You are on page 1of 5

1.

Os estímulos e as respostas
Os animais perciben estímulos físicos e químicos, internos e externos ao organismo. Esta
facultade coñécese como sensibilidade. Ademais de percibir os estímulos, os animais
poden reaccionar ante eles. A capacidade de reacción ante estímulos constitúe a base da
función de relación.

O conxunto de respostas que un animal desenvolve fronte aos estúmulos, sobre todo
externos, constitúe o comportamento. Por outro lado, as respostas a certos estímulos,
principalmente internos, son as responsables da homeostase, pola cal os organismos se
acomodan aos cambios.

1.1. Receptores

Nos animais, as estruturas encargadas de recibir os estímulos denomínanse receptores.


Estes proporcionan información das condicións do medio e das condicións internas do
propio animal e mantéñeno informado do seu estado e situación.

Os receptores poden estar constituídos por unha ou varias células especializadas. Os máis
simples son sinxelas terminacións nerviosas ou células illadas, especializadas e en contacto
directo con neuronas. Noutras ocasións, os receptores encóntranse situados en estruturas
máis complexas que facilitan a recepción dos estímulos e protexen os elementos que os
compoñen. Nestes casos constitúen o que coñecemos como órgano dos sentidos.

- Tipos de receptores segundo a procedencia do estímulo.


- Exterorreceptores. Son aqueles que captan información proveniente do
medio externo do animal.
- Interorreceptores. Son sensibles a informacións do interior do organismo. Á
súa vez pódense clasificar en:
- Propiorreceptores. Informan sobre a postura, a tensión muscular,
etc. Encóntranse distribuídos polos músculos, tendóns e articulacións.
- Viscerorreceptores. Proporcionan información sobre a actividade
visceral e os cambios no medio interno, como a variación de
temperatura, pH ou concenttración de gases en sangue. Están
diseminados por todo o organismo.
- Tipos de receptores en función do estímulo a que son sensibles.
- Fotorreceptores. Detectan estímulos luminosos, como, por exemplo, os
receptores da vista.
- Quimioreceptores. Sensibles a estímulos de natureza química, como os
receptores olfativos e gustativos.
- Mecanorreceptores. Sensibles a variacións da presión, son, etc. Por
exemplo, os receptores do tacto.
- Termorreceptores. Informan sobre variacións de temperatura, como os
presentes na pel de vertebrados.
1.2. Percepción

Cando un animal recibe un estúmulo a través dun receptor, este transfórmao nun ninal
nervioso que é enviado a un centro nervioso. É nestes centros onde os sinais nerviosos,
son procesados e se interpreta a información que levan. Polo tanto, nos centros nerviosos
percíbense as sensacións captadas por medio dos receptores.
- Centro nervioso: o cerebro percibe o estímulo que chega en forma de impulso
nervioso a través do nervio óptico e elabora a resposta adecuada.

1.3. Efectores

Unha vez que o un centro nervioso determinado recibe e interpreta a información, procésaa
e elabora unha resposta adecuada ao tipo de estímulo percibido. Aínda que algúns
estímulos non implican ningunha resposta por parte do animal, moitos deles fan que
responda dalgún xeito.

Os centros nerviosos envían un sinal, en forma de impulso nervioso, a través dos nervios
cara aos órganos efectores. Estes son os encargados de levar a cabo a resposta, que
pode ser de dous tipos: mottriz e secretora.
- Resposta motriz: Implica un movemento. Os efectores son os músculos que se
contraen ou relaxan cando reciben un impulso nervioso e prodúcese o movemento
dalgunha parte do animal.
- Resposta secretora. Implica á síntese e secreción de diferentes compostos
químicos como resposta a un determinado estímulo. Os efectores poden ser
neuronas secretoras especializadas ou glándulas.

4. A resposta motriz
As respostas motrices están ligadas, básicamente, ao comportamento dos animais e
implican algún tipo de movemento. Poden ser movementos sen desprazamento, como
pechar as pálpebrasm ou con desprazamento do animal, como camiñaar ou voar, o que se
denomina locomoción.

Os órganos efectores destas respostas son os músculos, que forman o sistema muscular.
Nos animais que despoñen dun sistema esquelético ou esqueleto. O esqueleto constitúe o
compoñente estático do aparello locomotor, mentres que o sistema muscular é a parte
dinámica e funcionan conxuntamente para levar a cabo o movemento.

A capacidade de desprazamento dos animais é unha das características que contribuíu ao


éxito evolutivo, posto que permitiu a invasión e adaptación a diversos biótopos. As distintas
estratexias que os animais desenvolveron para desprazarse dependen das características
do medio en que se moven: acuático, terrestre o aéreo.

4.1 O esqueleto nos iinvertebrados

O esqueleto nos invertebrados pode estar ou non articulado.


- Os cnidarios, platihelmintos, nematodos e anélidos presentan un hidrostático ou
hidroesqueleto que está constituído polo líquido das cavidades corporais, que dá
consistencia ao corpo e serve como soporte á busculatura.
- Os moluscos bivalvos caractecterízanse por presentar un exoesqueleto formado por
dúas valvas articuladas ou cunchas con articulación entre as dúas, que se pechan
fortemente unha contra a outra grazas á acción de dous potentes músculos
adutores.
- Os moluscos Gasterópodos cuncha non articulada (de carbonato de ccalcio) unha
única cunca enroiada en espiral.
- Os moluscos cefalópodos cuncha ausente ou reducida no interior (pluma), mais
algúns non presentan cuncha.

4.2. O esqueleto nos vertebrados

Os vertebrados posúen un esqueleto interno formado por estruturas duras de tecido óseo
denominadas ósos.
- Os peixes condrictios presentan un esqueleto máis brando, constituído por tecido
cartilaxinoso, polo que se coñecen como peixes cartilaxinosos.
- Como nos artrópodos, as pezas do esqueleto dos vertebrados, os ósos, están
articuladas entre si e móvense grazas á acción combinada dos músculos que se
insiren neles.

4.3. A locomoción en invertebrados

A maior parte dos invertebrados son capaces de desprazarse, excepto algúns que a
locomoción está máis restrinxida.
- Poríferos. As larvas por cilios, os adultos viven fixos ao sustrato. Miocitos, son
células con capacidade contráctil.
- Cnidarios.As medusas presentan contraccións rítmicas da parede do corpo
procovando a saída a presión da auga. Os pólipos viven fixos ao substrato, pero
poden mover os tentáculos e pódense contraer.
- Platelmintos. Os de vida libre cóvense por cilios, mentres que os parásitos presentan
fibras musculares con disposición circular, longitudinal e diagonal.
- Nematodos. Músculos lonxitudinais dorsais e ventrais xunto con hidroesqueleto.
- Anélidos. Acción conxunta dos músculos lonxitudinais e circulares co hidroesqueleto,
existen algúns anélidos con ventosas (sanguijuelas).
- Equinodermos. Pes ambulacrais.
- Moluscos. Pé musculoso máis ou menos modificado segundo os grupos, en
cefalópodos hai aletas (aínda que a maioría solo están para dar estabilidade) e
locomoción por propulsión a chorro.
- Artrópodos. Posúen apéndices articulados que se movilizan grazas a un sistema
muscular que proporciona respostas motrices. Poden haber patas modificadas e as
ás poden ser dous pares, un par ou ningún.
4.4. A locomoción en vertebrados.

Os animais vertebrados, excepto os peixes, dispoñen de órganos locomotores ou


extremidades, cun aparello musculoesquelético que resulta imprescindible para a
locomoción.
- Os peixes móvense en zigzag grazas á musculatura do corpo e estabilízanse
mediante as aletas. A forma do corpo determina que o desprazamento sexa máis ou
menos rápido.
- Segundo os grupos, os anfibios adultos poden non ter patas, os chamados ápodos,
como as cecilias, ou ter catro patas e desprazarse camiñando, saltando ou
serpenteando.
- Os réptiles tamén poden ou non ter patas, pero presentan unha gran variedade de
movementos debido á adaptación ao medio. Así, por exemplo, os réptiles que
camiñan poden facelo ou non erguidos, utilizar ou non o rabo; os que reptan poden
facelo con todo o corpo ou utilizando só algúns puntos de apoio.
- Segundo o hábitat e o modo de vida, as aves poden presentar diferentes
mecanismos de locomoción, no aire, na auga e na terra. As extremidades dianteiras
transformadas en ás, interveñen no voo, xunto co rabo e coas patas traseiras.
Moitas aves perderon a capacidade de voar e outras adquiriron outras facultades,
como a de mergullarse.
- As extremidades que lles permiten a locomoción aos mamíferos son moi variadas,
pois están adaptadas aos distintos modos de vida: presenza de membranas entre as
dedas das extremidades, desprazamento mediante o contacto co chan das dedas
das catro extremidades, transformación das extremidades en aletas e
desenvolvemento destacado das extremidades traseiras.

5. A resposta secretora
Ademais da resposta motriz, os animais poden responder a un stímulo mediante a
secreción de tres grupos de substancias.
5.1. As secrecións glandulares

Neste tipo de respostas, os órganos efectores son glándulas. Son respostas que están
ligadas, básicamente, á homeostase dos animais. Dependendo da natureza das
substancias que producen e do lugar en que as verten, distínguense tres tipos de glándulas.
- Glándulas endócrinas ou de secreción interna. Sintetizan hormonas e vértenas á
circulación sanguínea. Efectúan así a súa acción a distancia sobre células ou
órganos moi concretos, coñecidos como células ou órganos diana. Por exemplo, a
tiroide, que produce a hormona tiroxina entre outras.
- Glándulas exócrinas ou de secreción externa. Producen substancias que verten ao
exterior do corpo ou a unha cavidade que mantén contacto co exterior. Por exemplo,
as glándulas salivares que producen saliva.
- Glándulas de secreción mixta. Teñen unha parte exócrina e unha parte endócrina.
Por exemplo, o páncreas é unha glándula que posúe unha parte exócrina, que
sisntetiza e verte zume pancreático ao interior do duodeno, e outra parte enócrina,
que segrega insulina e glicagón ao sangue.
5.2. As secrecións neuronais

Os órganso efectores neste tipo de resposta son neuronas secretoras, encargadas de


producir e segregar un tipo de hormonas chamadas neurohormonas. É a resposta secretora
que mellor se coñece en invertebrados.
5.3. As feromonas

A secreción destas substancias, de composición química moi variada, débese á actividade


de órganso efectores, glándulas, ou son produtos metabólicos que se expulsan ao medio
coa excreción ou coa defecación. As feromonas son captadas por quimiorreceptores
doutros animais da mesma especie e interveñen en funcións relacionadas co
comportamento.
- As feromonas máis estudadas son as dos insectos. Interveñen en funcións
relacionadas co comportamento, como a sinalización do territorio, e en procesos de
desenvolvemento e diferenciación individual.
- Detectáronse feromonas en peixes e mamíferos que interveñen, fundamentalmente,
na sinalización dun territorio, na localización de individuos do outro sexo ou en
indicar alarma ante situacións de perigo.

You might also like