas pola unión de varias moléculas dun mesmo tipo chamadas
monómeros. Son os glícidos, os hidratos de carbono ou azucres, os lípidos, as
proteínas e os ácidos nucleicos (como o ácido desoxirribonucleico ou ADN).

6. Relaciona a forma dos seguintes tipos de células coa función que realiza cada
unha delas: células adiposas, osteocitos, espermatozoide, óvulo, células
musculares, neuronas, células epiteliais, conos, glóbulos vermellos e
condrocitos.
- Células adiposas: son esféricas e cheas de graxa e o núcleo adoita estar na periferia
para que poidan acumular a graxa.
- Osteocitos: dispóñense formando unha estrutura concéntrica e están rodeadas
dunha substancia intercelular (matriz) mineralizada formando o óso.
- Espermatozoide: ten unha cabeza, onde se localiza o material xenético, e unha cola
longa que facilita o seu movemento.
- Óvulo: é unha célula de gran tamaño. Ademais do material xenético, contén reservas
enerxéticas para alimentar o cigoto.
- Células musculares: a maioría son células moi alongadas e con forma fusiforme.
Están especializadas en producir movemento.
- Neuronas: Estas células forman grandes ramificacións. A súa forma alongada
permite recoller e transmitir información.
- Células epiteliais: Adoptan forma cilíndrica, cúbica ou aplanada. Recobren os
órganos.
- Conos: son células fotorreceptoras, sensibles á luz, que se encontran na retina.
- Glóbulos vermellos: teñen forma bicóncava e carecen de núcleo. Transportan
osíxeno.
- Condrocitos: son células pequenas e ovoides distribuídas en grupos de 3 ou 4 e
rodeadas dunha matriz cartilaxinosa formada por coláxeno, que producen elas
mesmas.

7. Indica as funcións dos seguintes tecidos: epitelial, muscular, nervioso,


conxuntivo, cartilaxinoso, adiposo, óseo e sanguíneo.
- Epitelial: ou epitelio está formado por unha ou varias capas de células, que se
dispoñen unhas ao lado das outras sen deixar espazos entre elas.
- Existen dous grupos:
- O epitelio de revestimento → recobre e protexe superficies externas ou
cavidades internas do noso organismo. Entre elas destacan:
- As mucosas (recobren a cavidade bucal, as vías respiratorias, a farinxe, etc.),
- Os endotelios (recobren o interior dos vasos sanguíneos),
- A epiderme (é a capa máis externa da pel).
- O epitelio glandular → o tecido que forma as glándulas, a súa función é a
de segregar substancias, por exemplo, glándulas sebáceas, sudoríparas, etc.
- Muscular: está formado por células con forma alongada, as fibras musculares, que
son contráctiles, é dicir, ante un estímulo, poden acurtarse. Forma os músculos do
aparato locomotor (músculos esqueléticos), do corazón (músculo cardíaco ou
miocardio) e das paredes de distintos órganos (músculo liso).
- Nervioso: está formado por dous tipos de células: as neuronas → células capaces
de captar e de responder aos estímulos, e de controlar a actividade do organismo. As
células gliais → que son células que acompañan as neuronas. A súa función é
protexer e alimentar as neuronas.
- O tecido conectivo está formado por células separadas por unha substancia
intercelular denominada matriz, que serve de unión e soporte. Existen varios tipos de
tecido conectivo:
- Conxuntivo: constitúe o recheo dos órganos e dos espazos que hai entre eles.
Tamén forma os ligamentos e os tendóns.
- Cartilaxinoso: Proporciona flexibilidade e resistencia. Constitúe as cartilaxes
das orellas, da traquea ou das articulacións.
- Adiposo: constitúe a maior reserva enerxética do organismo e proporciona
illamento térmico. Rodea moitos órganos e protéxeos dos golpes.
- Óseo: é o principal constituínte do esqueleto. Proporciónalle soporte ao
organismo e protexe os órganos vitais.
- Sanguíneo: ten unha matriz líquida que se denomina plasma. No plasma
están suspendidas as células sanguíneas (os glóbulos vermellos, os glóbulos
brancos e as plaquetas).

8. ¿Que aparatos e sistemas realizan a función de nutrición humana? ¿E a de


relación?
- Nutrición:
Aparatos → dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor. Sistema → linfático.
- Relación:
Sistemas → nervioso, endócrino, muscular e esquelético. Aparato → locomotor.

9. Asocia os seguintes órganos co aparato ou sistema ao que pertencen e coa


función vital na que interveñen: riles, peitoral, pulmóns, estómago, testículos,
cerebro, veas, trompas de Falopio, tiroide, diafragma, arterias, intestino, vexiga,
bronquios, cúbito, páncreas, ovarios, medula espiñal, esternocleidomastoideo.
Órgano Aparato Sistema Función

Riles excretor nutrición

Peitoral locomotor muscular relación

Pulmóns respitarorio nutrición

Estómago dixestivo nutrición

Testículos reprodutor reprodución

Cerebro nervioso relación

Veas circulatorio nutrición

Trompas de Falopio reprodutor reprodución

Tiroide endócrino relación

respiratorio nutrición
Diafragma
locomotor muscular relación

Arterias circulatorio nutrición

Intestino dixestivo nutrición

Vexiga excretor nutrición

Bronquios respiratorio nutrición

Cúbito locomotor esquelético relación

dixestivo (zume
nutrición
pancreático)
Páncreas
endócrino
relación
(insulina)

Ovarios reprodutor reprodución

Medula espiñal nervioso relación

Esternocleidomastoideo locomotor muscular relación


10. Enumera as diferenzas entre o microscopio óptico e o microscopio
electrónico.

MICROSCOPIO ÓPTICO MICROSCOPIO ELECTRÓNICO

Está formado por un conxunto de Xera un feixe de electróns que, por medio de
lentes que aumentan a imaxe da lentes magnéticas, dirixe ou focaliza sobre unha
mostra cando esta é atravesada mostra, atravesándoa e formando unha imaxe
pola luz. sobre unha placa fotográfica ou unha pantalla
dun ordenador.

Consegue ata 2 500 aumentos. Consegue ata 500 000 aumentos, suficiente para
a observación de detalles de orgánulos celulares.

Permite observar material vivo. Non permite observar material vivo porque
opera en condicións de baleiro e é necesario
deshidratar ou eliminar toda a auga das mostras.

A imaxe obsérvase en cores, que Non mostra imaxes en cor e son coloreadas con
dependen da tinguidura da mostra. técnicas de retoque dixital.

Hai distintos tipos como o de Existen dous tipos básicos: o de transmisión


campo claro, o de campo escuro, (MET), co que se obteñen imaxes en dúas
o de fluorescencia, o de dimensións, e o de varrido (MEV), que permite
polarización, etc. obter imaxes en tres dimensións.

Para observar son tecidos, hai que Os electróns xerados no seu interior deben
realizar cortes moi finos destes cun atravesar as células ou os tecidos das mostras,
aparato chamado micrótomo. por iso, é preciso realizar cortes ultrafinos destes
con axuda dun ultramicrótomo.

You might also like